Entrevista Carmen Iglesias EXECUTIVAS de Galicia - El Correo Gallego 8 Mayo

1
EL CORREO GALLEGO 16 MIÉRCOLES 08 DE MAYO DE 2013 GALICIA “A executiva debe ser un- ha xeneradora de felici- dade por puro egoísmo. A intelixencia emocional é o 90% do liderado”. A receita púxoa onte enriba da mesa o experto en coaching Juan Carlos Cubeiro, un dos con- ferenciantes do I Encontro de Executivas e Empren- dedoras de Galicia. A cita, celebrada en Santiago, ser- viu como colofón da segun- da edición de Executiva, o programa da Consellería de Traballo e Benestar, que formou 200 mulleres, em- prendedoras e directivas, en liderado feminino. Executiva forma e identi- fica mulleres con potencial para o liderado, animán- doas a dar un paso adiante e asumir ou mellorar esa capacidade e mesmo crear as súas propias empresas. Así, na segunda fase, 160 participaron en obradoiros de habilidades, mentres que na terceira as 22 fina- listas foron asesoradas en forma de coaching persoal. “Gustoume moito a mes- tura de teoría e práctica”, explica a directora xerente da TVG, Rosa María Vilas, unha das finalistas. “Sem- pre vén ben reflexionar so- bre temas tan importantes como a xestión do talento, das persoas e dos equipos, e o liderado”, engade. As claves son válidas en calquera contexto. Para mostra, a de Mapel, exposta onte pola directora de alian- zas estratéxicas de Ayuda en Acción, Beatriz Martín. Nela, mulleres ecuatorianas emprenden arredor da arte- sanía e o turismo. REDACCIÓN Santiago Pilar Ares é licenciada en Farmacia e conta cun tra- ballo estable nun laborato- rio farmacéutico, pero ten a ilusión de poñer algún día en marcha unha empresa por conta propia. Con ese horizonte apuntouse a Exe- cutiva, onde constatou que esa ilusión será clave para facer o seu soño realidade, “Para emprender fai falta moita ilusión, pero tamén formación” Pilar Ares, do sector far- macéutico. Foto: firmafoto pero adquirindo ao mesmo tempo unha formación e reforzando habilidades non menos importante. “Como di Juan Carlos Cubero, se emprendes al- go pensando que vai saír mal, non vai saír na vida. Hai que ter moita ilusión e transmitila, loitar polo que queres, pero non te podes tirar [á piscina]. Hai que saber claramente os pasos que hai que dar, ter forma- ción: saber facer estudos de viabilidade de negocio, o beneficio que se vai obter, o target ao que dirixirse... To- do iso é importante”, di. A coidado das relacións profesionais, o networking, é outra das competencias nas que incide Executiva. “Os homes fan o networ- king fenomal, e nós iso facémolo mal. Estar con outra xente que ten as túas mesmas inquedanzas axu- da moito a afrontar as cou- sas doutra maneira”, valora Pilar Ares. Con estas e outras pre- misas, emprender é posible en tempos de crise, engade. “Creo realmente que é can- do saen as mellores opor- tunidades. O que hai que saber é onde tes a oportu- nidade”. Carmen Iglesias é respon- sable da oficina de proxec- tos e calidade do Centro de Investigación en Tec- noloxías da Información e as Comunicacións (o Citic, na Coruña), involucrado en proxectos nos que traba- llan máis de cen investiga- dores do ámbito público e privado. Iglesias chegou á “O programa deunos ferramentas útiles para a vida laboral e persoal” Carmen Iglesias, xestora de I+D no Citic. Foto: ECG xestión da I+D dende a pro- pia investigación: é especia- lista en física de partículas, cun doutorado europeo fei- to a cabalo entre o Labora- torio Europeo de Física de Partículas e a Universidade de Valencia. Traballou ade- mais en colaboración co Instituto Max Planck (Ale- maña) ou o Ciemat, entre