Unidade 4a
-
Upload
santiago-dans -
Category
Education
-
view
1.220 -
download
2
Transcript of Unidade 4a
TRANSFORMACIÓNS ECONÓMICAS 1800-1900
TEORÍA ECONÓMICA DO LIBERALISMO NO XIX.
O home busca a felicidade. Para acadar esa felicidade é necesario un benestar económico. A propiedade é a que da ese benestar, é o dereito fundamental.
A propiedade para ós liberais ten que ser libre e absoluta. Así van suprimir ou transformar todas as formas de propiedade vixentes no Antigo Réxime que non se axustan a este concepto por ter algún tipo de limitación ou obriga: as propiedades comunais, os bens de mans mortas e os morgados da nobreza.
O enriquecemento persoal é a base do enriquecemento social. A busca do propio beneficio acaba provocando o beneficio de todos. A riqueza é produto do esforzo persoal
Liberdade económica. A economía está rexida por unhas leis “naturais”, baseadas no libre xogo da oferta e a demanda. Prezos, produción, salarios, etc deben estar regulados pola lei da oferta e a demanda. Así como animais e vexetais están sometidos as leis da selección natural as actividades económicas están sometidas as leis “naturais” do mercado: so os máis fortes poden sobrevivir.
TEORÍA ECONÓMICA DO LIBERALISMO NO XIX.
O traballo é unha mercadoría mais. O salario é o resultado dun acordo “libre” e individual entre patrón e obreiro. Calquera cousa que condicione este libre acordo debe ser evitada. A existencia de asociacións obreiras supón unha intromisión e unha coacción pois pode impor condicións ó marxe da lei da oferta e da demanda.
Mínima intervención do estado na economía, para garantir o mercado libre e a lei. Sen embargo dende sempre o estado vai xogar un papel importante: regula o comercio exterior, coa adopción de políticas proteccionistas ou librecambistas; favorece a certos sectores mediante a lexislación, a concesión de contratos públicos (abastecemento do exército, obras públicas, etc); intervén nos conflitos entre patróns e obreiros (xeralmente do lado dos propietarios). Co tempo a presión das clases populares provocará a elaboración dunha lexislación que supón unha maior intervención do estado na economía: regulación xornada laboral, salarios mínimos, ….
CAPITALISMO: TRAZOS BÁSICOS Liberdade económica.
Lei da oferta e a demanda Propiedade privada dos medios de producción (terra, ferramentas,
fábricas, comercios, etc) Busqueda do máximo beneficio individual como obxectivo e estímulo
principal da actividade económica Man de obra asalariada
Prezo da man de obra (salario) regulado pola lei da oferta e a demenda
Os traballadores dependen dos propietarios do bens de producción A búsqueda do máximo beneficio leva a endurecer as condicións
do traballo (salarios baixos, xornadas longas, escaso investimento en seguridade, etc)
División do traballo Aumento da productividade
Riqueza individual como criterio básico de organización social Crises cíclicas
TRAZOS XERAIS DA ECONOMÍA ESPAÑOLA Importante peso da agricultura.
Ata finais de século actividade económica que ocupa máis población.
Escasas innovacións técnicas Atraso industrial
Industrialización lenta e tardía. Ata os anos 30 non se dan os primeiros cambios:
desamortización, supresión gremios, primeiras máquinas, etc Desenvolvemento a finais de século
Dependencia exterior en equipamento técnico e investimento de capitais
Fortes desequilibrios territoriais. Predominio das políticas protecionistas Estancamento ata os anos 40 e lento crecemento ata finais de
século
Trasformación no réxime de propiedade no XIX (reforma agraria liberal)
Abolición rexime Señorial A nobreza mantivo as propiedades Perden os dereitos señoriais: nomear autoridades locais,
exercer xustiza, cobrar impostos, manter monopolios (muiños, bosque, etc) e cobrara certas cargas abusivas.
Os labregos seguen a pagar as rendas. O cobro dos impostos, o xercicio da xustiza, o nomeamento das
autoridades pasa ó estado Desvinculación dos morgados
Autoriza os propietariosde antigos morgados a vendelas ou dividilas en herencia
Desamortización
A Desamortización.Etapas Primeira etapa: 1798, 1812, 11820-
1823. Afectou a bens do clero. Pouco volumen.
Segunda etapa: 1836-1844. Desamortizacións de Mendizabal e Espartero. Afectaron a bens do clero regular e
secular. (60% dos bens da Igrexa) Importante volumen de terrar
vendidas en puxa. Terceira etapa: 1855 (prolongouse
ata Restauración) Desamortización de Madoz. Afectou sobre todo a comunais,
terras dos concellos e tamén a bens do clero.
