A orixe do estado

21
A orixe do Estado Unidade 5

Transcript of A orixe do estado

Page 1: A orixe do estado

A orixe do Estado

Unidade 5

Page 2: A orixe do estado

A orixe do Estado

• Segundo a teoríaevolucionista política, asgrandes xefaturasevolucionaron en Estados.O Estado é unha forma desociedade politicamentecentralizada onde unhasélites gobernantes teñeno poder de obrigar aosseus subordinados apagar impostos, prestarservizos e obedecer asleis.

Page 3: A orixe do estado

A orixe do Estado

• Son tres as condicións infraestruturais que conducen átransformación das xefaturas en Estados:

1. Incremento de poboación. As aldeas creceron ataconter varios miles de persoas e/ou as densidades depoboación rexional eleváronse ata sobrepasar os 30ou 45 individuos por quilómetro cadrado.

2. Agricultura intensiva. A produción baseouse encereais tales como o arroz, o trigo, a cebada ou omillo, que proporcionaron un excedente superior ásnecesidades inmediatas e que podían ser conservadosdurante longos períodos a baixo custe.

Page 4: A orixe do estado

A orixe do Estado

3. Circunscrición. Bloqueouse a emigración de facciónsdescontentas xa sexa pola existencia de xefaturas dedesenvolvemento similar nos territorios adxacentesou porque as características do medio requirían queos emigrantes adoptaran un novo e menos eficientemodo de produción e tiveran que sufrir así unharecaída no seu nivel de vida. Pero a circunscriciónpuido tamén ser causada pola transformación dehábitats de baixa rendibilidade en alta rendibilidade,como resultado dunha inversión a longo prazo enfacer terrapléns, abrir gabias, desecar e irrigar oterritorio dunha xefatura.

Page 5: A orixe do estado

A orixe do Estado

• Características do Estado:• Institucionalización do liderazgo político, como

resultado da acción dos grupos dominantes, así como aterritorialización dun espazo xeográfico.

• Desenvolvemento do aparello coercitivo, amparadonunha forza (policial e militar) que garante a ordeprevista nas normas establecidas segundo ainterpretación dos órganos especializados (xuíces etribunais).

• A territorialización constitúe o mecanismoindispensable que permite tanto o control do espazo eda produción, como o dos cidadáns.

Page 6: A orixe do estado

A orixe do Estado

• Características do Estado:

• Estratificación social (política e económica).

• Recaudación de impostos.

• Existencia de burocracia.

• Especialización relixiosa que moitas vecesreforza a estratificación social e ás élitespolíticas.

• Construción de obras de inxeniería.

Page 7: A orixe do estado

A invención do Estado

• Os primeiros Estados nadosen Mesopotamia, no val doNilo, no val do Indo, no valdo Río Amarelo, enMesoamérica e na áreaandina Perú son coñecidoscomo Estados prístinos ouprimarios: nacen porevolución independente enon por imitación. A maiorparte dos Estados queexistiron conformáronse aimaxe e semellanza doutrosexistentes.

Page 8: A orixe do estado

A invención do Estado

• Teorías que explican a aparición do Estado:1. Teorías do conflito interno :• Teoría pola cal ol Estado evoluciona por medio da loita de clases

(Marx e Engels). Na forma máis primitiva a organización era comunista. A aparición de excedentes e a creación dunha clase non produtora e distribuidora dá lugar á propiedade privada e, por tanto, a unha élite, a súa centralización...

• As causas del haberá que buscalas nos cambios tecnolóxicos e económicos e non no eido das ideas.

• O dogmatismo da utilización de termos tales como capitalismo e comunismo queda desfasado ao falar de sociedades primarias.

• A existencia dun sistema de clases ten implícita a existencia do Estado. Pola súa natureza xera o conflito de clases, que será asumido ou repelido, dependendo do nivel e a forza que posúa a élite.

