Xosé ignacio taibo

10
Xoán Ignacio Taibo Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados miércoles 27 de febrero de 2013

Transcript of Xosé ignacio taibo

Page 1: Xosé ignacio taibo

Xoán Ignacio Taibo

EntrevistaIES Manuel García Barros

A Estrada

Literatura Galega do Século XX e da Actualidade

Texto: © Cc-by-sa-3.0Fotos: © Todos os dereitos reservados

miércoles 27 de febrero de 2013

Page 2: Xosé ignacio taibo

Ben, non sei se realmente me marcou Madrid en xeito significativo ou se foi todo o contrario. O asunto é que as miñas lembranzas da infancia e mocidade desenvólvense dous meses ao ano na Coruña, que para a miña persoal biografía era a felicidade, e o resto do tempo nunha cidade na que non me sentía a gusto, que xamais entendín porque non lle vía obxecto, tan allea ao mar, e que me agrilloaba lonxe da Galiza das ilusións miñas. Penso que non foi influxo nin persoal nin literario, máis ben ausencia de. Frustración, xa que logo. Problema persoal meu, desde logo, de inadaptación a un medio que non sentía como propio, no canto de Galiza. En canto aos once anos que pasei nun colexio relixioso (sen repetir curso ningún, quede claro, eh?), claro que influíron. Recibín unha educación particular, distinta da doutros contemporáneos, nunha época de extraordinaria represión en todos os eidos, entre o sistema educativo, a sociedade que me rodeaba e as institucións, todo sumado, coordinado e monocorde. Contando con iso, desde a distancia dos anos penso que aquel colexio e algúns daqueles profesores non foron nin todo o represivos nin tan castradores como cabería agardar naqueles tempos, con aqueles compañeiros e naquel lugar concreto, o barrio de Madrid que se recoñecía a si mesmo como zona nacional. Do que me deprenderon manteño certos dividendos positivos que me serven aínda hoxe, xunto con estupideces estériles e ridículas valoracións sobre a Historia que unhas veces me consenten sorrir e outras indignarme. Bipolaridade? O agarimo vén deses algúns citados enriba, lembranzas onde tendemos a esquecer o desagradábel e manter o grato. O fastío, ben fácil: once anos de rutina.

Xoán Ignacio Taibo

1. Ti xa recoñeciches publicamente que o teu nacemento e a túa xuventude en Madrid te marcara moi significativamente. Foi en realidade tanto o influxo persoal e literario? A túa primeira ensinanza nun centro relixioso tamén influíu en ti? Se, como dis, conservas agarimo e fastío, de onde saíu esa bipolaridade?

2. Deducimos que es unha persoa intuitiva, profética... mais, como non fuches quen de intuír o futuro daquel cativo que estudou contigo e que chegou a Presidente do Goberno? Ou ben será que a túa intuición comezou a funcionar ao voltar ao país onde foras concebido?

Intuitivo non sei, mais en canto a profético, nada. Nadiña. Nese campo fun sempre un fiasco, e nunca cheguei a considerar moi en serio o converterme en profeta profesional, como De Guindos. Nin analista pre-electoral. Tampouco creo que sexa moi intuitivo, máis ben cuadriculado. Diso procuro fuxir dándolle penso á imaxinación. Non o sei moi ben, pouco me parei a pensar niso da intuición: prefiro a telepatía. E nunca diría que a intuición me funciona mellor en Galiza... Eu o que son, fundamentalmente, é un inconsciente: nada que ver con intuitivo, verdade?

