Rastreando a natureza: ti de quen vés sendo? · ás algas e non ser arrastrados pola marea. 4- O...

6
www.usc.es/museohn @mhn.usc /mhnusc @mhnusc MATERIAIS O xogo consta de 30 fichas, todas identificadas cunha letra (R, P e A) e un número (do 1 ao 10): Temos dez fichas de rastros, identificadas coa letra R, 10 fichas de pistas (identificadas coa letra P) e 10 fichas de animais (identificadas coa letra A). Imprime e recorta as 30 fichas do xogo. Fai 3 grupos cos 3 tipos fichas. En primeiro lugar fíxate nas fichas R e trata de identificar con qué ficha P se corresponde cada unha. Para iso, le detidamente a información existente nas fichas P, onde describe como é o rastro. Agora identifica que ficha A se corresponde con cada ficha R (que animal xera cada rastro). Novamente a información das fichas P é moi útil, pois describe cómo é o animal. Cando teñas clara a correspondencia entre fichas R, P e A fai grupos de 3 con elas e repasa que todo está correcto. Podedes xogar a "ti de quen vés sendo?". Sendo 3 participantes, cada un ten as 10 fichas dun tipo (participante 1, fichas R; participante 2, fichas A, participante 3, fichas P). Sostendo as fichas coma se fosen cartas (que non se vexan), na primeira quenda, o/a participante 1 coloca unha ficha (calquera das 10) encima da mesa. As/os participantes 2 e 3 terán 5 segundos para colocar as fichas A e P que se correspondan con esa ficha R. Cada acerto sumará 5 puntos e cada erro (ficha incorrecta ou tarda máis de 5 segundos) restará 1 punto. Nas seguintes quendas altérnase quen coloca a ficha na mesa (na quenda 2, a/o participante 2 coloca unha ficha A; na quenda 3 a/o participante 3 coloca unha ficha P), as/os demais colocan a ficha que emparella coa que se colocou na mesa. Só hai 9 quendas (3 para cada participante) (na 10 só queda 1 ficha, non hai xogo). Se sodes 2, xogade só con fichas R e A (por exemplo). Adaptade as normas ao voso gusto! Rastreando a natureza: ti de quen vés sendo? impresora, mellor en cor 10 fichas R 10 fichas A 10 fichas P

Transcript of Rastreando a natureza: ti de quen vés sendo? · ás algas e non ser arrastrados pola marea. 4- O...

Page 1: Rastreando a natureza: ti de quen vés sendo? · ás algas e non ser arrastrados pola marea. 4- O nome débese a lendas que contan como as sereas roubaban os ovos deste animal e os

www.usc.es/museohn @mhn.usc /mhnusc @mhnusc

MATERIAIS

O xogo consta de 30 fichas, todas identificadas cunha letra (R, P e A) e un número (do 1 ao 10): Temos dez fichas de rastros, identificadas coa letra R, 10 fichas de pistas (identificadas coa letra P) e 10 fichas de animais (identificadas coa letra A). Imprime e recorta as 30 fichas do xogo.

Fai 3 grupos cos 3 tipos fichas. En primeiro lugar fíxate nas fichas R e trata de identificar con qué ficha P se corresponde cada unha. Para iso, le detidamente a información existente nas fichas P, onde describe como é o rastro.

Agora identifica que ficha A se corresponde con cada ficha R (que animal xera cada rastro). Novamente a información das fichas P é moi útil, pois describe cómo é o animal. Cando teñas clara a correspondencia entre fichas R, P e A fai grupos de 3 con elas e repasa que todo está correcto.

Podedes xogar a "ti de quen vés sendo?". Sendo 3 participantes, cada un ten as 10 fichas dun tipo (participante 1, fichas R; participante 2, fichas A, participante 3, fichas P). Sostendo as fichas coma se fosen cartas (que non se vexan), na primeira quenda, o/a participante 1 coloca unha ficha (calquera das 10) encima da mesa. As/os participantes 2 e 3 terán 5 segundos para colocar as fichas A e P que se correspondan con esa ficha R. Cada acerto sumará 5 puntos e cada erro (ficha incorrecta ou tarda máis de 5 segundos) restará 1 punto. Nas seguintes quendas altérnase quen coloca a ficha na mesa (na quenda 2, a/o participante 2 coloca unha ficha A; na quenda 3 a/o participante 3 coloca unha ficha P), as/os demais colocan a ficha que emparella coa que se colocou na mesa. Só hai 9 quendas (3 para cada participante) (na 10 só queda 1 ficha, non hai xogo). Se sodes 2, xogade só con fichas R e A (por exemplo). Adaptade as normas ao voso gusto!