outros centros de investi- gación estranxeiros e esta- tais. Executiva é para ela a primeira formación en capacidades de liderado e motivación, e a experiencia non pode ser máis positiva. “Serviume para valo- rarme máis. As mulleres adoitamos valorarnos me- nos, non somos tan cons- cientes das capacidades que temos. Deime conta de que teño capacidade de li- derado, estratexia e visión de futuro (...). Executiva deunos unha serie de fe- rramentas de autocoñece- mento e autoxestión útiles tanto na vida laboral como na persoal”, resume. A cambio, subliña que as mulleres poden achegar ás organizacións un xeito de liderar diferente, e enri- quecedor, facendo ademais compatible vida persoal e promoción profesional. Inés Granell domina a teo- ría, pola súa formación aca- démica, e tamén a práctica, polo seu traballo, do que supón ser unha executiva. Licenciada en Psicoloxía e máster en administración e dirección de empresas, é xestora de servicios en Termaria Casa del Agua (A “Encántame dirixir, organizar e levar equipos de persoas” Inés Granell, xestora en Termaria. Foto: Fernando Blanco Coruña). Da súa experien- cia en Executiva subliña a oportunidade de entrar en contacto con outras per- soas de distintos sectores, establecendo relacións en- riquecedoras no plano pro- fesional. “O intercambio de im- presións, as relacións con outras persoas, fanche pen- sar e ver as cousas doutra maneira. Falar, contar a túa experiencia, ver o que pasa noutros sectores, axúdache moitísimo”, valora. A motivación para ser líder xa a trae tamén tra- ballada da casa. “Encánta- me dirixir, organizar, levar equipos de persoas, o que fago día a día gústame moi- to”, confesa. Por iso non pensou nunca en montar o seu propio negocio, enga- de. A empresa na que tra- balla permítelle poñer en acción as súas capacidades con aproximadamente 40 persoas ao seu cargo. Na súa traxectoria, su- bliña que nunca se sentiu discriminada como muller e asegura que de momento ten “todo conciliado” entre traballo e familia. A escola das emprendedoras galegas A Consellería de Traballo pecha a segunda edición de Executiva cun primeiro encontro de mulleres dispostas a dar un paso adiante como líderes e mesmo creadoras de empresas A rede de escolas infantís sumará 700 novas prazas ao longo deste ano CONCILIACIÓN A rede de es- colas infantís públicas, que atenden pequenos de ata 3 anos, sumará cando rema- te o ano 300 novas prazas que contribuirán a facili- tar a conciliación de vida familiar e laboral. Así o anunciou onte o presiden- te da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na clausura do I Encontro de Executivas e Emprendedoras Galegas, no Centro de Novas Tecno- loxías de Galicia. Feijóo –acompañado po- la conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, cuxo departamento orga- niza Executiva– defendeu o aumento da participa- ción feminina no mundo laboral como un dos fenó- menos máis destacados e positivos dos últimos tem- pos, “unha conquista so- cial” que se reflicte tamén en que case o 60% das per- soas tituladas universita- rias sexan mulleres. Subliñou ademais o tra- ballo da Xunta para tratar de rachar o teito de cristal que impide a igualdade plena no mercado laboral e avanzou que se volverán convocar axudar para im- plantar plans de igualda- de nas empresas. Indicou tamén que a política de control de gasto posibilita que as emprendedoras se beneficien da preservación do estado do benestar e de incentivos. ECG O presidente, xunta ás finalistas da segunda edición do programa Executiva. Foto: X. C. Impreso por Jose Castelo Currás. Prohibida su reproducción.

