MEMORIA 2013€¦ · gocios; con programas de fomento do emprego, bolsas de iniciación profesional...

30
MEMORIA 2013

Transcript of MEMORIA 2013€¦ · gocios; con programas de fomento do emprego, bolsas de iniciación profesional...

Page 1: MEMORIA 2013€¦ · gocios; con programas de fomento do emprego, bolsas de iniciación profesional e formación para profesionais; cunha ampla oferta de formación complementaria

1

MEMORIA 2013

Page 2: MEMORIA 2013€¦ · gocios; con programas de fomento do emprego, bolsas de iniciación profesional e formación para profesionais; cunha ampla oferta de formación complementaria

2 3

MEMORIA 2013 MEMORIA 2013

Page 3: MEMORIA 2013€¦ · gocios; con programas de fomento do emprego, bolsas de iniciación profesional e formación para profesionais; cunha ampla oferta de formación complementaria

4 5

Índice INTRODUCIÓN

LOGROS

IMPULSO SOCIALSocialia Séniors

Proxectos solidariosMonte de Piedade

COÑECEMENTOFormación

BolsasFormación complementaria e lecer creativo

Publicacións

CULTURAArtes escénicas e musicais

Artes plásticasPremios

INFRAESTRUTURAS

CentrosServizos

COLABORACIÓNS

INFORME DE XESTIÓN ECONÓMICA

6

10

12

20

36

44

54

56

Page 4: MEMORIA 2013€¦ · gocios; con programas de fomento do emprego, bolsas de iniciación profesional e formación para profesionais; cunha ampla oferta de formación complementaria

6 7

Introdución A Fundación Novacaixagalicia é actualmente a entidade herdeira da obras sociais e culturais das caixas de aforros galegas. O seu proceso de xénese comezou a finais do ano 2010. Unha vez fusionadas Caixa Galicia e Caixanova, xur-diu unha nova entidade, Novacaixagalicia, que integraba a actividade financeira e a obra social. En setembro de 2011 a caixa segregou a súa actividade financeira a Novagalicia Banco e creáronse dúas entidades xurídicas independentes. Deste xeito, en decembro de 2012 Novacaixagalicia conver-teuse en Fundación Especial Novacaixagalicia Obra Social. Constituída en escritura pública o 3 de decembro de 2013, foi clasificada como de interese social e de fomento da eco-nomía produtiva de Galicia e adscrita á Consellería de Fa-cenda.

Segundo o artigo 5 dos seus estatutos, a fundación ten por obxecto a atención e o desenvolvemento da obra benéfi-

co-social e a atención ao Monte de Piedade (que viña reali-zando a Caixa de Aforros de Galicia, Vigo, Ourense e Ponte-vedra). Como fins específicos, actuacións relativas á mellora do tecido produtivo galego, do desenvolvemento tecnolóxi-co e a investigación, a formación profesional e empresarial, a actividade emprendedora, o fomento do emprego, a edu-cación a todos os niveis, os servizos de asistencia social e socio-sanitarios, a integración de colectivos marxinais e en risco de exclusión, o apoio á cultura e ao deporte de base, o investimento en benestar e cohesión social.

PADROADO E XERENCIAO Padroado da Fundación Novacaixagalicia está formado por Manuel Galdo Pérez, Santiago Valencia Vila, Jesús Na-vazo Ruiz, Gonzalo Ortiz Amor e Francisco Giráldez Lores. O seu xerente é Pedro Otero Espinar.

Page 5: MEMORIA 2013€¦ · gocios; con programas de fomento do emprego, bolsas de iniciación profesional e formación para profesionais; cunha ampla oferta de formación complementaria

8 9

O noso compromisoimpulso social, educación e cultura

Page 6: MEMORIA 2013€¦ · gocios; con programas de fomento do emprego, bolsas de iniciación profesional e formación para profesionais; cunha ampla oferta de formación complementaria

10 11

Logros No ano 2013, e malia a complicada conxuntura, a Fundación Novacaixagalicia alcanzou importantes logros. Estes consis-tiron fundamentalmente: na definición e estabilización da filosofía da entidade, superando as adversidades impostas polo ámbito financeiro; no desenvolvemento dunha enti-dade autónoma, con autónomos criterios de xestión; e no mantemento dunha actividade relevante en toda a comuni-dade cun modelo de xestión máis eficiente.

Concretamente estes logros materializáronse nas actuacións se-guintes:

No impulso social, coas prestacións ao terceiro sector; o envellecemento activo e a axuda á dependencia na área xeroasistencial; coa atención á poboación inmigrante, o Monte de Piedade e programas como o fondo solidario destinado a loitar contra a exclusión e a pobreza.

Na transmisión do coñecemento, co mantemento de cinco centros educativos, unha residencia de estudan-tes, catro bibliotecas e unha escola especializada en ne-gocios; con programas de fomento do emprego, bolsas de iniciación profesional e formación para profesionais; cunha ampla oferta de formación complementaria tanto para nenos coma para adultos en ocio creativo.

No ámbito cultural, cunha variada programación en ar-tes escénicas e musicais, exposicións, ciclos de cine e pre-mios literarios.

Máis de un millón de persoas en Galicia beneficiáronse dos programas e servizos da fundación, que no pasado exercicio alcanzou unha redución do déficit do 57 %, con apenas unha redución do gasto do 25 % con respecto a 2012.

Page 7: MEMORIA 2013€¦ · gocios; con programas de fomento do emprego, bolsas de iniciación profesional e formación para profesionais; cunha ampla oferta de formación complementaria

12 13

Impulso social A Fundación Novacaixagalicia conta cunha dilatada traxec-toria de implicación e intenso traballo en asuntos sociais coa poboación galega, o que nos permitiu materializar no pasado ano un proxecto comprometido e multidisciplinar, con actividades dirixidas a persoas en situación de vulne-rabilidade, inmigrantes, maiores, formación e cooperación con ong.

SOCIALIA: APOIO E FORTALECEMENTO DE ONG DE ACCIÓN SOCIAL

As ong de Acción Social son axentes imprescindibles para garantir a prestación de servizos no marco da sociedade do benestar. Polo seu papel na promoción dos dereitos e na detección de necesidades dos colectivos máis vulnerables e o seu compromiso coa atención destas, resultan indispen-sables para a cohesión social. Por outro lado, supoñen un vehículo para canalizar a participación activa e solidaria das persoas na abordaxe de necesidades e retos sociais. Como sector, adquiriron unha importante dimensión económica en termos de emprego, volume de recursos xestionados e beneficiarios.

A Fundación Novacaixagalicia, consciente da súa importan-cia, desenvolveu un programa específico, denominado So-cialia, para apoiar o Terceiro Sector de Acción Social a través de diferentes liñas, liderando o apoio á profesionalización e transformación organizativa do sector social en Galicia.

SOCIALIA.ORGPortal de referencia no ámbito social, inclúe información de interese para ong en materia de lexislación, subvencións, formación, publicacións, etc. Difunde información das ong asociadas (demandas de voluntariado, campañas, ofertas de emprego...). Algúns datos destacados son:

- Máis de 2000 ong asociadas- 347.827 páxinas vistas- 112.638 visitas- 46 boletíns informativos- 10.290 subscritores ao boletín semanal- 1484 seguidores en Linkedin- 2120 visualizacións de vídeos de programas sociais na canle Youtube

FORO SOCIALIA DE INNOVACIÓN E CALIDADE SOCIALEntre as accións que se levan a cabo destacan:

Formación e consultoría: un innovador programa de for-mación e consultoría —Socialia Calidade—, en marcha dende 2005, para a implantación da cultura da calidade nas ong. Os principais datos de 2013:

- 7 ong participaron no programa de xestión de ca-lidade iso 9001, realizando actualmente as auditorías finais de certificación.

- 6 ong realizaron os seus plans estratéxicos e implan-

Page 8: MEMORIA 2013€¦ · gocios; con programas de fomento do emprego, bolsas de iniciación profesional e formación para profesionais; cunha ampla oferta de formación complementaria

14 15

través de programas de envellecemento activo e de disposi-tivos de atención socio-sanitaria para maiores dependentes.

ENVELLECEMENTO ACTIVOA través dunha rede propia de 12 centros, a fundación ofrece ás persoas maiores de 55 anos unha avanzada ofer-ta de actividades e unha carteira de servizos que achegan desenvolvemento persoal e social, coñecemento, oportuni-dades de participación na contorna, entretemento, así como benestar físico e mellora da calidade de vida.

En 2013 os usuarios formalizaron unhas 9000 inscricións en cursos e talleres de entre 100 actividades distintas. De-las, as físicas e da saúde representaron o 30 % das matrí-culas en números absolutos, seguidas polas de idiomas e culturais, que supoñen un 12 %, as de formación en novas tecnoloxías, que alcanzaron o 11 %, e artes plásticas e arte-sanía, un 7 %, entre outras.

