Erros máis comúns

32
Erros máis comúns Escolle a opción máis correcta para as seguintes frases

description

Escolle a opción máis correcta para as seguintes frases. Erros máis comúns. Pregunta 1. a) Nicolás sempre axudaba os veciños. b) Nicolás sempre axudaba aos veciños. c) Nicolás sempre axudaba veciños. Resposta 1. A opción correcta é a B . b) Nicolás sempre axudaba aos veciños. - PowerPoint PPT Presentation

Transcript of Erros máis comúns

Page 1: Erros máis comúns

Erros máis comúns

Escolle a opción máis correcta para as seguintes frases

Page 2: Erros máis comúns

Pregunta 1

a) Nicolás sempre axudaba os veciños.

b) Nicolás sempre axudaba aos veciños.

c) Nicolás sempre axudaba veciños.

Page 3: Erros máis comúns

Resposta 1

A opción correcta é a B.

b) Nicolás sempre axudaba aos veciños.

O verbo axudar vai acompañado da preposición a. A súa vez o artigo determinado os (ex: os veciños)

contrae con esta preposición en aos.

Page 4: Erros máis comúns

Pregunta 2

a) O seguinte día, cando as nenas se espertaron, atoparon as moedas.

b) Ao seguinte día, cando as nenas se espertaron, atoparon as moedas.

c) Ao día seguinte, cando as nenas espertaron, atoparon as moedas.

Page 5: Erros máis comúns

Resposta 2

A opción correcta é a C.

c) Ao día seguinte, cando as nenas espertaron, atoparon as moedas.

De novo, preposición a + artigo determinado o = ao. Resulta máis natural a orde nome + adxectivo: día

seguinte. Ao revés, ten usos literarios: branca neve, escura noite...

Hai moitos verbos que en castelán funcionan como pronominais, pero en galego non. Espertar é un deles.

Page 6: Erros máis comúns

Pregunta 3

a) ¡Qué milagre! ¡Non vas crer!

b) Que milagre! Non o vas crer!

c) Qué milagre! Non o vas creer!

d) Qué milagre! Non o vas a creer!

Page 7: Erros máis comúns

Resposta 3

A opción correcta é a B.

b) Que milagre! Non o vas crer!

En galego non se empregan os signos de exclamación e interrogación de apertura.

Tampouco se acentúan as formas dos interrogativos e exclamativos (que, cando, onde, canto...)

A forma correcta en galego é crer (NON creer) e trátase dun verbo transitivo, iso é, precisa dun obxecto directo (o).

Page 8: Erros máis comúns

Pregunta 4

a) Pero, os anos pasaban e Sán Nicolas facíase máis e máis vello.

b) Pero os anos pasaban e San Nicolás facíase máis e máis vello.

c) Pero os anos pasaban e Sán Nicolás facíase máis e máis bello.

Page 9: Erros máis comúns

Resposta 4

A opción correcta é a B.

b) Pero os anos pasaban e San Nicolás facíase máis e máis vello.

San:

1. Forma abreviada de santo, que se utiliza diante dos nomes propios que comezan por consoante. Ex: San Nicolás PERO Santo Estevo.

2. De boa saúde, libre de enfermidade.

Vello: de moita idade.

Na acepción de fermoso, agradable á vista sería: belo NON bello, como en castelán.

Page 10: Erros máis comúns

Pregunta 5

a) Como foron pobres, os agasallos foron as noces, as manzás, os doces...

b) Como foron pobres, os agasallos eran noces, mazás, doces...

c) Como eran pobres, os agasallos eran noces, mazás, doces...

Page 11: Erros máis comúns

Resposta 5

A opción correcta é a C.

c) Como eran pobres, os agasallos eran noces, mazás, doces...

Emprégase o copretérito (eran) pois fala de calidades no pasado e non de accións puntuais (VER pretérito).

A forma correcta é mazá NON manzá. Non empregamos os artigos: as noces, as

mazás...porque falamos en xeral.

Page 12: Erros máis comúns

Pregunta 6

Sinala os erros na seguinte oración:

Como era unha covarde, en vez de arranqueilla o pelo ou tirei area na cara, só me botou a chorar.

Page 13: Erros máis comúns

Resposta 6

Como era unha covarde, en vez de tirarlle do pelo ou tirarlle area na cara, só me botei a chorar.

O principal erro está no verbo: botei é 1ª persoa fronte a botou, 3ª persoa.

