As normas do Portelo de Fuxú.portelodefuxu.com/wp-content/uploads/2014/08/94490765268... ·...

Post on 10-Jul-2020

5 views 0 download

Transcript of As normas do Portelo de Fuxú.portelodefuxu.com/wp-content/uploads/2014/08/94490765268... ·...

• A BE permanecerá aberta en horario de 9.20 a 18.15 os luns e os mércores. Os martes e os xoves de 9.20 a 13.40 e de 16.00 a 20.00; e os venres de 9.20 a 13.40 durante os días lectivos do curso escolar.

• O titor/a no seu horario de biblioteca realiza o préstamo. Nalgunhas aulas fanno os propios alumnos, baixo a supervisión do profesor.

• As familias poden acceder persoalmente nas horas de titoría ou a través dos seus fillos na hora de Biblioteca ou nos recreos.

As normas do Portelo de Fuxú.

Biblioteca Xosé Neira Vilas do CEIP do Foxo

HORARIO DE APERTURA

PRÉSTAMO

• Cada alumno e mestre posúe un carné que ten un número de lector adxudicado e con este accede ao préstamo.

• Os alumnos usan marcadores personalizados coa súa foto para sinalar o préstamo. Estes sinais deben ser respectadas por todos os usuarios da BE.

• O préstamo farase de dous exemplares como máximo, durante un período de 15 días renovables. Os períodos de vacacións están incluídos no préstamo. Dito préstamo realizarase a través do programa Meiga.

• En caso de perda ou deterioro, débese substituír este material ou reembolsar o seu importe, con previa comunicación aos titores e á familia.

1

• Na BE permanecerase en silencio e empregarase un ton de voz baixo, para non molestar ao resto de usuarios.

• Hai que manter un comportamento axeitado: non se pode comer, nin beber, nin petar en ventás e portas.

• Tratarase de soster a orde: colocar ben os libros e deixalos no andel no que estaban, así mesmo deixaranse os xogos recollidos. No caso de dúbida, consúltese co profesor.

• Colleranse os libros do ciclo de referencia. Se queren outros, deben consultalo.

• Permanecerase en silencio ata que a persoa bibliotecaria poida atender a nosa petición.

• Empregarase de forma axeitada e con respecto as instalacións e os diversos materiais.

• Os dicionarios, enciclopedias e material de consulta só se pode empregar na BE.

• Ofrécense novidades expostas nos andeis específicos para o coñecemento dos nenos e nenas.

NORMAS DE USO DA BE

• Non rompelos.

• Non pintar neles.

• Gardalos ben: nos andeis, na

mesiña de noite, no armario.

• Non comer cando estamos a ver

os libros.

• Pasar as follas de unha en unha e

con coidadiño.

• Non babalos, nin mollalos e nin

cuspilos.

• Miralo nunha cadeira, na cama ou

nunha mesa.

• Na cociña non se poden ver

porque hai graxa.

• Non andar a xogar con eles.

• Ter coidado de que non caian

porque rompen ou podemos

pisalos.

• Non ir ao cuarto de baño con eles

porque poden mollarse.

• As mans teñen que estar limpas e

secas.

• Non se pode escribir neles, nin

raialos, nin mordelos.

• Non se poden tirar.

NORMAS PARA O USO DOS LIBROS DE E.I NA CASA

Estas normas foron consensuadas nunha asemblea

polos nenos e nenas de EI ao principio de curso:

2