Cronicas - Comarca de Ordes - nº10 - Outubro 2014

24
Páx. 6 O A.C. Ordes, na elite do hóckey europeo delrío Arquitectura Ingeniería Diseño PROYECTOS REFORMAS DIRECCIONES DE OBRA COORDINACIONES DE SEGURIDAD Y SALUD Avda. Alfonso Senra, nº 178. Bajo. Ordes - A Coruña Tlf. 620 28 33 02 - www.delrioaid.com - [email protected] TÉCNICA y DISEÑO unidos para ofrecerte el MEJOR RESULTADO CERTIFICACIONES ENERGÉTICAS PERITACIONES Y TASACIONES ESTUDIOS Y PLANES DE SEGURIDAD DISEÑO INTERIOR APERTURA EN NOVIEMBRE Tapas, bocata y bienvenida OS ESPERAMOS Telf: 698 168 938 - Rúa da Cultura nº 5 - 15888 SIGÜEIRO Crónicas Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 10 - Outubro de 2014 O PP confi rma 1,8 millóns para a N-550 o próximo ano ORDES Páx. 2 Manuel Mirás entra na pugna por dirixir o PSOE provincial OROSO Páx. 6 A Audiencia Provincial da Coruña absol- veu ao alcalde de Trazo, José Dafonte, no caso das bancadas do campo de fútbol da pa- rroquia de Campo, que o Concello lle pagou á empresa antes de que as executase. A xusza cre que non hai delito de falsidade documen- tal por parte do rexedor, tal como denuncia- ran os socialistas do municipio en 2009. Da- fonte declarou no xuízo que descoñecía o es- tado da obra cando asinou a factura. Un téc- nico provincial adveru de numerosas obras subvencionadas e non executadas. Dafonte, inocente Páx. 3 A bisbarra respira un dos aires máis sucios de Galicia COMARCA Páx. 4 Parte do superávit destinarase a obras hidráulicas ORDES Páx. 5 Novos candidatos do PP en Frades, Mesía e Oroso COMARCA Páx. 7 Etiqueta para os produtos da casa ECONOMíA Páx. 14

description

Número 10 de CRÓNICAS, o periódico mensual independente da Comarca de Ordes.

Transcript of Cronicas - Comarca de Ordes - nº10 - Outubro 2014

Page 1: Cronicas - Comarca de Ordes - nº10 - Outubro 2014

Páx. 6

O A.c. Ordes,na elite do hóckey europeo

delríoArquitectura Ingeniería Diseño

PROYECTOSREFORMASDIRECCIONES DE OBRACOORDINACIONES DE SEGURIDAD Y SALUD

Avda. Alfonso Senra, nº 178. Bajo. Ordes - A Coruña Tlf. 620 28 33 02 - www.delrioaid.com - [email protected]

TÉCNICA y DISEÑO unidos para ofrecerte el MEJOR RESULTADO

CERTIFICACIONES ENERGÉTICASPERITACIONES Y TASACIONESESTUDIOS Y PLANES DE SEGURIDADDISEÑO INTERIOR

APERTURA EN NOVIEMBRETapas, bocata y bienvenida

OS ESPERAMOSTelf: 698 168 938 - Rúa da Cultura nº 5 - 15888 SIGÜEIRO

CrónicasMensual independente da Comarca de Ordes - Nº 10 - Outubro de 2014

O PP confi rma 1,8 millóns para a N-550 o próximo ano

ORdeS

Páx. 2

Manuel Mirás entra na pugna por dirixir o PSOE provincial

OROSO

Páx. 6

A Audiencia Provincial da Coruña absol-veu ao alcalde de Trazo, José Dafonte, no caso das bancadas do campo de fútbol da pa-rroquia de Campo, que o Concello lle pagou á empresa antes de que as executase. A xusti za cre que non hai delito de falsidade documen-

tal por parte do rexedor, tal como denuncia-ran os socialistas do municipio en 2009. Da-fonte declarou no xuízo que descoñecía o es-tado da obra cando asinou a factura. Un téc-nico provincial adverti u de numerosas obras subvencionadas e non executadas.

dafonte, inocente

Páx. 3

A bisbarra respira un dos aires máis sucios de Galicia

cOMARcA

Páx. 4

Parte do superávit destinarase a obras hidráulicas

ORdeS

Páx. 5

Novos candidatos do PP en Frades, Mesía e Oroso

cOMARcA

Páx. 7

etiqueta para os produtos da casa

ecONOMíA

Páx. 14

Page 2: Cronicas - Comarca de Ordes - nº10 - Outubro 2014

2

ActuAlidAde

crónicas - Outubro 2014

Crónicas Se quere recibir Crónicas de balde no seu correo electrónico, pídao en [email protected]

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

ORDES Ademais, partidas para a intersección de Queis e o proxecto da variante

O PP confirma 1,8 millóns de euros para manter a N-550 nos Presupuestos 2015

Os Presupuestos do Estado para 2015 inclúen diversas partidas que beneficiarán a N-550 ao seu paso por Ordes e, en xeral, pola comarca. Se-gundo confirmou o PP de Ordes, es-tán consignados 1.257.000 euros para actuacións de mantemento e rehabilitación do firme entre os qui-lómetros 3,6 e 57,8. É dicir, en case todo o traxecto entre A Coruña e San-tiago. Ademais, existe outra achega para fins semallentes por importe de 555.000 euros.

Ademais deses 1,8 millóns de euros, como actuación concreta en Ordes figuran 208.000 euros para executar as obras de mellora da in-tersección do acceso a Queis (Santa Cruz de Montaos), á altura do punto quilométrico 41,2. Do total, 144.000 euros vanse gastar en 2015 e os 64.000 restantes en 2016.

A intersección de Queis é unha vella demanda dos veciños da zona, tal como advirte o PP, dado que agora están obrigados a parar na propia es-trada para efectuar o xiro ou conti-nuar máis adiante para cambiar de sentido sen tanto perigo. O PP lem-bra que a última vez que recolleu a petición foi nunha reunión organi-zada polo propio partido na parro-quia, na que os veciños se encontra-

ron coa senadora María Jesús Sainz e coa deputada Marta Carballo.

PROXECTO DE VARIANTEPor outra parte, nos Presupues-

tos de 2015 aparecen tamén 822.000 euros para financiar o remate dos traballos do proxecto técnico da va-riante de Ordes. Trátase dun tra-zado duns 6,5 quilómetros de longo, ideado hai anos co propósito de des-conxestionar a N-550 ao seu paso pola vila e paralizado máis tarde, en

parte polas limitacións económicas da crise e en parte pola entrada en servizo da chamada ronda leste, que axudou a cumprir tal fin.

O portavoz municipal do PP de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, afirma que a incorporación destas partidas aos recursos previstos para o Ministerio de Fomento o vindeiro ano “ofrece solucións ás demandas reais dos veciños e acredita que o Partido Popular cumpre os seus com-promisos”.

Zona da estrada N-550 próxima á futura intersección de acceso a Queis (Montaos)

A revelación das partidas or-zamentarias por parte do PP cau-sou a reacción dos socialistas de Ordes, por unha parte satisfei-tos pola consignación de fondos pero por outra con descalificati-vos á actuación do PP ordense.

O portavoz socialista, Jesús Pedreira, asegurou que “o PP de Ordes actúa como as rémoras, non fai nada polos veciños pero despois quere apropiarse do tra-ballo dos demais”. Segundo el, que o goberno central reserve di-ñeiro para a N-550 débese ás ini-ciativas presentadas polos depu-tados do PSOE nos últimos me-ses.

Pedreira acusa ao portavoz do PP, Martínez Sanjurjo, de que-rer “apropiarse” dese “traba-llo” cando “leva dous anos sen facer absolutamente nada polo arranxo da N-550”. O portavoz do PSOE califica de “ruín” a acti-tude do PP e afirma que os ve-ciños “saben ben quen se pre-ocupa por eles e fai cousas, e quen non dá un pau á auga e só quere facerse a foto para quedar ben”, comenta Pedreira.

Ao PSOE parécelle que o mérito é seu e chámalle “rémora”, lacazán e “ruín” ao PP

REACCIÓN

A Rúa do tambre de Sigüeiro, sometida a unha remodelación

A Rúa do Tambre, en Sigüeiro (Oroso), está sendo sometida a unha profunda remodelación. As obras, orzamentadas en 135.000 euros, poderían rematar entre finais deste ano e comezos do que vén, se se cumpren as previsións do Concello. Acométense en dúas fases, para evi-tar o corte de tráfico en toda a rúa, segundo explicou o alcalde, Manuel Mirás, no momento en que super-visou o inicio dos traballos, acom-pañado polo concelleiro de Obras, Eduardo Veiras.

O proxecto, financiado pola De-putación e polo Concello, contem-

pla ampliar as beirarrúas, renovar as redes de alumeado público sote-rrado e de augas pluviais, e eliminar as barreiras arquitectónicas existen-tes. Trátase sobre todo de accesos a garaxes, que fan que existan desni-veis perigosos para persoas con mo-bilidade reducida e que para os de-mais peóns supoñen un considerable risco de caídas.

“DESPROPÓSITO” DO PPMirás advertiu que as rúas con

este tipo de dificultades son habi-tuais en Sigüeiro e constitúen un “exemplo dos despropósitos e do

desgoberno total do PP en Oroso”. O alcalde explica que o seu goberno traballa por humanizar “o maior nú-

mero de rúas”. Cita que xa interviron no Portiño e no Xuncal e para 2015 agarda obrar na Rúa do Lengüelle.

OROSO Cun investimento de 135.000 euros

As obras acométense en dúas fases para non ter que cortar o tráfico en toda a rúa

Page 3: Cronicas - Comarca de Ordes - nº10 - Outubro 2014

ActuAlidAde

crónicas - Outubro 2014 3

O alcalde de Trazo, José Dafonte Varela, é inocente e non cometeu ningún delito de falsidade documen-tal. Así o establece a sentenza da Au-diencia Provincial da Coruña, tras o xuízo celebrado hai uns días a raíz dunha denuncia presentada polo PSOE local.

Os feitos que moti varon a con-troversia remóntanse a xullo 2009, cando o rexedor asinou unha factura duns 26.000 euros pola construción dunha bancada no campo de fút-bol da parroquia de Campo, cando a obra nin sequera se iniciara. De feito, en setembro seguía sen executarse, como demostraron os socialistas cunha acta notarial, e acometeuse uns meses despois, cando xa existí a a denuncia.

A xusti za considera que non está demostrada unha mala intencionali-dade por parte do rexedor. O propio Dafonte fundamentou a súa defensa no xuízo oral en que descoñecía se as obras estaban feitas ou non cando asinou a factura.

O alcalde fi xo constar que no Con-cello ninguén comproba as obras menores e que el non pasara polo campo de fútbol. Os socialistas tra-

taron de rebater esta afi rmación ase-gurando que desde o despacho da al-caldía pode verse a infraestrutura de-porti va, pero a sentenza conclúe que ese aspecto, aínda sendo “verosí-mil”, non foi “contrastado” durante o xuízo.

Das demais declaracións xudi-ciais, destaca que o responsable da empresa construtora revelou que a obra se retrasou pola creba da sub-ministradora de materiais e que a factura solicitoulla o Concello á com-pañía. Supostamente, a intención se-ría xusti fi car a subvención que a De-putación concedera para a bancada.

PRÁCTICA HABITUALPrecisamente, por parte da Depu-

tación, que no seu día sancionara ao Concello por esta actuación, un inter-ventor adxunto afi rmou que é habi-tual que os Concellos incumpran os prazos das obras e que as xusti fi quen con facturas. A prácti ca chegaría ata o punto de que a cuarta parte das obras subvencionadas polo ente pro-vincial non chegan a executarse, se-gundo as súas inspeccións.

Dafonte admiti u que no seu día sorprendéralle a sanción da Deputa-

ción, pero aceptouna e non a reco-rreu porque non le todo o que asina: “tería que ler todo o mes para asinar un día”, manifestou o alcalde.

“CONCIENCIA TRANQUILA”Dafonte, que xa antes de coñe-

cerse a sentenza fora confi rmado polo PP como candidato á reelección, amosouse “sati sfeito” coa sentenza e reiterou que “sempre ti ven a con-ciencia tranquila porque nunca ac-tuei de mala fe”. O alcalde agradeceu o “apoio” que, segundo di, lle trasla-daron os veciños de Trazo, e tamén o respaldo “absoluto” da dirección pro-vincial do PP.

Dafonte cre que agora toca “pasar páxina”, tras cinco anos coa espada de Damocles sobre a súa carreira po-líti ca. Á vez, pediulle aos socialistas unha “oposición responsable”.

“FIXEMOS O CORRECTO”Os socialistas, que solicitaban a

inhabilitación do alcalde, catro anos de cárcere e unha multa de 5.000 euros, sopesaron presentar recurso contra a sentenza ante o Tribunal Supremo. Ademais, á vista de que a sentenza non cuesti ona tanto os fei-

tos como as carencias para demos-tralos na instrución, aseguraron no seu blog que “fi xemos o que era co-rrecto”, ao comprobar que o Concello pagara unha factura por unha obra entón inexistente. O grupo que lidera Beatriz Domínguez expón que “se ca-dra, se non chegamos a denunciar estabamos agora con 26.000 euros menos no Concello e sen graderío”. Por eso, conclúen que “mal fi xérono outros”, pero non eles por denunciar a irregularidade.

