Evoluc humana apuntes 2011 12

6
A EVOLUCIÓN do SER HUMANO Tema 5 BIOLOXÍA 4º ESO – Curso 2011/12 CPR Mª Inmaculada - Verín Página 1 A evolución humana (ou hominización) explica o proceso de evolución biolóxica da especie humana dende os seus antecesores ata o estado actual. O estudo do devandito proceso require unha análise interdisciplinar na que se xunten coñecementos procedentes de ciencias como a xenética, a antropoloxía física, a paleontoloxía, a estratigrafía, a xeocronoloxía, a arqueoloxía e a lingüística. O termo humano, no contexto da súa evolución, refírese aos individuos do xénero Homo. Non obstante, os estudos da evolución humana inclúen outros homininos, como Ardipithecus, Australopithecus, etc. Os científicos estimaron que as liñas evolutivas dos seres humanos e dos chimpancés se separaron hai entre 5 e 7 millóns de anos. A partir desta separación a estirpe humana seguiu ramificándose orixinando novas especies, todas extintas actualmente a excepción do Homo sapiens. Retrocederemos no tempo ata os Primates, especie, que evolucionou ata unha nova, a especie HOMO, da cal tod@s nós descendemos. 1.- OS PRIMATES. a. ORIXE: Teríanse orixinado de antecesores insectívoros. Os estudos de reloxo molecular suxiren unha orixe a mediados do Cretácico hai aproximadamente 85 Ma. b. CARACTERÍSTICAS: As principais características anatómicas-funcionais que os diferencian do resto dos mamíferos son : Os ollos encóntranse situados moi próximos entre si, na parte dianteira da cara. A dentadura está composta por incisivos, caninos, premolares e molares. As mans son prénsiles, é dicir, poden asir obxectos. Os pés tamén son prénsiles, agás na especie humana. Visión a cor (na gran maioría das especies). Articulacións do ombreiro e do cóbado ben desenvolvidas. Hemisferios cerebrais ben desenvolvidos. c. ESPECIES IMPORTANTES: A especie mais antiga encontrada ata hoxe, que marca a diferenza entre primates e os primeiros homínidos é a Orrorin Tugenensis. É unha especie de homínido fósil encontrado en 2001 en Kenya, Para a comunidade antropolóxica resultou patente dende un primeiro momento que esta especie non correspondía ao xénero Homo . As datacións sitúan a Orrorin tugenensis en torno aos 6 Ma. A morfoloxía dos Orrorin era notablemente similar á dos actuais chimpancés, cunha importante diferenza: a lonxitude e forma do úmero e do fémur, así como a disposición da articulación coa pelve, evidencian que estes homínidos estaban capacitados para o andar bípede. Tiñan unha dieta principalmente herbívora e fruxívora, aínda que é moi probable que fosen omnívoros e obtivesen as súas proteínas alimentándose tamén de insectos. O xénero Orrorin é, posiblemente, un dos elos que derivou no ser humano actual (Homo sapiens).

Transcript of Evoluc humana apuntes 2011 12

Page 1: Evoluc humana apuntes 2011 12

A EVOLUCIÓN do SER HUMANO Tema 5 BIOLOXÍA 4º ESO – Curso 2011/12

CPR Mª Inmaculada - Verín Página 1

A evolución humana (ou hominización) explica o proceso de evolución biolóxica da especie humana dende os seus antecesores ata o estado actual. O estudo do devandito proceso require unha análise interdisciplinar na que se xunten coñecementos procedentes de ciencias como a xenética, a antropoloxía física, a paleontoloxía, a estratigrafía, a xeocronoloxía, a arqueoloxía e a lingüística.

O termo humano, no contexto da súa evolución, refírese aos individuos do xénero Homo. Non obstante, os estudos da evolución humana inclúen outros homininos, como Ardipithecus, Australopithecus, etc. Os científicos estimaron que as liñas evolutivas dos seres humanos e dos chimpancés se separaron hai entre 5 e 7 millóns de anos. A partir desta separación a estirpe humana seguiu ramificándose orixinando novas especies, todas extintas actualmente a excepción do Homo sapiens.

Retrocederemos no tempo ata os Primates, especie, que evolucionou ata unha nova, a especie HOMO, da cal tod@s nós descendemos.

1.- OS PRIMATES.

a. ORIXE: Teríanse orixinado de antecesores insectívoros. Os estudos de reloxo molecular suxiren unha orixe

a mediados do Cretácico hai aproximadamente 85 Ma.

b. CARACTERÍSTICAS: As principais características anatómicas-funcionais que os diferencian do resto

dos mamíferos son:

• Os ollos encóntranse situados moi próximos entre si, na parte dianteira da cara.

• A dentadura está composta por incisivos, caninos, premolares e molares.

