Fases da elaboración do TFG - USC...Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017 1 Biblioteca...

28
Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017 1 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais 2017 Fases da elaboración do TFG 1. Definir o tema do traballo 2. Conceptuar o tema 3. Buscar e atopar información 3.1 Formular a estratexia de busca 3.2 Seleccionar as fontes 3.2.1 Chegar ao texto completo 4. Avaliar e organizar a información atopada 4.1 Criterios de avaliación 4.2 Ferramentas de avaliación 4.3 Ferramentas para a organización da información 4.3.1 Almacenar a información de forma ordenada 4.3.2 Xestionar a bibliografía con Refworks 5. Tratar a información (citar) 6. Organizar e redactar o traballo 6.1 Ferramentas de axuda para definir a estrutura do noso TFG 6.2 Ferramentas de axuda para a redacción do noso TFG

Transcript of Fases da elaboración do TFG - USC...Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017 1 Biblioteca...

Page 1: Fases da elaboración do TFG - USC...Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017 1 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais

Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017

1 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais 2017

Fases da elaboración do TFG

1. Definir o tema do traballo

2. Conceptuar o tema

3. Buscar e atopar información

3.1 Formular a estratexia de busca

3.2 Seleccionar as fontes

3.2.1 Chegar ao texto completo

4. Avaliar e organizar a información atopada

4.1 Criterios de avaliación

4.2 Ferramentas de avaliación

4.3 Ferramentas para a organización da información

4.3.1 Almacenar a información de forma ordenada

4.3.2 Xestionar a bibliografía con Refworks

5. Tratar a información (citar)

6. Organizar e redactar o traballo

6.1 Ferramentas de axuda para definir a estrutura do noso TFG

6.2 Ferramentas de axuda para a redacción do noso TFG

Page 2: Fases da elaboración do TFG - USC...Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017 1 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais

Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017

2 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais 2017

1) Definir o tema do traballo

Algúns títulos ECO 2014:

- “Capitalismo e desigualdade”

- “Evolución da produtividade no sector agrario español. Análise desagregado por

comunidades autónoma”

Algúns títulos de ADE 2014:

- “Cambio social e de consumo en España”

- “Impacto da prima de risco da débeda soberana sobre o custe da débeda das empresas”

Preguntas: que sabemos do tema? O noso tipo de traballo é teórico ou empírico? Que enfoque

lle imos dar (falar co titor/a).

Extensión do traballo: entre 6.000 e 10.000 palabras

2) Conceptuar o tema

Identificar os conceptos: palabras chave e descritores (sinónimo, outras linguas...)

Ex.: Crisis (buscar como palabra chave e como tema en Iacobus)

“La crisis de los medios”;

“Mediacion familiar como solucion en los conflictos de crisis de pareja”

Establecer límites: cronolóxicos, xeográficos e lingüísticos, se procede.

Crear unha listaxe de palabras que representen o tema. Irémola ampliando a medida que

comecemos a buscar información nas distintas fontes (tesauros, materias...)

Page 3: Fases da elaboración do TFG - USC...Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017 1 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais

Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017

3 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais 2017

P.ex. Capitalismo e desigualdade

Palabras chave (extraídas do título, autor, etc.): capitalismo, desigualdade social

Descritores (termos relacionados): riqueza, pobreza, distribución da renda,

crecemento económico, globalización, disparidade de salarios...

Outros idiomas: precariousness, social division, inequality, distribution, capital...

Límites: España, Europa, 2000-2015,...

3) Buscar e atopar información

3.1 Formular a estratexia de busca

ECUACIÓN = TERMOS DE BUSCA + CAMPOS (Autor, título...) + OPERADORES (And, Or, Not, *, ?...)

Tipos de busca:

Busca simple, busca avanzada, vocabularios controlados

A) Catálogo (simple: palabra clave; avanzada, truncamentos).

Subcatálogos. Orde dos resultados.

EXEMPLO DE BUSCA:

1) Simple: capitalismo desigualdade

2) Avanzada materia: capitalismo + desigualdade

3) Poucos resultados => Operadores truncamento =>

capitalis*+desigua*

4) Eliminar os resultados relacionados coa crise => (DESIGUA*

AND SOCIA* AND CAPITALIS*) E NON (CRISE?)

