OS MEUS POEMAS

34
MONCHO GARCÍA os meus poemas

Transcript of OS MEUS POEMAS

Page 1: OS MEUS POEMAS

8/14/2019 OS MEUS POEMAS

http://slidepdf.com/reader/full/os-meus-poemas 1/34

MONCHO GARCÍA

os

meus

poemas

Page 2: OS MEUS POEMAS

8/14/2019 OS MEUS POEMAS

http://slidepdf.com/reader/full/os-meus-poemas 2/34

Meu M ondoñedo da i-almaterriña que me crioueste que hoxe che canta

cantas veces te chorou.

Meu corazón leva dentrounha pena e vai medrandoó ver que o seu vello pobotan soliño vai quedando.

Terra de cregos e nobles,de músicos e poetas,hoxe somentes lembranzasdo nome que onte tiveras.

Meu M ondoñedo da i-almaterriña que me crioueste que hoxe che cantacantas veces te chorou.

Cántas bágoas de tristuramollaron os meus olliñospor non ver-he diante delesseu pobo tan queridiño.

"Lonxe de tí non son eu,e sinto tanta morriñaque namais me lembro de onte

cando cheo de lediciame atopaba na terriñaonde vin nacer o soltantas, tantas mañanciñas..."

Mondoñedo

Page 3: OS MEUS POEMAS

8/14/2019 OS MEUS POEMAS

http://slidepdf.com/reader/full/os-meus-poemas 3/34

O Mariscal

Por terras do Valadouro,no Castelo da Frouxeiraviviu fai xa tantos anosDon Pedro Pardo de Cela.

Un nobre Señor feudalda gloriosa Idade Mediaque, por defender o seu,contan que un día o prenderan.

Loitou con forza e honor,por defender as suas terras,mais foi preso por traizón,seus criados o venderan.

A carón da Catedraldo que foi o Val de Breaagardou o Mariscalamarrado con cadeas.

Foi a morte condenadoo bo Señor d a Frouxeira,i o seu fillo canda élpor ter as mesmas ideas.

Dín que a filla i a mullerforan a pedir clemenciae firmáranlle-lo indultoaló en terras de C astela.

Mais de nada lles valeupois según contan as lendasna Ponte do Pasatempouns crégos entretivéronas.

Mentres na Praza o verdugorabexoulles a cabeza,e soaban as campáspra anunciar que xa morreran.

Maila historia non morreue hoxe o pobo aínda se lembrado seu nobre MariscalDon Pedro Pardo de Cela.

Campaniñas do meu pobotocade ata reventar,haber se, todas a unha,conseguides acalara esa bizarra xiganteque co seu fero badalfaille tremar ao ceono alto da Catedral.

A Paula

Page 4: OS MEUS POEMAS

8/14/2019 OS MEUS POEMAS

http://slidepdf.com/reader/full/os-meus-poemas 4/34

Saltade mozos e mozas,brincade nenos, ruliños,que xa estan aqui os gaiteirostocando polos Muíños.

Sonche os de Brisas do Masmaco seu andar paseniño,traen aire de bos maestrosveñen de tomar os viños.

Escoitadeos pola rúatocando o seu "Manoliño"

Brisas do Masma

Fonte-Vella, Fonte-Vellacalada i acolledoraentre as pedras milenariasque te manteñen alteira.

Fonte-Vella, Fonte-Vellahoxe de Alvaro Cunqueiro,ao teu carón aínda gardastantos recordos de Leiras.

Fonte-Vella, Fonte-Vellaque ás portas da Catedraldo histórico Val de Breaa i-auga crára nos deixas.

Fonte-Vella, Fonte-Vellado meu corazón sinxelobrota armonioso o cantarnista noite chea de estrelas.

Fonte Vella

Page 5: OS MEUS POEMAS

8/14/2019 OS MEUS POEMAS

http://slidepdf.com/reader/full/os-meus-poemas 5/34

Fonte-Vella de Cunqueiro

fermosa como ningunha,

preto de tí a miña lúa:

María Concepción Ferreiro...

Lúa

Hai que ir á festa ós Muiñoshoxe é o día do Santiago.

Brincar á beira do río,beber auga dos Pelamios,bailar cas mozas bonitase despois: "poñer o sant o".

Non hai, e podes creélo,mellor festiña no ano.

