1
ESTRUTURA E FORMACIÓN DE PALABRAS (Tema 3)
A PALABRA. ESTRUTURA INTERNA
LEXEMA ou
Radical (Significado léxico)
Lexemas independentes: constituén palabras por si sós: avión, pan, coche...
Lexemas dependentes: precisan doutros monemas para formar unha palabra: nen-
MORFEMA
(Significado
gramatical ou doutro
tipo: lugar, acción...)
Morfemas independentes: constitúen palabra por si mesmos. Serven para relacionar ou presentar
outras unidades lingüísticas. Son os determinantes, as preposicións e as consuncións: para, por...
Morfemas
dependentes:
únense a un lexema
para completar e/ou
modificar o seu
significado.
Morfemas
derivativos ou
afixos.
Engádense ao
lexema para
formar novas
palabras ou para
aportar novos
valores de
significado.
Poden ser:
Prefixos: van colocados diante do lexema: com-poñer. Algúns prefixos teñen idéntica forma a outras palabras independentes: sobre, contra... Crean palabras novas que pertencen á mesma categoría gramatical da palabra
base (ex.: verbo-verbo: poñer-compoñer) A maioría proceden do latín e do grego.
Infixos: van no interior da palabra, entre o lexema e os
sufixos: carn-ic-eir-o, café-t-ería, durmi-ñ-ón. O máis habitual é o –c- que se coloca ante o sufixo –iño cando o lexema
remata en sílaba tónica con –n final: irmanciño; ou en vocal tónica ou ditongo: peciño (ou peíño)
Sufixos: van
despois do
lexema:
mobl-ería, ol-
eir-o
Sufixos alterativos:
Non modifican a categoría gramatical da
palabra (subs/subst: casa/casiña)
Segundo o seu significado poden ser:
Diminutivos; casiña, soutelo.
Aumentativos: homazo, tristón.
Despectivos: cuartucho, xentuza.
Sufixos derivativos: Crean palabras novas
con entrada no diccionario.
Poden cambiar a categoría gramatical da
palabra: leda/ledamente (adx/adv).
Segundo o seu significado poden ser:
Colectivos (alumnado), locativos (piñeiral),
xentilicios (ourensán), temporais
(alborada), de acción (mazadura),
caracterizadores (teimudo), profesionais
(florista), abstractos (beleza)…
Morfemas flexivos ou desinencias: expresan categorías gramaticais:
-xénero e número nos substantivos.: nen-o, nen-a-s
-tempo, modo, número, persoa, aspecto, voz nos verbos:
Serven para establecer a concordancia entre os distintos elementos da oración.
CLASES DE PALABRAS
Simples Conteñen un só lexema (independente, ou dependente máis morfemas flexivos) ou un
morfema independente.
-Un lexema independente: luns, tese...
-Un lexema dependente máis morfemas flexivos: nenos
-Un morfema independente: de, por.
Compostas Constan de dous lexemas, con ou sen morfemas flexivos: afialapis, sapoconcho.
Ou dous morfemas independentes: esoutro.
Derivadas Teñen un lexema e un ou varios morfemas derivativos, podendo tamén presentar morfemas
flexivos: porteiro, recrear, xornalista, ameixeira...
Parasintéticas Dous lexemas e morfemas derivativos, é dicir, composición e derivación á vez: botafumeiro.
Ou derivación con prefixo+lexema+fusifxo: descampado, entrkstecer... (sempre que ao
prescindir de calquera dos dous afixos non resulte unha palabra existente no idioma:
*entriste, *tecer)
2
PROCEDEMENTOS DE FORMACIÓN DE PALABRAS
a) COMPOSICIÓN. Unión de dous ou máis lexemas que existen independemente na lingua.
COMPOSTOS ORTOGRÁFICOS. Fusión de dous elementos nunha palabra: beiramar,
fincapé, abrelatas, cabodano, lobishome, augardente, paporroibo, rañaceos.
COMPOSTOS SINTAGMÁTICOS. Un único significado pero dous elementos que se
forman por tres procedementos:
o Disfunción: porco bravo, porco teixo, peixe sapo, chave inglesa.
o Sinapsis (con preposición) estrela de mar, pano da cabeza, cadeira de brazos, arco
da vella, mando a distancia.
o Contraposición: astur-leonés, árabe-israelí.
b) DERIVACIÓN. Engadir un prefixo ou sufixo a un lexema.
