Lecturas verán 2012

10
VERÁN 2012 Por se vas de viaxe, ou na casa pensas quedar, hai un libro que contigo quere estar…

Transcript of Lecturas verán 2012

Page 1: Lecturas verán 2012

VERÁN 2012

Por se vas de viaxe, ou na casa pensas quedar, hai un libro que contigo quere estar…

Page 2: Lecturas verán 2012

PARA QUEN LLE CUSTA REMATAR UN LIBRO…

Título: Cha - Ca - PunAutor: Alfredo Gómez CerdáIlustradora: Paz RoderoEd: McMillan.

ARGUMENTO“Cha-ca-pun, cha-ca-pun, cha-ca-pun...”é o ruído que fai o vello tren, pero tamén son os nomes de tres tranos que acompañan ao tren nas súas viaxes. Pero un día os trens modernos, deciden que o vello tren lles estorba no seu camiño.

TEMASDesenvolve a actitude ante os maiores e a valorar o transcurso do tempo.

Page 3: Lecturas verán 2012

PARA QUEN DESFRUTA A POESÍA…

Presenta unha recompilación de textos populares en verso que pertencen ao folclore hispanoamericano, recreados por María Elena Walsh.

Un clásico de Gloria Fuertes que nos transporta a un mundo divertido, inxenioso e cheo de tenrura, con versos de todo tipo: un pouco tolos e un pouco serios, imaxinativos e imposibles, para debuxar e para soñar…

Page 4: Lecturas verán 2012

:

Un menor que comete tres intentos de atraco, obriga a un elefante a conducir sen permiso de conducir, realízanse traxectos en automóbil con risco de colisión, hai un atropello, aparece unha irmá que non asume a realidade, prodúcese o secuestro dun garda xurado e o paique aparece non é amoroso senón malhumorado e berrón.Unha historia con todos os ingredientes do perfecto conto infantil: imaxinación, ironía e moito humor."

PARA AMANTES DA AVENTURA…¿RINOCERONTE?¿QUÉ RINOCERONTE?Texto de Pablo Albo. Editorial Everest.

Page 5: Lecturas verán 2012

E MÁIS DE AVENTURAS…

Maties Segura: Xoeliki. As aventuras dun ciberpirataIlustraciones de Abraham CarreiroSotelo Blanco Edicións. Santiago, 2011

Unha trepidante aventura protagonizada por un rapazolo de once anos afeccionado aos videoxogos, que se verá impelido a axudar a unha sociedade secreta (a Resistencia Pirata, da que pasará formar parte) para liberar o mundo dun ataque aniquilador da Rede por parte de Mr. Virus.

Page 6: Lecturas verán 2012

PARA AMANTES DA CIENCIA…

O grumete do Beagle conta, en primeira persoa, as circunstancias e peripecias dunha travesía histórica.Con tan só 10 anos, James Kincaid é un asistente do naturalista Charles Darwin no Beagle. Entre perigosos mares, terremotos devastadores e volcáns en erupción, o Beagle seguirá navegando, percorrendo baías, calas e illas...O diario de James relata a apaixoante viaxe que derivou nunha das obras científicas máis innovador da Historia. Un capítulo ilustrado de referencias e datos ofrece información adicional sobre os descubrimentos e teorías de Darwin, e sobre o mundo científico

do século XIX.

Está publicado por Baía Edicións.

Puntuación: 4.0/5 (1 voto)

Page 7: Lecturas verán 2012

OS LIBROS TAMÉN VIAXAN…

"Lleva un libro en la maleta" é máis ca un libro. Como nos explica a propia editorial Pintar-Pintar, "Lleva un libro en la maleta" é unha Asociación Cultural que, coa axuda de persoas e entidades como a FUNDACIÓN APOYO A LAS BIBLIOTECAS DOMINICANAS e a FUNDACIÓN HHS, recolle libros e material escolar , e achégallos a escolas da República Dominicana.

Pere Tobaruela: Viaxes dun can de palleiro Ed. Sotelo Blanco.

Conta a historia dun can de palleiro, un can de aldea, coma quen di un ninguén, de quen os gregos se apropiaron na Odisea, pero a verdade é que o seu amo, Ulises, nunca viviu en Ítaca: naceu, medrou, e casou con Penélope no Xobre, unha vila da ría de Arousa. ..

Page 8: Lecturas verán 2012

E SE PENSAS IR A UN MUSEO…

“Cómo hablar de arte a los niños” Editorial Nerea , realizado por Françoise Barbe-Gall.Un método dirixido a todos os adultos que desexen

compartir cos pequenos o pracer de visitar un museo ou unha exposición

Un fascinante encontro con 18 obras de arte a través de todo o mundo: rollos etíopes, biombos coreanos, máscaras brasileiras, iconos rusos...Un libro de Factoría K de libros

Page 9: Lecturas verán 2012

E PARA QUEN QUEIRA BANDA DESEÑADA….

Atoparás centos de títulos interesantes en calquera librería.Pero, seguro, seguro, que se te afeccionas á colección de Asterix ou a de Fiz, vas querer seguir lendo…

Page 10: Lecturas verán 2012

QUE PASES UN BO

VERÁN!