Festa do Santiago

Page 6: OS MEUS POEMAS

8/14/2019 OS MEUS POEMAS

http://slidepdf.com/reader/full/os-meus-poemas 6/34

Pico leva a melodíai o Canelo faille a baixa,Marcelino toca o bomboi eu vou petando na caixa.

E somos o Val do Brea,o mellor grupo de gaitasnon da provincia de Lugo,pero si desta comarca.

Tocamos coma maestrosnon bebemos mais que "auga"e tras de nós sempre veñenunha chea de rapazas.

Val do Brea

Teño unha mágoa moi f ondano meu corazón galego,sinto chorar unha gaita

no bico do Padornelo.

Tristeiro é o son que ela levaata fai t remar o ceo,soia entre os pinos requintasen tamboril nin pandeiro.

De Seivane ata Lindín,do Monfadal ata Estelochegan as mainiñas notasdo seu humilde punteiro.

Non deixes que cale, non,e segue a tocar gaiteiroque a túa canción ha chegarata o vello cimenterio.

E pra quen vai o cantarseica o escoitará de certo...Con nós sempre o teu recordoDon Manuel Leiras Pulpeiro.

"Garda a gaitiña gaiteirovólvete a tocar prá aldea

que os vilegos desleigadosxa estoxan a muiñeira ".

A Leiras Pulpeiro

Page 7: OS MEUS POEMAS

8/14/2019 OS MEUS POEMAS

http://slidepdf.com/reader/full/os-meus-poemas 7/34

Gaitiña roucadoraque ceibas noutras terrasas notas da Alboradano día sin estrelas,lembrandolle ós galegosdo outro lado do mara Patria onde naceran:Non deixes de tocar,loita pra que f roleza

no sentir dos galegosa mensaxe de Veiga.... ... ...Cántos, no corazón,levaron o seu cantopra poder esquecera época do pranto.

A Pascual Veiga

Semella ser de outr a vilapreto da mais alta estrela,semella ser rei de reises,principe de escuras tebras,cabaleiro das cruzadas,Colón no mar das sereas...

Mais eu ben sei que é tan nosocomo foi o M ariscal,

como foi Lence Santar,Cunqueiro, Leiras ou Veiga.

Manolo Montero Regomindoniense dos que levanno corazón a sua Terra.

Manolo Montero

Page 8: OS MEUS POEMAS

8/14/2019 OS MEUS POEMAS

http://slidepdf.com/reader/full/os-meus-poemas 8/34

Vai este poema en recordode Lázaro, o zapateiro,o coxo internacionalda Coral de Mondoñedo.

E que voz tiña, señores,afinaba ben, de certo,mentras cosía no coirono seu taller dos Remedios.

A súa voz apagóuse,a naide perdoa o tempo,se cadra agora é cantorno orfeón de San Pedro.

Vai este poema en recordode Lázaro, o zapateiro,o coxo internacionalda Coral de Mondoñedo.

Lázaro

Sentado nun rinconciñorente á porta da súa casa,

recordando aqueles anostan ledos e feit iceiros,co seu cachabo na manestaba "Suso da Gaita",quen fora de Mondoñedoun dos mellores gaiteiros,

Aínda lembro aquel homiñocando na rúa pasabaco seu chaleque de panarequintando no punteiromuiñeiras e alboradas,

camiñando paseniño.Ás xentes engaiolabaó son da gaita e pandeiro.Tocábache aquel gait eiroque parecía que as fadasalumábanlle o camiño.

No San Antonio en Valiño,no Conde Santo, na Brava,nas San Lucas, como non,i en Betanzos nos Caneiros.Eu penso que medio mundo

percorreu noso Susiño,o noso "Suso da Gaita",que fora de Mondoñedoun dos mellores gaiteiros,

de partit ura, rapaces,de lacón, monteira e viño...

Suso da Gaita

Page 9: OS MEUS POEMAS

8/14/2019 OS MEUS POEMAS

http://slidepdf.com/reader/full/os-meus-poemas 9/34

Page 10: OS MEUS POEMAS

8/14/2019 OS MEUS POEMAS

http://slidepdf.com/reader/full/os-meus-poemas 10/34

"Pisa la culebra Don José,dónde está mi chica, no lo sé..."

Amigo da xuventudee do viño do ribeiro,era Pernas, o fotógrafode troulas bo compañeiro.

