FUNCIONAMENTO PEDAGÓXICO
CLAUSTRO DE PROFESORES
CONSELLO ESCOLAR
COMISIÓN PEDAGÓXICA
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
EQUIPO DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES.
ÓRGANOS UNIPERSOAIS:
DIRECTOR/A
XEFE DE ESTUDIOS
SECRETARIO/A
FUNCIÓNS DA XEFATURA DE ORIENTACIÓN
FUNCIÓNS DOS PROFESORES/AS DE PT E AL
FUNCIÓNS DOS COORDINADORES DE CICLO
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL
MECANISMOS DE ADSCRICIÓN DO PROFESORADO
CONFIGURACIÓN DE TITORÍAS
EQUIPOS DOCENTES
ESPACIOS COMÚNSBIBLIOTECA
AULA DE INFORMÁTICA
AUDIOVISUAIS E PIZARRA DIXITAL
SALA DE MAQUINAS
1
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
HORARIOSENTRADAS
SAÍDAS
RECREO
PROFESORADODEREITOS E DEBERES
LICENZAS E PERMISOS
TITORÍAS
SUBSTITUCIÓNS
FALTAS DE ASISTENCIA
ALUMNADODEREITOS DOS ALUMNOS
DEBERES DOS ALUMNOS
FALTAS E SANCIÓNS
GARANTÍAS
FAMILIASDEREITOS E DEBERES
OUTROS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVACONSERXE
LIMPADOR/A
SERVICIOS COMPLEMENTARIOS COMEDOR
TRANSPORTE
ANPA
2
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
CLAUSTRO DE PROFESORES
É o órgano de participación dos profesores na vida do Centro. As
propostas que se eleven ó Consello Escolar para a súa aprobación, a ser
posible, deberán sido debatidas previamente no Claustro.
Funcións:
Formular ao equipo directivo e ao Consello Escolar propostas para a elaboración dos proxectos do centro e da programación xeral anual.
Aprobar e avaliar a concreción do currículo e todos os aspectos educativos dos proxectos e da programación xeral anual.
Fixar os criterios referentes á orientación, titoría, avaliación e recuperación dos alumnos.
Promover iniciativas no ámbito da experimentación e da investigación pedagóxica e na formación do profesorado do centro.
Elixir os seus representantes no Consello Escolar do centro e participar na selección do director nos termos establecidos pola Lei.
Coñecer as candidaturas á dirección e os proxectos de dirección presentados polos candidatos.
Analizar e valorar o funcionamento xeral do centro, a evolución do rendemento escolar e os resultados das avaliacións internas e externas nas que participe o centro.
Informar as normas de organización e funcionamento do centro. Coñecer a resolución de conflitos disciplinarios e a imposición de
sancións e velar por que estas se ateñan á normativa vixente. Propor medidas e iniciativas que favorezan a convivencia no centro. Calquera outras que lle sexan atribuídas pola Administración
educativa ou polas respectivas normas de organización e funcionamento.
3
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
Calendario de xuntanzas:
Ordinarias : unha vez cada trimestre. Extraordinarias: Cando o convoque o seu presidente ou un terzo,
polo menos dos seus membros. o A convocatoria entregarase, a ser posible, con tres días de
antelación.
4
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
CONSELLO ESCOLAR
Órgano de decisión do centro.
Funcións:
Aprobar e avaliar os proxectos e as normas do centro. Aprobar e avaliar a programación xeral anual do centro sen
prexuízo das competencias do Claustro de profesores, en relación coa planificación e organización docente.
Coñecer as candidaturas á dirección e os proxectos de dirección presentados polos candidatos.
Participar na selección do director do centro nos termos que a lei establece. Ser informado do nomeamento e cesamento dos demais membros do equipo directivo. No seu caso, previo acordo dos seus membros, adoptado por maioría de dous terzos, propor a revogación do nomeamento do director.
Decidir sobre a admisión de alumnos. Coñecer a resolución de conflitos disciplinarios e velar porque se
ateñan á normativa vixente. Cando as medidas disciplinarias adoptadas polo director correspondan a condutas do alumnado que prexudiquen gravemente a convivencia do centro, o Consello Escolar, a instancia de pais ou titores, poderá revisar a decisión adoptada e propor, no seu caso, as medidas oportunas.
Propor medidas e iniciativas que favorezan a convivencia no centro, a igualdade entre homes e mulleres e a resolución pacífica de conflitos en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social.
Promover a conservación e renovación das instalacións e equipo escolar e aprobar a obtención de recursos complementarios.
Fixar as directrices para a colaboración, con fins educativos e culturais, coas Administracións locais, con outros centros, entidades e organismos.
5
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
Analizar e valorar o funcionamento xeral do centro, a evolución do rendemento escolar e os resultados das avaliacións internas e externas nas que participe o centro.
Elaborar propostas e informes, a iniciativa propia ou a petición da Administración competente, sobre o funcionamento do centro e a mellora da calidade da xestión, así como sobre aqueloutros aspectos relacionados coa calidade da mesma.
Calquera outras que lle sexan atribuídas pola Administración educativa.
←
Calendario de xuntanzas:
Ordinarias: unha vez ó trimestre.
Extraordinarias: sempre que o convoque o seu presidente ou o
solicite, alomenos un terzo dos membros .
6
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
COMISIÓN PEDAGÓXICA
Será coordinada polo Xefe de Estudios e presidida polo Director.
Membros: Director do Centro, Xefe de Estudios, Coordinadores de Ciclo,
Coordinador de Normalización, Profesorado de E. Especial e a
Orientadora.
Funcións:
Coordina-la Programación Xeral Anual e Memoria Anual.
Buscar solucións a conflitos puntuais.
Actuar como dinamizador da actividade docente no centro.
Coordinar o seguimento e avaliación do PCC e PEC.
Propoñe-los profesores que han de formar parte do equipo de
Normalización Lingüística.
Calendario de xuntanzas:
Ordinarias: unha mensual os martes pola tarde para valora-la
marcha do centro.
Extraordinarias: cando se presenten situacións conflitivas a
proposta do Director ou da maioría dos seus membros.
7
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
O Departamento de Orientación terá a composición establecida no artigo 4 do Decreto
120/1998, do 23 de abril que é o seguinte: orientadora, profesorado de PT e AL, e os
coordinadores de Ciclo.
As súas funcións dentro dos colexios de E. Infantil e Primaria son as
seguintes:
Valora-las necesidades educativas e deseñar, desenvolver e avaliar
programas específicos de intervención.
Elaborar de acordo coas directrices establecidas pola comisión de
coordinación pedagóxica as propostas do plan de Orientación
académica e do plan de Acción titorial, incidindo no
desenvolvemento persoal, social e cognitivo do alumnado e
ofrecerlle ó profesorado o soporte técnico para o desenvolvemento
deste plan.
Participar na elaboración, seguimento e avaliación dos proxectos
educativo e curricular do centro, incidindo nos criterios de carácter
organizativo e pedagóxico para a atención á diversidade do
alumnado, nos principios de avaliación formativa e na adecuación
dos criterios de promoción.
Deseñar accións encamiñadas á atención temperá e á prevención de
dificultades ou problemas de desenvolvemento ou de aprendizaxe
derivadas tanto de condicións desfavorables como de altas
capacidades.
8
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
Participar na avaliación psicopedagóxica e no deseño e
desenvolvemento de medidas de atención á diversidade.
Facilitarlle á comunidade educativa os apoios e o asesoramento
para que o alumnado poida enfrontar adecuadamente os momentos
escolares mais decisivos como o ingreso no centro, cambio de ciclo
ou a resolución de conflitos de relación interpersoal.