Rastreando a natureza:ti de quen vés sendo?

impresora,mellor en cor

10 fichas R10 fichas A10 fichas P

Page 2: Rastreando a natureza: ti de quen vés sendo? · ás algas e non ser arrastrados pola marea. 4- O nome débese a lendas que contan como as sereas roubaban os ovos deste animal e os

www.usc.es/museohn @mhn.usc /mhnusc @mhnusc

Rastreando a natureza:ti de quen vés sendo?

QUE SON OS RASTROS, FALANDO DE SERES VIVOS?Aquí falaremos de rastros en sentido amplo (a definición estrita non inclúe tantos elementos como aquí se citan). Entendemos como rastro calquera elemento que permita identificar a presenza dun determinado ser vivo. Poden ser compoñentes corporais (plumas, cornos, resto fósil), poden ser algo que o ser vivo expulsa do corpo (egagrópilas, excrementos, posta de ovos), ou o resultado dunha actividade do organismo: marcas no entorno (pegadas no solo, revolcadoiros no barro, rañados nas árbores, mordeduras na vexetación), elementos empregados como refuxio (cunchas, tobeiras ou estoxos, producidos polo ser vivo) (bugallos, creados polas árbores) ou elementos específicos creados ou manipulados polo ser vivo (conos roídos, pelotas de restos).

Por que son relevantes as rastros?Os rastros son moi relevantes porque dan información sobre o ciclo vital das especies. Poderemos saber, por exemplo, cales son os lugares e entornos habitados. Algúns rastros como os excrementos ou egagrópilas son moi interesantes porque ademais informan da dieta do animal (sabemos qué comeu, e incluso cando comeu e cal é o seu estado de saúde). Outros rastros coma os bolsos de serea ou postas de rá indícannos a capacidade reprodutiva da especie. As postas de rás (e doutros anfibios) tamén son excelentes bioindicadores, a súa presenza indica que o entorno acuático no que se encontran ten unha boa calidade ambiental.

Como nos afectan os rastros?A presenza de rastros é moi útil para coñecer a natureza, poderemos ser detectives e adiviñar a presenza de seres vivos que non podemos ver! Identificando rastros saberemos qué animais habitan o entorno, incluso poderemos saber aproximadamente cantos individuos hai presentes (segundo o número de rastros atopados). Isto é moi importante para coñecer, respectar e coidar aos nosos veciños animais. Seguro que oístes que estes días se viron novamente osos no macizo central de Ourense. Este suceso demostra que a súa ausencia todos estes anos debeuse á presenza excesiva do ser humano. Polo tanto, debemos recordar que a natureza é de todas as especies e, se un día descubrimos un rastro e sabemos que algún animal está preto, debemos tratar de non molestar e pasar inadvertidos! A nós tampouco nos gusta que nos entren na nosa casa sen avisar nin ter coidado, verdade?

Saber un pouquiño máis...Os excrementos que os nosos cans deixan pola cidade tamén son rastros (que debemos retirar para manter a hixiene urbana). Ao ser rastros, pódese determinar de quen son. Así, existen varios concellos en España que analizan os excrementos abandonados para identificar (cunha proba de ADN) a qué can pertencen e multar a/ao propietaria/o. Así que, lembra recollelos sempre!

Page 3: Rastreando a natureza: ti de quen vés sendo? · ás algas e non ser arrastrados pola marea. 4- O nome débese a lendas que contan como as sereas roubaban os ovos deste animal e os

www.usc.es/museohn @mhn.usc /mhnusc @mhnusc

QUE APRENDEMOS SOBREos rastros na natureza?

Aquí resolveremos o xogo proposto neste obradoiro. Une correctamente os elementos das 3 columnas tras establecer a correspondencia entre as fichas.

