RESUMO DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS CONTIDOS …

21
IES FIN DO CAMIÑO (Fisterra) - Departamento de Bioloxía e Xeoloxía CURSO 2010-2011 1 RESUMO DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES E CRITERIOS DE AVALIACIÓN POR UNIDADE DIDÁCTICA PARA CADA NIVEL 1º ESO Contidos mínimos esixibles Participar con actitude positiva en clase. Realizar o traballo diario con regularidade. Coidar e responsabilizarse do seu material, do de outros e do centro. Comprender e expresar mensaxes científicas oralmente. Comprender e expresar mensaxes científicas escritas. Seleccionar información adecuada dun texto. Realizar actividades de síntese. Aplicar conceptos básicos para explicar fenómenos naturais. Participar en equipo con actitude de colaboración. Astros: estrelas, planetas, satélites, asteroides e cometas. Galaxias, a Vía Láctea e o Sistema Solar. Os movementos e capas de Terra. Eclipses. Propiedades xerais da materia. Magnitudes e unidades de medida. O Sistema Internacional de Unidades. Estados da materia. Propiedades de sólidos, líquidos e gases. Átomos e moléculas. Símbolos químicos. Sustancias puras e mesturas. Disolucións. A atmosfera. Capas e funcións. Contaminación atmosférica. A auga. A hidrosfera. Ciclo da auga. A auga e a saúde. A xeosfera. Minerais e rochas. Tipos. Os seres vivos. Funcións vitais. A célula. Os cinco reinos. Os virus. Criterios de avaliación por unidade didáctica 1. A Terra no Universo a) Explicar o significado de unidade astronómica (UA) e ano luz. b) Coñecer a posición relativa dos distintos corpos que compoñen o sistema solar e, en especial, a do sistema Terra-Lúa. c) Describir a causa da secuencia das estacións. d) Describir a causa pola que se poden observar as fases lunares. e) Relacionar o momento do día no que se observa a Lúa coa fase na que se atopa. f) Coñecer por que se producen as estacións e os solsticios e equinoccios en ambos hemisferios terrestres. g) Comprender o mecanismo de formación das eclipses.

Transcript of RESUMO DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS CONTIDOS …

Page 1: RESUMO DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS CONTIDOS …

IES FIN DO CAMIÑO (Fisterra) - Departamento de Bioloxía e Xeoloxía CURSO 2010-2011

1

RESUMO DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS

CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES E CRITERIOS DE AVALIACIÓN POR UNIDADE DIDÁCTICA PARA CADA

NIVEL

1º ESO

Contidos mínimos esixibles

Participar con actitude positiva en clase.

Realizar o traballo diario con regularidade.

Coidar e responsabilizarse do seu material, do de outros e do centro.

Comprender e expresar mensaxes científicas oralmente.

Comprender e expresar mensaxes científicas escritas.

Seleccionar información adecuada dun texto.

Realizar actividades de síntese.

Aplicar conceptos básicos para explicar fenómenos naturais.

Participar en equipo con actitude de colaboración.

Astros: estrelas, planetas, satélites, asteroides e cometas. Galaxias, a Vía Láctea e o Sistema Solar.

Os movementos e capas de Terra. Eclipses.

Propiedades xerais da materia. Magnitudes e unidades de medida. O Sistema Internacional de Unidades.

Estados da materia. Propiedades de sólidos, líquidos e gases.

Átomos e moléculas. Símbolos químicos.

Sustancias puras e mesturas. Disolucións.

A atmosfera. Capas e funcións. Contaminación atmosférica.

A auga. A hidrosfera. Ciclo da auga. A auga e a saúde.

A xeosfera. Minerais e rochas. Tipos.

Os seres vivos. Funcións vitais. A célula.

Os cinco reinos. Os virus.

Criterios de avaliación por unidade didáctica

1. A Terra no Universo

a) Explicar o significado de unidade astronómica (UA) e ano luz.

b) Coñecer a posición relativa dos distintos corpos que compoñen o sistema solar e, en especial, a do sistema

Terra-Lúa.

c) Describir a causa da secuencia das estacións.

d) Describir a causa pola que se poden observar as fases lunares.

e) Relacionar o momento do día no que se observa a Lúa coa fase na que se atopa.

f) Coñecer por que se producen as estacións e os solsticios e equinoccios en ambos hemisferios terrestres.

g) Comprender o mecanismo de formación das eclipses.

Page 2: RESUMO DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS CONTIDOS …

IES FIN DO CAMIÑO (Fisterra) - Departamento de Bioloxía e Xeoloxía CURSO 2010-2011

2

2. Propiedades da materia

a) Definir o concepto de materia.

b) Describir procedementos que poñan de manifesto que os gases tamén son materia.

c) Clasificar distintas propiedades da materia en intensivas e extensivas.

d) Clasificar distintas propiedades da materia en medibles e non medibles.

e) Definir o concepto de magnitude.

f) Relacionar as magnitudes fundamentais cos instrumentos utilizados para as medir.

g) Describir distintos procedementos para medir masas de líquidos e volumes de sólidos irregulares.

h) Transformar unidades de medida noutras que sexan múltiplos e/ou submúltiplos das primeiras.

i) Saber facer cálculos sinxelos que inclúan a utilización das diferentes unidades do sistema internacional.

3. Os estados da materia

a) Indicar as características de cada un dos tres estados nos que se presenta a materia e explicalas tendo en conta

a teoría cinética.

b) Describir, a partir da teoría cinética, a compresión e difusión dos gases, a fluidez dos líquidos e a rixidez dos

sólidos.

c) Definir o concepto de sólido cristalino.

d) Diferenciar os tres estados da materia en función das propiedades xerais (volume, masa e densidade).

e) Indicar os nomes cos que se designan os distintos cambios de estado.

f) Explicar os cambios de estado a partir da teoría cinética.

g) Diferenciar os conceptos de vaporización, evaporación e ebulición.

h) Definir os conceptos de punto de fusión e de ebulición.

i) Explicar e aplicar as técnicas adecuadas para medir o punto de fusión e de ebulición.

j) Deducir, a partir da gráfica correspondente, os cambios de estado que experimenta unha determinada

substancia.

4. Mesturas e substancias puras

a) Diferenciar sistema homoxéneo de sistema heteroxéneo.

b) Poñer exemplos de sistemas homoxéneos nos que se poida determinar se se trata de mesturas ou de

substancias puras.

c) Identificar distintas mesturas heteroxéneas presentes na natureza.

d) Poñer exemplos de mesturas e indicar a técnica de separación máis axeitada para cada un.

e) Definir os conceptos de disolución, disolvente e soluto.

f) Enumerar e definir as propiedades características máis importantes dunha substancia pura.

g) Analizar unha gráfica que represente o cambio de estado dunha substancia, indicando que cambios se

producen e a que temperaturas.

h) Diferenciar de forma precisa entre cambio físico e cambio químico.

i) Distinguir as mesturas das substancias puras e os elementos dos compostos.

j) Explicar a existencia de elementos químicos tanto en seres vivos como en substancias inertes.

k) Desenvolver destrezas e habilidades no traballo de laboratorio: a correcta manipulación dos instrumentos e

materiais, e a presentación formal dos informes escritos.

