A orixe do símbolo da paz

Post on 25-Jun-2015

968 views 9 download

Transcript of A orixe do símbolo da paz

A ORIXE DO SÍMBOLO DA PAZ

En 1958, o deseñador británico Gerald Holtom recibe o encargo de crear un símbolo para a primeira manifestación a favor do desarme nuclear. En plena guerra fría, os manifestantes percorrerían a distancia que separa Londres de Aldermaston, lugar onde se fabricaban (tamén na actualidade) as armas do arsenal nuclear británico.

Holton inspirouse na desolación ante a barbarie da guerra pintada por Goya na súa obra “Os Fusilamientos do Tres de Maio”.

Para o logo, o obxector de conciencia Gerald Holtom sopesou a idea de empregar a cruz cristiá rodeada por un aro, pero finalmente optou por tomar os símbolos das letras N e D (siglas de Nuclear Disarmament na linguaxe náutica de bandeiras) e superpoñelos no interior do círculo.

Por outro lado tamén se podería relacionar o símbolo coa pomba branca da paz. Observando as liñas pódense interpretar como a pata da pomba e o circulo a Terra, simbolizando deste xeito a paz mundial.

Case inmeditamente, o símbolo cruzou o Atlántico e chegou aos Estados Unidos da man de Bayard Rustin, un colaborador próximo a Martin Luther King que acudira a Londres á marcha anti armamentística. Rustin comezou a usala nas marchas polos dereitos civís en EE.UU.

Aínda que foi deseñado especificamente para o movemento antinuclear, o símbolo da paz non foi nunca rexistrado. Dende entón foi reproducido infinidade de veces, normalmente con propósito comercial, en publicidade ou na moda.

E foi estendéndose polo mundo cada vez con novos e orixinais deseños…

Finalmente a icona foi adoptada por todo tipo de organizacións converténdose en expresión xenérica de paz.

Malia as innovacións, décadas despois, as guerras poden ser outras pero o símbolo segue sendo o mesmo

E agora… Seredes capaces de usar a vosa creatividade e experimentar co símbolo da paz?