Xosé L. Méndez Ferrín / Artello Teatro e Mendez Ferrin - Celtas... · día seguinte da visita da...

62
Xosé L. Méndez Ferrín / Artello Teatro Artello Teatro alla scala 1:5

Transcript of Xosé L. Méndez Ferrín / Artello Teatro e Mendez Ferrin - Celtas... · día seguinte da visita da...

Xosé L. Méndez Ferrín / Artello Teatro

ArtelloTeatro

allascala 1:5

© 1983, Xosé L. Méndez Ferrín, Artello Teatro.

© 2001, Artello - Teatro alla scala 1.5 S.L.Rúa Oporto, 30-6ºB36201 - VIGO (Galicia, España)Email: [email protected]://www.artello.com

Reservados todos os dereitos. Autorízase a descarga, impresión e conservación de copias de seguridadeda presente obra para uso privado.Asimesmo, autorízase a distribución da mesma, ben sexa en papel ou en soporte electrónico,sempre que se faga de maneira totalmente gratuita e reproducindo íntegramente este texto e o copyright.Calquera uso distinto ao expresamente autorizado requerirá o permiso previo e por escrito do editor.

Diante de vós «Celtas sen filtro», unha peza de teatro que

eu non sabería definir. Nela móvense diversas personaxes,

unhas con duros perfís irónicos, as outras desleídas en

salseiros máis leves e volátiles. Por primeira, e supoño que

derradeira vez na miña vida, participo coa farándula nunha

función teatral. Entendédeme que eu non colaborei con Artello,

senón que me deslicei no interior deste grupo singular e

universalmente imaxinativo para soñar nel unha ametralladora

de ritmo endiañado. O resultado habédelo de xulgar vós. Eu só

quero dar fé agora das horas de ledicia que gocei con Artello

mentras preparabamos a sesión de autocrítica nacional que

«Celtas sen filtro» é.

X. L. MENDEZ FERRÍN, Xuño de 1.983

X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO TEATRO - “CELTAS SEN FILTRO”

- 3 -

- I -

VOZ EN OFF 1 A Gran Compañía de Teatro Galego "Aturuxo"presenta o seu espectáculo "Berros de lume". Traba-llo colectivo basado nos feitos acaecidos o 10 deNovembro de 1.982 na capital de Galicia.

VOZ EN OFF 2 Catedral de Santiago. Pórtico da Gloria. Racha o día.

PENUMBRA. MÚSICA DE ÓRGANO E EFECTOSESPECIAIS TÉTRICOS.

ESMOLANTE 1 Ai, miña nai. Probes, famentos e miserentos, eninguén se acorda de nós.

ESMOLANTE 2 Ninguén recoñece a nosa situación.

ESMOLANTE 1 Ai. Non podo máis con esta lentura que me chega atéas raigames.

ESMOLANTE 3 Co frío que pasamos.

ESMOLANTE 2 Eu tamén teño lenta a raigame.

SOAN AS CAMPÁS.

ESMOLANTE 3 Chist. Silencio. Agnus dei dunha nai.

ESMOLANTES 1, 2 Ora pro nobis.

ESMOLANTE 3 Agnus dei dunha nai.

ESMOLANTES 1, 2 Liberanus domine.

ESMOLANTE 3 Agnus dei dunha nai.

X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO TEATRO - “CELTAS SEN FILTRO”

- 4 -

ESMOLANTES 1, 2 Liberanus domine.

ESMOLANTE 2 Pedro. Ei. Madrugas.

ESMOLANTE 4 (ENTRANDO) Non poiden chegar antes, veño dovelorio.

ESMOLANTE 1 ¿E de quen?

ESMOLANTE 4 Do Laudamuco.

ESMOLANTE 2 Quen.

ESMOLANTE 4 ¿Non o coñecedes? Si, ho. Aquel que pedía na rúadas papas e do unto.

ESMOLANTE 3 ¿E de que morreu?

ESMOLANTE 4 Suicidouse.

ESMOLANTE 2 Vaia, carallo. Que bailadela esta da morte ditosa.

ESMOLANTE 1 Pois nós, xa ves. Aquí, de xubileu.

ESMOLANTE 4 Si, ho. Parecedes tres perdidos nunha noite suxa.

ESMOLANTE 3 Boeno, boeno. Cambeamos de tema que isto semellaun ensaio pra unha marcha fúnebre.

ESMOLANTE 4 Iso, deixádevos de touporroutous e imos ao noso.¿Quen falta?

ESMOLANTE 2 Pois faltan a Xaxara, a Peituda, o Paniogas, o rapaz...

ESMOLANTE 4 ¿E o Cachamón?

ESMOLANTE 1 Eu traio a representación dese.

ESMOLANTE 3 Sempre faltan os mesmos.

ESMOLANTE 2 Boeno, xa estamos bastantes. Pra unha vez que nosxuntamos.

ESMOLANTE 4 Si. veña. Imos ao noso.

ESMOLANTE 1 Ben, coma sabedes tamos aquí á espera da esmolaque o señor segredario do arcebispo ten a ben, ásveces, darnos. Convén que nos poñamos de acordo

X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO TEATRO - “CELTAS SEN FILTRO”

- 5 -

pra facer forza e obligalo a que nola dé xa.

ESMOLANTE 2 Boeno. Pro ante todo hai que saber como se vai facero reparto dos cartos.

ESMOLANTE 1 Daquela está claro que os cartos só se repartenentre os mendigos profesionais.

ESMOLANTE 4 Boeno, boeno. Iso da profesionalidade é moi relativo.

ESMOLANTE 2 Non é nada relativo. Profesional é quen leva cincoanos pedindo e non come a conta do pai, nin da nai,nin da sogra, nin do fillo. E ó que non lle chegue, quemorra de fame.

ESMOLANTE 1 Dacordo.

ESMOLANTE 3 Eu non estou dacordo.

ESMOLANTE 2 Claro. Porque ti apañas papeis pola rúa.

ESMOLANTE 3 E a muller deste traballa de criada.

ESMOLANTE 4 Cada un vive do que pode. ¿Que tes ti contra dascriadas?

ESMOLANTE 1 Mentras cada un non viva só da esmola non saberáo sacrificio que isto supón.

ESMOLANTE 4 Eu penso que sería mellor darlle a cada un según assúas necesidades. Está claro que eu son o que máisnecesito porque teño unha esquina estable.

ESMOLANTE 1 Si. Ti pensas manter a esquina á nosa costa.

ESMOLANTE 4 A esquina xa sabedes que a tendes cando queirades.Eu déixovos pedir nela quedándome co coarenta porcen do que saquedes.

ESMOLANTE 1 Pra que logo digas que che roubamos a silla. Comolle dixo á Cantante Calva, que é unha rapaza cojonu-

da.

ESMOLANTE 2 O que hai que conquerir é unha esquina pra cadaun. Como en Cataluña.

X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO TEATRO - “CELTAS SEN FILTRO”

- 6 -

ESMOLANTE 3 Pois eu pido que se me teña en consideración, xa queson o mendigo que máis sae a pedir por fóra deGalicia. E iso ten o seu mérito.

ESMOLANTE 2 Me cago en dios. Mentras ti estabas pedindo fóra, euestaba labrando o porvir eiquí pra todos nós.

ESMOLANTE 4 Non te cabrees, rapaz.

ESMOLANTE 2 Reivindico o meu dereito a cabrearme. E non mechames rapaz.

ESMOLANTE 4 Pois cabréate.

ESMOLANTE 2 Cabréome. E digo que si non chega a ser por mineiquí non mendigaba nin dios.

ESMOLANTE 1 Daquela... Daquela... Boeno eu non digo nadaporque a min nin dios me fai caso, coma son oinconstante.

ESMOLANTE 3 Ben. ¿Quen vai falar co segredario?

ESMOLANTE 2 Que vaia este. ¿Ti podes ir?

ESMOLANTE 1 Boeno. Se hai que ir.

ESMOLANTE 2 Se non vou eu tamén.

ESMOLANTE 4 ¿E que vas pedir?

ESMOLANTE 1 Non vou pedir, vou eisixir. (SAE. VOLVE DE CONTA-DO.) Non estou dacordo. Anastas. Non estou. E istovai salir na folla parroquial. Din que quen ten quepagar é o párroco da Berenguela. O que vive na casadas tres lúas.

ESMOLANTE 3 ¿?

ESMOLANTE 4 Si, ho. O que lle anda ó bulto á Mimí da Cora.

ESMOLANTE 1 E este di que aínda non chegaron as transferencias.E que cando cheguen xa veremos se sobra algo.

ESMOLANTE 3 Non hai dereito. Temos que facer algo.

X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO TEATRO - “CELTAS SEN FILTRO”

- 7 -

ESMOLANTE 1 O que temos que facer é, primeiro, xuntarnos todos.Segundo, mercar un carromato cun toldo para irpedir por todos os pobos, feiras e festas. Terceiro,facemos unhas camas e durmimos todos xuntos alí.Vós enriba e eu debaixo, coas mulleres.

ESMOLANTE 2 Boeno, coño, xa estás ti ca tolería do toldo. Levastrinta anos coa mesma teima e morrerás sen o toldo.O mellor é un suicidio colectivo, e rematamos dunhavez coa mendicidade galega. Iso tería moita repercu-sión.

ESMOLANTE 3 Si, si. Repercusión nacional.

ESMOLANTE 4 Demasiada. Eu voume e déixovos a representación.

ESMOLANTE 1 Este vaise porque lle deron cartos polo baixo. Queten moita aquela co Sr. Segredario. Disque douskilos e medio.

ESMOLANTE 2 Serache Xudas o tipo.

ESMOLANTE 3 ¿E como facemos pra suicidarnos?

ESMOLANTE 2 Collemos unha mecha e tarará, chis, púm. Ás nubes.

ESMOLANTE 1 Mandatruco. Tes cada idea.

ESMOLANTE 2 Se non vos gusta esa idea, aquí teño de todo: soga,coitelo, pistola, machado, acto cultural, eixada,fouce, gadaña, tren.

ESMOLANTE 3 A min un coitelo.

ESMOLANTE 2 Esta si que é unha muller de mulleres.

ESMOLANTE 1 A min unha soga. ¿E ti?

ESMOLANTE 2 Eu teño un caprichiño. Tomarei unha pastilliña e asípoderei vervos morrer. Sentiríame realizado despoisde tanto autocastrarme. Serán as derradeirasmortes que vexa na miña vida.

ESMOLANTE 1 Boeno. ¿Como facemos?