5) Resultados relacionados polo tema (ideas para novas buscas)

6) Busca avanzada => Límites e operadores

B) DIALNET un dos maiores portais bibliográficos do mundo, cuxo

principal cometido é dar maior visibilidade á literatura científica

hispana. É unha fonte multidisciplinar fundamental nas áreas de

Ciencias Sociais e Humanidades, especialmente en lingua

Page 4: Fases da elaboración do TFG - USC...Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017 1 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais

Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017

4 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais 2017

española. Integra todo tipo de documentos. Ten dúas modalidades de busca, unha básica -de

acceso universal- e outra avanzada, Dialnet Plus, para a que é preciso rexistrarse (só dispoñible

para usuarios membros das institucións participantes no proxecto).

Exemplo: Capitalismo y desigualdad (con e sen rexistro). Ver límites. (Gardar buscas, enviar ao

correo, RSS; suscriciones, referencias... só se estás rexistrado).

C) BSP (e outras bd de Ebsco; suxerir descritores; límites; historial buscas). Base de datos con

información das áreas de empresas, economía, finanzas, contabilidade, negocios

internacionais... Dá acceso a documentos de revistas, xornais e informes, na súa meirande parte

a texto completo.

Os operadores booleanos: EXEMPLOS COA BSP

- e/y/and: relaciona termos de busca . Buscando Keynes e/y/and Economics, devolverá só

resultados que relacionen estes dous termos.

- ou/o/or: amplía os resultados da busca. Buscando Keynes ou/o/or Economics, devolverá

resultados que conteñan os dous termos ou algún deles.

- non/no/no: restrinxe os resultados da busca. Buscando Keynes non/no/no Economics

obteranse resultados nos que apareza o primeiro termo e non o segundo.

Outros operadores: EXEMPLOS COA BSP

- Asterisco *: permite substituír caracteres na busca. Buscando econom* podería achegar

resultados cos termos: economía, economy, econometric …

- Interrogación ?: permite substituir un único carácter. Buscando businessm?n podería

achegar resultados cos termos businessman o businessmen.

- Aspas “...”: busca exactamente os caracteres contidos nas aspas. Buscando “Enterprise Risk

Management in Financial Crisis” obtéñense os resultados que conteñan exactamente esa

cadea de caracteres.

- cerca/cerca/near: permite buscar dous termos xuntos , pero a orde na que atope os

resultados é indiferente. Buscando López cerca García, devólveche autores que se apeliden

López García ou García López.

- Parénteses (...): emprégase para a realización de buscas complexas nas que se poden

empregar varios operadores. Buscando (financeira ou económica) e crise devólveche

resultados que conteñan os termos crise financeira ou crise económica.

Page 5: Fases da elaboración do TFG - USC...Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017 1 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais

Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017

5 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais 2017

C) Tesauro de la UNESCO

(campos de la educación, cultura, ciencias naturales,

ciencias sociales y humanas, comunicación e información.

Continuamente ampliada y actualizada, su terminología

multidisciplinaria refleja la evolución de los programas y

actividades de la UNESCO)

Tesauro UNESCO (ex. Capitalismo)

C) Google Scholar

• Atopar documentos académicos, resumos e citas

• Localizar documentos académicos a texto completo a través da túa biblioteca ou na rede

• Obter información acerca de documentos académicos chave nun campo de investigación

Ademais podes configurar:

- a lingua da interfaz e dos resultados da busca,

- o xeito en que desexas que che amose os resultados,

- para que mostre os enlaces ao texto completo proporcionado pola Biblioteca

da USC.

Ex.: capitalismo desigualdad; capitalismo –desigualdad; “capitalismo y

desigualdad”

3.2 Seleccionar as fontes

QUE NECESITAS?

QUE FONTE DE INFORMACIÓN

DEBES CONSULTAR?

ONDE PODES LOCALIZALA?