Ofertáronse estancias en balnearios e viaxes a Austria e Londres, o que posibilitou que preto de 200 usuarios goza-sen do seu tempo de lecer, compartindo, uns, tratamentos de saúde e outros coñecendo países con culturas e idiomas diferentes.

Ademais, na rede de centros prestáronse preto de 38.000 servizos, como podoloxía, masaxe, peiteado, asesoramento xurídico, psico-lóxico e cafetería. Se incluímos os usos regulares da ciberaula e a biblioteca, a cifra elévase a máis de 90.000 beneficiarios.

taron a súa xestión a través de Cadro de Mando In-tegral.

- 8 ong participaron no grupo de traballo para o dese-ño e desenvolvemento dun software dun Cadro de Mando Integral específico para organizacións sociais.

- 12 ong participaron no Programa de Transformación Cultural, ong impulsadas por valores.

Busca de solucións tecnolóxicas: crm Socialia-mn é o pri-meiro software de crm (xestor de contactos e relacións) deseñado especificamente á medida das necesidades das ong, resultado dunha colaboración coa empresa galega mn Program. Na súa versión de lanzamento está especial-mente indicado para entidades prestadoras de servizos a persoas con minusvalía, maiores e dependentes. Esta versión é totalmente configurable para adaptarse á xes-tión de servizos, centros ou programas noutros ámbitos do sector social.

- 25 ong contrataron o crm.- Realizáronse 20 consultorías de apoio a ong para a implantación do software.

SÉNIORS

A atención ao colectivo de persoas maiores é unha priori-dade para a fundación. Esta intervención lévase a cabo a

Ao longo de 2013, déronse de alta máis de 1400 novos so-cios. O orzamento anual do conxunto dos 12 centros é de 2 millóns de €, que son financiados pola Fundación Nova-caixagalicia, con achegas dos usuarios a través das cotas de socios e da inscrición en actividades e a colaboración de Novagalicia Banco.

Como feitos destacados no ano 2013 podemos mencionar:

Desenvolvemento da campaña «Por fin es maior»: un proxecto ideado para promover o envellecemento acti-vo, transmitindo unha imaxe positiva da madurez, como unha etapa vital chea de posibilidades. Os protagonistas da campaña foron unha cincuentena de socios dos nosos centros de maiores que realizaron un importante traballo de dramatización e escenografía sobre as actividades e servizos que os centros ofrecen á cidadanía, o que á súa vez posibilitou a obtención dun material gráfico con alto valor plástico. Este material é o obxecto dunha exposi-ción itinerante polas principais cidades galegas que no pasado ano visitaron máis de 6000 persoas.

Cincuenta Aniversario do Centro de Maiores da Coruña. Este equipamento situado na rúa Alta é o máis relevante da rede de centros, xa que, ademais de ser o primeiro que se instaurou en Galicia, é o máis grande, polo que presenta un maior número de socios e presta a máis va-riada oferta de actividades e servizos. Para conmemorar este aniversario, no último trimestre do ano leváronse a

cabo un conxunto de iniciativas de confraternización e espectáculos.

ATENCIÓN Á DEPENDENCIAA Fundación Novacaixagalicia conta con 6 dispositivos so-cio-sanitarios xerontolóxicos —na Coruña, Vigo, Ourense, Monforte, Viveiro e Vimianzo— que ofertan máis de 850 prazas xerontolóxicas e 150 de atención diúrna. Do total de prazas residenciais, 90 son privadas, 690 son públicas, concertadas coa Xunta de Galicia, e o resto son cofinan-ciados pola Fundación Novacaixagalicia a través de con-venios municipais, aos que destinou unha achega de case 600.000 € en 2013 para estancias de maiores sen recursos.

Estes centros xeroasistenciais supuxeron un investimento superior aos 30 millóns de €, proporcionan emprego a máis de 400 profesionais, na súa gran maioría mulleres, e im-plantáronse nas zonas con maior déficit de prazas e maior número de usuarios con necesidades socio-sanitarias.

PROXECTOS SOLIDARIOS

ATENCIÓN DE COLECTIVOS VULNERABLESO colectivo de persoas inmigrantes é un dos que está a su-frir en maior medida as consecuencias da crise, ao ser o máis afectado polo desemprego e contar cunha menor pro-tección social, co conseguinte aumento da taxa de pobreza.

Page 9: MEMORIA 2013€¦ · gocios; con programas de fomento do emprego, bolsas de iniciación profesional e formación para profesionais; cunha ampla oferta de formación complementaria

16 17

Page 10: MEMORIA 2013€¦ · gocios; con programas de fomento do emprego, bolsas de iniciación profesional e formación para profesionais; cunha ampla oferta de formación complementaria

18 19

Formación para a inserción- 1160 persoas participantes- 1050 persoas formadas (que finalizaron a formación)- 166 cursos realizados- 1935 horas de formación impartidas

1048 persoas beneficiarias en orientación laboral722 persoas beneficiarias de información e orientación social196 intervencións de asesoramento xurídico104 persoas beneficiarias de asistencia xurídica

FONDO SOLIDARIOO Fondo Solidario é un proxecto en colaboración con dife-rentes entidades sociais galegas, como comedores públicos ou bancos de alimentos, co fin de cubrir necesidades bási-cas de persoas e familias en Galicia especialmente afectadas pola conxuntura económica.

Ao mesmo tempo cooperamos nunha rede solidaria a través de accións como mercados de artesanía e de segunda man ou a Operación Quilo, de recollida de alimentos. Adicional-mente en 2013, puxemos á disposición desta rede as nosas infraestruturas: os centros de maiores e outros 13 centros da fundación participaron na Gran Recollida de Alimentos en colaboración co Banco de Alimentos.

TRANSFERENCIA DE COÑECEMENTOA fundación presta servizos de asesoramento técnico a en-tidades públicas e privadas para a posta en marcha e xes-

Programa de atención a inmigrantesEn 2013, a Fundación Novacaixagalicia destinou 250.000 € ao sostemento de 3 centros de atención a inmigrantes na Coruña, Ourense e Vigo, xestionados pola Fundación Juan Soñador. Neles ofrécese unha atención integral que inclúe orientación social, asesoría xurídica gratuíta, cursos de es-pañol e un servizo de inserción laboral, no que, ademais de formación, se brinda orientación laboral e apoio na busca activa de emprego.

No pasado ano, 1785 persoas inmigrantes foron beneficia-rias dos servizos deste programa. Son destacables os resul-tados seguintes:

785 usuarios dos centrosMediación laboral

- 37 insercións laborais directas conseguidas coa in-termediación (persoas contratadas) - 107 insercións laborais indirectas (xestionadas polos propios usuarios)- 229 empresas visitadas- 197 ofertas de emprego xestionadas- 22 convenios asinados con empresas

Formación laboral- 123 persoas participantes- 114 persoas formadas (que finalizaron a formación)- 18 cursos realizados - 871 horas de formación impartidas

tión de proxectos solidarios. Destacamos como un dos máis significativos do pasado ano o apoio á Fundación Emalcsa no deseño e lanzamento da Convocatoria Deporte Solida-rio, cuxa finalidade consistía no fomento do deporte como instrumento de intervención social.

MONTE DE PIEDADE

Fiel ás súas orixes e herdanza, ao espírito social que im-pulsou a creación das caixas de aforros combinadas cos montes de piedade, a Fundación Novacaixagalicia mantén o devandito establecemento como apoio efectivo ás eco-nomías máis febles, que se ven excluídas doutra forma de financiamento.

O Monte de Piedade posibilita o crédito de peñoramento, é dicir, o préstamo que se concede a cambio dunha garantía —concretamente xoias— que se deposita na Fundación No-vacaixagalicia para asegurar o cumprimento da obriga. En caso de incumprimento do debedor, a peza en garantía pó-dese poxar e con iso satisfacer o pagamento do préstamo, sendo posible para o debedor recuperar o sobrante da poxa, unha vez que o préstamo foi cancelado.

