Memoria plan proxecta. final

7

Click here to load reader

Transcript of Memoria plan proxecta. final

Page 1: Memoria plan proxecta. final

1.- Título do proxecto:

COÑECER A COSTA DE RIBADEO,

Introdución (sinopse do proxecto):

Tal e como se desprende do título, COÑECER A COSTA DE RIBADEO,

é un proxecto orientado a que os alumnos do Terceiro Ciclo (5º e 6º de E.

Primaria) coñezan o litoral do noso Concello. Está encadrado nas áreas de

Coñecemento do Medio, Lingua e de Educación Física e, pretende os

obxectivos que máis adiante se mencionan.

Salientar que este proxecto xa se ven levando a cabo neste Centro

dende o curso 2008-2009 e que, a novidade máis destacable no presente

ano académico foi a introdución do estudo das aves que habitan na zona e a

limpeza de algunha das praias.

2.- Grao de consecución dos obxectivos:

O obxectivo principal era o coñecemento do noso litoral por parte dos

alumno/as , sendo unha actividade conxunta das áreas de Educación Física,

Lingua e Coñecemento do Medio. Hai outros obxectivos específicos de cada

unha destas áreas; a de Ed. Física, xa veñen dados ó ser unha actividade

practicamente física como rota de sendeirismo e propiamente actividades de

orientación; en canto a de Coñecemento do Medio, ademais do traballo de

nosa contorna e do coñecemento e a interacción co mundo físico , unha forma

de contactar era traballar co medio natural, social e cultural e dentro desta

competencia está a observación e conservación da flora mariña e das aves

típicas desta zona do litoral.

No que se refire a Área de Lingua, entrarán os obxectivos propios desta

en canto ó dominio que se lles esixe ós alumnos destes niveis cando sexa de

confeccionar actividades ou ben descricións do que se fixo nas visitas.

Page 2: Memoria plan proxecta. final

Outro obxectivo moi importante era a explicación por parte de persoas

idóneas de algúns sitios ou instalacións concretas que entraban previstas nas

rotas (xa mencionado no punto anterior).

Engadir outro obxectivo non menos importante: compartir unha xornada

en grupo, valorando os traballos construtivos, responsables e solidarios co

medio natural, social e cultural.

E que o alumado colaborase con noso ámbito na limpeza de praias e

conciencialos en ser respectuoso con noso medio ambiente e co coidado de

noso litoral.

Os obxectivos foron acadados con éxito e temos previsto para o

vindeiro curso continuar co proxecto .

3.- Organización, desenvolvemento e metodoloxía:

A primeira medida organizativa para lograr o noso fin foi respectar a

división do percorrido da Costa de Ribadeo nas catro rotas xa implantadas . A

segunda realizar unha visita previa co obxecto de poder programar as saídas

e, finalmente confeccionar os cadernos de campo e programar as diferentes

actividades a realizar antes, durante e despois das saídas.

Rota 1: VILAVELLA – FARO DA ILLA PANCHA

Rota 2: INSUA (Castro de As Grobas) – A. RECREATIVA DE

VILAFRAMIL

Rota 3 - RINLO: Dende a Área Recreativa de Vilaframil ata a Praia

dos Xuncos

Rota 4 - PRAIA DOS XUNCOS – PRAIA DAS CATEDRAIS

As rotas 1 e 2 realizáronse, a pé, cos alumnos de quinto curso e as

rutas 3 e 4 cos de sexto. Deste xeito, o alumnado logra coñecer a costa do

concello ó finalizar o ciclo.

Co obxecto de enriquecer o proxecto e cumprir tódolos obxectivos

educativos que nos ofrecen estas rutas, visitáronse instalacións de interese

Page 3: Memoria plan proxecta. final

didáctico, contouse coa colaboración de institucións e persoas para explicar,

dende diferentes ámbitos de coñecemento (histórico, económico, natural,

ambiental, de valores …) ; realizáronse actividades de limpeza de diferentes

praias; e elixíronse como temas concretos as aves e a flora que habitan a

zona.