O alcalde de trazo, absolto pola xustizaTRAZO A Audiencia Provincial declárao inocente do suposto delito de falsidade documental denunciado polo PSOE

José Dafonte, alcalde de Trazo

MUEBLES DE BAÑO

HIDROMASAJE - SAUNA

TARIMA FLOTANTE

MATERIALES DE CONSTRUCCIÓN

SANITARIOS

GRIFERÍA

AZULEJOS Y PAVIMENTOS

MAMPARAS

A TABLILLARúa Principal, 36. Rodís15186 CERCEDATelf: 981 69 70 82e-mail: [email protected]

ALMEIRASAvda. Almeiras, 19. O Burgo15670 CULLEREDOTelf: 660 986 847

Page 4: Cronicas - Comarca de Ordes - nº10 - Outubro 2014

4

ActuAlidAde

crónicas - Outubro 2014

COMARCA Informe de Ecologistas en Acción baseado en medidores oficiais

A franxa Ordes-eume é unha das zonas co aire máis contaminado de Galicia

A franxa territorial entre Ordes e Eume, que inclúe a comarca e pre-senta unha poboación total de máis de 310.000 habitantes, presenta un dos aires máis contaminados de toda Galicia. O principal problema é o da alta presenza de ozono troposférico, que sobrepasa a miúdo os valores máximos recomendados pola Orga-nización Mundial da Saúde (OMS).

Así o recolle o informe sobre a ca-lidade do aire en España en 2013, elaborado por Ecologistas en Acción tomando como base estacións de medición oficiais. No ámbito da co-marca, figuran datos das situadas en Cerceda, Galegos (Frades), San Vi-cente de Vigo (Carral), Vilagudín, Bus-cás, Cendón, Monte Xalo ou Rodís.

O documento sinala que o ozono troposférico, un potente oxidante que ocasiona afeccións pulmonares, superou a recomendación da OMS de que non exceda determinados va-lores máis de 25 días ao ano. Suce-deu así na maioría das estacións si-tuadas na franxa Ordes-Eume, ade-mais das da Mariña e A Limia-Miño,

así como nas cidades de Ferrol, Lugo, Vigo e Ourense.

Nunha estación relativamente próxima á comarca, a de San Vicente de Vigo (Carral), tamén se supe-rou a concentración media diaria de dióxido de xofre que a OMS aconsella non rebasar nunca. A exposición cró-

nica ao dióxido de xofre relaciónase con mortes prematuras por doenzas pulmonares e cardiovasculares.

Ecologistas en Acción, que men-ciona dificultades para medir en Gali-cia a presenza de bencenos, hidrocar-buros policíclicos ou metais pesados, sitúa as centrais térmicas de Mei-rama (Cerceda) e das Pontes como unha das principais fontes de conta-minación do aire en toda Galicia.

En xeral, o informe asegura que un tercio da poboación española res-pira aire que incumpre o que marca a lexislación vixente. Pero tendo en conta as directrices da OMS, sería o 95% da poboación a que respira aire cun nivel de contaminación supe-rior ao recomendado para a saúde. En toda España, o problema supón 20.000 mortes prematuras ao ano.

O informe constata melloras na calidade do aire nos últimos anos. Pero advirte que se deben máis aos efectos da crise, que levan por exem-plo a que haxa menos tráfico e se consuma menos combustible, que á aplicación de medidas efectivas.

Os ecoloxistas mencionan as térmicas como gran fonte de contaminación

Distribúen un xogo a través dos escolares para incentivar a reciclaxe do lixo

OROSO

O Concello e a comunidade educativa de Oroso distribúen un xogo de reciclaxe entre os estu-dantes da infantil, primaria e se-cundaria para incentivar a re-ciclaxe de residuos. Son 3.000 exemplares dun xogo inspirado no tradicional da Oca, protagonizado pola mascota educativa Troi, inspi-rada nunha troita.

O alcalde, Manuel Mirás, in-dicou que se as familias adqui-ren o hábito de separar correcta-mente os residuos poden reducir ata un 30 % o que remiten a So-gama de xeito impropio, co corres-pondente aforro municipal.

A Deputación concede 124.000 euros para acondicionar o salón de plenos do Concello vello

ORDES

A Deputación vai conceder 124.000 euros de subvención para avanzar na rehabilitación do antigo consistorio de Ordes. A maior parte do diñeiro, nun proxecto total de 155.000 euros presentado polo Con-cello, será para acondicionar o salón de plenos.

A subvención foi anunciada po-los socialistas de Ordes, que non du-bidan en atribuíla ás xestións na De-putación do concelleiro de Oroso e deputado provincial Antonio Leira. O portavoz do PSOE en Ordes, Jesús Pe-dreira, di que mediaron cando viron que o Concello quedara fóra das sub-vencións nominativas provinciais.

O PP ordense puntualizou que a concesión da axuda “é consecuen-cia da boa xestión desenvolvida polo presidente popular da institución, Diego Calvo”. Asegura tamén que este capítulo demostra que o go-berno local levaba anos “sen solici-tar partida algunha” e recrimina que PSOE e UXO teñan como prioridade “obras faraónicas que non lles intere-san aos veciños”, expón o PP.

Presentación do xogo de ‘Troi’

Rubricada a última anualidade para o arranxo do Concello

A delegada provincial da Xunta, Belén do Campo, e o alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro, asinaron a acta de conformidade para que o Concello reciba a derradeira anua-lidade da subvención autonómica para o arranxo e mellora da casa consistorial.

Con esta cuarta anualidade, a

administración local tordoiesa terá recibido un total de 92.500 euros. O investimento permitiu a rehabi-litación integral da Casa do Con-cello, con actuacións na cuberta, a construción dun novo arquivo, a renovación de fiestras e portas, ta-refas de pintado interior ou unha nova caldeira.

TORDOIA

A delegada provincial da Xunta e o alcalde de Tordoia, asinando a acta

Novo trámite para posibilitar a construción do punto limpo conxunto para Frades e Mesía

COMARCA

O pleno de Frades aprobou por unanimidade a solicitude formal para que a Consellería de Medio Am-biente, Territorio e Infraestruturas inicie a construción do punto limpo que o Concello compartirá co veciño de Mesía, dado que ningún deles por separado podía conseguilo, por cuestións de poboación.

A tal efecto, puxéronse a dispo-sición da Xunta terreos situados en Céltigos (Frades) e colindantes coa parroquia de Boado (Mesía). O com-promiso municipal é o de non cobrar ningún tipo de taxa sobre as obras, que executará a Xunta, e a xestionar o punto limpo unha vez estea rema-tado.

Segundo o alcalde de Frades, Ro-berto Rey, a parcela ofrecida cum-pre as condicións establecidas pola Xunta, tanto de accesibilidade como disposición de servizos ou distancia a cauces fluviais. O rexedor agarda que a consellería comece as obras “canto antes”, para poñer a nova infraes-trutura ao servizo dos habitantes de Frades e de Mesía.

Page 5: Cronicas - Comarca de Ordes - nº10 - Outubro 2014

ActuAlidAde

crónicas - Outubro 2014 5

ORDES A renegociación do crédito financeiro aforrará 250.000 euros en catro anos

O concello dedicará 270.000 euros do superávit de 2013 a obras hidráulicas

O superávit de 1.182.000 euros que o Concello de Ordes obti vo en 2013 terá como fi n maioritario pa-garlles facturas a provedores muni-cipais, pagar débedas con enti dades e amorti zar a débeda. Non obstante, tamén quedan uns 270.000 euros que se uti lizarán para obras de sa-neamento e abastecemento de auga, tal como acordaron todos os grupos políti cos por unanimidade en pleno.

Os proxectos que se acometerán, propostos polas disti ntas formacións, contemplan unha canalización de pluviais na Rúa da Canteira (27.800 euros), un sistema de abastece-mento de auga desde a Espenica de Arriba ata a Espenica de Abaixo e na Rúa das Campeiras (17.500 euros), saneamento e abastecemento en Re-boredo (84.100 euros), saneamento na Espenica de Arriba e na Rúa do Recreo (97.000 euros) e beirarrúas na Praza do Mercado (42.700 euros).

O BNG destacou como proposta súa a substi tución das tubaxes de auga potable en parte da Rúa do Mercado e na Rúa da Praza de Abas-

tos, fabricadas en fi brocemento, por outras máis resistentes e menos con-taminantes. Os nacionalistas cren que esta medida permiti rá rematar cos habituais cortes de servizo para os negocios e veciños da zona, polas frecuentes roturas que se veñen pro-ducindo na rede, unha das máis re-centes a mediados de setembro.

MENOS XUROSPor outra parte, no pleno acep-

touse renegociar o préstamo muni-cipal para o pago a provedores. Ata agora o interese que pagaba o Con-cello era do 5,25 %. Cos cambios, po-derá aforrar 250.000 euros de xuros nos vindeiros catro anos, segundo o alcalde, Manuel Regos.

A corporación municipal ordense, reunida en sesión extraordinaria

Pedreira reclama que a Xunta repare os vellos depósitos cos ingresos do canon da auga

ORDES

O secretario xeral dos socia-listas de Ordes, Jesús Pedreira, reclamoulle á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e In-fraestruturas que uti lice os in-gresos do canon da auga en Or-des para reparar os depósitos dos que se abastece a vila, situa-dos en Reboredo.

Pedreira lembra que son construcións moi anti gas e en mal estado, con algunha fenda exterior. E explica que a Xunta non investi u “nin un só euro” do que recadou polo canon da auga nestes dous anos.

Segundo o PSOE, a repara-ción custaría uns 600.000 euros, dos que uns 250.000 poderían proceder no cobrado no munici-pio polo canon da auga. Xa pre-sentaran unha solicitude seme-llante a fi nais de 2013, non aten-dida, no que Pedreira considera “unha nova discriminación a Or-des” por parte do PP.

- ¿Qué novedades podemos en-contrar en ‘Sombrero de Copa’?

- En ‘Sombrero de Copa’ tenía-mos claro que queríamos ofrecer algo distinto a lo que hay, tanto en lo que es la tienda en si, por la deco-ración que tenemos, como en lo que íbamos a vender porque no tenemos ninguna marca que hubiese en Or-des. Queremos apostar por marcas y diseñadores españoles que tienen mucho que ofrecer, con una calidad excepcional y a precios competiti-vos. Y en lo referente a la tienda, buscábamos un ambiente donde los clientes se sintieran a gusto, como en su casa. De ahí la zona salón que tenemos, con sofá incluído, y mú-sica ambiente para que en todo mo-mento todo el mundo esté cómodo.

- ¿Qué destaca de los productos de este establecimiento?

- Queremos darle protagonismo a lo MADE IN SPAIN. Aposta-mos por la moda española porque entendemos que lo nuestro es es-pectacular, de lo mejorcito y sus precios son muy competitivos. En ‘Sombrero de Copa’ los modelos que traemos no los repetimos, solo hay un modelo por talla porque no queremos que todos nuestros clien-tes vayan iguales, buscamos la dife-rencia. Ahora mismo tenemos ropa y complementos para una mujer de hoy y también tendremos un rin-concito para ellos, los chicos... que pensamos en ellos de una manera mucho más urbana que por ejemplo la mujer que tiene su zona de diario

y tendrá en unos días, pensando ya en las fi estas de Navidad, una parte de la tienda dedicada a fi esta.

- ¿Qué nos trae este otoño-in-vierno en su sector?

- Este otoño-invierno nos trae co-lor como el azul cobalto, la pata de gallo, los cuadros, los fl ecos y el print animal. Estas son algunas de las tendencias.

- ¿Es posible la moda a buen precio?

- Sí. En ‘Sombrero de Copa’ te-nemos moda a muy buen precio y española. Además, tenemos el gusto de trabajar con marcas como LOIBA, BASS & CALFER, MA-MATAYOE y en unos días llegarán otras como SIDECAR o LOFT... y otras más.

- ¿Qué tipo de clientes esperan sumar a su tienda?

- Esperamos clientes a los que les guste lo nuevo, lo diferente y sobre todo lo español, lo nuestro... que al fi n y al cabo somos de lo mejor en cualquier pasarela internacional, tanto por diseños como por confec-ción.

- ¿El cliente tiene claro lo que busca o precisa asesoramiento?

- Hay de todo, el cliente que tiene claro lo que busca y el que se deja asesorar... Personalmente creo que

en moda no hay como probarse la ropa; la mayoría de las veces lo que ves en una percha poco tiene que ver con como sienta después. Nos llevamos muchas sorpresas tanto para mal como para bien.

- ¿Qué promoción de apertura ofrecen?

- Durante una semana hemos ofrecido un descuento del 15% en abrigos y chaquetas y así puntual-mente iremos haciendo más pro-mociones, de las que iremos infor-mando a través del Facebook.

, moda española en un ambiente cómodo

ENTREVISTA Marta Vázquez, propietaria del establecimiento

mociones, de las que iremos infor-

Ropa de hombre y de mujer

Calle Compostela, 30 ORDES 981 681 553 Sombrero-de-Copa

Moda a muy buen precioBuscamos la diferencia

Las mejores marcas españolasPrúebate las últimas tendenciasTe sentirás como en casa

Page 6: Cronicas - Comarca de Ordes - nº10 - Outubro 2014

6

ActuAlidAde

crónicas - Outubro 2014

Entra en vigor a ordenanza que regula os traballos madeireiros

Xa está en vigor a ordenanza municipal coa que o Concello de Tordoia, como fixeron antes outros na comarca, pretende protexer os seus camiños e vías públicas ante as operacións de corta e extrac-ción de madeira.