Page 9: A orixe do estado

A invención do Estado

• Teorías que explican a aparición do Estado:2. Teorías do conflito externo :• Herbert Spencer defende que o Estado xurdiu pola lei do

máis forte, nunha sorte de darwinismo social. As sociedades máis belicosas tenden a facer desaparecer ás máis febles. O feito de ter inimigos podería conducir a un pobo a determinar o liderazgo.

• Esta teoría é criticada por simplista. As dúas principais causas polas que se ataca a esta postura son:

• 1) A guerra é un medio para manter unha sociedade pero dificilmente a orixe da mesma.

• 2) Polo que respecta a tribus e xefaturas, a guerra pode ser contraproducente na formación dun Estado.

Page 10: A orixe do estado

A invención do Estado

• Teorías que explican a aparición do Estado:

3. Teoría da presión demográfica:

• O crecemento demográfico vai a ser un factor determinante no incremento da producción:

• O feito de que se observe un aumento demográfico en xeral xunto coa aparición das sociedades estatais obriga a relacionalos. Malthus xa sinalara que "Cando a poboación tende a crecer e os alimentos non son suficientes é contrarrestado pola guerra, a fame e as enfermidades."

• O crecemento demográfico non só sería responsable da intensificación da producción senón que é responsable do reparto desigual dos recursos .

• A estas teorías Harris engade o seu determinismo materialista.

• Nas sociedades cazadoras e recolectoras os principios malthusianos son aplicables, en canto que a poboación se mantén por debaixo dos recursos. Só as sociedades máis avanzadas non teñen prácticas de control demográfico (infanticidios , tabúes , etc.). As poboacións se establecen durante o pleistoceno en función da caza maior obtida. Ao final deste periodo a caza maior desaparece e é necesario recurrir aos produtos silvestres. A domesticación destas especies aumenta a producción e permite o aumento demográfico. A perda de nutrientes por parte da terra orixina a presión demográfica ao non haber suficiente alimento para todos.

• As sociedades agricultoras podían, en lugar de disminuir a poboación mediante as prácticas citadas, aumentar a producción con técnicas agrícolas.

Page 11: A orixe do estado

A invención do Estado

• Teorías que explican a aparición do Estado:

4. Teoría hidráulica:

• Considerando que as formas de Estado só poden nacer tras unha explotación agrícola, vencéllase o desenvlvemento dos Estados cos seus sistemas de regadío.

• A "teoría hidráulica" foi elaborada por Wittfogel. En certas zonas dependíase das inundacións anuais dos terrenos para o seu conveniente explotación agrícola. Estas inundacións empezaron a ser controladas, co obxectivo de mellorar as colleitas e intensificalas chegando ao sistema de irrigación e canles. O aumento de producción acelera o proceso de centralización.

• Pero non se debe xeralizar, sobre todo porque existe máis dun caso en que este proceso causa-efecto no se dá. Só se pode aplicar, ademáis, aos estados prístinos, e non aos secundarios.

Page 12: A orixe do estado

A invención do Estado

• Teorías que explican a aparición do Estado:

5. Teoría de sistemas:

• Fronte ás teorías monocausais, propón unha teoría multicausal. Existen unha serie de principios físicos, biolóxicos e humanos que dan lugar á concentración de poder ao influír uns sobre os outros: poboación, hábitat, tecnoloxía, irrigación... Principios:

• Retroalimentación negativa ou autoconservación -. É o proceso polo cal un sistema minimiza toda alteración do equilibrio. Os cambios detéñense cando se alcanzan certos niveis, tendendo á restauración das condicións iniciais. Así, nunha sociedade cazadora-recolectora, o aumento da taxa de natalidade é contrarrestado ou reequilibrado por taxas de mortalidade infantil máis altas que evitan o perigo de que se esgoten os recursos alimentarios disponibles.

Page 13: A orixe do estado

A invención do Estado

• Teorías que explican a aparición do Estado:

5. Teoría de sistemas:

• Retroalimentación positiva ou autodesenvolvemento -. Neste proceso o máis mínimo elemento desencadena a longo prazo un cambio radical. Os cambios non se deteñen, cada cambio sucesivo incrementa ou amplifica a tendencia a cambio. Así, se ao aumento demográfico se responde coa agricultura intensiva, o resultado será un maior aumento demográfico, que xerará nova intensificación ata alcanzar un determinado límite.