miércoles 27 de febrero de 2013

Page 3: Xosé ignacio taibo

A vosa comparanza cos Nós ou, máis ben, co cenáculo de Ourense, gustoume moito, aínda que politicamente diverxa moito deles... A irrupción do galego en min é de explicación inmediata: na década de 1960 os invernos eran longuísimos como unha noite de pedra. Nos invernos Madrid, ademais, non cheiraba a mar. Na Puerta de Toledo estacionaban os grandes camións que chegaran con peixe desde A Coruña, e alí ía eu, a ventilarme no intenso arrecendo, porque cheiraba como A Palloza, a praza onde secaban as redes ao vento pegada ao Muro, a lonxa coruñesa. Só que desde alí retornaba á casa en metro... Meu avó deixoume unha edición de Rosalía, e naquela longa noite inverniza, baixo a excesiva calefacción, descubrín que entendía aquela lingua dourada que escoitaba no verán, porque aínda que parase na rúa Real, no puro centro da Coruña, alí escoitaba galego con frecuencia. A lingua ligábame a Galiza, á Galiza dos meus amores, e Rosalía causábame intenso pracer. Profundar no idioma debeu ser máis difícil, porque tiña escaso acceso a falantes e publicacións, non había métodos e o único dicionario que había naquel cutre mercado, o de Don Eladio, non estaba ao alcance dun estudante. Difícil sería, mais non teño memorias do proceso. Só sei que xuntaba os cartos que podía para mercar libros en galego... Vós xulgaredes se foi simple circunstancia.

Xosé Ignacio Taibo

3. A verdade é que semellas un compoñente do Grupo Nós, xa que comezaches de fóra para dentro... estudando carreiras até chegar ao Galego, descuberta con 16 anos da realidade da lingua galega... Como podes xustificar estes cambios vitais, culturais...? Foron unha realidade ou máis ben simples circunstancias?

4. Como foi esa descuberta para ti, un cativo de 16 anos, da realidade do noso idioma? Esta tardía descuberta fixo que fose aínda máis intenso teu compromiso con el?

Non teño lembranzas primeiras sobre a triste realidade social do galego, talvez porque o vía de lonxe, da distancia. Seguramente é máis por esa distancia desde a que deprendín o galego, e non por chegar a el cando adolescente, que me doen moito as agresións que o idioma padece dentro de Galiza. Porque chocan frontalmente coa opción que escollín con esforzo. E as agresións exteriores non é que as desculpe, mais cádranme mellor co que podería agardar.

5. A circunstancia de non ter que ingresar no exército que supuxo para ti, unha persoa antifranquista e supoñemos que antibelicista? É duro para unha persoa que lle digan que non pode ingresar nalgo por “inútil total” ou neste caso foi un simple alivio?

Houbo un momento en que estaba resignado ao servizo militar e só pretendía cumprilo o antes posíbel. Xa me definín antes como inconsciente... O ser rexeitado traduciuse en que gañei catorce meses de vida: así é como valoro o inútil total onde, ademais, nunca percibín ofensa ningunha, porque ofende quen pode, non quen quere facelo. Si, antibelicista, porque considero o armamentismo como unha estéril lacra secular da humanidade. Tamén detestaría ver unhas forzas armadas galegas.

Xoán Ignacio Taibo

miércoles 27 de febrero de 2013

Page 4: Xosé ignacio taibo

A Ben-Cho-Shey estimeino moito, aquel vello cheo de historias e de bondade, mais talvez na miña inopia non o valorei suficientemente: fora un Nós, do cenáculo de Ourense, e destacado. A Celso Emilio eu venerábao, procuraba ter todo o seu en canto se publicaba e para min era un mito ambulante, de xeito que cando o coñecín, retornado de Venezuela, case caio de costas. E era el un amigo moi tratábel, nada divo, cordial, o que incrementou a miña admiración. O de Isaac é diferente, porque Isaac era querido amigo próximo e segue a selo, aínda que na distancia xeográfica apenas nos vexamos.Imaxino que si, que esas amizades, coa de Daniel Cortezón, marcaron o meu futuro persoal, que inclúe tamén o literario. Para min eles eran Galiza, a Galiza ideal, a desexada, aló na distancia e nos invernos de Madrid que xa describín tan longos como unha noite pétrea.