Foi a que supuxo un maior volume de terras nacionalizadas e vendidas a maior parte entre 1855 e1867
Consecuencias económicas das desamortizacións Consolidou o latifundismo.
Non supuxo un cambio na estructura da propiedade. Aumentou o número e tamaño dos grandes propiedades.
Non favoreceu o desenvolvemento técnico. Os novos propietarios non invertiron (hai excepcións) en melloras técnicas. Explotaron as terras con xornaleiros sen cambios nas técnicas
nin nas formas de traballo Arrendaron as terras a labregos que tiñan que pagar unha renda
que non lles deixaba o suficiente como para investir en melloras técnicas.
Inmovilizou moitos capitais en terras que poideron ter sido investidos na industria
Permitiu o aumento da superficie cultivada e da producción de cereal e polo tanto de alimentos. Moitas terras dos concellos ou comunais que non estaba
cultivadas foron postas en cultivo polos novos propietarios ven directamente con xornaleiros e sobre todo mediante arrendamentos
Consecuencias sociais Favoreceu a formación duna nova oligarquía
Fusión da vella nobreza e a alta burguesía terrateniente. Os compradores foron sobre todo a alta burguesía e a vella nobreza.
Non favoreceu a formación dunha clase media agraria, como parece que era a intención inicial de Mendizabal
Foi negativa para moitos campesiños Algúns perderon as terras que cultivaban en arrendo convertíndose en
xornaleiros Outros viron como cambiaban, a peor, as condicións dos contratos de
arrendamento Os concellos perderon unha boa parte dos seus ingresos e sobre
todo a súa autonomía finaceira. Agora dependen máis do goberno central para obter recursos
A Igrexa perdeu tamén a súa fonte principal de financiamento (ademais tamén os liberais suprimen a décima). A Igrexa adquirirá co tempo novas terras Compensada: os gastos da Igrexa os asume o estado
Importante perda de patrimonio cultural.
RESUMEN POSITIVAS
Aumento da superficie cultivada e da producción
NEGATIVAS Consolidou o latifundismo.. Non favoreceu o desenvolvemento técnico. Inmovilizou moitos capitais. Malo para a Industria Foi negativa para moitos campesiños
Algúns perderon as terras que cultivaban en arrendo Outros viron como cambiaban, a peor, as condicións
dos contratos de arrendamento Os concellos perderon unha boa parte dos seus
ingresos e sobre todo a súa autonomía finaceira
A desamortizacion en GaliciaA propiedade da terra en Galicia antes da
desamortización A Igrexa e a alta nobreza eran as a principais
propietarias de terras en Galicia. A fidalguía ou pequena nobreza galega (11.000
en Galicia) actúa como intermediarioa entre os propietarios da terra (alta nobreza e sobre todo o clero) e os campesiños. Os fidalgos levaban en foro terras de mosteiros e
nobres e a súa vez subaforaban ós labregos. Deste xeito, sen ter grandes propiedades, a maior
parte das rendas pagadas polos labregos (60%) acaban en mans da fidalguía.
A desamortizacion en Galicia: o foro. Contratos de arrendamento de longa duración (tres
xeraxións, 100 anos, etc.). Orixe na Idade Media. Dende finais do século XVIII o contrato é perpetuo. Traspásase por herencia de pais a fillos. Pódese incluso dividir a terra
O foreiro (labrego)debe: Pago dunha renda en especie.Varia segundo a época do
contrato, a zona e o tipo de productos, pero pode ser entre o cuarto e o tercio da colleita
Outra serie de obrigas de carácter señorial (días de traballo, luctuosa, etc)
O foreiro (en principio labrego) pode vender a foro. O novo comprador debe cumprir as condicións do contrato. (Non era raro que os mosteiros incluísen no contrato a prohibición de vendelo a fidalgos).
O propietario cobra a renda e non pode modificar as condicións do contrato ata que este remate
A desamortizacion en Galicia Non supón grandes modificacións na estructura da
propiedade, so cambios nos perceptores de renda Os compradores foron a fidalguía e sobre todo a
burguesía Como os foros son perpetuos os compradores das terras
desamortizadas non poden expulsar os labregos que as tiñan en foro. Unicamente poden seguir cobrando as rendas, sen modificacións
Os labregos manteñen os mesmos dereitos que tiñan antes.
