PAT (Plan de Acción Titorial) · Anexo II. Acta reunión titor-pai/nai 33 ANEXO 3: Absentismo...

42
IES RICARDO CARBALLO CALERO PAT (Plan de Acción Titorial) outubro 2017

Transcript of PAT (Plan de Acción Titorial) · Anexo II. Acta reunión titor-pai/nai 33 ANEXO 3: Absentismo...

Page 1: PAT (Plan de Acción Titorial) · Anexo II. Acta reunión titor-pai/nai 33 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo III. Inicio expediente absentismo 34 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo

IES RICARDO CARBALLO CALERO

PAT

(Plan de Acción Titorial)

outubro 2017

Page 2: PAT (Plan de Acción Titorial) · Anexo II. Acta reunión titor-pai/nai 33 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo III. Inicio expediente absentismo 34 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

páxina 2 de 42

ÍNDICE 1. XUSTIFICACIÓN DO PLAN DE ACCIÓN TITORIAL 3

1.1. Presentación PAT. 3 1.2. Referencias lexislativas 4 1.3. Distribución de funcións e responsabilidades sobre a acción titorial 6 1.4. Criterios para a designación de titores 13

2. DESCRICIÓN DO CENTRO E DAS SÚAS NECESIDADES 14 3. OBXECTIVOS XERAIS 17

3.1. Alumnado 17 3.2. Profesorado 17 3.3. Familias 17

4. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS 18 4.1. Obxectivos da acción titorial para os cursos 1º e 2º de ESO 18 4.2. Obxectivos da acción titorial para os cursos 3º e 4º de ESO 19 4.3. Obxectivos da acción titorial para o bacharelato 20 4.4. Obxectivos da acción titorial para os ciclos formativos 21

5. ACTIVIDADES 22 5.1. Coordinación co equipo docente 22 5.2. Atención individual ao alumno 22 5.3. Comunicación coas familias 23 5.4. A acción titorial co grupo de alumnos 23

6. TEMPORALIZACIÓN 26 7. METODOLOXÍA 27 8. RECURSOS 27 9. AVALIACIÓN 28 10. BIBLIOGRAFÍA 29 ANEXO 1: Planificación e desenvolvemento da titoría 30 ANEXO 2: Rexistro de intervencións da titoría 31 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo I. Convocatoria reunión 32 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo II. Acta reunión titor-pai/nai 33 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo III. Inicio expediente absentismo 34 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo IV. Convocatoria reunión 35 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo V. Acta de reunión titor- pai/nai 36 ANEXO 4: Acta elección delegado/a 38 ANEXO 5: Parte de estado da aula. 39 ANEXO 6: Xustificación faltas asistencia alumnado 41 ANEXO 7: Autorización para faltas alumnado maior 18 anos 42

Page 3: PAT (Plan de Acción Titorial) · Anexo II. Acta reunión titor-pai/nai 33 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo III. Inicio expediente absentismo 34 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

páxina 3 de 42

1. XUSTIFICACIÓN DO PLAN DE ACCIÓN TITORIAL.

1.1. Presentación PAT.

A titoría é un compoñente esencial da función docente que ten como misión atender ás características individuais do alumnado e, ao mesmo tempo, ofrecer unha educación integral.

Todo profesor debe realizar tarefas que van máis alá da mera transmisión de coñecementos e considerar ao alumnado como persoa en estado de desenvolvemento.

A acción titorial é ademais unha parte esencial do proceso de orientación educativa.

A finalidade da orientación non é outra que a de favorecer o máximo desenvolvemento de todo o alumnado tendo en conta as súas características e intereses. A acción titorial comparte este fin constituíndo o primeiro e o máis importante nivel de orientación xa que afecta ao grupo de alumnos en xeral.

Os outros dous niveis da orientación –o departamento de orientación e o equipo de orientación específico– non son senón niveis subsidiarios deste primeiro, de carácter máis especializado.

Para levar á práctica a acción titorial é preciso planificar e avaliar a devandita acción. O Plan de Acción Titorial é o documento no cal se reflicte a programación da acción titorial nun centro concreto.

Para a consecución do desenvolvemento integral e harmónico do alumnado a acción titorial debe xirar en torno ás seguintes metas:

1) Ensinar a pensar: trátase de que o alumno aprenda estratexias xerais de pensamento que permitan certo grao de autocontrol e autonomía no proceso de aprendizaxe.

2) Ensinar a ser persoa: a meta neste caso é o desenvolvemento harmónico da personalidade a través da construción da identidade persoal e da consecución dunha autoimaxe positiva.

3) Ensinar a convivir e a comportarse: a acción titorial haberá de contribuír ao proceso de socialización do alumnado mediante a reflexión moral e a adquisición de habilidades sociais.

Page 4: PAT (Plan de Acción Titorial) · Anexo II. Acta reunión titor-pai/nai 33 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo III. Inicio expediente absentismo 34 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

páxina 4 de 42

4) Ensinar a tomar decisións: trátase da aprendizaxe de métodos e estratexias de recolleita de información para contrastalas coas características persoais en orde a tomar decisións sobre itinerarios formativos e, en definitiva, sobre o futuro persoal.

1.2. Referencias lexislativas.

A LOE (Lei /2006 orgánica de educación) sinala no seu artigo 1 como un dos principios da educación:

A orientación educativa e profesional dos estudantes, como medio necesario para o logro dunha formación personalizada, que propicie unha educación integral en coñecementos, destrezas e valores.

Asemade, sinala como funcións do profesorado (capítulo 1):

c) A titoría dos alumnos, a dirección e a orientación da súa aprendizaxe e o apoio no seu proceso educativo, en colaboración coas familias.

d) A orientación educativa, académica e profesional dos alumnos, en colaboración, de ser o caso, cos servizos ou departamentos especializados.

e) A atención ao desenvolvemento intelectual, afectivo, psicomotriz, social e moral do alumnado.

Na mesma liña, o artigo 58 do Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria (Decreto 324/1996, do 26 de xullo) especifica que A titoría e orientación do alumnado formará parte da función docente. A función titorial e orientadora do alumnado desenvolverase ao longo de tódalas etapas e ciclos formativos.

A LOMCE (Lei Orgánica 8/2013 do 9 de decembro para a mellora da calidade educativa) reitera no seu artigo 42 que A titoría e a orientación educativa e profesional terán unha especial consideración.

Page 5: PAT (Plan de Acción Titorial) · Anexo II. Acta reunión titor-pai/nai 33 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo III. Inicio expediente absentismo 34 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

páxina 5 de 42

Normativa da CCAA de Galicia en relación á acción titorial nas etapas que se imparten no IES Ricardo Carballo Calero

Lexislación de carácter xeral

- Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (BOE 4/5/2006)

- Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa (BOE 10/12/13)

- Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa (DOG 15/07/11)

Lexislación relativa á educación secundaria

- Decreto 324/1996, do 26 de xullo : regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria (DOG 09/08/96)

- Orde do 1 de agosto de 1997 pola que se dictan instruccións para o desenvolvemento do Decreto 324/1996 polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria e se establece a súa organización e funcionamento (DOG 02/09/97).