• O impulso causante dun paso dun sistema de retroalimentación negativa a positiva pode ser insignificante. Así, en México a civilización iniciouse cando nun val as bandas nómadas recolectoras empezaron a “domesticar” algunhas prantas; produxéronse, co paso das xeracións, uns cambios xenéticos que fixeron dependiente á sociedade deses alimentos. Motivou unha vida máis sedentaria e un aumento demográfico, o que de novo aumentou a dependencia cara esa pranta. Iso, obrigou á sociedade a asentarse definitivamente en aldeas agrícolas permanentes.

Page 14: A orixe do estado

Estado e control

• A lei e a orde nas sociedades estratificadas dependen dunha mixtura infinitamente variable de coacción física mediante a forzapolicial-militar e control do pensamento. En xeral, canto máis acusadas son as desigualdades sociais e máis intensa a explotación no traballo, maior debe ser a contribución de ambas formas de control.

Page 15: A orixe do estado

Estado e control

• Como todas as sociedades estatais baséanseen desigualdades acusadas entre ricos epobres, gobernantes e gobernados, omantemento da lei e a orde presenta undesafío crítico.

• En último caso son a a policía e os militares coseu control de a coacción física os quemanteñen baixo control aos pobres eexplotados.

Page 16: A orixe do estado

Estado e control

• Sen embargo, todos os Estados encontranmáis conveniente manter a lei e a ordecontrolando o pensamento da xente. Isto faisede diferentes maneiras:

• Con relixións estatais.

• Ritos e espectáculos públicos

• A educación obrigatoria.

Page 17: A orixe do estado

Estado e control

• Ritos e espectáculos públicos:• Espectáculos públicos tales como procesións relixiosas, coroacións

e desfiles da victoria operna en contra dos efectos alienantes dapobreza e a explotación.

• Na época romana as masas eran sometidas a control permitíndollescontemplar combates de gladiadores e outros espectáculoscircenses.

• Os sistemas estatais modernos teñen nas películas, a televisión, aradio, os deportes organizados, a posta en órbita de satélites e asaterraxes lunares técnicas máis poderosas para distraer e entreteraos seus cidadáns. A televisión e a radio non só reducen odescontento aos diverir ao espectador, senón que tamén mantén áxente fóra das rúas.

Page 18: A orixe do estado

Estado e control

• A educación obrigatoria:

• Mestres e escolas satisfan as necesidadesinstrumentais das complexas civilizacións industriaisadestrando a cada xeración nos servizos técnicos e deorganización necesarios para a supervivencia e obenestar. As materias de educación non instrumental(formación cívica, historia, educación política e estudossociais) están cheas de supostos implícitos e explícitossobre a cultura, o ser humano e a natureza que indicana superioridade do sistema político-económico no queson ensinadas.

Page 19: A orixe do estado

Guerra e poder

• A formación do Estado está vencellado á guerra, é dicir, ao enfrontamento contra o inimigo exterior.

• A guerra non é exclusiva das sociedades estatais, pois tamén nas sociedades pre-estatais existe a guerra. Pero nos Estado adquire dimensións enormes e violentas.

Page 20: A orixe do estado

Guerra e poder

• Marvin Harris sostén quea guerra é resultado daescaseza de recursos poloincremento dapoboación.

• Nas sociedades decazadores-recolectorestamén se dá a guerra,caso dos Asmat de NovaGuinea e dos Yanomamide Venezuela-Brasil.

Page 21: A orixe do estado

Guerra e poder

• O sedentarismo e aagricultura fixeronmedrar os conflitos poladificultade de trasladartoda a poboación.

• Ademais creouse unhatecnoloxía máis avanzadaespecializada na guerra eunha parte da sociedadeadicouse á estaactividade, ás veces porlongos periodos detempo.