Page 3: RESUMO DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS CONTIDOS …

IES FIN DO CAMIÑO (Fisterra) - Departamento de Bioloxía e Xeoloxía CURSO 2010-2011

3

5. A parte gasosa da Terra

a) Coñecer a estrutura e a composición da atmosfera, así como as características de cada un dos seus

compoñentes.

b) Establecer relacións entre os compoñentes químicos da atmosfera e os procesos biolóxicos e meteorolóxicos.

c) Coñecer o papel protector que a atmosfera ten sobre a vida no noso planeta.

d) Explicar a incidencia da capa de ozono sobre a superficie do planeta.

e) Explicar as repercusións da contaminación do aire no quentamento da Terra e os seus efectos sobre os seres

vivos.

f) Establecer relacións entre a calidade do aire e a saúde, e coñecer os principais contaminantes do aire.

6. A parte líquida da Terra

a) Describir que é a hidrosfera e cal é a súa orixe.

b) Relacionar as propiedades da auga coas funcións que desempeña na natureza.

c) Describir as propiedades da auga en relación co volume, a masa e a densidade cando cambia de estado.

d) Representar o ciclo da auga.

e) Describir os procesos que interveñen no ciclo da auga e salientar a súa importancia.

f) Coñecer as formas de se presentar a auga nos continentes.

g) Diferenciar a auga doce da auga de mar e describir os tipos de auga doce.

h) Diferenciar os procesos de potabilización e depuración da auga.

i) Coñecer as formas de contaminación propias do medio acuático e as consecuencias que teñen para o normal

funcionamento da vida.

j) Establecer unha relación causa-efecto entre a auga contaminada e certas enfermidades no ser humano.

k) Coñecer as medidas de aforro de auga.

7. A parte sólida da Terra

a) Entender o concepto de mineral e as súas propiedades e saber aplicalo para recoñecer se determinadas

substancias son ou non minerais.

b) Salientar a importancia dos minerais.

c) Entender o concepto de rocha e explicar en que se distingue dun mineral.

d) Saber que tipos de rochas existen segundo a súa orixe.

e) Coñecer as rochas máis típicas dentro de cada grupo de clasificación.

f) Coñecer a utilidade dos tipos de rochas así coma os materiais artificiais de uso máis frecuente obtidos a partir

delas.

g) Recoñecer e describir os distintos métodos de explotación de minerais e rochas.

h) Coñecer a estrutura en capas da Terra. i) Relacionar a litosfera coa cortiza ou codia terrestre.

j) Coñecer os elementos químicos máis abundantes na cortiza ou codia terrestre.

k) Manexar técnicas sinxelas para o recoñecemento de rochas e minerais.

8. A Terra, un planeta habitado

Page 4: RESUMO DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS CONTIDOS …

IES FIN DO CAMIÑO (Fisterra) - Departamento de Bioloxía e Xeoloxía CURSO 2010-2011

4

a) Explicar as características físicas e químicas da Terra que permitiron a orixe, o desenvolvemento e o

mantemento da vida.

b) Describir a composición e a organización da materia viva e diferenciala da inerte.

c) Recoñecer que os seres vivos están constituídos por células, e partindo desta como unidade de organización e

funcionamento, explicar as funcións comúns a todos os seres vivos.

d) Coñecer a diferenza entre a célula procariota e a eucariota.

e) Establecer semellanzas e diferenzas entre distintos tipos celulares. f) Establecer semellanzas e diferenzas entre

os procesos de nutrición autótrofa e heterótrofa.

g) Explicar a importancia das funcións vitais e establecer relacións entre elas.

h) Definir a diversidade dos seres vivos e relacionala coa aparición e extinción das especies.

9. Seres vivos. Os microorganismos

a) Recoñecer a necesidade de fixar criterios de clasificación definíndoos como as características seleccionadas

para agrupar os elementos dun conxunto.

b) Definir as categorías taxonómicas como distintos niveis de organización para clasificar os seres vivos.

c) Expoñer as características polas que determinados grupos de individuos se inclúen dentro dunha especie.

d) Definir o concepto de nomenclatura binomial, recoñecer a súa importancia e saber aplicala baixo as directrices

do profesor.

e) Nomear os cinco reinos e as características que os definen.

f) Describir as características dos virus.

g) Identificar os organismos que se inclúen no reino Móneras e recoñecer a importancia dalgúns grupos de

bacterias.

h) Identificar que grupos de seres vivos pertencen ao reino Protoctistas.

i) Coñecer as características dos protozoos e as clases nas que se dividen.

j) Coñecer as características das algas e a súa importancia para o medio mariño.

k) Saber clasificar as algas en función do pigmento predominante nelas.

l) Describir as principais características dos organismos incluídos no reino Fungos e recoñecer a necesidade de

clasificalos nun reino independente do das plantas.

m) Recoñecer a importancia dos fungos.

n) Relacionar algunhas enfermidades típicas co microorganismo que as produce.

o) Saber manexar claves sinxelas de clasificación.

10. As plantas

a) Describir as principais características das plantas.

b) Explicar a base do proceso da fotosíntese.

c) Diferenciar o proceso da fotosíntese do da respiración.

d) Clasificar as plantas atendendo á presenza ou ausencia de flores.

e) Coñecer as características das hepáticas, dos brións e dos fentos.

f) Relacionar as envoltas florais da flor das anxiospermas coa función que desempeñan na reprodución.

g) Comparar as características das anxiospermas coas das ximnospermas.

h) Describir as partes da raíz, do talo e das follas e relacionalas coa súa función. i) Saber manexar claves sinxelas

de clasificación.

Page 5: RESUMO DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS CONTIDOS …

IES FIN DO CAMIÑO (Fisterra) - Departamento de Bioloxía e Xeoloxía CURSO 2010-2011

5

11. Os animais

a) Describir as principais características morfolóxicas dos grupos de invertebrados e vertebrados.

b) Relacionar os órganos que presentan os animais coa función que realizan.

c) Comprender o concepto de metamería e citar exemplos de órganos que presenten esta característica nos

anélidos.

d) Describir o concepto de metamorfose.

e) Describir os trazos que caracterizan a especie humana.

f) Establecer relacións entre a presenza de determinadas estruturas e a súa adaptación ó medio.

g) Identificar a clase ou a orde á que pertencen diversos exemplares de animais, a partir da observación das súas

características máis relevantes, coa axuda de claves ou guías.

h) Saber utilizar claves dicotómicas de clasificación.

12. Flora e fauna de Galicia

a) Coñecer a biodiversidade galega.

b) Identificar as especies animais e vexetais máis representativas da nosa comunidade.

c) Recoñecer algunhas especies endémicas, autóctonas e introducidas en Galicia.

d) Concienciarse da fraxilidade da nosa flora e fauna.

