Crónica do IX Foro por un mundo rural vivo

5
IX Foro Por un Mundo Rural Vivo A fin de semana do 24 ao 26 de Outubro tivo lugar na fermosa vila de Mondoñedo (rodeada dun entorno natural que lle fai competencia á beleza da propia vila), o IX Foro por un Mundo Rural Vivo . Este Foro, que vén organizando cada ano a Plataforma Rural , estáse a afianzar como un espazo de encontro a nivel do Estado español de todas aquelas persoas e movementos sociais que traballan e impulsan, co seu xeito de vivir e organizarse, a creación de Alianzas por un Medio Rural Vivo. Dúas voluntarias de ESF participamos nas actividades do Foro, polo noso interese persoal e/ou profesional, pero tivemos a oportunidade de coñecer experiencias de gran relevancia en canto ao que significa poñer en práctica, na realidade galega e española, iniciativas que loitan por unha verdadeira SOBERANÍA ALIMENTARIA. Descubrimos que outras ISFs andan tamén inmersas nas actividades da Plataforma Rural, como son os compañeiros de Andalucía e de Valencia; estes últimos traendo tamén as voces do Sur, do Movimiento Nacional Campesino Indígena da Arxentina, co que teñen unha gran vinculación a través dos seus Programas de Cooperación, e como colaboradores permanentes da máis que recomendable revista Soberanía Alimentaria, Biodiversidad y Culturas , ao igual que a propia Plataforma Rural. La Vía Campesina , o movemento que globaliza a loita labrega a nivel internacional, tamén estivo presente neste Foro, pois a Plataforma Rural é sen dúbida artelladora do seu discurso. Así pois, tras haber participado nun entorno de traballo que xiraba en torno a ese gran concepto da Soberanía Alimentaria, co que diariamente comungamos no grupo de traballo de Desenvolvemento Rural de ESF, crin necesario dar a coñecer as actividades desa fin de semana a toda a Asociación e demais persoas que nos seguen. A problemática particular á que se enfrontan as mulleres no momento de apostar pola vida no rural foi un dos eixos arredor do cal xirou o debate nesta edición do Foro. Por iso o venres tivemos a oportunidade de coñecer a experiencia de catro mulleres labregas que están a aportar un “plus” de loita nas súas respectivas comunidades; todas elas coincidían en admitir que lles falta tempo material para atender a súa vida persoal, familiar, labrega e, por riba de todo iso, militante e activista campesiña, pero que aínda así, paga a pena, e por iso todas elas son un valioso referente. Raquel Ramírez, de Nalda (La Rioja), pertence a dúas organizacións sociais do seu municipio: Panal , Asociación que naceu para combater as ameazas que as prospeccións de gas na comarca supuñan para o Patrimonio Cultural e que, entre outros proxectos, está recuperando os usos forestais do monte para emprego, goce e aprendizaxe da propia veciñanza, como unha maneira de reapropiarse do patrimonio histórico-natural que lles pertence, e El Colletero , unha Asociación para a recuperación de espazos cultivables cos principios da produción ecolóxica e a economía solidaria, en coordinación con un club de consumo. El Colletero pode gabarse de crear emprego na comarca, traballa en alianza coa comunidade de regantes e coas cooperativas da zona e, polo lado do consumo, coa Residencia de Anciáns e a ANPA da Escola, coa que tamén realizan actividades de aprendizaxe. Encóntrolle un especial significado histórico á experiencia de Ángeles Ramón, da comarca zaragozana de Cinco Villas, pois ela criouse nun pobo de colonización e, tras ligarse tamén desde os seus inicios ao primeiro sindicato campesiño independente de España, a UAGA , protagonista das chamadas “guerra del pimiento” e “guerra del maíz” nos anos 70 (conflitos

Transcript of Crónica do IX Foro por un mundo rural vivo

Page 1: Crónica do IX Foro por un mundo rural vivo

IX Foro Por un Mundo Rural Vivo

A fin de semana do 24 ao 26 de Outubro tivo lugar na fermosa vila de Mondoñedo (rodeada dun entorno natural que lle fai competencia á beleza da propia vila), o IX Foro por un Mundo Rural Vivo. Este Foro, que vén organizando cada ano a Plataforma Rural, estáse a afianzar como un espazo de encontro a nivel do Estado español de todas aquelas persoas e movementos sociais que traballan e impulsan, co seu xeito de vivir e organizarse, a creación de Alianzas por un Medio Rural Vivo.