X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO TEATRO - “CELTAS SEN FILTRO”

- 8 -

ESMOLANTE 2 Mira. Eu afórcote a ti. Ti te clavas e eu logo tomo apastilla.

ESMOLANTE 1 Non. Mellor ti tomas a pastilla, eu te clavo, e tiafórcasme.

ESMOLANTE 3 Non. Mellor afórcote, douche a pastilla, e clávome.

ESMOLANTE 2 Non. Mellor facémolo á vez todos.

ESMOLANTE 3 Iso.

ESMOLANTE 1 Iso.

ESMOLANTE 2 Vai.

ESMOLANTE 3 Vai.

ESMOLANTE 1 Un. Dous. Tres. Tres. ¿De que me soa a min iso?Tres.

ESMOLANTE 2 Atoparémonos no Edén.

MÁTANSE. AO POUCO, UN PEREGRINO CHEGAANTE O PÓRTICO E COMEZA A DAR OS CROQUES.NO TERCEIRO CROQUE, O PARTELUZ CAE Ó CHANESTREPITOSAMENTE E ÁBRESE UN BOQUETE, DOQUE MANA UN CHAFARÍS ESCURO.

PEREGRINO Sandiós. Sandiós. Sandiós. Petróleo.

SOA O ALELUIA DE HÄNDEL MENTRES CAE O

T E L Ó N

X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO TEATRO - “CELTAS SEN FILTRO”

- 9 -

- II -

SAE AO PROSCENIO CAMILO LONGUEIRA.

LONGUEIRA Miñas donas e meus señores, moi boas tardes. Ofeito que acaban vostedes de presenciar é unhareproducción do que, como vostedes saben, sucedeuno mes de Novembro do derradeiro ano, e que -antea imposibilidade de poderllo ofrecer en imaxes reais,inexistentes polo inesperado e sorprendente doacontecemento- tivo a ben ofrecernos, nunha versiónmoi libre por certo, o grupo de teatro piloto Aturuxo,a petición do Instituto de Estudos Galegos Troncosode Castro.

E agora permítanme que me presente. ChámomeCamilo Longueira e son inxeñeiro industrial, psicólo-go, sociólogo e diplomado en Ordenación do Territoriopola Universidade Católica de Lovaina. Neste actoestou a representar, como presidente que son de talentidade, ao Instituto de Estudos Galegos Troncosode Castro.

¿Que é e que pretende o Instituto de Estudos Gale-gos Troncoso de Castro? Como todos vostedes saben,o Doutor Troncoso de Castro foi un esgrevio patricioque participou con Filgueira Valverde na Fundacióndo Seminario de Estudos Galegos, e con Cruz Gallás-tegui na da Misión Biolóxica de Galicia. Aínda quenon investigou demasiado, deixou sona de excelenteconversador e de persoa afectuosa, honrada e deacrisolado e rexo esprito Galeguista. Nós queremosperpetuar o seu nome nun colectivo adicado a

X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO TEATRO - “CELTAS SEN FILTRO”

- 10 -

estudar a Realidade Galega. Pra iso contamos coapoio do Señor Delegado do Goberno, do SeñorPresidente da Xunta e do Presidente de UTECO--Ourense, así coma da Excelentísima Condesa dasFuerzas Eléctricas del Noroeste Sociedad Anónima,todos eles socios de Honor do Troncoso de Castro.

Como todos vostedes deben saber, donas e cabalei-ros, o Troncoso de Castro, ademáis de Presidente,ten tamén un Secretario: o ilustre reintegracionistaPlubio Lópes Berridi, abogado e lingüista marxinal,que teño a honra de apresentar a vostedes pra queel continúe a exposición.

ENTRA PLUBIO.

PLUBIO Moito obrigado. Moito obrigadiño. O obxecto da nosacomparecéncia nesta palestra é apenas o mostrar avocés un documental informativo elaborado porTroncoso de Castro. Como todos vocés saben, hoxecúmprese un ano dun acontecemento extraordinario.Con efeito, o día 10 de novembro de 1.982, é dicer, aodía seguinte da visita da Súa Santidade Xoán PauloII a Compostela, evento que ficou ficsado nos nososcorazóns con letras de fogo que queima sen consu-mir, un peregrino quixo visitar a sós e en máximorecollemento a Basílica Metropolitana de Santiago,pra orar en soedade pola súa terra, víctima doconfusionismo e da miseria.

LONGUEIRA Ese peregrino era polaco.

PLUBIO Si. Ese peregrino era polonés. Chamábase JaroslawLutoslawski Casanova. Era neto da ilustre escritoragalega Sofía Casanova e do Príncipe Lutoslawski.

LONGUEIRA Aínda que tamén estaba emparentado...

X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO TEATRO - “CELTAS SEN FILTRO”

- 11 -

PLUBIO Se o meu compañeiro mo permite, seguirei. JaroslawLutoslawski Casanova entra na Catedral Composte-lana. Ten o corazón atribulado polos males queaqueixan á Igrexa do Silencio. Pon a súa man noparteluz de mármore do Pórtico. Reza as preces derigor e pídelle a Santiago Apóstolo as cinco grasas.Logo percura coa vista a estatua do Mestre Mateu,quer dicer, o Santo dos Croques. Axiónllase diantedo Santo dos Croques. Vai bater coa súa fronte sobrea cachola de pedra do Santo dos Croques. Bate uncroque. Dous croques. Tres croques. Ao terceirocroque o santiño derrúbase pra atrás. A Columna doparteluz pártese ao meio. Vóces xulgarán. No meioda confusón, surxe un poderoso chafarís de líquidoescuro que se eleva contra o ceio como unha plega-ria. Oh, prodixio. Oh, maravilla. Do pé mesmo doPórtico da Gloria, abrulla e surte un pozo petrolífero.

LONGUEIRA A partir de entón, a concencia nacional galega sofreunha conmoción. ¿Que facer? ¿Que facer co petróleodo Pórtico da Gloria? Unha fecunda e intensa polé-mica desátase sobre a nosa terra. Finalmente,mañán, día 11 de novembro de 1983, terá lugar unReferendum popular que decidirá o destino que talriqueza subterránea vai ter.

Por esta razón, o Instituto de Estudos GalegosTroncoso de Castro que, como dixemos é un entegaleguista e científico...

PLUBIO E eu acrecentaría que é un ente apolítico e fielúnicamente á Realidade Galega.

LONGUEIRA Certamente. O Troncoso de Castro, que é tan apolíti-co como a mesma Realidade Galega, decidiu contri-buir á necesaria clarificación do pobo galego de caraa unha formulación responsábel e personalmentecomunitaria no acto democrático de obrigada parti-

X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO TEATRO - “CELTAS SEN FILTRO”

- 12 -

cipación moral cal é o Referendum.

PLUBIO En consecuencia, miñas donas e meus señores, oInstituto de Estudos Galegos Troncoso de Castro, teno honor de presentar a vocés un documental veristae fidedigno até a mágoa, no que se recollen todos osdatos esclarecedores que pudemos recadar sobre omisterioso e escuro -e tan escuro- asunto do petró-leo. Nel vocés poderán ollar mostras e fracciónssignificativas do Pobo Galego manifestándose de caraó fenómeno durante o transcurso dun ano.

LONGUEIRA Progreso ou reacción. Opulencia ou miseria. Culturaou barbarie. Multinacionais capitalistas ou apropia-ción nacionalista. O petróleo ten patria ou é desustancia sen fronteiras como a Coca-Cola, o ecu-menismo católico e a Internacional Socialista.Estase outras preguntas coido que arrevoarán sobre asvosas cabezas ao longo da proxección do noso docu-mental.

PLUBIO E xa, pra rematar, non queda máis que agradecer acolaboración de todas aquelas persoas que desinte-resadamente fixeron posíbel a execución destedocumental. E, como non, dar as gracias anticipadasa todos vocés pola vosa presencia neste acto. Nadamáis, hastra unha próxima ocasión.

LONGUEIRA Eu non quixera marchar sen antes darlle tamén asgracias novamente a estes rapaces do grupo Aturuxopolo esforzo que tiveron que facer pra estar hoxe contodos nós. E nada máis. Que lles sirva o noso docu-mental.

VANSE. SOA UNHA SINTONÍA.

X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO TEATRO - “CELTAS SEN FILTRO”

- 13 -

- III -

REDACCIÓN DE PERIÓDICO. O DIRECTOR ESCOI-TA AS NOTICIAS DA RADIO. ESTÁN TAMÉN FURE-LOS, O REDACTOR XEFE, E A FOTÓGRAFA MARILÍS

MIRAGAIA.

LOCUTORA Esta é a nova radio. Esta é Radio Vintenove naCoruña. As doce trintaecinco da tarde e dentro duninferno de chamadas e chamadas aos nosos estudos,Radio Vintenove atópase no medio da marabuntainformativa. Todos queren saber qué pasa co petró-leo da Catedral de Santiago. Colectivos, amas decasa, gays, vendedores ambulantes, cooperativas dearmadores, xubilados da Renfe... E veleiquí queestablecemos contacto con Santiago. Adiante, XulioParadanta. Boas tardes.

PARADANTA Boas tardes, Coruña.

LOCUTORA ¿Hai algunha novedade?

PARADANTA A xornada de Santiago, aparte das consabidasmanifestacións contra o paro, a xornada, digo, dehoxe, estivo marcada por un doble acontecemento.As rodas de prensa, celebradas no Hostal, das queforon protagonistas a Real Sociedade Colombófila emáis a Asociación de Fabricantes de Xaulas paraGrilos do Noroeste.

LOCUTORA ¿E non hai información respeito do petróleo?

PARADANTA Ben. O petróleo, se ben ten pasado a un segundoplano na preocupación da Cidade do Apóstolo,

X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO TEATRO - “CELTAS SEN FILTRO”

- 14 -

continúa, ao parecer, a fluir verticalmente. Pareceser que se trata dun petróleo de coor escuro, eincluso podería afirmarse que se trata dun petróleomáis ben negro.

LOCUTORA Moitas gracias Santiago. Moitas gracias, XulioParadanta. Coma sempre, Radio Vintenove facendoun surfing informativo no que o máis novedoso, omáis difícil aínda e o máis arriscado está na nosaantena. Sendo xa as doce corentaecinco do día dehoxe, no que á nosa redacción chegan ares deFuturo e Gloria pra Galicia.

DIRECTOR (APAGA A RADIO) ¿Que temos sobre o Petróleo?

FURELOS Un comunicado feminista (LÉVALLE UN PAPEL LILA).