Obter un dato concreto para facer un traballo

Atlas

Biografías

Dicionarios Directorios

Enciclopedias

Estatísticas

Internet

Catálogo da biblioteca

Estantes de referencia das Salas de Lectura

Web da biblioteca

Buscadores da rede

EXEMPLOS BUSCA:

- Oxford English Dictionary

- INE (INEbase)/Eurostat (Data/Database)

Imaxe tomada de: http://blog-de-traduccion.trustedtranslations.com/wp-

content/uploads/2014/08/20535180.thb_-300x215.jpg

Page 6: Fases da elaboración do TFG - USC...Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017 1 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais

Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017

6 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais 2017

- Banco de datos mundial (países, temas, indicadores)

- SABI (informes de empresas; Viaqua)

- Buscador de Economía e Empresa (UDC) Busca por categorías ou no buscador. Busca recursos, non dentro dos contidos deses recursos. Funciona tamén como directorio

A visión xeral dun tema para facer un traballo de clase ou comezar unha investigación

Dicionarios Enciclopedias

Catálogo da Biblioteca

Estantes de referencia das Salas de Lectura

Web da biblioteca

Manuais xerais

Sitios web

Catálogo da Biblioteca

Bibliografías recomendadas

Web da biblioteca

Buscadores da rede

EXEMPLOS BUSCA:

Google académico (1º configurar, 2º Menú, busca avanzada)

BASE (Bielefeld University Library) Busca sencilla, Eurovoc (pero non refina resultados). Busca avanzada, refinar, ordenar resultados, historial de busca, gardar bucsa, rss) Browsing CDU

Un estudo en profundidade para unha investigación

Monografías ou libros

Catálogos de Biblioteca

Buscadores de libros electrónicos:

-Libros electrónicos da BUSC (Pórtico) (non busca nos contidos, só nos títulos)

- PreLo (busca avanzada, grupo de busca)

Teses (tesiñas, traballos Fin de Grao, ...)

Bases de datos e portais de teses a texto completo como:

Teses españolas a texto completo accesibles libremente en Internet: TESEO, TDR, MINERVA, Dialnet, Recolecta, etc,

Teses europeas: DART Europe (permite gardar rexistros e envialos ao email)

Teses mundiais: OATD (open Access Theses and Dissertations). Busca avanzada

Page 7: Fases da elaboración do TFG - USC...Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017 1 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais

Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017

7 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais 2017

EXEMPLOS BUSCA:

- Minerva, TFG e TFM

- Busca avanzada:

((capitalismo) AND (desigualdade))

((capital*) AND (desigual*) OR (politi*))

- Dialnet_Tesis (Total 124.214; USC 5872, 1371 a TC, 266 de CC Económicas)

o Por Universidade (con texto completo)

o Fecha despregrable (contén as palabras, título...)

(capital* AND desigual*) AND NOT (genero OR salud)

o Filtros

- Recolecta:

Busca avanzada (refinar, grabar, compartir; pero non exporta a Refworks)

Revistas, artigos de revistas e documentos de traballo

- En revistas electrónicas, a través do buscador de revistas electrónicas da BUSC (SFX). Busca revistas, non artigos!!

- En Pórtico, a través do localizador de artigos. Temos que ter algún dato

- En bases de datos, a través de reBUSCa.

EXEMPLOS BUSCA:

➢ Multidisciplinares: WoS, Scopus, Dialnet, REDIB...

➢ Economía e Empresa: BSP, Sabi, Econpapers (Repec; busca avanzada, mostrar vista previa ou listaxe, exportar, compartir...)

Page 8: Fases da elaboración do TFG - USC...Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017 1 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais

Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017

8 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais 2017

3.2.1 Chegar ao texto completo

SFX

O SFX é un resolvedor de enlaces que permite xestionar e integrar os recursos electrónicos

de información da Biblioteca. Esta ferramenta facilita os medios para obter o texto

completo, comprobando se a biblioteca dispón da versión impresa ou electrónica e, en caso

negativo, ofrecendo a posibilidade de solicitar o documento a través do servizo de préstamo

interbibliotecario.

Ademais, SFX permite consultar o factor de impacto das revistas, acceder á táboa de

contidos ou resumos, buscar outros documentos do autor, exportar citas a Refworks, etc.

