San xosé festa 19 marzo

Post on 13-Apr-2017

360 views 0 download

Transcript of San xosé festa 19 marzo

Presenta:Texto: D. Amundarain (tomado de Xoán Masiá, incluída a súa cita de Radermakers, esexeta belga)Múscka:Yanni-In The Morning LightPresentación: B. Areskurrinaga HC

SAN XOSÉESPOSO DE MARÍA E PAI DE XESÚS

19 de marzo de 2010Mateu 1,16.18-21.24a

Clic

-O anxo do Señor dille a Xosé: «Xosé..., non teñas reparo en tomar como esposa a

María; a criatura súa vén do Espírito Santo» (Mt 1,20).

-Xosé! Quen e que é este home a quen adoitaron

presentarnos coma un vello? Cal é o seu cometido na familia

de Nazaré? Cal en relación con María?

E cal no nacemento de Xesús?

Xosé, esposo de María, pai de Xesús, continúa no mundo de hoxe sendo compañeiro de María, sendo procreador de Xesús.

O dito polo anxo a Xosé,

pódenos axudar a entender esta frase de Xoán

Paulo II: «A Natividade [de

Xesús] puxo á vista o sentido profundo da

natividade de todo ser humano» (EV 1).Á inversa, estas palabras pódennos axudar a

entender o dito polo anxo.

.-Con esa frase, Xoán Paulo dános unha nova clave para

entender o nacemento de Xesús.

Á vez, tamén para entender a Xosé.

Para subliñar a diferenza con respecto

a todos os demais, para recalcar o

extraordinario do mesmo, o nacemento de Xesús amosáronno

como diferente ao noso.

Con todo, Xoán Paulo, con esa frase,

amósanolo dunha forma nova.

Os dous como parecidos.

-A través do nacemento de Xesús, todo

nacemento humano maniféstasenos como

extraordinario. Xoán Paulo invítanos,

non a opoñer o nacemento de Xesús ao

noso, senón a ver todos os

demais nacemento á luz do de Xesús:

O Espírito toma parte no noso nacemento, da

mesma forma que tomou no de Xesús.

- Por iso engade isto Xoán

Paulo: a alegría que sentimos

polo nacemento de

Xesús inclínanos a sentila polo

nacemento de todos os demais

humanos (cf. EV 1)

- A preocupación que lle xorde a Xosé polo dito polo anxo, non se refire a se debe seguir ou non coa súa prometida, senón á súa propia relación coa criatura que está a punto de nacer e a súa misión en relación a Xesús.

- Diríase que o seu sentido relixioso da xustiza lle pedía a Xosé que se retirara daquel asunto; que lle pedía que non tomase parte en todo aquilo; precisamente, para non atribuírse ningún mérito no que era cousa propia do Espírito; que non pretendese ser seu o que era de Deus.

- Pero Deus revélalle que ten necesidade del, de Xosé; como se lle dixese: «Aínda que é verdade que o Espírito vai intervir

no nacemento, a ti correspóndeche impoñerlle o nome». Na Biblia, o impoñer o nome é algo máis que un acto

burocrático.

- Mateo ten en mente unha realidade máis profunda que unha

participación puramente

fisiolóxica...; quere dar a

entender que toda criatura humana vén

do Espírito; que toda

paternidade e maternidade implica deixar ver a Deus en

toda criatura acabada de nacer.

- A unión do varón e da muller manifesta que o froito do seu acto é algo máis que esa criatura visible: fai ademais que Emmanuel, o «Deus connosco», se revele no mundo; fai

ver a Deus mesmo.

- Este versículo de Mateu entendeuse erroneamente: entendeuse como se a acción do Espírito fose en contra das relacións

matrimoniais. A verdade, en cambio, é outra: o alento do Espírito vivifica toda

procreación. Todo nacemento humano é acción do Espírito, dalgunha maneira.

A persoa humana e o Espírito: os dous toman parte na procreación.

No nacemento de Xesús e no de todo ser humano.

- Segundo isto, o anxo dille a Xosé: « Non deixes de recibir a María na casa.

Non penses, que, polo feito de que o Espírito toma parte na procreación, a túa acción é inútil.

Non te afastes polo feito de que Deus vai realizar unha marabilla na túa familia.

Ti e o Espírito non sodes contrincantes.

- Nesta festa de Xosé paga

a pena recordar estas palabras do Cardeal Lehman:

«Nin fabricamos os fillos e fillas, nin os trae unha cegoña. Facemos os fillos e fillas que Deus nos

dá e Deus dá os fillos e as fillas que

facemos nós».

- «Cando Deus se revela, o home ten que someterse coa fe.

Pola fe o home entrégase enteira e libremente a Deus, ofrécelle a homenaxe total do seu entendemento e vontade, asintindo libremente ao que Deus revela»

(Dei Verbum 5).

San Xosé, sé o noso compañeiro

para que poidamos vivir a fe.

Presenta:Texto: D. Amundarain (tomado de Xoán Masiá, incluída a súa cita de Radermakers, esexeta belga)