Dúas voluntarias de ESF participamos nas actividades do Foro, polo noso interese persoal e/ou profesional, pero tivemos a oportunidade de coñecer experiencias de gran relevancia en canto ao que significa poñer en práctica, na realidade galega e española, iniciativas que loitan por unha verdadeira SOBERANÍA ALIMENTARIA. Descubrimos que outras ISFs andan tamén inmersas nas actividades da Plataforma Rural, como son os compañeiros de Andalucía e de Valencia; estes últimos traendo tamén as voces do Sur, do Movimiento Nacional Campesino Indígena da Arxentina, co que teñen unha gran vinculación a través dos seus Programas de Cooperación, e como colaboradores permanentes da máis que recomendable revista Soberanía Alimentaria, Biodiversidad y Culturas, ao igual que a propia Plataforma Rural. La Vía Campesina, o movemento que globaliza a loita labrega a nivel internacional, tamén estivo presente neste Foro, pois a Plataforma Rural é sen dúbida artelladora do seu discurso. Así pois, tras haber participado nun entorno de traballo que xiraba en torno a ese gran concepto da Soberanía Alimentaria, co que diariamente comungamos no grupo de traballo de Desenvolvemento Rural de ESF, crin necesario dar a coñecer as actividades desa fin de semana a toda a Asociación e demais persoas que nos seguen.

A problemática particular á que se enfrontan as mulleres no momento de apostar pola vida no rural foi un dos eixos arredor do cal xirou o debate nesta edición do Foro. Por iso o venres tivemos a oportunidade de coñecer a experiencia de catro mulleres labregas que están a aportar un “plus” de loita nas súas respectivas comunidades; todas elas coincidían en admitir que lles falta tempo material para atender a súa vida persoal, familiar, labrega e, por riba de todo iso, militante e activista campesiña, pero que aínda así, paga a pena, e por iso todas elas son un valioso referente.

Raquel Ramírez, de Nalda (La Rioja), pertence a dúas organizacións sociais do seu municipio: Panal, Asociación que naceu para combater as ameazas que as prospeccións de gas na comarca supuñan para o Patrimonio Cultural e que, entre outros proxectos, está recuperando os usos forestais do monte para emprego, goce e aprendizaxe da propia

veciñanza, como unha maneira de reapropiarse do patrimonio histórico-natural que lles pertence, e El Colletero, unha Asociación para a recuperación de espazos cultivables cos principios da produción ecolóxica e a economía solidaria, en coordinación con un club de consumo. El Colletero pode gabarse de crear emprego na comarca, traballa en alianza coa comunidade de regantes e coas cooperativas da zona e, polo lado do consumo, coa Residencia de Anciáns e a ANPA da Escola, coa que tamén realizan actividades de aprendizaxe.

Encóntrolle un especial significado histórico á experiencia de Ángeles Ramón, da comarca zaragozana de Cinco Villas, pois ela criouse nun pobo de colonización e, tras ligarse tamén desde os seus inicios ao primeiro sindicato campesiño independente de España, a UAGA, protagonista das chamadas “guerra del pimiento” e “guerra del maíz” nos anos 70 (conflitos

Page 2: Crónica do IX Foro por un mundo rural vivo

causados en anos de elevadas colleitas, que os intermediarios aproveitaron para pagar aos agricultores e ás agricultoras uns prezos moi por debaixo dos custes de produción, desembocando en tractoradas masivas), hoxe continúa a ser unha agricultora que vive do seu traballo, e tamén militante feminista e sindical, nunha comarca onde, defende, se está creando unha gran diversidade de producións, incluíndo elaboracións artesanais, que permiten a autosuficiencia. Ángeles fixo tamén fincapé na importancia do consumo responsable, empregando un interesante termo: a Agricultura de Responsabilidade Compartida.

Josefa Martín, orixinaria de San Esteban de La Sierra (Salamanca), relatou as súas vivencias como colaboradora activa da Asociación Salmantina de Agricultura de Montaña que, entre outras iniciativas, xestiona un banco de hortas para poñer a disposición de novos/as agricultores/as terras que cultivar, cedidas por propietarios/as que non poden traballalas, e que recuperan a satisfacción de velas producir de novo. Unha solución ben positiva para o problema de acceso á terra, que semella que é bastante común entre as persoas que desexan iniciarse na actividade agraria.

Por último, coñecemos a experiencia de Henar Román, granxeira de Labrada (Abadín, Lugo), que impulsou a creación dunha Cooperativa gandeira na súa parroquia, para buscar solucións aos abusos aos que se vían sometidas por parte da industria leiteira. Hoxe, co triplo de persoas socias que nos seus inicios, teñen tamén asociadas con explotacións de vacún de carne, e venden directamente a consumidores/as. Ademais, coñecemos a historia do Monte Veciñal en Man Común de Labrada, historia de esforzo, loitas e negociacións para tratar de facer valer os dereitos das comuneiras e os comuneiros sobre a propiedade e a toma de decisións nos usos deste monte emprazado na serra do Xistral. Henar relatounos ademais simpáticas anécdotas sobre un estudante (creo recordar que alemán) que chegou a Abadín coa intención de investigar as explotacións galegas de produción de leite de vacún para a súa tese, e que rematou converténdose nun membro máis da familia.