Page 6: RESUMO DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS CONTIDOS …

IES FIN DO CAMIÑO (Fisterra) - Departamento de Bioloxía e Xeoloxía CURSO 2010-2011

6

2º ESO

Contidos mínimos esixibles

Participar con actitude positiva en clase.

Realizar o traballo diario con regularidade.

Coidar e responsabilizarse do seu material, do de outros e do centro.

Comprender e expresar mensaxes científicas oralmente.

Comprender e expresar mensaxes científicas escritas.

Seleccionar información adecuada dun texto.

Realizar actividades de síntese.

Aplicar conceptos básicos para explicar fenómenos naturais.

Participar en equipo con actitude de colaboración.

O movemento. Sistema de referencia, posición, traxectoria, desprazamento, velocidade e aceleración.

Masa e peso dos corpos.

Tipos de enerxía. Fontes de enerxía. Fontes renovables e non renovables.

A meteorización. Formación de solos.

O vento, os ríos, augas salvaxes, glaciares, augas subterráneas e o mar. Enerxías e procesos relacionados.

Rochas sedimentarias. Carbón e petróleo. Enerxía térmica.

Vulcanismo e terremotos. A formación de rochas magmáticas e metamórficas.

Funcións vitais. A nutrición. Fotosíntese e respiración.

A reprodución asexual e sexual.

Biosfera e ecosistema. Compoñentes abióticos do ecosistema.

Cadeas e redes tróficas.

Criterios de avaliación por unidade didáctica

1. O mundo material

a) Definir os conceptos de materia e enerxía.

b) Coñecer as propiedades da materia e identificar a masa como medida da mesma.

c) Distinguir masa, peso e tamaño.

d) Aplicar de xeito correcto a notación científica en potencias de dez.

Page 7: RESUMO DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS CONTIDOS …

IES FIN DO CAMIÑO (Fisterra) - Departamento de Bioloxía e Xeoloxía CURSO 2010-2011

7

e) Clasificar de modo comparativo as ardes de magnitude.

f) Comprender a natureza descontinua da materia.

2. Materia e enerxía

a) Definir o concepto de enerxía.

b) Recoñecer a diferenza entre o concepto de traballo físico e o significado corrente de realizar un traballo.

c) Entender os conceptos de traballo e calor como axentes transformadores.

d) Distinguir as transformacións de enerxía que teñen lugar en fenómenos sinxelos.

e) Coñecer que hai distintos tipos de sistemas materiais segundo intercambien materia e enerxía con outros.

f) Aplicar o principio de conservación da enerxía a casos simples.

g) Recoñecer as formas de enerxía involucradas en fenómenos sinxelos e cotiáns.

3. A enerxía que nos move

a) Empregar o concepto cualitativo de enerxía.

b) Recoñecer a importancia e as repercusións das diferentes fontes de enerxía para a sociedade e o medio

natural.

d) Coñecer os diferentes recursos enerxéticos de Galicia, as vantaxes e os inconvenientes de cada un.

e) Recoñecer os principais problemas derivados da obtención, do transporte e do emprego dos distintos recursos

enerxéticos.

f) Asociar a eficiencia enerxética e o aforro enerxético co emprego responsable da enerxía como medida de

desenvolvemento sostido.

4. A calor e a temperatura

a) Diferenciar os conceptos de calor e temperatura.

b) Distinguir a enerxía térmica (contida polos corpos) da calor (como tránsito de enerxía térmica).

c) Coñecer as escalas de temperatura Celsius e Kelvin.

d) Saber facer transformacións entre escalas de temperatura.

e) Comprender o principio físico no que se fundamenta o termómetro.

f) Coñecer as distintas unidades de calor.

g) Distinguir as diferentes formas de transmisión da calor.

5. O son

a) Coñecer o concepto de frecuencia, así como o rango de frecuencias de produción do son.

b) Comprender a natureza ondulatoria do son.

c) Explicar fenómenos naturais referidos á transmisión do son.

d) Resolver problemas relativos á velocidade de propagación do son no aire.

e) Comprender e resolver exercicios sinxelos sobre a produción do eco.

f) Distinguir as calidades sonoras.

g) Coñecer os efectos prexudiciais do ruído e valorar as actitudes de prevención da contaminación acústica,

propoñendo medidas correctoras para combatela

6. A luz

Page 8: RESUMO DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS CONTIDOS …

IES FIN DO CAMIÑO (Fisterra) - Departamento de Bioloxía e Xeoloxía CURSO 2010-2011

8

a) Adquirir un coñecemento cualitativo da enerxía que portan as ondas electromagnéticas, os seus tipos, os seus

posibles efectos prexudiciais e o xeito de nos protexer dalgunhas destas radiacións.

b) Coñecer o mecanismo de formación de sombras, penumbras e eclipses e reproducilo mediante diagramas de

raios.

c) Empregar os diagramas de raios para comprender o tipo de imaxes que se forman en espellos planos e curvos.

d) Resolver exercicios relativos á velocidade de propagación da luz.

e) Describir o fenómeno da refracción e valorar a súa aplicación na formación de imaxes a través de lentes

delgadas.

f) Explicar a descomposición da luz e resolver cuestións de composición de cores.

g) Recoñecer os fenómenos que dan lugar á visión das cores en materiais transparentes e opacos.

h) Resolver cuestións relativas á cor resultante dunha mestura aditiva, subtractiva, de iluminación con luz de cor

ou de observación a través de filtros colorados.

7. A enerxía interna da Terra

a) Saber cal é a orixe da enerxía xeotérmica.

b) Explicar porque se moven as placas litosféricas.

c) Comprender a formación de cordilleiras debido ao movemento de placas.

d) Describir como se producen os volcáns.

e) Distinguir as partes dun volcán.

f) Explicar como se producen os terremotos.

g) Describir os elementos dun terremoto.

h) Saber que tipos de ondas sísmicas existen e a información que nos fornecen para coñecer a estrutura da Terra.

i) Describir os desastres que pode ocasionar un terremoto e un volcán.

j) Coñecer os indicios que se repiten nos momentos previos a unha erupción volcánica e a un movemento

sísmico.

l) Saber que medidas cómpre adoptar para minimizar os danos dun terremoto ou dunha erupción volcánica.

8. A enerxía interna e o relevo

a) Explicar de que xeito os procesos xeolóxicos internos contribúen á construción do relevo.

b) Relacionar o movemento de choque de dúas placas coa formación de cordilleiras.

c) Explicar de que xeito, cando dúas placas se separan, se forman dorsais oceánicas.

d) Identificaras distintas formacións que se poden atopar nos fondos mariños.

e) Describir as principais deformacións que poden aparecer nas rochas.

f) Explicar a orixe das rochas endóxenas (magmáticas e metamórficas).

g) Recoñecer as principais rochas ígneas e metamórficas.

h) Interpretar o ciclo das rochas.