Egagrópila (P1) R1 Raposo (A1)

Estoxo (P2) R2 Tricóptero (A2)

Bolso de serea (P3) R3 Xabaril (A3)

Excremento (P4) R4 Raia (A4)

Rañado (P5) R5 Oso (A5)

Revolcadoiro (P6) R6 Esquío (A6)

Bugallo (P7) R7 Escaravello (A7)

Pelota de restos (P8) R8 Lobo (A8)

Pegada (P9) R9 Curuxa (A9)

Cono roído (P10) R10 Avespa (A10)

Page 4: Rastreando a natureza: ti de quen vés sendo? · ás algas e non ser arrastrados pola marea. 4- O nome débese a lendas que contan como as sereas roubaban os ovos deste animal e os
Page 5: Rastreando a natureza: ti de quen vés sendo? · ás algas e non ser arrastrados pola marea. 4- O nome débese a lendas que contan como as sereas roubaban os ovos deste animal e os

EGAGRÓPILA 1- É producida por un animal voador. 2- Son restos de alimentos non dixeridos que regurxitan (expulsan) pola boca. Non é un vómito, pois no vómito van restos parcialmente dixeridos. 4- Nas egagrópilas vense restos de pelos, ósos e outros elementos dos animais que cazan. 4- Son útiles para coñecer a dieta destes animais, analizando as egagrópilas, sábese que comeron.

P 1 BOLSO DE SEREA 1- É producida por un animal acuático. 2- Conteñen os ovos destas especies, dentro deles os ovos permanecen protexidos 3- A súa forma con picos é moi útil para suxeitarse ás algas e non ser arrastrados pola marea. 4- O nome débese a lendas que contan como as sereas roubaban os ovos deste animal e os empregaban para facer feitizos aos mariñeiros.

P 2

ESTOXO (ESTUCHE) 1- É producido por un animal acuático. 2- Serven de refuxio, ao permanecer dentro evita ser depredado. Tamén serven para evitar o arrastre pola corrente. 3- Constrúese con restos de pedras (neste caso), pero outros poden ser construídos con paus. 4- Atópanse nos leitos dos ríos e son habitualmente alongados.

P 4 EXCREMENTO 1- É producido por un mamífero terrestre. 2- Son cilíndricos, tendendo a ter un extremo en punta e outro extremo plano. 3- Poden conter ósos, insectos, restos de froita, plumas, pelos... Nesta imaxe vemos claramente ósos de cereixa. 4- Adoitan situalos en lugares elevados para chamar a atención e marcar o territorio.

P 3

REVOLCADOIRO

1- É producido por un animal terrestre. 2- Este animal rebózase no barro para refrescarse e eliminar (e previr a aparición) de parasitos. 3- Preto do revolcadoiro adoita haber árbores, onde o animal se rasca, complementando o seu aseo e marcando o territorio. 4. É habitual ver aquí os seus pelos (escuros, longos e recios).

P 6 RAÑADO (RASCADURAS)

1- É producido por un animal terrestre. 2- Ao rañar as árbores mantén afiadas as súas uñas, pero tamén poden rañarse as costas, unha forma de "auto masaxe". 3- Estas marcas tamén serven para impregnar as árbores co seu cheiro e marcar o territorio. 4- Tamén poden abrazarse á arbore, o cal da lugar á expresión: "o abrazo do..."

P 5

PELOTA DE RESTOS 1- É producida por un animal terrestre. 2- Esta pelota está formadas por restos de esterco (materia orgánica en descomposición). 3- O esterco será o alimento das crías deste animal (crean pelotas para poder transportar o esterco facilmente). 4- Adoitan enterrar as pelotas en galerías subterráneas previamente escavadas.

P 8 BUGALLO 1- É producido por un animal voador. 2- Este bugallo prodúcese cando o animal pica ao carballo, quen responde creando esta estrutura. 3- O animal coloca o seu ovo no centro do bugallo, co cal consegue estar protexido e soportar ben o inverno. 4- Son estruturas redondas e moi esponxosas pola parte interna.

P 7

CONO ROÍDO 1- É producida por un animal terrestre arbóreo. 2- É o resultado da alimentación do animal, que busca os piñóns que están no interior. 3- É habitual observar fíos ao longo do cono, que non se verían se fosen comidos por outros animais coma ratos. 4- Adoitan verse en grupos e incluso enterrados, como reserva de alimento para o inverno.

P 10 PEGADA 1- É producida por un animal terrestre. 2- Prodúcese polo contacto da pata dianteira ou traseira cunha superficie branda. 3- Diferéncianse das doutros carnívoros en que as marcas dos dedos centrais apenas se solapan coas dos dedos laterais. 4- Obsérvase que ten uñas afiadas, que deixan unha marca perceptible.

P 9

Page 6: Rastreando a natureza: ti de quen vés sendo? · ás algas e non ser arrastrados pola marea. 4- O nome débese a lendas que contan como as sereas roubaban os ovos deste animal e os