Cando xa dadas as doceda noite, na Catedral,baixaba polo Cantónmarcando o paso marcial,facía un alto no camiñopra cantarnos unhas coplas

pois gostáballe a canciónoutro tanto como as copas,e coa maquiniña ó lombo,sen carrete, -quén soubera-entonaba acompasadoo seu: "pisa la culebra..."

Amigo da xuventudee do viño do ribeiro,era Pernas o fot ógrafode troulas bo compañeiro.

Pernas, o f otógrafo

Page 11: OS MEUS POEMAS

8/14/2019 OS MEUS POEMAS

http://slidepdf.com/reader/full/os-meus-poemas 11/34

A aldea quedou soliña

na pecha noite de inverno,que farían as súas pedraspra merecer ese inferno...

No remate do outonomorreu o velliño Xoán,houbo ser o derradeiroque pisou naquel lugar.

Morreu con pena ó saberque xa ninguén máis quedabapra defender os seus eidos,

a terra que t anto amaba.

Sete casas e cabozos,un canciño orfo, sen pai,o carro ó pé do camiño,unha vida que se vai.

Quén vai a vagar agorapolas mestas carballeiras,quén ha recoller os froitos,quén ha labrar as súas leiras...

No inverno

Page 12: OS MEUS POEMAS

8/14/2019 OS MEUS POEMAS

http://slidepdf.com/reader/full/os-meus-poemas 12/34

Fermosa coma unha nenade longos cabelos mouros,xeitosa coma unha saiabordada con fíos de ouro.

Melosa como os olliñosdun vello can de palleiro,teimosa como a sementedos ben enrrugados leiros.

Saunosa como a anduriñaque voa lonxe da terra,garimosa como a estrelaque aluma ó mar na Fisterra...

A nosa língoa

Aquí nacín, na verde terra,baixo este ceo azul e máis branco,medrei ollando o que aconteceranesta paisaxe que quero tanto.

Prantado embaixo do Padorneloledo vivín tantas primaveras,

días escuros de frio invernonoites de xullo cheas de estrelas.

Hoxe, chorando, adeus vos digoenvolto en bágoas e cheo de fume,quizais mañán habedes xuzgaras mans que agora me prenden lume.

Derradeiras verbas dun carballo

Page 13: OS MEUS POEMAS

8/14/2019 OS MEUS POEMAS

http://slidepdf.com/reader/full/os-meus-poemas 13/34

Sentín chorar unha gaita,mirei caer unha estrelaollei a Patria amarradacon milleiros de cadeas.

Unha nación aldraxadaberce de palla e xenreira,e no chao asoballadaa súa orfa bandeira.

Aldeas morrendo a escuras,

lume e calor na lareira,cidades colonizadaspor unha lingoa estranxeira.

Sentín chorar unha gaita,mirei caer unha estrela...

Sentimentos

Vento que chegas do Norde

asubiando o triste son,

leva tras ti os neboeiros

déixalle saír ó sol.

Vento

Page 14: OS MEUS POEMAS

8/14/2019 OS MEUS POEMAS

http://slidepdf.com/reader/full/os-meus-poemas 14/34

Mentras poda ver o solno meu ceo azul e brancoi as estreliñas da noiteacompañen o meu canto.

Mentras os pés me manteñanpara seguir camiñandoi os dedos das miñas mans

podan pechar os furados:

Xuro ante tí, Breogán,i ante os espritos dos bardos,que a nosa GAITA GALEGAvai a seguir requintando.

Xuramento

Poesía é vent o, poesía é pan,

é amor e tristura, é ceo i é mar,i as vegadas lume que prende no povo...bandeira de espr anza, recuncho de paz."

Se escoitas de lonxe o meu berro na noite,se o vento asubía un tristeiro cantar,i o ceo se racha en versos de loitaque foron escritos con terra e con mar.

Se a lúa abrillanta eses teus ollos cegos,i as vellas feridas deixan de sangrar,aliña as estrelas no teu pensamento

nelas a mensaxe verás alumar:

CAMI ÑA I ESPERTA DO SONO NOXENTOQUE O DÍA DO LOITO SEMPRE HAS DE LEMBRAR.MORREU O POETA, POETA DA TERRA,DA LOITA, DO POVO E DA LIBERTÁ...

O amor pola Patria foi mel da súa vidai a pruma unha espada que ergueu pra loitar,sementou con verbas de honra e de gloriaa Fala que algunhos quixeron calar.

