A orixe do símbolo da paz

11
A ORIXE DO SÍMBOLO DA PAZ

Transcript of A orixe do símbolo da paz

Page 1: A orixe do símbolo da paz

A ORIXE DO SÍMBOLO DA PAZ

Page 2: A orixe do símbolo da paz

En 1958, o deseñador británico Gerald Holtom recibe o encargo de crear un símbolo para a primeira manifestación a favor do desarme nuclear. En plena guerra fría, os manifestantes percorrerían a distancia que separa Londres de Aldermaston, lugar onde se fabricaban (tamén na actualidade) as armas do arsenal nuclear británico.

Page 3: A orixe do símbolo da paz

Holton inspirouse na desolación ante a barbarie da guerra pintada por Goya na súa obra “Os Fusilamientos do Tres de Maio”.

Page 4: A orixe do símbolo da paz

Para o logo, o obxector de conciencia Gerald Holtom sopesou a idea de empregar a cruz cristiá rodeada por un aro, pero finalmente optou por tomar os símbolos das letras N e D (siglas de Nuclear Disarmament na linguaxe náutica de bandeiras) e superpoñelos no interior do círculo.

Page 5: A orixe do símbolo da paz

Por outro lado tamén se podería relacionar o símbolo coa pomba branca da paz. Observando as liñas pódense interpretar como a pata da pomba e o circulo a Terra, simbolizando deste xeito a paz mundial.

Page 6: A orixe do símbolo da paz

Case inmeditamente, o símbolo cruzou o Atlántico e chegou aos Estados Unidos da man de Bayard Rustin, un colaborador próximo a Martin Luther King que acudira a Londres á marcha anti armamentística. Rustin comezou a usala nas marchas polos dereitos civís en EE.UU.

Page 7: A orixe do símbolo da paz

Aínda que foi deseñado especificamente para o movemento antinuclear, o símbolo da paz non foi nunca rexistrado. Dende entón foi reproducido infinidade de veces, normalmente con propósito comercial, en publicidade ou na moda.

Page 8: A orixe do símbolo da paz

E foi estendéndose polo mundo cada vez con novos e orixinais deseños…

Page 9: A orixe do símbolo da paz

Finalmente a icona foi adoptada por todo tipo de organizacións converténdose en expresión xenérica de paz.

Page 10: A orixe do símbolo da paz

Malia as innovacións, décadas despois, as guerras poden ser outras pero o símbolo segue sendo o mesmo

Page 11: A orixe do símbolo da paz

E agora… Seredes capaces de usar a vosa creatividade e experimentar co símbolo da paz?