Carteira do Monte de Piedade:

- Número total de préstamos en carteira: 4382- Importe da carteIra de préstamos: 1.924.955- Novos préstamos formalizados en 2013: 2554

••

••

••

2.000.000

1.900.000

1.800.000

1.700.000

1.600.000

1.500.000

decembro 20131.904.676 €CARTEIRA DE PRÉSTAMOS

xane

iro 2

012

febr

eiro

201

2m

arzo

201

2ab

ril 2

012

mai

o 20

12xu

ño 2

012

xullo

201

2ag

osto

201

2se

tem

bro

2012

outu

bro

2012

nove

mbr

o 20

12

dece

mbr

o 20

12

impo

rte

xane

iro 2

013

febr

eiro

201

3m

arzo

201

3ab

ril 2

013

mai

o 20

13xu

ño 2

013

xullo

201

3ag

osto

201

3se

tem

bro

2013

outu

bro

2013

nove

mbr

o 20

13de

cem

bro

2013

Page 11: MEMORIA 2013€¦ · gocios; con programas de fomento do emprego, bolsas de iniciación profesional e formación para profesionais; cunha ampla oferta de formación complementaria

20 21

Na nosa época, o coñecemento —resultado da experiencia, a información e os valores acumulados, organizados e útiles para a acción— adquiriu un gran desenvolvemento debido ao xurdimento das novas tecnoloxías. Estas multiplicaron as formas de compartilo, almacenalo e recuperalo, ata tal punto, que nos referimos á sociedade actual como a socie-dade do coñecemento, pois este é o principal compoñente de calquera actividade, xa sexa económica, social ou cultu-ral. Converteuse no principal capital das empresas e a súa adquisición e conservación son estratéxicas para unha ac-tuación exitosa. Por todo iso, na Fundación Novacaixagali-cia a potenciación e difusión do coñecemento ten un papel verdadeiramente relevante.

FORMACIÓN

CENTROS EDUCATIVOSConsideramos a educación como un dereito de todos os seres humanos, co fin de asegurar o seu desenvolvemento persoal e colectivo, o que implica gozar dunha vida máis plena e dispoñer dun rango máis amplo de oportunidades. Na Fundación Novacaixagalicia educamos para a adquisi-ción do coñecemento, as competencias técnicas, científicas, históricas e sociais; educamos para a cultura, para a comu-nicación, para o desenvolvemento sostible; para o respecto aos dereitos humanos e a consolidación de valores, para a sensibilidade que a vida en toda comunidade esixe. Traballa-mos na educación infantil, a formación profesional, e a es-

pecialización en negocios, poñendo, ademais, á disposición dos estudantes unha residencia e catro bibliotecas.

ESCOLAS INFANTÍSCo obxecto de favorecer a conciliación da vida laboral e fa-miliar e fomentar o desenvolvemento educativo dos máis pequenos, a fundación dispón de 3 centros para a infancia, que beneficiaron 207 familias, 2 deles destinados a nenos de 0 a 3 anos e outro a nenos de 4 a 6 anos. Concibimos as es-colas infantís da Fundación Novacaixagalicia como centros nos que, desde o respecto e nun ambiente de afecto e con-fianza, potenciamos, asistimos, favorecemos, acompañamos e estimulamos a riqueza de posibilidades que cada nena e neno ten, coa participación fundamental da familia.

Escola Infantil Zalaeta da CoruñaEstá situada en terreo municipal, en virtude dun convenio establecido co Concello da Coruña. Ten unha capacidade de 101 alumnos, de 0 a 3 anos, que se distribúen en 6 aulas. O edificio é na súa totalidade exterior, ocupa unha superficie de máis de 1000 m2, conta cunhas instalacións modernas que inclúen servizo de comedor e unha parcela ao aire libre con zona de xogos. Dispón de horario ampliado e desenvol-ve múltiples actividades complementarias.

Escola Infantil Sagrado Corazón de Lugo Está situada no barrio de Sagrado Corazón, compartindo as súas instalacións co colexio público que a Xunta xestiona en virtude dun convenio de cesión coa Fundación Novacaixa-

Coñecemento

Page 12: MEMORIA 2013€¦ · gocios; con programas de fomento do emprego, bolsas de iniciación profesional e formación para profesionais; cunha ampla oferta de formación complementaria

22 23

galicia. Ten capacidade para 46 alumnos, de 0 a 3 anos, nas súas aulas; permite o acceso dos pais ata as mesmas aulas ao levaren e ao recolleren os pequenos para favorecer a súa integración no centro, e dispón de servizo de comedor.

cei concertado Campelo Fundación Novacaixagalicia (Poio, Pontevedra) É un centro concertado coa Consellería de Educación que atende nenos de 4 a 6 anos. Conta cunha capacidade para 60 alumnos, dispón de servizo de comedor e servizo de ma-drugadores con horario ampliado.

CENTROS DE FORMACIÓN PROFESIONALcpr Fundación Novacaixagalicia da CoruñaImparte tres ciclos de grao superior de formación profesio-nal:

Administración e FinanzasDesenvolvemento de Aplicacións MultiplataformaSecretariado

Durante o ano 2013 (contabilizando o desenvolvemento da maior carga lectiva do curso 2012-2013 e o primeiro trimes-tre de 2013-2014) inscribíronse 150 alumnos e realizaron a Formación en Centros de Traballo (fct) 76 alumnos, en 40 empresas relacionadas cos estudos dos devanditos ciclos.

Así mesmo, os alumnos realizaron visitas guiadas a diversas empresas e institucións da nosa comunidade para coñecer

Cabe destacar a realización da Semana técnica, na que unhas 40 empresas participaron con charlas e exposicións, achegando o mundo laboral aos alumnos de segundo ciclo do colexio. Leváronse a cabo 52 actividades ao longo da semana: charlas, exposicións, visitas técnicas.

Canto ao fomento do deporte, cómpre salientar que o Club Deportivo Colexio Fogar ten unha dilatada historia de máis de cincuenta anos. Está formado por 16 equipos, desde pre-benxamíns a xuvenís (300 deportistas), con 50 adestra-dores e colaboradores que levan a cabo o seu labor como voluntarios. Realizan a actividade durante toda a semana e participan nela unhas 1500 persoas, entre deportistas, pais e adestradores.

RESIDENCIA DE ESTUDANTESA Residencia de Estudantes de Pontevedra foi inaugurada en 1969 e desde a súa apertura pasaron por ela máis de 5000 alumnos. O seu fin primordial é facilitar a estudantes, principalmente universitarios, o ambiente adecuado para unha boa convivencia e estudo, ofrecendo un aloxamento digno e manutención adecuada facilitando así a estancia a persoas con escasos recursos durante o curso académico (de setembro a xuño).

En virtude dunha colaboración iniciada coa Concellería de Benestar Social do Concello de Pontevedra incorporouse unha bolsa de pensión completa para alumnado en situa-ción de risco social.

o seu funcionamento en relación ás especialidades dos dis-tintos ciclos que cursan.

No mes de decembro conseguiuse a alta na Carta Europea Erasmus do cpr A Coruña, requisito imprescindible para que os nosos alumnos poidan optar a unha bolsa Erasmus ou para poder realizar a Formación en Centros de Traballo nun país da Unión Europea.

Centro de Formación Profesional Fundación Novacaixa-galicia de Vigo - Colexio FogarImparte ciclos de formación profesional, tanto de grao me-dio coma de grao superior, nas ramas de:

Artes GráficasMecanizadoElectricidade e Electrónica

Durante o pasado ano ocuparon as súas aulas e obradoiros 550 alumnos, con idades comprendidas entre os 15 e 51 anos, e 215 realizaron as prácticas fct en máis de 120 empresas.

En 2013 realizouse unha importante e ampla renovación do mobiliario das aulas e do equipamento dos obradoiros.

O centro conta cunha bolsa de traballo dunhas 150 em-presas dirixida aos alumnos que rematan a súa formación e tamén a ex-alumnos. Colabórase con elas na detección de necesidades laborais e selección de persoal.

Situada no centro da cidade, dispón de máis de 5000 m2 construídos e conta cunha pista deportiva ao aire libre. Ten capacidade para 120 residentes, con 44 cuartos dobres e 32 individuais.

Ofrece aloxamento durante os meses de verán a asociacións sen ánimo de lucro, clubs deportivos, campamentos de estu-dantes, etc. O pasado ano, preto de 300 usuarios aloxáron-se e gozaron das súas instalacións no período estival.

BIBLIOTECASNo seu Manifesto para bibliotecas públicas a unesco indica que a biblioteca «é paso obrigado do coñecemento, cons-titúe un requisito básico da educación permanente, as de-cisións autónomas e o progreso cultural da persoa e os grupos sociais». Proclama a súa confianza nela «como forza viva ao servizo do ensino, a cultura e a información e como instrumento indispensable para o fomento da paz e a com-prensión entre as persoas e as nacións».

Compartindo esta confianza, a Fundación Novacaixagalicia mantén abertas á sociedade catro bibliotecas, tres de carác-ter xeral en Vigo e unha especializada en literatura infantil e xuvenil en Santiago de Compostela. Todas elas facilitan o libre acceso aos fondos para a lectura en sala e consulta bibliográfica, conexión a internet e wi-fi, e servizo de prés-tamo para asociados.