Podemos acceder ao SFX desde Iacobus e desde Pórtico (reBUSCa).

Ver “Journal of nonparametric statistics” [1048-5252]

Servizo de Préstamo Interbibliotecario

Pódense solicitar, -en liña ou no mostrador do teu centro-, libros ou artigos de revistas non

existentes na colección da BUSC.

Page 9: Fases da elaboración do TFG - USC...Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017 1 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais

Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017

9 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais 2017

4) Avaliar e organizar a información atopada

4.1 Criterios de avaliación

- Autoría fiable: é imprescindible buscar datos sobre o autor ou editor no caso de que non o

coñezamos, para facer unha consideración axeitada da información que imos a empregar.

A fiabilidade dun autor pode vir determinada pola institución á que pertence ou pola fonte

na que publica (revista...).

- Obxectividade: é preciso discernir se a información coa que estamos a traballar responde

só á opinión sesgada dun autor, debemos comparar esa información con outras para ver se

se omiten datos que puideran ser relevantes, etc.

- Contido: debe axustarse ás necesidades do noso traballo. Se estamos a facer un traballo de

investigación, unha fonte moi xeral, como por exemplo un dicionario enciclopédico, non nos

resultará de utilidade mais que para buscar un concepto ou dato concreto.

- Estrutura da información: a información da fonte debe estar organizada de forma clara e

comprensible.

Tamén é importante comprobar que os documentos que empreguemos acheguen

bibliografía que permita valorar e criticar as conclusións ás que chegue o autor da fonte.

4.2 Ferramentas de avaliación

➢ Por autor: Google Académico ; Índice H (buscar a Vence Deza ou por materia CCSS-

Economia-USC), portais de investigadores como Researcher ID (de pago; ver Canay-Pazos

José-Raúl ) ou Academic Search

➢ Por documento: Tamén polas veces que é citado, para o que podemos consultar as bases

de datos ou buscadores que recollen as citas (WoS, Scopus, Google académico...).

➢ Por revista: de carácter cuantitativo: Impact Factor (ou Factor de Impacto, ou JCR), o

Scimago Journal Rank (SJR) , o SNIP; de caracter cualitativo: CIRC, Dialnet, Latindex, MIAR,

DICE

4.3 Ferramentas para a organización da información

4.3.1) Almacenar a información de forma ordenada

A) Gardar buscas e rexistros para consultar noutro momento

Na maioría das ferramentas de busca podemos gardar os rexistros bibliográficos obtidos e

mesmo envialos ao noso correo electrónico co obxectivo de facilitar o noso traballo e non ter

Page 10: Fases da elaboración do TFG - USC...Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017 1 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais

Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017

10 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais 2017

que buscar novamente cando xa atopamos un documento que nos interesa, nin ter que recordar

a estratexia de busca que empregamos.

IACOBUS

- Unha vez obtido o rexistro prememos en Gardar rexistros marcados

- Se queremos ver ou exportar os rexistros prememos en Ver/exportar gardados:

unha vez dentro desta opción sinalamos o correo electrónico, prememos enviar e

recibiremos unha mensaxe cos rexistros gardados

Ollo, podemos gardar rexistros pero para gardar as buscas temos que acceder ao

rexistro de usuario => copiar a estratexia para non perdela

Rexistro de usuario

- Para acceder só precisades introducir o voso nome e apelidos e número da TUI ou carné da

biblioteca

- Permite a consulta do estado dos vosos préstamos, renovación desde a web, modificación

dos datos persoais da vosa TUI / carné da biblioteca e ter un rexistro das vosas buscas

favoritas, así como crear listaxes e subscribirnos para recibir as novidades no correo-e.

▪ Buscas favoritas: podedes realizar buscas no catálogo e gardalas no voso rexistro de

usuario ou enviárvolas por correo electrónico BUSCAR x P. CLAVE:

((desigualdade or clase*)) and (social) and not (cris*) E GARDAR COMO BUSCA FAVORITA e

crear listaxe (detecta duplicados)

BSP

- Buscar por “Sony” en campo “Company entity”

- Buscar por “SWOT analysis” en “Texto completo”

- Historial de busca: seleccionar ambas buscas e premer en “buscar con AND”.