MARILÍS Un comunicado do Sindicato Independente deCitroën. (DÁLLE UN PAPEL AMARELO.)

LILIANA (ENTRANDO.) Un comunicado dos ecoloxistas. (CUNPAPEL VERDE.)

DIRECTOR Tirade co eles ao cesto dos papeis. Marilís, pideunhas hamburguesas e unhas cervexas. ¿Que máistemos?

LILIANA Un artigo en plan radical do Decano de Económicas,que é un encanto de señor.

MARILÍS (AO TELEFONO.) ¿Cafetería?

DIRECTOR Pódeslle pedir unha foto adicada. Tamén ao cesto dospapeis. Furelos. Quero un artigo primoroso, deencaixe de Camariñas. (FURELOS FAILLE UN XESTOA LILIANA PARA QUE TOME NOTA). Un artigo doxénero sensato. En fraseo curto e severo. ¿Entendes,camándula? Encarrégallo a Madame Butterfly.

FURELOS ¿A nosa diputada por Beiramar?

X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO TEATRO - “CELTAS SEN FILTRO”

- 15 -

DIRECTOR A mesma.

MARILÍS (DECIDE ELA MESMA IR POLAS HAMBURGUESAS)¿Como queredes as hamburguesas?

DIRECTOR Eu en mollo marelo. Aquí o Furelos supoño queencarnadas. Je, je. Rápido. Unhas con mostaza eoutras con tomate. Pérdete. (MARILÍS SAE.)

LILIANA ¿Quere que redacte cartas ao Director, Dire?

DIRECTOR Si. Inventa unhas cantas. De asociacións de pais, deprotectoras de animais e prantas. Todas moi inque-das polo perigo que corre a familia e os valores doespíritu, pois as forzas disolventes poden vir unidasao petróleo, etcétera, etcétera. Ah. Mencionar Dallase Dinastía.

FURELOS ¿Relacionar co aborto?

DIRECTOR Home non. De momento non.

MARILÍS (ENTRANDO) Eiquí tendes unha colección multicolorde jamborguers e cervexas. Están aí os de SiniestroTotal. Cásique me chorizan dúas cervexas. Noticia.Inventáronlle un rock ao petróleo.

DIRECTOR Metédeo nas páxinas musicais. Ou nas de cultura.Furelos, a enmaquetar xa.

LILIANA (AO TELÉFONO.) Cariño, (SOA OUTRO TELÉFONO)non me esperes esta noite. Teño traballo até moitarde. (TÍRALLE UN BICO A FURELOS, QUE LLODEVOLVE).

MARILÍS Dire, chama Dosinda Areses pra informarnos de queArtello estrena mañán en Vigo.

DIRECTOR (A LILIANA) Fai unha notiña pequena. Moi pequena.Non me fío moito deses aficionados.

X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO TEATRO - “CELTAS SEN FILTRO”

- 16 -

LILIANA ¿Que poñemos na primeira, despois do artigo deMadame Butterfly, Dire?

DIRECTOR Non sei. Xa veremos. Xa veremos. (FAILLE UNACENO PRA QUE LISQUE. LILIANA VAISE.)

MARILÍS ¿Temos algunha información da Xunta? Eu teñounhas fotos artísticas da fachada do Obradoiro quepoderían servir, Dire. (VAISE)

DIRECTOR ¿Alguén escoitou as noticias da tele?

ENCENDE O TELEVISOR.

LOCUTOR TV Como saben ustedes, Galicia es una región entraña-ble de España, situada al Noroeste. Su clima eshúmedo y lluvioso. Tiene unos dos millones y mediode habitantes, aunque otros tantos gallegos seencuentran fuera de su tierra. Se habla en Galiciauna lengua muy pintoresca, y el instrumento musicalfavorito de sus gentes es la meláncolica gaita.Galicia tiene un índice de paro y subempleo superiora la media española. Pero, felizmente, este tercer-mundismo y esta situación de subdesarrollo va adesaparecer. Parece ser que hay indicios de laexistencia de una bolsa de petróleo en la ciudadjacobea, lo que hace que los gallegos se sientanestos días muy esperanzados. Y conectamos connuestro centro regional para ampliar la información.

LOCUTORA TV Boas tardes. Lamentamos moito non poderllesoferecer imaxes do surtidor de petróleo xurdidoinopinadamente no Pórtico da Gloria da nosa SantaIgrexa Catedral, pro os nosos equipos informativosestiveron moi ocupados en cubrir as rodas de prensaque ofereceron aos medios informativos a Real

X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO TEATRO - “CELTAS SEN FILTRO”

- 17 -

Sociedade Colombófila e máis a Asociación de Fabri-cantes de Xaulas pra Grilos do Noroeste. Noutro ordede cousas, é preciso sinalar que, se ben os medios in-formativos de Galicia adicaron amplio espacio aopetróleo do Pórtico da Gloria, os organismos oficiaismanteñen até o intre un prudente silencio.

DIRECTOR (APAGA O TELEVISOR) Furelos. Chama a Delegaciónde Santiago.

FURELOS (AO TELÉFONO) Santiago. Aquí Furelos. ¿Hai algúncomunicado da Xunta sobre o petróleo? (COLGA)Non hai declaracións, Dire.

DIRECTOR Entón xa está. Ao carón do artigo sensato de Mada-me Butterfly, escribe ti mesmo unha gacetilla. Título,“O prudente silencio”. Ou mellor así: “O prudentesilencio responsable”. (SAE FURELOS).

MARILÍS (ENTRANDO) Perguntan de abaixo sobre o titular daprimeira.

DIRECTOR Eu diría: “Galicia, da corredoira á vangarda doprogreso”.

X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO TEATRO - “CELTAS SEN FILTRO”

- 18 -

CANTO PATÉTICO-GALEGUISTA

Galicia, nai e señorasempre garimosa e forte,

perto e lexos, onte, agora,mañán, na vida e na morte.

Oh, rías de ensoñamento,

verdes prados de dozura,lanchas do xeito, gamelas...

¡Pra vós, a nosa canción!

CANTO TRIUNFALISTA

Veleiquío futuro sen límites

capaz de convertir a un paísnunha furcia de cabaret,

cuias entrañas se venderán,

como carne de muller,a calquer postor

que pague o seu pracer.

¡A subasta está en pé!

Morto xace

o Imperio das Tebras.Da noite interminable nace

o Sol da nova era,

o Sol da fertilidadeen cuio ventre danzarán

moscas e arañas,putas e beatas,

con dentes nas mans.

X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO TEATRO - “CELTAS SEN FILTRO”

- 19 -

- IV -

PRAZA DO OBRADOIRO. O PRESIDENTE DA XUNTA

SAE AO BALCÓN DO PAZO DE RAXOI PARA DIRI-XIRSE Á MULTITUDE. ESTÁ ACOMPAÑADO DA SÚA

DONA E DO ARCEBISPO DE COMPOSTELA. DOUS

NENOS CON TRAXES REXIONAIS EXTENDEN UNHABANDEIRA GALEGA CUNHA TORRE PETROLÍFERA

NO CENTRO.

PRESIDENTE Pobo de Compostela e de Galicia enteira. Hoxe as

pombas de Compostela elevaron o seu voo até moiperto do Sol, trazando circos maravillosos de Espe-

ranza e de Resurrección, no impulso da leda algara-

bía das campás de todos os templos da Cidade Santa.

Porque unha nova era ábrese diante nosa.

Eu quero lembrar eiquí aquel día auroral no queestrelas maravillosas detiveron o seu curso pra

descansar sobre Galicia, e sinalar nas soedades da

nosa Montaña o lugar do enterramento do VarónSanto. De Aquel que nos deu a Fe. Do Apóstolo que

é Fonte e Chafarís da nosa Esperanza de galegos.

Porque habedes de saber, amigos todos e pobo de

Compostela e de Galicia, que esta Presidencia eGoberno Autoanímico, acaba de recibir o informe

pertinente encol do petróleo. E veleiquí que si.

Veleiquí que efectivamente. Veleiquí que sen nin-

gunha dúbida podemos xa afirmar, en base a estu-dos científicos, que no subsolo da nosa Catedral hai

X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO TEATRO - “CELTAS SEN FILTRO”

- 20 -

petróleo. Moito petróleo, meus amiguiños. Unhabolsa de petróleo de dimensións enormes. De dimen-

sións só comparabeis coas de algunhas dos países

árabes. Polo que, de novo, Santiago será, no mundomoderno, o anti-Mahoma que fora no medievo. O

noso Petróleo enfrentaráse ao petróleo da Media Lúa.

Por todo o cal, en nome do Goberno Autoanímico,

hónrome en declarar o día de hoxe, Festa Rexional.

ARCEBISPO E Santa.

PRESIDENTE E Santa. Neste día, Galicia...

ARCEBISPO Ca súa Igrexa.

PRESIDENTE Galicia, ca súa Igrexa, celebrarán unha Boa Nova

que ha de ser signo dos Novos Tempos. Da Galiciainmorredoira do futuro. Hoxe é un dos días máis

grandes e gozosos da miña vida, pois síntome honra-

do de presidir un Goberno cheo de ilusións e deesperanza. Un goberno “galego coma vós”.

E agora, berrade conmigo, con todas as forzas dos

vosos pulmóns: ¡Viva Galicia!

CÁNTASE O HIMNO GALEGO. O PRESIDENTE

FAINO LENDO DUNHA CHULETA QUE SACA DOSEU PETO. AO REMATE, OS NENOS BAILAN A

MUIÑEIRA DE RIGOR. A MULTITUDE ACLAMA CON

BANDEIRIÑAS. O PRESIDENTE TENTA PRENDER O

FOGUETE CO QUE SE INAUGURA A FESTA.

PRESIDENTE ¡Viva Galicia!

X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO TEATRO - “CELTAS SEN FILTRO”

- 21 -

- V -

IRRUMPE NO ACTO UN PASOTA QUE VÉN DA RÚA.

LEVA UNHA BROCHA NA MAN. O TELÓN ESTÁFECHADO.

CHONI ¡Chicho! ¡Chicho! ¡Chicho! Coleguilla. Pero qué. ¡Chi-

cho! Coleguilla. ¿Dónde te has metido? Pero dónde sehabrá metido el colega este. ¿No controlasteis al

Chicho por aquí? Un tío alto. Un tío delgao. Un tíolegal. ¿Eh? ¿No? Pero ahora qué hago yo. Sin guita.