•••

••

Page 13: MEMORIA 2013€¦ · gocios; con programas de fomento do emprego, bolsas de iniciación profesional e formación para profesionais; cunha ampla oferta de formación complementaria

24 25

Page 14: MEMORIA 2013€¦ · gocios; con programas de fomento do emprego, bolsas de iniciación profesional e formación para profesionais; cunha ampla oferta de formación complementaria

26 27

Os datos do conxunto das bibliotecas da Fundación Nova-caixagalicia durante o pasado ano son os seguintes:

Biblioteca de Santiago de CompostelaPola súa singularidade, destacamos que a biblioteca da Fundación Novacaixagalicia en Compostela é a biblioteca especializada en literatura infantil e xuvenil máis antiga de España. Conta nos seus fondos con toda a produción de literatura infantil e xuvenil publicada en galego ata o momento, así como cunha ampla selección de títulos da súa especialidade en español.

Posúe máis de 15.000 libros infantís e xuvenís e máis de 200 dvd. Dispón ademais dunha aula de informática que permite ofrecer actividades para todas as idades, así como dun salón de actos e diversas dependencias para impartir obradoiros.

ESCOLA DE NEGOCIOSA Escola de Negocios da Fundación Novacaixagalicia é un centro de adestramento directivo cuxa misión consiste en

dual que permite compatibilizar a realización de prácticas en empresas coa asistencia ao seu máster de especialización na escola. O pasado ano foron 17 os alumnos que participa-ron no Programa Talento.

Xestión de prácticas para o alumnadoA Escola de Negocios ten como un dos seus diferenciais a forte implicación coas empresas, o que, unido á excelente cualificación dos nosos alumnos, nos permite xestionar con éxito prácticas profesionais para os seus primeiros pasos no mundo empresarial.

Durante o ano 2013 tramitáronse desde a escola un total de 89 prácticas profesionais, contando para iso con 53 empresas implicadas, así como a través de convenios con institucións como feuga, igape e Deputación de Pontevedra, entre outras.

CooperaciónA escola conta con máis de 200 empresas colaboradoras que facilitan o acceso a prácticas profesionais dos nosos alumnos de grao, mba full time e Programa Talento. Así, du-rante o ano 2013, desde a Área de Desenvolvemento Profe-sional xestionáronse 95 ofertas de emprego para os antigos alumnos.

Asináronse 21 acordos de colaboración con asociacións em-presariais e colexios profesionais, coa finalidade de potenciar a formación dos integrantes dos devanditos colectivos.

contribuír á mellora da competitividade das empresas de Galicia e o norte de Portugal.

Mediante a formación, a investigación aplicada e os servi-zos baseados no coñecemento, achega valor engadido ao alumnado capacitándoo como profesionais altamente cua-lificados para liderar as organizacións das que forman parte.Consta de dous campus, un en Vigo e outro na Coruña.

Cifras de actividade académicaAo longo do ano 2013, a Escola de Negocios impartiu un total de 9845 horas lectivas agrupadas en 132 accións for-mativas nas que participaron un total de 3169 asistentes. Esta actividade nos campus de Vigo e A Coruña correu a cargo de 447 docentes.

As devanditas accións formativas distribuíronse do xeito se-guinte:

4 cursos de grao en ade

8 programas de posgrao: mba e másteres de especialización71 programas para directivos, programas in-company e seminarios49 obradoiros, xornadas e conferencias

Unha das novidades que a escola puxo en marcha no exer-cicio 2013 foi o Programa Talento. O devandito programa constitúe unha vía de acceso aos másteres profesionais para xente nova con titulación recente; trátase dun programa

A Escola de Negocios da Fundación Novacaixagalicia, que xa tomaba parte en colectivos como a efmd (European Founda-tion for Management Development) ou cladea (Consello La-tinoamericano de Escolas de Administración), sumouse en xullo de 2013 á Asociación Española de Escola de Negocios (aeen).

InternacionalizaciónEn 2013 a escola pasou a formar parte do catálogo da Fun-dación Carolina (institución que promove os estudos es-pañois de posgrao entre os estudantes latinoamericanos). Tamén no pasado exercicio foi incluída no portal oficial Study in Spain patrocinado por icex (Instituto de Comercio Exterior) e o Ministerio de Educación.

Co fin de ampliar o abano de posibilidades para que os no-sos alumnos completen os seus estudos no estranxeiro, asináronse 4 novos convenios de colaboración con uni-versidades estranxeiras. Estes súmanse aos 8 convenios internacionais que a escola renovou durante o pasado ano.

Os devanditos convenios permitiron acoller 10 alumnos es-tranxeiros e que 18 dos nosos alumnos puidesen comple-tar estudos nalgunha destas universidades.

Recoñecementos 2013O ranking Eduniversal (clasificación universitaria que pro-porciona información sobre as mellores escolas de negocios a nivel mundial) recoñeceu por quinto ano consecutivo a

•••

Biblioteca

Calvario

Centro Cultural

Santiago de C.

Travesas

TOTAIS

Usuarios

18.000

74.747

26.832

42.115

161.694

Altas

185

230

183

522

1120

Préstamos

476

3318

5088

11.708

20.590

Lectores

188

406

15.013

1558

17.165

Socios

6217

7651

2598

13.544

30.010

Page 15: MEMORIA 2013€¦ · gocios; con programas de fomento do emprego, bolsas de iniciación profesional e formación para profesionais; cunha ampla oferta de formación complementaria

28 29

Escola de Negocios da Fundación Novacaixagalicia como unha das 1000 mellores do mundo e entre as 22 primeiras de España.

A escola foi premiada co galardón «Líderes en calidade 2013» no ámbito da educación. Coincidindo co Día Mundial da Calidade celebrouse un foro en Expourense financiado pola Xunta de Galicia, a través do igape e o Fondo Social Europeo.

Proxectos e publicaciónsPresentou en 2013 o Plan Director da Denominación de Orixe Rías Baixas, encargado por este consello regulador.

Dentro da colección de libros da escola, editouse o Manual de Derecho Fiscal do profesor Daniel Cuadrado.

Así mesmo, publicáronse catro novos números da Revista edn, que se poden consultar na páxina www.revistaedn.com.

No ámbito da biblioteca, púxose en marcha un novo servi-zo, moi demandado polos alumnos: a consulta en formato dixital dos proxectos realizados no grao e nos programas máster de anos anteriores (ata agora só dispoñibles en so-porte papel).

Sistema de calidadeA acsug (Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, referente en canto á garantía de calidade das

Na convocatoria de 2013 presentáronse 65 proxectos, con-cedéndose 48 bolsas. Malia a situación de crise, no pasado exercicio case un 42 % dos bolseiros foi contratado polas empresas e o 28 % continuou na empresa a través doutra bolsa, o que supón unha continuidade de case o 70 % unha vez finalizada. Estes satisfactorios resultados son conse-cuencia do labor previo de adecuación do perfil dos candi-datos ás demandas específicas requiridas pola empresa.

FORMACIÓN COMPLEMENTARIA E LECER CREATIVO

Como indicamos anteriormente, a formación constitúe para a Fundación Novacaixagalicia unha das súas prioridades, buscan-do sempre a excelencia dos servizos que ofrece. Por iso, canto á formación complementaria, crea espazos de reflexión e in-tercambio, sensibiliza sobre a protección do medio ambiente e promove a mellora da calidade da intervención social. Trata de satisfacer a demanda dun ámbito tecnolóxico moi cambiante, dotando as persoas interesadas nunha formación permanen-te ou nunha reciclaxe profesional das competencias precisas en novas ferramentas e técnicas. Proporciona, tamén tanto a adultos como a público infantil, un ocio creativo no que poder gozar aprendendo unha actividade, desenvolvendo destrezas nun ámbito lúdico.

NATURNOVAO Centro Interactivo de Educación Ambiental Naturnova, en Vigo, constitúe un dos espazos máis singulares da Funda-

institucións de educación superior na nosa comunidade e recoñecida a nivel internacional pola súa independencia, transparencia e credibilidade), na súa verificación anual de títulos, considerou que os programas de grao e mba imparti-dos pola Escola de Negocios da Fundación Novacaixagalicia e adscritos á Universidade de Vigo cumpren os criterios de calidade esixidos e outorgáronlles a súa conformidade no ano 2013.

BOLSAS

PROGRAMA DE BOLSAS DE INICIACIÓN PROFESIONAL (BIP)A través deste programa a Fundación Novacaixagalicia ma-nifesta o seu apoio aos sectores produtivos galegos e ao fomento do emprego. Persegue, por unha banda, promover a vocación empresarial e a xeración de proxectos innova-dores, incentivar a cultura da transmisión do coñecemento, favorecer a introdución das novas tecnoloxías da informa-ción e a comunicación nos procesos de xestión, produción e comercialización das empresas galegas, ademais de pro-mover proxectos que reporten unha maior concienciación e coidado do medio.

