Estrutura e formación de palabras (tema 3)

7
1 ESTRUTURA E FORMACIÓN DE PALABRAS (Tema 3) A PALABRA. ESTRUTURA INTERNA LEXEMA ou Radical (Significado léxico) Lexemas independentes: constituén palabras por si sós: avión, pan, coche... Lexemas dependentes: precisan doutros monemas para formar unha palabra: nen- MORFEMA (Significado gramatical ou doutro tipo: lugar, acción...) Morfemas independentes: constitúen palabra por si mesmos. Serven para relacionar ou presentar outras unidades lingüísticas. Son os determinantes, as preposicións e as consuncións: para, por... Morfemas dependentes: únense a un lexema para completar e/ou modificar o seu significado. Morfemas derivativos ou afixos. Engádense ao lexema para formar novas palabras ou para aportar novos valores de significado. Poden ser: Prefixos: van colocados diante do lexema: com -poñer. Algúns prefixos teñen idéntica forma a outras palabras independentes: sobre, contra... Crean palabras novas que pertencen á mesma categoría gramatical da palabra base (ex.: verbo-verbo: poñer-compoñer) A maioría proceden do latín e do grego. Infixos: van no interior da palabra, entre o lexema e os sufixos: carn-ic -eir-o, café-t -ería, durmi-ñ -ón. O máis habitual é o c- que se coloca ante o sufixo iño cando o lexema remata en sílaba tónica con n final: irmanciño; ou en vocal tónica ou ditongo: peciño (ou peíño) Sufixos: van despois do lexema: mobl-ería , ol- eir -o Sufixos alterativos: Non modifican a categoría gramatical da palabra (subs/subst: casa/casiña) Segundo o seu significado poden ser: Diminutivos ; casiña, soutelo. Aumentativos : homazo, tristón. Despectivos : cuartucho, xentuza. Sufixos derivativos: Crean palabras novas con entrada no diccionario. Poden cambiar a categoría gramatical da palabra: leda/ledamente (adx/adv). Segundo o seu significado poden ser: Colectivos (alumnado), locativos (piñeiral), xentilicios (ourensán), temporais (alborada), de acción (mazadura), caracterizadores (teimudo), profesionais (florista), abstractos (beleza)… Morfemas flexivos ou desinencias: expresan categorías gramaticais: -xénero e número nos substantivos.: nen-o, nen-a-s -tempo, modo, número, persoa, aspecto, voz nos verbos: Serven para establecer a concordancia entre os distintos elementos da oración. CLASES DE PALABRAS Simples Conteñen un só lexema (independente, ou dependente máis morfemas flexivos) ou un morfema independente. -Un lexema independente: luns, tese... -Un lexema dependente máis morfemas flexivos: nenos -Un morfema independente: de, por. Compostas Constan de dous lexemas, con ou sen morfemas flexivos: afialapis, sapoconcho. Ou dous morfemas independentes: esoutro. Derivadas Teñen un lexema e un ou varios morfemas derivativos, podendo tamén presentar morfemas flexivos: porteiro, recrear, xornalista, ameixeira... Parasintéticas Dous lexemas e morfemas derivativos, é dicir, composición e derivación á vez: botafumeiro. Ou derivación con prefixo+lexema+fusifxo: descampado, entrkstecer... (sempre que ao prescindir de calquera dos dous afixos non resulte unha palabra existente no idioma: *entriste, *tecer)

Transcript of Estrutura e formación de palabras (tema 3)

Page 1: Estrutura e formación de palabras (tema 3)

1

ESTRUTURA E FORMACIÓN DE PALABRAS (Tema 3)

A PALABRA. ESTRUTURA INTERNA

LEXEMA ou

Radical (Significado léxico)

Lexemas independentes: constituén palabras por si sós: avión, pan, coche...

Lexemas dependentes: precisan doutros monemas para formar unha palabra: nen-

MORFEMA

(Significado

gramatical ou doutro

tipo: lugar, acción...)

Morfemas independentes: constitúen palabra por si mesmos. Serven para relacionar ou presentar

outras unidades lingüísticas. Son os determinantes, as preposicións e as consuncións: para, por...

Morfemas

dependentes:

únense a un lexema

para completar e/ou

modificar o seu

significado.

Morfemas

derivativos ou

afixos.

Engádense ao

lexema para

formar novas

palabras ou para

aportar novos

valores de

significado.