No tengo nada que meterme al cuerpo. Qué chungo.Pero qué. Este no es colega ni es nada. ¡Chicho

coleguilla! Pero qúe. Oye, men, no tendrás un durillopor ahí. Para volver pa casa. Pal bus. ¿Eh? ¿No?

Tranqui, tío. Tranqui. Vaya hombre. Y tú no tendrásun papelillo ¿Eh? Un papelillo o algo pa fumar ¿Eh,

colega? ¿Eh? Tranqui, tío, tranqui.

Vaya mierda. Y tú qué, tío. No tendrás un poquito de

salsa. ¿Eh? Para mojar este cacho pan. ¿Eh? Colega.Un poquito de salsa. Tranqui, tranqui. Vaya mierda.

Qué hago yo ahora aquí.

Pero qué miráis. Pero qué miráis. ¿Eh? Esta vida esuna mierda. Me va a dar el mono. Me va a dar violen-

to. Voy a romper algo. Una mierda. Me va a dar elmono. Me va a dar el mono. Voy a matar a alguien.

Os voy a matar. Os voy a matar. Os voy a matar.

Suave tío, suave. Soy pintor ¿Eh? Artista. Lo que

pasa es que a veces me da un mal rollo. Os pinto un

X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO TEATRO - “CELTAS SEN FILTRO”

- 22 -

cuadrillo por la cara ¿Eh? Qué os voy a pintar.Muermos. Que sois unos muermos ¡Chicho! ¡Colega!

¡Chicho! Pero qué. ¿Dónde estas? Colega. Colega.

CHICHO (SAÍNDO DE DENTRO DO ESCENARIO) ¡Colega,

Choni!

CHONI Pero dónde te metiste.

CHICHO Una movida, colega. Una movida.

CHONI Cuenta, cuenta. ¿Ligaste algo?

CHICHO Una cosa demasiao.

CHONI Suelta, suelta.

CHICHO Un mogollón de comida tirada en la puerta delMosquito. Cosa guapa.

CHONI Chachi.

CHICHO Un olor a gambitas. Ya las tenía controladas cuandoaparecen cinco perros.

CHONI ¿Cinco?

CHICHO Cinco bichos, tío. Que no se iban. Me dio la paranoiade perro, tío. Echo mano a la pipa y no la tengo. La

cosa estaba chunga. Monté una bronca, tío. Empecéa patadas con todo, a patadas con uno, a patadas

con otro. Al primero los huevos. Al segundo lo pisé.Tres se abrieron, tío. Como corrían. Demasiao. Y

cuando ya las tenía. Ya las tenía. Se me echa uncaniche de mierda en medio de las gambas, se me

clava en la vena.

CHONI Demasiado, Chicho. Flipaste.

CHICHO Flipé calle abajo. Que me mordió, colega.

CHONI Tranqui. No te mosquees, Chicho. De aquella manera.

X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO TEATRO - “CELTAS SEN FILTRO”

- 23 -

¿No?

CHICHO Y allí se quedaron. El caniche, las gambas, el cama-

rero del Mosquito.

CHONI Total. Que no pillaste nada, colega.

CHICHO Una monda, colega. Una monda.

CHONI Guai del paraguay, colega. Tú mismo. ¡Chicho!

CHICHO ¡Choni!

CHONI ¡Chicho!

CHICHO ¡Choni!

CHONI Y la movida esta. La bascorra esta qué mira. Pero dequé va esta gente.

CHICHO Van de mataos. Petróleo, tío.

CHONI ¿Petróleo?

CHICHO Petróleo pa la vena.

CHONI ¿Y eso cuelga?

CHICHO Y yo qué sé si cuelga. ¿Estáis ciegos?

CHONI Claro que están. Mira el pinzas de allá atrás. Comoos lo montáis. ¿Eh? Con la cara de muermos que

teníais.

CHICHO Pero qué. Estáis mosqueaos. ¿Te hice yo algo a tí? No

te mosquees.

CHONI Pasa Chicho. Pasa de ellos. Si van de mataos.

Vamos a hacernos ese platanillo. Este sí que es untío legal.

CHICHO Él sí que es un tío legal.

CHONI El más legal eres tú, Chicho.

X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO TEATRO - “CELTAS SEN FILTRO”

- 24 -

CHICHO ¿Legal yo? Legal tú.

CHONI ¿Legal yo? Legal tú. ¡Bang-bang!

CHICHO ¡Aagh-aagh!

SAEN.

CHONI (FÓRA) De aquella manera. El platanillo. ¿Estácurao?

X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO TEATRO - “CELTAS SEN FILTRO”

- 25 -

- VI -

SEDE DE “MULLERES CEIBES”. ARREDOR DUNHA

MESA REÚNENSE REPRESENTANTES DE ORGANI-

ZACIÓNS DE ESQUERDA.

PSdeE ¿Quen falta? Teño presa. Sempre igual. Ás seis teño

que estar no Parlamento.

MEUG Hoxe é lúns, e non funciona.

PSdeE Ah. É certo.

ADV (ENTRANDO) Disimulen a tardanza. E que acabo de

chegar da fosa atlántica.

PSdeE ¿Falta alguén máis? Repito que teño que marchar ao

Parlamento.

MEUG Hoxe é martes, e non funciona.

PSdeE Ah. É certo.

FENG (ENTRANDO) Saude e patria.

ADV Eu guiaba unha zodiac.

FENG Os nosos problemas non se esgotan nos vertidos

radiactivos.

ADV Pro a min case me dan cun bidón radiactivo.

FENG Deixémonos de mariconadas.

MULLERES ¿Que vos parece se centramos o tema? Viñemos a

falar do petróleo. A vosa agresividade machistadeberá ser controlada. Supoño que xa están todos os

convocados. Colectivo ecoloxista Arco Iris.

X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO TEATRO - “CELTAS SEN FILTRO”

- 26 -

ADV Presente.

MULLERES Partido Socialista de España.

PSdeE Eu.

MULLERES Frente de Esquerda Nacionalista Galega.

FENG Si, señora.

MULLERES Compañeira. Movimento Eurocomunista de Galicia.

MEUG Tamén.

MULLERES Eu, que represento a Mulleres Ceibes, moderarei a

Mesa.

PSdeE Insisto en que teño presa. Hei de estar ás seis en

Santiago.

MEUG Hoxe é mércores, e non funciona.

PSdeE Certo, certo.

FENG Cos nacionalistas fóra, non funcionará nunca.

ADV Eu tamén teño presa. Teño que embarcar pra a fosa

Atlántica dentro dunha hora.

MEUG Nós propoñemos incluir aos Sindicatos nesta mesa.

FENG Os nacionalistas apoian a proposta.

MULLERES ¿E Arco Iris?

ADV Os verdes non.

MEUG ¿E por qué non, se se pode saber?

ADV As centrais sindicais son submariños dos partidos deesquerda.

MEUG Lembrade que entre as cores do Voso Arco está o

vermello.

FENG E tamén o amarelo. Yellow submarin, amarillo es...

X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO TEATRO - “CELTAS SEN FILTRO”

- 27 -

MULLERES Orde, orde. Menos falocracia ou non modero máis.

PSdeE Lémbrovos que teño que estar no Parlamento.

FENG Xa che dixeron que é xoves, e non funciona.

MEUG Nós propoñemos que se incluian as organizacións

empresariais.

PSdeE Iso, iso. Os socialistas decimos que si. Decimos quesi.

FENG Os nacionalistas decimos que merda. Decimos quemerda. ¿Como van ir os raposos coas galiñas? Nós

propoñemos a inclusión dos nosos labregos nesta

Mesa.

MEUG Xa saíu a vaquiña marela.

MULLERES Antes de proseguir, quero comunicarlles aos partidos

presentes, que mañán ás sete trinta terá lugar noAxuntamento de Vigo un desfile de modelos, organi-

zado por Mulleres Ceibes como protesta contra os

Concursos de Beleza, que tenden a facer da mullerun obxecto de pracer.

PSdeE O petróleo debe ser explotado xa. É preciso empezar

a rachar a cadea do hidrocarburo.

FENG Iso, iso. Rachemos as cadeas. Rachemos as cadeas.

ADV Nós estamos polos verdes prados e polas baleas.

Salvemos as baleas e as gándaras de Budiño, coas

súas garzas reais. Abaixo o petróleo.

FEND Nós nacionalizaremos o petróleo. A Galician Oil é

imperialista.

MEUG ¿Explotar nós o petróleo? ¿E os técnicos? ¿E ostécnicos?

FENG Está Camilo Longueira e a Troncoso de Castro. Se se

X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO TEATRO - “CELTAS SEN FILTRO”

- 28 -

necesitan máis pedímosllos a Gaddhafi, que é nacio-nalista asambleario.

ADV Meus amigos. Isto é un caos. Isto máis que unha

mesa de partidos parece un desmadre de Artello.

PSdeE Quero lembrarvos que se me está facendo tarde pra

ir ao Parlamento.

FENG Xa che dixeron que hoxe é venres e non funciona.

PSdeE Pro temos un xantar polo cumpleanos do Presidente.

¿Ou é que hai que decilo todo eiquí?

ADV E a min saime o barco pra a fosa atlántica.

MEUG O meu partido propón que nos definamos nunha

postura conxunta a favor ou en contra.

PSdeE Iso. A favor ou en contra de explotar...

FENG Explotar tiñan que explotar neste país máis de catro

cárregas de goma dous.

MULLERES Esto non é correcto, compañeiro.

PSdeE Esto é unha provocación desestabilizadora da demo-

cracia que tanto nos costou gañar.

FENG Ratifícome no dito.

MEUG Terrorista.

PSdeE Terrorista.

ADV Terrorista.

MULLERES Machistas.

FENG Vendidos.

A XUNTANZA REMATA NUNHA LIORTA.

X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO TEATRO - “CELTAS SEN FILTRO”

- 29 -

- VII -

ENTRA XULIA.

XULIA Hola amigos. Chámome Xulia. Simplemente, Xulia.

Formo parte do grupo folk Aradiños da Terra. Men-tras os meus compañeiros preparan os instrumentos

pra actuar diante de todos vós, eu vouvos explicar,

moi brevemente, algo do noso grupo. Aradiños estáintegrado por cinco personas. O groso dos seus

compoñentes -varóns- teñen unha longa experiencia

en outros movimentos e conxuntos patriótico-mu-sicais. Experiencia que agora aportan, con moito

proveito, a Aradiños.

Pola miña banda, direivos que estudiei guitarra no

Conservatorio de Barcelona, aínda que de seguida

abandonei a frialdade académica do clásico pra

entregarme de corpo e alma á maxia e á meiguice donoso maravilloso folk céltico.

