Biblioteca. tríptico cara b. curso 2015 16

1
NORMAS DA BIBLIOTECA A Biblioteca é para ler e consultar libros, e non para xogar nin para “merendar”. Só poderás levar un libro prestado de cada vez. Antes de coller outro, debes devolver o libro prestado ao mestre ou mestra que estea no ordenador. Se rompes un libro ou o perdes, deberás repoñelo. O libro serache prestado por unha semana, e transcorrida esta, deberás devolvelo. Se non o acabaches de ler, poderás renovar o préstamo por outra semana. Se queres levar un libro prestado e chove durante o recreo, primeiro ven á Biblioteca e logo volve a túa aula. Cando busques un libro, deixa os que están nas estanterías ben ordenados. Os ordenadores son para facer traballos de clase, e para consultar ou buscar información, non para xogar nin para acceder a redes sociais. Na Biblioteca tes que estar en silencio. E lembra que... NOVAS - Horario de préstamos: todos os recreos de 11:30 a 12 horas, e cada clase na súa hora de biblioteca asignada. - - Seguimos co noso blogue para que esteades ao día das últimas novas e deixedes os vosos comentarios e suxestións. Visítanos en: oblogdedonte.blogspot.com.es - - O noso centro realizará este curso un PDI (Proxecto Documental Integrado) que leva por título “O deporte no Grove”, para coñecer que deportes se practican na nosa localidade e que deportistas destacan na súa práctica. - - Todas as tardes, de 16 a 18 horas, a Biblioteca estará aberta para toda a comunidade educativa (nenos, nenas, antigos alumnos, pais e nais). Os pais e nais poderán solicitar o carné de Biblioteca para levar libros prestados para casa. Temos unha ampla sección para adultos. CELEBRACIÓNS Durante todo o mes de outubro celebramos o “Mes da Biblioteca”. Ademais, o vindeiro 23 de dito mes conmemoraremos o “Día da Biblioteca , e para celebralo como se merece, teremos connosco ao escritor e contacontos Anxo Moure , que nos deleitará con varias sesións de animación á lectura.

Transcript of Biblioteca. tríptico cara b. curso 2015 16

Page 1: Biblioteca. tríptico cara b. curso 2015 16

NORMAS DA BIBLIOTECA

A Biblioteca é para ler e consultar libros, e non para xogar nin para “merendar”.

Só poderás levar un libro prestado de cada vez. Antes de coller outro, debes devolver o libro prestado ao mestre ou mestra que estea no ordenador.

Se rompes un libro ou o perdes, deberás repoñelo.

O libro serache prestado por unha semana, e transcorrida esta, deberás devolvelo. Se non o acabaches de ler, poderás renovar o préstamo por outra semana.

Se queres levar un libro prestado e chove durante o recreo, primeiro ven á Biblioteca e logo volve a túa aula.

Cando busques un libro, deixa os que están nas estanterías ben ordenados.

Os ordenadores son para facer traballos de clase, e para consultar ou buscar información, non para xogar nin para acceder a redes sociais.

Na Biblioteca tes que estar en silencio.

E lembra que...

Ler fainos mellores persoas, máis tolerantes, aumenta a nosa creatividade e acércanos a mundos que, tal vez, nunca veremos cos nosos ollos, pero si coa nosa imaxinación.ANÍMATE E NON DEIXES DE ACUDIR A NOSA BIBLIOTECA!!! ESPERÁMOSTE!!!

NOVAS

- Horario de préstamos: todos os recreos de 11:30 a 12 horas, e cada clase na súa hora de biblioteca asignada.

-- Seguimos co noso blogue para que

esteades ao día das últimas novas e deixedes os vosos comentarios e suxestións. Visítanos en: oblogdedonte.blogspot.com.es

-- O noso centro realizará este curso

un PDI (Proxecto Documental Integrado) que leva por título “O deporte no Grove”, para coñecer que deportes se practican na nosa localidade e que deportistas destacan na súa práctica.

-- Todas as tardes, de 16 a 18 horas,

a Biblioteca estará aberta para toda a comunidade educativa (nenos, nenas, antigos alumnos, pais e nais). Os pais e nais poderán solicitar o carné de Biblioteca para levar libros prestados para casa. Temos unha ampla sección para adultos.

-- As familias poden doar libros,

películas, e outros materiais á Biblioteca, sempre e cando estean en bo estado de uso e conservación.

CELEBRACIÓNS

Durante todo o mes de outubro celebramos o “Mes da Biblioteca”. Ademais, o vindeiro 23 de dito mes conmemoraremos o “Día da Biblioteca”, e para celebralo como se merece, teremos connosco ao escritor e contacontos Anxo Moure, que nos deleitará con varias sesións de animación á lectura.