Poden ser:

Prefixos: van colocados diante do lexema: com-poñer. Algúns prefixos teñen idéntica forma a outras palabras independentes: sobre, contra... Crean palabras novas que pertencen á mesma categoría gramatical da palabra

base (ex.: verbo-verbo: poñer-compoñer) A maioría proceden do latín e do grego.

Infixos: van no interior da palabra, entre o lexema e os

sufixos: carn-ic-eir-o, café-t-ería, durmi-ñ-ón. O máis habitual é o –c- que se coloca ante o sufixo –iño cando o lexema

remata en sílaba tónica con –n final: irmanciño; ou en vocal tónica ou ditongo: peciño (ou peíño)

Sufixos: van

despois do

lexema:

mobl-ería, ol-

eir-o

Sufixos alterativos:

Non modifican a categoría gramatical da

palabra (subs/subst: casa/casiña)

Segundo o seu significado poden ser:

Diminutivos; casiña, soutelo.

Aumentativos: homazo, tristón.

Despectivos: cuartucho, xentuza.

Sufixos derivativos: Crean palabras novas

con entrada no diccionario.

Poden cambiar a categoría gramatical da

palabra: leda/ledamente (adx/adv).

Segundo o seu significado poden ser:

Colectivos (alumnado), locativos (piñeiral),

xentilicios (ourensán), temporais

(alborada), de acción (mazadura),

caracterizadores (teimudo), profesionais

(florista), abstractos (beleza)…

Morfemas flexivos ou desinencias: expresan categorías gramaticais:

-xénero e número nos substantivos.: nen-o, nen-a-s

-tempo, modo, número, persoa, aspecto, voz nos verbos:

Serven para establecer a concordancia entre os distintos elementos da oración.

CLASES DE PALABRAS

Simples Conteñen un só lexema (independente, ou dependente máis morfemas flexivos) ou un

morfema independente.

-Un lexema independente: luns, tese...

-Un lexema dependente máis morfemas flexivos: nenos

-Un morfema independente: de, por.

Compostas Constan de dous lexemas, con ou sen morfemas flexivos: afialapis, sapoconcho.

Ou dous morfemas independentes: esoutro.

Derivadas Teñen un lexema e un ou varios morfemas derivativos, podendo tamén presentar morfemas

flexivos: porteiro, recrear, xornalista, ameixeira...

Parasintéticas Dous lexemas e morfemas derivativos, é dicir, composición e derivación á vez: botafumeiro.

Ou derivación con prefixo+lexema+fusifxo: descampado, entrkstecer... (sempre que ao

prescindir de calquera dos dous afixos non resulte unha palabra existente no idioma:

*entriste, *tecer)

Page 2: Estrutura e formación de palabras (tema 3)

2

PROCEDEMENTOS DE FORMACIÓN DE PALABRAS

a) COMPOSICIÓN. Unión de dous ou máis lexemas que existen independemente na lingua.

COMPOSTOS ORTOGRÁFICOS. Fusión de dous elementos nunha palabra: beiramar,

fincapé, abrelatas, cabodano, lobishome, augardente, paporroibo, rañaceos.

COMPOSTOS SINTAGMÁTICOS. Un único significado pero dous elementos que se

forman por tres procedementos:

o Disfunción: porco bravo, porco teixo, peixe sapo, chave inglesa.

o Sinapsis (con preposición) estrela de mar, pano da cabeza, cadeira de brazos, arco

da vella, mando a distancia.

o Contraposición: astur-leonés, árabe-israelí.

b) DERIVACIÓN. Engadir un prefixo ou sufixo a un lexema.

Derivación prefixal: monolingüe

Derivación sufixal: libreiro (VER)

c) PARASÍNTESE. 2 posibilidades:

Adición simultánea de prefixo e sufixo a un lexema (non existindo polo tanto a palabra con

prefixo ou con sufixo): abotoar (non existe *abotón nin *botoar), entristecer, embarcar

(em-barc-ar)

Derivada dunha composta: augardenteiro, misacantano.

d) ABREVIACIÓN. Creación de palabras novas mediante distintos procedementos de

abreviación.:

Acurtamento. Adoitan ser apócopes: tele (televisión), moto (motocicleta), foto (fotografía), super

(supermercado)

Siglas: Formacións léxicas que fan referencia a sociedades, organismos, empresas… Fórmase coa

unión das letras iniciais da denominación: UE, ESO, DOG, ONU. Escríbense en maiúscula e sen

punto despois de cada inicial: DOG, RAG. En ocasións, fórmanse, a partir de siglas, verdadeiras

palabras que figuran como tales nos dicionarios, engadindo as vogais necesarias para a súa

pronunciación: elepé <LP (long play)

Siglas lexicalizadas: ovni, sida

Acrónimos: Voz formada pola combinación de letras ou sílabas de varias palabras e que polo

xeral ten entrada nos dicionarios como unha palabra.