Versos de loita

Page 15: OS MEUS POEMAS

8/14/2019 OS MEUS POEMAS

http://slidepdf.com/reader/full/os-meus-poemas 15/34

Chegou o tempoen que os grilos cantani as anduriñasvoan de novo no ceo.

Chegou o tempoen que o sol levantae nas mariñasnon ruxe o vento.

Chegou o tempo:naceu a Primaveramorreu o Inverno.

Primavera

Desperta pobo galego

ergue ó ceo o teu cantar

que escoite o son da muiñeira

o Cristo da Libertá.

Desperta

Page 16: OS MEUS POEMAS

8/14/2019 OS MEUS POEMAS

http://slidepdf.com/reader/full/os-meus-poemas 16/34

"Galiza, fogar enxebre,mistura de terra e mar,naiciña que, longo tempo,sofriches rexo penar,

que menos podo facer-heque adicarche este cantar..."

Vento, choiva, sol e neve,non me canso de agardar,por unha Galiza ceibecompre seguir a loitar.

Inda que sexa cantandocon verbas de espranza e pazimos seguir sementandopra ter-he o noso mañán.

-TEREMOS NOVO AMENC ERCON LUS AZUL E M AIS BRANCAI A POMBA DA LIBERDADEALUMARÁ A NOSA ESPRANZA.

- GALIZA TERRIÑA ESCRAVAAS CADEAS HAN RACHAR,A SEMENTE DARÁ O FROITOI A GAITA CEIBE HA SOAR...

Xa está alapreando o lumeo ceo empeza a tremarseica agarda preto o intreque a nosa estrela ha brilar.

Patria de algúns esquecida,de outros ledo fogar,para nós a nosa vida,NÓS que por t i hemos loitar.

Cantar

Page 17: OS MEUS POEMAS

8/14/2019 OS MEUS POEMAS

http://slidepdf.com/reader/full/os-meus-poemas 17/34

Xa escoito as gaitas na festatocando unha muiñeiraxa están bailando os rapacesi as mociñas feiticeiras.

Xa redoblan as campásco seu bulideiro soni os vellos quitan a boina:ta saíndo a procesión.

Diante ven o San Cristobo,despois ben o San Antón,

mais atrás o San Isidro,que é dos labregos patrón.

O cura vai moi galanoleva sombreiro e bastón,tamén veñen os gaiteirosrematando a procesión.

A procesión

Page 18: OS MEUS POEMAS

8/14/2019 OS MEUS POEMAS

http://slidepdf.com/reader/full/os-meus-poemas 18/34

O gaiteiro

Góstame tocá-la gaitapolas mañás ben cediñoe despertar coa Alboradaa tódo-los meus veciños.

Meniña de M ondoñedobonitiña e feiticeira,heiche tocar pra que bailesunha leda muiñeira.

Gaiteiro do Val do Breabótalle unha muiñeiraque xa estoupan os foguetese van comenzar As Feiras.

Tocade ben, compañeiros,tocade ata reventar,que se escoiten as gaitiñas,hai que gañá-lo xantar.

Outras gait as...1

Pola costa do Bizarrovai o gaiteiro soprando,pola costa do Bizarroapretando ben o fol.

Có seu chaleque de festavai ergueito camiñando,leva camisa de liño,monteira nova e calzón.

Os frecos da gaita ó ventoi o punteiro requintandounha xeitosa alboradamentras vai nacendo o sol.

Pola costa do Bizarro

vai o gaiteiro soprando,pola costa do Bizarroapretando ben o fol.

Nos seus ollos hai tristura,outros tempos vai lembrando,cándo na terra soprabao vento da emigración,cándo a gaita era bandeirade tódolos bos galegosque escoitaban a muiñeiratan lonxe da súa nación.

Pola costa do Bizarrovai o gaiteiro soprando,pola costa do Bizarroapretando ben o fol.

Cada casiña que atopaá xente vai despertandoca súa leda melodía,co seu garoufeiro son.

Chiscándolle o ollo as nenasque tras dél van rebrincando- a cantas delas noutrora

co seu aire namorou-.

Pola costa do Bizarro

vai o gaiteiro soprando,pola costa do Bizarroapretando ben o fol.

Os frecos da gaita ó ventoi o punteiro requintando.Nos seus ollos unha estrela,...Galiza no corazón.