9. As funcións dos seres vivos (I)

a) Comprender que os seres vivos precisan de materia e enerxía para realizar as súas funcións.

b) Lembrar que a célula é a unidade de organización e de funcionamento dos seres vivos.

c) Coñecer as diferentes funcións que desempeñan as células nos seres vivos.

d) Comprender o concepto de nutrición como función primordial para o mantemento da vida.

e) Diferenciar os conceptos de nutrición autótrofa e nutrición heterótrofa.

Page 9: RESUMO DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS CONTIDOS …

IES FIN DO CAMIÑO (Fisterra) - Departamento de Bioloxía e Xeoloxía CURSO 2010-2011

9

f) Comprender a importancia biolóxica e ecolóxica da fotosíntese.

10. As funcións dos seres vivos (II)

a) Explicar as diferenzas entre a reprodución asexual e a sexual.

b) Diferenciar a reprodución en animais e plantas. Explicar algunhas técnicas empregadas para reproducir plantas

de xeito asexual.

c) Definir os conceptos de gameto, gónada e espora. Indicar os nomes e a localización dos órganos reprodutores

das plantas e dos animais.

d) Explicar que se entende por coordinación e a súa importancia nos seres vivos.

e) Establecer as diferenzas entre coordinación nerviosa e coordinación hormonal.

f) Explicar que se entende por adaptación e a súa importancia nos seres vivos.

g) Citar exemplos de adaptacións morfolóxicas, fisiolóxicas e de conduta.

11. Materia e enerxía nos ecosistemas

a) Definir os conceptos de poboación, biocenose, biótopo, biosfera e ecosistema, poñendo en cada caso un

exemplo.

b) Explicar que condicións se deben cumprir para que un biótopo e unha biocenose constitúan un ecosistema.

c) Definir o concepto de factor dun ecosistema.

d) Citar algúns factores, clasificalos en abióticos e bióticos e explicar como se observan e miden.

e) Explicar a importancia da auga nos ecosistemas.

f) Explicar en que consisten diferentes relacións interespecíficas.

g) Definir o concepto de nivel trófico, citar os distintos niveis tróficos que se atopan nun ecosistema e explicar a

función de cada nivel.

h) Explicar o fluxo da enerxía e o ciclo da materia nun ecosistema.

i) Explicar esquemas dos ciclos do carbono, do nitróxeno e da auga.

j) Explicar esquemas que representen cadeas e redes alimentarias sinxelas.

k) Interpretar pirámides tróficas sinxelas.

l) Explicar que se entende por biomasa, por que é importante desde o punto de vista ecolóxico e determinar as

principais fontes de biomasa.

m) Explicar algunhas implicacións da acción humana nos ecosistemas.

n) Definir o concepto de desenvolvemento sostido.

12. A diversidade dos ecosistemas

a) Establecer as diferenzas entre o medio terrestre e o medio acuático.

b) Definir o concepto de sucesión ecolóxica.

c) Definir e explicar o concepto de comunidade clímax.

d) Describir as distintas etapas dunha sucesión ecolóxica.

e) Definir o concepto de estrato nun ecosistema.

f) Explicar en que consiste o equilibrio ecolóxico.

g) Definir o concepto de bioma.

h) Coñecer os nomes, situación xeográfica e clima dos principais biomas terrestres.

i) Coñecer a fauna e a flora máis característica de cada un dos biomas terrestres.

j) Explicar as características dos biomas máis típicos do noso país.

Page 10: RESUMO DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS CONTIDOS …

IES FIN DO CAMIÑO (Fisterra) - Departamento de Bioloxía e Xeoloxía CURSO 2010-2011

10

k) Explicar as características dos ecosistemas máis típicos do noso país.

l) Explicar en que consiste a desertización.

m) Nomear e situar as distintas rexións mariñas.

n) Definir os conceptos de bentos, necto e plancto.

o) Coñecer as características dos diferentes tipos de augas continentais.

3º ESO

Contidos mínimos esixibles

Participar con actitude positiva en clase.

Realizar o traballo diario con regularidade.

Coidar e responsabilizarse do seu material, do de outros e do centro.

Comprender e expresar mensaxes científicas oralmente.

Comprender e expresar mensaxes científicas escritas.

Seleccionar información adecuada dun texto.

Realizar actividades de síntese.

Aplicar conceptos básicos para explicar fenómenos naturais.

Participar en equipo con actitude de colaboración.

Identificación dos niveis de organización do corpo humano: aparellos, sistemas, órganos, tecidos e células.

Valoración da saúde como un ben individual e colectivo. Identificación dos factores que condicionan a saúde

e a enfermidade. Importancia dos hábitos de vida saudable e o coñecemento dos factores de risco.

Explicar as funcións dos aparatos que interveñen na nutrición (dixestivo, respiratorio, circulatorio e excretor),

as súas partes e as súas relacións. Hábitos saudables sobre a nutrición.

Explicar as funcións dos aparatos e sistemas que interveñen na relación (nervioso, endocrino e locomotor,

Page 11: RESUMO DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS CONTIDOS …

IES FIN DO CAMIÑO (Fisterra) - Departamento de Bioloxía e Xeoloxía CURSO 2010-2011

11

así como os órganos dos sentidos), as súas partes e as súas relacións. Hábitos de vida saudables. Efecto de

diversas substancias sobre o sistema nervioso.

Distinguir reprodución de sexualidade na especie humana. Coñecer o funcionamento do aparato reprodutor

feminino e masculino. Hábitos de hixiene saudables.

Coñecer os avances científicos para facilitar a reprodución e o control de natalidade.

Recoñecemento da dependencia humana dos recursos naturais e da importancia fundamental da súa

xestión sustentable.

Análise e valoración do uso cotián de recursos básicos (produción e consumo de enerxía, o uso da auga e do

aire) e a produción de residuos e o seu tratamento.

Análise da paisaxe como resultado da acción conxunta dos fenómenos naturais e a intervención humana.

Axentes xeolóxicos externos: a meteorización, os torrentes, as augas subterráneas, os ríos, o mar, o xeo e o

vento.

Identificación do papel dos axentes internos na formación do relevo.

Orixe das rochas sedimentarias. A orixe do carbón, o petróleo e o gas natural, e valoración do seu uso e

esgotamento.

Criterios de avaliación por unidade didáctica

1. A organización do corpo humano

a) Identificar a célula como unidade estrutural e funcional do corpo humano.

b) Definir tecido, órgano, aparato e sistema, e establecer relacións entre eles.

c) Coñecer os diferentes tecidos que conforman o corpo humano e a función que desempregan.

d) Coñecer os aparatos e sistemas do corpo humano e a función que desempregan no conxunto do organismo.

e) Establecer relacións entre os aparatos do corpo humano.