Na práctica hai créase unha situación confusa sobre a propiedade entre Labregos foreiros. Teñen o dominio util: poden explotar a terra,
deixala en herencia, vendela, pero teñen que seguir a pagar as rendas (foros e trabucos)
A burguesía e fidalguía. Teñen o dominio directo da terra. Cobran as rendas pero non poden cambialas, expulsar ós labregos, unir explotacións etc.
A desamortizacion en Galicia: Conflicto dos foros
Labregos. Aspiran a se convertir en plenos propietarios da terra, sen ter que pagar rendas por elas. Buscan a supresión dos fors uo no peor dos caoso a redención: suprimilos pero indemnizando a que ten o dominio directo
Fidalguía e burguesía. Aspiran tamén a se convertir en plenos propietarios da terra para poder expulsar ós lebrego e facer novos contratos de arrendamento máis favorables.
Características xerais da agricultura
Sistemas de cultivo tradicionais: rotación bianuais e trianuais. Escasas innovacións técnicas Utilización de animais de tiro,
ferramentas tradicionais.... Baixa productividade.
O porcentaxe de poboación agrícola case non diminue ó longo do século
Baixos rendementos. So a finais de século apréciase un
lixeiro incremento, pero moi inferior ao que se produce noutros países de Europa.
Agricultura extensiva Aumento da producción, sobre todo
de cereal mediante a extensión da superficie cultivada..
Características xerais da agricultura
Crecemento da superficie cultivada: o dobre a finais de século A producción nacional non cubre a
demanda. É necesario importar almentos
Escasa competividade: forte competencia exterior e política proteccionista
Predominio do cereal. Trigo, vide, oliveira e leguminosas ocupan o 90% da superficie cultivada.
Tímido desenvolvemento dunha agricultura especializada orientada a exprotación: vide, olivo cítricos Filoxera en Francia favorece a
exportación de viños españois e o cecemento do cultivo de vide
Retroceso da gandería ovina
INNOVACIÓNS
A achega da agricultura ó desenvolvemento industrial
A agricultura pódese converter nun motor da industrialización
Se hai innovación técnica incrementase a demanda de ferramentas, abonos, etc que tiran da industria
Se hai modernización a mellora do nivel de vida dos labregos permite un incremento do consumo de productos industrias no campo
Unha agricultura modernizada permite a acumulación de capitais que poden ser invertidos na industria
A mecanización provoca un excedente de man de obra no campo que pasa a ser man de obra barata para a industria
Dificultades da industrialización Escasa modernización da agricultura.
Non permitiu a acumulación capital A escasa innovación non incrementou demanda productos
industriais.
Inexistencia dun mercado nacional Escasa capacidade de consumo do mercado interior.
Maioría da poboación son labregos e obreiros con escasa capacidade de consumo
Atraso na modernización transporte. Mala rede de estradas para carro. Escaso e tardío
desenvolvemento do ferrocarril. Dificulta especialización regional, pois dificulta o transporte a
longa distancia Non facilitou o abaratamento productos
Atraso da revolución industrial Falta de capitais
Mentalidade dos empresarios Buscan investimentos seguros: terra, débeda pública Non investimentos en tecnoloxía. Explotación da mans de obra
Dependencia de capitais extranxeiro en sectores clave: sideruruxia, minería, ferocarril ou incluso en industria agopecuaria siderurxia
Atraso técnico Escasa inversión en ciencia e tecnoloxía Deficiente sistema educativo: control da Igrexa Man de obra abundante e barata Proteccionismo
Inestabilidade política e retraso das reformas políticas liberais Casi ata finais dos anos trinta non se realizan as reformas que
facilitan o desenvolvemento económico capitalista Inestabilidade política de boa parte do século XIX.
A industria téxtil catalanaFactores que favorecen o
desenvolvemento do téxtil catalán
Experiencia anterior á Guerra de Independencia
Acumulación de capital: exportación aguardentes, etc
Maior consumo interior: labregos propietarios das terras
Man de obra abundante e barata
Proteccionismo especialmente a finais de século
A industria téxtil catalana
Características Colonias e Vapores Dependencia tecnolóxica
exterior: importacón de maquinaria
Importancia do mercado colonial
Depende políticas porteccionistas
Atraso técnico Escasa competitividade
exterior Empresas familiares
A industria téxtil catalanaEvolución Crecemento 1830-1860 Crise anos 60 (guerra
secesión EE.UU) Crecemento 1868-1898 Crise inicios 1898 pola
perda do mercado caribeño
Diversificación industrial a partir do téxtil:
Ind. mecánica, metralúrxica, química, etc.