- Decreto 86/2015 polo que se establece o curriculo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na CCAA de Galicia (DOG 29/06/15)

- Protocolo para a prevención e o absentismo escolar na CCAA de Galicia

Lexislación relativa á formación profesional

- Decreto 107/2014, do 4 de setembro, polo que se regulan aspectos específicos da Formación Profesional Básica das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo en Galicia e se establecen vinte e un currículos de títulos profesionais básicos (DOG 15/09/14)

- Orde 13 de xullo de 2015 pola que se regulan as ensinanzas de FP Básica na CCAA de Galicia ( DOG 22/07/15)

- Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia.(DOG 12/07/10)

- ORDE do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a ava-liación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial.(DOG 15/07/11)

Page 6: PAT (Plan de Acción Titorial) · Anexo II. Acta reunión titor-pai/nai 33 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo III. Inicio expediente absentismo 34 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

páxina 6 de 42

Lexislación relativa a orientación

- D. 120/1998, do 23 de abril, polo que se regula a orientación educativa na Comunidade Autónoma de Galicia

- O. do 24 de xullo de 1998, pola que se establece a organización e funcionamento da orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia regulada polo D. 120/1998 (DOG 31/07/98)

1.3. Distribución de funcións e responsabilidades respecto da acción titorial .

1.3.1. Funcións dos titores.

O artigo 59 do Regulamento Orgánico dos institutos de educación secundaria establece que, cada profesor titor, ademais das súas tarefas docentes específicas, realizará, cando menos, as seguintes funcións:

a) Participar no desenvolvemento do plano de acción titorial e nas actividades de orientación, baixo a coordinación do xefe ou xefa de estudios e en colaboración co departamento de orientación.

b) Proporcionarlles no principio de curso, ó alumnado e ós pais e nais, información documental ou, no seu defecto, indicar onde poden consultar todo o referente a calendario escolar, horarios, horas de titoría, actividades extraescolares e complementarias previstas, programas escolares e criterios de avaliación do grupo.

c) Coñecer as características persoais de cada alumno e alumna a través da análise do seu expediente persoal e doutros instrumentos válidos para conseguir ese coñecemento.

d) Coñecer os aspectos da situación familiar e escolar que repercuten no rendemento académico de cada alumno e alumna.

e) Efectuar un seguimento global dos procesos de ensino-aprendizaxe do alumnado para detectar dificultades e necesidades especiais, co obxecto de buscar as respostas educativas adecuadas e solicitar os oportunos asesoramentos e apoios

Page 7: PAT (Plan de Acción Titorial) · Anexo II. Acta reunión titor-pai/nai 33 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo III. Inicio expediente absentismo 34 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

páxina 7 de 42

f) Coordinar as adaptacións curriculares necesarias para alumnos e alumnas do seu grupo.

g) Facilitar a integración do alumnado no grupo e fomenta-la súa participación nas actividades do centro.

h) Orientar ao alumnado dunha maneira directa e inmediata no seu proceso formativo.

i) Informar ó equipo de profesores do grupo de alumnos e alumnas das súas características, especialmente naqueles casos que presenten problemas específicos.

j) Coordinar o axuste das diferentes metodoloxías e principios de avaliación programados para o mesmo grupo de alumnos e alumnas.

k) Organizar e presidir as sesións de avaliación do seu grupo.

l) Favorecer o proceso de maduración vocacional orientando e asesorando o alumnado sobre as súas posibilidades académicas e profesionais.

m) Colaborar co departamento de orientación do instituto nos termos que estableza a xefatura de estudos.

n) Colaborar cos demais titores e co departamento de orientación no marco dos proxectos educativo e curricular do centro.

o) ñ) Orientar as demandas e inquedanzas do alumnado e mediar, en colaboración co delegado do grupo, ante o resto do profesorado, alumnado e equipo directivo nos problemas que se presenten.

p) Informar ó alumnado do grupo, ós país e nais e ó profesorado de todo aquilo que lles afecte en relación coas actividades docentes e o rendemento académico.

q) Facilita-la cooperación educativa entre o profesorado e os pais e nais dos alumnos e alumnas.

r) Exercer, de acordo co proxecto curricular, a coordinación entre os membros do equipo docente.

s) Cubrir os documentos oficiais relativos ó seu grupo de alumnado.

t) Controlar a falta de asistencia ou puntualidade do alumnado, e ter informados os pais e nais ou titores e o xefe ou xefa de estudios.

Page 8: PAT (Plan de Acción Titorial) · Anexo II. Acta reunión titor-pai/nai 33 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo III. Inicio expediente absentismo 34 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

páxina 8 de 42

u) Implicar ás familias nas actividades de apoio á aprendizaxe e orientación dos seus fillos.

v) Atender, xunto co resto de profesorado, os alumnos e alumnas mentres estes permanecen no centro nos períodos de lecer .

Segundo o protocolo para a prevención e o control do absentismo escolar o profesorado titor/a de educación secundaria obrigatoria terá ademais as seguintes funcións:

a) Rexistrar a xustificación das faltas de asistencia a clase do seu alumnado na aplicación informática de xestión académica (XADE) .

b) Comunicar ás nais/pais/titores do alumnado tódalas faltas de asistencia a clase de cada mes, dentro dos primeiros cinco días naturais do mes seguinte e diferenciando as faltas xustificadas das non xustificadas.

c) Convocar á nai/pai/titor/a en caso de que as faltas presenten dificultades para a súa xustificación ou o nº de faltas sen xustificar se incremente coa finalidade de analizar a situación e corrixila. Levantar acta da reunión. (anexos I e II do protocolo de absentismo).

d) Comunicar á xefatura de estudos a situación de absentismo cando o número de faltas sen xustificar supere o 10% do horario lectivo mensual. (anexo III do protocolo de absentismo).

e) Detectada situación de absentismo, convocar á nai/pai/titor/a a unha entrevista para analizar a situación e resolvela. Levantar acta da reunión (anexo V e VI do protocolo de absentismo)

No caso dos ciclos formativos de formación profesional, o titor ou titora asumirá tamén, respecto ó módulo de formación en centros de traballo, as seguintes funcións:

a) Elaborar o programa formativo do módulo, en colaboración co responsable designado para estes efectos polo centro de traballo.

Page 9: PAT (Plan de Acción Titorial) · Anexo II. Acta reunión titor-pai/nai 33 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo III. Inicio expediente absentismo 34 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

páxina 9 de 42

b) Avaliar o módulo, tendo en conta o informe do responsable designado por parte do centro de traballo sobre as actividades realizadas polos alumnos e alumnas durante o período de estadía nese centro.

c) Manter contactos periódicos co responsable designado polo centro de traballo, co fin de contribuír a que o programa de formación se axuste á cualificación que se pretende.

d) Atender no centro educativo os problemas de aprendizaxe que presente o seu grupo de alumnos e alumnas e valorar de xeito continuado as actividades correspondentes ó programa de formación.

e) Informar sobre as peticións de validacións ou exencións formuladas polo alumnado do ciclo formativo.

f) Tramitar para o seu grupo de alumnos e alumnas a documentación relativa á formación en centros de traballo.

g) Axudar ó departamento na identificación da necesidade de colaboración de expertos, así como no calendario de intervención.

h) Propoñer, para a súa aprobación polo Consello Escolar, a distribución da asignación económica destinada a estas ensinanzas.

i) Informar á dirección do centro de todo o referente ao ciclo formativo.

j) Redactar a memoria final de curso, que se incluirá na memoria de centro

Segundo o artigo 21 da Orde que regula o desenvolvemento, avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa FP o profesorado que exerza a titoría de 2º curso de réxime ordinario desenvolverá as seguintes funcións:

a) Coordinar o ciclo formativo, baixo as directrices da xefatura do departamento da familia profesional á que estea asociado o ciclo formativo, e elaborar a programación deste coa colaboración do equipo docente.

b) Elaborar a programación do módulo de formación en centros de traballo e do módulo de proxecto, no caso dos ciclos superiores, e encargarse da coordinación e o seguimento, para o cal contará coa implicación e a colaboración do equipo docente.

Page 10: PAT (Plan de Acción Titorial) · Anexo II. Acta reunión titor-pai/nai 33 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo III. Inicio expediente absentismo 34 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

páxina 10 de 42

c) Colaborar co coordinador ou coa coordinadora da formación en centros de traballo (FCT), e proporlles empresas coas cales proceda contactar para o desenvolvemento da FCT, e realizar o seu seguimento.

d) Colaborar co resto do equipo docente e con quen exerza a xefatura de departamento da familia profesional na elaboración e no desenvolvemento das actividades de recuperación do alumnado do seu grupo con módulos pendentes.

e) Elaborar o informe final do ciclo formativo, previsto no artigo 24 desta orde, para a súa valoración e a inclusión na memoria anual do departamento.