2. O ser humano e a saúde

a) Comprender o significado preciso dos termos saúde e enfermidade e explicar os factores que interveñen en

ámbolos dous.

b) Distinguir entre enfermidades infecciosas e non infecciosas, e sinalar as súas causas.

c) Establecer relacións entre os hábitos de vida, a saúde e a enfermidade.

d) Coñecer os diferentes grupos de microorganismos patóxenos e as medidas preventivas básicas para evitar as

enfermidades infecciosas.

e) Describir as defensas naturais do organismo fronte ás enfermidades infecciosas.

f) Coñecer os diferentes tipos de enfermidades non infecciosas e os hábitos de vida fundamentais para previlas.

g) Interesarse pola importancia de coñecer os primeiros auxilios básicos.

h) Comprender o beneficio dos transplantes e os problemas que orixina a súa realización.

3. Alimentación e nutrición

a) Comprender o significado preciso de nutrición, nutrientes e alimentos.

b) Coñecer as necesidades nutricionais.

c) Sinalar os diferentes tipos de nutrientes e as distintas clases de alimentos.

d) Enumerar as condicións que debe reunir unha dieta equilibrada.

Page 12: RESUMO DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS CONTIDOS …

IES FIN DO CAMIÑO (Fisterra) - Departamento de Bioloxía e Xeoloxía CURSO 2010-2011

12

e) Elaborar dietas equilibradas e algunhas dietas especiais.

f) Describir as consecuencias dunha alimentación incorrecta.

g) Explicar as vantaxes e os inconvenientes dos diferentes hábitos alimentarios.

4. Aparatos dixestivo e respiratorio

a) Comprender o necesidade da nutrición e coñecer os órganos e aparatos que interveñen nela.

b) Describir os procesos fundamentais da dixestión e a relación existente entre a estrutura dos órganos e a súa

función.

c) Explicar, paso a paso, os cambios que teñen lugar nos alimentos dende a súa introdución na boca ata que os

nutrientes correspondentes aparecen no sangue.

d) Coñecer e describir a constitución do aparato respiratorio e mais a función dos seus diferentes órganos.

e) Comprender o proceso de intercambio de gases nos alvéolos pulmonares.

f) Interpretar gráficos e esquemas relacionados cos aparatos dixestivo e respiratorio.

g) Relacionar hábitos saudables co funcionamento correcto destes aparatos.

h) Coñecer as enfermidades máis comúns que afectan os aparatos dixestivo e respiratorio e establecer relacións

cos hábitos non saudables.

5. Aparatos circulatorio e excretor

a) Definir correctamente o concepto de medio interno e comprender a necesidade da súa existencia nos

organismos pluricelulares.

b) Coñecer os compoñentes do sangue e da linfa, e mais a función que desempeña cada un deles.

c) Comprender o funcionamento do corazón e diferenciar os procesos que teñen lugar en cada fase do latexo

cardíaco.

d) Describir o percorrido do sangue polos circuítos circulatorios e localizar as arterias e as veas máis importantes.

e) Explicar o mecanismo de circulación do sangue polos vasos sanguíneos.

f) Enumerar os órganos que interveñen na excreción e sinalar as substancias eliminadas por cada un deles.

g) Describir o aparato urinario, comprender o mecanismo de formación da urina e explicar a función que

desempeña cada parte do nefrón.

h) Coñecer as enfermidades máis comúns que afectan os aparatos circulatorio e excretor e os hábitos de vida

saudables que poden previr a súa aparición.

6. Sistemas nervioso e endócrino

a) Recoñecer e explicar a importancia da función de relación e describir os distintos compoñentes que interveñen

nela.

b) Establecer as semellanzas e as diferenzas entre o sistema nervioso e o endócrino.

c) Describir as neuronas e nomear os diferentes tipos que existen.

d) Coñecer o concepto de corrente nerviosa e como se transmite.

e) Diferenciar os sistemas nervioso cerebrospinal e autónomo, tanto no aspecto anatómico coma no funcional.

f) Enumerar as partes do sistema nervioso central e explicar as súas funcións.

g) Coñecer as principais glándulas endócrinas e as hormonas que segregan.

h) Explicar os conceptos de droga e drogodependencia e sinalar as súas consecuencias e as medidas para

combatelas.

i) Relacionar os hábitos de vida coa aparición de enfermidades que afectan os sistemas nervioso e endócrino.

Page 13: RESUMO DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS CONTIDOS …

IES FIN DO CAMIÑO (Fisterra) - Departamento de Bioloxía e Xeoloxía CURSO 2010-2011

13

7. Receptores e efectores

a) Explicar o concepto de receptores sensoriais e clasificar os distintos tipos que existen.

b) Describir o funcionamento do ollo e do oído en relación coa súa estrutura anatómica.

c) Coñecer a estrutura da pel.

d) Explicar a estrutura dos músculos e a contracción muscular.

e) Coñecer a estrutura dos ósos e as súas funcións.

f) Identificar e localizar os principais músculos e ósos humanos.

g) Coñecer o concepto de articulación e os tipos que existen.

h) Sinalar os hábitos saudables relacionados cos órganos receptores e efectores, e citar algunha enfermidade

causada por non seguilos.

i) Analizar as lesións máis frecuentes e a súa prevención. j) Avaliar a importancia do exercicio físico.

8. Sexualidade e reprodución

a) Definir e diferenciar reprodución e sexualidade.

b) Describir as características da reprodución sexual.

c) Coñecer a estrutura e funcionamento dos aparatos reprodutores masculino e feminino, así como dos gametos

producidos por ambos.

d) Comprender os cambios que ocorren durante os ciclos ovárico e menstrual.

e) Describir o proceso de fecundación.

f) Explicar os cambios fundamentais que teñen lugar dende a formación do cigoto ata o nacemento dun novo

individuo.

g) Coñecer os métodos de control de natalidade, tanto para a reprodución asistida coma para a anticoncepción.

h) Relacionar determinados hábitos e modos de vida coas enfermidades de transmisión sexual.

9. Actividade xeolóxica externa da Terra

a) Relacionar a enerxía solar que incide sobre a Terra coa existencia de cintos de presión e ventos.

b) Recoñecer a presenza de anticiclóns e borrascas, así como o réxime de ventos e a existencia de frontes en

mapas meteorolóxicos sinxelos.

c) Diferenciar os procesos externos e mais os tipos de meteorización máis habituais.

d) Coñecer a acción xeolóxica do xeo, vento, ríos, augas subterráneas e do mar e, tamén, as formas de relevo

asociadas.

e) Recoñecer no campo ou a través de imaxes ou bloques diagrama as formas de relevo máis características.

f) Coñecer algúns modelados, coma o cárstico ou o granítico, influenciados polo tipo de rocha. g) Distinguir as

formas de relevo asociadas á distinta composición das rochas.

h) Saber en que consiste a diaxénese e distinguir as principais rochas sedimentarias. i) Diferenciar a xénese do

carbón da do petróleo.

j) Coñecer algúns dos riscos da súa explotación e esgotamento.

k) Coñecer e avaliar a influencia directa ou indirecta que o ser humano exerce na paisaxe.

l) Recoñecer algunhas formas de relevo a través da lectura de mapas topográficos.