- Ver resultados, elixir algúns e gardar na carpeta: podemos imprimir, exportar, enviar por

correo...

- Desde o Historial tamén podemos gardar as buscas e crear alertas, pero para iso esixe ter

conta de usuario e rexistrarse

DIALNET

-Loguearse

-Buscar por “Capitalismo” e “Desigualdad”

-Gardar busca >> Nombre e frecuencia

Page 11: Fases da elaboración do TFG - USC...Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017 1 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais

Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017

11 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais 2017

-Ir a “Mis búsquedas”: Ver novedades (picar no título e ordenar por “Novedades en

Dialnet”), RSS, frecuencia o eliminar.

-Engadir referencias

B) Gardar páxinas web

➢ Favoritos

➢ Ref Grab-it (veremolo no apartado do Refworks)

C) Gardar documentos propios na web

➢ OneDrive (exemplo)

➢ Outros : Google Drive, Dropbox

D) Anotalo todo e levalo sempre contigo

➢ Evernote

E) Estar sempre informado

➢ Alertas Catálogo

➢ RSS (BSP, Google académico...)

4.3.2) Xestionar a bibliografía con Refworks

De pago Gratuíto

Funcionamento na nube Endnote

Refworks (USC)

CiteULike

Desktop + sincronización Zotero

Mendeley

Refworks (Titoriais en Rebusca)

Refworks é un xestor de referencias bibliográficas nunha contorna web, co que podemos crear

e xestionar a nosa propia base de datos bibliográfica, crear listas rápidas de bibliografías, inserir

citas dentro dos documentos e compartir rexistros ou cartafois con outros usuarios

Page 12: Fases da elaboración do TFG - USC...Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017 1 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais

Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017

12 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais 2017

Podes acceder desde o portal da BUSC, desde reBUSCa, ou desde a URL do xestor:

http://www.refworks.com/refworks

Unha vez accedas á plataforma, o primeiro que hai que facer é rexistrarse, é dicir, crear

unha conta de usuario, picando na opción "Crear cuenta", e introducindo o teu enderezo USC

(podes elixir a contrasinal que prefiras, pero o enderezo ten que ser o institucional). Recibirás

un correo electrónico cun enlace no que deberás picar para confirmar o teu rexistro. Este paso

debe facerse desde un ordenador do dominio usc (desde a Biblioteca, unha Aula de informática

ou o teu dispositivo conectado á rede Eduroam).

A continuación deberás cubrir os campos do formulario que aparece. Nas seguintes sesións

xa poderás introducir directamente o nome de usuario (correo USC) e contrasinal que elixiches

ao crear a conta, e poderás acceder desde calquera dispositivo con acceso a Internet.

Page 13: Fases da elaboración do TFG - USC...Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017 1 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais

Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017

13 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais 2017

A) Importación de referencias bibliográficas

As referencias engádense importándoas de forma directa ou creándoas de forma manual.

i) Importación directa

Save to Refworks

Imos ao menú de puntos e picamos en ”Ferramentas”:

Na listaxe de ferramentas aparecerá “Save to Refworks”. Picamos sobre ela e a

arrastramos co rato ata a barra do navegador, onde a soltaremos. Quedará engadida

coma se fose un dos nosos favoritos.

Para probalo podemos facer unha busca no catálogo por tema “Swap (finanzas)”.

Unha vez na pantalla onde se mostran as referencias, escollémolas todas e prememos

en “Save to Refworks”. Abrirase unha ventá lateral coas referencias (se non estamos

logueados, pedirannos identificación) na que podemos seleccionar o que queremos

importar.

Page 14: Fases da elaboración do TFG - USC...Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017 1 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais

Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017

14 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais 2017

Debemos ter en conta que se a busca ten moitos resultados, só se gardarán os da

primeira páxina. Se hai máis dunha páxina tedes que ir facendo este proceso dunha

nunha.

Se desde algún recurso non funciona este método, deberemos empregar a importación

desde un ficheiro.