Ademais, segundo o establecido nos artigos 12 e 16 desa mesma orde o titor/a do ciclo formativo elaborará informes do alumnado en caso de solicitude de convocatoria extraordinaria e no caso de solicitude de flexibilización modular.

Finalmente , o decreto polo que se regulan aspectos específicos da FP Básica alude a que a acción titorial contribuirá á adquisición de competencias sociais e ao desenvolvemento da autoestima do alumnado, así como a fomentar as habilidades e destrezas que lles permitan programar e xestionar o seu futuro educativo e profesional.

A orde do 13 de xullo de 2015 (artigo 7.5) establece que no plan de acción titorial deseñaranse actividades específicas para o alumnado de ciclos de formación profesional básica. Estas actividades centraranse fundamentalmente nos seguintes aspectos:

a) Técnicas de estudo e organización do traballo.

b) Resolución de conflitos.

c) Fomento da responsabilidade individual e da autoestima.

d) Habilidades comunicativas.

e) Traballo en grupo.

f) Destrezas que permiten programar e xestionar o futuro educativo e profesional.

g) Información e orientación qu garantan ao alumnado unha adecuada toma de decisións sobre o seu itinerario educativo e profesional ao remate do ciclo da fp básica.

Page 11: PAT (Plan de Acción Titorial) · Anexo II. Acta reunión titor-pai/nai 33 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo III. Inicio expediente absentismo 34 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

páxina 11 de 42

En caso de existir, o titor/a de materias pendentes realizará as seguintes funcións:

- Comunicar ás familias as materias pendentes que teñen os alumnos e a evolución destes nas tarefas de recuperación.

- Comunicar ao alumnado os criterios, tarefas, actividades de recuperación das materias pendentes.

- Comunicar aos xefes de departamento o alumnado que ten materias pendentes.

- Coordinar, xunto con xefatura de estudos e os xefes de departamento, o calendario de avaliación de materias pendentes.

CADRO RESUMO DAS FUNCIÓNS DOS TITORES/AS

QUEN? DESTINATARIOS/ÁMBITO FUNCIÓNS

TODOS OS TITORES

Alumnado

- Coñecer as características persoais e familiares. - Facer seguimento dos procesos de ensinanza-aprendizaxe. - Facilitar a integración do alumnado no grupo. - Mediar entre alumnado e profesorado.

Profesorado - Coordinar a elaboración de adaptacións curriculares. - Presidir as sesións de avaliación

Familias

- Informar sobre o funcionamento do centro - Informar sobre o proceso educativo dos alumnos - Realizar reunións coas familias en casos de absentismo

Administración

- Cubrir documentos oficiais - Control asistencia do alumnado - Levantar actas das reunións coas familias de alumnado absentista

TITORES DE CICLOS

FORMATIVOS e FP BÁSICA

Formación en centros de traballo (FCT)

- Elaborar programa formativo (xunto co responsable do centro de traballo) - Avaliar o módulo - Manter contactos periódicos co responsable do centro de traballo - Colaborar co coordinador de FCT na busca de empresas. - Tramitar toda a documentación de FCT

Page 12: PAT (Plan de Acción Titorial) · Anexo II. Acta reunión titor-pai/nai 33 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo III. Inicio expediente absentismo 34 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

páxina 12 de 42

Administración

- Redactar memoria final de curso - Elaborar informe para solicitude convocatoria extraordinaria - Elaborar informe para solicitude flexibilización modular.

Profesorado - Informar na avaliación inicial sobre características do alumnado

Alumnado - Informar sobre validacións e exencións.

Outras - Colaborar na elaboración e seguimento de actividades de recuperación de módulos pendentes.

1.3.2. Funcións da xefatura de estudos.

Segundo o establecido nos artigos 31 e 60 do Regulamento orgánico do institutos de educación secundaria a xefatura de estudos coordinará a acción dos titores coas aportacións do departamento de orientación e mantendo as reunións periódicas necesarias para o bo funcionamento da acción titorial.

1.3.3. Funcións do departamento de orientación.

A lexislación vixente atribúe ao departamento de orientación as seguintes funcións en relación á acción titorial:

• Elaborar, de acordo coas directrices establecidas pola CCP, a proposta do plan de acción titorial así como coordinar ao profesorado e ofrecerlle soporte técnico para o desenvolvemento destes plans. (artigo 6 do D. 120/1998 que regula a orientación educativa).

• Elaborar de acordo coas directrices establecidas pola CCP a proposta do plan de acción titorial incidindo no desenvolvemento social, persoal e cognitivo do alumnado e ofrecerlle ao profesorado soporte técnico para o desenvolvemento destes plans. (artigo 5 da orde 24 de xullo de 1998 polo que se establece a organización e funcionamento da orientación educativa ).

• Cooperar cos titores na información ás familias sobre asuntos relacionados coa orientación académica, psicopedagóxica e profesional, co fin de axudarlles a que asuman a orientación dos seus fillos dun xeito responsable (artigo 55 do D. 324/1996 sobre o regulamento orgánico do IES)

Page 13: PAT (Plan de Acción Titorial) · Anexo II. Acta reunión titor-pai/nai 33 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo III. Inicio expediente absentismo 34 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

páxina 13 de 42

1.3.3. Funcións da comisión de coordinación pedagóxica.

De acordo co establecido no regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria a CCP establecerá as directrices xerais para a elaboración do plano de acción titorial .

1.4. Criterios para a designación de titores.

Criterios xerais:

A orde que desenvolve o regulamento orgánico de secundaria no seu artigo 64 establece que para a designación de titores terase en conta que as titorías serán asignadas preferentemente a profesores que impartan unha materia común a tódolos alumnos do grupo.

Unha vez asignado un titor a cada grupo, no caso de existiren profesores dispoñibles, serán nomeados titores de grupos específicos de alumnos que precisen unha atención especial (que promocionaron sen acadar os obxectivos, repetidores, con materias pendentes, etc.). Así mesmo, a dirección do centro poderalles asignar outras tarefas de coordinación ou atención de servizos de interese para o instituto, entre elas a coordinación dos medios informáticos e audiovisuais, a coordinación de actividades complementarias realizadas no recinto escolar, etc.

No suposto de que algún grupo quedase desatendido por falta de profesores dispoñibles, a titoría deses grupos deberá ser asumida por profesores que teñan ó seu cargo outro grupo ou desempeñen outras funcións de coordinación docente ou incluso directiva. Neste caso, o director do centro determinará a quen lle corresponde asumir a titoría de cada un dos ditos grupos de acordo con criterios de equidade e funcionalidade.

A dirección do centro designará para cada grupo de FP Básica unha persoa titora de entre o profesorado que imparta docencia ao grupo. A titoría contará coa especial colaboración e asesoramento do Departamento de Orientación.

Page 14: PAT (Plan de Acción Titorial) · Anexo II. Acta reunión titor-pai/nai 33 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo III. Inicio expediente absentismo 34 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

páxina 14 de 42

2. DESCRICIÓN DO CENTRO E DAS SÚAS NECESIDADES

O IES Carballo Calero está situado no barrio ferrolán de Caranza. O nivel sociocultural e económico das familias é medio aínda que se detecta unha crecente porcentaxe de familias de estatus medio-baixo, sobre todo na etapa da ESO.

Sen ser un centro demasiado grande, xa que a matrícula oscila ao redor dos 300 alumnos, é preciso dicir que existe unha grande diversidade en canto ao alumnado (idade, intereses, motivacións) debido ás distintas etapas educativas que se imparten no centro: ESO, FP e bacharelato.