10. O ser humano e o medio natural

a) Citar as consecuencias ambientais derivadas do consumo excesivo de recursos naturais.

b) Definir recurso, impacto ambiental e residuo.

Page 14: RESUMO DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS CONTIDOS …

IES FIN DO CAMIÑO (Fisterra) - Departamento de Bioloxía e Xeoloxía CURSO 2010-2011

14

c) Enumerar os recursos naturais.

d) Coñecer e establecer as diferenzas entre recursos renovables e non renovables.

e) Describir as diferentes fontes de enerxía.

f) Explicar o ciclo de utilización da auga.

g) Enumerar os parámetros empregados para coñecer a calidade da auga.

h) Coñecer as medidas básicas de aforro enerxético e de auga.

i) Explicar a importancia da redución dos residuos e comentar a regra dos tres erres.

j) Describir a forma na que se leva a cabo a eliminación dos residuos.

k) Explicar o concepto e os principios básicos do desenvolvemento sostible.

11. O medio natural galego

a) Coñecer os factores que determinan a paisaxe galega e como actúa cada un deles.

b) Describir de forma razoada como é o clima en Galicia.

c) Coñecer as estruturas máis representativas do relevo galego.

d) Explicar a variedade de paisaxes en Galicia.

e) Coñecer as características dos factores que determinan o relevo en Galicia.

f) Identificar as accións dos axentes xeolóxicos externos e internos na orixe e modelado das estruturas do relevo

galego.

g) Coñecer algunhas especies vexetais propias das paisaxes galegas.

h) Recoñecer as principais rochas existentes en Galicia.

i) Comprender a necesidade de protexer determinadas paisaxes e coñecer exemplos de paisaxes protexidas en

Galicia.

4º ESO

Contidos mínimos esixibles

Participar con actitude positiva en clase.

Realizar o traballo diario con regularidade.

Coidar e responsabilizarse do seu material, do de outros e do centro.

Comprender e expresar mensaxes científicas oralmente.

Comprender e expresar mensaxes científicas escritas.

Seleccionar información adecuada dun texto.

Realizar actividades de síntese.

Page 15: RESUMO DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS CONTIDOS …

IES FIN DO CAMIÑO (Fisterra) - Departamento de Bioloxía e Xeoloxía CURSO 2010-2011

15

Aplicar conceptos básicos para explicar fenómenos naturais.

Participar en equipo con actitude de colaboración.

Analizar e valorar criticamente o impacto do desenvolvemento científico na sociedade.

Diferenciar entre os procesos de mitose e meiose explicando os conceptos de célula haploide e diploide.

Coñecer a importancia da meiose como mecanismo redutor do número dos cromosomas para formar

gametos. Saber facer e explicar un esquema dun ciclo biolóxico dun organismo animal.

Explicar os conceptos de: xen, alelo, xenotipo, fenotipo, homocigoto, heterocigoto, dominante, recesivo,

codominante, cromosomas homólogos, cromátida cromatina, mutación, transxénico.

Interpretar casos elementais de herdanza biolóxica (tendo en conta un só carácter), facendo predicións

sobre as características da descendencia ou sobre o tipo de herdanza que presenta dito carácter. Coñecer e

explicar a orixe da diversidade dos carácteres nos seres vivos. Coñecer o concepto de diagnóstico prenatal e

a súa finalidade.

Coñecer as teorías de Lamarck e Darwin e aplicalas a casos concretos. Explicar o significado dos feitos que

proban a evolución, así como o proceso de selección natural.

Coñecer os fundamentos das teorías evolucionistas actuais e o papel das mutacións e da reprodución sexual

como fonte de variabilidade. Coñecer algúns datos sobre a orixe da especie humana.

Coñecer os conceptos básicos da ecoloxía: biótopo, ecosistema, biocenose, factor limitante.

Explicar as relacións inter- e intraespecíficas que poden describirse nun ecosistema.

Coñecer os niveis tróficos que se poden identificar nun ecosistema e elaborar representacións gráficas desas

relacións. Explicar os procesos que experimenta a enerxía no ecosistema: transformacións, produción de

traballo e calor, etc.

Coñecer os ciclos bioxeoquímicos do carbono e do nitróxeno, representalos en forma esquemática e saber

interpretar esquemas relativos a eles. Entender os cambios periódicos nos ecosistemas. Entender as

sucesións primarias e secundarias.

Definir os conceptos de medio ambiente, recurso e impacto e citar exemplos. Coñecer os principais

problemas medio ambientais. Coñecer as principais solucións, aplicables a nivel individual, que poden

emprenderse para frear os impactos ambientais.

Describir os procesos xeolóxicos externos. Explicar a influencia de diferentes factores na modelaxe do relevo.

Recoñecemento de diferentes formas de relevo características de distintos axentes climáticos.

Identificar algunhas probas dos cambios na distribución de continentes e océanos ó longo da historia da

Terra. Debuxar e coñecer os modelos do interior terrestre. Describir as ideas básicas da teoría da tectónica

de placas.

Distinguir entre magnitude e intensidade dun terremoto e as súas escalas de medida. Explicar a orixe dos

volcáns, enumerar os produtos volcánicos e diferenciar os volcáns en función da súa actividade. Recoñecer

os riscos sísmicos e volcánicos e describir a prevención dos mesmos.

Coñecer os principios nos que se basea a cronoloxía absoluta e relativa. Saber indicar as eras, o seus

períodos e ter unha idea aproximada da súa cronoloxía. Indicar algúns dos acontecementos máis

representativos da orixe e evolución dos seres vivos.

Coñecer os principais antepasados dos homínidos e as súas características e en particular: os

Australopithecus, o Homo habilis,o Homo antecessor, Homo erectus e Homo sapiens (neanderthalensis e

sapiens).

Page 16: RESUMO DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS CONTIDOS …

IES FIN DO CAMIÑO (Fisterra) - Departamento de Bioloxía e Xeoloxía CURSO 2010-2011

16

Criterios de avaliación por unidade didáctica

1. A célula. Unidade da vida

a) Expoñer e comprender os distintos postulados da teoría celular, así como as achegas realizadas a esta.

(Obxectivo 1)

b) Enumerar os distintos niveis de organización e identificar a qué nivel pertence determinada materia.