Importación desde un ficheiro

- BSP

✓ Buscar un tema “swaps” (desmarcar Sugerir descriptores)

✓ Engadir os dous primeiros ao meu cartafol

✓ Abrir o meu cartafol e volver marcar os dous rexistros

✓ Dar a exportar

✓ Elixir Almacenar en Refworks mediante Direct Export e Gardar

- CSIC

✓ Elixir a base de datos do ISOC

✓ Ir a ISOC-Economía

✓ Buscar “swaps”

✓ Elixir os 3 primeiros

✓ Gardar selección

Page 15: Fases da elaboración do TFG - USC...Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017 1 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais

Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017

15 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais 2017

✓ Ir a Seleccionados>>Ver Seleccionados >>> Descargar resultados

✓ Exportar a Refworks

- DIALNET

✓ Buscar “swaps”

✓ Elixir os dous primeiros e picar en Selección>>Enviar/exportar Refworks

- Google Académico

✓ Ir a Configuración >> Resultados de búsqueda>>Gestor de

bibliografía>>Mostrar enlaces para importar citas e escoller Refworks e

premer en Guardar

✓ Buscar “swaps”

✓ Elixir unha entrada e premer en Importar al Refworks que xa aparece

debaixo (debemos ir 1 a 1)

- Catálogo da BUSC (importación desde arquivo de texto, xa que a BUSC non

dispón de exportación directa)

✓ Teclear como palabra crave “swaps”

✓ Elixir os dous primeiros resultados

✓ Gardar rexistros marcados

✓ Ver gardados

✓ Elixir Ednote/Refworks e disco local

✓ Enviar e gardar no escritorio

✓ En Refworks ir Importar

✓ Elixir filtro de importación (Innovative Interfaces: Ednote/Refworks format)

✓ Base de datos (Ednote/Refworks format)

✓ Importar datos do arquivo de texto: Examinar

✓ Importar

Page 16: Fases da elaboración do TFG - USC...Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017 1 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais

Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017

16 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais 2017

Page 17: Fases da elaboración do TFG - USC...Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017 1 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais

Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017

17 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais 2017

A última importación sempre aparece na icona do reloxo que dí “Último importado”

Page 18: Fases da elaboración do TFG - USC...Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017 1 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais

Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017

18 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais 2017

- Importación desde un catálogo en liña

EXEMPLO 1:

✓ Desde a pestana Buscar de Refworks seleccionar Buscar en bases de datos.

Eliximos o que nos interese e podemos buscar de forma simple ou avanzada,

daranos entón todas as referencias que atope baixo eses parámetros de

procura e poderemos importar de forma directa as referencias que nos

interesen.

✓ Elixir o catálogo de Library of Congress

✓ Procura avanzada: “swaps”

✓ Marcar as referencias que nos interesen e premer Importar

EXEMPLO 2:

✓ Elixir Universidade de Santiago de Compostela e buscar por autor ou título

(o resto non funciona). Desde aquí é unha importación directa e non de

arquivo de texto, como vimos ao facelo directamente desde o Catálogo da

BUSC.

ii) Creación de referencia de forma manual

- Podemos engadir referencias de artigos de revistas, libros, capítulos de libros,

teses, etc de forma manual.

- Premer no botón Nueva referencia >> Campos utilizados por (APA 6th ed) / Tipo

de referencia (segundo sexan os campos a cubrir serán diferentes). EXEMPLO:

Spektor, M. (2002). O Brasil e a Argentina entre a cordialidade oficial e o projeto

de integração. Revista Brasileira de Política Internacional, 45(1), 117-145..

Page 19: Fases da elaboración do TFG - USC...Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017 1 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais

Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017

19 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais 2017

B) Crear e compartir cartafois

i) Podemos crear cartafois en Añadir una Carpeta aos que daremos un nome, para ir

gardando as referencias. As referencias podémolas ir gardando de unha en unha, ou

varias a un tempo a opción Seleccionar todo. Unha vez elixidas as referencias a

gardar as arrastramos ao cartafol ao que queremos que vaian ou picamos na icona

da carpeta da marxe superior.

