Folla Trisquel 2º trimestre

4
AMENCER INFORMA: Sabías que… …En Nadal Amencer estivo a cen coa O.Q.; curso de Monitores de Tempo Libre, no que participaron 25 mozos e mozas de Ourense; 3 a Edición de Mañás de Nadal, para nenos e nenas de 3 a 11 anos de idade; A Tope na Ponte en Nadal, con actividades abertas e gratuítas de 16:00 a 20:00 h.; Festival Solidario Boscomusic, e os seus ensaios correspondentes; Actividades na Ludoteca do CCA; Obradoiros no CCPV; Torneo 24h de fútbol sala, Torneo de Reis de fútbol-sala feminino; Bádminton e 5x5 de Baloncesto; Díamencer, o 23 de decembro, de 10:30 a 02:00 h.; e un senfín de actividades internas de programación, convivencias, traballos de xestión... participando máis de 2.000 nenos e nenas, mozos e mozas atendidos por preto de 300 voluntarios e voluntarias de Amencer. EDUCANDO XUNTOS No centenario da obra salesiana en Ourense repartimos cinco breves textos realizados por D. Gonzalo Bernardo, un dos autores do libro do centenario, que nos fai partícipes desta historia compartida na nosa cidade de Ourense desde 1910, en que os salesianos chegaron por vez primeira á nosa cidade … Na nosa páxina web están colgados eses artigos para ler e descargar. COLABORACIÓN FAMILIAR En cada Folla Trisquel seguimos indicando unha acción concreta para estar máis implicados, como familia, en Amencer. Neste comezo do ano 2011 iniciamos unha campaña de colaboración do pequeno comercio (tamén mediano e grande…, que non excluímos a ninguén), no que algúns de vós estades implicados (porque ben o coñecedes ou sodes responsables, etc). Explicámonos… Estamos na procura de pequenas empresas (ou medianas ou grandes) que poidan patrocinar os nosos pequenos e grandes proxectos e actividades. Xa o viñamos facendo co Campamento Urbano, e algún outro grande proxecto. Pero queremos estendelo a outros proxectos máis pequenos… pois neste tempo de crise, a axudas oficiais comezan a reducirse e precisamos de “moitos poucos” para manter a nosa oferta de tempo libre educativo, no que os vosos fillos e fillas están participando… Podemos contra con vós? Poñédevos en contacto connosco, e nós aclarámosvos o que sexa preciso. Graciñas por pensar en nós! Boas amigos e amigas. Esta fin de semana comezamos o trimestre festexando o Nadal con todos os nenos e mozos na xa tradicional Festa de Reis e desexándovos a todas as familias un bo ano 2011, no que todos e todas sexamos quen de seguir sementando ilusións nas nosas actividades, aos nosos fillos e fillas, aos amigos e amigas… Nesta nova folla atoparedes as actividades do segundo trimestre, con moitos momentos de encontro e posibilidades para compartir xuntos: a velada de Xoán Bosco, a Saída á Neve, o Entroido, o partido de fútbol pais/nais-fillos/as… Os voluntarios e voluntarias da nosa asociación desvívense cada trimestre por programar actividades novidosas para os rapaces/zas, co fin de conseguir que vos animedes, tamén vós, a participar. Cando abrades esta Folla Trisquel, tamén atoparedes fotos dalgunhas das actividades que se fixeron no trimestre anterior, así como a proposta de actividades para este novo trimestre. Máis aló das fotos onde poden saír os vosos fillos/as e amigos/as, comprobaredes que detrás diso hai moitos momentos compartidos con outros mozos/as e nenos/as... o que dá pleno sentido ao noso quefacer semanal nas actividades do Itinerario: medrar como persoas en valores humano-cristiáns a través do xogo. Aburiño e pasádeo ben. ¡Vémonos! Folla Voante Trisquel folla voante Saúdo Recuncho das familias xaneiro/abril 2011 2ª tempada/ nº8

description

Folla voante Trisquel para as familias dos rapaces de Buxaina, Andain, ADS e Catecumenado. Asociación Xuvenil Amencer