Láser: light amplification by stimulated emission of radiation, Autobús< automóbil ómnibus,

Motel < motor hotel, Informatica< Información automática

Interpol < international police

e) ONOMATOPEAS. Conversión dun son natural nunha palabra: quiquiriquí, tictac… ruxido,

Page 3: Estrutura e formación de palabras (tema 3)

3

FORMACIÓN DE PALABRAS – DERIVACIÓN- SUFIXOS

I. SUFIXOS ALTERATIVOS OU APRECIATIVOS: Modifican o significado do lexema base sen

chegar a crear palabras novas, polo que xeralmente non teñen entrada independente nos dicionarios.

Tampouco modifican a categoría gramatical da palabra neno (subst) – nenito (subst.)

Segundo o seu significado poden ser:

Diminutivos: -iño/-iña (rapaciña, amiguiño), -echo/-echa (pequecha), -ete/-eta (mocete,

rapaceta)

Aumentativos: -azo/-aza (cochazo, tosaza), -ón/-ona (patadón)

Despectivos: -acho/-acha (ricacho), -astro/-astra (camastro, poetastro), -exo/-exa (lugarexo), -

ucho/-ucha (casucha, leirucho)

II. SUFIXOS DERIVATIVOS: Modifican o significado do lexema base e crean palabras novas con

entradas léxicas independentes no dicionario. Poden, ademais, cambiar a categoría gramatical da

palabra á que se engaden: xente (subst.) – xentil (adx.), bico (subst) – bicar (verb.)

PALABRAS DERIVADAS

Segundo a clase de palabra que forman:

Derivación substantiva –DS-

Dá lugar a substantivos a partir de

substantivos, adxectivos ou verbos

-ado, -aría,

-eiro/-eira, -eza,

-mento

alumnado, libraría, gaiteiro, beleza,

adiantamento

Derivación adxectiva –DA-

Dá lugar a adxectivos a partir de

adxectivos, substantivos ou verbos

-al, -ento,

-ico/-ica, -ista,

-oso/-osa

coloquial, cheirento, metálico,

belicista, ruidoso,

Derivación verbal –DV-

Dá lugar a verbos a partir de verbos,

substantivos ou adxectivos

-ar, -ear, -exar,

-ficar, -izar

baleirar, corear, pestanexar, certificar,

galeguizar

Derivación adverbial –Dadv-

Dá lugar a adverbios a partir da

forma feminina de adxectivos.

-mente malo-malamente, estupendo-

estupendamente

Segundo a palabra base da que parten:

Palabra base Derivado Exemplos

Substantivo DV: verbo Rumor-rumorear, Alcohol-alcoholizar, Clase-clasificar

DA: Adxectivo Rumor-rumoroso, Clase-clásico

DS: Substantivo Cu-cuada

Adxectivo DS:Substantivo Claro-claridade, agudo-agudeza

DV: Verbo Claro-clarificar, agudo-agudizar

DA: Adxectivo Gris-agrisado

DAdv: Adverbio Claro-claramente, agudo-agudamente

Verbo DS:Substantivo Pasar-pasamento, excitar-excitación, ladrar-ladrido

DA: Adxectivo Pasar-pasable, excitar-excitante.

DV: Verbo Chorar-choromicar

Page 4: Estrutura e formación de palabras (tema 3)

4

Segundo o seu significado, diferenciamos: colectivos, locativos, temporais, profesionais....

Significado Principais

sufixos

Exemplos:

Colectivos Engaden ao lexema idea de

conxunto, acumulación, abundancia

ou multitude.

Tamén: lugar de cultivo ou no que

abundan plantas

-al, -eira, -ado/-

ada,

-edo/-eda, -ame,

-axe,

-menta

alumnado, follaxe, toxeira,

areal, armamento,

dentame, osamenta,

piñeiral...

Locativos Indican lugar ou espazo

Tamén lugar ou recipiente onde se

garda algo (billeteira)

Lugar onde se realiza unha

actividade (lavandaría)

-aría, -ario, -ado,

-dor,

-doiro, -ía

apeadeiro, panadaría,

ancoradoiro, papelaría,

balneario, internado,

recibidor

Billeteira, azucreiro

Temporais Indican o tempo que dura algo.

Tamén: época propicia para realizar

unha acción. Ou propio ou

característico dunha época.