Derivación prefixal: monolingüe
Derivación sufixal: libreiro (VER)
c) PARASÍNTESE. 2 posibilidades:
Adición simultánea de prefixo e sufixo a un lexema (non existindo polo tanto a palabra con
prefixo ou con sufixo): abotoar (non existe *abotón nin *botoar), entristecer, embarcar
(em-barc-ar)
Derivada dunha composta: augardenteiro, misacantano.
d) ABREVIACIÓN. Creación de palabras novas mediante distintos procedementos de
abreviación.:
Acurtamento. Adoitan ser apócopes: tele (televisión), moto (motocicleta), foto (fotografía), super
(supermercado)
Siglas: Formacións léxicas que fan referencia a sociedades, organismos, empresas… Fórmase coa
unión das letras iniciais da denominación: UE, ESO, DOG, ONU. Escríbense en maiúscula e sen
punto despois de cada inicial: DOG, RAG. En ocasións, fórmanse, a partir de siglas, verdadeiras
palabras que figuran como tales nos dicionarios, engadindo as vogais necesarias para a súa
pronunciación: elepé <LP (long play)
Siglas lexicalizadas: ovni, sida
Acrónimos: Voz formada pola combinación de letras ou sílabas de varias palabras e que polo
xeral ten entrada nos dicionarios como unha palabra.
Láser: light amplification by stimulated emission of radiation, Autobús< automóbil ómnibus,
Motel < motor hotel, Informatica< Información automática
Interpol < international police
e) ONOMATOPEAS. Conversión dun son natural nunha palabra: quiquiriquí, tictac… ruxido,
3
FORMACIÓN DE PALABRAS – DERIVACIÓN- SUFIXOS
I. SUFIXOS ALTERATIVOS OU APRECIATIVOS: Modifican o significado do lexema base sen
chegar a crear palabras novas, polo que xeralmente non teñen entrada independente nos dicionarios.
Tampouco modifican a categoría gramatical da palabra neno (subst) – nenito (subst.)
Segundo o seu significado poden ser:
Diminutivos: -iño/-iña (rapaciña, amiguiño), -echo/-echa (pequecha), -ete/-eta (mocete,
rapaceta)
Aumentativos: -azo/-aza (cochazo, tosaza), -ón/-ona (patadón)
Despectivos: -acho/-acha (ricacho), -astro/-astra (camastro, poetastro), -exo/-exa (lugarexo), -
ucho/-ucha (casucha, leirucho)
II. SUFIXOS DERIVATIVOS: Modifican o significado do lexema base e crean palabras novas con
entradas léxicas independentes no dicionario. Poden, ademais, cambiar a categoría gramatical da
palabra á que se engaden: xente (subst.) – xentil (adx.), bico (subst) – bicar (verb.)
PALABRAS DERIVADAS
Segundo a clase de palabra que forman:
Derivación substantiva –DS-
Dá lugar a substantivos a partir de
substantivos, adxectivos ou verbos
-ado, -aría,
-eiro/-eira, -eza,
-mento
alumnado, libraría, gaiteiro, beleza,
adiantamento
Derivación adxectiva –DA-
Dá lugar a adxectivos a partir de
adxectivos, substantivos ou verbos
-al, -ento,
-ico/-ica, -ista,
-oso/-osa
coloquial, cheirento, metálico,
belicista, ruidoso,
Derivación verbal –DV-
Dá lugar a verbos a partir de verbos,
substantivos ou adxectivos
-ar, -ear, -exar,
-ficar, -izar
baleirar, corear, pestanexar, certificar,
galeguizar
Derivación adverbial –Dadv-
Dá lugar a adverbios a partir da
forma feminina de adxectivos.
-mente malo-malamente, estupendo-
estupendamente
Segundo a palabra base da que parten:
Palabra base Derivado Exemplos
Substantivo DV: verbo Rumor-rumorear, Alcohol-alcoholizar, Clase-clasificar
DA: Adxectivo Rumor-rumoroso, Clase-clásico
DS: Substantivo Cu-cuada
Adxectivo DS:Substantivo Claro-claridade, agudo-agudeza
DV: Verbo Claro-clarificar, agudo-agudizar
DA: Adxectivo Gris-agrisado
DAdv: Adverbio Claro-claramente, agudo-agudamente
Verbo DS:Substantivo Pasar-pasamento, excitar-excitación, ladrar-ladrido
DA: Adxectivo Pasar-pasable, excitar-excitante.
DV: Verbo Chorar-choromicar
4
Segundo o seu significado, diferenciamos: colectivos, locativos, temporais, profesionais....
Significado Principais
sufixos
Exemplos:
Colectivos Engaden ao lexema idea de
conxunto, acumulación, abundancia
ou multitude.
Tamén: lugar de cultivo ou no que
abundan plantas
-al, -eira, -ado/-
ada,
-edo/-eda, -ame,
-axe,
-menta
alumnado, follaxe, toxeira,
areal, armamento,
dentame, osamenta,
piñeiral...