A minería Importante riqueza mineira:
ferro, cumbo, mercurio, cobre, etc, pero escasa explotación Baixa demanda Falta capital Atraso tenolóxico
A explotación a grande escala a pertir de 1868: lei de bases sobre minas. Facilita os investimentos extranxeiros
A maior parte das empresas son francesas, británicas, holandesas, etc atraidas por Ricos xacementos: ferro,
mercurio, cobre, etc. Man de obra abundante
e barata Facilidades legais para o
investimento, baixa presión fiscal
A producción expórtase en bruto casi na súa totalidade a baixo prezo
Os beneficios van fora de España
A siderurxia Desenvolvemento tardío
Escasa demanda de ferramenta agrícola e maquinaria
Tardío desenvolvemento do ferocarril: importación do material (lei de ferrocarris 1855)
Falta de capitais Exportación de case toda da
producción de ferro (90% case ata finais de século)
Atraso tecnolóxico Inicios do século XX os altos fornos
substitúen as ferreirías tradicionais Etapas
Malaga: anos 40 Carbón vexetal Fundicións tradicionais
Asturias: anos 60-70 Carbón baixa calidade Ferro vasco
Biscaia: anos 80-90
Siderurxia Vasca Crecemento no ultimo cuarto
do século Ferro abundante e de alta
calidade Estreita relación con Inglaterra
Capitais acumulados na minería; compañias mixtas vasco-británicas
Carbón de alta calidade importado de inglaterra.
Tecnoloxía británica. Demande de ferro colado
Desenvolvemento do ferrocarril: importante mercado interno
Proteccionismo dende 1891 Diversificación industrial
Construcción naval Maquinaria
O transporte
Estradas e camiños Ata mediados de
século moi poucas estradas de primeiro orde
Pese ó crecemento da rede de estradas segue a ser deficiente
Trazado radial
TRANSPORTE MARÍTIMO Mellora dos barcos de vela Lenta introducción do vapor. A finais
de século hai máis barcos de vela que de vapor
Incidencia no comercio interior: navegación de cabotaxe
Crecemento da navegación trasatlántica a finais de século
O Ferrocarril Desenvolvemento lento e tardío
Falta de investimentos Atraso técnico Escasa demanda
A Lei de ferrocarrís de 1855 estimulou a construcción Suprime aranceis para
importación de materiais Facilita os investimentos de
capital exterior Concede certos vantaxes as
empresas que construen o ferrocarril
Explotación de terreos contiguos a liña
Axudas públicas para recuperar o capital se a liña non era rendible
Rede deficiente Rede radial que dificulta a
comunicación entre zonas períféricas pero moi dinámicas
Rede pouco densa comparada con outros países europeos.
Ten un ancho de vía diferente o que dificultará conexión ferroviaria co resto de Europa
Efectos posibles do ferrocarril Favoreceu un aumento do consumo
Abaratamento dos prezos do transporte e consecuentemente dos productos
Acceso a máis bens procedentes doutras rexións ou países Moi importante para bens perecederos (alimentos, etc)
Especialización rexional Non é necesario producir todo o que se necesita na propia
rexión. Pódes traer doutras e vender a otras con máis facilidade Estimulou a agricultura comercial, facilitando o acceso
ós mercados urbanos Crecemento da siderurxia Crecemento da minería de carbón e ferro Facilidades para o desprazamento da poboación En España estos efectos foron escasos debidos a
Escasa densidade da rede de ferrocarril Importación de material para a construcción do ferocarril Desenvolvemento tardío
Comercio interior Non hai un mercado
nacional integrado Mercado rexional e
comarcal. A maior parte dos productos que se inercambian proceden da propia comarca ou rexión
Importancia das feiras e mercados periódicos
Dificultades de transporte Orografía montañosa
dificulta a comunicación do interior e a periferia
Malas váis de comunicación Lento e deficiente
desenvolvemento do ferrrocarril
Lentitude das reformas políticas Ata os anos 40 non se
suprimen moitos impostos que gravaban o transporte (dereitos de portas, pontádegos, etc)
Novo sistema monetario, a peseta a finais dos anos 60
Non se unifica o sistema de medidas (sistema métrico decimal) ata os anos 80
Telégrafo ata a mediados dos anos 50
Comercio exterior En xeral durante o século
foi deficitario: importa por maís valor do que exporta
Exportábase sobre todo minerais, viño, aceite,e materias primas en xeral
Importa productos manufacturados, maquinaria e tamén trigo, pese ás políticas proteccionistas
A inicios de século crise pola Guerra de Independencia e a perda das colonias
A facenda: :
Os impostos: Reforma fiscal de 1845
