Biblioteca. tríptico cara b. 2013 14

1
NORMAS DA BIBLIOTECA A Biblioteca é para ler e consultar libros, e non para xogar nin para “merendar”. Só poderás levar un libro prestado de cada vez. Antes de coller outro, debes devolver o libro prestado ao mestre ou mestra que estea no ordenador. Se rompes un libro ou o perdes, deberás repoñelo. O libro serache prestado por unha semana, e transcorrida esta, deberás devolvelo. Se non o acabaches de ler, poderás renovar o préstamo por outra semana. Se queres levar un libro prestado e chove durante o recreo, primeiro ven á Biblioteca e logo volve a túa aula. Cando busques un libro, deixa os que están nas estanterías ben ordenados. Os ordenadores son para facer traballos de clase, e para consultar ou buscar información, non para xogar nin para acceder a redes sociais. Na Biblioteca tes que estar en silencio. E lembrade que... NOVAS - - Horario de préstamos: todos os recreos de 11:30 a 12 horas, e cada clase na súa hora de biblioteca asignada. - Seguimos co noso blog da Biblioteca para que poidas/n estar ao día das últimas novas e deixar os teus/seus comentarios e suxerencias. Visita/en o Blog en: oblogdedonte.blogspot.com - O noso centro realizará este curso un Proxecto Documental Integrado (PDI) que leva por título “Galicia, de pedra”, sobre o uso da pedra en Galicia ao longo da súa Historia. Como actividade do mesmo, temos unha exposición de libros e fotografías relacionados co tema do PDI. Esperaremos as súas visitas. - Todos as tardes, de 16 a 18 horas, a Biblioteca estará aberta para toda a comunidade educativa (nenos, nenas, antigos alumnos, pais e nais). Os pais e nais poderán solicitar o carné de Biblioteca para levar libros prestados para casa. Temos CELEBRACIÓNS Durante todo o mes de outubro celebraremos o “Mes da Biblioteca”. Ademais, o vindeiro 23 de dito mes conmemoraremos o “Día da Biblioteca , e para celebralo como se merece, teremos connosco ao escritor e actor Inacio , que nos deleitará con dúas sesións de animación á lectura.

Transcript of Biblioteca. tríptico cara b. 2013 14

Page 1: Biblioteca. tríptico cara b. 2013 14

NORMAS DA BIBLIOTECA

A Biblioteca é para ler e consultar libros, e non para xogar nin para “merendar”.

Só poderás levar un libro prestado de cada vez. Antes de coller outro, debes devolver o libro prestado ao mestre ou mestra que estea no ordenador.

Se rompes un libro ou o perdes, deberás repoñelo.

O libro serache prestado por unha semana, e transcorrida esta, deberás devolvelo. Se non o acabaches de ler, poderás renovar o préstamo por outra semana.

Se queres levar un libro prestado e chove durante o recreo, primeiro ven á Biblioteca e logo volve a túa aula.

Cando busques un libro, deixa os que están nas estanterías ben ordenados.

Os ordenadores son para facer traballos de clase, e para consultar ou buscar información, non para xogar nin para acceder a redes sociais.

Na Biblioteca tes que estar en silencio.

E lembrade que...

Ler fainos mellores persoas, máis tolerantes, aumenta a nosa creatividade e acércanos a mundos que, tal vez, nunca veremos cos nosos ollos, pero si coa nosa imaxinación.ANÍMATE E NON DEIXES DE ACUDIR A NOSA BIBLIOTECA!!! ESPERÁMOSTE!!!

NOVAS-- Horario de préstamos: todos os

recreos de 11:30 a 12 horas, e cada clase na súa hora de biblioteca asignada.

- Seguimos co noso blog da Biblioteca para que poidas/n estar ao día das últimas novas e deixar os teus/seus comentarios e suxerencias. Visita/en o Blog en: oblogdedonte.blogspot.com

- O noso centro realizará este curso un Proxecto Documental Integrado (PDI) que leva por título “Galicia, de pedra”, sobre o uso da pedra en Galicia ao longo da súa Historia. Como actividade do mesmo, temos unha exposición de libros e fotografías relacionados co tema do PDI. Esperaremos as súas visitas.

- Todos as tardes, de 16 a 18 horas, a Biblioteca estará aberta para toda a comunidade educativa (nenos, nenas, antigos alumnos, pais e nais). Os pais e nais poderán solicitar o carné de Biblioteca para levar libros prestados para casa. Temos unha ampla sección para adultos.

- As familias poden doar libros, películas, e outros materiais á Biblioteca, sempre e cando estén en bó estado de uso e conservación.

CELEBRACIÓNS

Durante todo o mes de outubro celebraremos o “Mes da Biblioteca”. Ademais, o vindeiro 23 de dito mes conmemoraremos o “Día da Biblioteca”, e para celebralo como se merece, teremos connosco ao escritor e actor Inacio, que nos deleitará con dúas sesións de animación á lectura.