Impulsa-la participación do profesorado en programas de
investigación e innovación educativas nos ámbitos relativos a
hábitos de traballo intelectual, programas de ensinar a pensar,
habilidades sociais, técnicas de dinámica de grupos, etc...
Cooperar cos membros dos equipos de orientación específicos no
deseño, desenvolvemento e avaliación de programas de orientación.
Promove-la cooperación entre o centro e as familias, implicándoas
no proceso educativo dos seus fillos: estimulación de intereses,
adquisición de hábitos de hixiene e autonomía, desenvolvemento
motriz e da linguaxe, relacións interpersoais, etc...
Establecer canles de comunicación cos diferentes servizos ou
institucións no ámbito das súas competencias.
Aqueloutras que a Administración educativa lle puidese
encomendar no ámbito das súas competencias.
9
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Para potencia-lo uso da lingua galega
Membros: estará formado por un profesor de cada ciclo a proposta da
comisión pedagóxica.
Funcións:
Presentar propostas ó equipo directivo para fixar os obxectivos de
normalización que se incluirán no proxecto educativo.
Propoñer á comisión pedagóxica medidas para potencia-lo uso da
lingua galega nas actividades do centro.
Colaborar cos coordinadores da Biblioteca, Actividades
Complementarias e do Xornal na súa dotación e elaboración.
O/a Coordinador/a do equipo terá unha liberalización de unha
sesión á semana.
O/a Coordinador/a será nomeado polo/a Director/a a proposta do equipo.
Calendario de Xuntanza:
Ordinaria: Unha ao mes nas tardes dos martes..
Extraordinarias: cando a maioría dos seus membros así o propoñan.
10
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
EQUIPO DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES.
Promove, organiza e facilita este tipo de actividades.
O Coordinador será un profesor que designe o Director por proposta do
Xefe de Estudios.
Este profesor actuará baixo a dependencia directa do Xefe de Estudios e
en estreita colaboración co equipo directivo.
Funcións:
Elabora-lo programa anual destas actividades, tendo en conta as
propostas dos equipos de ciclo, profesores e dos pais.
Proporcionarlle aos alumnos/as e ós pais/nais a información relativa
ás actividades.
Elaborar unha memoria final de curso coa avaliación das
actividades realizadas, que será incluída na memoria do centro.
Para o desenvolvemento destas actividades, deberase contar cos
seguintes requisitos:
Aprobación do Consello Escolar das actividades extraescolares.
Autorización escrita dos pais ou titor legal.
Os alumnos que non presenten algún dos requisitos, quedarán no
centro ó coidado dalgún profesor libre ou integrado no curso máis
próximo.
11
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
Os alumnos que non teñan un comportamento adecuado na aula ou
en outras saídas, o titor poderá deixalo sen esta actividade ó
coidado doutro profesor no centro.
O coordinador do equipo terá unha liberalización horaria de unha
sesión á semana.
12
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
← ÓRGANOS UNIPERSOAIS.
FUNCIÓNS DO/A DIRECTOR/A
Ostentar a representación do centro, representar á Administración educativa no mesmo e facerlle chegar a esta as formulacións, aspiracións e necesidades da comunidade educativa.
Dirixir e coordinar todas as actividades do centro, sen prexuízo das competencias atribuídas ao Claustro de profesores e ao Consello Escolar.
Exercer a dirección pedagóxica, promover a innovación educativa e impulsar plans para a consecución dos obxectivos do proxecto educativo do centro.
Garantir o cumprimento das leis e demais disposicións vixentes. Exercer a xefatura de todo o persoal adscrito ao centro. Favorecer a convivencia no centro, garantir a mediación na
resolución dos conflitos e impor as medidas disciplinarias que correspondan aos alumnos, en cumprimento da normativa vixente sen prexuízo das competencias atribuídas ao Consello Escolar. A tal fin, promoverase a axilización dos procedementos para a resolución dos conflitos nos centros.
Impulsar a colaboración coas familias, con institucións e con organismos que faciliten a relación do centro coa contorna, e fomentar un clima escolar que favoreza o estudo e o desenvolvemento de cantas actuacións propicien unha formación integral en coñecementos e valores dos alumnos.
Impulsar as avaliacións internas do centro e colaborar nas avaliacións externas e na avaliación do profesorado.
Convocar e presidir os actos académicos e as sesións do Consello Escolar e do Claustro de profesores do centro e executar os acordos adoptados no ámbito das súas competencias.
Realizar as contratacións de obras, servizos e subministracións, así como autorizar os gastos de acordo co orzamento do centro,
13
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
ordenar os pagos e visar as certificacións e documentos oficiais do centro, todo iso de acordo co que establezan as Administracións educativas.
Propor á Administración educativa o nomeamento e cesamento dos membros do equipo directivo, previa información ao Claustro de profesores e ao Consello Escolar do centro.
Calquera outras que lle sexan encomendadas pola Administración educativa.
14
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
FUNCIÓNS DO/A XEFE DE ESTUDIOS
Exerce-la xefatura do persoal docente en todo o relativo ó réxime
académico, por delegación do director e baixo a súa autoridade.
Substituí-lo director en causa de ausencia, enfermidade, etc.
Coordinar e velar pola execución das actividades de carácter
académico e de orientación de profesores e alumnos en relación o
PEC e PXA.
Elaborar os horarios en colaboración co resto do equipo directivo
de acordo cos criterios aprobados polo claustro, e velar polo seu
estrito cumprimento.
Coordina-las actividades dos coordinadores de ciclo.
Coordinar e orientar a acción dos titores de acordo co plan de
acción titorial.
Coordina-la participación do profesorado nas actividades de
perfeccionamento, así como planificar e organiza-las actividades de
formación de profesores realizadas no centro.
Coordina-la actividade docente, con especial atención ós procesos
de avaliación, adaptación curricular e actividades de recuperación,
reforzo e ampliación.
Facilita-la organización dos alumnos e impulsa-la súa participación.
Establece-las sesións de garda nas portas, recreos e biblioteca.
Custodia-los PEC, PCC, PXA; Memorias, RRI e libros de actas dos
equipos.
15
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
Establece-los mecanismos para corrixir ausencias imprevistas do
profesorado, atención ós alumnos accidentados ou calquera outra
eventualidade.
Calquera outra función que lle poida ser encomendada polo
director.
←
16
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
FUNCIÓNS DO/A SECRETARIO/A
Ordena-lo réxime administrativo do centro segundo as directrices
do director/a.
Actuar como secretario dos órganos colexiados de goberno do
centro, levantar acta das sesións e dar fe dos acordos co visto e
prace do director.
Custodia-los libros e arquivos do centro coa colaboración dos
coordinadores de ciclo.
Expedi-los certificados que soliciten as autoridades e os
interesados.
Realiza-lo inventario xeral do centro e mantelo actualizado.
Custodia-los medios audiovisuais, material didáctico, mobiliario ou
calquera material inventariable e dispoñe-la súa utilización.
Coordinar, dirixir e supervisar, por delegación do director a
actividade e funcionamento do persoal da administración e servizos
do centro.
Elabora-lo anteproxecto de orzamento de acordo coas directrices do
CE e oída a comisión económica.
17
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
Ordena-lo réxime económico de conformidade coas instrucións do
director, realiza-la contabilidade e render contas ante o consello
escolar.
Velar polo mantemento material do centro en tódolos seus aspectos
de acordo co director.
Dar a coñecer e difundir a toda a comunidade educativa a
información sobre normativa, disposicións legais e asuntos de
interese xeral ou profesional que se reciba no centro.
Realización de matrículas, becas, listados, etc.
Dirixi-lo programa Xade.