-eiro/-eira,

-ado/-ada, -ato

reinado, bacharelato,

sementeira, noivado

Caracterizadores Forman sobre todo adxectivos e

indican unha calidade ou

característica

-ado/-ada,-ante

-an/-ana(-á),

-dizo/diza,

-eiro/-eira,

-oso/-osa,

-ento/-enta,

-udo/-uda

Cabezudo, abusón,

folgazán, festeiro,

cheirento, barbudo,

trapalleiro, cobizoso,

apaixonado, charlatán

Profesionais Indican cargo, profesión ou título…

ou tamén función, organismo ou

clase.

-eiro-/eira, -dor/-

dora, -ado/-ada,

-ario/-aria,

-án/-á, -ante,

-ista

Bibliotecario, inventora,

artista, cantante, avogado,

debuxante, bombeiro

De acción Indican acción ou efecto dun verbo

Ou persoa que realiza a acción

-eiro-/eira, ,

-ado/-ada

Atadura, sufrimento,

conversa, malleira,

arrincada

Cantante, amante.

Xentilicios Designan o lugar ou procedencia

dalgún pobo ou persoa

-án/-a, -ao/-á,

-ano/-ana, -eiro/-

eira, -és/-esa,

-ense, íno/-ina,

-ego/-ega

Estradense, ourensán,

courelao, limiao, chairego,

betanceiro, colombiano,

tudense

Abstractos Forman substantivos abstractos a

partir de verbos

e a partir de adxectivos

-ancia, -encia,

-enza, -ción,

-mento, -ura,

-ez, -eza,

-idade, -itude

Abundancia, ensinanza

Beleza, brancura, xustiza,

elegancia, timidez,

Page 5: Estrutura e formación de palabras (tema 3)

5

EXERCICIOS:

1. Clasifica as seguintes palabras en simples, derivadas, compostas ou parasintéticas:

Subterráneo, contradición, inutilmente, imposible, peaxe, microclima, dezaseis, malhumorado,

foraborda, camión, follaxe, antonte, vacaloura, cadeira, desfacer, peixe, gas, aqueloutro,

hipotensión, curtametraxe, lentes, esfameado, reviravolta, botafumeiro,

2. As seguintes palabras son compostos cultos, formados mediante lexemas cultos

grecolatinos. Identifica os seus compoñentes:

Antropoloxía, oftalmólogo, xenofobia, hemeroteca, hipódromo, oleoducto

3. Explica o procedemento de formación das seguintes palabras:

-Automóbil, autómata, autoescola, autovía

-Fotosíntese, fotografía, fotonovela, fotofobia

-Televisión, teleférico, telexornal, telenovela, teleadicto

4. Clasifica estas palabras en derivadas e parasintéticas:

Desalmado, improcedente, desconfianza, esfarrapar, desesperación, avellentar, extraconxugal,

engrandecer, antiinflamatorio, adiar, engordar, anoitecer, embebedar, adiñeirado, abotoar,

desabotoar, extraparlamentario, aloucado, impresionar, aloucado, desobedecer, encarcerar,

imposible, inutilizar, enraizar, ennegrecer, aparvado, deshonrado, involuntario

5. Analiza e clasifica os lexemas e morfemas das seguintes palabras

Barco Alquitareiro

Vertedoiro Carballeira

Inimigos Encarceramento

Enxordecer Desigualdade

Frialdade Fixeran

Xogasen Cantabades

6. Explica o significado dos prefixos destas palabras:

Parámetro, perímetro, posdata, prolongar, endovenoso, apolítico, hipersensible, hipermercado,

encestar, coautor, antebrazo.

7. Clasifica estas palabras segundo teñan sufixos alterativos ou derivativos:

Brillante, mociña, golazo, cullerada, amigote, xentuza, moedeiro, poetastro, malamente, apeadeiro,

casamento, pillabán, vilego, amoroso

8. Forma catro grupos coas seguintes palabras tendo en conta o significado que

nelas ten o sufixo –eiro/-eira:

Limoeiro, carboeira, fontaneiro, amieiro, carniceira, cancioneiro, cabeleira, tecedeira,

oliveira, pereira, mariñeiro, vieiro, leiteiro, romanceiro, cerdeira.

Page 6: Estrutura e formación de palabras (tema 3)

6

9. Identifica os sufixos e indica o seu valor:

Alumnado, cerume, velame, corredor, ollada, emirato, sabichón, vertedoiro, ancoradoiro,

israelí, canadense, atadura, escribán, aterraxe, secretaria.