• As mans son prénsiles, é dicir, poden asir obxectos. Os pés tamén son prénsiles, agás na

especie humana.

• Visión a cor (na gran maioría das especies).

• Articulacións do ombreiro e do cóbado ben desenvolvidas.

• Hemisferios cerebrais ben desenvolvidos.

c. ESPECIES IMPORTANTES: A especie mais antiga encontrada ata hoxe, que marca a diferenza entre

primates e os primeiros homínidos é a Orrorin Tugenensis . É unha especie de homínido fósil encontrado

en 2001 en Kenya , Para a comunidade antropolóxica resultou patente dende un primeiro momento que esta

especie non correspondía ao xénero Homo . As datacións sitúan a Orrorin tugenensis en torno aos 6 Ma.

A morfoloxía dos Orrorin era notablemente similar á dos actuais chimpancés, cunha importante diferenza: a

lonxitude e forma do úmero e do fémur, así como a disposición da articulación coa pelve, evidencian que

estes homínidos estaban capacitados para o andar bípede . Tiñan unha dieta principalmente herbívora e

fruxívora, aínda que é moi probable que fosen omnívoros e obtivesen as súas proteínas alimentándose

tamén de insectos.

O xénero Orrorin é, posiblemente , un dos elos que derivou no ser humano actual (Homo sapiens).

Page 2: Evoluc humana apuntes 2011 12

A EVOLUCIÓN do SER HUMANO Tema 5 BIOLOXÍA 4º ESO – Curso 2011/12

CPR Mª Inmaculada - Verín Página 2

2.- O BIPEDISMO

Algunhas adaptacións realizadas polo corpo humano dada a nova condición de camiñar ergueito, foron:

• Pelve máis curta e máis ancha.

• Columna vertebral curvada.

• Transformación considerable do pé.

• Dedo gordo do pé vólvese paralelo ao resto: en cambio é dedo do pé de Gorila é un órgano prénsil, o dedo

maior é oponible.

• Maior lonxitude das extremidades Inferiores.

• Menor lonxitude das extremidades Superiores.

Vantaxes do Bipedismo :

• Aumenta o raio visual..

• Libera as mans da función locomotriz.

• As mans liberadas asumen funcións de manipulación e carrexo (especialmente o polgar).

• A locomoción vólvese moito máis eficaz enerxeticamente a longo prazo (menor gasto enerxético para o corpo

en comparación a estar a trepar).

Desvantaxes do Bipedismo:

• Frea a velocidade.

• Limita a axilidade.

• Supón máis dificultades no parto ao aumentar a capacidade craniano.

3.- OS AUSTRALOPITHECUS.

É un xénero extinto de primates homínidos. Viviu en África dende fai algo máis de 4 Ma ata hai uns 2 Ma .

O tamaño do seu cerebro era similar ao dos grandes simios actuais. Entre o macho e a femia habería un marcado

dimorfismo sexual (diferenza de tamaño entre macho e femia). Vivían nas zonas tropicais de África, alimentándose de

froitas e follas. Existe consenso en que os australopithecus xogaron un papel esencial na evolución humana ao ser

unha das especies deste xénero que deu orixe ao xénero Homo en África.

A especie dos AUSTRALOPITHECUS, subdivídese en seis subespecies , entre as que destacamos:

Page 3: Evoluc humana apuntes 2011 12

A EVOLUCIÓN do SER HUMANO Tema 5 BIOLOXÍA 4º ESO – Curso 2011/12

CPR Mª Inmaculada - Verín Página 3

• Australopithecus anamensis (4,2 Ma): Descuberto ao norte de Kenya , este prehomínido tiña un

cranio e dentes mais parecidos aos primates que aos humanos, pero os seus ósos longos sitúanos xunto aos

humanos e fan pensar que eran de andar bípede.

• Australopithecus africanus (2,5 Ma): Tiña un cranio mais globular e un rostro e dentes menos

primitivos que os anteriores polo que se pensa podería ser un antepasado do xenero Homo.

• Australopithecus sediba (1.9 Ma): Tiña un cerebro moi pequeno e uns brazos moi longos, propios

dos australopitecos, pero tamén unha cara moi avanzada, cun nariz e dentes pequenos, unha pelve que lle

permitía camiñar ergueito e pernas longas. Púidose deducir que podía camiñar e posiblemente correr

como un humano . O seu polgar extralongo e os seus dedos fortes suxiren foi a primeira especie en

fabricar ferramentas, hai 1,9 Ma.

4.- O XÉNERO HOMO

Non se sabe con certeza que especie orixinou os primeiros membros do xénero Homo. Habitaron África

Oriental entre 2,5 e 1,8 Ma.

Entre as súas características anatómicas – funcionais , destacamos:

• Estatura e capacidade cranial sensiblemente superior á dos australopitecos.