Nun principio chamámonos Airiños do Monte. Procomo iso de Airiños parecíanos pouco campesiño,

deseguida cambiamos o nome por Aradiños, palabra

na que se conxuga un instrumento de labranza codiminutivo tan entrañábel que caracteriza á nosa

lingua. Pola mesma razón trocamos Monte, xa que

montes hainos en todo o mundo -os Alpes, oHimalaya...- por Terra con maiúscula. Porque Terra

con maiúscula non hai máis que unha: a Nosa Terra.

X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO TEATRO - “CELTAS SEN FILTRO”

- 30 -

Así pois, somos Aradiños da Terra.

Ben. Aquí están os compañeiros de Aradiños da

Terra.

ENTRAN AGUSTÍN, SIRO, NOLETE E ROQUE.

AGUSTÍN Saudiña, amigos. Chámome Agustín e son o funda-

dor do grupo.

SIRO É o xefe. É o xefe.

AGUSTÍN Aínda que traballamos en equipo. Agora imos mos-

trarvos os nosos instrumentos raciais. Vede aquí

estas dúas cunchas. Son unhas cunchas normais,aparentemente. Pero en realidade trátase dunhas

cunchas celtas. Non teñen que ver coas outras

cunchas de "heiche de tocar as cunchas miña carra-pucheiriña", dos coros e danzas da Sección Femeni-

na. Estas cunchas celtas foron atopadas hai quince

anos en Mazaricos, e recollímolas dun vello denoventa anos chamado Tío Baldrocas, que nos

ensinou os seus segredos. Soan así.

SIRO (CUNHA TÁBOA DE LAVAR E UN CEPILLO) Eu sonSiro, e o instrumento iste, recollémolo alá polas

terras do baixo Avia. Máis concretamente na zona do

Ribeiro. ¿Non é?

OS DEMÁIS É. É.

SIRO Por alí coñécese co nome do Chascarraschás. Aínda

X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO TEATRO - “CELTAS SEN FILTRO”

- 31 -

que tamén hai quen lle chama o Chascarrascachas,asegún a zona. Está feito de piñeiro celta e consta de

dúas pezas. Ista é a peza base, e consta dunha,

digamos, pequena cordilleira con dúas planicies aosextremos. ¿Non é?

OS DEMÁIS É. É.

SIRO Logo temos ista outra, que é o complemento, que nós

chamámoslle popularmente o Taco das Púas. Que,como veredes, tamén está feito de piñeiro e máis de

crin de cabalo dos Ancares

NOLETE Tamén hai outros.

SIRO Si. Os de púas de porcoespiño. Pero ises non...

AGUSTÍN Eses non está demostrado que señan de procedencia

celta.

SIRO O seu manexo non é tan sinxelo como poidera

parecer a primeira vista. Depende polo lado que setoque pode ter un son ou outro. Si se lle dá polo lado

do taco produce un son duro, recio. Moi celta. E si se

toca coas púas produce outro máis dóce, máis

garimoso. Moi apropiado pros actos litúrxicos. ¿Noné?

OS DEMÁIS É. É.

SIRO E, e, e... E máis nada. Vas ti, Nolete.

NOLETE Carai, carai. Boeno, eu son o máis cativo de Aradi-

ños, como podedes ver.

AGUSTÍN Si home, si. Iso xa se ve.

NOLETE Home pequeno, fol de veneno. Boeno. Eu non me

X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO TEATRO - “CELTAS SEN FILTRO”

- 32 -

explico moi ben. Xa vos vou avisando. O instrumentoque eu toco é moi curioso. Xa vedes que traio luvas

nas mans. O que eu toco son as Palmas Celtas.

Tampouco é un instrumento, porque son miñas. Peroboeno. Estas Palmas Celtas que vos ofrezo son o

resultado dun intenso traballo de investigación de

campo e de recollida de datos. Fixemos mesmo

investigación antropolóxica nos esqueletos danecrópole neolítica da Lanzada. E observamos neles

que tiñan os osos da man así como curvados ou

cambados. Non sei.

AGUSTÍN Cóncavos.

NOLETE Iso. Este descubrimento nos aportou unha proba

irrefutábel de que as palmas célticas remóntanse a

unha antigüedade esterrecente. O son que producenas palmas célticas é un son... Un son... Cóncavo.

AGUSTÍN Convexo.

NOLETE Iso. Convexo. Eu xa iba decir “apagado”. Bon. E non

falo máis, que me foden as presentacións. O meu é amúsica. Boeno. Todo isto conseguinno con moito

esforzo. Esta curvatura. Dende pequeno dálle que te

dálle.

XULIA Agora, se me deixades, vou a informarvos do meu

instrumento. Certamente, é o máis sofisticado ecomplexo dos que se utilizan en Aradiños. Trátase

dunha guitarra celta, e ten unha diferencia esencial

que lle dá o seu caracter autonómico con respecto á

guitarra española. I é que namentras que a guitarraespañola esta construida con madeira de roble, a

guitarra céltica faise con madeira de carballo, nun só

toro e vaciada cuidadosamente con navalla de

X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO TEATRO - “CELTAS SEN FILTRO”

- 33 -

Taramundi. Ollade qué maravilla.

ROQUE Chao, xentiña. Eu son o Roque. Vou ao asunto. Isto

que aquí vedes, aínda que poda semellar un zapatonormal, non é un zapato normal. Isto é un zapato

celta. Pódese tocar só, ou ben acompañado de violín.

En Aradiños utilizámolo en tres tempos. A saber.Adagio celta, máis triste, no que se emprega punta-

tacón. Andante celta.

SIRO Máis marchoso.

ROQUE Marchando. Allegro celta. No que a sonoridadeascende apoiada nos cadrís e na caixa torácica para

proxectarse polo espinazo sobre a máscara facial. É

un ritmo moito máis alegre.

Tamén traio outro instrumento que é o chasquido

celta, que o toco en Do i en Si bemol.

SIRO Iste inventouno el.

ROQUE Non. Boeno, si. Pero estou traballando moito nel e

pronto poderei demostrar que é de procedencia celta.

AGUSTÍN E ben, agora imos tocar xa, sen máis leria. A peza

que imos tocar. ¿Escóitase ben aí atrás? A peza que

imos tocar é un tema do noso derradeiro álbum. Este

tema recollémolo o Roque e máis eu alá polo Caurel.

NOLETE Nós puxemos algo tamén.

AGUSTÍN É unha cantiga que interpretaban as mulleres dos

cazadores mentras escartelaban os xabaríns na noite

de San Froilán. Imos xa coa peza.

X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO TEATRO - “CELTAS SEN FILTRO”

- 34 -

TOCAN UNHA PEZA E SAÚDAN.

AGUSTÍN (HAXA APLAUSOS OU NON.) Boeno. Gracias polos

vosos aplausos. Imos botar outra peza entón.

NOLETE Esta foi recollida por este e por min. É, É, É.

BOTAN DE NOVO A MESMA PEZA E DESPÍDENSE.

X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO TEATRO - “CELTAS SEN FILTRO”

- 35 -

- VIII -

ENTREVISTADORA Atopámonos cos nosos micrófonos na Avenida das

Camelias de Vigo. Un encantador adolescente quecabalga unha moto de trial deliciosamente enxorde-

cedora acaba de frear ao noso lado. ¿Que opinas ti

do Petróleo da Catedral?

MOTORISTA Ábrete de onda min, gilipollas, que vou subir áacera.

ENTREVISTADORA Mi madriña. Que modo de queimar hidrocarburo.

* * *

ENTREVISTADORA Atopámonos no café De Cinco a Cinco, na localidade

de Castroforte do Baralla. Un follón inmenso. A nova

xeneración de penenes e agregados de Instituto estáacabando coas existencias de güisqui e dry sack.

Preguntámoslle a un mozo con aspecto de pintor.

¿Que opinas do petróleo da Catedral, se non che

importa facer declaracións?

PINTOR Perdoa. Pero non teño opinión formada. O que sipenso é que esta obra que estades a representar é

caralluda.

ENTREVISTADORA Graciñas, bonito. Chámase Celtas sen filtro.

* * *

X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO TEATRO - “CELTAS SEN FILTRO”

- 36 -

ENTREVISTADORA Un grupo de mulleres de diferentes edades faiencaixe de palillos. O solciño acaríñaas docemente.

Os barcos de Camariñas repousan calmos sobre a

lámina do porto. Preguntámoslle á de máis idade.¿Que resultados traguerá pra vostedes a aparición

do petróleo en Santiago?

PALILLEIRA Ai, Jasús. Nada, nadiña. Con este Jobierno todo va

ser mal. No hay dinero. ¿Y cómo van venir los turis-tas se no hay dinero? ¿Y a quién le imos vender las

puntillas? Estamos mal, filliña. Con estes socialis-tas te estamos aviados.

CORO DE PALILLEIRAS Ja, ja, ja, ja, ja.

X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO TEATRO - “CELTAS SEN FILTRO”

- 37 -

- IX -

MODERADORA Meus señores e miñas donas, dada a importancia dos

técnicos e dos expertos, e dos especialistas e dospéritos, neste mundo altamente sofisticado que

estamos a vivir, o Instituto Troncoso de Castro, ao

que discretamente estou eu agora a representareiquí, convocou no seu día unha mesa redonda entre

unhas cantas personalidades representativas da

tecnoloxía, da experiencia, da especialización e dapericia, que van botar luz -espero que cachoeiras e

mares de luz- sobre o affaire do petróleo. Do noso

entrañábel petróleo compostelano. Presentamos

agora a vostedes a grabación documental daquel día.

ESTUDIO DE TELEVISIÓN. NO CENTRO DOS CON-VIDADOS, UNHA MESIÑA CUN PUZZLE DA CATE-

DRAL DE SANTIAGO.

MODERADORA Ocupen, por favor, os seus asentos, señores. Gracias,

gracias. E agora, vou presentar aos nosos convida-dos. Comenzando pola miña esquerda, Don Gabino

Bailón Estévez. Presbítero. Doutor en Dereito

Canónico pola Universidade de Comillas e InxenieiroIndustrial.

O señor William Fitzgerald Ross, Profesor do Institu-

to Tecnolóxico de Massachussets. Ex-director xeral

da Ewing Oil (Dallas-Texas) e, na aitualidade, con-

X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO TEATRO - “CELTAS SEN FILTRO”

- 38 -

tratado como périto ou experto pola Galician Oil que,como se sabe, é unha sociedade mixta integrada pola

Campsa e a Denver Standard Oil Company.