Na ROTA 1, visitamos as instalacións do Centro de Cultivos

Mariños,sito no peirao de Porcillán, onde persoal empregado neste

Centro explicou ós alumnos de quinto curso a labor que

desenvolven cas especies mariñas que alí se cultivan. Asemade

paseamos O forte de San Damían e, con permiso previo da

Dirección de Portos de Galicia, o encargado das sinais marítimas

amosou ós citados alumnos ás instalacións do Faro da Illa Pancha.

Limpeza da praia de Rocas Brancas e obsevación de aves da Ría de

Ribadeo

Na ROTA 2, contamos coa colaboración dun veciño de Vilaselán,

gran coñecedor das construcións castrexas, que explicou ós

alumnos de quinto curso o Castro das Grobas preto da Insua,

cabeceira da rota.Limpeza da praia de Piñeira.

Na ROTA 3, acompañounos un veciño da parroquia de Rinlo, antigo

empregado das cetarias e xubilado dende hai uns anos, para contar

os alumnos de sexto curso as peculiaridades destas instalacións,

ademais un pouco da súa historia. Non foi posible contar coa

colaboración dunha marisqueira tal e como estaba previsto.

Na ROTA 4, a empregada da Oficina de Turismo do Concello de

Ribadeo explicoulles a rara formación das rochas da praia e

acantilado da Praia das Catedrais.

A metodoloxía foi activa, participativa e colaborativa. Previo ás saídas

entregouse caderno de campo aos alumnos /as. Durante a saída os rapaces

Page 4: Memoria plan proxecta. final

organizábanse en grupos pequenos e tomaban nota das informacións ,

observacións … ademais de facer fotos. Tras a visita realizábase un traballo

grupal para rematar as actividades no caderno, e facer actividades interactivas

no ordenador.

4.- Avaliación (instrumentos utilizados e resultados obtidos):

Para o mellor desenvolvemento da actividade, contamos con mapas do

litoral do concello de Ribadeo. Estes mapas –tanto clásicos como de fotografía

de satélite- de distinto tamaño para traballar con eles na aula ou ben un deles a

tamaño grande (2,5 x 0,9 m.) exposto nun mural da pranta baixa do centro

onde se pode ver o que é o litoral do Concello de Ribadeo e a toponimia dos

diversos accidentes costeiros.

Antes de comezar cada rota mostrábase ao alumnado a través de

proxeccións o percorrido e as visitas, así como el obxectivo de cada actividade

( as aves, a flora mariña, observación das rochas de noso litoral)

En cada rota a visitar facilitábamos uns cadernos de campo da rota,

lugares que van ver e outros consellos para a saída, cuestionario de enquisa

para facelas coa persoas que explicaba in situ e actividades para traballar

despois en grupo.

O alumnado mostrou interese pola actividade e, despois desta experiencia con

eles o vindeiro curso temos pensado continuar co proxecto, pero facendo

fincapé en aquelas tarefas que amosaron máis curiosidade.

Algo curioso é que moito dos rapaces/zas descoñecían a súa costa. É

algo moi importante para o profesorado é que eles e elas coñezan o ámbito

onde viven no seu concello.

Page 5: Memoria plan proxecta. final

Valoración grao de consecución de obxectivos

Valoración das partes implicadas e do proxecto: punto de partida e resultado

final.

Recollida de información: opinión dos alumnos /as entorno a experiencia

levada a cabo.

Despois de rematar as primeiras rotas elaboráronse actividades LIM (libro

interactivo multimedia) e o alumnado ía contestando e lembrando a súa

experiencia.

Nas seguintes actividades coa axuda do profesorado realizaron presentaciones

sobre os percorridos.