• Rostro reducido en relación coa caixa cranial, co que o cranio se equilibra mellor sobre a columna

vertebral.

• Alongamento das extremidades inferiores.

• Reforzamento de codo e cabeza do fémur.

• Insercións fortes dos músculos da cadeira no fémur.

• Mans precisas e potentes .

Dentro do xénero HOMO podemos atopar 14 especies distintas , incluindo a nosa, o Homo Sapiens Sapiens.

Entre todas elas destacamos, as seguintes:

Page 4: Evoluc humana apuntes 2011 12

A EVOLUCIÓN do SER HUMANO Tema 5 BIOLOXÍA 4º ESO – Curso 2011/12

CPR Mª Inmaculada - Verín Página 4

• Homo habilis (1,6 Ma). Fósiles encontrados en Etiopía e Kenya . O seu nome significa "home

habilidoso" e fai referencia ao achado de instrumentos líticos probablemente confeccionados por este. Os

científicos concluíron que era capaz de prensión de agarre para realizar as manipulacións necesarias na

fabricación de utensilios de pedra; probablemente, era carnívoro oportunista . A posición bípede nas

femias provoca unha redución da pelve que ten como consecuencia un adianto dos partos o cal implica, un

maior tempo dedicada á crianza e así a necesidade de manter vínculos sociais fortes que

potencialmente coadxuvan ao desenvolvemento dunha cultura .

• Homo erectus (1,6 Ma. - 300.000 anos). Dentro desta especie encontramos unha serie de

subespecies (Ergaster, Rudolfensis, etc.. .). Unha delas seria a responsable da saída do ser

humano de África por primeira vez . Encontráronse fósiles de H. Erectus en África e sobre todo en

Asia ( China e Illa de Xava ).

Existen dous rexistros fósiles importantes, que nos axudan a establecer as características do H.

Erectus :

o Home de Xava (Homo erectus erectus -1,8 Ma), Foi o primeiro representante de Homo

erectus en ser descuberto. O home de Java posuía a porción do cerebro que controla a

linguaxe , aínda que se ignora se efectivamente falaba. O cerebro do home de Java era moito máis

grande e cun maior número de circunvolucións que o do calquera dos monos primitivos ou viventes.

Posiblemente desprazábase en pequenos grupos familiares, vivía en cavernas e cazaba nos

bosques.

o Home de Pekín (Homo erectus pekinensis - 500 000 e 250 000 anos). Propia de

China. O seu nome alude a que os seus restos fósiles se de scubriron o sueste de Beijing, nunha cova

da localidade de Zhoukoudian. Os restos foron encon trados entre 1921 e 1937.É especialmente popular

porque no momento do seu descubrimento foi consider ado o primeiro "elo perdido" que xustificaba a

teoría da evolución.O depósito de Zhoukoudian foi c atalogado como Patrimonio da Humanidade por

laUnesco dende o ano 1987.

Sábese que a súa capacidade craniano chegaba aos 1075 cc un 80% respecto da de Homo sapiens,

e que se trataba dun cazador recolector. O descubrimento de restos animais xunto aos ósos e a

evidencia do uso de lume , para combater o frío e para cociñar os alimentos, e de ferramentas de

óso e madeira, fabricadas con outras de pedra, serviu para apoiar a teoría de que o H. erectus foi a

primeira especie en facer lume (SEN CONFIRMAR).

Page 5: Evoluc humana apuntes 2011 12

A EVOLUCIÓN do SER HUMANO Tema 5 BIOLOXÍA 4º ESO – Curso 2011/12

CPR Mª Inmaculada - Verín Página 5

• Homo Antecessor (800.000 anos). É unha especie extinta pertencente ao xénero Homo,

considerada a especie homínida máis antiga de Europa . A definición desta especie é froito dos máis

de oitenta restos achados dende 1994 no nivel TD6 do depósito de Gran Dolina na Serra

de Atapuerca, serra de Burgos.

Mentres en Asia Homo Ergaster evolucionaba a Homo e rectus, en África seguiu un camiño

diferente pero evolutivamente paralelo, dando lugar esta nova especie; será unha especie

crucial, xa que será a que orixine definitivamente ao Homo sapiens.

Os homo antecessor eran individuos fortes, altos e con rostros de trazos modernos, cunha mandíbula

bastante parecida á do homo erectus. Non obstante, a orientación facial é moi parecida á do Homo sapiens.

En Atapuerca consérvanse pequenos ósos de ratiños e microscópicos grans do pole das plantas, que

permite saber que, o clima era húmido e cálido, con árbores mediterráneas (oliveira, alfarrobeira) e animais

como os topiños o castor..

