Desvíos léxicos

Post on 23-Jun-2015

1.894 views 2 download

description

Desvíos léxicos no galego

Transcript of Desvíos léxicos

Tema 2

Celia DíazIES As Lagoas

HIPERGALEGUISMOS

LUSISMOSLUSISMOS

ARCAÍSMOSARCAÍSMOS

DIALECTALISMOSDIALECTALISMOS

HIPERGALEGUISMOS

Son ultracorreccións de palabras plenamente galegas. Palabras orixinadas mediante falsas evolucións e deformacións ás que se lle dá unha aparencia galega.Prodúcense por afán diferencialista fronte ao castelán naquelas palabras que coinciden en ambos idiomas.Ex.: montaña (cast. e galego) - *montana semana (cast. e galego) --- *semán primavera (cast. e galego) --- *primaveira horizonte (cast. e galego) --- *hourizonte. brillar (cast. e galego) --- *brilar

Moitos hipergaleguismos seguen un proceso analóxico, é dicir, xeneralizan fenómenos fonéticos e morfolóxicos das voces patrimoniais galegas. Exemplo: Como -n- e –l- intervocálicos latinos desaparecen: lunam >lúa de escenario xorde *esceario.

Corrixe os hipergaleguismos

*escea*ambente*gasoliña*zoa*

http://gl.wikipedia.org/wiki/Hipergaleguismo

CASTELANISMOS FONÉTICOS

CASTELANISMOS ORTOGRÁFICOS

CASTELANISMOS MORFOSINTÁCTICOS

CASTELANISMOS LÉXICOS

CASTELANISMOS SEMÁNTICOS

CASTELANISMOS FONÉTICOS

Desaparición da oposición entre fonemas vocálicos semiabertos e semipechados. /e/ - /Ɛ / , /o / - / /. (óso / oso)

Non pronunciación do fonema n velar, característico do galego e inexistente no castelán, pronunciándoo como alveolar: *una por unha.

Non pronunciación do fonema palatal fricativo xordo: hoxe.

CASTELANISMOS ORTOGRÁFICOS

Afectan á ortografía das palabras, por influencia castelá.Exemplos.

v/b: *boda (por voda), *automóvil (por automóbil)h/ -: *armonía (por harmonía), *hola! (por ola!)y/i: *yoga (por ioga)Etc.

Tamén tiles: *ademáis

Corrixe

*hombro*kilómetro*abó*hirmán*abogado

CASTELANISMOS MORFOSINTÁCTICOS

Alteración do xénero: *a mel, *a leite, *o paisaxe

Alteración do número: *tabúes, *animales

Omisión de artigo ante o posesivo: *miña moto.

Incorrecta colocación do pronome persoal átono: *lle dixo que non.

Confusión TE/CHE: *conteite un conto.

Emprego de tempos compostos: *había dito… / …

Utilización da preposición a na perífrase ir + infinitivo: *vou a estudar.

Alteración das formas da conxugación verbal: *andivera ,*parezco, *traigo

Desaparición das alternancias vocálicas nos verbos: *subes, *sinte, *durmes.

Emprego como reflexivos de verbos como casar, caer, confesar, enfriar, morrer…

… / …

Identifica castelanismos morfolóxicos

• Interrumpírona mentras se cortaba as uñas.• Cando chamaches, eu xa había volto do viaxe.• Espertouse e preguntou quenes eramos nós.• Andiven dous días con moito dor de cabeza.

CASTELANISMOS LÉXICOS

1) A palabra castelá convive coa galega, mais esta ve restrinxido o seu significado que se especializa en realidades concretas, xeralmente rurais ou non humanas:

*escoba/vasoira*grifo/billa*sartén/tixola.

… / …

2) Se existen en galego formas sinónimas, primar as que coinciden co castelán:

lágrima/bágoalabio/beizocomprar/mercaresperar/agardar

… / …

… / …

3) A palabra castelá adáptase á fonética galega e substitúe a forma autóctona:

*conexo (por coello)*baraxa (por baralla)*parella (por parella)*cuchilo (por coitelo)

… / …

… / …

4) A palabra patrimonial galega é substituída pola forma castelá (castelanismo pleno).

*Dios (por Deus)*cuchara (por culler)*ayer (por onte)*rodilla (por xeonllo)*ardilla (por esquío)

… / …

Castelanismos na fraseoloxía

Tamén son interferencias léxicas as que afectan á fraseoloxía: empréganse as expresión castelás no canto das galegas. Exemplos:

Dito e feito, por “Meu dito, meu feito”Ir a toda pastilla, por “Ir a fume de carozo”Pasar polo aro, por “Vir ao rego”.