A norma, que non se aplica so-bre tarefas puntuais de árbores illadas, podas ou talas para uso doméstico como a leña, obriga aos madeiristas a presentar unha comunicación previa no Concello quince días antes de iniciar os tra-ballos. Terán que identificar o pro-pietario forestal, a empresa ma-deireira, o prazo dos traballos, as parcelas afectadas, a especie que se procesará, o volume estimado, os lugares previstos para o depó-sito de madeira previo á carga, os camiños e vías que van usar, e di-versa documentación relativa a to-dos estes aspectos.

A Policía Local encargarase de elaborar un informe previo aos traballos para que quede constan-cia do estado dos viais antes da ex-

tracción da madeira. Entre as obri-gas do madeireiro, destaca sinali-zar os viais, limpar os espazos pú-blicos afectados a diario, repoñer ao estado previo as ramplas ha-bilitadas ou responder dos danos ocasionados.

Tamén terá que depositar unha fianza previa, que vai desde os 1.600 ata os 5.000 euros, depen-dendo da tonelaxe dos vehícu-los que empregue nos labores. A cantidade será reintegrada se non ocasiona ningún desperfecto nos camiños. Se non fose abondo para reparar os danos, o Concello pro-cedería a recadarlle a diferencia.

A maiores, a norma establece sancións que poden chegar ata os 3.000 euros no caso das infrac-cións tipificadas como moi graves.

Pola súa parte, os propietarios da madeira serán os responsables das infraccións se se negan a iden-tificar os madeireiros encargados dos traballos no prazo de dez días hábiles desde que lles chegue o re-querimento do Concello.

TORDOIA

Erros no PXOM amplían a súa exposición ata decembro

O documento de aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Trazo tivo que iniciar unha segunda exposi-ción ao público, tras observarse erros na documentación e na pla-nimetría do que se expoñía nun principio. O novo período de con-sulta e alegacións conclúe o 16 de decembro.

Os erros solventáronse nunha sesión plenaria extraordinaria a fi-nais de setembro e a nova expo-sición ao público foi publicada no Diario Oficial de Galicia o 15 de outubro.

O acontecido fertilizou o terreo da política local para que agroma-sen novos episodios de controver-sia. O grupo socialista asegura que foi el o que se percatou de que a documentación que se comezara a expoñer non se correspondía coa aprobada en xullo pasado, polo que lle comunicaron o asunto aos técnicos municipais para que bus-casen “unha solución que garan-tise o respecto á legalidade vixente

e non se atrasase máis un Plan Xe-ral que xa acumula case unha dé-cada de retrasos por mor da deixa-dez do alcalde”, din, para a conti-nuación calificar a José Dafonte de “incompetente”, responsabilizalo da “chapuza” e pedir a súa dimi-sión.

A controversia, que se pro-duciu case nas mesmas datas do xuízo que acabou coa absolución xudicial do alcalde por un suposto delito de falsidade documental (información na páxina 3), chegou despois de que Dafonte lles pedise “sentido da responsabilidade” aos socialistas, nos que sempre viu máis interese de “desgastar o al-calde” valéndose do PXOM que en “darlles servizo aos veciños”.

Á marxe do erro material, o PXOM segue sendo esencialmente o mesmo. O goberno salienta as posibilidades que abre para o fu-turo desenvolvemento industrial, a protección e aproveitamento do patrimonio ou a viabilidade do sector agrogandeiro e forestal.

TRAZO

Un concelleiro do PP de Santiago intercedeu pola ex secretaria en espera de “porcentaxe”

OROSO

A ex secretaria municipal de Oroso estaba disposta a pagar “unha boa porcentaxe de todo o que lle terían que devolver” [no Concello] se as instancias xudiciais chegasen a darlle un resultado fa-vorable no contencioso que ini-ciou tras ser expedientada polo Concello e sancionada pola Xunta.

Así se extrae dun correo elec-trónico de 2009, que Francisco Noya, entón concelleiro do PP en Santiago, lle remitiu a Gerardo Conde Roa, dous anos despois al-calde -fugaz- da capital. Na men-saxe, que figura nun informe de Vigilancia Aduanera na Operación Pokémon desvelado polo diario EL PAÍS, Noya intercedía pola funcio-naria, alegando que “é do partido (non afiliada polo seu posto de traballo)”.

Noya, que emprazaba a Conde Roa a ver se podía “facer algo” por un recurso estimatorio do Tribunal Constitucional, tivo un tempo con-trato en prácticas en Urbanismo do Concello.

OROSO Aspiran tamén os alcaldes de Ares e de Culleredo e o exvoceiro en Teo

O alcalde de Oroso entra na pugna por dirixir o PSOe na provincia da coruña

O alcalde de Oroso aspira a con-verterse en secretario xeral do PS-deG-PSOE na provincia da Coruña, en relevo do exministro Francisco Ca-amaño. Manuel Mirás xa presentou a súa precandidatura para concorrer ás primarias previstas para o 30 de no-vembro.

Mirás, que forma parte da execu-tiva nacional do PSdeG, negou que a súa candidatura estea impulsada por algún sector na sombra e dixo que se presentaba como “un llanero so-litario”. Segundo dixo, as súas aspi-racións son reconstruír o partido “de abaixo arriba”, é dicir, dándolle máis protagonismo á militancia. Ve espe-cialmente necesario traballar coas agrupacións socialistas dos conce-llos máis pequenos, que “en termos xerais é onde o Partido Socialista ten máis dificultades de conexión coa so-ciedade”, recoñeceu.

Neste sentido, incidiu en que “a boa política debe ser de proximidade e de relación directa coa cidadanía, senón non é boa nin política”. Mirás di que o PSOE “pode e debe volver a

ser maioría na provincia” como refe-rente para todos os cidadáns.

Ademais, advertiu de que man-terá o seu compromiso con Oroso: “non esquecerei as miñas obrigas como alcalde do municipio, dos ve-ciños e veciñas aos que me debo, e polos que seguirei traballando co mesmo entusiasmo que ata agora”. Incluso cre que “o reforzo do partido

na provincia repercutirá por suposto no beneficio de Oroso”.

Aínda que o proceso de primarias do PSOE provincial cobrará máis pro-tagonismo nas vindeiras semanas, xa se coñece que os alcaldes de Ares, Ju-lio Iglesias Redondo, e de Culleredo, Julio Sacristán de Diego, ademais do ex portavoz en Teo, Jano Leis Carlés, aspiran tamén á secretaría xeral.

Mirás negou ser títere de ninguén e incidiu en que mantén o compromiso con Oroso

Page 7: Cronicas - Comarca de Ordes - nº10 - Outubro 2014

ActuAlidAde

crónicas - Outubro 2014 7

Críticas de BNG e PP por “enchufi smo” na contratación do novo bedel do Campomaior

ORDES

A contratación dun novo con-serxe para o colexio Campomaior, que se efectuou a través dunha empresa concesionaria municipal e non directamente polo Concello, suscita as críti cas do BNG e do PP.

O nacionalista Ramiro Recouso asegura que o novo empregado é “unha persoa moi vinculada per-soalmente tanto co alcalde como coa tenente de alcalde, dados os estreitos lazos de amistade que manteñen as súas familias”. O Blo-que di que tamén a nai do bedel fora “enchufada pola tenente de alcalde” na escola infanti l. Por eso, e para reducir custos, pediron de novo municipalizar servizos como a limpeza, mantemento e conser-xería de dependencias públicas.

O PP cre que a “rede de favo-res” do goberno “semella non co-ñecer límites”. José Luis Martí nez Sanjurjo afi rma que a contrata-ción do bedel foi “teledirixida po-los máximos mandatarios a dedo” usando a concesionaria e evitando un concurso-oposición.

COMARCA Mantén os alcaldes de Tordoia e Trazo e os voceiros de Cerceda e Ordes

O PP cambia os seus candidatos para as municipais en Frades, Mesía e Oroso

Tres dos sete municipios da co-marca de Ordes terán caras disti ntas ás de 2011 nos carteis que o PP col-gue na campaña das eleccións muni-cipais de maio do ano que vén. Trá-tase de Frades, Mesía e Oroso. Nos outros catro concellos (Cerceda, Or-des, Tordoia e Trazo) o parti do man-tén os mesmos candidatos.

En Frades, Roberto Rey estréa-rase como cabeza de lista. Aínda que é alcalde, non ocupara o primeiro posto da lista nos anteriores comi-cios, senón que accedeu ao bastón de mando despois de que o ante-rior rexedor, Miguel Prado, deixase o posto por un asento no Parlamento de Galicia. Coa designación de Rey, queda descartado un hipotéti co re-torno de Prado ao primeiro plano da políti ca municipal.

En Mesía, o escollido é Adolfo Grobas, que en 2011 ocupara o cuarto posto e anteriormente fora concelleiro. Reempraza a Severino Álvarez, candidato en dúas ocasións. Grobas ten por diante un duro labor de reconstrución, xa que o PP obti vo

en 2011 o seu mínimo, con dous edís, a piques de ser superado polo BNG.

En Oroso, accede ao número un da lista Alexander Doval, presidente das Novas Xeracións no municipio. Substi túe a José Manuel Balado, que se presentou por vez primeira en 2011 e situou o parti do con catro concelleiros, pero non puido evitar a

maioría absoluta do PSOE. Onde non hai cambios é en Tor-

doia e Trazo, onde os alcaldes Anto-nio Pereiro e José Dafonte optarán á reelección. E tampouco en Cerceda e Ordes, onde os candidatos de 2011, Francisco Santos e José Luís Martí nez Sanjurjo, colleitaron notables subas en apoio electoral e agora repiten.

Presentación dos novos candidatos do PP no partido xudicial de Santiago

EKATÉ OutletRúa do Mercado, 2

EKATÉ MelideCantón de San Roque, 11

EKATÉAlfonso Senra, 157

EKATÉ Outlet EKATÉ MelideEKATÉ

Page 8: Cronicas - Comarca de Ordes - nº10 - Outubro 2014

8

ActuAlidAde

crónicas - Outubro 2014

OROSO A pesar da apertura do novo CEIP, por reducir persoal e trasladar materiais

A ANPA e a ciG critican que os recortes masifican aínda máis o ceiP de Sigüeiro

Non hai calma nos colexios de Oroso. Se o inicio do colexio foi difi-cultoso no novo CEIP, pola estrea do edificio e polas obras inacabadas do exterior, non é agradable tampouco no CEIP de toda a vida, polos recortes que denuncian tanto a ANPA ‘A Nosa Escola’ como o sindicato CIG Ensino.

As nais e os pais criticaron que os recortes de persoal e a perda de ma-terial fixeron que as aulas do antigo colexio “estean agora máis masifica-das que no curso pasado”, a pesar de que entrase en funcionamento o novo CEIP.

Así, se o ano pasado tiñan 631 alumnos e neste contan 414, en rea-lidade empeorou a ratio de escolares por aula, que chegan ata os 27. Desde ‘A Nosa Escola’ sinalan que se supri-miu un docente de pedagoxía tera-péutica, que agora deben compartir un especialista en audición e linguaxe co CRA de Oroso e que unha coida-dora asignada a necesidades educati-vas de apoio específico foi trasladada ao novo CEIP de Oroso (o novo) “sen comunicación nin diálogo coa direc-

ción do CEIP de Sigüeiro”, din.Tanto a ANPA como integrantes

do consello escolar xa puxeron os feitos en coñecemento do inspector xefe de Educación e piden “unha so-lución inmediata ás deficiencias”.

Pola súa parte, a CIG Ensino de-nunciou tamén a falta de profeso-rado e de persoal coidador, así como

a masificación nos dous centros, no que valoran como unha “chapuza” da Consellería. Esta organización sin-dical afirma que o que parecía unha boa nova, a apertura do novo co-lexio, “converteuse en todo o contra-rio” pola falta de dotación de mate-rial e a insuficiencia de profesionais para ofrecer educación de calidade.

O Concello de Oroso acometeu traballos de pintura no CEIP de Sigüeiro

O goberno quéixase da diminución de alimentos para familias desfavorecidas

OROSO

O goberno de Oroso quéixase de que as achegas de alimentos para familias desfavorecidas cae-ron de 20.000 quilos en 2011 a 1.000 quilos en 2014 (ata finais de setembro). Son produtos que che-gan desde a administración cen-tral do Estado a través da Cruz Ver-mella.

Por eso, os socialistas, que os-tentan o executivo municipal en solitario, presentaron unha mo-ción, aprobada por unanimidade, para instar ao Goberno central a reforzar o financiamento público para os programas de garantía de alimentos básicos e de calidade para persoas que o necesitan.

O concelleiro de Servizos So-ciais, Antonio Leira, califica de “aterradoras” as cifras e revela que buscaron axuda a través de entidades como Amigos de Ga-licia, empresas colaboradoras e campañas municipais. Leira fixo fincapé en que nos últimos anos decaen as axudas “cando as nece-sidades medran”.