Estes homínidos dedicábanse á recolección de vexetais e á caza menor. Para traballar usaban lanzas

sinxelos e pedras cortantes. Como non coñecía o lume comían a carne crua. Non vivían en covas

pero utilizábanas para estar gorecidos e para fabricar os seus utensilios.

• Home de Neandertal (230.000 ata 28.000 anos ). É unha especie extinta do xénero Homo que

habitou Europa e partes de Asia occidental. Nun período de aproximadamente 5.000 anos crese conviviu

paralelamente nos mesmos territorios europeos co Home de Cro-Magnon , primeiros homes modernos en

Europa.

Mentres o Homo sapiens evolucionou en África, dende onde migrou hai entre 100.000 e

60.000 anos cara ao resto do planeta, o home de Nea ndertal cre que descende

do Homo heidelbergensis. Estudos recientes indican que a súa orixe podería estar na

Península Ibérica.

Os neandertales foron unha especie ben adaptada ao frío extremo . Tiñan un cranio alongado e amplo,

baixa estatura e complexión robusta, e nariz amplo de aletas prominentes; trazos que denotan adaptación a

climas fríos, como se pode observar actualmente nas poboacións do Ártico. O seu cerebro era igual ou

mesmo máis grande que o dos homes modernos.

Os neandertales eran colleiteiros-cazadores, existindo probas de consumo de grandes animais, como os

mamuts. O canibalismo é algo probado en diferentes depósi tos neandertales . Os restos óseos

presentan marcas de corte realizadas con ferramentas de pedra, e están moi ben conservados por ser

eliminada dos seus ósos toda a carne. Non era un canibalismo antropofáxico, senón ritual , segundo

se cree.

Elaboraban tumbas para os seus mortos así como obxe ctos decorativos . Extinguíronse hai

aproximadamente 28.000 anos.

Page 6: Evoluc humana apuntes 2011 12

A EVOLUCIÓN do SER HUMANO Tema 5 BIOLOXÍA 4º ESO

CPR Mª Inmaculada - Verín

HOMO SAPIENS ( 260.000 anos aproximadamente:

Denomínanse propiamente Homo sapiens

similar á dos humanos modernos. Estes humanos poden clasificarse como premodernos,

observa aínda o conxunto de características dun cra nio moderno

fronte vertical. Considéranse dentro deste grupo aos restos de

Considéranse Homo sapiens

principais que definen os humanos modernos:

"comportamento moderno ".

Os restos máis antigos son os d

anos.

Esta antigüidade coincide co estimado para a

antecesora de todos os seres humanos actuais e da q ue se cre que viviu na África Oriental

(probable mente Tanzania) hai uns 200.000 anos.

Por outra parte, a liña patrilineal lévanos ata o

orixe para os humanos modernos na África subsaharia na e se lle calcula uns 140.000 anos

de antigüidade.

A EVOLUCIÓN do SER HUMANO Tema 5 BIOLOXÍA 4º ESO –

HOMO SAPIENS ( 260.000 anos – Actualidade) . A súa liña evolutiva, sería

Homo sapiens ou anatomicamente modernos a individuos cunha aparencia

similar á dos humanos modernos. Estes humanos poden clasificarse como premodernos,

observa aínda o conxunto de características dun cra nio moderno , case esférico, coa bóveda alta e a

fronte vertical. Considéranse dentro deste grupo aos restos de Florisbad en Sudáfrica (260.000 anos),

Homo sapiens sapiens de forma indiscutible aos que posúen as características

principais que definen os humanos modernos: a equiparidad anatómica coas poboacións humanas actuais e

Os restos máis antigos son os d os Homes de Kibish , encontrados en Etiopía con 195.000

antigüidade coincide co estimado para a Eva mitocondrial, a cal está considerada a

antecesora de todos os seres humanos actuais e da q ue se cre que viviu na África Oriental

mente Tanzania) hai uns 200.000 anos.

Por outra parte, a liña patrilineal lévanos ata o Adán cromosómico, quen nos confirma unha

orixe para os humanos modernos na África subsaharia na e se lle calcula uns 140.000 anos

– Curso 2011/12

Página 6

. A súa liña evolutiva, sería

ou anatomicamente modernos a individuos cunha aparencia

similar á dos humanos modernos. Estes humanos poden clasificarse como premodernos, pois neles non se

, case esférico, coa bóveda alta e a

en Sudáfrica (260.000 anos),

forma indiscutible aos que posúen as características

anatómica coas poboacións humanas actuais e o

, encontrados en Etiopía con 195.000

mitocondrial, a cal está considerada a

antecesora de todos os seres humanos actuais e da q ue se cre que viviu na África Oriental

cromosómico, quen nos confirma unha

orixe para os humanos modernos na África subsaharia na e se lle calcula uns 140.000 anos