San xosé festa 19 marzo

18
Presenta: Texto: D. Amundarain (tomado de Xoán Masiá, incluída a súa cita de Radermakers, esexeta belga) Múscka:Yanni-In The Morning Light Presentación: B. Areskurrinaga HC SAN XOSÉ ESPOSO DE MARÍA E PAI DE XESÚS 19 de marzo de 2010 Mateu 1,16.18-21.24a Clic

Transcript of San xosé festa 19 marzo

Page 1: San xosé festa 19 marzo

Presenta:Texto: D. Amundarain (tomado de Xoán Masiá, incluída a súa cita de Radermakers, esexeta belga)Múscka:Yanni-In The Morning LightPresentación: B. Areskurrinaga HC

SAN XOSÉESPOSO DE MARÍA E PAI DE XESÚS

19 de marzo de 2010Mateu 1,16.18-21.24a

Clic

Page 2: San xosé festa 19 marzo

-O anxo do Señor dille a Xosé: «Xosé..., non teñas reparo en tomar como esposa a María; a criatura

súa vén do Espírito Santo» (Mt 1,20).

Page 3: San xosé festa 19 marzo

-Xosé! Quen e que é este home a quen adoitaron presentarnos

coma un vello? Cal é o seu cometido na familia de

Nazaré? Cal en relación con María?

E cal no nacemento de Xesús?

Xosé, esposo de María, pai de Xesús, continúa no mundo de hoxe sendo compañeiro de María, sendo procreador de Xesús.

Page 4: San xosé festa 19 marzo

O dito polo anxo a Xosé,

pódenos axudar a entender esta frase de Xoán Paulo II:

«A Natividade [de Xesús] puxo á vista o sentido profundo da natividade de todo ser humano» (EV 1).

Á inversa, estas palabras pódennos axudar a entender o dito polo anxo.

Page 5: San xosé festa 19 marzo

.-Con esa frase, Xoán Paulo dános unha nova clave

para entender o nacemento de Xesús.

Á vez, tamén para entender a Xosé.

Para subliñar a diferenza con respecto a todos os demais, para recalcar o

extraordinario do mesmo, o nacemento de Xesús

amosáronno como diferente ao noso.

Con todo, Xoán Paulo, con esa frase, amósanolo

dunha forma nova. Os dous como parecidos.

Page 6: San xosé festa 19 marzo

-A través do nacemento de Xesús, todo nacemento humano maniféstasenos

como extraordinario. Xoán Paulo invítanos, non a

opoñer o nacemento de Xesús ao noso,

senón a ver todos os demais nacemento á luz do de Xesús:

O Espírito toma parte no noso nacemento, da mesma

forma que tomou no de Xesús.

Page 7: San xosé festa 19 marzo

- Por iso engade isto Xoán Paulo:

a alegría que sentimos polo

nacemento de Xesús inclínanos

a sentila polo nacemento de

todos os demais humanos

(cf. EV 1)

Page 8: San xosé festa 19 marzo

- A preocupación que lle xorde a Xosé polo dito polo anxo, non se refire a se debe seguir ou non coa súa prometida, senón á súa propia relación coa criatura que está a punto de nacer e a súa misión en relación a Xesús.

Page 9: San xosé festa 19 marzo

- Diríase que o seu sentido relixioso da xustiza lle pedía a Xosé que se retirara daquel asunto; que lle pedía que non tomase parte en todo aquilo; precisamente, para non atribuírse ningún mérito no que era cousa propia do Espírito; que non pretendese ser seu o que era de Deus.

Page 10: San xosé festa 19 marzo

- Pero Deus revélalle que ten necesidade del, de Xosé; como se lle dixese: «Aínda que é verdade que o Espírito vai intervir no nacemento, a ti correspóndeche impoñerlle o nome». Na Biblia, o impoñer o nome é

algo máis que un acto burocrático.

Page 11: San xosé festa 19 marzo

- Mateo ten en mente unha realidade máis profunda que unha

participación puramente

fisiolóxica...; quere dar a entender

que toda criatura humana vén do

Espírito; que toda paternidade e

maternidade implica deixar ver a Deus en

toda criatura acabada de nacer.

Page 12: San xosé festa 19 marzo

- A unión do varón e da muller manifesta que o froito do seu acto é algo máis que esa criatura visible: fai ademais que Emmanuel, o

«Deus connosco», se revele no mundo; fai ver a Deus mesmo.

Page 13: San xosé festa 19 marzo

- Este versículo de Mateu entendeuse erroneamente: entendeuse como se a acción do Espírito fose en contra das relacións matrimoniais.

A verdade, en cambio, é outra: o alento do Espírito vivifica toda procreación. Todo nacemento humano é acción do Espírito, dalgunha

maneira. A persoa humana e o Espírito: os dous toman parte na procreación.

No nacemento de Xesús e no de todo ser humano.

Page 14: San xosé festa 19 marzo

- Segundo isto, o anxo dille a Xosé: « Non deixes de recibir a María na casa.

Non penses, que, polo feito de que o Espírito toma parte na procreación, a túa acción é inútil.

Non te afastes polo feito de que Deus vai realizar unha marabilla na túa familia.

Ti e o Espírito non sodes contrincantes.

Page 15: San xosé festa 19 marzo

- Nesta festa de Xosé paga a pena recordar estas palabras do Cardeal

Lehman: «Nin fabricamos os fillos e

fillas, nin os trae unha cegoña. Facemos os

fillos e fillas que Deus nos dá e Deus dá os fillos e as fillas que

facemos nós».

Page 16: San xosé festa 19 marzo

- «Cando Deus se revela, o home ten que someterse coa fe.

Pola fe o home entrégase enteira e libremente a Deus, ofrécelle a homenaxe total do seu entendemento e vontade,

asintindo libremente ao que Deus revela» (Dei Verbum 5).

Page 17: San xosé festa 19 marzo

San Xosé, sé o noso compañeiro para

que poidamos vivir a fe.

Page 18: San xosé festa 19 marzo

Presenta:Texto: D. Amundarain (tomado de Xoán Masiá, incluída a súa cita de Radermakers, esexeta belga)