Don Xosé Pérez Moa, Secretario Xeral Técnico da

Consellería de Industria da Xunta de Galicia. Licen-ciado en Mediciña. A Troncoso de Castro invitou

inicialmente ao Sr. Presidente da Xunta. Pro desgra-

ciadamente non pode estar eiquí porque se atopa -

acompañado de ilustres médicos compostelanos- envisita amistosa á Colonia Galega en Disneylandia.

A cadeira que vostedes ven aí, tería que ser ocupada

polo representante da CEOE, que xustificou a súa

inasistencia declarando que a organización empresa-rial considerábase suficientemente representada

polo Señor Secretario Xeral Técnico da Consellería

de Industria da Xunta.

Agora, se non lle importa ao Padre Bailón e aoDoutor Pérez Moa, comenzaremos o turno de inter-

vencións polo Señor William Fitzgerald Ross. A

pregunta inicial é a mesma pra todos. ¿Podería

explicar a súa postura con respecto ao problema dopetróleo do Pórtico?

ROSS (CON TRADUCCIÓN SIMULTÁNEA.) Mm. Mm. Mm.

Si.

MODERADORA Señor Pérez Moa.

MOA Ben. Este... O noso Departamento leva traballando

de acordo coa liña de operatividade funcionalautonómica, que é a do noso goberno moderado.

MODERADORA Padre, por favor.

BAILÓN Bueno. A Igrexa, como fidel guardadora que é do seu

X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO TEATRO - “CELTAS SEN FILTRO”

- 39 -

rebaño, ten unha visión como a de unha nai queama aos seus fillos.

MODERADORA Ben. Agora que abrimos xa o fogo das respostas,

coido que haberá que precisar un pouco máis as

posturas. Señor William Fitzgerald Ross. ¿Comopoderemos conxugar a conservación da nosa Cate-

dral coa explotación do petróleo?

ROSS Oh. Si. Si. Ben. Nós. Nós pensamos. Si. A nosa

organización acadou a solución idónea e xusta.

Torres. Si. Torres en Compostela.

MODERADORA ¿Torres, Señor Ross?

ROSS Oh, si. Torres. Torres.

MODERADORA Pro na Catedral xa hai ben torres. Torres do Obra-doiro, dúas. Unha torre do reló ou da Berenguela.

Cen torres das outras igrexas.

ROSS Oh, si. Non. Non quero decir torres vetustas. Vellas.

Eu quero decir torres metálicas. Torres pra bombeara extracción do petróleo. Torres modernas, si. Torres

americanas.

MODERADORA Penso que quizais o Señor Ross podería ser máis

explícito se visualizara no modelo tridimensional oseu proxecto.

ROSS Ben. Unha serie de torres. De torres metálicas.

Sitúanse arredor da Catedral. Catedral que se salve.

Queremos. ¿Non? Os peregrinos accederían ao

interior da Catedral en pequeno helicóptero. Toma-rían terra aquí. Aquí, no claustro. De autobús pere-

grinación ao claustro. Todo está listo e estudiado

pola Galician Oil Company. Todo baixo control.

MODERADORA ¿E iso será, como dirían vostedes, operacional?

X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO TEATRO - “CELTAS SEN FILTRO”

- 40 -

ROSS Positivo.

MODERADORA ¿E non será perxudicial pra o conxunto histórico-artístico?

ROSS Negativo.

MODERADORA Ah, bon. Pois logo da fascinante intervención do

périto Señor Ross, é o turno do Doutor Pérez Moa,

Secretario Técnico de Industria. Doutor Pérez.

MOA Se a política é a arte do posible, nós ofrecemos unhasolución política. (COLLE UNHA TORRE. ROSS

QUÍTALLA E PONNA DE NOVO NO SEU SITIO.) E

sendo a nosa unha solución política, tamén será, e

por idénticas razóns de posibilidade, unha solucióntécnica. (COLLE OUTRA TORRE. ROSS ÉRGUESE E

RECOLLE TODAS AS TORRES.) Propoñemos o

traslado da Catedral.

MODERADORA ¿E non sería moi complicado técnicamente esetraslado?

MOA En absoluto. Poñerase en práctica o sistema Specula

de numeración de pedras, a fin de que na nova

ubicación ocupen o seu lugar adecuado. En dousanos pode ser perfectamente realizado.

MODERADORA ¿E teñen previsto no seu proxecto o lugar onde sería

o novo emplazamento da Catedral?

MOA En canto ao lugar, nós pensamos en Villalba. Ben.

Isto por dúas razóns. Primeira, polo factor climático.

Según a aportación feita polo Laboratorio Xeolóxicode Laxe, a pedra da Catedral mellorará en consisten-

cia, no que se refire a masa feldespática, no clima da

estrema da Terra Chá lucense. Segunda, de índolehistórico sentimental. Villalba foi lugar de nacemen-

X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO TEATRO - “CELTAS SEN FILTRO”

- 41 -

to de moi ilustres galegos. Así pois, a solución daXunta é: explotación do petróleo in situ e traslado da

Catedral a Villalba.

MODERADORA Pois agora non nos queda senón pregarlle ao Padre

Don Gabino Bailón que precise, de algunha maneira,a posición da Igrexa.

BAILÓN Ben. A Igrexa tamén ten a súa postura. Claro está

que o que a Igrexa non pode consentir en ningún

momento é que se ande a xogar coa estructura

eclesiástica. Tal é o caso que aquí vemos, en quedempois do traslado da Catedral, Señor Moa, atopá-

monos con que abaixo temos o campanario e enriba

del o pórtico. Así que mentras poño as cousas no seusitio natural explicitarei que a Igrexa debe manterse

nun plano situado máis alá de calquera óptica

económica ou temporal. Orabén. Tamén é verdadeque, á luz da teoloxía das realidades terreas, non hai

fenómenos humanos nos que Deus non estea pre-

sente. Ver, pois, o fenómeno petrolífero como

encarnación dun xesto divino, encaralo con hu-mildade evanxélica e tratar de interpretalo como un

signo dos tempos, é misión do pobo de Deus, baixo a

recta guía e conducción da Santa Nai Igrexa.

MODERADORA ¿Que pensa a Igrexa dos rumores que hai sobor dofenómeno do petróleo como milagre?

BAILÓN O Señor Arcebispo quere saír ó paso de aqueles que,

tan apaixoadamente creentes como arriscados

temerarios, andan xa a falar de milagre. Non. Non. Épreciso suspender o xuicio até que a Igrexa fale e

defina o que hai que crer.

MODERADORA ¿Podería aclararnos algo encol dos pretendidos

poderes curativos do petróleo?

X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO TEATRO - “CELTAS SEN FILTRO”

- 42 -

BAILÓN A venta a reventa, que xa se está a producir, debotelliñas de petróleo santo non é pecaminosa en sí

mesma. Pro aínda é moi cedo pra estatuir as virtudes

curativas ou salutíferas de tal líquido subterráneo.

MODERADORA Entón o que vostede...

BAILÓN Bueno. E antes de continuar, e polo que poida pasar,mentras non se chega a unha solución, eu vou

sacar. Millor, conservar. Ou guardar. Nunha pala-

bra, velar polo santo sepulcro, o botafumeiro, as

bandexas, os candelabros, os cálices, as patenas, ascustodias, os copóns, os relicarios, as campás, os

sagrarios, o tesouro. Parece que non esquezo nada.

Polo momento, a Igrexa pide calma, serenidade.

MOA Aínda que a Consellería de Industria non podemenos de compartir os pontos de vista do Padre

Bailón e do Arcebispado, eu véxome obligado a

facerme cárrego dos valores que quedan da nosaCatedral.

BAILÓN Bueno, se a cousa é así.

ROSS (FARFULLA ALGO INTRADUCIBLE.)

MODERADORA Pra poder continuar este debate agradeceríalles

unha actitude de diálogo constructivo. E pra iso

sería convinte que as cousas voltaran ao seu sitio.

OS PARTICIPANTES MÍRANSE CON RECEO E VAN

DEPOSITAR AS PEZAS DE NOVO NA MESA. MAISESCOMENZAN A PELEXARSE, QUITÁNDOSE OS

OBXETOS UNS AOS OUTROS. A MODERADORA

FAI XESTOS PRA QUE CORTEN A GRABACIÓN.

X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO TEATRO - “CELTAS SEN FILTRO”

- 43 -

- X -

ENTREVISTADORA A Sala de Festas Dinamita está de bote en bote. Todaa mocedade do Salnés bebe ríos de cuba-libre.

Achegámonos a unha parexa. Por favor ¿Queredes

decirme...? Lamentábelmente a orquesta inicia os

seus compases e non podemos...

* * *

ENTREVISTADORA Este ruido procede dunha serra mecánica que corta

táboas pra construir cadaleitos, ou sexa ataúdes,caixas dos mortos. Preguntámoslle ao señor Serra,

xerente de Ataúdes Mao, de Ribadavia. ¿Que reper-

cusión terá a aparición do petróleo sobre a expan-sión industrial da provincia de Ourense?

SEÑOR SERRA Mire vostede. Eu podo falar só en nome da industria

feretrística de Ribadavia, como lle chamaba o finadode Otero Pedrayo. Os plásticos, que proceden como

sabe do petróleo, están a amenazar permanentemen-

te á madeira. Coido que sobre os mortos da nosa

terra pende a amenaza concreta de que chegue aconsolidarse a construcción de féretros de polipropi-

leno ou de poliuretano expandido, ou mesmo de

metacrilato. Nunha palabra, en Ribadavia sentímo-nos moi preocupados polo petróleo da Catedral. Xa

temos falado diso co Franqueira, non crea.

X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO TEATRO - “CELTAS SEN FILTRO”

- 44 -

* * *

ENTREVISTADORA En medio da tarde coruñesa, un grupo de encanta-

doras mozas secretan e beben de vasos multicolores

na terraza da cafetería Los Soportales, na Mariña.

Por favor, amigas miñas. ¿Queredes darnos a vosaopinión sobre o petróleo da Catedral? Esto é unha

enquisa.

MOZA 1ª Desde que habláis todo en gallego ya no se puede oírla radio. A ver si cambiáis el estilo. ¿Eh?

MOZA 2ª Mira, hija, es inútil. Nosotras no opinamos de políti-

ca.

MOZA 3ª (CANTANDO) No controles mi forma de mirar porque

es total...