COMARCA O programa está financiado maioritariamente con fondos europeos

A comarca recibe máis de 685.000 euros dun plan para reparación de camiños

Os Concellos da comarca, como os de toda Galicia, percibirán novas achegas económicas para a amplia-ción, mellora e mantemento de ca-miños de titularidade municipal, me-diante un Plan Marco 2014-2015.

Nesta acción, interveñen as depu-tacións e a Consellería do Medio Ru-ral e do Mar, cun 13 % dos recursos, o Ministerio de Agricultura e Medio Ambiente cun 12 %, e o Fondo Eu-ropeo Agrícula de Desenvolvemento Rural (FEADER), que ofrece a maior parte da financiación, o 75 %.

En toda Galicia, o plan suma 25,5 millóns de euros, dos que na provin-cia coruñesa se gastarán uns 8 mi-llóns de euros. E aos sete municipios ordenses correspóndenlles 685.515 euros: a Cerceda 86.775 euros, a Fra-des 85.322, a Mesía 112.494, a Ordes 128.774, a Oroso 77.600, a Tordoia 90.786 e a Trazo 103.764 euros.

Preto da metade dos fondos co-rresponden ao exercicio 2014 e o resto quedan para 2015, tal como se explicou na sinatura do convenio de colaboración por parte do presidente

da Deputación da Coruña, Diego Calvo, e da conselleira de Medio Ru-ral, Rosa Quintana.

As administracións autonómica e provincial explican que os fondos re-sultaranlles moi útiles aos Concellos

para mellorar as súas redes viarias “despois dun inverno que causou es-tragos nos camiños”.

REPARTO ACORDADOOs criterios de reparto dos fondos

foron acordados entre a Axencia Ga-lega de Desenvolvemento Rural (Aga-der) e a Federación Galega de Muni-cipios e Provincias (Fegamp), dentro da colaboración das distintas admi-nistracións para aplicar o plan.

Aínda que a súa participación eco-nómica no conxunto do plan é secun-daria en comparación co que achega a Unión Europea, a Xunta e a Depu-tación destacan que nas anualidades 2014-2015 o importe do plan medra un 82 %.

Desde a oposición, non criticaron que se destinen máis recursos ás re-des viarias municipais, pero si lamen-tan que non se teña feito un esforzo económico semellante nestes últi-mos anos e poñen o acento en que o incremento de diñeiro para o plan se produce a escasos meses das elec-cións municipais.

PLAN DE CAMIÑOS 14-15

CERCEDA

FRADES

MESÍA

ORDES

OROSO

TORDOIA

TRAZO

TOTAL:

86.775 euros

85.322 euros

112.494 euros

128.774 euros

77.600 euros

90.786 euros

103.764 euros

685.515 euros

Asignación do diñeiro na comarca

A asociación contra o cancro organiza a súa cuarta comida solidaria para o 16 de novembro

ORDES

A delegación de Ordes da Aso-ciación Española Contra o Cancro (AECC) organiza a súa cuarta co-mida solidaria para o domingo 16 de novembro. A localización esco-llida son as instalacións do Pazo do Bidueiro, a partir das 14:30 horas.

Todas as persoas interesadas en participar nesta comida e con-tribuír así á posibilitar a actividade da asociación poden adquirir as súas entradas no Bar Saloon de Ordes e no Restaurante Barreiro de Leira.

Este evento conta coa colabo-ración altruísta de numerosos co-merciantes de Ordes, que doaron diversos agasallos para seren sor-teados entre os asistentes no transcurso da comida.

Tamén destaca a colaboración da empresa local Autos Álvarez, que ofrece un autobús gratuíto para desprazarse ata o Pazo do Bi-dueiro e regresar. Tal como expli-can desde a AECC, sairá ás 14 ho-ras desde a Alameda de Ordes e retornará ao remate do xantar.

Page 9: Cronicas - Comarca de Ordes - nº10 - Outubro 2014

PuBlicidAde

crónicas - Outubro 2014 9

Máis do 70% das vivendas en Galicia teñen máis de 20 anos*, e moitas delas presentan unha deficiente conservación da cuberta.

Un mal estado do tellado fai que au-mente o gasto enerxético dos fogares: ca-lefacción, aire acondicionado, deshumi-dificación, etc. A rehabilitación da cu-berta con tella cerámica supón un nota-ble aforro enerxético, mellora o confort da vivenda cun investimento pouco cus-toso, de longa duración e escaso mantemento. A tella Verea, correctamente insta-lada, seguindo as recomen-dacións do seu sistema de instalación, permite manter a casa fresca en verán e quente en inverno.

Verea asegura unha axeitada rehabilitación do tellado mediante o seu sistema de colocación, "Ve-rea System", cuxas características prin-cipais son:

• Impermeabilidade garantida,• Execución en seco que garante a

auto-ventilación (imprescindible para asegurar a resistencia á xeada das tellas)

• Elimina patoloxías orixinadas por colas e morteiros (eflorescencias; ro-

turas, perda de adherencia...),• Doada montaxe• Óptimo illamento térmico e acús-

tico.

A parte estética dunha vivenda tamén é importante para Verea, por iso, ofrece to-dos os formatos de tellas cerámicas: cur-vas, tellas S e planas nunha ampla gama

de cores. E desenvolveu as pezas especiais para que o tellado quede perfectamente rematado.

Así mesmo, Verea comercia-liza os accesorios de tellado ne-cesarios para a execución do Verea System: escuma de po-liuretano (para substituír os cementos e colas), ganchos, perfilería de cumieira. To-dos estes elementos foron deseñados, seleccionados e testados por laboratorios

propios e independentes, sendo os recomendados para a correcta instalación do tellado.

O investimento nun tellado Verea é un investimento rendi-ble, xa que ofrece unha garan-tía de 35 anos.

*fonte: Instintuto Galego de Estatística, datos de 2010

Rehabilitación de tellados con tellas Verea

A tella plana Verea A tella plana Verea que foi lanzada recen-

temente, está a ter unha grande acollida entre os clientes tanto do mercado nacional coma de ex-portación. Os seus principais puntos fortes son o seu rematado totalmente liso, a facilidade de ins-talación e a súa adaptabilidade a calquera tipo de cuberta, sen esquecer a calidade que caracteriza a todas as tellas Verea, número un en resistencia ás xeadas.

As tellas Verea comercialízanse a través de almacéns de construción. Toda a información necesaria, tanto para particulares como insta-ladores, está dispoñible en www.ceramicaverea.com ou directamente no teléfono 981 687 053.

Page 10: Cronicas - Comarca de Ordes - nº10 - Outubro 2014

10

ActuAlidAde

crónicas - Outubro 2014

ORDES Os nacionalistas piden o informe encargado á empresa encargada do servizo

O BNG advirte do perigo de varios farois e o goberno di que xa os está reparando

As malas condicións que presen-tan numerosos farois en Ordes foron obxecto de debate en pleno. O BNG reclamou unha “revisión completa” do alumeado público tras advertir do seu “estado de completo abandono, con farois que carecen de tapas de rexistro ou amarradas precariamente mediante bridas ou cinta illante”, ex-poñen.

Para os nacionalistas, a situación é perigosa e podería levar a “desgra-zados accidentes como o acontecido recentemente en Santiago”, onde unha adolescente morreu electrocu-tada por unha descarga eléctrica dun farol en mal estado.

A proposta do Bloque, rexeitada polo goberno, incluía tamén que a empresa adxudicataria do mante-mento eléctrico do alumeado muni-cipal presentase o informe sobre a si-tuación e as deficiencias existentes, que “supostamente” lle pediu o go-berno hai medio ano. O concelleiro Pablo Vidal, do BNG, pide ademais que a compañía cumpra o prego de prescricións técnicas, que contempla

dúas revisións anuais dos cadros de mando e demais aparellos e acceso-rios.

A tenente de alcalde, Silvia Ma-rín, replicou que o estudo estase ela-borando “pero leva o seu tempo por-

que no concello de Ordes hai máis de 8.000 farois”. Tamén como razón para rexeitar a proposta do BNG, Ma-rín explicou que se está acometendo un plan de mellora na iluminación, que inclúe o cambio de farois.

Dous exemplos de farois en mal estado de conservación nas rúas de Ordes

Retoman o curso para persoas con diversidade funcional pese aos “recortes impostos”

ORDES

O Concello de Ordes iniciou o novo curso de habilidades sociais para persoas con diversidade fun-cional. Cuns vinte participantes, desenvólvese na aula adaptada do Mesón do Vento e procura a au-tonomía e desenvolvemento per-soal, ademais de servir de respiro para as familias.

O goberno ordense asegura que con este curso e con outras accións que desenvolve ao longo do ano mantén o seu “compro-miso cos máis necesitados” a pe-sar dos “recortes impostos pola Xunta de Galicia para este tipo de iniciativas sociais, así como para o transporte adaptado”, quéixase.

No curso participan vinte persoas

Derrubarán a vella escola da Pontecarreira para ampliar a praza

FRADES

A vella escola da Pontecarreira será derrubada nos vindeiros me-ses para ampliar a praza pública. A intervención é posible despois de que o Concello chegase a un acordo “definitivo para a adqui-sición do inmoble” co seu actual propietario. Non se detallou a contía da operación.

O alcalde de Frades, Roberto Rey, explicou que “o estado rui-noso do inmoble fai que non sexa recuperable e ademais no PXOM o lugar figura como zona verde”. Rey comentou que levaban máis dun ano negociando do propieta-rio e que o acordo xa foi asinado. O rexedor indicou que a interven-ción é “unha vella demanda dos veciños, de case vinte anos”.

O edificio presenta estado ruinoso

ORDES O Concello califica de “puntuais” danos que para o PP son “estruturais”

Reparan a fachada do castelao iiO Concello comezou a reparar nos

últimos días a fachada do pavillón po-lideportivo Castelao II, á vista dos da-nos observados previamente na fa-chada e que mesmo causaran a caída dalgúns cascotes á beirarrúa.

Sen embargo, o goberno munici-pal afirma que os “desperfectos son moi puntuais, tan só nun par de pun-tos”. Botando man dun estudo téc-nico do arquitecto do departamento municipal de Urbanismo, explican que “estes danos non son estruturais e non supoñen ningún risco para os usuarios”.

Con todo, engade o executivo, aplicarán unha impregnación pro-tectora na parte metálica dos pila-res e colocarán cubertas metálicas para reforzar o coidado. E farano “in-cluso nos pilares que non presentan ningún desperfecto”, comenta, á vez que precisa que os traballos tiveron que agardar polo bo tempo.

Estas obras chegan despois das críticas efectuadas polo PP, ante os síntomas de deterioración que co-mezou a presentar o pavillón. O prin-cipal grupo da oposición ordense queixouse primeiro das fendas visi-bles e de ferro corroído na armazón

en varios puntos, e aos poucos días produciuse a caída dos cascotes, o que reforzou a súa crítica.

Para o PP, era necesaria unha “re-visión e intervención urxente” para evitar perigos para usuarios e peóns, tendo en conta ademais que é un lu-gar polo que a miúdo pasan nenos e nenas camiño do colexio e do parque infantil próximo.

O portavoz do PP, José Luis Martí-nez Sanjurjo, acusou de “desidia” ao goberno por atender mal as “verda-deiras necesidades do pavillón, como estes danos estruturais” e optar “por pintalo coa cor de UxO, as siglas [da formación política] do alcalde” para “ocultar as carencias da súa xestión” e a “corrosión” que, ao seu ver, ta-mén aflora no equipo de Regos.

Cascotes caídos á beirarrúa e operarios efectuando reparacións no pavillón

Page 11: Cronicas - Comarca de Ordes - nº10 - Outubro 2014

ActuAlidAde

crónicas - Outubro 2014 11

MESÍA “A República da Berxa”, de Manuel Pazos, indaga na traxectoria do alcalde de Mesía na Segunda República

ultiman a biografía de Antonio Gómez carneiroO esquecemento segue perdendo

terreo. Nas vindeiras semanas vaise publicar unha biografía de Antonio Gómez Carneiro, que foi alcalde de Mesía en dous períodos da Segunda República. A obra titúlase ‘A Repú-blica da Berxa. Antonio Gómez Car-neiro e o seu tempo (1899-1979)’ e é o resultado da investigación de Ma-nuel Pazos Gómez, historiador e in-vestigador de Oroso que xa conta no seu haber con múltiples traballos his-tóricos relacionados coa comarca de Ordes.

O autor efectúa un completo re-paso pola traxectoria vital de Gómez Carneiro e o contexto histórico no que se desenvolveu. O protagonista da biografía, nacido en Lardeiros (O Pino), emigrou de xo-ven a Bos Aires, onde se faría consciente do atraso económico e social da súa terra na-tal. De feito, voltaría coa intención de crear unha escola e unha bi-blioteca en Gonzar. Ao seu retorno en 1925, instalaríase no lugar da Berxa (Mesía). Co paso dos anos e a che-gada da Segunda Re-pública, sería un dos protagonistas máis ac-tivos do que o autor define como o “fervedoiro político” desa etapa en Mesía. En 1934 sería escollido como alcalde do Concello. De novo asumi-ría o cargo en 1936, en representa-ción da Fronte Popular.

Poucos meses despois, co golpe

de estado franquista contra a demo-cracia, tivo que pasar á clandestini-dade. Durante seis anos, estivo ago-chado, ao tempo que foi condenado pola dictadura por delito de rebelión.