Page 19: OS MEUS POEMAS

8/14/2019 OS MEUS POEMAS

http://slidepdf.com/reader/full/os-meus-poemas 19/34

Fumos a t ocar un díaunha festa no Bizarro,tocar, tocámosche ben,tamén lle demos ó "xarro".

Díxome un home velliñona festa da Margarita:-Gaiteiro, prepara o fole tócame unha "raspita".

Meniña loira e galanase o corpo queres cansarven a bailar ós Muiñosa noitiña do San Xoán.

E bailarémo-la muiñeira,e tocarémo-la pandeirada,e cantaremos prá rematar-heas ledas verbas dunha alborada.

Outras gaitas...2

Escoita chirlar a gaita,sinte o teu peito est ouparmentras ao ceo se erguenas notas do seu penar.

Hemos de ir ó San Cristoboa tocá-la procesión,Hemos de ir ao San Cristoboa xantar un bo lacón.

Se vas á festa da Brava

o "paraguas" has levar,xa que se non o levaresseguro que choverá.

Armamos unha foliadana terra do Conde Santo,eu non recordo na vidadía en que bebera tanto.

Outras gait as...3

Page 20: OS MEUS POEMAS

8/14/2019 OS MEUS POEMAS

http://slidepdf.com/reader/full/os-meus-poemas 20/34

Xa chegaron as San Lucasa festa vai comezar,veña música gaiteiroque as mozas queren bail ar.

Escoitade pequerrechose correde sen pararque veñen zurrando os "Cocos"por diante da Catedral.

As rúas cheas de xente

xa non hai quen poda andaragardemos que este anonon se nos vaia mollar.

Na feira hai moitos cabalosos tratantes

As San Lucas

Page 21: OS MEUS POEMAS

8/14/2019 OS MEUS POEMAS

http://slidepdf.com/reader/full/os-meus-poemas 21/34

Canto de berce

Non chores meu ruliñoque moita pena me das,teu pai hoxe cediñocanda nós ha de volt ar.

El ha traguer un peixemoi grandiño pra cear,e pra que durmas ledoun conto vaiche contar.

Amarrando a súa lanchiñadiante da casiña está,non vés que ven aí correndo,non o escoitas asubiar.

Á nai caéndolle as bágoasnon deixaba de cantar,ela sabía, de certo,

que xamáis había voltar.I o seu corazón feridocheo de mágoa e soedáviviría para sempreno fondo do bravo mar.

Non chores meu ruliñoque teu pai deitado estáchegou moi cansadiño,ai, de tanto navegar.Acouga caladiñoque mañán vaite levar

con él na súa lanchiñacando empece a albor exar.

I á nai caéndolle as bágoasnon deixaba de cantar...

Page 22: OS MEUS POEMAS

8/14/2019 OS MEUS POEMAS

http://slidepdf.com/reader/full/os-meus-poemas 22/34

Queridiño Tio Colásque tal polos Buenos Aires,por eiquí tal coma sempreun pouquiño igual que antes.

Xa sei que qués que che contecousiñas desta túa t erra,pro agarrate forte á sillanon te vaias a caer dela.

Na casa tamosche bena non ser a Tia Manuelaque anda fodida dos nerviose polas noites non cena.

Pro eche curioso o conto,

cando veu o "doutor" vélaprohibiulle ver "Falcon-Crest"pola primeira cadena.

I as vacas sonche famosas,a Pinta salíu na Tele:fixeronlle unha entrevistapolo da Cuota do Leite.

I a Pasiega no Progresosalíu moi ben retratadapedindo o voto ós galegos

pra ser-he Eurodiputada.

Tamén teño que decircheque cando voltes prá aldeanon te esquezas de mercar-hee tr aguer unha linterna.

Pois se chegases de noitecomo a luz eiqui escasea,non che vai a estar de maisi has facer bon uso dela.

Trae t amén unhos bos zocospra andar por riba das pedrasque tampouco hai alquitran-hepra amañar as carreteras.

Que agora moita autopistadende a Coruña a Santiagoi as pistas da nosa aldeaseguen "tocadas do nabo".

Teu pri mo Pepe Xirolo,

o que vive na Cadeira,encargoume che dixeseque veñas antes das feiras.

pois xa quedas invitadoque van facer unha festae inaugurar al í mesmoun monumento a "Dona Merda".