Locativos Indican lugar ou espazo
Tamén lugar ou recipiente onde se
garda algo (billeteira)
Lugar onde se realiza unha
actividade (lavandaría)
-aría, -ario, -ado,
-dor,
-doiro, -ía
apeadeiro, panadaría,
ancoradoiro, papelaría,
balneario, internado,
recibidor
Billeteira, azucreiro
Temporais Indican o tempo que dura algo.
Tamén: época propicia para realizar
unha acción. Ou propio ou
característico dunha época.
-eiro/-eira,
-ado/-ada, -ato
reinado, bacharelato,
sementeira, noivado
Caracterizadores Forman sobre todo adxectivos e
indican unha calidade ou
característica
-ado/-ada,-ante
-an/-ana(-á),
-dizo/diza,
-eiro/-eira,
-oso/-osa,
-ento/-enta,
-udo/-uda
Cabezudo, abusón,
folgazán, festeiro,
cheirento, barbudo,
trapalleiro, cobizoso,
apaixonado, charlatán
Profesionais Indican cargo, profesión ou título…
ou tamén función, organismo ou
clase.
-eiro-/eira, -dor/-
dora, -ado/-ada,
-ario/-aria,
-án/-á, -ante,
-ista
Bibliotecario, inventora,
artista, cantante, avogado,
debuxante, bombeiro
De acción Indican acción ou efecto dun verbo
Ou persoa que realiza a acción
-eiro-/eira, ,
-ado/-ada
Atadura, sufrimento,
conversa, malleira,
arrincada
Cantante, amante.
Xentilicios Designan o lugar ou procedencia
dalgún pobo ou persoa
-án/-a, -ao/-á,
-ano/-ana, -eiro/-
eira, -és/-esa,
-ense, íno/-ina,
-ego/-ega
Estradense, ourensán,
courelao, limiao, chairego,
betanceiro, colombiano,
tudense
Abstractos Forman substantivos abstractos a
partir de verbos
e a partir de adxectivos
-ancia, -encia,
-enza, -ción,
-mento, -ura,
-ez, -eza,
-idade, -itude
Abundancia, ensinanza
Beleza, brancura, xustiza,
elegancia, timidez,
5
EXERCICIOS:
1. Clasifica as seguintes palabras en simples, derivadas, compostas ou parasintéticas:
Subterráneo, contradición, inutilmente, imposible, peaxe, microclima, dezaseis, malhumorado,
foraborda, camión, follaxe, antonte, vacaloura, cadeira, desfacer, peixe, gas, aqueloutro,
hipotensión, curtametraxe, lentes, esfameado, reviravolta, botafumeiro,
2. As seguintes palabras son compostos cultos, formados mediante lexemas cultos
grecolatinos. Identifica os seus compoñentes:
Antropoloxía, oftalmólogo, xenofobia, hemeroteca, hipódromo, oleoducto
3. Explica o procedemento de formación das seguintes palabras:
-Automóbil, autómata, autoescola, autovía
-Fotosíntese, fotografía, fotonovela, fotofobia
-Televisión, teleférico, telexornal, telenovela, teleadicto
4. Clasifica estas palabras en derivadas e parasintéticas:
Desalmado, improcedente, desconfianza, esfarrapar, desesperación, avellentar, extraconxugal,
engrandecer, antiinflamatorio, adiar, engordar, anoitecer, embebedar, adiñeirado, abotoar,
desabotoar, extraparlamentario, aloucado, impresionar, aloucado, desobedecer, encarcerar,
imposible, inutilizar, enraizar, ennegrecer, aparvado, deshonrado, involuntario
5. Analiza e clasifica os lexemas e morfemas das seguintes palabras
Barco Alquitareiro
Vertedoiro Carballeira
Inimigos Encarceramento
Enxordecer Desigualdade
Frialdade Fixeran
Xogasen Cantabades
6. Explica o significado dos prefixos destas palabras:
Parámetro, perímetro, posdata, prolongar, endovenoso, apolítico, hipersensible, hipermercado,
encestar, coautor, antebrazo.
7. Clasifica estas palabras segundo teñan sufixos alterativos ou derivativos:
Brillante, mociña, golazo, cullerada, amigote, xentuza, moedeiro, poetastro, malamente, apeadeiro,
casamento, pillabán, vilego, amoroso
8. Forma catro grupos coas seguintes palabras tendo en conta o significado que
nelas ten o sufixo –eiro/-eira:
Limoeiro, carboeira, fontaneiro, amieiro, carniceira, cancioneiro, cabeleira, tecedeira,
oliveira, pereira, mariñeiro, vieiro, leiteiro, romanceiro, cerdeira.