ESO

No alumnado da ESO, na súa maioría procedente do centro adscrito CEIP Manuel Masdías, é onde se detecta unha maior problemática que fai precisa unha grande incidencia da labor titorial:

• O nivel socioeconómico e cultural das familias é moi baixo nalgúns casos. Hai unha porcentaxe nada desdeñable de alumnado que presenta problemas nos seus estudos derivados de circunstancias familiares adversas tales como non satisfacción das necesidades básicas , deixadez familiar en canto ao entorno académico, problemáticas familiares graves, ausencias dun ou de ámbolos dous pais, etc.

• Existencia dunha porcentaxe de alumnado de etnia xitana, en torno ao 30-40% en 1º e 2º de ESO. A escala de valores deste colectivo é particular: é onde se detecta, sen lugar a dúbidas, unha maior porcentaxe de absentismo escolar e abandono temperá dos estudos. Podería estimarse que só en torno a un dez por cento ou menos remata estudos de ESO e aínda hai unha porcentaxe menor dos que proseguen estudos postobrigatorios.

• alumnado de etnia está moi pouco motivado polos estudos. A grande maioría amosa atraso escolar que arrastran desde primaria e que na secundaria se fai máis patente ao non haber un hábito de estudo na casa. A relación familia-escola é escasa e entre as súas prioridades non está o progreso académico.

• A propia idade do alumnado (14-18 anos) fai que esta etapa sexa determinante para influír en aspectos como as habilidades sociais, as relacións cos iguais, a prevención de malos hábitos de saúde, o incipiente proxecto de futuro, etc.

Page 15: PAT (Plan de Acción Titorial) · Anexo II. Acta reunión titor-pai/nai 33 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo III. Inicio expediente absentismo 34 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

páxina 15 de 42

• Segundo o diagnóstico de convivencia realizado no curso 12-13 é no primeiro ciclo da ESO onde se detecta o maior nivel de conflitividade , fundamentalmente relacionada con pautas de comportamento na aula, conflitos entre profesorado e alumnado e tamén conflitos entre alumnos.

• Alto grao de alumnado con necesidades educativas especiais: alumnado repetidor, alumnado sen a primaria superada, alumnado con reforzo ou adaptación curricular, etc.; especialmente en 1º e 2º de ESO.

Todas estas circunstancias esixen dos titores da ESO unha labor intensa que incida especialmente no control do absentismo escolar en colaboración co departamento de orientación, no artellamento de medidas de atención á diversidade tamén en colaboración con orientación e co equipo docente e na toma de medidas que favorezan a convivencia no centro, en estreita colaboración con xefatura de estudos e orientación.

FP Básica

O grupo de FP Básica constitúe outro colectivo onde a labor titorial e de orientación é fundamental. Trátase dun ciclo de Peiteado e estética a onde acoden alumnos e alumnas de diversos centros da zona que acostuman presentar o seguinte perfil: alumnado con dificultades de aprendizaxe severas, repetidor de varios cursos, de tradición absentista na ESO, etnia xitana (arredor dun 30%), con carencias importantes en hábitos de traballo e con importantes problemáticas sociofamiliares na maioría dos casos.

A función do titor/a deste colectivo é básica para contribuír a:

• Reinserción nun sistema educativo que, en ocasións, foi abandonado hai tempo.

• Creación dun hábito de traballo persoal.

• Favorecemento da autoestima tras unha longa traxectoria de fracaso escolar.

• Creación de metas de vida propias.

Bacharelato

O IES Carballo Calero ofrece o Bacharelato de Artes. Por ese motivo, hai alumnado que cursa estudos no conservatorio e que se matricula no centro por haber

Page 16: PAT (Plan de Acción Titorial) · Anexo II. Acta reunión titor-pai/nai 33 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo III. Inicio expediente absentismo 34 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

páxina 16 de 42

concordancia de horarios entre estes dous centros. Tamén se oferta o bacharelato de humanidades e ciencias sociais e de ciencias.

Nos últimos anos se ven observando un incremento considerable da matrícula en bacharelato froito, posiblemente, da potenciación do bacharelato artístico pero tamén provocado pola necesidade de matricularse no mes de setembro de todo aquel alumnado que non foi quen de acceder a ciclos formativos por non aprobar no mes de xuño . Estas circunstancias derivan en que en bacharelato haxa unha porcentaxe de fracaso escolar, abandono de estudos trala primeira avaliación, alumnado que non está motivado, alumnado con dificultades de aprendizaxe e alumnado absentista .

Ciclos formativos

No centro se imparten os seguintes ciclos formativos da familia profesional de Imaxe Persoal:

- CM Peiteado e Estética

- CM Estética e beleza

- CS Estética Integral e Benestar

- FPB Peiteado e Estética

A maior problemática en relación coa labor titorial está no control da asistencia que pode derivar na perda do dereito á avaliación continua ou na baixa de oficio.

Nesta etapa a figura do titor/a tamén é fundamental para o seguimento da FCT.

Page 17: PAT (Plan de Acción Titorial) · Anexo II. Acta reunión titor-pai/nai 33 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo III. Inicio expediente absentismo 34 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

páxina 17 de 42

3. OBXECTIVOS XERAIS DA ACCIÓN TITORIAL

Os obxectivos da acción titorial poden definirse en relación aos tres colectivos subsidiarios da mesma:

3.1. Alumnado

Obxectivo 1: Contribuír ao desenvolvemento psicosocial do alumnado:

- facilitando a súa integración no grupo-clase e no centro.

- desenvolvendo un nivel axeitado de autoconcepto e autoestima.

- desenvolvendo a madureza vocacional. Obxectivo 2: Contribuír á personalización da educación axustando a resposta educativa ás necesidades particulares dos alumnos/as.

Obxectivo 3: Optimizar o proceso de ensinanza-aprendizaxe:

- detectando dificultades de aprendizaxe. - facilitando a reflexión do alumnado sobre a

súa aprendizaxe . - axudando ao alumnado a adquirir hábitos de

traballo e técnicas de estudo que lles permitan un maior rendemento escolar.

3.2. Profesorado

Obxectivo 4: Coordinar a acción educativa do equipo docente a través de:

- o axuste das programacións ás necesidades educativas do grupo.

- coordinación da atención á diversidade. - coordinación do proceso de avaliación.

3.3. Familias

Obxectivo 5: Orientar aos pais/nais no labor educativo proporcionándolles información sobre a evolución dos seus fillos e asesorándoos en situacións problemáticas. Obxectivo 6: Contribuír ao desenvolvemento dunha relación fluída familia-escola.

Page 18: PAT (Plan de Acción Titorial) · Anexo II. Acta reunión titor-pai/nai 33 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo III. Inicio expediente absentismo 34 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

páxina 18 de 42

4. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS DO PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

En función das distintas etapas educativas que se imparten no centro os obxectivos xerais concrétanse nos seguintes obxectivos específicos.

4.1. Obxectivos da acción titorial para os cursos 1º e 2º de ESO.

Relativos ao alumnado:

• Coñecer, valorar e aceptar a necesidade de respectar as normas do centro e do grupo.

• Identificar a estrutura social do grupo e contribuír á mellora das relacións entre iguais.

• Potenciar as capacidades de comunicación, participación, colaboración e traballos en grupo.

• Favorecer a creación dun autoconcepto positivo.

• Valorar, aceptar e mellorar a propia imaxe.

• Iniciar un espírito crítico tolerante ante modelos sociais.

• Adquirir e mellorar destrezas básicas de lecto-escritura.

• Traballar técnicas de aprendizaxe (subliñado, resumos,etc.) tendentes a mellorar a capacidade de organización da información.

• Iniciar no coñecemento de elección de alternativas en situacións cotiás.

Relativos ao profesorado:

• Establecer criterios/normas básicas comúns encamiñadas á consecución dun clima de clase positivo: reforzar as condutas adecuadas e solucionar as condutas conflitivas tanto individuais como colectivas.

• Coñecer os trazos da personalidade de cada alumno, as dificultades persoais e propor e aplicar medidas para favorecer a súa aprendizaxe.

