María Xosé Queizán

10
María Xosé Queizán Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados miércoles 17 de octubre de 2012

Transcript of María Xosé Queizán

Page 1: María Xosé Queizán

María Xosé Queizán

EntrevistaIES Manuel García Barros

A Estrada

Literatura Galega do Século XX e da Actualidade

Texto: © Cc-by-sa-3.0Fotos: © Todos os dereitos reservados

miércoles 17 de octubre de 2012

Page 2: María Xosé Queizán

Como daquela non había TV nin Internet, a familia e a escola eran fundamentais como transmisión de valores. A miña familia, tanto por parte dos Queizán coma dos Vilas eran republicanos e de esquerdas.Vivía coa familia da miña nai, viúva (mataron ao meu pai a finais da guerra e eu nacín 6 meses despois), avós, tías... Eran persoas progresistas. Por exemplo: Na miña casa nunca se pechou o cuarto de baño e as mulleres saían medio espidas a vestirse ao seu cuarto. O corpo era algo normal, non era motivo de escándalo. Outro aspecto: ninguén se relacionaba con nada do Réxime, nin da Falanxe. Como tampouco fun ao Colexio, até os 9 anos, non lembro cantar o Cara al Sol e certos ritos nos que participaron persoas máis novas ca min. Vía, iso si, os desfiles militares no centro de Vigo, onde habitaba. Tamén a Cartilla de Racionamento que cumpría levala á tenda para conseguir víveres. Na miña casa comíamos pan branco porque tiñan amizade cun panadeiro. Pero a comida había que racionala.Miña nai ensinoume a ler aos catro anos, e ía da súa man lendo os letreiros pola rúa. Tiña a biblioteca do meu pai. O meu lugar preferido. Alí pasaba horas lendo indiscriminadamente, en función da miña comprensión, supoño. Así me fixen escritora.

María Xosé Queizán

1. Convivir nos seus primeiros anos de vida cos tamén primeiros anos da ditadura franquista que supuxo para Vostede? Como lembra aqueles anos? Que supuxeron estas experiencias xuvenís para o seu futuro persoal e literario?

Ao non ter pai, carecín de orientación. Ocorréuseme facer periodismo ao rematar o bacharelato. Fun á Escola a Madrid e por iso naquel verán estiven en contacto cos xornalistas en Vigo e fixen as miñas primeiras entrevistas. Non as conservo. Han ser malas. O que me chama a atención é que trataban sobre a situación da muller en diferentes ámbitos, legais, na condución..etc. Ver como funcionaban os xornais desencantoume do periodismo. Máis tarde comecei Filosofía e Letras e fixen Filoloxía Galego-portuguesa. O estudo da lingua, o material da escrita, é oportuno para escribir, aínda que tampouco indispensable.

2. De onde saíu ou como xustificaría Vostede a súa precocidade na escrita por exemplo en “El Pueblo Gallego”?

Fonte: Centro de Documentación da AELG

miércoles 17 de octubre de 2012

Page 3: María Xosé Queizán

Precisamente, a amizade que fixen cos periodistas abriunos as portas e a cesión dos locais da Asociación da Prensa de Vigo, a un grupo de afeccionados que fundamos un Teatro Experimental. Representamos alí moitas obras dos mellores dramaturgos europeos. O teatro sempre me pareceu un medio de transmisión e de comunicación importante. Máis adiante, no ano 1968, cando xa tiña unha filla e ía ter un neno, fundei o Teatro Popular Galego, na Asociación Cultural de Vigo, onde se fixo un traballo de cultura e difusión nacionalista moi importante na cidade. Representamos no Teatro García Barbón “A puta respectuosa”, de Jean Paul Sartre. Deixei de facer teatro, pero non de escribilo. Ultimamente teño varias pezas novas.

María Xosé Queizán

3. Tamén vemos que xa desde xove se inmisciu no teatro desde diferentes ámbitos. Pode ser que vise neste xénero literario aquela ferramenta que xa os nosos devanceiros viron desde comezos do século XX ou ben que lle chamase a escena?

4. Tocou Vostede todos os xéneros literarios, incluso a tradución. En que eido se sentiu máis a gusto e por que?

Non me sinto diferente en ningún xénero. Son os mesmos criterios e os mesmos métodos os que utilizo. Tardei en escribir poesía.( O 1º libro é do ano 92; a 1ª novela foi escrita no 62.) Non tiña moito aprecio por un xénero no que existe moita impostura e mediocridade. Tamén grandísim@s creador@s. Até que me decatei que podía facer ensaio poético, unindo a idea e o goce coas palabras. Agora sei que cada libro chega co seu xénero debaixo do brazo. Non podo explicalo ben. Segundo se incida nas personaxes, nas descripcións, na crítica....O artigo, estar na actualidade, tamén me comprace e únese á miña capacidade de síntese. Mágoa que non me permitan escribir nos xornais onde o fixen durante anos. A censura existe. Eu son vítima dela. A democracia é unha palabra oca.