Elaborar unha memoria económica no mes de xuño.
Calquera outra función que lle encomende o director.
18
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
FUNCIÓNS DA XEFATURA DE ORIENTACIÓN
Dirixir e coordina-las actividades e actuacións propias do
departamento de orientación.
Responsabilizarse da redacción do plan anual de actividades do
departamento, velar polo seu cumprimento e elabora-la memoria
final de curso.
Representa-lo departamento na comisión de coordinación
pedagóxica.
Convocar e presidi-las reunións ordinarias e extraordinarias,
levantando a acta correspondente.
Asistir ás reunións convocadas polo xefe do departamento de
orientación do instituto de educación secundaria ó que está
adscrito.
Velar pola confidencialidade dos documentos, se é o caso.
Coordina-la organización de espazos e instalacións para a
orientación, así como a adquisición de material e de equipamento
específico, velando polo seu uso correcto e conservación.
Realizar as avaliacións psicopedagóxicas, responsabilizándose se é
o caso do informe psicopedagóxico, e asesorar no deseño,
desenvolvemento e avaliación das medidas de atención á
diversidade segundo o establecido no proxecto curricular do centro
e responsabilizarse da elaboración do informe psicopedagóxico.
Coordinar, en colaboración cos profesores de apoio, a atención do
alumnado con necesidades educativas especiais, elevando ó xefe de
19
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
estudios, a proposta de organización da docencia para este
alumnado.
Participar nas sesións de avaliación para o deseño,
desenvolvemento e avaliación de actuacións conxuntas que
permitan a coherencia das respostas educativas.
A participación do xefe do departamento nas sesións de avaliación
responderá ás súas competencias de asesoramento e apoio ó
profesorado e asistirá a elas con voz e sen voto.
Aqueloutras funcións que a Administración lle poida asignar
referidas a orientación.
FUNCIÓNS DOS PROFESORES/AS DE PT E AL
Asistir ás reunións da comisión de coordinación pedagóxica.
Colaborar na elaboración, seguimento e avaliación das adaptacións
curriculares individuais, así como das necesidades de reforzo, se é
o caso, e aqueloutras dirixidas á atención á diversidade do
alumnado.
Prestarlle atención docente directa ao alumnado con necesidades
educativas especiais que así o requira, atención que, en xeral, se
prestará no grupo no que está integrado.
Aqueloutras funcións que a administración educativa lles poida
asignar referidas á orientación.
20
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
FUNCIÓNS DOS COORDINADORES DE CICLO
Dirixir e coordina-las actividades académicas do equipo de ciclo.
Convocar e presidi-las reunións do equipo de ciclo.
Participación na elaboración do PCC e levar a comisión pedagóxica
as propostas formuladas no equipo.
Coordina-las funcións de titoría dos alumnos.
Responsabilizarse da redacción da programación didáctica do ciclo.
Responsabilizarse de que se levante acta das reunións e de que se
elabore a memoria final de curso.
Coordina-la organización de espazos e instalacións e velar pola
correcta conservación do equipamento específico do equipo.
Propoñe-las actividades complementarias do ciclo por delegación da
Xefatura de estudios.
Realizar o inventario do material do ciclo encomendado polo
Secretario.
Recoller as necesidades de material para o ciclo que lle encomende
o Secretario.
Coordinar a elección dos libros de texto do ciclo.
21
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL
A Comisión Pedagóxica entregará ao longo do mes de setembro o guión
para a elaboración dos diferentes proxectos parciais.
Partes:
Situación do Centro a principios de curso, baseada nos datos da
memoria do curso pasado (Xefatura de Estudios).
Organigrama docente do claustro: adscrición ós diferentes equipos,
coordinacións, comisións, situación administrativa,.. (Equipo
directivo).
Organigrama do Consello escolar: membros, comisións, ...(Equipo
directivo).
Calendario de xuntanzas ordinarias de claustro, consello. (Equipo
directivo).
Calendario de xuntanzas dos diferentes equipos (Xefatura de
estudios).
Acción titorial. (Xefatura de estudios).
Plans de actuacións dos equipos de ciclo, de normalización e xornal.
(Cada equipo).
Plans dos diferentes espazos comúns: bibliotecas, audiovisuais e
pizarra dixital, informática. (Responsables).
Proxectos económicos. (Director e secretario).
←
Datas de elaboración : setembro e primeira quincena de outubro.
22
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
Presentación ó Claustro: segunda quincena de outubro.
23
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
MECANISMOS DE ADSCRICIÓN DO PROFESORADO
É competencia do/a Director/a do Centro, oído o Claustro de profesores e
de acordo cos criterios que se sinalan nos seguintes puntos.
Farase unha adscrición funcional a finais do curso, a fin de ir
confeccionando os horarios, e a definitiva no primeiro claustro de
setembro.
O director terá en conta o seguinte:
Garantir a permanencia do profesorado ó longo do ciclo
correspondente.
Seguindo estes criterios:
a) Antigüidade no centro.
b) Antigüidade no corpo.
c) Número de rexistro de persoal mais
baixo.
Procurarase que sobre cada grupo de alumnos incida o menor número posible de profesores.
Sen prexuízo do anterior o Director do Centro e por causas xustificadas de tipo didáctico ou organizativo, aceptadas polo Claustro e a Inspección educativa, poderá alterar os criterios sinalados para a adscrición funcional oído o profesor afectado.
24
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
CONFIGURACIÓN DE TITORÍAS
← En Educación Infantil cada grupo terá o seu titor.
← Os grupos faranse aténdose a súa idade cronolóxica.
← No caso de existir un nivel incompleto, poderanse agrupar
nunha aula dous grupos de idades diferentes.
← En Educación Primaria ó comezo de cada ciclo os alumnos
serán adscritos ós grupos seguindo os seguintes criterios:
← Psicosociopedagóxico
← Alfabético
← Os alumnos de novo ingreso, asignaranse provisionalmente
a un grupo, ata ter confirmación do expediente.
← No caso de producirse algún tipo de alteración grave nun
grupo, poderase cambialos de grupo.
← En xeral a distribución numérica en cada grupo do mesmo
nivel, será a mesma, coa excepción de grupos con alumnos
con discapacidade física ou psíquica, no que terán unha
redución de alumnos.
25
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
EQUIPOS DOCENTES
Os equipos docentes (ciclo, nivel) serán os encargados de concreta-
lo currículo de E. Infantil e de Primaria, a través da elaboración de
proxectos curriculares de ciclo, de xeito que garanten a axeitada
progresión no proceso educativo ó longo da escolaridade.
Os equipos de ciclo e nivel realizarán as adaptacións curriculares
para todos aqueles alumnos que os precisen, contando co
asesoramento dos profesores da aula de Necesidades Educativas
Especiais e da Orientadora.
Encargaranse de planificar actividades complementarias:
celebracións, visitas escolares,... así como de elaborar propostas de
actividades de formación do profesorado no propio Centro.
Os equipos de ciclo elaborarán a principios de curso un Plan parcial
para o curso e unha Memoria valorativa, ó final de curso dos
obxectivos propostos.
Os equipos docentes estarán formados polos titores dese ciclo ou
nivel e os especialistas asignados pola Xefatura de Estudios
seguindo os criterios pedagóxicos máis axeitados.
26
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
BIBLIOTECA
O/A coordinador/a da biblioteca terá unha redución de catro horas,
ampliable segundo as dispoñibilidades.
Cada titoría terá asegurada polo menos unha sesión semanal, para
fomentala lectura na biblioteca, segundo un horario establecido á
principio de curso.
A biblioteca permanecerá aberta no horario de recreo para
préstamos e devolución de libros. Nesta tarefa turnaranse
alomenos, dous/tres profesores/as que farán un mes dúas gardas
semanais e ao seguinte tres, alternativamente.