Page 19: PAT (Plan de Acción Titorial) · Anexo II. Acta reunión titor-pai/nai 33 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo III. Inicio expediente absentismo 34 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

páxina 19 de 42

• Coordinar a aplicación das medidas de atención á diversidade tanto a nivel curricular como organizativo.

• Coordinar o traballo en Pedagoxía Terapéutica co profesorado de área.

Relativos ás familias:

• Informar ás familias das Normas de Organización e Funcionamento do centro.

• Solicitar a colaboración das familias para contribuír ao desenvolvemento académico e persoal do alumno.

• Informar ás familias sobre os hábitos de estudo.

4.2. Obxectivos da acción titorial para os cursos 3º e 4º de ESO.

Relativos ao alumnado:

• Experimentar a capacidade persoal de comunicación, participación , relacións e colaboración.

• Identificar a estrutura social do grupo e contribuír á mellora das relacións entre iguais.

• Coñecer as normas do centro e consensuar normas/acordos na aula.

• Mellorar a exposición de opinións persoais dentro da tolerancia e defendendo os propios dereitos (conduta asertiva)

• Afondar nas consecuencias das condutas (reflexión).

• Favorecer un autoconcepto positivo.

• Contribuír á mellora da autoestima.

• Mellorar as técnicas de estudo e razoamento.

• Contribuír ao proceso de elección de optativas e itinerarios académicos de xeito realista, reflexivo e responsable.

• Favorecer o coñecemento das distintas opcións académicas e profesionais.

Page 20: PAT (Plan de Acción Titorial) · Anexo II. Acta reunión titor-pai/nai 33 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo III. Inicio expediente absentismo 34 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

páxina 20 de 42

• Favorecer a adquisición de hábitos de vida saudables (educación sexual, educación para o consumo, educación para a prevención de adiccións).

Relativos ao profesorado:

• Establecer criterios/normas básicas comúns encamiñadas á consecución dun clima de clase positivo.

• Coordinar a aplicación de medidas de atención á diversidade.

Relativos ás familias:

• Informar sobre as normas de convivencia no centro e os posibles conflitos para contribuír á súa prevención.

• Informar e pedir colaboración na promoción de hábitos de vida saudables, emprego do tempo de lecer, etc.

• Informar e pedir colaboración na consolidación de hábitos de estudo.

• Informar e orientar sobre as distintas saídas académicas e profesionais.

4.3. Obxectivos da acción titorial para o bacharelato.

Relativos ao alumnado:

• Favorecer o autocoñecemento incidindo na traxectoria escolar, nos intereses e motivacións, nas aptitudes persoais e na capacidade de esforzo e organización.

• Informar sobre as distintas alternativas académico- profesionais.

• Favorecer a construción dun itinerario formativo propio.

• Favorecer a implicación do alumnado no seu proceso de estudo.

• Favorecer a promoción de hábitos de vida saudables.

Page 21: PAT (Plan de Acción Titorial) · Anexo II. Acta reunión titor-pai/nai 33 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo III. Inicio expediente absentismo 34 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

páxina 21 de 42

Relativos ao profesorado:

• Establecer criterios/normas básicas comúns encamiñadas á consecución dun clima de clase positivo e favorecedor da aprendizaxe.

• Favorecer o emprego de técnicas de traballo intelectual desde todas as áreas.

Relativos ás familias:

• Informar sobre a evolución académica dos seus fillos.

• Informar e orientar sobre as distintas opcións ao remate do bacharelato.

4.4. Obxectivos da acción titorial para os ciclos formativos.

Relativos ao alumnado:

• Favorecer o coñecemento das normas profesionais.

• Adestrar en asertividade, comunicación, convivencia ou relacións persoais no entorno laboral.

• Orientar na saída ao mercado laboral.

• Informar sobre a continuación de estudos.

Relativos ao profesorado:

• Establecer criterios/normas básicas comúns encamiñadas á consecución dun clima de clase positivo e favorecedor da aprendizaxe.

• Notificar ao alumnado e/ou familias, segundo os modelos formalizados de secretaria ou os obtidos no sistema de xestión de alumnado (sixa), sobre o apercibimento e perda do dereito á avaliación continua e baixa de oficio.

• Colaborar no desenvolvemento da FCT .

Page 22: PAT (Plan de Acción Titorial) · Anexo II. Acta reunión titor-pai/nai 33 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo III. Inicio expediente absentismo 34 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

páxina 22 de 42

5. ACTIVIDADES

Para tentar a consecución dos obxectivos previstos o profesorado titor levará a cabo as seguintes actividades:

5.1. Coordinación co equipo docente.

A coordinación co conxunto do profesorado que imparte docencia aos seus titorandos é fundamental tanto para recabar como para dar información relativa ao alumnado no seu proceso educativo así como na posta en práctica de medidas de atención á diversidade. É ademais un factor de vital transcendencia en orde a favorecer o bo funcionamento do grupo e dar resposta aos conflitos.

As estratexias a empregar para favorecer a coordinación entre o titor/a e o profesorado poden ser:

• Xunta de avaliación inicial e xuntas de avaliación.

• Informes xerados pola aplicación informática SIXA.

• Reunións puntuais convocadas por xefatura de estudos, orientación ou titor/a.

• Conversas informais co profesorado.

• Correo electrónico.

5.2. Atención individual ao alumno.

O titor/a precisa de momentos para falar co alumnado a título particular. Nestas entrevistas favorecerase a reflexión sobre o propio proceso formativo e a conduta individual, recabarase información sobre a situación persoal e social do alumno e tentarase orientalo sobre o seu proceso persoal e académico. Para levar a cabo esta faceta empregaranse os seguintes tempos:

• Hora semanal de atención a alumnos

• Recreos

• Se a situación o require e é urxente calquera tempo do período lectivo.

Page 23: PAT (Plan de Acción Titorial) · Anexo II. Acta reunión titor-pai/nai 33 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo III. Inicio expediente absentismo 34 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

páxina 23 de 42

5.3. Comunicación coas familias.

Este é un aspecto de vital importancia, sobre todo, co alumnado de menor idade. No caso de que o alumnado sexa unha persoa adulta esta faceta será substituída pola comunicación directa co propio alumno/a.

Os tempos para realizar esta comunicación poden ser:

• Xornada de acollida para pais/nais a comezos de curso

• Hora semanal de atención a pais.

• Vía telefónica

• Por correo

• Utilizando o “Mensario”

Recoméndase que polo menos se realice unha entrevista trimestral coa familia de cada titorando, ben a petición da propia familia ou, no seu defecto, a instancia do titor/a.

5.4. A acción titorial co grupo de alumnos.

Das etapas educativas que se imparten no centro só a ESO e FB Básica dispoñen dunha hora semanal de titoría grupal. Existen actividades que son de obrigado cumprimento con tódolos grupos mentres que outras son suxestións ou serán escollidas en función dos intereses e necesidades do grupo de alumnos e de acordo coa planificación da titoría que cada curso faga o titor/a.

Unha posible proposta de actividades de titoría podería ser:

Bloque 1. Actividades de acollida, presentación e integración.

• Xornada de acollida para o alumnado: presentación do titor e do equipo directivo. Visita ás instalacións para o alumnado de nova incorporación. Breve información sobre a organización e funcionamento do centro.

Page 24: PAT (Plan de Acción Titorial) · Anexo II. Acta reunión titor-pai/nai 33 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo III. Inicio expediente absentismo 34 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

páxina 24 de 42

• Recollida de información sobre antecedentes escolares, necesidades, expectativas, etc.

• Actividades dirixidas a facilitar o coñecemento mutuo entre os alumnos.

Bloque 2. Actividades de convivencia.

• Técnicas de dinámica de grupos como estratexia de prevención e tamén para resolver posibles conflitos favorecendo a creación dun grupo unido e cohesionado.

• Pactar funcións e responsabilidades.

• Asemblea de aula.

• Actividades encamiñadas a que o alumnado valore a participación e o traballo cooperativo.

• Unha vez por trimestre analizar os problemas de convivencia e aprendizaxe comúns e facer propostas de mellora.