Fonte: Femenistas Independentistas Galegas

5. O eixe temático máis importante para Vostede semella ser o feminismo. De onde cre que se xerou este compromiso seu? Foron circunstancias ou ben a realidade o que provocou este seu compromiso?

Os meus ensaios son, maioritariamente, feministas. A narrativa, teatro ou poesía, pode non ter temática feminista, senón que están escritas por unha feminista. Non se é feminista a ratos. O pensamento e os criterios forman parte das persoas. A defensa da igualdade entre @s human@s, unha idea ilustrada que cambiou o mundo desde finais do s.XVIII, paréceme indispensable. A sociedade patriarcal, como a racista resúltanme insoportables. E loito contra as inxustizas cos elementos que manexo.

miércoles 17 de octubre de 2012

Page 4: María Xosé Queizán

A funcionalidade depende da recepción e esta depende da cultura. Hoxe as páxinas www ou os blogs son un medio importante. Pero, como sempre ocorre, por un lado, cada persoa fai as súas interpretacións, por outro, a propaganda a favor do machismo e da aceptación das mulleres do seu rol, sexual e social, é moi grande. Con tesón e con anos creo que fun deixando pegadas na sociedade e que certos criterios xa non alporizan tanto como outrora. Mesmo así, sigo sendo incómoda.

María Xosé Queizán

6. En todos os xéneros literarios nos que escribiu o feminismo estivo e está presente, pero cal cre que é máis funcional para poder chegar ao receptor literario?

7. Até que punto marcou a súa literatura o seu contacto co “Nouveau Roman” francés? E nos seus coetáneos xeracionais?

A Nova Narrativa galega foi moi importante daquela. Deu un xiro de 90 graos ao Canon galego e cuestionou o ruralismo. Satisfáceme ter contribuído.

8. Que chega a sentir unha escritora coma Vostede cando o seu labor literario é recoñecido con diferentes premios e incluso pola asociación máis representativa da nosa literatura (a AELG)?

A pregunta debía ser que pasa cunha escritora a quen nunca se lle premiou un libro. Teño algún premio de Distinción á miña persoa, pero ningún premio literario, agás un Guión de cine, un curto, sobre a figura de Prisciliano que non se chegou a facer. Cando nova, algún premio houbérame alentado. Tiven que repoñerme soa despois de cada pao, e agora non aceptaría ningún premio. Non quero que me derramen a miña “folla de servicios”, ha ha.

9. Cando a unha loitadora coma Vostede lle conceden un premio cun nome tan representativo coma o de “Voz da Liberdade”, fai que se sinta reconfortada ou que lle aumenten os devezos para seguir a loitar por esa liberdade?

Ese foi un recoñecemento do PEN club, xunto á concesión do E, da AELG, dos que falaba antes.Tamén un libro de Homenaxe que organizaron persoas da Universidade de Vigo e publicou a Editorial Xerais. Son agasallos que agradezo. A Voz da Liberdade, humildemente creo que me acae. É un leit motiv.

miércoles 17 de octubre de 2012

Page 5: María Xosé Queizán

María Xosé Queizán

10. Que supuxo, e supón, para Vostede a súa “Festa da palabra silenciada”? E para a nosa literatura?

A Festa da Palabra, da que vai saír xa o nº 28, foi un reto e unha ansia durante moitos anos. Ninguén falaba dela hai anos, cando citaba revistas galegas; hoxe é recoñecida como unha gran revista e tamén é das poucas publicacións en galego que van quedando. Non só para a literatura, senón para o pensamento e o cerne do país é fundamental. Un percorrido pola historia das mulleres, pola ciencia, polos fundamentos de feminismo, pola cultura galega desde o ano 1983 que chega en galego a universidades ben distantes.

11. Que supuxo e supón Rosalía de Castro para as escritoras que loitan porque a voz feminina se faga escoitar nas nosas letras?

12. Sabemos da súa paixón pola interacción entre ciencias e letras, entre ciencias e literatura… Que nos podería dicir encol desta interacción?

Que na literatura galega haxa unha nai e non un pai, como na maioría, é determinante. Por moito que, durante moitos anos intentaron mitificar e mistificar esa nai e falsear a súa obra, as feministas, e a Festa da Palabra desde o 2º nº no ano 1985, sacámola da caverna idealista santa, folclórica, maternal, onde a meteran. No nº 26, Actualizar a Rosalía, do ano 2010, volvemos a ocuparnos da nosa gran figura literaria. Unha guía permanente.