10. Forma a familia léxica destas palabras: noite, dor, porta, ollo

11. Indica cal é en cada caso o valor do sufixo alterativo:

gripazo, tipexo, costeleta, mantelo, rapaceta, avogaducho, fouciño, camisón, saqueta, foguete,

vellote, caixón.

12. Analiza e clasifica estas palabras segundo o significado dos sufixos:

Melenudo, comedor, toleirán, niñada, escritor, alborada, preguiceiro, vertedoiro, roupaxe,

adiantamento, lembranza, dentadura.

13. Forma palabras derivadas a partir das seguintes mediante a adición de sufixos:

a) Nomes que indiquen lugar: viña, formiga, castiñeiro, cana.

b) Nomes que indiquen acción: bailar, marear, atar, cocer, mirar.

c) Nomes que indiquen colectivo: vestido, poema, profesor.

d) Nomes que indiquen profesión: piano, ferro, xornal, cirurxía, zapato.

e) Nomes que indiquen abstracción: alegre, fermoso, ignorar, fácil, amable.

14. Principais sufixos para formar xentilicios:

-án/-á: arzuán/á, alemán/á -és/-esa: lugués, inglesa

-ense: estradense, canadense -ino/-ina: monfortino, granadina

-ego/ego: limego -ano/-ana: africano, toledana

-eiro/-eira: betanceiro, brasileira -í: israelí

-eño/-eña: gondomareño, panameña -eta: lisboeta

Escribe os xentilicios, masculino e feminino, correspondentes a:

Arousa, Bergantiños, Buño, Caldas de Reis, Castro Caldelas, Cangas, Camariñas, Carnota, Cee,

Celanova, Cervantes, O Courel, A Fonsagrada, A Limia, Malpica, Maside, Melide, Miño, Muros,

O Páramo, Ponteareas, Pontevedra, Ribadeo, Vilalba

15. Clasifica estas palabras segundo se trate de derivación substantiva (DS), derivación

adxectiva (DA) ou derivación verbal (DV). Diferencia tamén a base da que proceden:

base substantiva (BS), base adxectiva (BA), base verbal (BV)

Celibato, escasear, parvada, aclarado, confuso, agrisado, bravío, tolear, berrido, fuxidío,

escorregadizo, xemido, novato, vitalicio, negrura, narrativo, circulatorio,estoupido, grandeiro,

durmiñón, asasinato, pallasada, barbear, adiñeirado, barbado, badalada, cabecear, branquexar,

xustiza, pestanexar, adoecer, sombrío, poético, verdor, exemplificar, altitude, mañoso, ramificar,

atardecer, arbóreo, cutáneo, mandato, zurcido, desfeita, escorregar, cornada, chuviscar, ollada,

electorado, bispado, reinado, untura, cantaruxar.

DS DA DV

BS BA BV BS BA BV BS BA BV

Page 7: Estrutura e formación de palabras (tema 3)

7

DERIVACIÓN

DS

Derivación subtantiva

BASE SUBSTANTIVA: Célibe-celibato, pallaso-pallasada, badal-

badalada, corno-cornada, cabeza-cabezada, ollo-ollada, , elector-

electorado, bispo-bispado, rei-reinado,

BASE ADXECTIVA: parvo-parvada, novo-novato, negro-negrura,

xusto-xustiza, verde-verdor, alto-altitude,

BASE VERBAL: berrar-berrido, xemer-xemido, estoupar-

estoupido, asasinar-asasinato, mandar-mandato, zurcir-zurcido,

desfacer-desfeita, untar-untura.

DA

Derivación adxectiva

BASE SUBSTANTIVA: diñeiro-adiñeirado, barba-barbado,

sombra-sombrío, poesía-poético, maña-mañoso, árbore-arbóreo,

cute-cutáneo

BASE ADXECTIVA: gris-agrisado, bravo-bravío, vital-vitalicio,

grande-grandeiro,

BASE VERBAL: aclarar-aclarado, confundir-confuso, fuxir-

fuxidío, escorregar-escorregadizo, narrar-narrativo, circular-

circulatorio, durmir-durmiñón.

DV

Derivación verbal

BASE SUBSTANTIVA: barba-barbear, cabeza-cabecear, pestana-

pestanexar, exemplo-exemplificar, ramo-ramificar, tarde-atardecer

BASE ADXECTIVA: escaso-escasear, tolo-tolear, branco-

branquexar

BASE VERBAL: doer-adoecer, escorrer-escorregar, chover-

chuviscar, cantar-cantaruxar.