• Programa de habilidades sociais: habilidades relacionadas coa comunicación ,habilidades relacionadas cos sentimentos, habilidades para afrontar o estrés, habilidades alternativas á agresión.

• Promover a resolución pacífica de conflitos.

• Actividades de sensibilización contra o acoso escolar.

Bloque 3. Normas, obxectivos e funcionamento do grupo.

• Proporcionar información sobre a estrutura organizativa do centro .

• Estudar, analizar e valorar as Normas de Organización e Funcionamento.

• Expoñer as formas de participación dos alumnos na vida do instituto.

• Actividades previas á elección de delegado: definición de funcións.

• Elección de delegado/a.

Page 25: PAT (Plan de Acción Titorial) · Anexo II. Acta reunión titor-pai/nai 33 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo III. Inicio expediente absentismo 34 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

páxina 25 de 42

• Estudo de casos.

• Dilemas morais.

Bloque 4. Técnicas de traballo intelectual.

• Determinación dos hábitos de estudo do alumno/a.

• Análise dos factores condicionantes do estudo.

• Estratexias para aumentar o rendemento na clase (apuntamentos, preparación de exames…)

• Técnicas de estudo específicas: subliñado, resumos, esquemas, mapas conceptuais, etc.

Bloque 5. Orientación académica e profesional.

• Autocoñecemento: cuestionario de exploración inicial, xogos de dinámica de grupos que favorecen o autocoñecemento, estudo da traxectoria escolar, aplicación de inventarios de intereses, etc.

• Coñecemento do sistema educativo: estudo de folletos, navegación web, organigrama do sistema educativo, visitas a centros educativos, consulta de programas informáticos, etc.

• Coñecemento do mercado laboral: Análise de estudos sobre actividade económica, análise das profesións, elaboración de monografías profesionais, visita a centros produtivos e empresas, visualización de vídeos con información profesional.

• Procesos de inserción socio-profesional: Investigación sobre organismos relacionados coa oferta de emprego, confección de documentos destinados á busca de emprego, información básica en materia de autoemprego…

• Toma de decisións: elaboración do itinerario formativo propio.

Page 26: PAT (Plan de Acción Titorial) · Anexo II. Acta reunión titor-pai/nai 33 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo III. Inicio expediente absentismo 34 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

páxina 26 de 42

Bloque 6. Sesións de avaliación cos alumnos.

• Preavaliación: autoavaliación do alumno e avaliación do funcionamento do grupo-clase. Concretar acordos e medidas para remediar os desaxustes e problemas detectados.

• Postavaliación: análise e valoración dos resultados, informar ao alumnado sobre acordos tomados na xunta de avaliación.

Bloque 7. Temas transversais e educación en valores.

• Sesións de titoría relativas a educación para a paz, educación moral e cívica, educación ambiental, educación para a igualdade, educación para o consumidor, educación vial, e educación para a saúde e sexual .

• Actividades puntuais, programas educativos e intervención de persoal externo para realizar actividades relacionadas cos temas anteriores.

• Actividades encamiñadas á prevención do acoso escolar.

6. TEMPORALIZACIÓN

Unha peza clave para o desenvolvemento da acción titorial é establecer o tempo no que se van a levar a cabo as actividades. Por este motivo é preciso facer unha planificación da acción titorial co grupo de alumnos a comezos do curso académico, tendo en conta que esa planificación é flexible e que con seguridade haberá de ser modificada conforme vaia avanzando o curso. Recoméndase dividir a planificación por trimestres e ter en conta o cómputo de horas de titoría grupal que hai nese período. No anexo figura un modelo de planificación das actividades de titoría.

Page 27: PAT (Plan de Acción Titorial) · Anexo II. Acta reunión titor-pai/nai 33 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo III. Inicio expediente absentismo 34 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

páxina 27 de 42

7. METODOLOXÍA.

A metodoloxía para levar a cabo a acción titorial ten que ser tan variada como para ser capaz de levar a cabo entrevistas individuais con pais, afrontar e mediar en conflitos, dirixir reunións grupais, etc.

No caso da titoría grupal con alumnos as estratexias metodolóxicas a seguir tamén han de ser o suficientemente amplas para evitar o aburrimento dos rapaces. Tentando fuxir da clase ordinaria , as técnicas de dinámica de grupos e o emprego de medios audiovisuais ofrecen múltiples posibilidades que serven a obxectivos diversos. O importante neste caso será favorecer a participación activa dos alumnos.

Tamén será precisa certa flexibilidade para modificar en calquera momento o programado para a/as sesión/es de titoría, en función de interaccións, novidade, interese, motivación, necesidades,…

Suxírese, por tanto, unha metodoloxía activa, participativa, motivante e tendente a unha xeneralización a tódalas materias.

8. RECURSOS.

O Departamento de Orientación ten a obriga de ser o soporte técnico para que os titores poidan desenvolver a función titorial. Debe ser o centro de recursos onde o profesorado atope bibliografía, modelos de documentos , cadernos de titoría, enlaces web e programas específicos para levar a cabo a acción titorial .

A título xenérico cítanse como posibles recursos:

• Manuais de titoría da ESO comerciais ou descargados da web, onde se poden

seleccionar múltiples actividades. • Programas de técnicas de estudo • Programas de habilidades sociais • Programas de intelixencia emocional • Programas para favorecer a convivencia • Programas de prevención do acoso escolar • Cine didáctico • Actividades de titoría específicas • Cuestionarios diversos

Page 28: PAT (Plan de Acción Titorial) · Anexo II. Acta reunión titor-pai/nai 33 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo III. Inicio expediente absentismo 34 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

páxina 28 de 42

9. AVALIACIÓN.

Avaliación inicial: a base da avaliación será a análise de necesidades de cada grupo, facendo especial fincapé na ESO e FP Básica xa que son os grupos subsidiarios dunha actividade continuada de titoría grupal .

En base a esa primeira análise de necesidades cada profesor-titor elaborará unha programación anual da titoría con actividades que se consideran “fixas”, de obrigado cumprimento e outras variables en función dos intereses, dificultades, problemas do grupo.

Previse que a programación inicial deba ser modificada debido a circunstancias que poidan xurdir ao longo do curso. Proponse por tanto, unha avaliación continua da acción titorial que dea idea de aspectos a modificar ou novas actividades que puideran resultar interesantes ou necesarias. O seguimento da labor titorial co departamento se orientación debera ser mensual.

Nas actividades organizadas pódese delimitar o grao de aceptación por parte do alumnado a través de enquisas nas que se terán en conta os seguintes aspectos:

• Grao de adecuación dos contidos e da actividade

• Adecuación da duración da actividade

• Adecuación dos recursos e metodoloxía empregados

• Grao de implicación do alumnado

A finais de cada curso convén facer unha análise reflexiva global sobre a labor tirorial que sirva como punto de partida para a programación titorial do curso seguinte. Analizaranse os seguintes aspectos:

- Os temas a tratar.

- A metodoloxía.

- As actividades.

- A adecuación no tempo.

- Etc.

Page 29: PAT (Plan de Acción Titorial) · Anexo II. Acta reunión titor-pai/nai 33 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo III. Inicio expediente absentismo 34 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

páxina 29 de 42

10. BIBLIOGRAFÍA.

• Lexislación educativa referida no apartado 1 deste documento.

• Bravo, M.J. et alter (2001): A titoría na ESO. Promocións culturais galegas.