Polas tardes de outubro a maio, inclusive, a biblioteca
permanecera aberta de luns a xoves, cun horario de 16,30 a 18,30
horas, para lectura de libros, busca de información e realización de
actividades e traballos.
Préstamo domiciliario terá unha duración máxima de 15 días,
podendo renova-la por só outros 15 días.
O alumnado será responsable do material prestado, en caso de
perda ou deterioro do mesmo, terá que repoñelo material ó efecto.
27
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
AUDIOVISUAIS e PIZARRA DIXITAL
O/A coordinador/a terá unha hora semanal para ordenar, controlar,
etc...
Para utiliza-la aula de audiovisuais e pizarra dixital, haberá unha
folla para apuntarse o día e a sesión que se queira usar.
O/a coordinador/a fará un inventario do material de audiovisuais.
Vídeos, CDs de música, películas, aparatos, etc...
material estará dispoñible na biblioteca do centro.
Cada titor será responsable de deixar gardado o material.
Os coordinadores de ciclo farán un proxecto de orzamento que
entregarán ó coordinador para mercar material segundo as
posibilidades.
AULA DE INFORMÁTICA
O/a coordinador/a terá unha sesión á semana para buscar novas
páxinas de internet, actualizacións, tinta de impresoras, etc...
Facilitarase e potenciarase a formación continuada de todo o
profesorado que o desexe dentro das posibilidades da aula.
A primeiros de curso todos os profesores que desexen levar unha
continuidade semanal na aula de informática, comunicaralle ó
coordinador para a elaboración do horario. As demais sesións serán
utilizadas por todo o profesorado cos seus alumnos, despois de
apuntarse na folla semanal de utilización.
28
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
Se despois de fixa-los horarios quedan sesións libres poderán
utilizalas o profesorado.
Débese ter coidado coa configuración dos ordenadores, pois son
para utilizalos todos.
Os profesores que levan os seus alumnos serán os responsables da
súa correcta utilización e das páxinas que terán que visitar.
A ANPA poderá utiliza-los ordenadores para facer cursos para o
alumnado do Centro.
SALA DE MAQUINAS
O responsable será o/a conserxe do centro.
Para a utilización das máquinas entregaranse os orixinais ao/á
conserxe, con suficiente antelación, cando sexan varias copias.
Aqueles/as profesores/as que queiran facer copias e non este
dispoñible o conserxe, farán eles mesmos as copias.
A primeiros de curso o equipo directivo explicará o funcionamento
normal das maquinas a tódolos interesados.
29
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
HORARIOS
a) Horario escolar do profesorado:
Horas lectivas : 21 horas semanaisInclúe as horas de docencia directa co alumnado e as horas de garda. Tamén se consideran lectivas as horas de reducións establecidas para o desempeño dos órganos unipersoais de goberno, xefaturas de departamento, coordinación de ciclo, coordinación do equipo de normalización lingüística, e as que, de ser o caso, estean establecidas ou se establezan.Horas complementarias fixas: 4 horas semanais Estas horas teñen carácter fixo nos horarios e teñen, a efectos de asistencia do profesorado, a mesma consideración que as horas lectivas. Deben realizarse do seguinte xeito:
b) Dúas horas dedicaranse, preferentemente, á DINAMIZACIÓNc) As dúas restantes deben fixarse, con carácter xeral, fóra das 25
horas do horario lectivo do alumnado para posibilitar: A titoría dos pais/nais As reunións, no seu caso, dos equipos de ciclo e outros
órganos de coordinación (Comisión de coordinación Pedagóxica, Equipo de N. Lingüística e Equipo de Actividades complementarias e extraescolares).
d) Reducións horarias de docencia directa:
A Dirección terá as horas, segundo a lexislación vixente,
dedicadas as tarefas propias do cargo.
A Xefatura de estudios terá as horas segundo a lexislación
vixente, dedicadas as tarefas propias do cargo.
Secretario terá as horas, segundo a lexislación vixente,
dedicadas ás tarefas propias do cargo.
30
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
Os Coordinadores de ciclo terán unha redución horaria de
1 hora semanal.
Coordinador do Equipo de Normalización terá unha
redución de 1 hora.
Coordinador da Biblioteca terá unha redución de 4 horas,
ampliable segundo as necesidades e dispoñibilidade do
profesorado.
Coordinador de Informática terá unha redución de 1 hora.
Coordinador de Audiovisuais terá unha redución de 1 hora.
Coordinador do Xornal Escolar terá unha redución de 1
hora.
Coordinador das Actividades Complementarias terá unha
redución de 1 hora.
c) Distribución actual da xornada lectiva no Centro:
Xornada Continuada:
Primeira sesión .............9,00 a 9,50
Segunda sesión...............9,50 a 10,40
Terceira sesión..............10,40 a 11,30
Recreo............................11,30 a 12,00
Cuarta sesión.................12,00 a 13,05
Quinta sesión................13,05 a 14,00
Sesión de tarde:
31
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
Os martes pola tarde de 16,15 a 18,30 horas estará dedicado
a reunións de Claustro, Consello, Coordinacións, D.
Orientación, Comisión Pedagóxica e atención ós pais de
17,45 a 18,30 horas.
As horas de atención a Biblioteca serán para estar na
biblioteca e atender o funcionamento da mesma.
32
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
ENTRADAS
O horario de entrada no Centro será ás 9,00 horas
A porta do patio será aberta polo conserxe con antelación
suficiente.
Os profesores de garda organizarán as filas no patio antes
de dar a orde de subida. Ó sonar o timbre cada profesor
dirixirase a súa aula.
No patio estarán de garda os profesores que se fixen ao
comezo de curso segundo as necesidades.
Os acompañantes dos alumnos non poderán acceder ao
interior, agás os que teñan que facer algunha xestión, diso
encargarase o/a conserxe.
Ó longo da Xornada escolar non poderá estar ningunha
persoa sen permiso da Dirección dentro do recinto escolar
(patio incluído).
33
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
SAÍDAS
A saída farase ás 14,00 horas
Os alumnos de E. Infantil sairán 5 minutos antes para
evita-la masificación na porta e que os pais poidan
recollelos na entrada do Centro.
Os alumnos de Primaria sairán ata á porta co seu profesor
de xeito ordenado.
Na hora de saída soará o timbre, que indica o remate da
xornada escolar.
Os alumnos que queden no Comedor, irán ó remate das
clases directamente para o comedor, onde se fará cargo
deles os coidadores ata ás 16,30 horas.
Se algún alumno ten que saír antes do recinto, terán que
vir a busca-lo ata o centro os seus titores legais e asinar a
instancia de recollida. Non poderán saír nunca sós do
recinto.
34
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
RECREO
No recreo os alumnos sairán co seu profesor ata as
escaleiras, alí faranse cargo os profesores de garda.
Á hora de saída e de entrada do patio soará o timbre.
Procurarase facer as quendas de garda de xeito que estea
un profesor de cada ciclo.
Os alumnos na hora do recreo non poderán saír fora do
recinto.
Non poderá entrar ningunha persoa para darlle cousas ós
alumnos; se algún pai quere entregarlle algo, terá que
darllo a un dos profesores de garda. Tampouco poderán
darlle nada polo valado do recinto.
Se algún alumno se manca no patio será atendido polos
profesores de garda, no caso de ferida será atendido polo
titor.
Ningún alumno quedará na súa aula sen a presenza do
profesor.
Os alumnos que non poidan saír por motivos físicos,
quedarán na Biblioteca.
Non poderá quedar ningún alumno sen atención dentro do
recinto escolar. Será responsabilidade do seu titor.