5.- Listaxe de profesorado participante e tarefas realizadas por cadaquén:

FRANCISCA DÍAZ CASTAÑEIRA

Realizou as saídas cos alumnos de quinto (rota 1 e 2) e traballou as

actividades do proxecto dende as áreas de Coñecemento do Medio e Lingua

na súa titoría. Colaborou na realización de diferentes obradoiros de reciclaxe.

Mª MERCEDES RODRIGUEZ RÍOS

Gran coñecedora da zona, traballou na programación das rotas e contactou

con personas externas colaboradoras no proxecto.

JOSÉ Mª RAÑÓN MOIRÓN

Coñecedor do proxecto dotros cursos, asesorou nas rutas, realizou as rota 1 e

traballou co alumnado na paxina web co obxecto de actualizala coas

actividades que se realizaron durante o curso. Tamén na organización das

saídas, e na elaboración de recursos e materiais dixitais para a web do centro

e os blog da biblioteca e blog do Gregorio Sanz. Participou una elaboración da

da memoria final do proxecto.

Page 6: Memoria plan proxecta. final

LOURDES MARQUÉS ESPINA

Coñecedora do proxecto doutros cursos, dinamizou ao grupo para participar

no proxecto e realizou a inscribción. Asesorou nas rutas, colaborou na

elaboración de cadernos de campo e nas tarefas organizativas para as saídas

(autobuses, materiais de limpeza…)

Mª TERESA GARCÍA LÓPEZ

Realizou as saídas previas obxecto da programación, colaborou na

elaboración de cadernos de campo, contactou con colaboradores externos e

realizou as saídas 2, 3 e 4

Mª CARMEN MARQUÉS RODRÍGUEZ

Traballou cos/coas alumnos/as na aula aspectos previos ás saídas e estivo informada todo o tempo sobre os obxectivos do proxecto

CONCEPCIÓN C. SANTANA MÉNDEZ Coordinadora do plan Proxecta programou as rotas coa axuda dos demais membros do proxecto. Realizou as saídas previas obxecto da programación, colaborou na elaboración de cadernos de campo, contactou con colaboradores externos e realizou e estivo presente en tódalas saídas Tamén colaborou coas actividades realizadas antes, durante e despois dos percorridos. Respondable da elaboración da memoria final.

5.- Bibliografía e ligazóns utilizadas:

A Ría de Ribadeo. Natureza entre dúas augas. José María Fernández

Díaz-Formentí. Ed. Varias

Enrique Sampedro Miranda – Blog Ría de Ribadeo (http://ria-de-

ribadeo.blogspot.com) – Ilustr.: RSPB e BirdGuides – p. 1/5

Page 7: Memoria plan proxecta. final

Día Mundial dos Humidais Ría de Ribadeo, 2 de febreiro de 2013.

Enrique Sampedro Miranda.

Video sobre as aves de Ribadeo, elaborado por profesores de IES

Porta de Auga.

Proxecións sobre o caderno de campo e imaxes sobre as rotas e

obxectivos a traballar.

Alcalde de Ribadeo. Debate social sobre As Catedrais

http://www.youtube.com/watch?v=xaiG_bYuZFo

Proxecións sobre as rotas.

Consultas de diferentes páxinas web de aves .

Consultas de diferentes páxinas web de a Praia das Catedrais.

Un sabotaje provoca un vertido en la playa de las catedrales

en Ribadeo http://www.antena3.com/noticias/sociedad/sabotaje-provoca-vertido-playa-catedrales-

ribadeo_2013031800014.html

Infoormación sobre o Castro das Grobas en internet

/http://patrimoniogalego.net/index.php/5775/2011/09/castro-de-as-grobas/

http://www.lavozdegalicia.es/amarina/2009/02/11/0003_7521215.htm

Estivemos en contacto con Turimo de Ribadeo e co Concello que en

todo momento colaborou con nós sobre as rotas e nas explicacions e

temas de interese para o alumnado.

O alumnado estivo sempre informado en todo momento sobre os

obxectivos das rota e traballaron actividades relacionadas con este

proxecto, antes, durante e despois das saídas