* * *

ENTREVISTADORA Praza de Abastos de Lugo. Gran animación mercan-til. Preguntámoslle a unha carniceira de aspecto

sonrosado. ¿É vostede partidaria do traslado da

Catedral a Villalba?.

CARNICEIRA ¿A Villalba? ¿A Villalba? E logo non hei de ser, miña

neniña. A Villalba habemos ir todos un día en

peregrinación. Aquel home éche un sabio e un santo,así como o ves ti tan campechano.

X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO TEATRO - “CELTAS SEN FILTRO”

- 45 -

- XI -

CAFÉ-BAR MODERNO. TABERNA DE EXTRARRA-

DIO. CHUCO E MINGOS XOGAN AO DOMINÓ.MARCIAL LÉ NUN XORNAL DEPORTIVO, CUNHA

QUINIELA NA MAN.

TELEVISIÓN Noticias procedentes de Washington subraian a

preocupación do Presidente Reagan polo feito de queo goberno nicaragüense teña prohibido unilateral-

mente a fabricación de xoguetes bélicos. Noutro orde

de cousas, parece confirmada a noticia de que oPremio Vivaldi á mellor música escénica, ten sido

concedido pola Bienal de Venecia ao grupo teatral

Artello, de Vigo. Vinte nenos perderon a vida nun

atentado dirixido contra a minoría chiita por unsubgrupo maronita en Trípoli (Líbano).

MINGOS Xogas ti, nené.

CHUCO E vou forte, compañeiro.

MINGOS Xa os teño visto máis veloces

CHUCO Dóblome.

MINGOS Doblarás, ho. Hastra doblarás.

CHUCO Vai collendo Mingos. Vai coleicionando. Vouche dar

o álbum.

MINGOS Tranquilidade. ¿Non trai nada o periódico?

MARCIAL Non trai máis que fantasías. Pero a onde imos co

X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO TEATRO - “CELTAS SEN FILTRO”

- 46 -

esta alineación.

TELEVISIÓN Dúas monxas irlandesas, a Madre Donovan e aMadre O'Callaghan declararon á súa chegada a

Barajas procedentes de El Salvador, que a situación

é alí insosteníbel.

CHUCO ¿E esta que, Mingos? ¿Esta que?

MINGOS (CANTANDO.) Latino...

CHUCO Vaia, ho. Desta non xogache mal.

MINGOS Dóblome.

CHUCO Triplícome.

MARCIAL Ai que carallo. ¿A quen se lle ocurriría pór a Cramerde extremo? ¿A quen?

MINGOS ¿Non che gusta, Marcial? ¿Non che gusta o que di o

periódico?

CHUCO A douses, ti.

MINGOS Vouche meter un rosario de tres misterios, Chuco.

CHUCO Se me ve a Federación xogar contigo quítanme o

carnet.

MINGOS Tres cosas hay en la vida: salud, dinero y amor...

TELEVISIÓN O resultado das análisis petroquímicas realizadas

polo laboratorio privado da Galician Oil Companyrevelouse altamente satisfactorio. Por outra banda,

o noso corresponsal en París vai informalos sobre as

últimas bombas que estouparon en Córcega este finde semana, pra celebrar o aniversario do nacimiento

de Napoleón Bonaparte.

CHUCO Eu vou seguir por aquí.

X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO TEATRO - “CELTAS SEN FILTRO”

- 47 -

MINGOS Ah. Tres-dous. Mira ti.

CHUCO Mira esta. Mira, mira.

MINGOS Esta polo manual.

CHUCO Vouche meter un as. Un has velas vir.

MINGOS Esta xogada é de enciclopedia, Chuco. ¿Que di eseperiódico, Marcial?

MARCIAL Total aquí quen paga é o socio.

CHUCO Apaña, compañeiro.

MINGOS Lino, trai pra acá un pouco dese metílico.

ENTRA LINO, O TABERNEIRO, E SÍRVELLES.

TELEVISIÓN Informan os nosos servicios en Santiago de Compos-

tela que o escritor Xesús Alonso Montero ten sido

proposto pra o Premio Nobel de Literatura polosClubs Liberais de Galicia.

LINO ¿Queredes algo pra picar, ou?

MINGOS Ti trai. Ti trai pra aquí, que a este vouno eu poñer a

andar.

LINO ENTRA NA COCIÑA.

MARCIAL Osasuna-Betis.

LINO (DENDE A COCIÑA) ¿Chocos ou queixo?

CHUCO Un.

X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO TEATRO - “CELTAS SEN FILTRO”

- 48 -

LINO Chocos.

MARCIAL Dous. Sevilla-Las Palmas.

LINO ¿Guisados ou en tinta?

MINGOS Dous.

LINO En tinta.

MARCIAL Un. Real Sociedad-Barcelona.

LINO ¿Poño un prato ou dous?

CHUCO Dous.

LINO Dous.

MARCIAL Un.

ENTRA LINO.

LINO A ver se vos aprendo a xogar o dominó, que estadesverdes.

MARCIAL ¿Que fago eu con esta quiniela, ho?

CHUCO O futbol é cultura e ti tes pouca, Marcialiño.

MARCIAL A min o que me mata é isto: Deportivo-Celta.

LINO ¿Como?

MARCIAL Deportivo-Celta.

LINO Xis. Ponlle un equis. Equis.

MINGOS Eh. Para o carro, ho. O Deportivo-Celta un equis. Un

equis ao Deportivo-Celta.

LINO Iso é un equis toda a vida. Un empate a ceros,

X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO TEATRO - “CELTAS SEN FILTRO”

- 49 -

ademais. A ceros.

MINGOS Un equis con Lucas.

LINO Con Lucas.

MINGOS Un equis con Mercader.

LINO Un equis con Mercader.

MINGOS Un equis con Del Cura.

LINO Con Del Cura, con Suárez, con Atilano. Con Dios.

MINGOS Si, home. Si. E co árbitro a favor. ¿Pro en que paísvives, Lino? Pra falar das cousas hai que enterarse

primeiro. Iso é un un toda a vida.

MARCIAL Ai un un. E logo dámoslle a ganancia ao Deportivo.

¿Non si?

MINGOS ¿Que hostia ao Deportivo? Ao Celta.

MARCIAL Mi madriña. Este non se enteirou de que xogan enRiazor.

MINGOS Ai, xogan en Riazor. Logo un dous. Un dous.

CHUCO Alto aí. Lino, fecha o bar e vai redactando as esque-

las. Pro mira, ignorante. O primeiro que tes que

saber é que o fútbol é Deporte e é Cultura. E ti de

Cultura, nada. De Deporte, menos. E de fútbol, cero.¿Pero que ides facer vós en Riazor? Marcial, ponlle

un un e non escaralles a quiniela.

MARCIAL Olla, Chuco. Eu non quero discutir contigo. ¿Pero

que cona ides facer vós con esa dianteira: Juanito,Martínez e Garaicoechea? Se son como tres señori-

tas.

MINGOS O primeiro que hai que saber é que ao fútbol non se

X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO TEATRO - “CELTAS SEN FILTRO”

- 50 -

xoga con botas de tacón.

CHUCO ¿Pro cando gañáchedes vós o Teresa Herrera?

MINGOS Nunca o xogamos.

CHUCO Bah. Disculpas.

MINGOS Disculpas.

CHUCO Morra o conto. Eu non discuto con chaíñas. Eudiscuto con xente que entende de fútbol.

MINGOS Non entendo eu de fútbol. Heiche decir que o ano

pasado merquei a Enciclopedia do Fútbol. Vintetrés

tomos. Setenta mil pesetas.

CHUCO Esa escribinna eu.

MINGOS Xa me estás a foder. Vouche decir unha cousa.

MARCIAL Fala.

MINGOS Si. Vou falar eu.

MARCIAL Fala.

MINGOS Agora vou falar eu.

MARCIAL Fala.

MINGOS ¿Falo eu ou que?

MARCIAL Fala dunha hostia dunha vez.

MINGOS Boeno. Non me fodas ti tamén. Vou falar. Vouchefacer unha pequena historia do Deportivo e do Celta.

Ano setenta e cinco en Riazor. Resultado.

MARCIAL Cero-dous.

MINGOS Ano setenta e seis.

MARCIAL Un-catro.

X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO TEATRO - “CELTAS SEN FILTRO”

- 51 -

MINGOS Ano setenta e sete.

MARCIAL Cero-seis.

MINGOS Ano setenta e oito.

MARCIAL Dous-catro.

MINGOS Ano setenta e nove.

MARCIAL Tres-cinco.

MINGOS Ano oitenta e un. Tarde lluviosa. Media entrada.

Partido no apto para cardíacos. Faltan dous minutos

pra o final. Cero a cero no marcador. Ibarreche saca

de porta. Recolle Herminio aínda en campo céltico.Avanza descontra a liña media. Pasa a Costas.

Costas penetra no campo deportivista. Fai un par de

quebros. Profundiza sobre Lasheras. Lasheras

controla o esférico. Sortea á defensa. Devolve aHerminio en demarcación óptima. Dispara e...

¡Goooooool! Furámo-la rede. Boeno. Non quero

discutir máis. Tampouco son un fanático do fútbol.Pon o que queiras, Marcial.

MARCIAL ¿E no ano oitenta e dous?

MINGOS No ano oitenta e dous...

LINO Boeno, boeno. Calma. Haxa paz. Veña outra ronda.

TELEVISIÓN Por outra banda, tamén o petróleo ten repercusións

deportivas. A Universidade de Compostela veráse

gravemente afectada pola explotación dos pozospetroleiros. Pra unha adecuada extracción do preza-

do líquido, as Facultades terán que deixar o seu

emprazamento actual. As cidades da Coruña e Vigo

dispútanse a concesión da nova Universidade Gale-ga. Polo de pronto, e namentras non se dea unha

X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO TEATRO - “CELTAS SEN FILTRO”

- 52 -

resposta afirmativa á pretensión da cidade olívica, oCelta de Vigo négase a celebrar o partido que lle

corresponde xogar o vindeiro domingo no coruñés

campo de Riazor.

CHUCO ¿Que carallo terá que ver o fútbol coa universidade?

LINO ¿Pra que cona queremos a Universidade en Vigo?

MARCIAL ¿Non temos xa unha Universidade Popular?

MINGOS Hoxe todo dios quere estudar. ¿Quen vai traballar ocampo?

CHUCO ¿Que carallo terá que ver o deporte coa política?

Digo eu.

LINO ¿Quen lles mandará andar a fozar na Catedral?

Pregunto.

MARCIAL Mira que vir a derramarnos a quiniela.