description

noticia del Correo Gallego sobre la Clausura de las Jornadas Executivas de Galicia, Curso de Habilidades Directivas financiado por la Xunta de Galicia e impartido en la Escuela de Negocios NovaCaixaGalicia, al que asistí después de haber superado una selección de más de 1.500 candidatas. En la clausura, a las 20 finalistas que quedamos después de todo el proceso formativo que duró 6 meses, el propio Alberto Núñez Feijoo nos entregó el diploma. Como veis me hicieron una entrevista en la que aproveché para hablar del CITIC…

Transcript of Entrevista Carmen Iglesias EXECUTIVAS de Galicia - El Correo Gallego 8 Mayo

Page 1: Entrevista Carmen Iglesias EXECUTIVAS de Galicia - El Correo Gallego 8 Mayo

EL CORREO GALLEGO16 MIÉRCOLES08 DE MAYO DE 2013GALICIA

“A executiva debe ser un-ha xeneradora de felici-dade por puro egoísmo. A intelixencia emocional é o 90% do liderado”. A receita púxoa onte enriba da mesa o experto en coaching Juan Carlos Cubeiro, un dos con-ferenciantes do I Encontro de Executivas e Empren-dedoras de Galicia. A cita, celebrada en Santiago, ser-viu como colofón da segun-da edición de Executiva, o programa da Consellería de Traballo e Benestar, que formou 200 mulleres, em-prendedoras e directivas, en liderado feminino.

Executiva forma e identi-fica mulleres con potencial para o liderado, animán-doas a dar un paso adiante e asumir ou mellorar esa capacidade e mesmo crear as súas propias empresas. Así, na segunda fase, 160 participaron en obradoiros de habilidades, mentres que na terceira as 22 fina-listas foron asesoradas en forma de coaching persoal.

“Gustoume moito a mes-tura de teoría e práctica”, explica a directora xerente da TVG, Rosa María Vilas, unha das finalistas. “Sem-pre vén ben reflexionar so-bre temas tan importantes como a xestión do talento, das persoas e dos equipos, e o liderado”, engade.

As claves son válidas en calquera contexto. Para mostra, a de Mapel, exposta onte pola directora de alian-zas estratéxicas de Ayuda en Acción, Beatriz Martín. Nela, mulleres ecuatorianas emprenden arredor da arte-sanía e o turismo.

REDACCIÓNSantiago

Pilar Ares é licenciada en Farmacia e conta cun tra-ballo estable nun laborato-rio farmacéutico, pero ten a ilusión de poñer algún día en marcha unha empresa por conta propia. Con ese horizonte apuntouse a Exe-cutiva, onde constatou que esa ilusión será clave para facer o seu soño realidade,

“Para emprender fai falta moita ilusión, pero tamén formación”

Pilar Ares, do sector far-macéutico. Foto: firmafoto

pero adquirindo ao mesmo tempo unha formación e reforzando habilidades non menos importante.

“Como di Juan Carlos Cubero, se emprendes al-go pensando que vai saír mal, non vai saír na vida. Hai que ter moita ilusión e transmitila, loitar polo que queres, pero non te podes

tirar [á piscina]. Hai que saber claramente os pasos que hai que dar, ter forma-ción: saber facer estudos de viabilidade de negocio, o beneficio que se vai obter, o target ao que dirixirse... To-do iso é importante”, di.

A coidado das relacións profesionais, o networking, é outra das competencias

nas que incide Executiva. “Os homes fan o networ-king fenomal, e nós iso facémolo mal. Estar con outra xente que ten as túas mesmas inquedanzas axu-da moito a afrontar as cou-sas doutra maneira”, valora Pilar Ares.

Con estas e outras pre-misas, emprender é posible en tempos de crise, engade. “Creo realmente que é can-do saen as mellores opor-tunidades. O que hai que saber é onde tes a oportu-nidade”.

