Download - Entrevista Carmen Iglesias EXECUTIVAS de Galicia - El Correo Gallego 8 Mayo

Transcript
Page 1: Entrevista Carmen Iglesias EXECUTIVAS de Galicia - El Correo Gallego 8 Mayo

EL CORREO GALLEGO16 MIÉRCOLES08 DE MAYO DE 2013GALICIA

“A executiva debe ser un-ha xeneradora de felici-dade por puro egoísmo. A intelixencia emocional é o 90% do liderado”. A receita púxoa onte enriba da mesa o experto en coaching Juan Carlos Cubeiro, un dos con-ferenciantes do I Encontro de Executivas e Empren-dedoras de Galicia. A cita, celebrada en Santiago, ser-viu como colofón da segun-da edición de Executiva, o programa da Consellería de Traballo e Benestar, que formou 200 mulleres, em-prendedoras e directivas, en liderado feminino.

Executiva forma e identi-fica mulleres con potencial para o liderado, animán-doas a dar un paso adiante e asumir ou mellorar esa capacidade e mesmo crear as súas propias empresas. Así, na segunda fase, 160 participaron en obradoiros de habilidades, mentres que na terceira as 22 fina-listas foron asesoradas en forma de coaching persoal.

“Gustoume moito a mes-tura de teoría e práctica”, explica a directora xerente da TVG, Rosa María Vilas, unha das finalistas. “Sem-pre vén ben reflexionar so-bre temas tan importantes como a xestión do talento, das persoas e dos equipos, e o liderado”, engade.

As claves son válidas en calquera contexto. Para mostra, a de Mapel, exposta onte pola directora de alian-zas estratéxicas de Ayuda en Acción, Beatriz Martín. Nela, mulleres ecuatorianas emprenden arredor da arte-sanía e o turismo.

REDACCIÓNSantiago

Pilar Ares é licenciada en Farmacia e conta cun tra-ballo estable nun laborato-rio farmacéutico, pero ten a ilusión de poñer algún día en marcha unha empresa por conta propia. Con ese horizonte apuntouse a Exe-cutiva, onde constatou que esa ilusión será clave para facer o seu soño realidade,

“Para emprender fai falta moita ilusión, pero tamén formación”

Pilar Ares, do sector far-macéutico. Foto: firmafoto

pero adquirindo ao mesmo tempo unha formación e reforzando habilidades non menos importante.

“Como di Juan Carlos Cubero, se emprendes al-go pensando que vai saír mal, non vai saír na vida. Hai que ter moita ilusión e transmitila, loitar polo que queres, pero non te podes

tirar [á piscina]. Hai que saber claramente os pasos que hai que dar, ter forma-ción: saber facer estudos de viabilidade de negocio, o beneficio que se vai obter, o target ao que dirixirse... To-do iso é importante”, di.

A coidado das relacións profesionais, o networking, é outra das competencias

nas que incide Executiva. “Os homes fan o networ-king fenomal, e nós iso facémolo mal. Estar con outra xente que ten as túas mesmas inquedanzas axu-da moito a afrontar as cou-sas doutra maneira”, valora Pilar Ares.

Con estas e outras pre-misas, emprender é posible en tempos de crise, engade. “Creo realmente que é can-do saen as mellores opor-tunidades. O que hai que saber é onde tes a oportu-nidade”.

Carmen Iglesias é respon-sable da oficina de proxec-tos e calidade do Centro de Investigación en Tec-noloxías da Información e as Comunicacións (o Citic, na Coruña), involucrado en proxectos nos que traba-llan máis de cen investiga-dores do ámbito público e privado. Iglesias chegou á

“O programa deunos ferramentas útiles para a vida laboral e persoal”

Carmen Iglesias, xestora de I+D no Citic. Foto: ECG

xestión da I+D dende a pro-pia investigación: é especia-lista en física de partículas, cun doutorado europeo fei-to a cabalo entre o Labora-torio Europeo de Física de Partículas e a Universidade de Valencia. Traballou ade-mais en colaboración co Instituto Max Planck (Ale-maña) ou o Ciemat, entre

outros centros de investi-gación estranxeiros e esta-tais. Executiva é para ela a primeira formación en capacidades de liderado e motivación, e a experiencia non pode ser máis positiva.

“Serviume para valo-rarme máis. As mulleres adoitamos valorarnos me-nos, non somos tan cons-

cientes das capacidades que temos. Deime conta de que teño capacidade de li-derado, estratexia e visión de futuro (...). Executiva deunos unha serie de fe-rramentas de autocoñece-mento e autoxestión útiles tanto na vida laboral como na persoal”, resume.

A cambio, subliña que as mulleres poden achegar ás organizacións un xeito de liderar diferente, e enri-quecedor, facendo ademais compatible vida persoal e promoción profesional.

Inés Granell domina a teo-ría, pola súa formación aca-démica, e tamén a práctica, polo seu traballo, do que supón ser unha executiva. Licenciada en Psicoloxía e máster en administración e dirección de empresas, é xestora de servicios en Termaria Casa del Agua (A

“Encántame dirixir, organizare levar equipos de persoas”

Inés Granell, xestora en Termaria. Foto: Fernando Blanco

Coruña). Da súa experien-cia en Executiva subliña a oportunidade de entrar en contacto con outras per-soas de distintos sectores, establecendo relacións en-riquecedoras no plano pro-fesional.

“O intercambio de im-presións, as relacións con

outras persoas, fanche pen-sar e ver as cousas doutra maneira. Falar, contar a túa experiencia, ver o que pasa noutros sectores, axúdache moitísimo”, valora.

A motivación para ser líder xa a trae tamén tra-ballada da casa. “Encánta-me dirixir, organizar, levar

equipos de persoas, o que fago día a día gústame moi-to”, confesa. Por iso non pensou nunca en montar o seu propio negocio, enga-de. A empresa na que tra-balla permítelle poñer en acción as súas capacidades con aproximadamente 40 persoas ao seu cargo.

Na súa traxectoria, su-bliña que nunca se sentiu discriminada como muller e asegura que de momento ten “todo conciliado” entre traballo e familia.

A escola das emprendedoras galegasA Consellería de Traballo pecha a segunda edición de Executiva cun primeiro encontro de mulleres dispostas a dar un paso adiante como líderes e mesmo creadoras de empresas

A rede de escolas infantís sumará 700 novas prazas ao longo deste anoCONCILIACIÓN A rede de es-colas infantís públicas, que atenden pequenos de ata 3 anos, sumará cando rema-te o ano 300 novas prazas que contribuirán a facili-tar a conciliación de vida familiar e laboral. Así o anunciou onte o presiden-te da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na clausura do I Encontro de Executivas e Emprendedoras Galegas, no Centro de Novas Tecno-loxías de Galicia.

Feijóo –acompañado po-la conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, cuxo departamento orga-niza Executiva– defendeu o aumento da participa-ción feminina no mundo laboral como un dos fenó-menos máis destacados e positivos dos últimos tem-pos, “unha conquista so-cial” que se reflicte tamén en que case o 60% das per-soas tituladas universita-rias sexan mulleres.

Subliñou ademais o tra-ballo da Xunta para tratar de rachar o teito de cristal que impide a igualdade plena no mercado laboral e avanzou que se volverán convocar axudar para im-plantar plans de igualda-de nas empresas. Indicou tamén que a política de control de gasto posibilita que as emprendedoras se beneficien da preservación do estado do benestar e de incentivos. ECG O presidente, xunta ás finalistas da segunda edición do programa Executiva. Foto: X. C.

Impreso por Jose Castelo Currás. Prohibida su reproducción.