Xa na xornada do sábado, gozamos cunha sorprendente intervención preparada polos mozos e mozas que participaron na organización do Foro, e que vos recomendo ver neste vídeo (1 hora de duración, en clave de humor).

Da man de Inmaculada Idáñez continuamos a afondar na problemática específica da muller labrega. Falounos da súa situación en Andalucía, onde, non sen esforzo, está a lograrse a súa paulatina introdución en espazos onde habitualmente non participaba, como as comunidades de regantes e, sobre todo, no que se refire á titularidade das terras, que lles permite ser beneficiarias das axudas da PAC ou cotizar para acceder a pensións contributivas, recoñecendo así xurídica e economicamente o seu invisible papel no mundo agrario. Desde a Confederación de Mujeres Rurales (CERES), a Organización que Inmaculada preside, estase a loitar por unha Lei de Titularidade compartida nas explotacións agrarias que sexa realmente efectiva pois, a causa de -segundo sinalan- falta de recursos humanos e económicos para a súa implementación a nivel autonómico, esta Lei é considerada un fracaso do Ministerio xa que, tras dous anos en vigor, estímase que só 52 mulleres se rexistraron como co-titulares de explotacións agrarias.

Outra Lei desgraciadamente protagonista nos debates do Foro foi a “Ley de Racionalización y Sostenibilidad de la Administración Local”, coñecida como “Lei Montoro”, que baixo tal eufemístico nome agocha a disolución de todas aquelas entidades de ámbito inferior ao municipal que, a 31 de decembro de 2014, non tivesen presentado as súas contas. En

Page 3: Crónica do IX Foro por un mundo rural vivo

Castela-León, Comunidade onde, de maneira similar aos Montes Veciñais en Man Común de Galicia e o norte de Portugal, as Juntas Vecinales (existen un total de 1230 soamente na provincia de León) constitúen tradicionalmente unha moi particular forma de tenencia e xestión dos bens comúns no medio rural, están especialmente sensibilizados con este problema. A Plataforma para la Defensa de las Juntas Vecinales de Omaña aglutina ás Xuntas Veciñais desta comarca leonesa, que permanecen en loita por defender o seu estatus e facer valer as súas capacidades, participativas e democráticas, para xestionar o patrimonio comunal. Na tarde do sábado presentáronnos este vídeo documental que vos convido a visualizar e difundir. A “Lei Montoro” recibiu ata o de agora 10 recursos de inconstitucionalidade no TC.

Na tarde do sábado máis persoas compartiron tamén a súa experiencia en pobos que se poden considerar integramente ecolóxicos e onde se persegue unha forma de vida acorde ao concepto de soberanía, no seu sentido máis auténtico, na alimentación, na educación ou na xestión. Dora Cabaleiro é integrante da Cooperativa Ribeira do Navia, na parroquia de Ernes (Negueira de Muñiz, Lugo);

comercializan ou trocan os seus produtos en mercados de Galicia e o occidente asturiano. Cristina Sancho é produtora de polo ecolóxico en Amayuelas de Abajo (Palencia), e relatou as dificultades técnicas e administrativas que atoparon para sacar adiante un proxecto tan innovador, que incluíse poder vender directamente ás consumidoras e aos consumidores, pero lograron poñer en funcionamento o seu propio matadoiro avícola ecolóxico e dar así saída a toda a produción desta comarca de Tierra de Campos, apropiándose do ciclo produtivo completo. José Cófreces reside en Tronceda (Castro Caldelas, Ourense), un pobo abandonado que hai uns 20 anos comezou pouco a pouco un proceso de repoboación, e hoxe está integrado por persoas de nacionalidades diversas ás que lles move a experimentación: bioconstrución, gando caprino, horticultura ecolóxica, apicultura ou diversas actividades comunitarias, como xuntanzas, talleres de ioga, limpeza de camiños...

Contamos ademais coa presenza de Isabel Vilalba, Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, entidade co-organizadora do Foro, que presentou algúns datos da situación da agrogandeiría en Galicia, onde algo máis do 4% da poboación activa pertence ao sector agrario, con explotacións que ocupan en torno ao 30% da superficie total do territorio. Lembrounos a eterna e infanda crise do sector leiteiro na nosa Comunidade, onde os gandeiros e as gandeiras están a vender o litro de leite a un prezo medio de 0,32 € na actualidade (por baixo do custo de produción), e con 130.000 explotacións pechadas desde os anos 90.