Por outra banda, a concesión das bolsas de iniciación pro-fesional ten como obxectivo contribuír ás posibilidades de incorporación ao mercado laboral galego de mozos cualifi-cados, que, como bolseiros, teñen a oportunidade de mello-rar a súa experiencia profesional.

ción Novacaixagalicia. O seu propósito é achegar á cidada-nía o medio e o coñecemento do medio natural de forma participativa e lúdica, suscitando unha reflexión sobre o noso papel na conservación e mellora do contorno.

Este centro está formado por 3 salas e consta de 40 mó-dulos interactivos; neles pódese observar o sistema solar en movemento, escoitar unha tormenta, gozar da realidade virtual para sobrevoar Galicia ou viaxar nun submarino ao fondo da ría de Vigo.

Naturnova constitúe un atractivo para todos os públicos e idades.

Asistentes: 6691

ACTIVIDADES PARA ESCOLARESTrátase de propostas deseñadas como complemento ao en-sino regulado e alternativas de ocio culturalmente ricas e potenciadoras das capacidades creativas. Esta gran varie-dade de ofertas para público escolar está relacionada coas artes escénicas e musicais, as artes plásticas e obradoiros de verán.

Artes escénicas e musicaisCombinan música e arte dramática en obras participativas de gran calidade artística dirixidas a escolares de infantil e primaria.

Page 16: MEMORIA 2013€¦ · gocios; con programas de fomento do emprego, bolsas de iniciación profesional e formación para profesionais; cunha ampla oferta de formación complementaria

30 31

Favorécese a presenza de compañías galegas (como a for-mada por Maxín Branco para a representación de A nena e o grilo nun barquiño), algunhas de recoñecemento inter-nacional, como a Odaiko Percussion Group, responsable da montaxe de Odaiko nas escolas. Apóstase por proxectos in-novadores (como Kri, kra, kro, do grupo vasco Teatro Paraí-so), refórzase, ademais, entre outras habilidades, a aprendi-zaxe do inglés (Happy ever after, a cargo da compañía catalá Blue Mango Theatre).

Nesta área a nosa entidade logrou as cotas máis altas a nivel nacional en número de actividades programadas por unha institución, cunha masiva resposta de asistencia.

Artes plásticasAs propostas infantís de plástica relacionadas coas exposi-cións realizadas pola Fundación Novacaixagalicia para pú-blico adulto, os contos participativos, os talleres en períodos vacacionais, as aulas de teatro —nas que, ademais de repre-sentar un papel, os participantes crean parte do seu propio vestiario— constitúen un modo de desenvolver a sensibi-lidade artística e fomentar a imaxinación con suxestivas iniciativas, traballando con distintos soportes e materiais, estimulando nos nenos todo un proceso de creación ata a materialización das súas ideas.

En 2013 realizáronse nos centros socioculturais da nosa entidade talleres para público infantil sobre exposicións de óleo, fotografía, escultura, debuxo e gravado, tanto da pro-

medo a falar en público. Na segunda e a terceira tiveron cabida os novos programas en creación audiovisual (3D, Stop Motion, fotografía dixital...), a actualización dos coñe-cementos en novas tecnoloxías, web e redes sociais, ferra-mentas presentes en todos os sectores e ámbitos.

Este programa dirixíase a profesionais interesados en afon-dar en aspectos específicos útiles para o desenvolvemento da súa traxectoria; a titulados que quixesen continuar ad-quirindo coñecementos para chegar ao mercado laboral en mellores condicións e, en definitiva, a todas aquelas persoas con inquietudes sobre estes temas. As actividades conci-bíronse como talleres de curta duración (entre 10 e 16 ho-ras) distribuídos en períodos mensuais.

Conscientes da dureza da situación económica e laboral que están a sufrir algúns fogares, na Fundación Novacaixagali-cia propuxémonos que estas actividades tivesen uns prezos moi alcanzables.

O corpo docente responsable de cada un dos módulos es-taba apoiado por empresas como Dobre Motiongraphics e [gf]studio.

4 obradoiros «Comunícate, exprésate, evoluciona, goza»- 50 asistentes- 45 horas

12 obradoiros «Creación audiovisual dixital»

pia colección de arte da Fundación Novacaixagalicia —«Da fantasía á realidade», «A escultura extensa»— como doutras mostras programadas pola nosa entidade —«Leopoldo Nó-voa alén do tempo», «A fauna na obra de Ruibal», «Coorde-nadas na arte galega contemporánea»...—.

Obradoiros de veránComplementario aos obradoiros de plástica, realizouse, coordinado con Naturnova, un ciclo de obradoiros de verán multidisciplinares sobre natureza e cociña co sistema solar como tema.

BeneficiArios: 107.672colexios pArticipAntes de todA gAliciA: 434

COMUNICACIÓN, CREACIÓN AUDIOVISUAL, NOVAS TECNOLOXÍAS, REDES SOCIAISEntre os meses de febreiro e xullo, ofertouse un programa de obradoiros para adultos no Centro Social Novacaixagali-cia de Vigo en torno a tres áreas temáticas:

Comunícate, exprésate, evoluciona, gozaCreación audiovisual dixitalNovas tecnoloxías, web e redes sociais

A primeira estaba pensada para mellorar o uso da voz e a aprendizaxe de técnicas vocais e de respiración, a perda do

- 176 asistentes- 147 horas

7 obradoiros «Novas tecnoloxías, web e redes sociais»- 75 asistentes- 155 horas

Nos meses de novembro e decembro púxose en marcha unha iniciativa para achegar o coñecemento de xeito desin-teresado á poboación xeral, con sesións gratuítas, «Os xoves formativos». Estas xornadas tiveron unha grande acollida e trataron temas como as habilidades e competencias a través do coaching persoal e, no terreo tecnolóxico, como apren-der a crear unha páxina web cunha plataforma sinxela e gratuíta. Estas sesións rexistraron máis de 160 inscricións.

CURSOS DE GASTRONOMÍAAo longo de 2013 a fundación programou diversos cursos para o gozo de diferentes afeccións no tempo de ocio. Os relacionados coa gastronomía foron os de maior deman-da e participación. Programáronse cursos de cociña con información teórica e práctica sobre distintas especialida-des, «Cociña de iniciación», «Cociña creativa e deliciosa con ingrediente galego», «Sushi & Asian Food», «Cociña cunha estrela Michelín» ou «Tapas e cociña gourmet». Así mesmo, leváronse a cabo nas principais cidades galegas cursos de cata de viños, mostrando as diferenzas entre as clases de uvas e denominacións de orixe de España e de fóra; algúns destes cursos foron «Claves para comprender o mundo do viño» ou

•••

Page 17: MEMORIA 2013€¦ · gocios; con programas de fomento do emprego, bolsas de iniciación profesional e formación para profesionais; cunha ampla oferta de formación complementaria

32 33

o ciclo «A volta ao mundo en oitenta viños» unha selección dos caldos máis significativos de Europa, América, Australia e África.

cursos: 60Asistentes: 700

PUBLICACIÓNSA actual área de Publicacións herda unha dilatada traxec-toria editorial e de colaboración con algunhas das máis prestixiosas entidades culturais de Europa e América. Conta cun catálogo de tipoloxías e temáticas moi variadas (con especial incidencia en temas patrimoniais, artísticos, etno-gráficos, literarios e naturais galegos). As linguas en que pu-blicamos son galego, castelán e, en menor medida, inglés e francés —nalgúns catálogos de exposicións—.

No pasado exercicio a Fundación Novacaixagalicia reduciu o número de novas obras, centrando o seu esforzo neste ámbito na unificación dos fondos editados por todas as an-tigas caixas galegas. O noso propósito é poñer á disposición do público a catalogación de todo este corpus que as caixas foron editando durante anos, a través da páxina web corpo-rativa, así como facilitar o acceso a calquera obra do fondo vivo.

Os títulos propios editados en 2013 son os seguintes:

gómez rivas, Isabel: Almoina, xxv Premio Literario Ánxel Fole.

espiñeira pan, Rosa (coord.): Deside: A pintura sen tempo.

bernárdez, Carlos L.: Imeldo Corral: O paisaxista das Ir-mandades.

As obras publicadas en colaboración con outras entidades:

meixide vecino, Alberto (dir.): A Economía Galega. Informe 2012, coeditado con Novagalicia Banco.

barro, David (coord.): Afluentes 80: Debuxando un mapa, coeditado co Concello de Ferrol.

barro, David (coord.): Afluentes 94: Os anos circulares, coeditado co Concello de Ferrol.

carreiro, Pepe: Os Bolechas fan unha banda, coeditado con Bolanda.