E como podes ir vendoanque moita autonomíaaínda nos seguen "fendendo"

os mesmos que nos "fendían".

Namáis, Tio, moitos recordosun biquiño i unha aperta,xa sabes que cando veñaseiquí a casa téla aberta.

Carta pro Tio Colás

Vimos a cantálo Maio, vimos a cantálo bene se nos saira mal que non se r ía ninguén.

Iste Maio que chegou vai ser o mellor da festae se ti me dis que non dareiche cun pau na testa.

Non cantamos coma os "bitles", nin coma os "bak estrit bois",pero berraremos alto, ténsenos que oir en Nois.

E si a alguén lle gusta a copla, que aproveite esta ocasióné mellor cantálos Maios, que ir a "Eurovisión".

Maio verde, Maio longo, que aventuras nos agardan.Eu coido que para Xuño xa poderemos cont álas.

E prométolles, señores, que o rematar esta coplairemos todos xuntiños a "toma-la última copa".

Iste Maio que cantamos se a alguén lle parece mallevarémolo pro Xoves á "Parodia Nacional".

Xa non cantaremos mais, por este ano vai ben,o que queira oir mais canto que poña a "Cadena 100".

É un placer pra todos nós vir aqui cantálos Maios,nunha man a pandeireta, noutra o "cubata de Larios".

No maio do 98

Page 23: OS MEUS POEMAS

8/14/2019 OS MEUS POEMAS

http://slidepdf.com/reader/full/os-meus-poemas 23/34

Cántas estrelas hoxe ves brilar

no ceo de escuro luar.Cántas vegadas quixeches fuxirbuscando soio soedá.Tronzar cadeas, xunt ar corazónssementar unha leda canción.

A resposta, irmán, poderala alcontrarsi escoitas o vento asubiar.

Cantos loitaron pra poder labrarun mundo de amor e igualdá,onde non houbera nin fame, nin medo,nin bomba nuclear e "napalm".Cantos poetas oiches falarcon musicais verbas de paz...

A resposta, irmán, poderala alcontrarsi escoitas o vento asubiar.

"The answer ist blowingon the wind..." (Bob Dylan)

A resposta está no vento

Page 24: OS MEUS POEMAS

8/14/2019 OS MEUS POEMAS

http://slidepdf.com/reader/full/os-meus-poemas 24/34

Estrano sentimento que me envolvelúa branca que me abraia.Amor a escuras, ceo que se esconde,soedade...

camiño triste pola area da praia.

Soedade

Page 25: OS MEUS POEMAS

8/14/2019 OS MEUS POEMAS

http://slidepdf.com/reader/full/os-meus-poemas 25/34

Soio, coa pr uma na man,

o cigarro no cinceiro,

a xanela aberta á noite...

Imaxino que os teus ollos

me aluman coma luceiros

e dos meus versos son fonte.

Imaxino

A verdade e que te quero

e non o podo negar,

pró chégame con mirarte

cando vés e cando vas

pola beiriña do porto

có teu ledo camiñar..

Chégame

Page 26: OS MEUS POEMAS

8/14/2019 OS MEUS POEMAS

http://slidepdf.com/reader/full/os-meus-poemas 26/34

Nun rinconciño da praiaunha noite de luardous corazóns magoados,dous corazóns cara ao mar.

Amarrados con cadeasna beiriña do areal,

soños de leda tenrura,doce anceio de voar...

No areal

Cando vexas que a noite, ó camiñarte envolve no seu manto:lémbrate de min.

Cando vexas que o ceo no amencerperdeu o seu encanto:lémbrate de min.

Cando vexas ó xoglar pola rúaentonar un triste canto:lémbrate de min.

Cando vexas que o longo invernorecubre as pedras de pranto:lémbrate de min.

...que eu me lembrarei de tiporque te quero tanto.

Lonxe

Page 27: OS MEUS POEMAS

8/14/2019 OS MEUS POEMAS

http://slidepdf.com/reader/full/os-meus-poemas 27/34

Guitarra:

Máxia que me envolve,

soño de liberdade,

ledicia en LA maior

en DO menor saudade,

contígo sinto amor

sen tí, soio soedade...

Guitarra

Page 28: OS MEUS POEMAS

8/14/2019 OS MEUS POEMAS

http://slidepdf.com/reader/full/os-meus-poemas 28/34

Romance dos Remedios

Baixaba unha moreniñapolos Remedios, cantando,co seu vestido noviñoi o seu cabelo ondeando.