35
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
DEREITOS E DEBERES
DEREITOS:
Exercer funcións de docencia e investigación empregando
os métodos que consideren máis axeitados dentro das
orientacións pedagóxicas, plans e programas aprobados.
A constituír asociacións que teñan por finalidade o
melloramento da ensinanza e o perfeccionamento
profesional de acordo coas normas vixentes.
Intervir en canto afecte á vida, actividade e disciplina do
centro docente a través das canles legalmente
regulamentadas.
Presentar candidatura a Dirección do Centro se é
propietario definitivo e acredita un ano de permanencia no
centro e tres de docencia en centros públicos.
Exercer a xefatura de estudios ou secretaría a proposta do
director.
Ser elector e elixible ó Consello Escolar.
Excedencias segundo o artigo da lei 4/1988 do 26 de maio.
Coordinar calquera Equipo Docente legalmente
constituído.
Redución de horario se exerce funcións de coordinador ata
un máximo de catro horas.
36
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
Dereito a permanecer co seu grupo de alumnos ó longo do
ciclo correspondente.
Dereito de reunión no centro de traballo.
Dereito de folga sempre e cando se respecten os servizos
mínimos legalmente establecidos.
Dereito á libre afiliación sindical.
37
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
DEBERES:
Asistencia a clase durante a totalidade do curso escolar (1
de setembro a 30 de xuño).
Pertenza e asistencia a Claustros e xuntanzas dos equipos
docentes ós que pertenza.
Asistencia ó Consello Escolar se é membro de feito deste
órgano. As horas de asistencia ó Consello Escolar serán
computadas dentro do horario de obrigada permanencia no
Centro (30 horas semanais).
De pertenza á Comisión Pedagóxica do Centro se é
Coordinador.
De exercer a coordinación, se fora elixido, dos diferentes
equipos docentes.
Exercer a función de xuíz instrutor se fose designado para
este cometido polo Consello Escolar.
profesorado esperará ós seus alumnos á porta das
diferentes aulas para evitar altercados nas aulas (agás o
profesorado de garda).
Non se sairá antes de soar o timbre.
Face-las gardas que lle sexan encomendadas pola Xefatura
de estudios, que estarán expostas na sala de profesores.
Atender ós alumnos ó longo do horario escolar.
38
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
LICENZAS E PERMISOS
LICENZAS: Orde do 7/04/2008
1. Matrimonio. 15 días naturais ininterrompidos.
2. Asuntos propios. 3 meses cada dous anos.
3. Enfermidade. Según lexislación MUFACE ou Seguridade Social.
4. Estudos. Según convocatoria.
OUTROS:
1. Redución xornada garda legal menor 12 anos, discapacitado ou
maior. 1/3 ou ½.
2. Redución de xornada por coidado dun familiar 1º grado. 50%
retribuído, prazo máximo dun mes prorrogable ata dous meses.
3. Redución de xornada por violencia de xénero. Con diminución
proporcional de retribución.
4. Imprevistos. Imprevistos ou enfermidades non superiores a tres
días, at un máximo de 24 períodos lectivos por curso.
PERMISOS: Orde do 7/04/2008
1. Falecemento, accidente ou enfermidade grave dun familiar de
primeiro grao de consanguinidade ou afinidade tres días hábiles na
mesma localidade e cinco noutra localidade respectivamente.
39
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
Cando o suceso é por un familiar de segundo grao, o permiso será
de dous ou catro días hábiles, segundo sexa na mesma localidade
ou distinta.
2. Por traslado de domicilio sen cambio de residencia 1- 2 días
segundo sexa na mesma localidade ou distinta.
3. Realización de funcións sindicais, formación sindical ou
representación do persoal. Termos legais.
4. Concorrencia a exames finais e demais probas definidas de aptitude
e avaliación en centros oficiais, durante os días da súa celebración.
5. Por un fillo menor de doce meses. 4 semanas. Orde 29/03/06
6. Nacemento fillos hospitalizados. Dúas horas diarias.
7. Exames prenatais e preparación ao parto. Xustificar a necesidade
de ser en horas de traballo.
8. Tratamentos fecundación asistida. Tempo necesario sempre que se
faga en centro do Sistema Nacional de Saúde. Si é fora da provincia
dous días.
9. Accidentes ou enfermidade moi grave de cónxuxe, familiar en 1º
grado ou conviventes dependentes. 30 días como máximo.
10. Revisións médicas propias ou cónxuxe e fillos. O tempo necesario.
11. Deber inescusable. Tempo indispensable.
12. Asuntos persoais. 4 días ao ano.
13. Parto. 16 semanas ou 18 en caso de fillos discapacitados ou parto
múltiple.
14. Adopción. 16 semanas ou 18 en caso de fillos discapacitados ou
acollemento múltiple.
40
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
15. Paternidade. 29 días a partir da data de nacemento.
16. Razón de violencia de xénero. Servizos sociais.
17. Actividades de formación.
41
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
TITORÍAS
En Educación Infantil e Primaria exercerá a acción titorial cada profesor
co grupo de alumnos adscrito á súa unidade. Procurarase asignar a titoría
ós profesores que teñan maior número de horas de docencia co grupo de
alumnos.
FUNCIÓN DAS TITORÍAS
Proporcionar no principio de curso, ós alumnos e ós pais,
información documental referente o calendario, horario,
horas de titoría, actividades extraescolares, etc...
Coñece-las características persoais de cada alumno a
través da análise do seu expediente persoal e dunha
avaliación inicial..
Coñece-los aspectos da situación familiar e escolar que
repercuten no rendemento académico de cada alumno.
Efectuar un seguimento para detectar dificultades e
necesidades especiais, co obxecto de busca-las respostas
adecuadas.
Coordina-las adaptacións curriculares para alumnos do seu
grupo.
Informa-lo equipo de profesores do grupo de alumnos das
características daqueles casos que presenten problemas
específicos.
42
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
Coordina-lo proceso de avaliación dos alumnos do seu
grupo e adapta-la decisión que proceda referente á
promoción dos alumnos dun ciclo a outro, logo de
audiencia dos seus pais ou titores.
Atender, xunto co resto do profesorado, os alumnos
mentres estes permanecen no centro.
Colaborar co equipo de Orientación nos termos que
estableza o mesmo e a Xefatura de Estudios.
Facilita-la cooperación educativa entre os profesores e os
pais dos alumnos.
Cubri-los documentos oficiais relativos ó seu grupo de
alumnos.
Controla-la falta de asistencia ou puntualidade dos
alumnos, e ter informados ós pais e ó Xefe de Estudios.
43
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
ATENCIÓN AOS PAIS/NAIS
Deberá fixarse na programación xeral do centro unha hora
semanal para atención ós pais, dentro do horario non
lectivo de obrigada permanencia no centro.
Programaranse, igualmente, reunións globais cos pais, por
titorías ou ciclos ao principio e remate de curso,
encamiñadas a expoñe-las liñas xerais do plan de traballo,
criterios de avaliación e recuperación e orientacións xerais
así como á súa avaliación ao final.
Deberá ter lugar antes do mes de Novembro a inicial e nos
mes de xuño a final.
44
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
SUBSTITUCIÓNS
A substitución por falta dun profesor enténdese como unha cuestión
puntual e imprevista (indisposicións, enfermidade curta, imprevisto
familiar, exames, etc...).
As substitucións serán realizadas por aqueles profesores que no seu
horario teñan asignadas horas para este mester.
No caso de substitucións por saídas en actividades
complementarias, os profesores que fagan substitucións serán
aqueles que queden sen actividade lectiva por causa da saída.