Page 20: Fases da elaboración do TFG - USC...Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017 1 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais

Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017

20 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais 2017

ii) As referencias pódense ordenar por distintos criterios (autor, anos de publicación,

título, etc.) e pódense ver con Vista uniforme, Vista de cita ou Vista completa.

Page 21: Fases da elaboración do TFG - USC...Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017 1 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais

Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017

21 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais 2017

iii) Tamén podemos organizar os cartafois picando sobre eles e picando no menú de

puntos, de forma que podamos renomealos, borralos (borra o cartafol non as

referencias) ou desocupalos (eliminando as referencias). Unha mesma referencia

pode estar en máis dun cartafol.

Para ver as referencias que están fóra dos cartafois picamos en “Todos los

documentos”.

Para compartir un cartafol picamos no menú de puntos e seleccionamos

“Compartir”, indicando o correo electrónico institucional da/s persoa/s coas que

queremos compartila, e os permisos que lle queremos outorgar.

Page 22: Fases da elaboración do TFG - USC...Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017 1 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais

Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017

22 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais 2017

C) Pestana Buscar

i) Permite buscar dentro das referencias que fomos engadindo na nosa base de datos.

Podemos facer unha procura avanzada e buscar de forma booleana (premer en‘’+

Añadir un campo’’ para introducir campos) por descritores, autores, publicación

periódica, ..., Tamén podemos elixir buscar en todas as referencias ou en

determinado cartafol (na primeira caixa de busca).

D) Crear Bibliografía

i) Crear lista de referencias

- Desde a carpeta para a que queremos crear a bibliografía, prememos no

símbolo “, e eliximos “Crear bibliografía”.

- Aparecerá alistaxe creada no formato que teña o Refworks por defecto, pero

que podemos cambialo polo da APA na frecha despregabre.

- Prememos en “Copiar en el portapapeles” e xa podemos pegar a listaxe no noso

documento.

Page 23: Fases da elaboración do TFG - USC...Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017 1 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais

Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017

23 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais 2017

E) Pestana Ferramentas

i) Write-N-Cite

- Deberedes seguir as instrucións que se indican na pantalla para instalalo. O

mellor é que peches calquera documento de Word co que esteas a traballar.

- A seguinte vez que abras o Word, pediráche que inicies sesión en Refworks, para

poder sincronizar o Write-N-Cite coa túa base de datos bibliográfica. Estes datos

almacenaranse, polo que nos chos volverá requerir (a non ser que os

modifiques, borres...). WnC aparecerá coma unha nova barra de ferramentas

no Microsoft Word, baixo o nome de “Refworks”.

Page 24: Fases da elaboración do TFG - USC...Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017 1 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais

Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017

24 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais 2017

- Abriremos o documento de Word co que esteamos a traballar e no lugar do

texto onde queiramos que apareza a referencia situaremos o cursor; iremos á

pestana “Refworks” e elixiremos a cita correspondente que queiramos

incorporar ao noso texto, faremos clic en Insertar cita e escollemos a que nos

interesa. Esta aparecerá automaticamente no noso texto co formato

correspondente.

- Unha vez incorporadas todas as citas que consideremos oportunas para o noso

traballo, desde este complemento de Word temos a posibilidade de Inserir

directamente a bibliografía, premendo en Opciones de bibliografía>> Inserir.

ii) Save to Refworks

Esta aplicación permite capturar información bibliográfica desde a web, ofrecendo a opción

de importar esa información á conta de Refworks.

Se a páxina Web contén un número ISBN, PubMed IDE ou DOI, esta ferramenta buscará

automaticamente diferentes recursos web para obter información adicional que poidan ser

de interese.

Ao utilizar este botón, abrirase automaticamente nunha nova xanela unha "páxina de

Refworks", amosando a información dese recurso , e dando a opción de elixir o que se quere

importar a Refworks.

Page 25: Fases da elaboración do TFG - USC...Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017 1 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais

Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017

25 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais 2017

As referencias importadas aparecerán na nosa carpeta de Último importado. Nos casos

en que sexa posible, importará tamén o texto completo do documento atopado na web.