Xosé Ignacio Taibo

6. Que supuxo para ti aquel contacto madrileño con auténticas personalidades da nosa cultura como Celso Emilio Ferreiro, Ben-Cho-Shey, Isaac Alonso Estravís...? Marcou este feito o teu futuro literario?

7. Que supuxo a personalidade de Reimundo Patiño para a túa literatura futura así coma para o teu pensamento?

A Patiño chamáballe Novoneira Reimundo Mundo, e iso resume todo. Coñecino tardiamente, porque os dous frecuentabamos os mesmos actos, saudabámonos na distancia, e cada un pensaba que o outro navegaba augas políticas diferentes... Patiño tiña vencellos con todas as cabezas pensantes e activas do interior de Galiza, ademais dos galegos de Madrid. Ademais posuía un espírito netamente vangardista que ía moi alén da práctica pictórica e da plástica: non procuraba a orixinalidade, el era a orixinalidade e transmitíaa en moitos máis campos e estéticas que a pintura. Todo iso transmitía a quen quixer escoitalo, coa forza, coa enerxía telúrica que lle daba o seu permanente estado de indignación. Porque non era a orixinalidade estética a que o enchía, senón que a obrigaba a fusionarse coa colectividade e coas vítimas de toda inxustiza.Iso supuxo Patiño para min. Foi ter ao meu carón un teórico-práctico da vangarda, como a sermos parisienses dos anos vinte. Intúo que hoxe non lle gustaría nada nin a nación que herdamos nin moitas outras cousas relacionadas coa arte e a literatura de Galiza.

Xoán Ignacio Taibo

miércoles 27 de febrero de 2013

Page 5: Xosé ignacio taibo

Xosé Ignacio Taibo

8. Semella que agardaches á caída da ditadura para traer ao mundo os teus fillos literarios e familiares... Foi esta caída da ditadura un ceo aberto para ti, para Galiza, para a nosa cultura...?

É inexacto. O meu primeiro libro publiqueino antes, e o relato do primeiro concurso do Padroado do Pedrón de Ouro xa estaba presentado cando Franco agonizaba lentamente, semana tras semana, con todos en suspenso...Desde logo que o final da ditadura foi unha necesaria, obrigada bocalada de ar fresco para todos. Agora xa temos perspectiva e padecementos suficientes para valorar que a bocalada foi moi mal aproveitada, salvando aqueles que xa aproveitaban antes bocaladas e estertores, e que chegamos a unha democracia moi imperfecta. Sen dúbida porque moitos dos males da ditadura, e algúns dos seus beneficiarios e herdeiros, permanecen nos mesmos lugares.

9. Foron varias as carreiras nas que te puxeches man á obra así como tamén moi variadas as profesións nas que traballaches... Estas “circunstancias” que supuxeron para o futuro Nacho Taibo? As túas viaxes polo mundo adiante como especialista dunha revista, como correspondente... foron feitos que marcaron a túa futura obra literaria?

10. Reimundo Patiño díxoche unha vez: “Cando eu morra xa verás o que falan de min”. Como aceptaches que che xurdisen críticas á túa obra pero xa en vida? Foi isto un incentivo ou máis ben un impás na túa escrita?

Esas circunstancias, e a inseguridade perenne que levaban consigo, significaron experiencia, supoño. As viaxes si que marcaban temas futuros, mais iso foi hai moito tempo, e xa non os marcan. Agora viaxo de turista sempre que podo, mais a ilusión, a capacidade de sorpresa xa non son os mesmos. Aínda así, de cando en vez interfiren no que a este pobre escribán se lle vai ocorrendo para poñer nalgún papel.