• Blanchard Giménez, M e Muzás Rubio , Mª Dolores (1997) : Plan de acción tutorial en la ESO. Elaboración, desarrollo y materiales. Ed. Narcea

• Álvarez, M e Bisquerra, R. (1996 e diversas actualizacións): Manual de Orientación y tutoría. Ed. Praxis

Page 30: PAT (Plan de Acción Titorial) · Anexo II. Acta reunión titor-pai/nai 33 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo III. Inicio expediente absentismo 34 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

páxina 30 de 42

ANEXO 1: PLANIFICACIÓN E DESENVOLVEMENTO DA TITORÍA

AVALIACIÓN: GRUPO:

PLAN PREVISTO (PROGRAMACIÓN)

ACTIVIDADES REALIZADAS DÍA TEMAS / ACTIVIDADES OBSERVACIÓNS /

AVALIACIÓN

Page 31: PAT (Plan de Acción Titorial) · Anexo II. Acta reunión titor-pai/nai 33 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo III. Inicio expediente absentismo 34 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

páxina 31 de 42

ANEXO 2: REXISTRO DE INTERVENCIÓNS DA TITORÍA

CURSO: GRUPO:

ALUMNO/ALUMNA:

REXISTRO DE INTERVENCIÓNS EFECTUADAS POLA TITORÍA

(ENTREVISTAS CO ALUMNO OU ALUMNA, COA SÚA NAI OU PAI, CHAMADAS TELEFÓNICAS...)

DATA CONTIDO

1ª A

VALI

AC

IÓN

2ª A

VALI

AC

IÓN

3ª A

VALI

AC

IÓN

Page 32: PAT (Plan de Acción Titorial) · Anexo II. Acta reunión titor-pai/nai 33 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo III. Inicio expediente absentismo 34 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

páxina 32 de 42

ANEXO 3: ABSENTISMO ESCOLAR

ABSENTISMO ESCOLAR1 ANEXO I

CONVOCATORIA DE REUNIÓN

Don ........................................................................................................................ e dona ................................................................................................................:

(Nome e apelidos do pai, da nai ou das persoas titoras legais ou gardadoras da alumna ou do alumno),

Como profesor/a titor/a da alumna/o ..................................................................................... (nome e apelidos da alumna ou do alumno), á vista do número de faltas de asistencia a clase que presenta a referida alumna ou alumno, convócoos a unha reunión para:

1. Analizar a situación que se está a producir polas citadas faltas de asistencia a clase.

2. Buscar unha solución a esa situación e evitar, de ser o caso, que se abra o expediente de absentismo.

A reunión terá lugar nas dependencias do centro educativo, o día ......... de ..................... de ....................., de ......... a .......... horas.

(Se se trata de alumnado de ESO ou de ciclos de FP básica advertirase que a alumna ou o alumno pode asistir á reunión)

.................................., ......... de ........................... de 20 ........

O/A profesor/a titor/a,

................................................

Vº e prace,

O/A director/a,

...................................................

1Segundo as Instrucións do 31 de xaneiro de 2014 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa polas que se traslada o protocolo educativo para a prevención e o control do absentismo escolar en Galicia.

Page 33: PAT (Plan de Acción Titorial) · Anexo II. Acta reunión titor-pai/nai 33 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo III. Inicio expediente absentismo 34 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

páxina 33 de 42

ABSENTISMO ESCOLAR2 ANEXO II

ACTA DA REUNIÓN ENTRE O PROFESORADO TITOR DE ............................................................................................................ E O SEU PAI E A SÚA NAI (de seren as persoas titoras legais ou gardadoras, indicalo) Lugar: ...................................................................... (nome do centro e espazo onde se celebra) Data: .......... de ................................ de ........................ Hora de comezo: ................ Hora de remate: ................. PERSOAS ASISTENTES: (Indicar nome e apelidos e a relación co alumno ou coa alumna) De ser o caso: o Non comparecencia da persoa ou das persoas convocadas polo profesorado titor. ORDE DO DÍA: 1. Analizar a situación que se está a producir polas citadas faltas de asistencia a clase. 2. Buscar unha solución a esa situación e evitar, de ser o caso, que se abra o expediente de absentismo. DELIBERACIÓNS: 1. Analizar a situación que se está a producir polas citadas faltas de asistencia a clase. 2. Buscar unha solución a esa situación e evitar, de ser o caso, que se abra o expediente de absentismo. ACORDOS: Sen máis asuntos que tratar, remata a sesión e redáctase esta acta.

O/A profesor/a titor/a,

..........................................................

2Segundo as Instrucións do 31 de xaneiro de 2014 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa polas que se traslada o protocolo educativo para a prevención e o control do absentismo escolar en Galicia.

Page 34: PAT (Plan de Acción Titorial) · Anexo II. Acta reunión titor-pai/nai 33 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo III. Inicio expediente absentismo 34 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

páxina 34 de 42

ABSENTISMO ESCOLAR3 ANEXO III

INICIO DO EXPEDIENTE DE ABSENTISMO

............................................................................................................................, profesor/a titor/a da alumna ou do alumno .............................................................................................................................: INFORMO: 1. Que no mes de ............................ de ........................... a alumna ou o alumno ......................................................................... acumulou un número de faltas de asistencia a clase sen xustificar superior ao dez por cento (10 %) do horario lectivo dese mes. 2. Que con anterioridade á superación dese dez por cento (10 %) do horario lectivo do mes de ......................... de ................................., e á vista das reiteradas faltas de asistencia a clase que presentaba a alumna ou o alumno indicado, este/a profesor/a titor/a convocou o pai e a nai (de seren outras persoas, indicalo) da alumna ou do alumno a unha reunión, que se celebrou o día ............ de ................................ de ......................... (Achéganse copias da convocatoria e da acta desa reunión) Logo do informado, e segundo se establece no protocolo de absentismo, PROPOÑO: Iniciar un expediente de absentismo á alumna ou ao alumno ................................................................................................., informando deste feito á xefatura de estudos e dando continuidade ás actuacións previstas no protocolo de absentismo.

.................................., ......... de ........................... de 20 .........

O/A profesor/a titor/a,

..........................................................

Vº e prace, O/A director/a,

...........................................................

3 Segundo as Instrucións do 31 de xaneiro de 2014 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa polas que se traslada o protocolo educativo para a prevención e o control do absentismo escolar en Galicia.

Page 35: PAT (Plan de Acción Titorial) · Anexo II. Acta reunión titor-pai/nai 33 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo III. Inicio expediente absentismo 34 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

páxina 35 de 42

ABSENTISMO ESCOLAR4 ANEXO IV

CONVOCATORIA DE REUNIÓN

Don ................................................................................................................................. e dona .........................................................................................................: (Nome e apelidos do pai, da nai ou das persoas titoras legais ou gardadoras da alumna ou do alumno) Como profesor/a titor/a da alumna/o ...................................................................................... (nome e apelidos da alumna ou do alumno), verificado que o número de faltas de asistencia a clase sen xustificar da citada alumna ou alumno durante o mes de ......................... superou o dez por cento (10%) do horario lectivo dese mes e segundo se establece no protocolo de absentismo, convócoos a unha reunión para: 1. Informalos da apertura dun expediente de absentismo á alumna ou ao alumno .................................................................................................................................... 2. Analizar a situación que están a causar as faltas de asistencia a clase sen xustificar. 3. Tratar de buscar unha solución que permita a paralización e arquivo do expediente de absentismo. A reunión terá lugar nas dependencias do centro educativo, o día ......... de ................................ de ....................., de ......... a .......... horas. (Se se trata de alumnado de ESO ou de ciclos de FP básica advertirase que a alumna ou o alumno pode asistir á reunión)

.................................., ......... de ........................... de 20 ..........

O/A profesor/a titor/a,

..........................................................

Vº e prace, O/A director/a,

...........................................................

4 Segundo as Instrucións do 31 de xaneiro de 2014 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa polas que se traslada o protocolo educativo para a prevención e o control do absentismo escolar en Galicia.

Page 36: PAT (Plan de Acción Titorial) · Anexo II. Acta reunión titor-pai/nai 33 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo III. Inicio expediente absentismo 34 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

páxina 36 de 42

ABSENTISMO ESCOLAR5 ANEXO V

ACTA DA REUNIÓN ENTRE O PROFESORADO TITOR DE ...................................................... E O SEU PAI E A SÚA NAI

(de seren as persoas titoras legais ou gardadoras, indicalo)

Lugar: ...................................................................... (nome do centro e espazo onde se celebra)

Data: .......... de ................................ de ........................