Page 18: MEMORIA 2013€¦ · gocios; con programas de fomento do emprego, bolsas de iniciación profesional e formación para profesionais; cunha ampla oferta de formación complementaria

34 35

Page 19: MEMORIA 2013€¦ · gocios; con programas de fomento do emprego, bolsas de iniciación profesional e formación para profesionais; cunha ampla oferta de formación complementaria

36 37

A cultura non é un luxo do que se poida prescindir, é un conxunto de bens inmateriais imprescindible para o progre-so dunha sociedade que importa conservar e protexer espe-cialmente en tempos de crise. Como xa nos veu demostran-do a historia, canto máis rico en cultura é un pobo, maior é o seu desenvolvemento.Para tal fin, apoiamos a cultura feita en Galicia buscando a súa visibilidade, ao tempo que traemos aos nosos centros aqueles eventos destacados que contribúen a que a inter-nacionalización neste ámbito, tanto en artes escénicas e musicais coma en artes plásticas, tamén teña presenza no noso país.

ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS

Desde as súas mesmas orixes e ao longo do tempo, segu-ramente o valor primordial das artes escénicas e musicais sexa a súa capacidade de propoñer experiencias significa-tivas baseadas na emotividade e a vivencia comunitaria de valores, conceptos, imaxes e propostas para interpretar e comprender o funcionamento da sociedade ou dun deter-minado grupo nun momento concreto. É precisamente esta emotiva experiencia o que suscita a alta estima do público cara aos espectáculos de calidade e por iso lles concedemos un destacado lugar na nosa programación.

MÚSICA CLÁSICAA música clásica consolidouse como unha referencia cons-tante entre as propostas da Fundación Novacaixagalicia.

Despois dunha longa traxectoria na que as dúas orquestras galegas, a Real Filharmonía de Galicia e a Orquesta Sinfó-nica de Galicia, compartían espazo con grandes orquestras internacionais, o ano 2013 caracterizouse polos acordos al-canzados coas dúas formacións galegas, que foron únicas protagonistas.

Cabe destacar tamén o acordo coa Sociedade Filharmóni-ca de Vigo, que contribuíu notablemente a consolidar nesta cidade unha tempada musical á altura das mellores de Es-paña.

A relevancia de ambas as dúas orquestras facilita o feito de que importantes directores e solistas internacionais se presten a participar nos seus concertos. Así, ao longo do ano puidemos contar coa presenza de figuras como Nicolas Altstaedt, Ivor Bolton, Marianna Prjevalskaya, Ingrid Fliter ou Philip Dukes, entre outras.

concertos: 19Asistentes: 12.179

TEATRONo marco da prolongada crise que vive o sector, a conxun-tura económica actual volveu máis inestables as condicións de contratación, provocando unha considerable mingua no número de compañías foráneas que saen de xira e na mon-taxe de producións de compañías galegas. Todo iso supuxo unha oferta máis escasa do que viña sendo habitual.

Cultura

Page 20: MEMORIA 2013€¦ · gocios; con programas de fomento do emprego, bolsas de iniciación profesional e formación para profesionais; cunha ampla oferta de formación complementaria

38 39

Malia estes condicionantes, a Fundación Novacaixagalicia apoiou activamente o teatro cunha programación na que tiveron cabida algunhas das máis importantes producións nacionais, como La loba (de Lillian Hellman representada polo Centro Dramático Nacional), El coloquio de los perros (de Cervantes levado á escena por Els Joglars), El veneno del teatro (obra de Rodolf Sirera dirixida por Mario Gas) ou Her-manas (baixo a dirección de Carol López), así como pezas representadas polo Centro Dramático Galego (Longa viaxe cara á noite, de Eugene O’Neill), Sarabela Teatro (Os canta-res das musas, unha homenaxe a Rosalía de Castro no cin-cuenta aniversario da publicación de Cantares gallegos) ou a coprodución de Recursos Técnicos Artísticos, Talía Teatro e Voz Audiovisual Gaivotas subterráneas (obra de Alfonso Vallejo). «Funcións en familia» acollía a xira do espectáculo infantil Os Bolechas cantan con Lady Vina en diferentes lo-calidades do noso territorio.

funcións: 40Asistentes: 15. 894

LÍRICA E DANZAAs disciplinas de danza e lírica estiveron tamén menos pre-sentes na oferta de artes escénicas e musicais da fundación o pasado ano, dado que este tipo de espectáculos leva con-sigo, habitualmente, o movemento de importantes estrutu-ras coreográficas e compañías numerosas, o que supón uns custos fixos moi elevados.

con outras entidades, como «Nos vieiros da mente», co ser-gas, e o realizado en torno á exposición fotográfica de Ron Galella.

películAs: 18Asistentes: 6494

ARTES PLÁSTICAS

Coa actividade expositiva respondemos a unha dobre vo-cación. Por unha parte pretendemos difundir a obra de ar-tistas galegos e divulgar a súa transcendencia artística e a súa traxectoria; e por outra, queremos presentar en Gali-cia a obra de artistas nacionais e internacionais, da man de prestixiosas coleccións e de importantes fondos dos museos do mundo. O obxectivo primordial é poñer á disposición do público o multiforme, suxestivo e variado campo da arte.

EXPOSICIÓNS Na alínea expositiva en 2013 e no marco da promoción dos artistas galegos leváronse a cabo mostras como: «Afluen-tes» (un proxecto de arte contemporánea desenvolvido en tres fases de períodos cronolóxicos sucesivos), «A restaura-ción no Museo Arqueolóxico de Ourense», «Reflexarte» ou as mostras monográficas de obras de Leopoldo Nóvoa, Imeldo Corral, Deside, Manuel Ruibal e Segundo Hevia.

O desenvolvemento de acordos de colaboración produciu exposicións como «Ron Galella: Paparazzo extraordinaire!»

Con todo, os afeccionados puideron gozar da ópera de Bizet Carmen e da zarzuela Gigantes e cabezudos. No ámbi-to da danza, o Ballet Folclórico Nacional de Cuba ofreceu un espectáculo concibido como rescate e revitalización das tra-dicións da illa antillana; pola súa banda, o Russian National Ballet interpretou a peza de Tchaikovski O lago dos cisnes.

funcións: 6Asistentes: 2763

OUTROS ESPECTÁCULOSAdemais da música clásica, a danza ou o teatro, os escena-rios da fundación acolleron outros tipos de espectáculos. Maxia, monólogos, música folk, novas músicas e musicais completaron a programación, contribuíndo a achegar ás sa-las dos nosos centros socioculturais públicos moi variados.

funcións: 22Asistentes: 13.607

AUDIOVISUAL: CICLOS DE CINEOs ciclos de cine da nosa entidade son un referente nas ci-dades onde se desenvolven, pois seguen propostas temáti-cas, tanto artísticas coma sociais, de permanente interese e proporcionan a oportunidade de volver ver valiosas pezas da sétima arte. Ao longo do ano 2013 proxectáronse ciclos propios, como «Cine para os sentidos», ou en colaboración

ou a homenaxe a Segundo Hevia en Santiago de Composte-la, que contou con cinco entidades para a súa organización.

COLECCIÓN DE ARTEA Colección de Arte da Fundación Novacaixagalicia está integrada por 5595 obras, é unha das coleccións institu-cionais máis completas da comunidade e a que achega a máis ampla visión da arte galega en todas as súas etapas, así como unha interesante mostra da creación nacional.

As coleccións corporativas créanse cunha vocación de difu-sión e apertura ao público, por iso a fundación xera diferen-tes proxectos expositivos a partir desta. O Espazo Colección é unha sala permanente de arredor de 600 m2 situada no Centro Social de Vigo, na que se exhibe unha selección da Colección de Arte titulada «Esencia dunha colección» e cuxa selección de obra varía periodicamente. Ademais, realízanse mostras temáticas específicas en diferentes cidades. Con-cretamente, en 2013 «Da fantasía á realidade: Pintura en Galicia de 1833 a 1936» visitou A Coruña, Ourense e Pon-tevedra. A exposición de gravado «Múltiple: De  Picasso a Barceló» puido verse en Ourense e pechou o ano na cidade de Lugo.

As salas de exposicións da Fundación Novacaixagalicia aco-lleron tamén mostras organizadas por outras entidades como unha forma máis de apoio á creatividade plástica e de apertura á sociedade galega.

Page 21: MEMORIA 2013€¦ · gocios; con programas de fomento do emprego, bolsas de iniciación profesional e formación para profesionais; cunha ampla oferta de formación complementaria

40 41

Barceló» puido verse en Ourense e pechou o ano na cidade de Lugo.