Así que benvidas sexan todas as iniciativas que supoñan crear vínculos de confianza e empatía entre a produción e o consumo, a compra de produtos locais e de tempada e os circuítos curtos de comercialización. Rendibilidade e emprego son posibles baixo este tipo de modelos, como evidencian outros proxectos tamén mostrados no Foro: Extiercol, agricultura ecolóxica en terreo público (Cuevas del Becerro, Málaga); os grupos de consumo lucenses As Grelas e Bandullo Ecolóxico; o mercado semanal de Teo, activo espazo de encontro entre productores/as e consumidores/as, ou a Cooperativa A Sazón, de froita e marmeladas ecolóxicas.

No plano político, houbo tempo tamén para coñecer a historia das CUP: Josep Plasencia falou do nacemento desta Organización a finais dos anos 70, como exemplo de novas prácticas políticas nas que as metodoloxías son 100% participativas e democráticas. E Tom Kucharz, de Ecologistas en Acción, ofreceu unhas pinceladas do que significaría a aprobación do Acordo Transatlántico de Libre Comercio (TTIP) para os dereitos campesiños e a soberanía alimentaria: fixo un chamamento para dar a máxima difusión a todo o que está ocorrendo arredor destas negociacións.

Page 4: Crónica do IX Foro por un mundo rural vivo

A tarde do sábado finalizou con unha serie de reunións en mesas de debate rotativas coa idea de xerar propostas de acción en 4 áreas de traballo transversais: mocidade, xénero, bens comúns e participación e democracia directa. As principais proposicións quedaron plasmadas, xunto con unha reflexión xeral, nun documento de Conclusións do IX Foro por un Mundo Rural Vivo, difundido semanas despois.

E, xa á noitiña, tivemos a fermosa oportunidade de coñecer de cerca a dous representantes do Movimento dos Trabalhadores Rurais Sem Terra (MST), paradigma da loita campesiña a nivel mundial. Zé Roberto da Silva e Rosa Oliveira fixeron unha atractiva síntese

das políticas agrarias no Brasil durante as últimas 3 décadas, aportando interesantes datos. Como que durante o goberno neoliberal do Enrique Cardoso, nos anos 90, o 86% do crédito agrícola foi acaparado por empresas do agronegocio nas que, sen embargo, só estaba empregada o 26% da man de obra agraria do país. Ou as investigacións que poden permitir relacionar os casos de cancro co consumo de alimentos contaminados con agrotóxicos. As mudanzas estruturais que supuxo o “goberno Lula” introduciron por exemplo unha Lei que

estableceu a obriga de que o 30% do orzamento para abastecemento público de alimentos (escolas, poboación acollida a Programas de axuda alimentar...) se destinase a compra na agricultura familiar local. Sen embargo, a partir do 2008, segundo palabras do Zé, medrou enormemente a velocidade de invasión e apropiación de recursos por parte do capital: calcúlase que as multinacionais gastaron, na última formación de Goberno, 1 billón de € para colocar aos seus deputados e senadores afíns no Parlamento, manobras que están permitidas pola lexislación. Ao tempo, continúan resistindo no Brasil 4 millóns de camponeses sen terra. A Rosa describiu as ocupacións de terras, que o MST adoita exercer como accións máis representativas do seu Movemento de resistencia, como unha das experiencias máis marabillosas que se poden ter na vida.

Page 5: Crónica do IX Foro por un mundo rural vivo

A xornada do sábado rematou con queimada e música de diversas culturas: as pandeireteiras do grupo Alesancia de Ribadeo, as mulleres burelenses de orixe caboverdiana Batuko Tabanka (certamente emocionante observalas tocar e bailar enchoupadas das súas raíces), a guitarra do músico e compositor valenciano Tomás de los Santos, que cantou e nos fixo cantar a todas, e tamén o mesmo Zé Roberto do MST, con quen gozamos, tamén a ritmo de guitarra, da música tradicional brasileira con letras que reivindican a loita por unha reforma agraria que respecte os dereitos e a dignidade de quen traballa.

E para poñer o punto e aparte a unha fin de semana ben completa, o domingo pola mañá tivemos mercado de produtos agrarios na praza do Concello de Mondoñedo, onde o campesiñado participante no Foro tivo a oportunidade de vender as súas froitas, hortalizas e diversos elaborados nun ambiente amable e festivo. Alí mesmo se fixo un acto de rúa no que se deu lectura ás conclusións deste IX Foro e se emprazou a todo o mundo para a próxima cita: a décima edición que terá lugar en 2016 (as citas son bianuais) na Venta de las

Contreras, en pleno parque natural de Las Hoces del Cabriel, comarca de La Manchuela (Cuenca).