E díxenlle de pri meiras,sen reparar a pensalo:Onde vas moza fermosacon ese ar tan galanoque parece que ata o ceovai diante abrindoche o pasoi os anxeliños a coro

acompañan o teu canto.

Veño de falar coa Virxe,dona de tantos milagros,pra pedirlle un compañeiroque me ronde de contado,pois vivoche moi soliñano caminiño dos CastrosSe hei seguir deste xeitovéxome no Campo Santo.

Churrusqueiriña morena,anxo do ceo baixado,se ti queres, eu agoraserei o teu namorado,pois abofé que o teu cantome deixou engaiolado,e se o teu amor me negas

hei morrer desesperado.

Como che hei decir que non,mociño xeitoso e guapo,que mais quixera eu esta noiteque durmir no teu regazoi ouvidar as soidadesque tanto me at ormentaron."Gracias, Naiciña dos Ceos,por este meu namorado".

Page 29: OS MEUS POEMAS

8/14/2019 OS MEUS POEMAS

http://slidepdf.com/reader/full/os-meus-poemas 29/34

-Pilariña da Poza que tas tola por mín

regaleiche unha rosa que atopei no Xardín.

-Non sexas mintireiro, Xan, cariña de can,unha rosa non era, que era un toxo, langrán.

-Pilariña ben sabes que soio a ti te quero,ti es o meu amor, miña rula, meu ceo.

-Eso non é verdade, Xanciño lambe pozas,que xa estou enterada de que tes sete mozas.

-Pilariña es moi guapa, e ben sei, de contado,

que de todolos mozos son o teu desexado.

-Sábelo e cho repito, meu amiguiño amado,que o que mais desexara era verte escornado.

- Pilariña, xeitosa, ven e dame un biquiñoben sabes que te quero con todo o meu cariño.

- Xanciño que me falas, Xanciño que me d ís,en ves de darche un bico hei romperche os cadrís.

Romance de Xan e Pilar

Page 30: OS MEUS POEMAS

8/14/2019 OS MEUS POEMAS

http://slidepdf.com/reader/full/os-meus-poemas 30/34

Cantíga de Nadal

Vímoslle cantar ao nenounha cántiga galegapra que se lembre de nóse bendiga á nosa terra.

Que cousa máis pequeniña,vinde pastores a velo,deitadiño entre unhas pallasvai a ser o rei do ceo.

Toca o pandeiro, toca Mariquiña,e faille repinicar-he,que o neniño pequeno xa non chorae ten gañas de bailar-he,de bailar-he, meniña, de bailar-hetoca o pandeiriño, toca.

Xesusiño somos nosdas terras de Mondoñedopara chegar a Belénsaímos de mañá cedo.

Vimos neno de moi lonxecansados de camiñar-he,mais aínda nos quedan folgospara poderche cantar-he.

Toca o pandeiro, toca Mariquiña,e faille repinicar-he,que o neniño pequeno xa non chorae ten gañas de bailar-he,de bailar-he, meniña, de bailar-hetoca o pandeiriño, toca.

Page 31: OS MEUS POEMAS

8/14/2019 OS MEUS POEMAS

http://slidepdf.com/reader/full/os-meus-poemas 31/34

Festa no portal

Vamos ao portal rapaces

na noite fría de invernoque os anxos cantan a coroe unha luz brilla no ceo.

Vamos ao portal rapacesque xa naceu o neniñolevade o gabán e as zocaspor si hai lama no camiño.

Vamos ao portal rapacescollede manteiga e melpara levarlle á María

ao neno e a San Xosé.

Vamos ao portal rapacescon bombo, gaita e tamborque hoxe en Belén é festapois naceu o redentor.

Noite en Belén

Canta compañeiro, canta,que esta noite de Nadalen Belén naceu un nenoe deitado está entre as pallasdo escuro e frío portal.

Canta compañeiro, canta,escoita os anxos tocar,que naceu o rei dos ceose xa veñen os pastores,para podelo adorar.

Canta compañeiro, canta,que esta noite celestial

naceu o rei dos xudeus,e xa veñen aí os magos¡non ves a estrela brillar!

Canta compañeiro, canta,non pares xa de cantarpara que non chore o nenonesta noite milagreira,nesta noite de Nadal.