Hora de comezo: ................

Hora de remate: .................

PERSOAS ASISTENTES: (Indicar nome e apelidos e a relación co alumno ou coa alumna)

De ser o caso:

o Non comparecencia da persoa ou das persoas convocadas polo profesorado titor.

ORDE DO DÍA:

1. Informalos da apertura dun expediente de absentismo á alumna ou ao alumno ...................................................................................................................................

2. Analizar a situación que están a causar as faltas de asistencia a clase sen xustificar. 3. Tratar de buscar unha solución que permita a paralización e arquivo do expediente

de absentismo.

5 Segundo as Instrucións do 31 de xaneiro de 2014 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa polas que se traslada o protocolo educativo para a prevención e o control do absentismo escolar en Galicia.

Page 37: PAT (Plan de Acción Titorial) · Anexo II. Acta reunión titor-pai/nai 33 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo III. Inicio expediente absentismo 34 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

páxina 37 de 42

DELIBERACIÓNS:

DECISIÓN ADOPTADA:

Desenvolvidos os puntos da orde do día, como se recolle nas deliberacións, resólvese:

o Paralizar e arquivar o expediente de absentismo, dado o compromiso do pai e/ou da nai (de seren as persoas titoras legais ou gardadoras, indicalo) de evitar as faltas de asistencia a clase sen xustificar do seu fillo ou da súa filla (se fose outra a relación, indicalo).

o Continuar co expediente de absentismo, comunicando o tratado e resolto nesta reunión á xefatura de estudos do centro educativo, por parte do profesor/a titor/a, para o seu coñecemento e aos efectos oportunos.

Sen máis asuntos que tratar, remata a sesión e redáctase esta acta, da que se facilitará copia á xefatura de estudos do centro educativo.

O/A profesor/a titor/a,

..........................................................

Page 38: PAT (Plan de Acción Titorial) · Anexo II. Acta reunión titor-pai/nai 33 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo III. Inicio expediente absentismo 34 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

páxina 38 de 42

ANEXO 4: ACTA DE ELECCIÓN DE DELEGADO OU DELEGADA Segundo o disposto no Regulamento Orgánico dos IES ás 13:00 horas do día 27 de setembro de 2017, baixo a presidencia do/a profesor/ora titor/ora D Ángel L. Mediavilla del Río, procédese á elección de delegado ou delegada do grupo de 3º ESO-A no que o número total de alumnado é de 12. Compoñentes da mesa electoral:

§ D/Dª .........................................................., en calidade de vogal6. § D/Dª .........................................................., en calidade de secretario/a7. § D/Dª ........................................................, profesor/ora titor/ora do grupo, como

presidente/a. Proclamadas as candidaturas e realizadas as votacións secretas, prodúcense os seguintes resultados:

§ Total de votos emitidos: 12 § Votos en branco: 0 § Votos nulos: 0 § Candidaturas votadas:

– 1º .........................................................., con .......... votos recibidos. – 2º .........................................................., con .......... votos recibidos. – 3º .........................................................., con .......... votos recibidos. – 4º .........................................................., con .......... votos recibidos. – 5º .........................................................., con .......... votos recibidos.

A partir destes resultados resultan elixidos/as como representantes do grupo os/as seguintes alumnos/as:

§ Delegado/a: .......................................................... § Subdelegado/a: ..........................................................

E para que conste, para os efectos oportunos, redáctase esta acta coa aceptación de funcións por parte das persoas candidatas elixidas.

Ferrol, .................. de ................... de ...............

O/a presidente/a

O/a secretario/a O/a vogal

6 Alumno ou alumna de maior idade dentro do grupo-clase. 7 Alumno ou alumna de menor idade dentro do grupo-clase.

Page 39: PAT (Plan de Acción Titorial) · Anexo II. Acta reunión titor-pai/nai 33 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo III. Inicio expediente absentismo 34 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

páxina 39 de 42

ANEXO 5: PARTE DE ESTADO DA AULA

Reunido o alumnado do grupo e actuando como presidente/a o/a profesor/ora titor/ora

D/Dª ...................................……………......................….............................................. , e como

secretario/a o/a alumno/a..................................................................................................

procédese á revisión do estado no que se atopa a nosa aula e/ou taller asignado, atopando os

desperfectos (ou aspectos a mellorar) que se reflicten ao dorso.

COMPROMISO DE MANTEMENTO DO ESTADO DA AULA

Comprometémonos a mantela nese estado ata o remate do curso e, de non ser así, todos

aqueles desperfectos realizados, ben dun xeito intencionado ou ben por neglixencia, correrán

por conta do grupo ou dos autores materiais dos mesmos, sexa mediante o seu amaño ou o

pagamento do importe correspondente ao mesmo.

LEXISLACIÓN APLICABLE

Real Decreto 732/1995, de 5 de maio polo que se establecen os dereitos e deberes do alumnado e as normas de convivencia dos centros educativos.

LEI 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa. TÍTULO II. Dereitos e deberes de convivencia e participación directa. Artigo 7. Dereitos e deberes do alumnado.

Ferrol, ………. de ……………….... de 201

O/a presidente/a

O/a secretario/a

CURSO GRUPO

Page 40: PAT (Plan de Acción Titorial) · Anexo II. Acta reunión titor-pai/nai 33 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo III. Inicio expediente absentismo 34 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

páxina 40 de 42

MATERIAL UNIDADES DEFECTOS OBSERVADOS

BORRADOR

PERSIANAS

CAIXA PERSIANA

VENTÁS

CRISTAIS

ENCHUFES

TUBOS

FLUORESCENTES

INTERRUPTORES

MESA PROFESOR/A

CADEIRA PROFESOR/A

MESA ALUMNO/A

CADEIRA ALUMNO/A

PORTAS

PAPELEIRAS

PERCHEIROS

RADIADORES

TABOLEIROS DE

CORTIZA

DICCIONARIOS

ESTANTERÍAS

OUTROS

Page 41: PAT (Plan de Acción Titorial) · Anexo II. Acta reunión titor-pai/nai 33 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo III. Inicio expediente absentismo 34 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

páxina 41 de 42

ANEXO 6: XUSTIFICACIÓN DE FALTAS DE ASISTENCIA DO ALUMNADO

D/Dª. .........................................................................................................................................

como Pai/titor/ora legal do alumno ou alumna:

Apelidos

Nome Curso e grupo

XUSTIFICA A AUSENCIA ÁS CLASES DO ALUMNO OU ALUMNA NAS DATAS

...............................................................................................................................

POLOS SEGUINTES MOTIVOS:

Ferrol, .................de.............................................................201

Asdo.: D/Dª Pai/nai/titor/ora legal do alumno ou alumna

Sr/a. Director/ora do IES RICARDO CARBALLO CALERO

Page 42: PAT (Plan de Acción Titorial) · Anexo II. Acta reunión titor-pai/nai 33 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo III. Inicio expediente absentismo 34 ANEXO 3: Absentismo escolar. Anexo

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

páxina 42 de 42

ANEXO 7: AUTORIZACIÓN DO PAI/NAI/TITOR/A LEGAL PARA A XUSTIFICACIÓN DE FALTAS AO ALUMNADO MAIOR DE 18 ANOS

D/Dª. ................................... ..............................................................................................

como pai/nai/titor/ora legal do alumno ou alumna:

Apelidos

Nome Curso e grupo

AUTORIZO AO MEU FILLO OU FILLA

A XUSTIFICAR AS FALTAS DE ASISTENCIA DURANTE O CURSO 201... /201...

DADO QUE É MAIOR DE IDADE.

Ferrol, .................de.............................................................201

Asdo.: D/Dª Pai/nai/titor/ora legal do alumno ou alumna

Sr/a. Director/ora do IES RICARDO CARBALLO CALERO