As salas de exposicións da Fundación Novacaixagalicia aco-lleron tamén mostras organizadas por outras entidades como unha forma máis de apoio á creatividade plástica e de apertura á sociedade galega.

exposicións propiAs: 30Asistentes: 132.000

PREMIOS

En canto ás letras, a Fundación Novacaixagalicia potencia a creatividade e o espírito cívico, especialmente en lingua ga-lega e en xéneros minoritarios como son a poesía e o artigo xornalístico.

O Premio de Poesía Fundación Novacaixagalicia comezou a súa traxectoria no ano 2002 e converteuse nun galardón de gran prestixio. No seu elenco figuran os e as poetas Xavier Seoane, María do Cebreiro, Román Raña, Arcadio López-Ca-sanova, Marilar Aleixandre, Carlos Penela, Luís Valle Reguei-ro, Xavier Rodríguez Baixeras, Emma Pedreira e Xosé Daniel Costas.

Organizado polo Centro pen Galicia e a Fundación Nova-caixagalicia, na edición de 2013 contou por vez primeira co

apoio da Xunta. Na súa xi convocatoria, coa unanimidade dun xurado integrado por Luís González Tosar, Xabier Castro Martínez, Fina Casalderrey, Luis Pousa e Armando Requeixo, foille concedido a Yolanda Castaño pola súa obra A Segun-da Lingua.

En colaboración co Ámbito Cultural de El Corte Inglés, o Premio de Xornalismo Fernández del Riego e o Premio de Periodismo Julio Camba supoñen un recoñecemento aos mellores artigos de opinión xornalísticos en linguas galega e castelá, respectivamente, publicados nos medios durante o ano anterior. Un xurado formado por Alfredo Conde, Car-los Valle, Víctor Freixanes e Ramón Pernas López outorgou os devanditos premios.

O xxxiv Premio de Periodismo Julio Camba foille concedido a Ángeles Caso polo seu artigo «Lo que quiero ahora» (pu-blicado no Magazine de La Vanguardia o 22 de xaneiro de 2012). Pola súa banda, o x Premio de Xornalismo Fernández del Riego recaeu sobre Manuel Darriba por «Grises» (apare-cido en De luns a venres o 4 de setembro de 2012).

Page 22: MEMORIA 2013€¦ · gocios; con programas de fomento do emprego, bolsas de iniciación profesional e formación para profesionais; cunha ampla oferta de formación complementaria

42 43

Page 23: MEMORIA 2013€¦ · gocios; con programas de fomento do emprego, bolsas de iniciación profesional e formación para profesionais; cunha ampla oferta de formación complementaria

44 45

O equipamento da Fundación Novacaixagalicia está forma-do por unha rede de centros adaptados aos diferentes usos aos que se dedican e aos servizos que proporcionan, bus-cando sempre a máxima eficacia nas prestacións e o maior número de persoas ás cales facer extensivos estes servizos.

Co obxectivo de contribuír á viabilidade dunha obra social e cultural de máxima relevancia para Galicia, e por definición deficitaria, desenvolvéronse complementariamente activi-dades comerciais como o aluguer de espazos nos centros socioculturais e a plataforma de venda de entradas online Servinova, a prezos moi alcanzables. A boa acollida destas iniciativas entre a poboación galega manifesta a implica-ción solidaria da sociedade para a que traballamos.

CENTROS

Os centros de maiores, escolas infantís, centros de forma-ción profesional, bibliotecas, residencia de estudantes e es-cola de negocios acollen sectores de público ben definidos, mentres que nos centros sociais e culturais se organizan actividades para todo o espectro de públicos posibles, cu-brindo deste modo o conxunto da sociedade galega.Inclúese a continuación a relación de centros.

CENTROS DE MAIORESCentro de Maiores Fundación Novacaixagalicia da CoruñaRúa Alta, 7, 15003 - A CoruñaTel.: 981 227 [email protected]

Centro de Maiores Fundación Novacaixagalicia de BetanzosCantón de San Roque, 3, 15300 - Betanzos (A Coruña)Tel.: 981 772 [email protected]

Centro de Maiores Fundación Novacaixagalicia de FerrolAvda. de Vigo, 192, baixo, 15403 - Ferrol (A Coruña)Tel.: 981 323 [email protected]

Centro de Maiores Fundación Novacaixagalicia de Ponte-deumeRúa Ferreiros, 20, 15600 – Pontedeume (A Coruña)Tel.: 981 431 [email protected]

Centro de Maiores Fundación Novacaixagalicia de SantiagoCarreira do Conde, 18, baixo, 15701 - Santiago de Compos-tela (A Coruña)Tel.: 981 580 385 / 981 580 [email protected]

Infraestruturas

Page 24: MEMORIA 2013€¦ · gocios; con programas de fomento do emprego, bolsas de iniciación profesional e formación para profesionais; cunha ampla oferta de formación complementaria

46 47

Centro de Maiores Fundación Novacaixagalicia de LugoCarril do Mercado, 1, 27001 - LugoTel.: 982 241 [email protected]

Centro de Maiores Fundación Novacaixagalicia de Mon-forte de LemosRúa Cardenal Rodrigo de Castro, 18, 27400 - Monforte de Lemos (Lugo)Tel.: 982 402 [email protected]

Centro de Maiores Fundación Novacaixagalicia de ViveiroAvda. da Mariña, 49, 27850 – (Viveiro) LugoTel.: 982 560 [email protected]

Centro de Maiores Fundación Novacaixagalicia de OurenseRúa do Paseo, 6, 32003 – OurenseTel.: 988 236 [email protected] 

Centro de Maiores Fundación Novacaixagalicia de Ponte-vedraPraza San Xosé, 3, 36001 – PontevedraTel.: 986 864 [email protected]

cpr Novacaixagalicia da CoruñaRúa Ribadavia, 4, 15007 - A CoruñaTel.: 981 236 [email protected]

Centro de Formación Profesional Fundación Novacaixaga-licia de Vigo – Colexio FogarRúa Filipinas, 6, 36204 – Vigo (Pontevedra)Tel.: 986 414 [email protected]

Residencia de Estudantes Fundación Novacaixagalicia de PontevedraAvda. de Vigo, 21, 36003 – PontevedraTel.: 986 856 [email protected]

Biblioteca Fundación Novacaixagalicia de SantiagoRúa Frei Rosendo Salvado, 14-16, 15701 - Santiago de Compostela (A Coruña)Tel.: 981 593 [email protected]

Biblioteca Centro Cultural Fundación Novacaixagalicia de VigoRúa Policarpo Sanz, 13, 36202 - Vigo (Pontevedra)Tel.: 886 116 [email protected]

Centro de Maiores Fundación Novacaixagalicia coiA i de VigoRúa Estrada, 3 (esquina Salvaterra), 36209 - Vigo (Ponteve-dra)Tel.: 986 235 [email protected]

Centro de Maiores Fundación Novacaixagalicia Ronda Don Bosco de VigoRúa Velázquez Moreno, 53 - baixo, 36202 - Vigo (Pontevedra)Tel.: 986 223 [email protected]

CENTROS EDUCATIVOS, RESIDENCIA DE ESTUDANTES, BIBLIOTECASEscola Infantil Zalaeta da CoruñaRúa Sol, 18, 15003 - A CoruñaTel.: 981 208 [email protected]

Escola Infantil Sagrado Corazón de LugoPraza do Sagrado Corazón, 27003 - LugoTel.: 982 222 [email protected]

cei Concertado Campelo Fundación NovacaixagaliciaPraza da Capela, 3, 36994 - Campelo, Poio (Pontevedra)Tel.: 986 770 [email protected]

Biblioteca Travesas de VigoPraza de América, 3, entreplanta, edificio Vigo, 36211 - Vigo (Pontevedra)Tel.: 986 231 [email protected]

Biblioteca Calvario de VigoRúa Portela, 6, 36205 - Vigo (Pontevedra)Tel.: 986 252 [email protected]

Escola de Negocios Fundación NovacaixagaliciaAvda. de Madrid, 60, 36204 – Vigo (Pontevedra)Tel.: 986 493 252Rúa Ronda de Nelle, 31, 15007 - A CoruñaTel.: 981 185 [email protected]

Naturnova, Centro Interactivo de Educación Ambiental Fundación NovacaixagaliciaRúa Velázquez Moreno, 18-20, 36202 – Vigo (Pontevedra)Tel.: 986 120 [email protected] 

CENTROS SOCIAIS E CULTURAISCentro Sociocultural Fundación Novacaixagalicia A CoruñaCantón Grande, s/n, 15003 - A CoruñaTel.: 981 185 [email protected]

Page 25: MEMORIA 2013€¦ · gocios; con programas de fomento do emprego, bolsas de iniciación profesional e formación para profesionais; cunha ampla oferta de formación complementaria