Botar + a + infinitivo: comezo de acción. En vez de + infinitivo Léxico: arrancar o pelo vs. tirar do pelo

Page 14: Erros máis comúns

Pregunta 7

Sinala os erros na seguinte oración:

Tes que ver o que hicía Josip.

Page 15: Erros máis comúns

Resposta 7

Tes que ver o que fixo Josip.

O erro está no verbo, que ademais de ser un castelanismo (hacer), está nun tempo verbal incorrecto: hicía* = facía, copretérito.

Como a acción xa está rematada: PRETÉRITO > fixo.

Page 16: Erros máis comúns

Pregunta 8

Sinala os erros na seguinte oración:

Tía Olga sempre apestaba de té de macela e de zapatillas.

Page 17: Erros máis comúns

Resposta 8

Tía Olga sempre apestaba a té de macela e a zapatillas.

O verbo apestar rixe a preposición a. Mellora léxica: apestaba a macela.

Adoitamos falar de infusión de macela ou macela pero non de té.

Page 18: Erros máis comúns

Pregunta 9

Sinala os erros na seguinte oración:

Ela viño só para ver se hai sangue.

Page 19: Erros máis comúns

Resposta 9

Ela só veu para ver se había sangue.

O principal erro está na 3ª persoa de pretérito do verbo vir: veu NON viño*.

Incoherencia entre tempos verbais: pasado/presente.

Mellora: colocación do adverbio só antes do verbo = énfase.

Page 20: Erros máis comúns

Pregunta 10

Sinala os erros na seguinte oración:

Unha vez empurrouna, ela caeu, rompeu a man e polo xeso non podía ir á praia en todo o verán.

Page 21: Erros máis comúns

Resposta 10

Unha vez empurrouna, ela caeu, rompeu a man e polo xeso non puido ir á praia en todo o verán.

Acción rematada no pasado: PRETÉRITO. Mellora: por mor do/por causa do/ debido ao

xeso.

Page 22: Erros máis comúns

Pregunta 11

Sinala os erros na seguinte oración:

Nunha pequena aldea foron pequenas casiñas naquelas vivan nenos coas pantuflas nos seus pes.

Page 23: Erros máis comúns

Resposta 11

Nunha pequena aldea había pequenas casiñas nas que vivían nenos con pantuflas nos seus pés.

Page 24: Erros máis comúns

Pregunta 12

Sinala os erros na seguinte oración:

O día seguinte solian buscarlas debaixo da mesa, detras da estufa, na escaleira, no peto do ábrigo do pai e despois dunha longa investigación solen encontrar unha pantufla na cociña e outra no cuarto.

Page 25: Erros máis comúns

Resposta 12

Ao día seguinte adoitaban buscalas debaixo da mesa, detrás da estufa, na escaleira, no peto do abrigo do pai e despois dunha longa investigación adoitaban encontrar unha pantufla na cociña e outra no cuarto.

Page 26: Erros máis comúns

Pregunta 13

Sinala os erros no seguinte diálogo:

— Mama, ¿onde están as miñas pantuflas? —preguntoulle.

— Se non as gardaches onte, as llevó a Gata. —respondeulle a nai.

Page 27: Erros máis comúns

Resposta 13

— Mamá, onde están as miñas pantuflas? —preguntoulle.

— Se non as gardaches onte, levounas a Gata. —respondeulle a nai.

Page 28: Erros máis comúns

Pregunta 14

Sinala os erros na seguinte oración:

As ventás estaban cheas das rosas e na porta era un sinal.

Page 29: Erros máis comúns

Resposta 14

As ventás estaban cheas de rosas e na porta había un sinal.

Page 30: Erros máis comúns

Pregunta 15

Sinala os erros na seguinte oración:

Isto escoitaron otros nenos tamén, se giraros e pediron: ¡A min tamén!

Page 31: Erros máis comúns

Resposta 15

Outros nenos escoitaron tamén isto, xirarónse/virarónse e pediron: A min tamén!

Page 32: Erros máis comúns

Completa cos verbos SER ou ESTAR:

- Elas __________ de Croacia.

- Nós __________ na Universidade.

- A miña irmá __________ moi guapa.

- De onde _________ vostede?

- (Eu) hoxe _________ moi cansado.

- Polo momento _________ traballando nunha oficina.

- Antón _______ deitado na cama porque non se atopa ben.