5) Tratar a información

A. Evitar o plaxio. Pautas xerais da APA para citar.

B. Principais modelos de citas no texto.

MONOGRAFÍA - APA (6ª edición)

MODELO:

Apelido(s), Nome (iniciais). (Ano de publicación) Título do libro en cursiva. Lugar de

publicación: editorial

CITA DENTRO DO TRABALLO (Exemplo de cita indirecta dunha fonte de información):

Esta teoría (Sáez e Pareras, 2010) fala dun novo capitalismo centrado no cidadán e non

só nos beneficios.

REDACCIÓN REFERENCIA BIBLIOGRÁFICA:

Sáez, P. e Pareras, L. G. (2010). Capitalismo 2.0 : el poder del ciudadano para cambiar el

mundo. Barcelona: Plataforma editorial

Page 26: Fases da elaboración do TFG - USC...Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017 1 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais

Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017

26 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais 2017

ARTIGO DE REVISTA - APA (6ª edición)

MODELO:

Apelido(s), Nome (iniciais). (Ano de publicación). Título do artigo. Título da revista en

cursiva, volume da revista (número do fascículo entre parénteses), primeira

páxina-última páxina do artigo

CITA DENTRO DO TRABALLO (Cita coas palabras exactas dunha fonte de información):

‘’We are all connected. People, institutions, and corporations all need to embrace a

worldview that turns away from forms of thought marked by domination, empire, force,

and fear.” (Mayer, 2007, p. 240).

REDACCIÓN REFERENCIA BIBLIOGRÁFICA:

Meyer, D. (2007). Corporate Citizenship and Trustworthy Capitalism: Cocreating a

More Peaceful Planet. American Business Law Journal, 44(2), 237-286.

DOCUMENTO ELECTRÓNICO: LIBRO - APA (6ª edición)

MODELO: Apelido(s), Nome (iniciais). (Ano de publicación). Título do libro en cursiva.

Recuperado de: http://www.xxxxxxxxxx.yyy

CITA DENTRO DO TRABALLO: Esta teoría (Rubio Moreno, 2002) diferenza os sistemas de

prevención de riscos laborais segundo as diferentes estratexias de control e seguridade

da saúde no traballo.

REDACCIÓN REFERENCIA BIBLIOGRÁFICA: Rubio Moreno, J.C. (2002). Gestión de la

prevención de riesgos laborales. Recuperado de:

http://books.google.es/books?id=c_GaullyohIC&printsec=frontcover&hl=es&source=gbs

_ge_summary_r&cad=0#v=onepage&q&f=false

Ver outros formatos en http://www.normasapa.com

Page 27: Fases da elaboración do TFG - USC...Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017 1 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais

Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017

27 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais 2017

B. Ferramentas para inserir citas no teu TFG

➢Write In-Cite (xa visto no apartado de Refworks) ➢ Inserir citas desde Word (sen usar un xestor de referencias) ➢ Crear citas automaticamente e en liña: Citethisforme

6) Organizar e redactar o traballo

Page 28: Fases da elaboración do TFG - USC...Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017 1 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais

Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017

28 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais 2017

6.1 Ferramentas de axuda para definir a estrutura do noso TFG

> Normativa interna do centro (Capítulo 3, Características do TFG)

> Resumo dos requisitos formais dos TFG

> Modelos de documentos para traballos fin de grao e fin de máster do SNL da USC

> Criterios e explicación para a elaboación do Póster

> Plantilla para a elaboración do Póster

> Minerva (ver outros TFG)

6.2 Ferramentas de axuda para a redacción do noso TFG

> Cuestións lingüísticas:

· En galego: SNL da USC; Dicionario da RAG; Tradutor da Xunta; Tradutor de

documentos completos

· En calquera idioma: dicionarios, tradutores na web...

> Manuais de estilo:

· Facultad de Humanidades de Albacete. Libro de estilo. http://www.uco.es/webuco/buc/pdfdoc/librode_estilo.pdf

·Santamaría Pérez, MI. Técnicas de redacción y recomendaciones de estilo.

http://rua.ua.es/dspace/bitstream/10045/12853/8/TEMA_6%282%29.pdf