En caso de non haber persoal suficiente, e de forma ocasional se
terían que xuntar varias aulas.
Si algún alumno non asiste a unha actividade complementaria,
quedaría integrado nunha aula do mesmo nivel, ciclo ou o máis
próximo.
Tódolos días á primeira hora a Xefatura de Estudios poñerá na
pizarra de novas o parte das substitucións dese día.
45
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
FALTAS DE ASISTENCIA
As faltas de asistencia do profesorado e a súa xustificación
axustaranse ó regulado pola lexislación vixente. En todo caso, e
sempre que fose posible, notificaranse á Dirección cun mínimo de
dous días de antelación para poder organizar mellor a súa
substitución. O profesorado debe deixar traballo para a clase.
No caso de faltas de asistencia imprevistas, comunicarase por
teléfono o máis axiña posible á Dirección do Centro.
parte de faltas de asistencia que se envía á Inspección será exposto
mensualmente no taboleiro da sala de profesores.
46
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
ALUMNADO
Respectando o disposto no Real Decreto 732/1995 o Regulamento de Réxime Interior do
centro desenrola, concreta e adapta os dereitos declarados ás especiais condicións do centro, ó
seu proxecto educativo e as necesidades propias da idade.
O Director do centro é o órgano competente para a resolución dos
conflitos e a imposición de sancións en materia de disciplina dos alumnos.
Constituirase unha Comisión de convivencia, composta por profesores e
pais e que será presidida polo Director.
O Consello Escolar terá a atribución de coñecer a resolución dos
conflitos disciplinarios e a imposición de sancións e velar porque estas se
ateñan á normativa vixente.
47
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
DEREITOS DOS ALUMNOS
Os alumnos teñen dereito a recibir unha formación que
asegure o pleno desenvolvemento da súa personalidade.
Os alumnos teñen dereito á non discriminación por razón
de nacemento; raza; sexo; capacidade económica; nivel
social; conviccións políticas, morais ou relixiosas, así como
por discapacidades físicas, sensoriais e psíquicas, o
calquera outra condición ou circunstancia persoal ou
social.
Os alumnos teñen dereito a que se respecte a súa
integridade física e moral e a súa dignidade persoal, non
podendo ser obxecto, en ningún caso de tratos vexatorios
ou degradantes ou que supoñan menosprezo da súa
integridade física ou moral ou da súa dignidade.
Os alumnos teñen o dereito a que o seu rendemento
escolar sexa avaliado con plena obxectividade.
Tódolos alumnos teñen dereito a recibir orientación
escolar para conseguir o máximo desenvolvemento persoal
e social, segundo súas capacidades e intereses. De forma
especial coidarase a orientación escolar dos alumnos con
discapacidades físicas, sensoriais e psíquicas, ou con
carencias sociais ou culturais
48
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
Tódolos/as alumnos/as teñen dereito a que a súa actividade
académica se desenvolva nas debidas condicións de
seguridade e hixiene.
Os alumnos teñen dereito a que se respecte súa liberdade
de conciencia, súas conviccións relixiosas, morais ou
ideolóxicas, así como a súa intimidade no que respecta a
tais crenzas.
Os centros teñen a obriga a gardar reserva sobre toda
aquela información da que dispoña acerca das
circunstancias persoais e familiares do alumno.
Nembargante os centros comunicarán á autoridade
competente as circunstancias que poidan implicar malos
tratos para o alumno ou calquera outro incumprimento dos
deberes establecidos pola lei.
Os alumnos teñen dereito a recibir as axudas precisas para
compensar posibles carencias de tipo familiar, económico e
sociocultural, de forma que se promova o seu dereito de
acceso ós distintos niveis educativos.
Os alumnos teñen dereito a utiliza-las instalacións do
centro coas limitacións derivadas da programación de
actividades escolares e extraescolares, coas precaucións
necesarias en relación coa seguridade das persoas, sempre
baixo a responsabilidade dun adulto e permiso da
Dirección.
49
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
Os alumnos teñen o dereito a participar, en calidade de
voluntarios, nas actividades do centro.
Os centros manterán relación con outros servizos públicos
para atender as necesidades de tódolos alumnos e
especialmente os desfavorecidos sociocultural e
economicamente.
En caso de accidente ou de enfermidade prolongada, os
alumnos terán dereito á axuda precisa, para que non
supoña detrimento do seu rendemento escolar.
Cando non se respecten os dereitos dos alumnos, ou cando
calquera membro da comunidade educativa impida o
efectivo exercicio de ditos dereitos, o órgano competente
do centro adoptará as medidas que procedan segundo a
lexislación, previa audiencia dos interesados.
50
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
DEBERES DOS ALUMNOS
1) O estudio constitúe un deber básico.
Este deber compre as seguintes obrigas:
a) Asistir á clase e participar nas actividades orientadas ó
desenvolvemento dos plans de estudio.
b) Respectar e cumpri-los horarios aprobados para o
desenvolvemento das actividades no centro.
c) Seguir as orientacións do profesorado respecto da súa
aprendizaxe.
d) Respectar o exercicio do dereito ó estudio dos seus
compañeiros.
e) O alumnado ten que traer o material necesario para
tódalas materias.
2) O respecto ás normas de convivencia dentro do Centro Docente.
Este deber concrétase nas seguintes obrigas:
a) Respectar a liberdade de conciencia, conviccións
relixiosas e morais de todos os membros da comunidade
educativa.
51
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
b) Non discriminar a ningún membro da comunidade
educativa por razón de nacemento, raza, sexo ou calquera
outra circunstancia persoal ou social.
c) Respectar e utilizar correctamente os bens mobles e
instalacións do Centro.
d) Respectar a integridade física e moral dos membros da
comunidade educativa tanto no centro como nas
actividades e aínda as realizadas fora do recinto escolar se
están relacionadas coa vida escolar e afecten ós membros
da mesma.
e) Participar na vida e funcionamento do Centro.
52
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
FALTAS E SANCIÓNS
FALTAS:
← As faltas poden ser : leves, graves e moi graves.
Son faltas leves:
a) As faltas inxustificadas de puntualidade.
b) As faltas inxustificadas de asistencia a clase.
c) O deterioro non grave, causado intencionadamente, das
dependencias do centro, do material deste, ou dos obxectos e
pertenzas doutros membros da comunidade educativa.
d) Calquera acto que perturbe levemente o normal desenvolvemento
das actividades do Centro.
e) Actos de incorrección ou desconsideración ós membros da
Comunidade Educativa.
Son faltas graves:
a) Os actos de indisciplina, inxuria ou ofensas graves contra os
membros da comunidade.
b) A suplantación da personalidade nos actos da vida docente, e a
falsificación ou subtracción de documentos académicos.
53
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
c) Causar por uso indebido danos graves nos locais, material ou
documentos do Centro.
d) Os actos que perturben gravemente o normal desenvolvemento
das actividades do Centro.
e) A reiterada e sistemática comisión de faltas leves nun mesmo
curso académico.
g) Subtracción de obxectos persoais de membros da Comunidade
educativa.
Son faltas moi graves:
a) Actos de indisciplina, inxuria ou ofensas moi graves contra os
membros da Comunidade educativa.
b) A agresión física ou moral grave contra os demais membros da
Comunidade educativa.
c) A comisión de tres faltas graves nun mesmo curso académico.
d) Incumprimento das sancións impostas.