6
9. Identifica os sufixos e indica o seu valor:
Alumnado, cerume, velame, corredor, ollada, emirato, sabichón, vertedoiro, ancoradoiro,
israelí, canadense, atadura, escribán, aterraxe, secretaria.
10. Forma a familia léxica destas palabras: noite, dor, porta, ollo
11. Indica cal é en cada caso o valor do sufixo alterativo:
gripazo, tipexo, costeleta, mantelo, rapaceta, avogaducho, fouciño, camisón, saqueta, foguete,
vellote, caixón.
12. Analiza e clasifica estas palabras segundo o significado dos sufixos:
Melenudo, comedor, toleirán, niñada, escritor, alborada, preguiceiro, vertedoiro, roupaxe,
adiantamento, lembranza, dentadura.
13. Forma palabras derivadas a partir das seguintes mediante a adición de sufixos:
a) Nomes que indiquen lugar: viña, formiga, castiñeiro, cana.
b) Nomes que indiquen acción: bailar, marear, atar, cocer, mirar.
c) Nomes que indiquen colectivo: vestido, poema, profesor.
d) Nomes que indiquen profesión: piano, ferro, xornal, cirurxía, zapato.
e) Nomes que indiquen abstracción: alegre, fermoso, ignorar, fácil, amable.
14. Principais sufixos para formar xentilicios:
-án/-á: arzuán/á, alemán/á -és/-esa: lugués, inglesa
-ense: estradense, canadense -ino/-ina: monfortino, granadina
-ego/ego: limego -ano/-ana: africano, toledana
-eiro/-eira: betanceiro, brasileira -í: israelí
-eño/-eña: gondomareño, panameña -eta: lisboeta
Escribe os xentilicios, masculino e feminino, correspondentes a:
Arousa, Bergantiños, Buño, Caldas de Reis, Castro Caldelas, Cangas, Camariñas, Carnota, Cee,
Celanova, Cervantes, O Courel, A Fonsagrada, A Limia, Malpica, Maside, Melide, Miño, Muros,
O Páramo, Ponteareas, Pontevedra, Ribadeo, Vilalba
15. Clasifica estas palabras segundo se trate de derivación substantiva (DS), derivación
adxectiva (DA) ou derivación verbal (DV). Diferencia tamén a base da que proceden:
base substantiva (BS), base adxectiva (BA), base verbal (BV)
Celibato, escasear, parvada, aclarado, confuso, agrisado, bravío, tolear, berrido, fuxidío,
escorregadizo, xemido, novato, vitalicio, negrura, narrativo, circulatorio,estoupido, grandeiro,
durmiñón, asasinato, pallasada, barbear, adiñeirado, barbado, badalada, cabecear, branquexar,
xustiza, pestanexar, adoecer, sombrío, poético, verdor, exemplificar, altitude, mañoso, ramificar,
atardecer, arbóreo, cutáneo, mandato, zurcido, desfeita, escorregar, cornada, chuviscar, ollada,
electorado, bispado, reinado, untura, cantaruxar.
DS DA DV
BS BA BV BS BA BV BS BA BV
7
DERIVACIÓN
DS
Derivación subtantiva
BASE SUBSTANTIVA: Célibe-celibato, pallaso-pallasada, badal-
badalada, corno-cornada, cabeza-cabezada, ollo-ollada, , elector-
electorado, bispo-bispado, rei-reinado,
BASE ADXECTIVA: parvo-parvada, novo-novato, negro-negrura,
xusto-xustiza, verde-verdor, alto-altitude,
BASE VERBAL: berrar-berrido, xemer-xemido, estoupar-
estoupido, asasinar-asasinato, mandar-mandato, zurcir-zurcido,
desfacer-desfeita, untar-untura.
DA
Derivación adxectiva
BASE SUBSTANTIVA: diñeiro-adiñeirado, barba-barbado,
sombra-sombrío, poesía-poético, maña-mañoso, árbore-arbóreo,
cute-cutáneo
BASE ADXECTIVA: gris-agrisado, bravo-bravío, vital-vitalicio,
grande-grandeiro,
BASE VERBAL: aclarar-aclarado, confundir-confuso, fuxir-
fuxidío, escorregar-escorregadizo, narrar-narrativo, circular-
circulatorio, durmir-durmiñón.
DV
Derivación verbal
BASE SUBSTANTIVA: barba-barbear, cabeza-cabecear, pestana-
pestanexar, exemplo-exemplificar, ramo-ramificar, tarde-atardecer
BASE ADXECTIVA: escaso-escasear, tolo-tolear, branco-
branquexar
BASE VERBAL: doer-adoecer, escorrer-escorregar, chover-
chuviscar, cantar-cantaruxar.
Top Related