Posteriormente foi procesado polo chamado Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas. Acu-sado de colaborar coa guerrilla anti-franquista, en 1947 é xulgado e con-denado. Serían seis anos de cárcere, que pasou nos penais da Coruña e de El Dueso, en Cantabria.

O libro de Pazos recolle a súa saída da prisión e a actividade do ‘Centro Republicano de Ordes’ na clandesti-nidade. O relato histórico chega ata as primeiras eleccións da Transición, e o falecemento de Gómez Carneiro

en 1979. No seu perfil bio-

gráfico, o autor define o ex alcalde de Me-sía como unha “persoa preocupada polo pro-greso e o benestar da sociedade” e describe como puxo en mar-cha diversas activida-des económicas, como unha das máis impor-tantes centrais hidro-eléctricas da comarca, para a época, instalada a partir do muíño da

Berxa, na beira do río Samo. Segundo explica Pazos, Gómez

Carneiro caracterizouse por ser un “home rexo, laico, republicano e loi-tador” que “tivo a coraxe de enfron-tarse aos escuros poderes da dita-dura, participando activamente en

cada un dos sucesos históricos que lle tocou vivir durante boa parte do século XX”.

INVESTIGACIÓN DOCUMENTADATales acontecementos históri-

cos dese tempo a nivel local estarán documentados no libro, nomeada-mente con escritos da causa na que se procesaron 67 persoas en 1947 por colaborar cos antifranquistas ou “malhechores autores de robos a mano armada”, como os identifica-ban os órganos xudiciais da ditadura.

Ademais, figuran no libro as trans-cricións das actas das sesións cele-bradas no Concello de Mesía desde o 10 de marzo de 1936 ata o 2 de xullo de 1936. Deste cometido encargouse

Paula Fernández Seoane. E, tamén como anexo, ofrecerá unha perspec-tiva de Gómez Carneiro como indus-trial que pasou de moer cereal a pro-ducir enerxía eléctrica, nun texto ela-borado por Gonzalo Veiras Carneiro.

“A República da Berxa” conta cunha presentación do profesor da Universidade de Santiago Emilio Grandío Seoane. Está editado pola Asociación Cultural ‘Obradoiro da História’ de Ordes e conta co apoio da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes. Colaboraron neste proxecto de recuperación da memoria histórica a Asociación Cul-tural ‘Amigos da Capela de Nosa Se-ñora de Arxán’ (Mesía), a Asociación Cultural ‘Bieito Fandiño’ (Mesía), e o Concello de Oroso.

O traballo recompila imaxes de Gómez Carneiro. Á esq. na súa estadía en Bos Aires. Á dta. no penal cántabro de El Dueso en 1950. Imaxes ofrecidas por Manuel Pazos

Selo do Concello de Mesía na Segunda República

Page 12: Cronicas - Comarca de Ordes - nº10 - Outubro 2014

12

ActuAlidAde

crónicas - Outubro 2014

Os socialistas insisten en gastar medio millón na vella estación para un proxecto do téxtil

ORDES

Os socialistas presentaron unha iniciativa no Parlamento de Galicia co propósito de que a Xunta apoie un proxecto de apoio ao sector téxtil, que implicaría o investimento de medio millón de euros e que se instalaría na antiga estación ferroviaria da Pontraga.

Xesús Pedreira, portavoz do PSOE en Ordes, asegura que o sec-tor perdeu un 34% do emprego nos últimos dez anos e que as em-presas e os pequenos obradoiros precisan apoio na súa aposta pola calidade para reposicionarse no mercado. Lembra que en 2012 xa lle pediron á Xunta un plan estra-téxico para o sector na comarca.

O proxecto planeado para a ve-lla estación abordaría o ámbito produtivo, cun centro de recollida de pedidos e coordinación da pro-dución dos obradoiros, o ámbito da mercadotecnia para traballar sobre o deseño e divulgar as mar-cas, e o ámbito da loxística, para enlazar co tecido industrial de zo-nas próximas.

OROSO As obras rematarán nunhas semanas e a matrícula abrirase en abril

A segunda gardería pública de Oroso entrará en servizo no vindeiro curso

A segunda escola infantil munici-pal de Oroso poderá entrar en fun-cionamento no vindeiro curso 2015-2016, se se van cumprindo os prazos dados a coñecer polo goberno mu-nicipal. As obras do centro, situado preto do CEIP de Sigüeiro, rematarán dentro dunhas semanas, antes da fin de ano, e a matrícula podería abrirse en abril do ano que vén.

Son as principais novidades da visita á construción do alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e do seu con-celleiro de Obras, Eduardo Veiras. Mirás cre que o bo ritmo de execu-ción das obras, que comezaron en abril pasado, facilitará que a apertura da gardería “non sexa tan precipitada como a do novo colexio”.

Precisamente, o rexedor aprovei-tou a visita para comparar a colabo-ración activa da empresa construtora e da Consellería de Traballo e Benes-tar, ou a de Sanidade no caso do novo centro de saúde, coa falta de comu-nicación da Consellería de Educación no desenvolvemento das obras do novo CEIP. Segundo o alcalde, a ac-

titude de Educación levou ao retraso das obras de urbanización exterior no CEIP.

A futura gardería ten un custo de 410.000 euros, dos que o Concello paga 164.000 e a Xunta e o Goberno

central os 246.000 restantes, dentro dun acordo confirmado en 2010. Con tres unidades, ofrecerá 41 prazas. Servirá como complemento á oferta da actual escola infantil municipal da Ulloa, que dispón de 61 prazas.

As obras da nova escola infantil municipal teñen un custo de 410.000 euros

ORDES O vindeiro pleno debaterá unha moción para forzar o tráfico pola Rolda Leste

dez meses despois, camións no centro e a estrada de Mercurín sen arranxar

Dez meses despois de que se pro-hibise o tráfico pesado pola estrada que vai de Ordes a Cerceda por Mer-curín e de que o Concello solicitase que a Xunta a asumise como propia, o vial segue en mal estado e os ca-mións con residuos, animais mor-tos ou mercadorías que desprenden cheiros continúan circulando polo centro de Ordes.

A situación vai ser abordada pre-visiblemente no vindeiro pleno mu-nicipal, a raíz dunha proposta pre-sentada polo BNG. Os nacionalistas explican que boa parte dos camións obvian a Rolda Leste e circulan por Alfonso Senra, a Rúa dos Lagartos e a Rúa do Recreo, para dirixirse á Cer-ceda pola estrada de Carballo.

O portavoz municipal do Bloque, Ramiro Recouso, cre que o alcalde, Manuel Regos, permanece “cruzado de brazos ante os dous problemas, esperando que a solución veña caída do ceo”. Recouso repróchalle ao rexe-dor que en febreiro pasado dixese que a reparación da estrada era unha prioridade para el, sen que desde en-

tón se mellorase a súa conservación nin o tráfico molesto na vila.

A proposta concreta que trasla-dará á corporación o grupo naciona-lista é solicitarlle á Xunta a cesión dos treitos da AC-524 (Ordes-Lanzá) e da AC-413 (Ordes-Carballo) ao seu paso pola zona urbana da capital.

Unha vez eses traxectos pasasen a

ser de titularidade municipal, pode-ríase intervir no tráfico desde o Con-cello coa intención de forzar o des-vío dos camións pola Rolda Leste, se-gundo expón o BNG, que tamén pro-pón convocar á Xunta, á Deputación e a SOGAMA para procurar un acordo de financiación na reparación e man-temento da estrada de Mercurín.

O tráfico pesado segue deixando cheiros e ruído ao seu paso polo centro de Ordes

O BNG critica que o Concello e a Xunta leven cinco anos “pasándose a pelota” do Plan Xeral

FRADES

O BNG de Frades critica que o Plan Xeral de Ordenación Munici-pal (PXOM) leve cinco anos de trá-mites co Concello e a Xunta “pa-sándose a pelota entre eles, pero sen chegar á súa aprobación”. En-tre as consecuencias desta de-mora, os nacionalistas mencionan que a mocidade “ten que mercar vivenda fóra do noso concello”.

O Bloque fradense encadra o estado do PXOM na “situación caótica” que, na súa opinión, vive o Concello. Exemplifícano nos 440.000 euros de “débeda reco-ñecida polo equipo de goberno no peche de 2013”.

Tamén se queixan os naciona-listas dos “impostos abusivos” no recibo do lixo ou na nova orde-nanza reguladora de inicio de ac-tivdade, que para o Bloque “vai di-ficultar a actividade agraria”, ao gravar cunha taxa a construción de cortes, silos, alpendres ou po-zos de purín. Tamén os negocios e reformas “só con afán recadato-rio”, asegura o BNG.

Page 13: Cronicas - Comarca de Ordes - nº10 - Outubro 2014

ecONOMíA

crónicas - Outubro 2014 13

COMARCA Con charlas sobre creatividade, innovación empresarial ou lexislación

unhas xornadas intentan incentivar o emprendemento empresarial

Con cada vez máis noti cias nas que se comproba que as outrora eli-tes do país se dedicou pouco menos que á pillaxe para prosperar, quizais non estean demais unhas xornadas para moti var a quen quere materiali-zar proxectos empresariais coa imaxi-nación, a creati vidade, o esforzo e a honesti dade como ferramentas.

En teoría, quen aspirase a tal fi n ti vo unha oportunidade de aprender algo nas xornadas de moti vación para emprender que organizaron o Conce-llo de Ordes, a Mancomunidade da comarca e a Deputación da Coruña, con colaboración autonómica.

Durante un par de días, e cun cento de parti cipantes, en gran me-dida xóvenes, unha serie de técnicos e responsables da Unidade de Pro-moción e Desenvolvemento da De-putación, da Factoría de Innovación, do IGAPE e da subdirección xeral de Cooperati vas e Economía Social da Xunta abordaron asuntos como o desenvolvemento dunha idea no ám-bito empresarial, a importancia de innovar para adaptarse ao mercado, ou a fi gura do emprendedor como

valor no ámbito do traballo. Tamén recibiron información so-

bre os recursos básicos que existen para emprendedores, sobre como deseñar a marca e a imaxe da em-presa e sobre a lei do emprendedor.

A clausura das xornadas contou coa intervención do alcalde de Or-

des e presidente da Mancomuni-dade, Manuel Regos, e do vicepresi-dente da Deputación, Antonio Cañás. Regos defendeu o cooperati vismo como unha boa estratexia para inten-tar sacar adiante un negocio e Cañás incidiu na relevancia da moti vación á hora de emprender.

Intre dunha das charlas das xornadas, cuns cen participantes e asistencia de balde

Avanza o proceso para adxudicar en concesión oito postos na Praza de Abastos de Ordes

ORDES

Os trámites para adxudicar oito postos na planta baixa da Praza de Abastos de Ordes xa es-tán en marcha. A comezos de outubro abriuse o prazo para pre-sentar ofertas, xa concluído. Unha vez abertas, examinadas e valo-radas, outorgaránselle ás mellores os postos, en réxime de concesión demanial por quince anos, cunha posible prórroga de cinco máis.

Dos oito locais, dous son para a venda de froitas e verduras, dous para peixe, un para carnes e em-buti dos, outro para pan e deriva-dos, outro para lácteos e ovos, e outro para fl ores e plantas. A lici-tación parti u dun mínimo anual disti nto para cada posto, aínda que en todos os casos ronda os 2.600 euros anuais, que os aspi-rantes puideron mellorar.

O BNG criti cou que o goberno de Regos tratase de “ocultar” este concurso de licitación para “favo-recer intereses de persoas ache-gadas a UxO”, non divulgando o proceso para evitar ofertas, se-gundo sostén o Bloque de Ordes.

couseloordenes

15680 ORDESA Coruña

Muebles de CocinaFuente Estrey, s/n Tel: 981 68 83 29

Móvil: 629 808 796couselo [email protected]

ElectrodomésticosAlfonso Senra, 116

Tel: 981 68 08 09

Page 14: Cronicas - Comarca de Ordes - nº10 - Outubro 2014

14

ecONOMíA

crónicas - Outubro 2014

Grelos, patacas, fabas, mel, ovos, queixos, froita... Hai numerosos pro-dutos labregos que tradicionalmente pasan das mans de quen os colleita e elabora ás de quen os consume. Di-rectamente, sen intermediarios. É unha compravenda baseada na con-fianza, pero sobre a que agora recae unha nova norma que, entre outros aspectos, obriga a que o vendedor estea rexistrado e o produto sexa eti-quetado.

O decreto da Consellería de Me-dio Rural, que xa está en vigor, afecta tanto ás vendas que se desenvolven en mercados como as que se desti-nan a establecementos (un restau-rante, por exemplo) ou as que se efectúan in situ, na propia explota-ción ou na leira. Nesta última modali-dade teñen o seu encaixe as persoas que poñen á venda as súas colleitas a pé da estrada, como os grelos que se poden atopar en Ordes e Oroso ao longo da N-550. Fontes do sector ex-plican que teñen que adaptarse ao decreto, pero que non impide que continúe tal actividade.

E que implica adaptarse? En pri-meiro lugar, se non o tiñan aínda, te-ñen que solicitar na Oficina Agraria Comarcal un Código de Explotación Agraria, que se incribirá no Rexistro de Explotacións. Para eso, deberán identificar as parcelas que van culti-var e acreditar que lles pertencen ou que as teñen alugadas.