Indica as formas correctas que cómpre usar en lugar destes castelanismos

léxicos*acera*calle*deuda*lechuga*lexos*carreteira*axeno*gafas*lonxano*riñón*cuna

CASTELANISMOS SEMÁNTICOS

Interprétanse igual palabras que, sendo moi semellantes na forma, teñen significados diferentes en galego e en castelán:

Almorzar / xantarRecorrer / percorrerAbonar / aboar

Explica as diferenzas de significado

• Recorrer / percorrer / recurrir• Pobo / vila• Sono / soño

Corrixe os castelanismos das seguintes oracións. Clasifícaos.

•O ciruxano lle realizou ao meu abó un trasplante de riñón.•Desde esta cume percíbese un fermoso paisaxe.•Carme non ten movilidade nesa perna desde que torceu o tobillo.•Esa é unha boa fecha para recorrer a cidade.•Xoán contoume que no viaxe de fin de curso había feito moito calor.•Camarero: dúas cervezas e un café con hielo.•O abogado pediu dous testigos para declarar ante o xuez.

Identifica e clasifica as interferencias (castelanismos) que aparecen neste

texto

Xa collín a escoba pero, antes de poñerme a barrer a habitación, vou a pechar a fiestra porque vai moito calor. Teño que ir a toda pastilla, porque en media hora ven recollerme meu hirmán; e aún teño que desaiunar. Él me convidou ao cine e non quero que cheguemos tarde.

http://gl.wikipedia.org/wiki/Castelanismo

VULGARISMOSFormas lingüísticas incorrectas que consisten en deformacións producidas na fala descoidada correspondente a rexistros informais do nivel vulgar.

Vulgarismos que afectan ao vocalismo

ADICIÓN DE FONEMAS VOCÁLICOS:

En posición inicial de palabra (PRÓTESE): *arradio, *amoto

En posición medial –no medio da palabra- (EPÉNTESE): *aldeia, *soio, *ademirar.

En posición final de palabra (PARAGOXE) (en palabras agudas rematadas en ditongo ou consoante, ou en monosílabos): *casare, *eue, *nonhe,

SUPRESIÓN DE FONEMAS VOCÁLICOS

En posición inicial de palabra (AFÉRESE): *topar

En posición medial de palabra (SÍNCOPA): *vran, *esprito.

En posición final de palabra (APÓCOPE): *parez

OUTROS:

ASIMILACIÓN (as vogais fanse iguais)*dazaseis, *tanaz, *torrón.

DISIMILACION (as vogais diferéncianse): *menistro, *teléfano, *estituto.

HARMONIZACIÓN VOCÁLICA (a vogal pretónica pecha por influxo de I, U tónicos): *quiría, *Curuña

LABIALIZACIÓN (e + consoante labial –m,b,p- pasa a o): *somana

METÁTESE (cambio de posición): *cocreta

Vulgarismos que afectan ao consonantismo

Non pronunciación ou incorrecta pronunciación dos grupos consonánticos:

Exame: /esa’me/ (en lugar de /eksa’me/)Lectura: /letu’ra/ ou /leθtu’ra/ Acto: /a’to/ ou /aθ’to/

http://gl.wikipedia.org/wiki/Vulgarismo

Corrixe os vulgarismos

*somellar*perfeuto*frol*arradio*esprito*viciño*traballare*coluna*virtú

LUSISMOSLUSISMOS

Son palabras do portugués que se empregan en lugar das palabras galegas:

comboio (por tren)passeio (por paseo)presunto (por xamón)

ARCAÍSMOSARCAÍSMOS

Son palabras que se usaban na Idade Media pero que hoxe son anticuadas. Son voces tomadas dos textos do galego-portugues medieval por vía culta (escritores, intelectuais…). Con elas preténdese compensar a presión do castelán, pero en moitos casos substitúen voces galegas correctas:*capiduo (por capítulo)*falescer (por falecer)*cibdade (por cidade)

DIALECTALISMOSDIALECTALISMOS

Son formas lingüísticas características de determinadas zonas (bloques lingüísticos, áreas, etc.) da nosa comunidade.

Felgos (fentos), golpe (raposo), lubicán (teixugo)

Xamós, xamois, camín, pantalois, muito, chao, iste…

Exercicios 16 e 17, páx. 77