Receita

Post on 14-Dec-2015

227 views 6 download

description

Larpeiros

Transcript of Receita

Pasteliños de mirabeis con chocolate

Ingredientes:

Para a masa

120g manteiga

90g azucre moído

30g améndoa moída

1 ovo

220g fariña

Para a crema de chocolate

350g chocolate de repostería

250g nata 35%mg

50g manteiga

1 cullerada sopeira de mel

Cos mirabeis

400 g de mirabeis (para facer marmelada),

Azucre .

1 bote de mirabeis en xarope

Pasos:

Primeiros facemos a masa dos pasteliños. Nun bol poñemos a fariña, o sal, o azucre moído e a manteiga fría en anacos.

Batemos o ovo e tamén o poñemos no bol.

Xuntamos todo coas mans ata facer unha bola de masa. Poñemos esta bola en film. Levamos á neveira media hora para que arrefrie e sexa mais doado traballar con ela.

Preparamos a crema de chocolate.

Comezamos poñendo a nata nun cazo a ferver. Picamos o chocolate de repostería e ímolo poñendo nun bol. Cando a nata ferva verquemos o chocolate sobre ela, deixamos que repouse un minutiño e remexemos cunha culler de pau. Engadimos a manteiga, que se disolverá coa calor da nata. Poñemos tamén a cullerada de mel e deixamos arrefriar, remexendo de cando en vez co batedor de man para que a crema colla corpo.

Imos facer unha marmelada cos mirabeis.

Retiramos a carabuña dos mirabeis e os poñemos nun cazo cun terzo de azucre e un pouco de auga.

Pasada a media hora sacamos a masa da neveira e acendemos o forno a 160 graos.

Imos preparar a base dos pasteliños.

Estiramos e cortamos a masa.

Poñemos a masa nos moldes e levamos ao forno 20 minutos.

Pasaron 20 minutos. Retiramos do forno os pasteliños. A base xa está cociñada.

Retirar do molde os pasteliños. Poñer unha cullerada de marmelada de mirabeis en cada un, e colocar enriba a crema de chocolate.

Para adornar empregamos un par de mirabeis en xarope.