Impostos directos: sobre a propiedade da terra e a industria Impostos indirecrtos: gravan o consume de productos de primeira
necesidade Problemas
Pouca capacidade para recaudar e polo tanto escasos ingresos Incapacidade técnica: falta de empregados públicos, de técnicos, de
interés real por recaudar certos impostos directos Fraude fiscal: quen máis ten defrauda e paga poucos impostos directos
O deficit público permanente. Gastábase máis do que se ingresaba. (Non é que se gastara moito en
cousas como educación, saúde, infraestructuras, etc. é que se ingresaba pouco)
Emisión de títulos de débeda pública agraba o problema: Boa parte dos ingresos do estado vanse en pagar os xuros da débeda. Ademais inmovilizou capitais que deixaron de se investir en industria
O sistema era percibido como inxusto polas clases populares, pois se basaba máis nos impostos indirectos (que afectaban máis as clases baixas) que noos directos (que en principio afectaría máis ás clases propietarias). Os consumos eran moi impopular
Política comercial Predominio políticas proteccionistas
Apoiadas por boa parte da oligarquía ( que é que toma as decisións, que exerce o poder durante a Época Isabelina e a Restauración)
Grandes terratenientes, porductores de cereal para asegurar o mercado fronte a importación de cereais
Industria catalana: asegurara o mercado interior fronte ás importacións de ingletera sobre todo cunha industria moito máis desenvolvida e que ofrece un producto máis competitivo (máis calidade e menos prezo)
O proteccionismo tivo aspectos positivos e negativos Positivos:
Desenvolvemento da industria ó asegurar un mercado, unha demanda Facilitou o crecemento da producción de cereal, asegurando a
demanda Negativos
Non favoreceu o desenvolvemento técnico (para que innovar se non hai competencia?)
Diminución da calidade e encarecemento de certos productos. Máis dificultades para acceder a mercados exteriores
Banca e sistema monetario
Ata os anos trinta mantense unha grande varidade de moedas e sistemas de pesos e medidas
1868 estabécese a peseta como unidade monetaria, ainda que tarde en xeneralizarse
Emisión de billetes de banco Creación do Banco de España
como único autorizado a emitir billetes (dende 1874)
Creación da bolsa de comercio de Madrid.
A Industria galega a inicios de XIX Sectores máis desenvolvidos:
O liño. Industria rural: materia prima, ríos,
experiencia tecelán. Actividade complementaria da
agricultura: mulleres. Importación de materia prima. Exportación de parte da
producción Organización similar ó “domestica
sistema” Coiros e curtidos
Disponibilidade de materia prima e os medios para transformala: coiro (gando), carballos e auga
Demanda interna e de fora de Galicia
Construcción naval Creación da estaleiro de ferrol Tira doutras industrias: madeira,
aparellos
Sector pesqueiro Cambios coa chegada dos
cataláns: novas técnicas de pesca (Xávega, redes de arrastre), novas técnicas de conservación e salga; proletarización dos pescadores.
Xera un incremento da actividade de pequenos estaleiros, construcción de aparellos, etc
Siderurxia. Existencia de numerosas
siderurxias tradicionais, sobre todo no leste de Lugo: mineral de ferro, madeira para o carbón vexetal, auga para mover os mazos.
Consumo local e comarcal. Creación a finais de século da
primeira fundición moderna española, a fábrica de Sargadelos.
A Industria galega a finais de XIX
Sectores en decadencia Crise da industria do liño: non se
avanza cara mecanización e concentración en fábricas Falta de iniciativas empresariais Perda mercado americano Competencia algodón catalán
Crise ferrarías tradicionais Competencia siderurxia vasca Escasa demanda interna
Decadencia do curtido coiros Os novos avance técnicos
(químicos) permiten desplazala de zonas de bosque e ríos e achegala máis os mercados
Non adopta novas técnicas industriais: non hai industria química
Caida demanda a finais de século
causas Debilidade burguesía galega
que ademais inviste boa parte do seu capital en terras
Dificultades transporte Xeografía Lento desenvolvemento
ferrocarril Mercado interno moi
limitado Cidades pequenas Poca capacidade consumo
labregos: autoconsumo
Sectores modernizados a finais XIX A industria conserveira e a
pesca Tradición Materia prima abundante Crecemento da demanda Capital catalan e indiano
A construcción naval Crecemento demanda: pesca,
transporte mercadurías (cabotaxe)
Asteleiro de Ferrol Desenvolvemento da ría de
Vigo Fábricas de tellas e ladrillo
Crecemento urbano