(Obxectivo 2)

c) Comparar a célula procariota e a eucariótica, a animal e a vexetal, así como recoñecer a función dos orgánulos

celulares. (Obxectivo 3)

d) Enumerar os diferentes compoñentes do núcleo, sinalar a súa función e diferenciar entre núcleo interfásico e

en división. (Obxectivo 4)

e) Recoñecer as partes dun cromosoma e aplicar os conceptos sobre cromosomas á resolución de problemas

sinxelos. (Obxectivo 5)

f) Recoñecer as fases da mitose e a meiose, e coñecer as diferenzas entre ambos os dous procesos e o significado

biolóxico. (Obxectivo 6)

g) Identificar as etapas dos diferentes ciclos biolóxicos e comparalos entre si. (Obxectivo 7)

2. A información xenética

a) Diferenciar os distintos ácidos nucleicos e os seus compoñentes. (Obxectivo 1)

b) Describir a replicación do ADN. (Obxectivo 2)

c) Coñecer que os xenes están constituídos por ADN e a situación destes nos cromosomas. (Obxectivo 3)

d) Reproducir os mecanismos da expresión xenética por medio do código xenético. (Obxectivos 5 e 6)

e) Recoñecer o papel das mutacións na diversidade xenética. (Obxectivo 4)

f) Analizar as repercusións sanitarias e sociais dos avances no coñecemento do xenoma. (Obxectivo 7)

g) Valorar criticamente as consecuencias dos avances actuais da biotecnoloxía. (Obxectivo 8)

3. Herdanza e transmisión de carácteres

a) Diferenciar as formas de reprodución dos seres vivos. (Obxectivo 1)

b) Coñecer os conceptos básicos de xenética. (Obxectivo 2)

c) Resolver problemas prácticos dun e dous carácteres utilizando os cruzamentos das leis de Mendel. (Obxectivo

3)

d) Obter información sobre a transmisión de determinados carácteres na nosa especie por medio da resolución

de problemas. (Obxectivos 3 e 4)

e) Calcular porcentaxes e frecuencias dos xenotipos e fenotipos da descendencia dunha parella. (Obxectivos 3, 4

e 5)

f) Resolver problemas prácticos de carácteres da herdanza ligada ao sexo. (Obxectivo 6)

g) Recoñecer a aplicación dos conceptos da xenética mendeliana para o coñecemento da herdanza dalgunhas

enfermidades. (Obxectivo 7)

4. Orixe e evolución dos seres vivos

a) Describir as teorías que tratan de explicar a orixe da vida. (Obxectivo 1)

b) Coñecer e diferenciar os aspectos principais da teoría fixista e as evolucionistas. (Obxectivos 2 e 3)

c) Explicar as probas que avalan a evolución das especies. (Obxectivo 3)

Page 17: RESUMO DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS CONTIDOS …

IES FIN DO CAMIÑO (Fisterra) - Departamento de Bioloxía e Xeoloxía CURSO 2010-2011

17

d) Coñecer os mecanismos que interveñen na evolución das especies. (Obxectivo 4)

e) Comprender a orixe das diferentes especies. (Obxectivos 4 e 5)

f) Coñecer as características básicas do proceso de hominización. (Obxectivo 5)

g) Compoñer diferentes esquemas que expliquen os contidos da unidade. (Obxectivos 1, 2 e 3)

5. Estrutura dos ecosistemas

a) Diferenciar os factores ambientais e a súa influencia sobre os seres vivos. (Obxectivo 1)

b) Recoñecer adaptacións dos seres vivos a diferentes medios. (Obxectivos 1 e 2)

c) Explicar como se produce a transferencia de materia e enerxía ao longo dunha cadea ou rede trófica concreta.

(Obxectivos 2 e 3)

d) Coñecer a estrutura e dinámica dos ecosistemas. (Obxectivo 3)

e) Relacionar as perdas enerxéticas producidas en cada nivel co aproveitamento dos recursos alimentarios do

planeta dende un punto de vista sostible. (Obxectivo 3)

f) Comprender os mecanismos de formación e degradación do chan. (Obxectivos 4 e 5)

g) Diferenciar as características máis importantes dos ecosistemas españois. (Obx. 6)

6. Dinámica dos ecosistemas

a) Solucionar diferentes cuestións sobre a transferencia de materia e enerxía nun ecosistema. (Obxectivos 1 e 2)

b) Saber analizar e interpretar os ciclos bioxeoquímicos. (Obxectivos 1 e 2)

c) Estudar os cambios que se poden producir nos ecosistemas. (Obxectivos 3 e 4)

d) Diferenciar e describir os tipos de sucesións. (Obxectivo 4)

e) Analizar os mecanismos de autorregulación e dinámica de poboacións dun ecosistema. (Obxectivo 5)

f) Relacionar os recursos naturais cos impactos que xera a súa utilización. (Obx. 6-8)

g) Coñecer e valorar as medidas que protexen o medio natural. Coñecer os Parques Nacionais españois.

(Obxectivo 7)

7. O relevo e o seu modelado

a) Comprender as diferenzas entre relevo e paisaxe e a súa condición dinámica. (Obx. 1)

b) Diferenciar os conceptos de meteorización, erosión, transporte e sedimentación. (Obx. 2)

c) Recoñecer nos relevos os efectos producidos polos distintos axentes xeolóxicos externos. (Obxectivos 3, 4 e 5)

d) Recoñecer e describir as diversas formas do relevo asociándoas co modelado característico. (Obxectivos 3, 4 e

5)

e) Coñecer os factores que condicionan o modelado do relevo. (Obxectivo 6)

8. Estrutura e dinámica da Terra

a) Relacionar as características internas da Terra coa súa repercusión sobre os fenómenos superficiais.

(Obxectivos 1 e 2)

b) Coñecer as teorías fixistas e mobilistas. (Obxectivos 3, 4 e 5)

c) Coñecer a teoría da deriva continental e os argumentos ó seu favor. (Obxectivo 4) d) Comprender os principios

e probas da tectónica de placas. (Obxectivo 5)

e) Definir e clasificar as placas litosféricas e os movementos relativos. (Obxectivo 6)

f) Relacionar o movemento das placas cos procesos xeolóxicos que producen. (Obxectivo 7)

g) Coñecer e valorar o avance que significou a consolidación entre os científicos da tectónica de placas.

Page 18: RESUMO DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS CONTIDOS …

IES FIN DO CAMIÑO (Fisterra) - Departamento de Bioloxía e Xeoloxía CURSO 2010-2011

18

(Obxectivo 8)

9. Manifestacións da dinámica terrestre

a) Comprender como se producen os fenómenos propios da dinámica interna da Terra. (Obxectivo 1)

b) Relacionar os fenómenos convectivos e as súas manifestacións na codia terrestre. (Obxectivo 2)

c) Explicar a formación dos relevos asociados á tectónica de placas. (Obxectivos 3 e 4)

d) Recoñecer os elementos e tipos de deformacións que afectan ás rochas. (Obxectivo 5)

e) Analizar a evolución da paisaxe dende a influencia da dinámica interna e externa. (Obxectivo 6)

f) Coñecer os riscos xeolóxicos e as medidas que nos axudan a diminuír os seus efectos. (Obxectivo 7)

10. A historia do noso planeta

a) Explicar as diferentes teorías sobre o estudio dos procesos xeolóxicos do pasado. (Obxectivo 1)

b) Diferenciar as características e os principios dos sistemas de datación xeocronolóxica. (Obxectivos 2 e 3)

c) Analizar o proceso de fosilización e o valor dos fósiles no coñecemento da historia da Terra. (Obxectivos 4 e 7)

d) Coñecer a división do tempo na historia da Terra. (Obxectivo 5)

e) Describir os procesos xeolóxicos máis importantes da historia da Terra. (Obxectivos 5 e 6)

f) Estudar as especies animais e vexetais máis importantes nas diferentes divisións da historia da Terra.