MINGOS Se, polo menos, foran baixar a gasolina.

CHUCO Só faltaba que aparecera tamén petróleo en Balaí-

dos.

MINGOS Hai que coller as armas.

ENTRA UNHA MULLER XOVEN NO BAR. CALANTODOS.

ENTREVISTADORA Boas. Boas.

LINO ¿Quere algo?

ENTREVISTADORA Si, gracias. Un té.

LINO ¿Está mala, ou?

X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO TEATRO - “CELTAS SEN FILTRO”

- 53 -

ENTREVISTADORA Boeno. Eu son un membro do Instituto Troncoso deCastro de Estudos Galegos. O Troncoso de Castro é

unha desas entidades culturais preocupadas por...

LINO Non lle hai. ¿Quere outra cousa?

ENTREVISTADORA Si, unha infusión de manzanilla. Decía que preocu-

padas pola Realidade Galega e empeñadas en estu-dar os grandes problemas da nosa terra dende esta

perspectiva activa e participante que o home galego

ten.

LINO Non teño. ¿E logo non lle ía unha taciña de viño?

ENTREVISTADORA Non, deixe. Decíalles que a Troncoso de Castro ten

plantexada unha amplia enquisa como traballo decampo.

MINGOS Xa temos quen traballe o campo.

ENTREVISTADORA En fin. Veño facerlles unhas preguntas encol do

problema do petróleo. Se lle parece ben comenzo por

vostede.

CHUCO Empece. Empece por el.

ENTREVISTADORA ¿Como se chama?

MARCIAL Non será... Eu xa fixen a declaración e deume negati-va.

ENTREVISTADORA Non. Non tema. É reservado.

MARCIAL Pepiño.

LINO Marcial. ¿Queres algo?

ENTREVISTADORA ¿Que edade ten?

MARCIAL Xa fixen o servicio.

CHUCO Estivo destinado en Cuba.

X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO TEATRO - “CELTAS SEN FILTRO”

- 54 -

ENTREVISTADORA ¿Está casado?

MARCIAL A miña muller di que si.

ENTREVISTADORA ¿Ten fillos?

MARCIAL Que eu saiba, algúns.

ENTREVISTADORA ¿Ten segunda vivenda?

MARCIAL Non teño primeira.

CHUCO ¿E logo o chalé que fixeches en Bembrive?

MARCIAL Non lle faga caso. É un pendello pra os coellos.

MINGOS Carallo. Qué ben nadan os coellos na piscina.

ENTREVISTADORA ¿Onde traballa?

CHUCO Vive das rendas.

MARCIAL Onde cadre.

ENTREVISTADORA ¿Ten coche?

MARCIAL Eu, coche. Non, non teño.

MINGOS ¿Entón ese oitocentos cincuenta?

CHUCO Ese non é del. Ese é da muller. El ten un GS noviño.

MARCIAL Boeno.

LINO Oes, Marcial. Aí fóra está a grúa levando un aviónmatrícula de Ourense.

MARCIAL Eu marcho a botar a quiniela, que vai fechar. (VAI-

SE.)

ENTREVISTADORA Se lles parece ben, vou continuar a enquisa con

vostedes.

CHUCO Pregunte, pregunte.

X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO TEATRO - “CELTAS SEN FILTRO”

- 55 -

ENTREVISTADORA ¿Cal é o seu nome?

MINGOS Domingos. Mingos. Poña Mingos.

ENTREVISTADORA ¿E o seu?

CHUCO A min chámanme Chuco. En confianza, claro.

ENTREVISTADORA Dígame vostede, Mingo.

MINGOS Mingos, Mingos.

ENTREVISTADORA Dígame vostede, Mingo.

MINGOS Mingos, Mingos.

ENTREVISTADORA Mingos.

MINGOS Boeno. Se me quere chamar Mingo, pode. A mintanto me ten.

ENTREVISTADORA ¿Está casado?

MINGOS Non moito. Non.

ENTREVISTADORA ¿Cantos fillos ten?

CHUCO Algún hai na casa.

ENTREVISTADORA ¿Coidan que a aparición do petróleo incidirá na

economía do País Galego, na súa propia economía

familiar?

CHUCO Asegún.

MINGOS Depende.

ENTREVISTADORA Ao seu xuicio cál sería, entre os propostos, o xeítomáis doado de estraguer o petróleo.

CHUCO Ai, boeno. Iso según e como. ¿E vostede que pensa?

ENTREVISTADORA ¿Coida que os seus fillos poderán ver unha nova

Galicia?

X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO TEATRO - “CELTAS SEN FILTRO”

- 56 -

MINGOS Ver, ver... Verán.

CHUCO E mire, señorita. Esto é para Televisión. ¿Non si?

ENTREVISTADORA Non, non. Xa lles dixen.

MINGOS É pra a Radio, claro.

ENTREVISTADORA Non, non. Tampouco.

CHUCO ¿É pra primeira cadena?

MINGOS Non. É pra segunda.

CHUCO ¿É pra Panorama de Galicia?

ENTREVISTADORA Esto só é unha enquisa...

MINGOS ¿E iste que oficio é?

ENTREVISTADORA Eu sonlle entrevistadora.

CHUCO ¿E onde se aprende iso?

ENTREVISTADORA Aprender, aprender...

MINGOS ¿Está casada, ou?

ENTREVISTADORA Non, non estou casada.

CHUCO Vostede non é de aquí, claro.

ENTREVISTADORA Son de Pontevedra.

MINGOS ¿E vai quedar esta noite aquí a dormir?

ENTREVISTADORA Non. Marcharei decontado.

CHUCO E mire. ¿Como se chama?.

ENTREVISTADORA ¿Eu?

MINGOS ¿Cantos anos ten?

ENTREVISTADORA Vintetrés.

X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO TEATRO - “CELTAS SEN FILTRO”

- 57 -

CHUCO ¿Ten segunda vivenda?

ENTREVISTADORA Non, non.

MINGOS ¿Ten automóvel?

ENTREVISTADORA Verán, eu...

CHUCO ¿Cantos fillos ten?

ENTREVISTADORA Xa lles dixen...

MINGOS ¿O Troncoso de Castro é unha empresa de coches?Eu téñolle un fillo pra colocar.

ENTREVISTADORA Pois a verdade...

CHUCO A Troncoso de Castro ha de ser dos Acuña, da

Estrada ¿Non si?

ENTREVISTADORA Non, non.

MINGOS E vostede é filla do Troncoso das gaseosas, ou.

ENTREVISTADORA Non, non.

CHUCO ¿Logo será dos Trascaso de Tranco, do aserradeiro?

ENTREVISTADORA Por favor, señores.

LINO ¿Quere algo, señorita?

ENTREVISTADORA ¡Auga!

X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO TEATRO - “CELTAS SEN FILTRO”

- 58 -

- XII -

SINTONÍA. ENTRA CAMILO LONGUEIRA.

LONGUEIRA Miñas donas e meus señores. O Instituto Troncosode Castro de Estudos Galegos dá por finalizada eiquía súa presentación do dossier elaborado polos nososequipos sobre o fenómeno do petróleo do Pórtico daGloria. A Xunta Directiva do Instituto agradece moivivamente a atención con que vostedes seguiron anosa exposición. Esperamos que teña servido deilustración dos presentes, de testemuño cara óporvir, de aviso a desnortados, de dobre interpreta-ción para os que desconfían, de motivo de ledicia aaqueles que teñen o corazón limpo, e de amenopretexto para a reunión de tantas xentes discretascomo estades hoxe aquí. Moitas gracias.

ÁBRESE O TELÓN. PÓRTICO DA GLORIA. MESMOESCENARIO DO COMENZO. O PEREGRINO ACHÉ-GASE AO SANTO. INICIA O RITO DOS CROQUES.

VOZ EN OFF ¡Jaroslaw Lutoslawski Casanova!

O PEREGRINO DETENSE. SOA UN DISPARO QUE OALCANZA. CAE O

T E L Ó N

“Celtas sen filtro” foi estrenada por Artello Teatro o 27 de Xuño de 1.983no Auditorio Municipal da Cidade de Vigo co seguinte reparto:

ALFONSO AGRA Esmolante 4, Peregrino, Furelos, Locutor TV,Arcebispo, Socialista, Agustín, Moa, Chuco.

ROSA ÁLVAREZ Esmolante 1, Locutora Radio29, Liliana,Cantante “Patético-galeguista”, Dona doPresidente, Feminista, Moderadora.

ERNESTO CHAO Camilo Longueira, Presidente da Xunta,Eurocomunista, Siro, Marcial.

ANTONIO DURÁN «MORRIS» Plubio Lópes, Rapaciño, Choni, Ecoloxista,Nolete, Padre Bailón, Mingos.

ROSA HURTADO Esmolante 3, Marilís Miragaia, Locutora TV,Rapaciña, Xulia, Traductora de Mr. Ross,Entrevistadora.

MANUEL POMBAL Esmolante 2, Director do xornal, Cantante“Triunfalista”, Chicho, Nacionalista, Roque,William F. Ross, Lino.

FICHA DO ESPECTÁCULO

DIRECCIÓNEduardo Alonso

MÚSICALuis Carro

COREOGRAFÍARoberto Daste

ESCENOGRAFÍAGuillermo Steinbrüggen

DRAMATURXIATeatro Artello

VESTIARIODiseño: Teatro ArtelloRealización: Sastrería Estévez

MÁSCARASSantos

DISEÑO ILUMINACIÓNSantiago Montenegro

GRAVACIÓN E SONJoaquín Riera

MÚSICOSGuitarras: Rubén PérezBaixo: Pepe BordalloBatería: Javier MartínezTeclados: Luis CarroFrauta: Alberto PérezViolín: Juan Zunzunegui

COROSRafael FeijoóAdolfo LinaresJosé TáboasRubén PérezMª Xosé GonzálezMª Eugenia GarcíaLola GarcíaBlanca Staton

VOCES EN OFFNesi PérezRafael FeijoóSantiago MontenegroAndrés A. VilaMariló GonzálezEugenia FernándezMarisa RealAntonio F. SimónPilar PérezMª Xosé PorteiroJoaquín RieraElisa Pereira

MEDIOS TÉCNICOSSoniprof, Bibiano Morón, Antonio Moreiras, Grupo Colores, Lorenzo Cuasante

DISEÑO PROGRAMAAntonio F. Simón (galego)Santiago Montenegro (castelán)

FOTOGRAFÍASVicente

A música foi gravada no Auditorio "Cidade de Vigo" os días 9, 10 e 11 de maio de 1983