SANCIÓNS:
1) Por faltas leves:
a) Amoestación privada. (Profesor)
54
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
b) Amoestación por escrito, da que conservará constancia o
Xefe de Estudios e que será comunicada ós pais. (Profesor
e titor)
c) Realización de tarefas que contribúan á mellora e
desenvolvemento das actividades no Centro. (Titor e Xefe
de Estudios)
d) Suspensión do dereito a participar nas actividades
extraescolares ou complementarias do Centro, por un
período dun mes. (Xefe de Estudios e Director)
e) Privación do dereito de asistencia ó Centro ou a
determinadas clases por un período non superior a tres
días. Durante este tempo o alumno deberá realizar os
deberes e traballos que se determinen. (Director)
f) Cambio de grupo por un prazo dunha semana. (Xefe de
Estudios e Director)
2) Por faltas graves ou moi graves:
a) Apercibimento que constará no expediente individual do
alumno no caso de continuas faltas inxustificadas de
asistencia, no que se incluirá un informe detallado do
profesor da materia, do titor e do Xefe de Estudios sobre
dita actitude. (Comisión de convivencia))
55
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
b) Realización de tarefas que contribúan á reparación ou
reposición dos danos materiais causados, se procede, ou á
mellora e desenvolvemento das actividades do Centro.
Estas tarefas deberán realizarse en horario de lecer por un
período que non poderá exceder a unha semana. (Comisión
de convivencia)
c) Suspensión do dereito a participar nas actividades
extraescolares e complementarias do centro, por un
período dun trimestre. (Director e expediente)
d) Cambio de grupo. (Director e expediente)
e) Suspensión do dereito de asistencia a determinadas
clases, por un período maior de cinco días e menor de dúas
semanas. (Director e expediente)
f) Suspensión do dereito de asistencia ó Centro, por un
período superior a tres días lectivos e inferior a un mes.
(Director e expediente)
g) Cambio de centro. (Director e expediente)
h) Nos casos de danos por neglixencia nas instalacións do
centro, material ou subtracción de bens, os pais ou titores
legais dos alumnos serán responsables civís.
56
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
GARANTÍAS
1. Ningún alumno poderá ser privado do exercicio do seu dereito á
educación, nin do seu dereito é escolarización.
2. Non poderán impoñerse sancións contrarias á integridade física e á
dignidade persoal do alumno.
3. Os actos que non acaden a consideración de falta leve serán
corrixidos polo correspondente profesor e, no seu caso, polo titor do
curso.
4. As faltas leves serán sancionadas polo profesor correspondente ou
polo titor se a natureza de aquela así o esixe.
5. A comisión de faltas graves e moi graves serán sancionadas polo
Director do Centro, que poderá decidir a non incoación do
expediente cando concorran circunstancias que así o aconsellen.
6. Non poderán impoñerse sancións por faltas graves ou moi graves
sen a previa instrución dun expediente.
7. A instrución do expediente levarase a cabo por un instrutor
designado polo Consello Escolar do Centro. O instrutor poderá ser
un membro da comunidade educativa.
8. A instrución do expediente deberá acordarse no menor prazo
posible, en todo caso non superior ós dez días, desde que se tivo
coñecemento dos feitos tipificados como faltas sancionables.
9. As faltas prescribirán transcorridos tres meses.
10. O Director terá en conta as circunstancias persoais, familiares ou
sociais do alumno no momento de decidir a resolución ou
57
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
sobresemento do expediente disciplinario, e para os efectos de
graduar a aplicación das sancións que procedan. Para tales efectos,
o Director, poderá solicitar, no seu caso, un informe psico-socio-
familiar.
11. Así mesmo poderá instar ós pais ou titores do alumno ou ás
instancias públicas competentes a que adopten as medidas dirixidas
a modificar as aludidas circunstancias persoais, familiares ou
sociais cando parezan determinantes da conduta do alumno.
12. A resolución do expediente deberá producirse no prazo máximo dun
mes, desde a data de iniciación do mesmo.
13. Cando nas mesmas se impoñan sancións por faltas graves ou moi
graves, as resolucións ás que se refire o apartado anterior poderán
ser obxecto de reclamación diante da Dirección Xeral de Centros
Escolares ou a Delegación Provincial correspondente, no prazo de
quince días contados a partires da notificación ó interesado de dita
resolución.A resolución de ditas reclamacións terá lugar no prazo
de quince días desde a data de presentación das mesmas
58
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
ASISTENCIA A ALUMNOS ACCIDENTADOS
← profesorado terá á súa disposición no ficheiro dos expedientes
copias das tarxetas sanitarias nas que estean inscritos os alumnos.
En caso de accidente dun alumno, porase de inmediato en
coñecemento da familia.
No suposto de que un familiar non puidera facerse cargo
do alumno accidentado ou indisposto ou a urxencia o
requira, acompañará ó alumno -preferentemente a unha
institución sanitaria da Seguridade Social- o seu titor ou
outro mestre do centro, provisto, se procede, da fotocopia
da tarxeta de beneficiario da Seguridade Social.
Cando se trate dun alumno que non sexa beneficiario da
seguridade Social ou non exista un centro dela, acudirase á
institución sanitaria máis próxima.
59
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
FAMILIAS.
Dereitos.
Para facer efectiva a súa participación na vida do Centro os pais, nais ou
representantes
legais poden:
Asociarse e manter contactos co Centro a través da súa asociación.
Solicitar consello sobre a orientación escolar e profesional dos seus
fillos/as.
Aportar suxestións e iniciativas que produzan melloras na
convivencia e na calidade do ensino.
Face-las oportunas reclamacións, a través das vías e
procedementos legalmente establecidos.
Esixir que se cumpra correctamente a acción titorial.
Esixir que se atendan tódolos dereitos do alumnado.
Deberes.
Os pais, nais ou representantes legais dos alumnos e alumnas teñen
pleno dereito a participaren na vida do Centro. Para exercer este
dereito deben:
Coñecer e cumpri-lo Regulamento de Réxime Interior.
Mante-los contactos necesarios co titor/a para seren informados e
colaborar no proceso de aprendizaxe dos seus fillos/as.
Cooperar co Centro para as actividades nas que sexan requiridos.
Colaborar co profesorado atendendo as súas orientacións para
mellora-lo proceso educativo dos seus fillos/as.
Participar na actividade do Centro a través do Consello Escolar.
60
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
61
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
Orientacións ás familias:
As familias deben colaborar co colexio na educación dos alumnos:
Velando pola regularidade e puntualidade na asistencia a clase, ou
a calquera acto escolar previamente anunciado.
Velando pola limpeza e aseo dos seus fillos cando acudan ó centro.
Procurando que os seus fillos acudan co material necesario para
realiza-las tarefas escolares.
Tomando co maior interese as orientacións ou consellos que o
profesorado ofreza sobre os seus fillos, así como as cualificacións
sobre o seu aproveitamento e conduta que figuran nos seus boletíns
de notas que recibirán ó remate de cada avaliación.
62
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
OUTROS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA.
Normas xerais.
O persoal non docente participa na vida do Centro a través dos seus
representantes no Consello Escolar. Ademais, o persoal non docente
protagoniza xunto co profesorado, alumnado e familias a actividade
educativa e, aínda que con distintas funcións, participa de xeito
semellante no proceso educativo.
Como norma xeral deben:
Ser respectados no exercicio das súas funcións.
Formular diante dos órganos de goberno do colexio as suxestións,
queixas ou peticións que estimen oportunas.
Solicitar información de todo o funcionamento do centro en relación
co seu labor.
Tratar con respecto a tódolos membros da comunidade educativa.
Gardar discreción sobre as deliberacións e a problemática interna
do centro.
Poñer en coñecemento da Dirección todo canto poida significar
algunha mellora, así como sobre o comportamento irregular do
alumnado.
Cumpri-las normas e funcións asignadas..
63
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
CONSERXE.