A separación de ciencias e humanidades é falsa. Non hai nada máis humano que a ciencia e as aplicacións tecnolóxicas que conseguiron o avance da humanidade e a mellora da vida, do benestar, da saúde, das relacións, da comunicación. A ciencia ocúpase de explicar como funciona o universo ou os corpos d@s seres que o habitan. A evolución, en cada momento histórico médese polas industrias ás que teñen acceso e os artefactos que manexan. Determina o proceso de humanización e de pensamento. Mellora a vida e non orixina racismo nin odio.Tentei sempre eliminar a inxusta dicotomía entre ciencias e humanidades e concluír que o método científico serve para calquera tema, xa sexa social, político, filosófico, literario. Para todo é preciso un proxecto racional.

Fonte: Cruz do Sur

Fonte: Femenistas Independentistas Galegas

miércoles 17 de octubre de 2012

Page 6: María Xosé Queizán

13. Que supuxo o traballar no ensino para Vostede? Tomouse Vostede como referente no seu ensaio titulado “A muller galega no

ensino”?

María Xosé Queizán

Escribir é comunicarse. Teño un verdadeiro entusiasmo pola transmisión cultural, por esa roda imparable que fai xirar o mundo desde

que a xente primitiva se puxo de pé e coas mans fixo evolucionar o cerebro. O ensino e a escrita forman parte do mesmo cometido.

Dar aulas, conferencias, publicar, forma parte da mesma actividade.

14. E para rematarmos, non podemos deixar de lle preguntar pola súa renuncia a entrar na RAG cando precisamente nela a presenza

feminina está moi en minoría. Como se pode xustificar a súa posición?

Escribo, estou activa no feminismo, no Consello Municipal da Muller e no Consello Social da Lingua do Concello de Vigo. Participo nas

accións feministas e culturais do país. Teño pouco tempo e non quero perdelo. A RAG é unha Institución, en certos aspectos moi

reaccionaria. Se as persoas que me propuxeron para entrar nela pensaron que unha feminista racionalista e politicamente radical

coma min podía influír nela, estaban equivocadas. Sei que chocaría contra un muro de incomprensión, tanto nos necesarios cambios

xenéricos da lingua, como no relativo á concepción da lingua galega como nai do tronco lingüístico común, do que nos afastaron e

nada fixemos para recuperar. Na RAG nunca aceptarían os meus criterios.

Fonte: Foto recente realizada por Anxo Cabada

miércoles 17 de octubre de 2012

Page 7: María Xosé Queizán

CUESTIONARIO

miércoles 17 de octubre de 2012

Page 8: María Xosé Queizán

A Ilustración.

Un monumento salientábel?

Follas Novas de

Rosalía de Castro.Un/ha autor/-a e unha obra

literaria galegos?

Esperando a Godot, de Samuel Beckett

Unha obra teatral?

A protagonista de O encaixe roto de Emilia

Pardo Bazán.

Un personaxe galego e un estranxeiro?

Mary Wollstonecraft

Un personaxe de ciencia-ficción

co que se identifique?

A caixa de música de Costa Gavras

Unha película de cine?

miércoles 17 de octubre de 2012

Page 9: María Xosé Queizán

Ver as mulleres autónomas,

seguras, cómodas pisando firme

e realizando traballos que as

compracen. Afastadas do

naturalismo e da animalidade.

Un anceio por realizar?

A fin do mundo. Sur de Chile e de Arxentina. Para descansar, a casa.

Un lugar para visitar? e un lugar para descansar?

A Revolución Francesa

Un feito histórico?

As utopías son

pensamentos avanzados

que se poden patentizar.

Antes de conseguir

realizalos, os avances

humanos foron utopías.

Unha utopía?

Calquera. Mellor coas costas rectas

e con boa luz.

Un lugar axeitado para a lectura?

A música negra yanki. Cancións: Moitas

Un tipo de música? Unha canción?

miércoles 17 de octubre de 2012

Page 10: María Xosé Queizán

Non acredito na inspiración. Nada hai fóra de nós que nos asubíe o que imos escribir. Todo parte do noso cerebro, da enorme bagaxe que temos acumulada nel e do traballo que fagamos con iso.

Cal é a súa fonte de inspiración?

Cine - Conversar e beber viño coas amizades.

Outro entretemento ademais da literatura?

Non teño identificacións

con persoas. Só co que pensan ou fan.

Un/ha autor/-a con quen se identifique?

Marguerite Yourcenar

Un/ha autor/-a e unha obra

literaria estranxeiro

s?

Urbano. A natureza para

contemplar. A paisaxe.Mundo rural/urbano?

Praia/montaña?

miércoles 17 de octubre de 2012