Gustav henningsen en ordes

4
Exposición non Museo do Pobo Galego "Galicia Máxica: Reportaxe dun mundo desaparecido (1965-68)" Gustav Henningsen chegou en outubro de 1965 a Galicia. O folclorista danés viña cun obxectivo moi claro: estudar as crenzas sobre bruxaría. «Orixinalmente pensaba ir ao País Vasco, pero Caro Baroja aconselloume vir a aquí, porque estaban moito mellor conservadas as tradicións», conta. As súas investigacións comezaran antes, en Dinamarca, nunha illa de mariñeiros onde mantiñan vivo o acervo popular. A diferenza é que «alí se podía falar abertamente de quen eran as bruxas, formaban unha especie de dinastía familiar dende o século XVIII, pero aquí foi moi difícil identificalas, porque ninguén quería dicilo», explica.

description

Artículo periodístico

Transcript of Gustav henningsen en ordes

Page 1: Gustav henningsen en ordes

Exposición non Museo do Pobo Galego

"Galicia Máxica: Reportaxe dun mundo desaparecido

(1965-68)"

Gustav Henningsen chegou en outubro de 1965 a Galicia. O folclorista danés viña cun obxectivo moi claro: estudar as crenzas sobre bruxaría. «Orixinalmente pensaba ir ao País Vasco, pero Caro Baroja aconselloume vir a aquí, porque estaban moito mellor conservadas as tradicións», conta. As súas investigacións comezaran antes, en Dinamarca, nunha illa de mariñeiros onde mantiñan vivo o acervo popular. A diferenza é que «alí se podía falar abertamente de quen eran as bruxas, formaban unha especie de dinastía familiar dende o século XVIII, pero aquí foi moi difícil identificalas, porque ninguén quería dicilo», explica.

Page 2: Gustav henningsen en ordes

Henningsen atopou aquí unha bruxa, que aparece entre as máis de cen fotografías da exposición do Museo do Pobo Galego que repasa o traballo de campo que realizou na bisbarra de Ordes, revela cun amplo sorriso e sen dar máis pistas. O danés chegou a vivir na vila case un ano, ao longo do cal se foi gañando con paciencia infinita a confianza dos veciños das aldeas máis remotas, moi reticentes hai 50 anos a abrir as portas das súas casas a un descoñecido -ademais, estranxeiro- que facía moitas preguntas, ao que acabaron alcumando "O home que vive dos contos".

Page 3: Gustav henningsen en ordes

Recorda que, para conquistar a súa amizade, sacaba primeiro fotos á familia e volvía uns días despois a ensinárllelas. Entón aproveitaba para preguntarlles «como facían cando os nenos se enfermaban ou cando ao muxir ás vacas saía sangue». Así, puido coñecer e retratar para a posteridade algúns dos ritos máis arraigados e curiosos que se practicaban no mundo rural de portas para dentro.

Curanderismo e folclore

Como as curandeiras (e curandeiros, os menos) sandaban a ictericia, a hidropisía ou como quitaban a sombra, para o que empregaban un cesto baixo o que metían ao afectado mentres lle pasaban por enriba ovellas e un año ou outras cerimonias cheas de parafernalia (un banco de madeira, nove bocadiños de queixo e outros tantos de pan, un par de feitizos, cinza, unha criba...). Na exposición "Galicia Máxica, reportaxe dun mundo desaparecido (1965-1968)", móstranse imaxes destes rituais que mesturaban elementos relixiosos e pagáns, practicados ata non fai tanto en lugares como Armenteira, e que Henningsen relata paso a paso, meigallos incluídos.

Page 4: Gustav henningsen en ordes

O folclorista e antropólogo histórico, investigador do "Danich Folklore Arquives ", aproveitou tamén a súa estanza na bisbarra para fotografar dende os camiños enlamados que atravesaban bois e persoas de Buscás e os seus palleiros ou hórreos enramados, ata a fabricación do pan nos muíños de auga, a matanza, os traballos do campo ou os xogos e bailes populares de hai medio século en Mesón do Vento.

«Aquilo era como un museo ao aire libre: cos seus carros, aparellos de labranza... Ao tempo que investigaba a bruxaría, pensaba que era unha pena non facer unha reportaxe sobre todo iso, porque seguramente nuns anos desaparecería,», di. Esa idea é a que fixo posible que agora se poida ver no museo santiagués aquel Ordes xa desaparecido. O danés embarcaríase tras este traballo noutro sobre a Santa Inquisición en España de sete anos. Henningsen manexa unhas 4.000 causas, entre elas, as do tribunal de Santiago. «Non se chegou a queimar unha soa bruxa en Galicia porque, contra o que se pensa, os inquisidores non crían en supersticións», sinala. Tras anos seguindo a súa pista, asegura que «a bruxaría non existe, é unha crenza imaxinaria».

NOVEMBRO 2015