Toda obra debe ser obxecto de crítica. A min non me encantan as críticas contrarias –e logo, hai alguén que guste delas?–, mais esforceime en asimílalas cando as vin fundamentadas e argumentadas. Non todas o foron. Algunha pareceume moi gratuíta, case diría dirixida, orientada a priori. En todo caso, nada me desacouga máis que a inexistencia de crítica. Ver que unha novela que levou catro anos completar, e outras suores para vela publicada, non merece nin unha soa liña dos críticos, iso non o aceptei nada ben. Oféndeme. En español hai un verbo detestábel, ningunear. Como chamariamos a iso en galego? Ninguénying? Pero non houbo impasse ningún por ese motivo. Continuei, porque seguen en vigor os motivos que me inducen a escribir. O de publicar... é outra cousa. Non me detiveron. Cando menos até agora. No futuro, veremos. Quen posúe o control do futuro?

Xoán Ignacio Taibo

miércoles 27 de febrero de 2013

Page 6: Xosé ignacio taibo

12. Até que punto influíu Álvaro Cunqueiro na túa obra? A materia artúrica que aparece nalgunha das túas obras (por exemplo “Os inmortais”) foi de influxo de Cunqueiro ou ben outros autores coma Cabanillas tamén influíron nesta temática?

Xosé Ignacio Taibo

Cunqueiro influíu enormemente en min en canto á oralidade do galego tan natural que me causou forte impacto a primeira vez en que o lin, así como o enxebre, libre e espontáneo tratamento do irracional marabilloso, tan imaxinativo e tan incisivamente galego. Ao mesmo tempo chocábame que, mergullado nunha Galiza que padecía, penaba e emigraba, xamais transcendese os temas puramente lúdicos.Con todo, cando lin o “Merlín e Familia” estaba eu podre de textos artúricos desde fontes francesas e británicas. Moi vivamente o lembro: sen ser o que agardaba, nin me desagradou o máis mínimo nin o vin como un texto estritamente artúrico, senón como o divertimento que é. Máis tarde accedín a “Na Noite Estrelecida” de Cabanillas, e ambos os dous libros serviron, supoño, para que tomase serodia conciencia de que aquela materia artúrica que tanto me fascinaba desde neno tiña moito de noso e era moito máis galega que española. Resulta que a asimilación que Cabanillas fai entre o lendario milagre do Cebreiro e o Monsalvat onde Galahad atopa o Santo Graal é un raro caso de sacralización dun texto literario galego, porque desde entón, e sen dúbida só a partir de Cabanillas, quedoulle o alcume de Santo Graal do Cebreiro. Mesmo hai quen afirme que os nazis o investigaron nunha visita que Otto Rahn, investigador ocultista das SS, realizou a Galiza. Indiana Jones á procura do Graal contra os nazis ten máis de histórico do que parece!

11. Por veces lamentácheste de que che fixeran un baleiro, de que até certo punto se marxinou un chisco a túa obra. Segues a pensar o mesmo na actualidade? Sentes que estás nunha “lista negra”?

Si, pénsoo. Dentro do exposto na pregunta anterior.

Xoán Ignacio Taibo

miércoles 27 de febrero de 2013

Page 7: Xosé ignacio taibo

13. Que nos poderías contar da túa afección pola música? Que tipo ou tipos de música?

Ben, eu en música gusto de case todo. A música antiga (non só as nosas cantigas, mais elas sobre todo): para escribir textos históricos usei música do tempo e do lugar para entrar en ambiente. O barroco, os clásicos románticos e os rusos máis que ninguén, parte da clásica do XX, o folclore de todas as nacións do mundo, e o de Galiza entre os preferidos, a Música Popular Brasileira e con preeminencia a Bossa Nova. Testemuña da música descritiva que me une co cinema, as bandas sonoras de filmes, aínda sen conformaren propiamente un xénero, xa que o abranguen todo: primeiro lugar para as partituras de Miklós Rózsa en filmes históricos. Tamén en lugar preferente o cinema musical, mais só o que abrolla nos anos cincuenta, con Singing in the Rain. Non silencio o rock por omisión involuntaria, senón deliberada. Pero Beatles.Sempre lamentei non saber ler música cun mínimo de seguridade. Talvez cando me xubile...

