Nessie en verán.

2
De profundis Nessie en verán Xosé Antonio López Silva Coma todos os veráns, non podía faltar nos xornais a consabida nova sobre o monstro do lago Ness. Desta volta non se trata de ningún avistamento, senón dunha retirada, a que ven de anunciar Steve Feltham, ata o de agora incansable albiscador desa criatura antediluviana. Alí viviu, á beira do lago, os últimos vintecatro anos. A súa teimosía seica lle costou ata unha ruptura sentimental. Nessie, o monstro, semellaba para Feltham máis importante que calquera outra cousa no mundo. Ano tras ano os xornais ou algunha foto mal tirada por un turista dáballe a razón no feito de aquelas augas agochaban o esvaradizo animal. Só era cuestión de paciencia albiscalo de xeito que él fose o primeiro en amosar a proba irrefutable que levaba case un século resistíndose. O feito de que o ano pasado unhas fotos de satélite revelasen un extraño animal no lago parecía darlle a razón ao investigador. Con todo, aos seus cincuenta e dous anos, Steve Feltham tira agora a toalla e cree que a arquifamosa fotografía de 1934 é unha montaxe –algo hoxe máis ca sabido- e que posiblemente o que se atope nesas augas e fotografasen en 2014 fose un siluro de gran tamaño introducido durante o XIX, coma en tantos ríos británicos. Vivimos nunha época que non parece admitir máis monstros ca os propios seres humanos. Pertencemos ademáis, a tempos pragmáticos. A nova da retirada de Feltham preocupa no lugar por perderen un dos grandes defensores do mito, unha persoa que prestaba apoio á principal fonte de recursos económicos da comarca. Mesmo dous galegos crearon hai uns anos unha touroperadora que non da abasto a explicar en castelán as principais rutas turísticas escocesas, e o lago Ness segue a ser a estrela aclamada polos viaxeiros. Nessie tanto protagonizaba un filme de Sherlock Holmes de Billy Wilder, coma malísimas películas de serie Z onde mutaba en monstro devorador de persoas, cando os únicos que merecían ser merendados polo animal eran o guionista e o director, ou viceversa, segundo prefiran vostedes. Seguirase buscando a Nessie, a pesar de todo, pero é verdade que aos poucos, o que se está a deixar perder coma cousa irrelevante do pasado son as

description

Artigo publicado en El Correo Gallego o 12 de xullo de 2015

Transcript of Nessie en verán.

Page 1: Nessie en verán.

De profundis

Nessie en verán

Xosé Antonio López Silva

Coma todos os veráns, non podía faltar nos xornais a consabida nova sobre o monstro do lago Ness. Desta volta non se trata de ningún avistamento, senón dunha retirada, a que ven de anunciar Steve Feltham, ata o de agora incansable albiscador desa criatura antediluviana. Alí viviu, á beira do lago, os últimos vintecatro anos.

A súa teimosía seica lle costou ata unha ruptura sentimental. Nessie, o monstro, semellaba para Feltham máis importante que calquera outra cousa no mundo. Ano tras ano os xornais ou algunha foto mal tirada por un turista dáballe a razón no feito de aquelas augas agochaban o esvaradizo animal. Só era cuestión de paciencia albiscalo de xeito que él fose o primeiro en amosar a proba irrefutable que levaba case un século resistíndose. O feito de que o ano pasado unhas fotos de satélite revelasen un extraño animal no lago parecía darlle a razón ao investigador. Con todo, aos seus cincuenta e dous anos, Steve Feltham tira agora a toalla e cree que a arquifamosa fotografía de 1934 é unha montaxe –algo hoxe máis ca sabido- e que posiblemente o que se atope nesas augas e fotografasen en 2014 fose un siluro de gran tamaño introducido durante o XIX, coma en tantos ríos británicos.

Vivimos nunha época que non parece admitir máis monstros ca os propios seres humanos. Pertencemos ademáis, a tempos pragmáticos. A nova da retirada de Feltham preocupa no lugar por perderen un dos grandes defensores do mito, unha persoa que prestaba apoio á principal fonte de recursos económicos da comarca. Mesmo dous galegos crearon hai uns anos unha touroperadora que non da abasto a explicar en castelán as principais rutas turísticas escocesas, e o lago Ness segue a ser a estrela aclamada polos viaxeiros.

Nessie tanto protagonizaba un filme de Sherlock Holmes de Billy Wilder, coma malísimas películas de serie Z onde mutaba en monstro devorador de persoas, cando os únicos que merecían ser merendados polo animal eran o guionista e o director, ou viceversa, segundo prefiran vostedes. Seguirase buscando a Nessie, a pesar de todo, pero é verdade que aos poucos, o que se está a deixar perder coma cousa irrelevante do pasado son as historias, as lendas, cuxa verdade radica en que forman parte de nós, e sen elas, todos estamos a renunciar un pouco máis aos soños.