Unha vez obtido o código, teñen que pedir a súa inscrición na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa, a SEVEDI. E a partir de aí, os labregos terán que levar un rexistro das súas vendas, que recolla o produto, a cantidade, a data e o lu-gar da venda.

E a etiqueta, que é o que está dando máis que falar? En principio bastará con que inclúa os datos da persoa que vende, o código da explo-tación, o seu enderezo e unha identi-ficación do produto. E se se trata de venda in situ, o decreto contempla que a información se transmita de xeito oral, a non ser produtos envasa-

dos, que sempre deben levar a infor-mación no propio envase ou nunha etiqueta unida a el.

Para algúns vendedores, a en-trada en vigor do decreto foi confusa e careceu de información abondo. De feito, o Sindicato Labrego Galego (SLG) de Ordes ofrece asesoramento gratuíto nas súas oficinas (en Alfonso Senra, nas Galerías do Túnel) para quen dubide sobre o que ten que fa-cer para cumprir os novos requisitos.

O SLG pediu ademais que a Xunta activase unha campaña informativa, para os vendedores pero tamén para tendas ou Concellos, ante a “confu-sión” previa creada, sobre todo no relativo á etiquetaxe. O SLG cre que a nova normativa debería “apoiar a comercialización de alimentos sen in-termediarios” para garantirlle pro-dutos frescos e de tempada á po-boación. Pero advirten de que eso

non tería que “supoñer novas cargas burocráticas para as granxas”.

LÍMITE DE VENDA DIRECTAOutra das novidades que intro-

duce o decreto da Xunta é o estable-cemento de cantidades máximas au-torizadas en venda directa por pro-dutor e ano. As cifras son estas: máxi-mos de 3.000 kg de mel, 450 kg de pole, 30 kg de própole, 10 kg de xa-lea real, 1.000 ducias de ovos, 5.000 kg de amorodo cultivado en exterior e 10.000 cultivado en invernadoiro, 13.000 kg de kiwi en exterior, 20.000 kg para outras froitas, 20.000 kg para hortalizas de exterior e 40.000 para as de invernadoiro, 10.000 para legu-mes de exterior e 24.000 para as de invernadoiro, 20.000 kg de pataca, 500 kg de cogomelos de exterior e 2.500 de invernadoiro, e 5.000 kg de cereais.

Os produtos da casa póñense de etiquetaCOMARCA En vigor o decreto autonómico sobre venda directa ao consumidor final

A venda de grelos ao pé da estrada ten encaixe legal no decreto imposto pola Xunta

E A TI, QUE CHE PARECE?DOMINGOCoñezo a

norma que obriga a etique-tar os produtos en venda directa e penso que en principio vai ser un trastorno importante á hora de aplicalo. Non é algo que os clientes pediran.

ELVIRANon me parece

ben. Hai quen vende catro leitu-gas que lle sobran e para eso non vai sacar un rexistro sanitario. Esto é para facer pagar e hai xente que ne-cesita vendelo para comer. O produto non o fai bo a etiqueta.

JOSÉ MANUELEstou a favor do

etiquetado dos produtos. Levo 32 anos nesta ac-tividade e paré-ceme ben que obriguen a esto. Non supón ningún problema. Os clientes non o pedían, o que queren é produto barato e de calidade.

A NORMA, VISTA DESDE A FEIRA DE ORDES

Logística Alimentaria, con planta en Oroso, faise coa fábrica de Pascual en Lugo

LEITE

A empresa Logística Alimen-taria, que ten instalacións en Si-güeiro (Oroso) adquiriulle a Leche Pascual a súa fábrica en Outeiro de Rei (Lugo), que levaba meses inoperativa. As tarefas que a em-presa acometerá serán o traslado do leite recollido aos gandeiros en toda Galicia para venderllo á in-dustria.

Deste xeito, a planta de Outeiro servirá como centro de recollida e posterior subministración de leite e de derivados lácteos á industria láctea e agroalimentaria, segundo a demanda que lle vaian formu-lando. Logística Alimentaria bo-tará man de cando menos unha parte dos traballadores que tiña Pascual.

En realidade, a nova fábrica non supón ningún cambio signifi-cativo na actividade de Logística Alimentaria, que se centra na dis-tribución de leite crú refrixerado, estandarizado e pasteurizado, nata industrial pasteurizada en cisternas e leite concentrado por evaporación.

Cando deu a coñecer a opera-ción de traspaso, Pascual procla-mou que lle abre novas posibili-dades de transformación á produ-ción leiteira galega “ante o histó-rico cambio de escea que supón a liberalización do sector en toda a Unión Europea”. Refírese á supre-sión do sistema de cotas na vin-deira primavera, que nesta última campaña pode levar a excesos de produción e sancións económicas aos gandeiros, e que xa está oca-sionando graves descensos nos prezos, de novo entre os peores de toda a UE.

INACTIVA DESDE 2013A factoría de Outeiro de Rei,

por certo, permanecía inactiva desde mediados de 2013, cando crebou Alimentos Lácteos. Esta compañía utilizouna ata que os arredor de 15 millóns de euros de débeda acumulada non lle deixa-ron máis remedio que cesar a ac-tividade, arrastrando consigo a varias das cooperativas que a in-tegraban, como La Arzuana, e a deceas de gandeiros vítimas de impagos.

O proxecto de Alimentos Lácteos fora desde o principio obxecto de controversia no sector, dado que as súas cabezas visibles tiñan un perfil máis político, vincu-lado ao PP, que de xestores econó-micos aptos para a empresa.

Page 15: Cronicas - Comarca de Ordes - nº10 - Outubro 2014

xeNte de Aquí

crónicas - Outubro 2014 15

Serán coa coral de Montaos e coas pandeiretas de Somos Nós

A Coral Polifónica de Santa Cruz de Montaos e o grupo de pandei-reteiras Somós Nós protagoni-zaron a recente actuación musi-cal programada en ‘Ordes ao Se-rán’, unha serie de espectáculos mensuais que o Concello de Ordes ofrece de balde.

Neste caso, a actuación, se-guida por varias deceas de espec-

tadores, ti vo como emprazamento o auditorio do Museo do Traxe Juanjo Liñares.

Muiñerias, jotas ou cancións populares formaron parte do di-verso repertorio musical que inter-pretaron as dúas formacións du-rante a actuación, e que lles mere-ceu o aplauso do público que acu-diu a velos.

ORDES

A polifónica de Senra disólvese pero non descartan retomala

A Coral Polifónica Santa Eula-lia de Senra acordou a súa disolu-ción, despois de dezasete anos de traxectoria. Aínda que se coñeceu hai uns días, a decisión xa se to-mou o pasado verán. Os seus in-tegrantes explican que se debe ao incremento de gastos da forma-ción, aos problemas de saúde e de traballo e á situación de crise.

Non obstante, Eduardo Veiras, como membro da coral, puntuali-zou que desexan que este cese da acti vidade sexa “un parón por un tempo e que poidamos recuperar a iniciati va máis adiante”.

O sábado 18 de outubro, a co-ral celebrou o seu últi mo xantar anual de confraternidade, ao que asisti u o alcalde, Manuel Mirás.

Imaxe dunha das últimas interpretacións públicas da coral Santa Eulalia

OROSO

Actuación da Polifónica de Santa Cruz no Museo do Traxe Juanjo Liñares

ACTIVIDADESOUTONOINVERNO2014-2015

Concello de Frades

Máis información e inscricións no Concello de FradesTeléfonos: 981 69 55 67

981 69 56 63www.concellodefrades.es

Organiza: Colabora:

Nen

os e

moz

osA

dult

osS

ervi

zos

soci

ais

CURSOS: - Cociña (30 €/curso). Lugar por determinar.- Carretilleiro (100 €/curso). 20 horas. Lugares: multiúsos (teoría) e cooperativa de Frades (prácticas).- “Emprendemento dende a Rede”. 14 de novembro. De balde. Menores de 30 anos. Diploma acreditativo da Xunta.- Manipulador de alimentos (20 €/curso). - Informática (20 €/mes. 50 horas. 2 días/semana).- Curso de Galego preparatorio para as probas do CELGA (70 h. Anótate antes do 19-12-2014. Mínimo 20 alumnos).- Curso de preparación para as probas de Graduado en ESO (25 €/mes, maiores de 18 anos. Mínimo 20 alumnos).- Outros cursos: Manipulador de produtos fi tosanitarios; Benestar animal; Certifi cado de Aptitude Profesional Transporte; Primeiros Auxilios na Educación Infantil e para acompañante de transporte escolar; conservación de

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS: - Fútbol sala, atletismo, predeporte, multideporte e tenis de mesa. Gratuítas. Inicio en novembro.

ACTIVIDADES NO CPI PONTE CARREIRA: - Xogando co inglés (15-30 €/mes). De 15:30 a 16:30 h. - Zumba kids (30 €/curso).- Iniciación e perfeccionamento á Patinaxe (40 €/curso)- Música: de 4 a 6 anos (12 €/mes) e a partir de 6 anos (15

SERVIZOS GRATUITOS PARA PERSOAS CON GRAO DE DEPENDENCIA OU USUARIOS/AS DOS SERVIZOS SOCIAIS: - Podoloxía a domicilio.- Perruquería.- Fisioterapia.BALNEARIO: 4 xornadas no Hotel Balneario Compostela (Brión) durante o mes de novembro. Prezo: 32 €. Só para empadroados.

€/mes). Desconto do 50% para o segundo irmán e gratuíto para o terceiro e seguintes.

DEPORTES: - Ciclismo. Xornadas, talleres, rutas e saídas. Grupo míni-mo 15 persoas. Prezo a determinar.- Xornadas de campo a través e atletismo.Liga Interconcellos en idade escolar.- Liga local sénior de fútbol sala municipal (marzo-maio)

alimentos; plataforma elevadora e traballos en altura.NOVIDADES:- Curso de monitor de fútbol base. 150 €. Maiores de 16 anos. 60 horas. Diploma federativo.- Curso de monitor de actividades de tempo libre. 260 €. Maiores de 18 anos. 350 horas (150 horas prácticas).

ACTIVIDADES: - Actividades deportivas. Ximnasia de mantemento (20 €/curso), pilates, zumba, manualidades e aeróbic (30 €/curso). A actividade comezará cando se xunten 15 per-soas. Lugar: multiúsos e/ou parroquia onde haxa grupo.- Clases de inglés (30 €/mes. Grupos reducidos).- NOVIDADES: Pintura en tea e Fofuchas (20 €, material non incluído). Dous meses, 1 día por semana. Lugar: mul-tiúsos e/ou parroquia onde se forme grupo.

REQUISITOS XERAIS DAS ACTIVIDADES:Os/as non empadroados/as, consultar prezos

As actividades comezarán en novembro, sempre que se xunte grupo mínimo

Ximnasia de mantemento (20 €/

Page 16: Cronicas - Comarca de Ordes - nº10 - Outubro 2014

16

xeNte de Aquí

crónicas - Outubro 2014

Imparten un curso de atención a dependentes ata decembro

A mediados do mes de decem-bro concluirá un curso de atención sociosanitaria a persoas depen-dentes en insti tucións sociais que se imparte en Frades desde este mes de outubro.

No curso parti cipan quince alumnas, a maioría do municipio, que afrontan un total de 468 horas

lecti vas, con prácti cas en centros de día e de dependentes da zona. Ao remate deste periodo forma-ti vo, obterán un certi fi cado profe-sional.

O curso custa máis de 37.000 euros e está subvencionado inte-gramente pola Xunta, que pagará ao remate das clases.

FRADES

O “trepidante concurso” dos Bolechas chegou a Mesía

‘O Sabichón e os Bolechas’ é o nome do espectáculo que en-cheu de nenos e nenas o auditorio da Casa da Cultura de Mesía den-tro do programa FalaRedes, impul-sado pola Xunta e con parti cipa-ción da Deputación e do Concello.

A actuación ti ña por obxecti vo promover o uso da lingua galega e ademais servir de conti do didác-ti co para o público. Nela, os bo-

necos creados por Pepe Carreiro, neste caso con forma de moni-creques manipulados por actores á vista, simularon un concurso no que implicaron os cati vos para de-mostrar os seus coñecementos e habilidades lingüísti cas.

Con esta dinámica, ao fi nal fo-ron os propios cati vos os que se converteron nos protagonistas do “trepidante concurso”.

O espectáculo do programa FalaRedes encheu o auditorio de Mesía

MESÍA

As clases desenvólvense no espazo do edifi cio multiusos de Frades

- Que gama de produtos ofrece no seu establecemento?

- Pois todo tipo de artigos rela-cionados co mundo da caza e da pesca dende textil, calzado ou arti-gos para o can ata calquera tipo de aparello electrónico como colares educativos, localizadores vía saté-lite, emisoras…

E no mundo da pesca tamén algo de todo, dende canas, carre-tes, vadeadores ata calquera tipo de consumible para a práctica da pesca deportiva como señuelos, sedales, plomos...

- Ten algunha especialidade?

- Eu diría que sen dúbida a nosa especialidade sería o pienso para cans onde dispoñemos dunha gran variedade de piensos adaptados a todas as necesidades.

- Un cazador ou un pescador que entren nesta tenda poden saír totalmente equipados?

- Sen dúbida, xa que esa foi a idea coa que se creou esta tenda para que os cazadores e pescadores da comarca non se teñan que des-prazar para mercar o que precisan.