Segundo as instrucións sobre as tarefas e funcións básicas que debe
realiza-lo conserxe, consideramos que:
1.- A dependencia e relación laboral é exclusivamente co Concello.
2.- O conserxe recibirá do Director do Centro as instrucións sobre os
cometidos necesarios para o funcionamento do centro.
3.- O horario para presta-los servizos acomodarase ó que teña establecido
o Centro a as súas necesidades.
4.- Respecto ós traballos a realizar, relaciónanse os seguintes, sen
prexuízo de calesquera
outros similares ou que se lles poidan encomendar, propios da función
subalterna:
a) Apertura das portas e accesos principais do Colexio, antes do comezo e
despois do
remate da actividade escolar, respectivamente.
b) Conexión e desconexión do sistema de alarma, de existir.
d) Control do pechado das ventás e persianas, no momento do peche do
Centro.
e) Acendido e apagado do sistema de calefacción.
f) Recollida e reparto de correspondencia, ben dentro do propio Centro
ou ben dende
a oficina de correos máis próxima.
g) Recollida e reparto de documentos e material escolar entre as diversas
dependencias
do Colexio.
64
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
h) Realizar, dentro das instalacións do Centro, os traslados de mobiliario
que sexan
precisos.
l) Realiza-las fotocopias, encadernacións e traballos similares que sexan
necesarios para
a actividade escolar, e mantemento non técnico das máquinas (reposición
de papel, do tóner,
etc.).
m) Custodia das chaves das diversas dependencias e instalacións do
Centro.
n) Atención de chamadas telefónicas que reciba o Colexio.
o) Vixilancia e custodia das instalacións, mobiliario e maquinaria, tanto
interiores como
exteriores, controlando a entrada no Centro de persoas alleas ó mesmo.
65
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
LIMPADOR/AS.
Respecto ós traballos a realizar, relaciónanse os seguintes, sen prexuízo
de calesquera
outros similares ou que se lles poidan encomendar, propios da función de
limpeza:
Diariamente:
Fregado, limpeza e desinfección dos aseos, tanto dos inodoros,
lavabos e duchas
coma do chan e paredes.
Limpeza do chan das aulas e corredores, así coma das oficinas de
máis utilización,
mediante varrido e/ou fregado segundo proceda.
Vaciado de papeleiras.
Traslado ós contedores dos restos procedentes das tarefas
anteriores.
Reposición de artigos de aseo (papel hixiénico, xabón, toallas e
similares).
Semanalmente:
Limpeza, mediante varrido e/ou fregado, segundo proceda, das
dependencias que non se limparon durante os días anteriores e que
o seu estado recomende facelo.
Limpeza do po depositado en mesas, cadeiras, estanterías,
lámpadas e outro mobiliario.
Durante os períodos vacacionais (Nadal, Semana Santa e verán),
aproveitando a inactividade escolar, procederase á limpeza de aqueles
66
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
espazos que non foron atendidos anteriormente, particularmente os
cristais e as persianas, tanto polo interior coma polo exterior
(neste caso sempre e cando sexa posible, evitando en todo momento os
posibles riscos).
67
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
TRANSPORTE
Aproximadamente o 85% do alumnado utiliza transporte escolar, organizado en cinco rutas e contando con servizo de seis autobuses, cada un deles con número identificativo de ruta; catro destas son compartidas con alumnos/as de ESO do IES Lamas de Abade, en horario de entrada.
O servizo de transporte escolar funciona polas tardes para os alumnos de actividades.
Fóra do recinto escolar, existe unha ampla zona sinalizada e reservada para o transporte escolar e aparcamento de coches. O estacionamento de coches non dificultará en ningún caso o acceso ó recinto escolar.
Coa finalidade de lograr un mellor funcionamento deste servizo, organizarase do seguinte xeito:
Distribución do espazo mediante pintado da explanada para circulación e aparcamento destinado a cada autobús, con asignación de sitio fixo segundo o nº de cada ruta.
Vixianza directa e control –equipo directivo- durante as saídas e acceso ó transporte.
A baixada dos alumnos/as transportados farase xunto ó portal de entrada.
Os nenos/as de E. Infantil que utilizan transporte escolar, son recollidos na entrada principal por o/a acompañante de cada autobús.
Nos autobuses –transporte escolar, actividades extraescolares e saídas a actividades complementarias- os alumnos/as teñen que ir sentados. Se aparecese algún obxecto estraño, advertiránllelo ó condutor ou á/ó acompañante sen tocalo nin manipulalo.
Durante o traxecto o alumnado acatarán as indicacións do/a acompañante.
68
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
Os vehículos particulares respectarán as normas e organización establecidas para o funcionamento do transporte escolar.
Garantirase a seguridade dos escolares extremando as medidas, polo que se prohibirá o movemento de automóbiles mentres non estea rematada a saída dos escolares.
Ás empresas adxudicatarias do transporte escolar esixiráselle o cumprimento das normas establecidas que sexan da nosa competencia; as demais serán comunicadas ó servizo de transporte da Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para os efectos oportunos.
COMEDOR
O servizo de comedor está xestionado pola ANPA, desprazándose os nenos ao IES Compostela de outubro a maio. En setembro e xuño comen nas instalacións do centro.Os nenos son recollidos pola encargada de comedor e atendidos de 14 h. a 16,30 h. polos monitores necesarios segundo o número de usuarios.No período anterior e posterior á comida, na que permanecen no centro, usarán as instalacións de forma responsable.Notificarán á Dirección de calquera incidente.O Consello Escolar será supervisor deste servizo.
69
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
ANPA
A Asociación de pais e nais ten os seguintes dereitos: Elevarlle propostas ó consello escolar para a elaboración do
proxecto educativo e ó equipo directivo para a elaboración da programación xeral anual.
Informar ao consello escolar daqueles aspectos da marcha do centro que consideren oportuno.
Recibir información, a través dos seus representantes no consello escolar, sobre os temas tratados nel.
Elaborar informes para o consello escolar a iniciativa propia ou a petición deste.
Elaborar propostas de modificación do Regulamento de réxime interior.
Formular propostas para a realización de actividades complementarias e extraescolares que, unha vez aceptadas, deberán figurar na programación xeral anual.
Coñece-los resultados académicos referidos ó centro e a valoración que deles realice o consello escolar.
Recibir un exemplar da programación xeral anual, do proxecto educativo, dos proxectos curriculares de etapa e das súas modificacións.
Recibir información sobre os libros de texto e os materiais didácticos adoptados polo centro.
Fomenta-la colaboración entre tódolos membros da comunidade educativa.
Facer uso das instalacións do centro nos termos que estableza o consello escolar de acordo coa lexislación vixente.
Organizar actividades, respectando a liña educativa, sempre en coordinación co Centro e baixo a supervisión do Consello Escolar.
O funcionamento das actividades organizadas pola ANPA será supervisado polo consello escolar. A dirección do centro deberá ser informada puntualmente de calquera incidencia.
70
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
Os monitores das actividades teñen a obriga de comunicar calquera incidente ao profesor/a que estea de garda pola tarde, tomando este as mediadas que considere oportunas como responsable directo.Os monitores non tomarán ningunha medida que afecte ao alumnado sen o consenso co Centro.
71
Regulamento de Réxime InternoCEIP Lamas de Abade
REVISIÓN E DIVULGACIÓN DO R.R.I.
A reforma total ou parcial deste Regulamento realizarase polo Consello Escolar por maioría de dous terzos dos seus membros, oídos o Claustro, Asociacións de Pais e Nais e Alumnado.
Terán copia cada un dos membros do Claustro, presidente/a da ANPA e representante do Concello. Será efectivo unha vez sexa aprobado polo Consello Escolar do Centro.
72
Top Related