Transcript of Folla Trisquel 2º trimestre

Page 1: Folla Trisquel 2º trimestre

AMENCER INFORMA: Sabías que… …En Nadal Amencer estivo a cen coa O.Q.; curso de Monitores de Tempo Libre, no que participaron 25 mozos e mozas de Ourense; 3a Edición de Mañás de Nadal, para nenos e nenas de 3 a 11 anos de idade; A Tope na Ponte en Nadal, con actividades abertas e gratuítas de 16:00 a 20:00 h.; Festival Solidario Boscomusic, e os seus ensaios correspondentes; Actividades na Ludoteca do CCA; Obradoiros no CCPV; Torneo 24h de fútbol sala, Torneo de Reis de fútbol-sala feminino; Bádminton e 5x5 de Baloncesto; Díamencer, o 23 de decembro, de 10:30 a 02:00 h.; e un senfín de actividades internas de programación, convivencias, traballos de xestión... participando máis de 2.000 nenos e nenas, mozos e mozas atendidos por preto de 300 voluntarios e voluntarias de Amencer. EDUCANDO XUNTOS No centenario da obra salesiana en Ourense repartimos cinco breves textos realizados por D. Gonzalo Bernardo, un dos autores do libro do centenario, que nos fai partícipes desta historia compartida na nosa cidade de Ourense desde 1910, en que os salesianos chegaron por vez primeira á nosa cidade … Na nosa páxina web están colgados eses artigos para ler e descargar.

COLABORACIÓN FAMILIAR En cada Folla Trisquel seguimos indicando unha acción concreta para estar máis implicados, como familia, en Amencer.

Neste comezo do ano 2011 iniciamos unha campaña de colaboración do pequeno comercio (tamén mediano e grande…, que non excluímos a ninguén), no que algúns de vós estades implicados (porque ben o coñecedes ou sodes responsables, etc). Explicámonos… Estamos na procura de pequenas empresas (ou medianas ou grandes) que poidan patrocinar os nosos pequenos e grandes proxectos e actividades. Xa o viñamos facendo co Campamento Urbano, e algún outro grande proxecto. Pero queremos estendelo a outros proxectos máis pequenos… pois neste tempo de crise, a axudas oficiais comezan a reducirse e precisamos de “moitos poucos” para manter a nosa oferta de tempo libre educativo, no que os vosos fillos e fillas están participando… Podemos contra con vós? Poñédevos en contacto connosco, e nós aclarámosvos o que sexa preciso. Graciñas por pensar en nós!

Boas amigos e amigas. Esta fin de semana comezamos o trimestre festexando o Nadal con todos

os nenos e mozos na xa tradicional Festa de Reis e desexándovos a todas as familias un bo ano 2011, no que todos e todas sexamos quen de seguir sementando ilusións nas nosas actividades, aos nosos fillos e fillas, aos amigos e amigas…

Nesta nova folla atoparedes as actividades do segundo trimestre, con moitos momentos de encontro e posibilidades para compartir xuntos: a velada de Xoán Bosco, a Saída á Neve, o Entroido, o partido de fútbol pais/nais-fillos/as… Os voluntarios e voluntarias da nosa asociación desvívense cada trimestre por programar actividades novidosas para os rapaces/zas, co fin de conseguir que vos animedes, tamén vós, a participar.

Cando abrades esta Folla Trisquel, tamén atoparedes fotos dalgunhas das actividades que se fixeron no trimestre anterior, así como a proposta de actividades para este novo trimestre. Máis aló das fotos onde poden saír os vosos fillos/as e amigos/as, comprobaredes que detrás diso hai moitos momentos compartidos con outros mozos/as e nenos/as... o que dá pleno sentido ao noso quefacer semanal nas actividades do Itinerario: medrar como persoas en valores humano-cristiáns a través do xogo.

Aburiño e pasádeo ben. ¡Vémonos!

Folla Voante Trisquel

folla voante Saúdo

Recuncho das familias

xaneiro/abril 2011 2ª tempada/ nº8

Page 2: Folla Trisquel 2º trimestre

Os teus fillos e fillas, os protagonistas

folla voante

Movemento Número de rapaces/zas

Número de animadores/as

Coordinadores/as Correos electrónicos

BUXAINA 48 19

Laura Valcárcel Luis Rodríguez Juan Rodríguez Manuel Seguín Borja Sampayo

[email protected] [email protected] [email protected] [email protected] [email protected]

ANDAINA 61 30

Pablo Méndez Roberto Reboredo Úrsula Campo Marcos Pérez Martín Rejo Ana Cuiñas

[email protected] [email protected] [email protected] [email protected] [email protected] [email protected]

ADS 55 27

Xulio C. Iglesias Pablo Fariña Noemi Rivas Adrián Rodríguez Iago Lage

[email protected] [email protected] [email protected] [email protected] [email protected]

CATECUMENADO 94 10 Xulio C. Iglesias Javier Maíllo

[email protected] [email protected]

TOTAL 258 86

Page 3: Folla Trisquel 2º trimestre

Nesta Semana Santa teremos…(os días 18, 19, 20 e 25 de abril)

Neste trimestre será...

...a Festa do Entroido,...