- Os cazadores e pescadores da zona acostuman a equiparse ben, son conscientes desa necesidade?

- Pois hai de todo, xente que si lle gusta saír da casa ben equipado e xente que non se para tanto niso.

- Con que experiencia conta no sector da caza e a pesca?

- O certo é que xa nin me lem-bro dos primeiros días que fun ca-zar ou pescar. Aí é onde realmente se aprende que cousas si son real-mente importantes e cales son pres-cindibles, e por eso nos podemos entender tan ben cos clientes.

- Asesora nas compras ou ten un perfi l de cliente que sabe moi ben o que busca?

- Temos ámbolos dous perfís de

cliente: o que xa sabe a marca e o modelo concreto do que está a bus-car e o que pide consello para saber cal se lle adaptaría mellor ás súas necesidades.

- Os cazadores e pescadores valoran máis a calidade ou bus-can ante todo prezo?

- Pois nos tempos nos que esta-mos mírase moito o prezo pero una

gran maioría segue buscando a cali-dade, por iso na tenda temos ámbo-los dous tipos de produto para que cada quen escolla o que máis pre-cise nese momento.

- Cal é o horario de apertura?- Polas mañas de 9:30 a 13:30

horas e polas tardes de 4:30 a 8:30 horas. E os sábados estamos de 9:30 a 14:00 horas.

, todo o que precisan os cazadores e os pescadores

ENTREVISTA Óscar Raña Domínguez, propietario de MonteRío

SANTA CRUZ DE MONTAOS - ORDES - ESTRADA N-550

981 682 316627 161 388

Page 17: Cronicas - Comarca de Ordes - nº10 - Outubro 2014

xeNte de Aquí

crónicas - Outubro 2014 17

Oroso busca cogomelosOROSO Terceiras xornadas micolóxicas con Tarandeira

Unhas corenta persoas participa-ron na terceira edición das Xornadas Micolóxicas que o Concello de Oroso organizou en colaboración coa aso-ciación Tarandeira.

A parte teórica da actividade con-sistiu nunha introdución á micoloxía por parte do biólogo Martín Souto, que lles ofreceu unha serie de indica-cións sobre os cogomelos, as distin-tas tipoloxías e a forma máis axeitada de recollelos.

Despois, foi o momento de saír ao

monte a recoller exemplares, acom-pañados polos voluntarios de Pro-tección Civil. Así ata a hora de xantar, nun restaurante local e con degusta-ción de cogomelos.

Os participantes dedicaron a tarde a reunir os cogomelos recolli-dos durante a mañá no centro cultu-ral de Sigüeiro, para proceder a iden-tificalos e levar á práctica os coñece-mentos que lles ofreceran na sesión teórica. O prezo da actividade foi de 15 euros para os veciños adultos. Tras a recollida e o xantar-degustación, os participantes identificaron os cogomelos

Ramón Vilar presenta ‘Os televisores estrábicos” o venres 31

ORDES

O xornalista e escritor Ramón Vilar Landeira, de Cerceda, pre-senta o seu libro ‘Os televisores estrábicos’ o vindeiro venres 31 de outubro no Museo do Traxe Juanjo Liñares de Ordes. A obra acaba de acadar a súa segunda edición. No acto, o autor estará acompañado polo artista Miguel Calvo e polo xornalista Ignacio Carballo.

Os veciños combaten o sedentarismo a golpe de exercicio físico intenso

Moverse para non deixar de mo-verse. Entre as diversas activida-des de exercicio físico programadas polo Concello de Ordes neste curso, hai dúas que volveron colleitar unha acollida relevante por parte dos veci-ños. Falando con propiedade, das ve-ciñas, que representan a maior parte das inscricións.

Unha das propostas é o pilates, que suma oitenta participantes. As clases son de luns a xoves pola tarde no local utilizado polo Concello na Rúa da Reconciliación. Esta moda-lidade, en auxe nos últimos anos, combina diversos exercicios e per-mite que os músculos non perdan forza. A pesar de que a priori non o parece, é bastante intenso e ademais incide no control mental do corpo.

E aínda que ten menos de segui-mento, tamén numerosas persoas optaron pola modalidade que o Con-cello chama ‘combus fat’ para man-terse en forma e evitar as conse-cuencias da vida sedentaria. Neste caso, as clases son dúas veces por se-mana, tamén pola tarde no local da Rúa da Reconciliación.

ORDES

Unha das clases de pilates, moi útil para manter a potencia muscular

A modalidade de combus fat ofrece dúas clases semanais polas tardes

Comeza o segundo curso da escola de pais e nais en Vilarromariz

OROSO

A escola de pais e nais ‘Espazo en Familia’ comezou o seu se-gundo curso no local social de Vi-larromariz (Oroso). Ten lugar en martes alternos, de 16 a 18 horas, e está dirixida ás familias do alum-nado do Centro Rural Agrupado (CRA) de Oroso. Nos encontros, abórdanse diversos aspectos rela-cionados coa educación dos máis pequenos.

Alfonso Senra, 144ORDES 981 688 366

20% 30% 40% 50%

outlet

Flores ABELLÁCoronas

Centros - Ramos - ArreglosPlantas

Teléfonos:Ordes: 981 680 301Abellá: 981 699 731Móvil: 659 843 518

Page 18: Cronicas - Comarca de Ordes - nº10 - Outubro 2014

18

xeNte de Aquí

crónicas - Outubro 2014

Viaxe municipal de tres días por terras de Asturias e Cantabria

A excursión do Concello de Fra-des a Asturias e Cantabria contou coa participación de 105 persoas de diversas idades. Durante tres días, visitaron lugares como o par-que natural de Cabárceno, os la-gos de Covadonga ou o Museo de

Altamira, e poboacións como San-tander, Cudillero e Cangas de Onís.

Por outra parte, ata o 14 de no-vembro o Concello mantén aberta a inscrición para unha excursión a Ourense o 22 de novembro. Custa 25 euros para empadroados.

A excursión, entre o 19 e o 21 de setembro, sumou 105 participantes

FRADES

Tordoia coñece Salamanca, Ciudad Rodrigo e Zamora

Máis de medio cento de per-soas do municipio de Tordoia efec-tuaron unha excursión a Sala-manca, Ciudad Rodrigo e Zamora, nunha viaxe que tivo unha consi-derable vocación cultural.

Os excursionistas coñeceron lu-

gares tan emblemáticos como a Praza Maior de Salamanca, a Casa das Cunchas ou a Universidade. Destacou tamén no seu itinera-rio, xa o regreso e como colofón da xiaxe, a cea nunha cova típica de León.

TORDOIA

Os participantes na excursión de Tordoia por varios puntos de Castela e León

Afeccionados ao mundo do cabalo reúnense en Ardemil

Uns trinta xinetes de toda a co-marca participaron nunha xun-tanza cabalar na parroquia de Ar-demil. O evento incluíu diversas probas que se foron disputando ao longo de toda a xornada.

Ademais, celebrouse un xantar baixo carpa no propio lugar e va-

rias sesións de rexoneo. Non fal-tou tampouco unha actuación mu-sical do dúo Reynamar para entre-ter o persoal.

A xuntanza cabalar contou coa colaboración do Concello de Or-des para as tarefas de organiza-ción, como é habitual.

ORDES

Herminda Rivas, veciña de Albixoi, celebra o seu centenario

Hermindas Rivas González, ve-ciña da parroquia de Albixoi, no concello de Mesía, celebrou os seus cen anos cunha festa na súa casa de toda a vida. Como non po-día ser doutro xeito, para a oca-

sión reuniuse a familia e Her-mindas, que mantén unha saúde aceptable, estivo reodada polas súas dúas irmás, as fillas, os ne-tos e as bisnetas. Foi unha xornada chea de ledicia e emoción.

Hermindas Rivas, rodeada polas súas irmás, ante a tarta de cumpreanos

MESÍA

A xuntanza, con música e xantar, sumou uns trinta participantes a cabalo

Page 19: Cronicas - Comarca de Ordes - nº10 - Outubro 2014

xeNte de Aquí

crónicas - Outubro 2014 19

O mellor cabalo de trote de Galicia, con dono de Ardemil

O cabalo dun veciño de Arde-mil foi recoñecido a comezos de outubro pola Federación Hípica Galega como o mellor cabalo de trote na comunidade autónoma.

O animal, tal como destaca o dono, gañou dez carreiras de trece nas que participou en Galicia. As máis importantes, en Moeche, Ar-

zúa e O Bocelo. Incluso acadou un segundo posto en galope e dúas segundas prazas na categoría de barriles.

O propietario é un dos inte-grantes da Asociación Cultural Ca-baleiros de Ardemil e trouxo o ca-balo desde Francia, onde acumu-laba 126.000 euros en premios.

ORDES

En Francia, de onde procede, o cabalo acumulara 126.000 euros en premios

Boa acollida do programa de cociña “Con moito gusto”

O programa de cociña ‘Con moito gusto’ programado polo Concello de Mesía durante o mes de outubro cubriu as quince pra-zas dispoñibles.

En catro sesións de catro horas, as alumnas aprenderon a elaborar entrantes, primeiros pratos ou so-bremesas, desde unha perspectiva

variada. O programa continuará du-

rante o resto do curso con novas entregas de obradoiros culinarios que irán adaptando as súas temá-ticas en cada momento. As sesións impártense na cociña acondicio-nada na Casa da Cultura en Xan-ceda.

MESÍA

Unha das sesións, na cociña habilitada na Casa da Cultura de Mesía

A CORUÑAc/ Asturias, 9

Lunes o Viernes - 11:00 a 13:30

CARBALLOc/ Fomento, 16 Entrs.

Jueves - 11:00 a 13:30

ORDESRúa Compostela, 16 bajoMiércoles - 11:00 a 13:30

Marcos Guerra MengualBernardo Guerra GonzálezABOGADO - GRADUADO SOCIAL

ASESORÍA JURÍDICA

PENSIONES

SEGURIDAD SOCIAL

PREFERENTES

SEPARACIONES

CIVIL / HERENCIAS

G G

Telf. 981 150 128 Fax 981 246 789

Page 20: Cronicas - Comarca de Ordes - nº10 - Outubro 2014

20

dePORteS

crónicas - Outubro 2014

O deportista ordense Iván Raña rematou o Ironman World Cham-pionship de Hawai en decimosétima posición. Trátase dun resultado in-ferior ás expectativas xeradas pre-viamente, pero razoablemente bo á vista de como discorreu esta proba da elite do tríatlon mundial.

Raña completou os 3,9 km de na-tación, os 180,2 de ciclismo e o ma-ratón (42,2 km) cun tempo de 8 ho-ras, 38 minutos e 59 segundos. Fo-ron 24 minutos e 41 segundos máis que o gañador da proba, o alemán Sebastian Kienle.

O ordense, campión do mundo en 2002, fixo un moi bo tempo na parte inicial de natación. Situouse nos pri-meiros postos, por riba de Kienle, pero os problemas virían despois, sobre a bicicleta. Aí decaeu moito e precisou uns 37 minutos e medio máis que o gañador. Aínda así, nesa situación, cando o triunfo xa era re-matar a proba, botou man do seu ca-rácter e non deu nada por perdido.

De aí que co maratón protago-nizase unha gran remontada. Avan-taxou en dez minutos ao gañador, pero non era abondo para recuperar a desvantaxe ciclista.

Pasado o Ironman, Raña comen-tou nas redes sociais que nadando tivo dificultades para seguir o grupo pero que confiaba en ir a máis como sucede normalmente nestas probas segundo vai “quentando o motor”.

Non foi así e xa sobre a bici viu que se descolgaba da cabeza. “A cabeza nese momento pódeche xogar ma-las pasadas, téntate a parar”. Pero continuou ata o final “por respecto e por devolver algo á xente que estaba

pendente” del. Raña asegura que tivo as sensacións de “cando fago de-masiado descanso os días previos”. Estes días pasados estivo de desco-nexión para a partir de agora planifi-car a volta con todas as ganas.

iván Raña, decimosétimo no ironman de HawaiTRÍATLON O ordense fixo un bo tramo de natación, decaeu sobre a bicicleta e brillou no maratón

Raña Fuentes efectuou un grande esforzo psicolóxico na proba de ciclismo para non abandonar e poder rematar o Ironman

O equipo do A.C. Ordes de hóc-key acadou a sétima posición na Eurockey Cup 2014, en concreto na categoría U17, disputada en Blanes (Girona) a mediados de outubro. Trátase dun éxito que sitúa o equipo na elite desta modalidade deportiva no ámbito europeo, xa que a compe-tición congregou dezaseis dos me-llores clubs de todo o continente. O triunfo, por certo, foi para o HC Braga, de Portugal.

Á súa volta á vila ordense, os in-tegrantes do equipo, xunto co corpo técnico e a directiva da entidade, fo-

ron recibidos por afeccionados, se-guidores e familiares na Alameda para celebrar o resultado. Non falta-ron o alcalde e o concelleiro de Cul-tura, nin tampouco pancartas, glo-bos, bucinas... e o imprescindible lanzamento ao pilón, un clásico nas celebracións deportivas ordenses.