Xosé Ignacio Taibo

14. E para finalizarmos, o teu labor docente marcou a túa dedicación máis intensa cara á escrita? Serías quen de lle recomendar o libro electrónico ao teu alumnado?

Ser docente consénteme vampirizarlles algo a mente e a realidade a unhas persoíñas das que cada vez estou máis distante cronoloxicamente. Teño que explicarme? Os alumnos e alumnas sempre, ao longo dos meus séculos, teñen de 13 a 18 anos. Sempre. Pola contra, eu entrei no ensino con 33 e teño 30 máis. Eu a cada ano que pasa fago un ano. Mais eu non escribo para as alumnas/os alumnos (raio coa linguaxe socialmente correcta!). Non teño a menor intención de poñerme ao seu nivel –é dicir, menosprezalos– e que elas, eles ou noutr@s institutos e institutas me lean. Non fago literatura infantil nin de mocidade. Para min, o traballo e a creación deben ser compartimentos estancos. Non digo que teñan que selo para todos, nin moito menos. É a miña persoal opción.Libro electrónico... Teño un e-book que me regalou meu irmán Carlos e apenas o uso. Xa vou vello. Xubilareime para o ano próximo, salvo que os poderosos dirixentes, en Madrid ou en Berlín, dispoñan outra cousa. Xa non estou para moita innovación no traballo, que na casa será outra historia. Non, non lles vou recomendar o libro electrónico, mais tampouco teño a menor intención de negárllelo.

Xoán Ignacio Taibo

miércoles 27 de febrero de 2013

Page 8: Xosé ignacio taibo

CUESTIONARIO

miércoles 27 de febrero de 2013

Page 9: Xosé ignacio taibo

A Acrópole de Atenas.Un monumento

salientábel?

Reimundo Patiño - Àngelo Colocci.

Un personaxe galego e un estranxeiro?

María Balteira, a soldadeira:

todos contra ela. (Tamén, se a

banda deseñada for xénero

literario, co capitán

Haddock.)

Un personaxe literario co

que se identifique?

To Be or Not to Be, de Lubitsch.

Unha película de cine?

O tempo. O tempo é algo que me obsesiona, e non entendo que non

desacougue igual a todos os demais. A reconstrución do pasado distante. Tamén as relacións entre as persoas.

Con todo, identifícome co Picasso que cría na inspiración, si, mais

cando ela chegase tiña que pillalo a traballar.

Cal é a súa fonte de inspiración

O Macbeth de

Shakespeare.Unha obra teatral?

O fin definitivo da

pobreza no mundo.

Unha utopía?Celso Emilio Ferreiro - Longa

noite de pedra.

Un/ha autor/-a e unha obra

literaria galegos?

Combarro e Combarro.

Un lugar para visitar? e un lugar para descansar?

miércoles 27 de febrero de 2013

Page 10: Xosé ignacio taibo

Contemplar unha Galiza

menos tradicional, menos

convencional, máis

avanzada nas ideas

colectivas.

Un anceio por realizar?

Rural habitualmente, en combinación co urbano

en doses efémeras – Praia (nada de tomar o sol) ou,

máis ben, beiramar.

Mundo rural/urbano? Praia/montaña?

A guerra de Troia,

que cada vez parece

menos invención e

máis histórica.

Un feito histórico?

A cama de día, isto é, non deitado. A miña

horta no verán, cediño.

Un lugar axeitado para a lectura?

Música Popular Brasileira – Night and Day.

Un tipo de música? Unha canción?

Con Xosé Manuel Martínez Oca. Por certo, da Estrada el.

Un/ha autor/-a con quen se identifique?

Viaxar, a Historia, as linguas, a Xeografía, os

barcos, case toda a música, internet, o humor...

practicamente calquera, agás os deportes como espectáculo e, moi en

especial, o fútbol.

Outro entretemento ademais da lectura?

Homero - Odisea.Un/ha autor/-a e unha obra

literaria estranxeiros?

miércoles 27 de febrero de 2013