48 49

Centro Sociocultural Fundación Novacaixagalicia de FerrolPraza da Constitución, s/n, 15402 – Ferrol (A Coruña)Tel.: 981 330 280 / 981 330 [email protected]

Centro Social Fundación Novacaixagalicia de SantiagoRúa Nova, 33, 15704 - Santiago de Compostela (A Coruña)Tel.: 981 552 [email protected]

Centro Cultural Fundación Novacaixagalicia de SantiagoRúa do Vilar, 19, 15705 - Santiago de Compostela (A Coruña)Tel.: 981 552 [email protected]

Centro Sociocultural Fundación Novacaixagalicia de LugoPraza de Santa María, s/n, 27001 - LugoTel.: 982 289 [email protected]

Centro Social Fundación Novacaixagalicia de OurensePraza Maior, 4, 32005 - OurenseTel.: 988 391 [email protected]

Centro de Desenvolvemento de OurenseAvda. de Pontevedra, 9, 32005 - OurenseTel.: 988 391 [email protected]

SERVIZOS

ALUGUER DE ESPAZOS E ORGANIZACIÓN DE EVENTOSOs centros sociais e culturais da Fundación Novacaixagali-cia son inmobles emblemáticos, de alto valor histórico e/ou arquitectónico no trazado urbano das sete cidades galegas en que se sitúan. Están equipados coas últimas tecnoloxías e resultan idóneos pola súa localización, accesibilidade e co-modidade. En conxunto suman 6 auditorios, 8 salas de ex-posicións e máis de 20 espazos polivalentes, máis de 35.000 m2 abertos á cidadanía nos que se levan a cabo ao redor de 200 actos mensuais.

Ademais de constituír un motor de dinamización cultural, co fin de contribuír á sostibilidade da obra que a funda-ción desenvolve, estes espazos ofértanse en aluguer a em-presas, organizacións e colectivos para eventos puntuais. O servizo de aluguer compleméntase con prestacións como a concepción e realización de material promocional ou a total organización do evento. Estas actividades son, na súa maior parte, congresos de diferentes sectores profesionais, cursos ou conferencias; entre estes destacaron o xii Congreso Na-cional da Sociedade Española de Traumatoloxía Laboral, o Foro de Innovación Zona Franca, a iv Conferencia Mundial de Conservas de Peixes e Mariscos ou a Reunión do Grupo Intergobernamental do Cambio Climático da onu.

Fiel á súa vocación social, a fundación oferta estes alugue-res e servizos a prezos moi alcanzables, cedéndoos gratuita-

Centro Social Fundación Novacaixagalicia de PontevedraRúa Augusto González Besada, 2, 36001 - PontevedraTel.: 986 100 [email protected]

Centro Cultural Fundación Novacaixagalicia de Ponteve-dra – Café ModernoPraza de San Xosé, 3, 36001 - PontevedraTel.: 986 864 [email protected]

Centro Cultural Fundación Novacaixagalicia de VigoRúa Policarpo Sanz, 13, 36202 - Vigo (Pontevedra)Tel.: 986 447 [email protected]

Centro Social Fundación Novacaixagalicia de VigoRúa Policarpo Sanz, 26, 36202 - Vigo (Pontevedra)Tel.: 986 102 [email protected]

Pazo de San Roque, VigoRúa Filipinas, s/n, 36204 - Vigo (Pontevedra)Tel.: 986 120 [email protected]

mente a ong e asociacións sen ánimo de lucro. En 2013 esta cesión de uso superou o 40 %. Entre estas entidades sen ánimo de lucro coas que colaboramos encóntranse Mans Unidas, Amnistía Internacional, aecc, unicef, Cruz Vermella, Aspanaex, Igualarte, Fundación Menela, Fundación Vicente Ferrer, Vida Digna, Banco de Alimentos ou Acción contra a Fame, entre outras.

ActosAsistentes

65141.969

704488

704200

93185.731

Page 26: MEMORIA 2013€¦ · gocios; con programas de fomento do emprego, bolsas de iniciación profesional e formación para profesionais; cunha ampla oferta de formación complementaria

50 51

Page 27: MEMORIA 2013€¦ · gocios; con programas de fomento do emprego, bolsas de iniciación profesional e formación para profesionais; cunha ampla oferta de formación complementaria

52 53

SERVINOVAServinova é a plataforma de servizos de venda e distribución de entradas da Fundación Especial Novacaixagalicia Obra Social. Actualmente Servinova sitúase como a plataforma galega de venda de entradas máis vantaxosa, cos prezos máis competitivos do mercado. Pero o máis importante é que se trata dunha liña de negocio cuxa misión é contribuír tamén a facer sostible a obra social e cultural, pois unha vez cubertos os gastos que xera o servizo, o beneficio retorna directamente como investimento para os fins fundacionais.O denominador común é a comercialización de eventos de artes escénicas e musicais e a comercialización de cursos na área de actividades formativas.

Servinova coopera coas ong e organizacións sen ánimo de lucro, xa que non percibe comisións destes colectivos polo

servizo prestado. Así, durante o ano 2013 colaborouse con entidades como a Asociación Española contra o Cancro ou unicef, entre outras.

Durante o pasado exercicio ofertáronse entradas de musi-cais (como La bella y la bestia ou Grease), xiras de concertos (de Alejandro Sanz, Melendi, Pablo Alborán, Fito & Fitipal-dis...), festivais (como Festival do Norte, Derrame Rock, Fes-tival SonRias Baixas), teatro (xxix Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, Mostra Internacional de Teatro Cómi-co de Cangas...) ou espectáculos multidisciplinares (Eoloh!, Cirque du Soleil, Cantajuego, etc.). En total, máis de 1700 eventos, con 400.000 tíckets distribuídos e medio millón de beneficiarios, supuxeron un crecemento do 33 %, o que consolida Servinova como a plataforma líder no seu ámbito na nosa comunidade.

Page 28: MEMORIA 2013€¦ · gocios; con programas de fomento do emprego, bolsas de iniciación profesional e formación para profesionais; cunha ampla oferta de formación complementaria

54 55

Colaboracións de Santiago de Compostela, Autoridade Portuaria da Coru-ña, Autoridade Portuaria de Ferrol, Real Academia Galega, Auditorio de Galicia, Real Sociedade Económica de Amigos do País, Orquesta Sinfónica de Galicia, Real Filharmonía de Galicia, Sociedade Filharmónica de Vigo, Ateneo de Santiago de Compostela, Centro pen Galicia, Fundación Juan Soñador, Fundación Emalcsa, Fundación Picasso Museo Casa Natal, Geriatros sau, Novagalicia Banco, ence, Ottodisampietro, Ám-bito Cultural de El Corte Inglés, Edicións Bolanda... dan idea da importancia e extensión destes acordos en todos os ám-bitos de actuación da Fundación Novacaixagalicia, impulso social, coñecemento e cultura.

A materialización dun bo número de programas e eventos de tan alta calidade foi posible en virtude de acordos de colaboración estratéxica coas máis diversas entidades, tanto organismos públicos coma organizacións privadas, xa se-xan fundacións, federacións, asociacións ou empresas, pois estamos convencidos de que o modo máis efectivo de des-envolver proxectos complexos é unir esforzos aproveitando fortalezas e sinerxías.

Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, Deputación de Pontevedra, concellos como os da Coruña, Ferrol, Ponte-vedra, Santiago de Compostela, Vigo, Ourense, Vilagarcía, Monforte, Narón, Viveiro ou Vimianzo, Cámara de Comercio

Page 29: MEMORIA 2013€¦ · gocios; con programas de fomento do emprego, bolsas de iniciación profesional e formación para profesionais; cunha ampla oferta de formación complementaria

56 57

Informe de xestión económica No ano 2013 o investimento en obra social ascendeu a 31 millóns de euros.

Continuouse a realizar un importante esforzo de racionali-zación do gasto e mellora do autofinanciamento das activi-dades que permitiu reducir a aplicación de recursos propios un 57 % fronte ao ano 2012, mantendo a nosa actividade coa mesma intensidade e calidade que o ano precedente e garantindo a súa permanencia nos niveis actuais durante un horizonte temporal moi amplo.

Principais magnitudes económicas en 2013(datos en millóns de euros)

Polo que se refire ao investimento final por áreas, a área de acción social continúa gañando peso fronte ás demais. No exercicio 2013 esta distribución por áreas foi a seguinte:

24,50925,191

2012 2013

731

281

Total activo(balance de situación a 31-12-2013)

Inversión en obra social2013

Recursos aplicadosIngresos

Recursos aplicados en 2013

58,58 %

23,02 %

18,40 %

Page 30: MEMORIA 2013€¦ · gocios; con programas de fomento do emprego, bolsas de iniciación profesional e formación para profesionais; cunha ampla oferta de formación complementaria

58