O A.c. Ordes sitúase na elite do hóckey europeoHÓCKEY Obtivo a sétima posición na Eurockey Cup 2014, que congregou dezaseis grandes equipos do continente

Arriba á esquerda, recepción ao equipo na Alameda de Ordes. Á dereita, lanza-mento ao pilón da Alameda. E na imaxe

de abaixo, o equipo que competiu na Eurockey Cup 2014.

Page 21: Cronicas - Comarca de Ordes - nº10 - Outubro 2014

PuBlicidAde

crónicas - Outubro 2014 21

Page 22: Cronicas - Comarca de Ordes - nº10 - Outubro 2014

22

dePORteS

crónicas - Outubro 2014

Celebrouse en Porto Avieira a terceira edición dos Xogos Ecuestres de Oroso

O campo de multideportes da urbanización Porto Avieira, preto de Sigüeiro, acolleu a terceira edición dos Xogos Ecuestres de Oroso, organizados polo Club Hí-pico Amazonas e Cabaleiros de Oroso en colaboración co Conce-llo.

O evento incluíu ademais ex-hibicións especiais de doma va-queira, doma natural e de vol-teo, e unha sesión de ferraxe do cabalo. O presidente do club or-ganizador, Theodor Smeu Ster-min, destacou “os múltiples bene-ficios” de practicar a equitación, polo que ve preciso fomentala.

HÍPICA

O Oroso TM de Super División acadou un valioso empate fronte ao club madrileño de El Álamo, un dos rivais máis directos pola permanen-cia na categoría, á que tamén chegou este ano. O equipo integrado por Pere Navarro, Javier Benito e Lawal Abiodun chegou a telo case todo en contra, menos ao público, que ani-mou incansable, e conseguiu o em-pate final. O punto permítelles ser oitavos e estar dous postos por riba das prazas de descenso, aínda que empatados con outros catro equi-pos. A seguinte cita é co UCAM Car-tagena, o máximo favorito da liga.

Punto valioso para o Oroso TM

TENIS DE MESA Mediuse no complexo deportivo de Sigüeiro ante o madrileño El Álamo

O Oroso TM ten a permanencia na Super División como obxectivo para a tempada

SALVAMENTO A deportista do C.N. Cerceda, primeira medalla galega nun mundial

Barbeito, bronce no mundial

Inés Barbeito, do Club Nata-ción Cerceda, obtivo a medalla de bronce nos 100 metros socorrista no Campionato do Mundo de Sal-vamento Deportivo, disputado en Montpellier (Francia) na segunda quincena de setembro. Cun tempo de 1’ 3,34’’ é ademais o novo ré-cord galego absoluto.

A súa medalla é a primeira dun deportista galego nun campionato do mundo de salvamento depor-tivo. Seleccionada pola Federa-ción Española de Salvamento e So-corrismo, conseguiu tamén un sé-timo posto en sprint praia, o duo-décimo en bandeiras e o décimo en

100 rescate. Por equipos, tamén obtiveron a

sexta praza en relevo sprint, a dé-

cima en relevo tubo, a sexta en ta-plin, a oitava en lanzamento de corda e a cuarta en tubo rescate.

Barbeito, á dereita, logrou nos 100 metros socorrista o récord galego absoluto

A Deputación financia a actividade do Club Patín Cerceda con 40.000 euros

HÓCKEY

O presidente da Deputación, Diego Calvo, asinou un convenio de colaboración coa presidenta do Club Patín Cerceda, Isabel Bermú-dez Castro, para financiar o man-temento de toda a agrupación e a posta en marcha de actividades deportivas durante o ano 2014.

Mediante este acordo, a insti-tución provincial achegará 40.000 euros ao club, o que supón o 64,93% do orzamento total nece-sario (61.600) para a competición dos seus equipos e o resto de gas-tos que teña o ente.

En concreto, esta cantidade permitirá facer fronte aos gas-tos de desprazamento, contrata-ción de adestradores e compra de material deportivo necesario para o club, especialmente para o pri-meiro equipo que xoga na OK liga.

“Esta contribución é moi im-portante, sen ela non poderíamos competir”, sinalou a presidenta durante a sinatura do convenio, que é a primeira vez que se firma.

Ademais, con esta colabora-ción, Patín Cerceda tamén fomen-tará a práctica deste deporte en-tre os nenos e mozos da comarca.

Diego Calvo e Isabel Bermúdez

A karateka Emma Núñez, de Cer-ceda, proclamouse subcampioa en categoría kumite xuvenil de menos de 50 kg no I Torneo Internacional Ciudad de Logroño. Competiron na proba 36 deportistas. Na de kata, a outra modalidade de karate, Núñez logrou a cuarta mellor nota entre as 16 competidoras (de 43) que pasa-ron de ronda. Pero non puido supe-rar os cuartos, ao cruzarse coa actual campioa de España. En todo caso, Núñez fai un bo balance desta súa segunda experiencia nun torneo de nivel internacional, tras o ouro que conseguira en kata en Portugal.

Emma Núñez, prata en Logroño

KARATE A karateca cercedense logra o subcampionato en kumite no I Torneo Internacional

Núñez, á esquerda do podio, polo segundo posto no torneo Ciudad de Logroño

Page 23: Cronicas - Comarca de Ordes - nº10 - Outubro 2014

OPiNiÓN

crónicas - Outubro 2014 23

Os paxariños da Alameda

A perdiz, que estes días está moi preocupada polo inicio da caza e só se tran-quiliza pola mala puntería

do cazador que máis ganas lle ten, observou se se ordeaba unha lim-peza urxente nun despacho. Ur-xente e a fondo, pero discreta. Se-ría por medo ao ébola? Non, para nada, e eso que nesa zona houbo afección ás viaxes, pero ás tropicais. É pola podremia e a pesti lencia que desprende.

Sección de chíos, murmuracións e faladoríaspilladas polo aire, unhas máis certas que outras

O cadáver está no armario e o que cheira son as súas tropelías. Así que a orde debería ser entrar no ar-

quivo e desinfectalo con amoníaco. Se non se fi xo xa, haberá que buscar caixón a caixón en todos os arqui-vadores. Eses que lles chaman AZ e que venden en calquera gran su-perfi cie, pero que para o caso ben lles poderían chamar azetanets. Así xa sabedes, seres de a pé, de que piamos. Pero a ver se nos averigua-des por aí se ao fi nal alguén locali-

Ao mellor nin sequera apa-rece, porque era peque-niño, pero habelo haino.

Poderán borralo e disimulalo, pero no seu día ben que o fi xeron pú-blico, fardando, con fotos. Moitas fotos. Toda unha recreación gráfi ca da súa estulti cie e do insulto aos do común. Para en-cres-par-se!

A cegoña branca, que bota moito de menos as longas noites do sábado no Ozone, esti vo atenta á designa-

ción dos gaivotos. Houbo un que non as ti ña todas consigo e respi-rou cando se viu confi rmado. Outro realmente só agarda cobrar o favor de non deixar o niño baleiro porque xa recoñece en voz alta que non ten nada que facer. Ignora, segundo ad-virte a cegoña, que a paisaxe pode variar moito, moití simo, de aquí a maio. Claro que, como ben din os ornitólogos, unha gaivota no de-serto sobrevive mal, a non ser que busque alguén que lle constrúa un oasis a medida. E non vai ser así.

Tantas ganas ti ña a ave de sacar as camisas brancas do roupeiro como as hai agora de mancharllas. O

certo é que algunha aínda estaba sen limpar e outras foran lavadas en auga de lavadoiro, con xabón de lagarto e sen lixivia. Reloce menos.

zou o documento. De ser así mirade a ver o cambiaron de siti o, se o des-truíron axeitadamente, se o ti raron no contedor azul, ou se comeron con queixo. Con queixo, si.

De todas maneiras, a garza, que algo sabe de contabili-dade, xa avisou de que po-derán limpar o froito do es-

curo favor, pero non a factura. Esa xa está asentada e pagada. Non ten volta atrás. Vaiche boa! Quen sabe se incluso foi analizada pola policía e pola xuíza, con toda a colección? E a factura ten catro ceros.Catro ceros e ningunha vergoña.

Que quede claro, avisa a anduriña, que esas non son a situación nin do gai-voto principal da zona nin

do crocodilado aspirante. Eses esta-ban seguros, anque alguén por en-redar vendera o conto de que non, e á vista está o disgusto dos verde-rolos e a palidez da roseira farisea.

E dúas historias máis, dis-ti ntas pero vinculadas. Hai un pardal montés, ou go-

rrión molinero para os casteláns que agora frecuenta, que vai aca-bar mal. Voa máis alto do que lle permiten as ás, e vaise estampar outra vez contra o chan. E hai unha laverca que de tanto ti rarse dos pe-los... perdón, das plumas... está indo xa case a diario a un centro de estéti ca para recuperarse do sobre-salto. Agora xa comprobou o que intuía, que hai estamentos que non se moven por moito que os em-puxen e que o mundo no que vive é máis idóneo para os lobos e cá-nidos que para as ovellas paspanas, que se deixan comer de boa gana.

O Comité Electoral do Partido Popular da provincia da Coruña presentou o pasado 27 de setem-bro aos cabezas de lista do parti-do xudicial de Santiago para as Eleccións Municipais de 2015. En Ordes, o Partido Popular designou como candidato á Alcaldía a José Luis Martínez Sanjurjo, actual portavoz municipal que concorreu por vez primeira nos comicios de 2011 e logrou pasar dos catro concelleiros anteriores aos seis da actual lexislatura, situándose a so 142 votos da ser a lista mais vo-tada.

Enxeñeiro forestal e topógrafo, Martínez Sanjurjo (O Casal, Or-des, 1977) asume o reto de liderar a candidatura do PP de Ordes coa aspiración de recuperar a Alcaldía de Ordes para o Partido Popu-lar. Con este obxectivo, Martínez Sanjurjo adianta que fará unha campaña encamiñada a recuperar

a ilusión dos votantes, baixo as premisas da honestidade e a trans-parencia, sen xogo sucio e sen re-correr aos insultos nin á descuali-fi cacións persoais.

O xa confi rmado candidato po-pular adianta que a súa estratexia se baseará no contacto directo cos veciños, para o que solicitará

a axuda de todos os militantes e simpatizantes do Partido Popular de Ordes.

Rexeita, polo de agora, avan-zar detalles da candidatura que o acompañará na vindeira cita coas urnas o 24 de maio, pero admite que xa conta cun perfi l dos inte-grantes da lista, nas que combina-rá experiencia e renovación, é di-cir, persoas coñecidas, pero tamén caras novas.

Considera que a xestión desen-volvida por Regos e Marín nesta segunda lexislatura deixou de lado os intereses e necesidades dos ve-ciños e estivo centrada en conso-lidar a rede clientelar que veñen tecendo desde hai preto de 8 anos, como volveu quedar de manifes-to con un recente novo caso de “enchufi smo”, coñecido e moi co-mentado polos veciños de Ordes nas últimas semanas.

Ofrece honestidade e transparencia, fronte ao “enchufismo” impulsado por Regos e Marín nestes case oito anos

Martínez Sanjurjo, designado candidato do PP á Alcaldía de Ordes

Candidatos do Partido Popular ás alcaldías da contorna de Santiago

Page 24: Cronicas - Comarca de Ordes - nº10 - Outubro 2014

Crónicascrónicas - Mensual independente da Comarca de OrdesEdita: Underwood Media, S.L. Imprime: Galicia Editorial, S.L.Peche de edición: 24-10-2014. Depósito legal: C 900 - 2013Directora: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: [email protected]

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

Os seus feligreses coñéceno como Don Jesús e así é desde fai vinte e cinco anos. Un cuarto de século como párroco de Santa María de Or-des que foi motivo de homenaxe e recoñecemento durante a derradeira misa dominical do mes de setembro.

Numerosos feligreses ache-gáronse ata os actos conmemorati-vos, nos que se repasaron algúns dos momentos máis relevantes da traxec-toria e do labor do vicario parroquial. Por tanto, bos e malos momentos, que duns e doutros está cheo o seu oficio.

En todo caso, foi unha xornada para a celebración e Don Jesús reci-biu ramos de flores e placas conme-morativas. Unha delas entregáronlla o alcalde de Ordes, Manuel Regos, e o concelleiro Roberto González. Os dous tiveron palabras de agrade-cemento polo labor do párroco en nome do Concello.

O propio homenaxeado tomou a palabra para agradecer o recoñe-

cemento que estaba recibindo. Fixo mención especial polo apoio que lle ofreceron durante estes vinte e cinco anos “as catequistas, a xente de Cá-ritas, o mesmo Concello de Ordes e os compoñentes da Confraría de Nuestra Señora de los Dolores”, en-tre outros.

Emocionado e sobre todo “rubo-rizado”, como el mesmo recoñeceu, Don Jesús foi quen de explicar que “desde sempre souben que quería ser párroco e aquí conseguino grazas a todos vós”.

Os feligreses, tanto os habituais da misa como outros que pola ra-zón que sexa pasan con menos fre-cuencia polo templo parroquial, non quixeron perder esta ocasión e aplaudiron as palabras da persoa que tantos anos leva exercendo como confesor e asesor espiritual, e que os acompañou en infinidade de mo-mentos familiares como un bautizo, unha comuñón, unha voda ou a des-pedida dun ser querido.

ORDES Os feligreses homenaxeárono na igrexa

don Jesús, 25 anos de párroco en Ordes

O párroco recibiu un recoñecemento ao seu labor coa igrexa chea de crentes