(Obxectivo 7)

g) Analizar os acontecementos máis destacados da historia xeolóxica de España. (Obxec. 8)

AVALIACIÓN

Page 19: RESUMO DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS CONTIDOS …

IES FIN DO CAMIÑO (Fisterra) - Departamento de Bioloxía e Xeoloxía CURSO 2010-2011

19

Avaliación formativa continua

Instrumentos da avaliación

A avaliación dos alumnos utilizará tres instrumentos de recollida de información. Os alumnos deben ter claro o uso

destes factores para a súa avaliación:

a) Caderno de notas do Profesor: constitúe un rexistro persoal que o profesor leva de cada estudante e onde

realiza anotacións periódicas atendendo á súa integración no grupo e actitude cos compañeiros, diálogos co

docente, participación en preguntas e opinións, atención ás intervencións do profesor e de outros alumnos,

constancia e ritmo no traballo, etc.

b) Análise das producións do alumno: cada estudante debe levar un caderno de clase no que, de forma

individual aínda que as actividades podan ser grupais, irá anotando todos os conceptos, exercicios e

respostas, resumos, prácticas de laboratorio, etc. O caderno será revisado periodicamente, sendo obxecto de

avaliación tanto o seu contido como a súa presentación. No caso de informes sobre as saídas, traballos ou

outras actividades, serán valoradas de xeito semellante.

c) Proba específica escrita: ó final de cada unidade farase un exame que permita valorar a adquisición de

contidos conceptuais e, en menor medida, procedimentais. As probas escritas deben ter varias preguntas,

con diferentes grados de dificultade, segundo os obxectivos e os criterios de avaliación propostos para a

unidade.

Realización e valoración de probas escritas

O ritmo de probas escritas pode ser adaptada por cada profesor en función do grupo de alumnos, pero de xeito xeral

esta programación propón a seguinte organización. Realizarase unha proba escrita ó final de cada unidade, con

varias preguntas de dificultade variable.

Valoración de cada avaliación

Os criterios de cualificación a utilizar en cada avaliación están recollidos na avaliación final.

Avaliación final

Procedementos e criterios de cualificación

a) Producións dos alumnos (Actividades por escrito de clase, de laboratorio e complementarias): 20% da nota.

Valorarase a presenza/ausencia de contidos, presentación, grado de resolución acadado nas actividades e a

adecuada cumprimentación dos guións de actividades de laboratorio e complementarias. Os retrasos

manifestos na entrega das actividades suporán unha redución na cualificación.

b) Probas escritas: 70% da nota. Valorarase tanto o nivel de contidos como a correcta presentación, ortografía e

expresión.

c) Actitude: 10% da nota. Valorarase a participación en clase, o interese por realizar con puntualidade as tarefas,

o coidado do material e o comportamento respectuoso cos compañeiros, profesor e resto da comunidade

escolar.

Recuperacións

Aqueles alumnos que non superen algunha das avaliacións ou unidades realizarán unha proba escrita de

recuperación dos contidos non superados. A nova cualificación da correspondente resultará de aplicar o 70% a dita

proba, á que se sumarán os valores de Producións e Actitude xa obtidas durante a avaliación a cualificar.

Se se dera a circunstancia de que un alumno suspendera a avaliación tendo os exames aprobados, pero non tendo presentado o caderno e actividades cando son requiridas, dito alumno deberá facer a recuperación da proba ou

Page 20: RESUMO DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS CONTIDOS …

IES FIN DO CAMIÑO (Fisterra) - Departamento de Bioloxía e Xeoloxía CURSO 2010-2011

20

probas escritas correspondentes a esa avaliación.

Aqueles alumnos que non asistan a clase durante largos períodos de tempo, dos que, polo tanto, resulta moi difícil facer un axeitado seguimento académico e, aínda así, deban ser avaliados, terán a opción a unha proba escrita con cuestións referentes ós contidos conceptuais, procedimentais e actitudinais impartidos durante o período de ausencia.

Avaliación Ordinaria de xuño

Entenderase que o alumno superou a materia se a cualificación da terceira avaliación é de polo menos 5.

Avaliación Extraordinaria de setembro

En setembro formularase unha proba escrita que abranguerá toda a materia impartida durante o curso. Para

entender que o alumno superou a materia, este deberá obter, polo menos, unha cualificación de 5 na devandita

proba.

ALUMNOS CON MATERIAS PENDENTES DE CURSOS ANTERIORES AVALIADAS NEGATIVAMENTE

Para aqueles alumnos que teñan algunha materia pendente de cursos anteriores prográmanse as seguintes medidas como estratexia para acadar os obxectivos, segundo as orientacións sinaladas no Decreto 133/2007.

a) Aqueles alumnos que teñan pendente de avaliación positiva algunha materia de cursos anteriores terán

que realizar unha serie de actividades de recuperación, distribuídas por Unidades Didácticas, que, se o

profesor encargado da avaliación o estima conveniente. recibirán en dúas partes, ó comezo do curso e no

mes de xaneiro. O prazo de entrega da resolución de tales actividades será a segunda semana de xaneiro e

a última de maio. A cualificación deducida da corrección destas actividades será o 30% da nota final da

materia pendente de avaliación positiva.

b) Aqueles alumnos que se incorporen por primeira vez ó centro recibirán tamén as mencionadas actividades

e terán os mesmos prazos de resolución e entrega.

c) Os alumnos poden realizar as actividades nas sesións específicas de reforzo se tales sesións están

dispoñibles.

d) Se o profesor o estima conveniente, a finais do mes de xaneiro haberá unha proba escrita cos contidos

referidos ás actividades de recuperación. Haberá outra proba a finais de maio sobre o segundo grupo de

actividades. A cualificación da corrección destas probas suporá o 70% da cualificación final. O alumno ten

dereito a unha proba en maio sobre os contidos establecida por lei.

e) O seguimento dos alumnos con materias pendentes será realizado polo profesor con dispoñibilidade

horaria que lles imparta as actividades de reforzo. Se non hai profesor con dispoñibilidade horaria o

seguimento será realizado conxuntamente polo xefe de departamento e o profesor do departamento que

imparta clase no grupo no que estean matriculados eses alumnos, se hai continuidade.

Os alumnos que non superen a materia en xuño terán dereito a unha proba en setembro, para a que tamén deberán

presentar as actividades de recuperación debidamente resoltas.

Page 21: RESUMO DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS CONTIDOS …

IES FIN DO CAMIÑO (Fisterra) - Departamento de Bioloxía e Xeoloxía CURSO 2010-2011

21