Tripticopresentacionbiblio
-
Upload
marta-maceira -
Category
Documents
-
view
221 -
download
2
description
Transcript of Tripticopresentacionbiblio
Contamos cun blogue no que con-tamos as novidades do noso cole, compartimos os traballiños dos alum-nos, o ratiño de Conmeniño nos trae moitos contos lecturas e actividades para ler e descubrir, así como xogos cos que pasar un bo rato coa lectura. Só tedes que visitalo para descubrir todo o que acontece no noso cole e unha morea de cousas máis.
É ademais unha ferramenta de comu-nicación coas familias, polo que pode-des tamén deixar nel os vosos comen-tarios, suxerencias...
Só tedes que visitar a seguinte di-rección:
http://biblioconmeninho.blogspot.com.es
Ou acceder dende a páxina web do cole:
http://www.edu.xunta.es/centros/
ceipconmeninho/
Biblioteca CEIP
Conmeniño
HORARIO Luns a venres de 8:45 a
13:45h Luns, mércores e xoves de
15.45 a 17:45 h.
Actividades, horario,
normas, o que alí podes
http://biblioconmeninho.blogspot.com.es/
Equipo de biblioteca
A B I B L I O T E C A
d o C E I P C O N M E N I Ñ O
O blogue da biblioteca
Vémonos na biblioteca de Conmeniño!
A nosa BIBLIOTECA é un centro de recursos custodiado, como xa sa-bedes, pola nosa mascota, o ratiño de Conmeniño. Un lugar onde pode-redes atopar moitas cousas intere-santes, viaxar no tempo e no espazo, descubrir historias fantásticas, feitos fascinantes e persoaxes alucinantes. Nela poderedes atopar materiais para enriquecer as túas aprendizaxes, ato-par información ou facer voar moi lonxe a túa ima-xinación. Animádevos a vir descubrila!!!
Dende a nosa biblioteca pretende-mos fomentar o gusto pola lectura entre os nenos e nenas do cole, polo que poñemos en marcha diversas ac-tividades ao longo do curso.
Cada curso, dende a biblioteca, pro-ponse un tema de traballo que serve como eixo para as actividades organiza-das durante o curso.
Estade moi atentos para descubrir o tema deste ano, para o que, unha vez máis, agardamos contar coa vosa cola-boración.
A NOSA BIBLIOTECA
A mochila viaxeira
Un ano máis, pomos en marcha as mochilas viaxeiras, actividade a través da cal cada neno levará para casa, durante 2 semanas do curso, unha mochila con libros de distinto tipo adap-tados á súa idade. Ademais na mochila viaxa tamén o caderno viaxeiro un caderno de bitá-cora no que os nenos compartirán co resto dos compañeiros do cole a experiencia vivida en familia coa mochila ( o que leron, o que aprenderon, o seu libro favorito, a personaxe máis divertida…)
O servizo de préstamo
A partir do 1 de outubro e ata o mes de maio, ambos inclusive, o alumnado pode coller presta-dos libros da biblioteca escolar, ben polas ma-ñás no horario no que vaian co profesorado ou no recreo (a partir de novembro), ou polas tar-des no horario no que está aberta a biblioteca.
Cada alumno ten un carnet da bi-blioteca (arquivados na biblioteca) co que poderá coller libros de préstamo.
Poden levar prestados 2 libros de ficción por un tempo máximo de 15 días. Se non o rematan e queren con-tinualo, pódese renovar o préstamo. Non se prestan: - Enciclopedias e dicionarios. - Libros e materiais marcados. Importante! Se teñen un material emprestado e está fóra de prazo non se pode levar ningún máis ata devolver o que está na casa.
Se algún libro emprestado se per-de ou estraga, a familia deberá res-ponsabilizarse de repoñelo.
O proxecto anual