Page 32: OS MEUS POEMAS

8/14/2019 OS MEUS POEMAS

http://slidepdf.com/reader/full/os-meus-poemas 32/34

E-mail para os Magos

Decembro do 2003Queridos Magos de Orienteenvíovos este e-maildesde a mariña lucense.

Como somos poucos nenos

este ano tiña medode que se vos esquecerao pasar por Mondoñedo.

E sen máis presentaciónpasarei a relatarvoso que quixera pedirpara Xaneiro deste ano.

Quero un teléfono móbilpara falar cos gobernantese dicirlles que rematen

esas guerras canto antes.

Que van acabar co mundoen menos que canta un galo,como a cousa siga asíninguén vai a remedialo.

Tamén quero, a ser posiblena miña televisión,mais programas culturaise menos "reality shows".

Traédeme un tr axe brancounhas catiúscas e un botepara ir á praia de Foza limpar o chapapote.

Xa me despido de vosagardando que de novoneste ano 2004pasedes polo meu pobo.

Unha boliña de pan

Xesusiño eiqui che traiounha boliña de panda terra de Mondoñedoque é onde mellor o fan.

E unha galiña do coutocon tres pit os pra engordar,que non che falte de nadanesta noite de Nadal.

E pra que durmas contentono colo da tua nai

nesta noite milagreirahei cantarche un alalá:

"Este neniño peq ueno que naceu hoxe en Beléné guapo coma unha estrela e no ceo casa ten,e no ceo casa ten, ai lalelo, ai lalala...

Este neniño pequeno que naceu hoxe en Belénfillo da Virxe María, seu pai chámase Xosé,seu pai chámase Xosé, ai lalelo, ai lal ala...".

Page 33: OS MEUS POEMAS

8/14/2019 OS MEUS POEMAS

http://slidepdf.com/reader/full/os-meus-poemas 33/34

Foliada de Nadal

Toca o pandeiro meniñoe f aille repinicarque esta noite e Noiteboaque xa chegou o Nadal.

Mira que ahí veñen os reisó Neno Deus adorare temos que armar foliadaesta noite no portal.

Enche ben o fol gaiteiroe non pares de tocar

que esta leda muiñeiraen Belén hase escoitar.

Zúmballe ó bombo con forzapétalle ata rebentarque a Virxe e San Xoséunha peza han de bailar.

Veñen os Magos

Ahí veñen os Magosvan para Belén,detras dos camellosvamos nós tamén.

Camiñade amigostemos que ir a cenpra poder chegareantes que ninguén.

Cantando estas coplasque forza nos dande lonxe chegamosó pé do Portal.

Xesús no pesebre

agardando estámetido entre as pallasque calor lle dan.

María e Xosédeixainos pasarvimos cansadiñosxa de camiñar.

Sómos os da Paula,os da catedral,traguémoslle ó Nenoa tarta i o pan.

Page 34: OS MEUS POEMAS

8/14/2019 OS MEUS POEMAS

http://slidepdf.com/reader/full/os-meus-poemas 34/34

Deixádelle durmir

Camiñaba María,camiñaba Xosé,querían chegar cedoó Portal de Belén.

Correde pastorciñosque o Neno xa naceue xa cantan os anxosque baixaron do ceo.

Mirade que f ermosoentre as pallas estána noitiña de invernoquerémoslle cantar.

Xa veñen ahí os Magos

a Xesús adorarabrídelles camiñopra que podan pasar.

Rapaciños pequenosparade de bulirque o Neno xa esta cansodeixádelle durmir.

Pola Ponte dos Muíños

Pola Ponte dos Muíñosvan os Magos pra Beléne pararon no Valecopara toma-lo café.

Pola Ponte dos Muíñosvan os Magos pra Belénvan correndo coma tolos,os camellos van a cen.

Pola Ponte dos Muíñosvan os Magos pra Beléndiante vai unha estreliñaque moi longo rabo ten.

Pola Pontre dos Muíñosvan os Magos pra Belénse apurades un pouquiñodetrás imos nós tamén.

Pola Ponte dos Muíñosvan os Magos pra Belénlevan ouro, incienso e mirrapra regalarlle ó Recén.

Pola Ponte dos Muíñosvan os Magos pra Belénqueren pasa-lo Nadalcon Xesús María e Xosé.