...a actividade pola noite,...

...a Festa de Reis,...

...a Festa de Don Bosco,...

...a saída á neve,...

...e moito máis!!

Page 4: Folla Trisquel 2º trimestre

xaneiro’11

Día Grupo(s) Actividade Horario

14 CATECUMENADO “Festa Xuvenil de Reis” 22:00 a 00:00

15 BUXAINA ANDAINA ADS

“Festa Infantil de Reis” 11:00 a 12:45

21 BUXAINA “Party-Bosco” 17:45 a 19:15

22

ANDAINA ”Coñecendo Valdocco” 11:00 a 12:45

ADS ”Coñeces a Xoán Bosco?”

CATECUMENADO “Xuntanza en Vigo” 11:00 a 18:00

29

ANDAINA ADS ”Preparación da velada” 11:00 a 12:45

BUXAINA ANDAINA ADS FAMILIAS

“Festa de Xoan Bosco” 16:30 a 18:30

febreiro’11

4 BUXAINA “II Buxainolimpíadas” 17:45 a 19:15

5

ANDAINA “Pandora”

11:00 a 12:45 ADS

“Aventura do Medio Ambiente: As 3R”

11 BUXAINA “II Buxainolimpíadas” 17:45 a 19:15

12

ANDAINA “Os Navi”

11:00 a 12:45 ADS

“Aventura do Medio Ambiente: Sen Casa”

19

ANDAINA ”A Arbore da Vida”

11:00 a 12:45 ADS

“Aventura do Medio Ambiente: Reutilízate”

26

BUXAINA ANDAINA ADS FAMILIAS

“Saída á neve” 10:00 a 19:00

marzo’11

5 BUXAINA ANDAINA ADS

“Festa do Entroido” 10:00 a 19:30

11 BUXAINA “Star Wars: O Poder do Jedi” 17:45 a 19:15

12 ANDAINA

“Mortadelo: Tola Academia de Espías” 11:00 a 12:45

ADS “Coñecendo a Domingo!”

18 BUXAINA ANDAINA ADS

“Noite Trisquel” (quedamos a durmir)

22:00 (día 18) a 9:30 (día 19)

TODOS Do 18 ó 20 ATP: San Xosé

20 TODOS Partido Fútbol Pais contra Fillos (Inscrición Gratuita)

18:00 a 19:00

26 ANDAINA

“Mortadelo: O Grande Invento do Profesor Bacterio” 11:00 a 12:45

ADS “Dame unha pista”

Última hora! Imos celebrar a festa do pano como é habitual no albergue salesiano de Allariz. Este ano será na fin de semana do sábado 2 e domingo 3 de abril. Estades todos e todas convidados. O mesmo sábado os Buxaina e Andaina terán a súa xuntanza en A Coruña pero chegarán para durmir en Allariz. E o domingo será o día grande en que desde as 11.00 estades invitados a achegarvos ao albergue, ter con nós e os vosos fillos e fillas algunha pequena actividade lúdica, participar da eucaristía coa imposición de símbolos dos distintos grupos na igrexa de san Pedro e compartir o xantar en Acearrica, se fai bo, e senón dentro do albergue. É un día para descansar, estar xuntos e gozar con todos os que formamos a familia Trisquel (Buxaina, Andaina e ADS). Apúntao na túa axenda e non falles… Esperámoste.

Calendario do segundo trimestre

*Os grupos de Catecumenado teñen o seu ritmo propio de reunións

Folla voante xaneiro/marzo 2011 2ª tempada/nº 8

Director: Xulio César Iglesias Mesa de Redacción: Laura Valcárcel e Xulio César Iglesias Deseño e Maquetación: Adrián R. Cruz e Borja Sampayo Impresión: Gráficas Olympia

Asociación Xuvenil Amencer Praza D. Bosco, 1 - baixo 32003 - Ourense Tfno. e fax: 988 218 123 Correo-e: [email protected] Web: www.amencer.org

Edita:

Colabora:

Publicidade

abril’11

Día Grupo(s) Actividade Horario

2-3

BUXAINA ANDAINA

“Xuntanza en A Coruña” “Festa do Pano” (consultar en

Amencer) ADS FAMILIAS “Festa do Pano”

8 BUXAINA “Capitán Planeta” 17:45 a 19:15

9 ANDAINA “Mortadelo: Salvemos o Mundo” 11:00 a 12:45

ADS “Rastrexo Por Ourense” 11:00 a 12:45

TODOS 15 ó 25 A Tope na Ponte: Semana Santa

(consultar en Amencer)

Regresamos coas actividades os días 29 (BUX) e 30 de abril (AND/ADS)