Carmen Iglesias é respon-sable da oficina de proxec-tos e calidade do Centro de Investigación en Tec-noloxías da Información e as Comunicacións (o Citic, na Coruña), involucrado en proxectos nos que traba-llan máis de cen investiga-dores do ámbito público e privado. Iglesias chegou á

“O programa deunos ferramentas útiles para a vida laboral e persoal”

Carmen Iglesias, xestora de I+D no Citic. Foto: ECG

xestión da I+D dende a pro-pia investigación: é especia-lista en física de partículas, cun doutorado europeo fei-to a cabalo entre o Labora-torio Europeo de Física de Partículas e a Universidade de Valencia. Traballou ade-mais en colaboración co Instituto Max Planck (Ale-maña) ou o Ciemat, entre

outros centros de investi-gación estranxeiros e esta-tais. Executiva é para ela a primeira formación en capacidades de liderado e motivación, e a experiencia non pode ser máis positiva.

“Serviume para valo-rarme máis. As mulleres adoitamos valorarnos me-nos, non somos tan cons-

cientes das capacidades que temos. Deime conta de que teño capacidade de li-derado, estratexia e visión de futuro (...). Executiva deunos unha serie de fe-rramentas de autocoñece-mento e autoxestión útiles tanto na vida laboral como na persoal”, resume.

A cambio, subliña que as mulleres poden achegar ás organizacións un xeito de liderar diferente, e enri-quecedor, facendo ademais compatible vida persoal e promoción profesional.

Inés Granell domina a teo-ría, pola súa formación aca-démica, e tamén a práctica, polo seu traballo, do que supón ser unha executiva. Licenciada en Psicoloxía e máster en administración e dirección de empresas, é xestora de servicios en Termaria Casa del Agua (A

“Encántame dirixir, organizare levar equipos de persoas”

Inés Granell, xestora en Termaria. Foto: Fernando Blanco

Coruña). Da súa experien-cia en Executiva subliña a oportunidade de entrar en contacto con outras per-soas de distintos sectores, establecendo relacións en-riquecedoras no plano pro-fesional.

“O intercambio de im-presións, as relacións con

outras persoas, fanche pen-sar e ver as cousas doutra maneira. Falar, contar a túa experiencia, ver o que pasa noutros sectores, axúdache moitísimo”, valora.

A motivación para ser líder xa a trae tamén tra-ballada da casa. “Encánta-me dirixir, organizar, levar

equipos de persoas, o que fago día a día gústame moi-to”, confesa. Por iso non pensou nunca en montar o seu propio negocio, enga-de. A empresa na que tra-balla permítelle poñer en acción as súas capacidades con aproximadamente 40 persoas ao seu cargo.

Na súa traxectoria, su-bliña que nunca se sentiu discriminada como muller e asegura que de momento ten “todo conciliado” entre traballo e familia.

A escola das emprendedoras galegasA Consellería de Traballo pecha a segunda edición de Executiva cun primeiro encontro de mulleres dispostas a dar un paso adiante como líderes e mesmo creadoras de empresas

A rede de escolas infantís sumará 700 novas prazas ao longo deste anoCONCILIACIÓN A rede de es-colas infantís públicas, que atenden pequenos de ata 3 anos, sumará cando rema-te o ano 300 novas prazas que contribuirán a facili-tar a conciliación de vida familiar e laboral. Así o anunciou onte o presiden-te da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na clausura do I Encontro de Executivas e Emprendedoras Galegas, no Centro de Novas Tecno-loxías de Galicia.

Feijóo –acompañado po-la conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, cuxo departamento orga-niza Executiva– defendeu o aumento da participa-ción feminina no mundo laboral como un dos fenó-menos máis destacados e positivos dos últimos tem-pos, “unha conquista so-cial” que se reflicte tamén en que case o 60% das per-soas tituladas universita-rias sexan mulleres.

Subliñou ademais o tra-ballo da Xunta para tratar de rachar o teito de cristal que impide a igualdade plena no mercado laboral e avanzou que se volverán convocar axudar para im-plantar plans de igualda-de nas empresas. Indicou tamén que a política de control de gasto posibilita que as emprendedoras se beneficien da preservación do estado do benestar e de incentivos. ECG O presidente, xunta ás finalistas da segunda edición do programa Executiva. Foto: X. C.

Impreso por Jose Castelo Currás. Prohibida su reproducción.