Diagrama de 4 cuadrantes de S. Covey - Xestión do tempo.
Click here to load reader
-
Upload
telecocurso1 -
Category
Education
-
view
277 -
download
5
description
Transcript of Diagrama de 4 cuadrantes de S. Covey - Xestión do tempo.
Diagramas de CoveyDiagramas de Covey
Ferramenta de xestión do tempo para clasificar tarefas
Criterio de clasificaciónCriterio de clasificaciónTemos dous eixos:
● Eixo da urxencia: situacións que teñen control sobre nós, esixen acción inmediata e deternos noutras actividades. Exemplos: unha chamada telefónica, un extenso traballo sen facer con data de entrega mañá...
● Eixo da importancia: relativo aos resultados, unha tarefa é importante se o seu cumprimento aporta algo á nosa misión, aos nosos valores ou metas. Exemplo: un exame final, unha entrevista de traballo, etc...
Combinando ámbolos dous, temos catro cadrantes, ímolos ver un a un.
Cuadrante 1 – Importante e urxenteCuadrante 1 – Importante e urxente● Crises, problemas e imprevistos que impiden continuar con normalidade as nosas tarefas.
● Traballos feitos a última hora.
● Problemas graves.
Este tipo de situacións agotan e e consumen a moitas persoas. É coma enfrontarse ao oleaxe, non hai xeito de vencer. Vivir neste cuadrante xera estrés e a longo prazo empeora a calidade das nosas solucións e confúndenos.
Cuadrante II – Importante e non urxente
Cuadrante II – Importante e non urxente
● Prevención e planificación.
● Construción de relacións sociais.
● Recoñecer novas oportunidades.
Canto máis sexamos capaces de situarnos no noso día a día neste cuadrante, máis metas veranse cumpridas, sen estrés e realizarémonos coma persoas. Estamos a falar de accións relativas a obxectivos a medio e longo prazo que nos benefician. Exercicio físico, relacións sociais, planificación de traballo, etc... todo o que sabemos que “se ten que facer”, pero que se pospón a miúdo pola falta de urxencia.
Cuadrante III – Non importante e urxente
Cuadrante III – Non importante e urxente
● Chamadas, interrupcións, correos, reunións...
● Peticións doutras persoas cuxo cumprimento non nos beneficia directamente.
O interesado adoita ser un terceiro ou varios que pretenden que deixemos a un carón os nosos plans para dedicarnos a satisfacer unha necesidade que non ten necesariamente que ser nosa.
Sempre que sexa posible, hai que delegar (isto é, encargar a outra persoa unha tarefa) nalgunha persoa máis capacitada ou que teña máis interese pola actividade.
Cuadrante IV – Non importante e non urxente
Cuadrante IV – Non importante e non urxente
● “Perder o tempo, desconectar”.
● Algunhas chamadas telefónicas, cartas, correos.
● Actividades agradables.
Se ben disfrutamos ao facer este tipo de actividades, nos relaxamos, etc... temos que ter en conta que durante este tempo non estamos a ser productivos. Cómpre non excederse ou, por unha parte non cumpriremos os nosos obxectivos ou, por outra, acumularemos tarefas urxentes que puideron non selo.
4 cuadrantes para clasificar4 cuadrantes para clasificar
Exercicio propostoExercicio proposto
Clasifica as seguintes tarefas por cuadrantes:● Pasóusenos facer a declaración da renta e temos que pedir cita o antes
posible, pois o prazo vai pechar en breves.
● Xogar a un videoxogo ou ver unha película, voluntariamente.
● Estudiar inglés en vías de obter un título acreditativo.
● Imprimirlle un papel ao teu xefe.
● Explicarlle a un compañeiro o que vai caer no exame de mañá porque faltou a clase.
● Planificar un horario de estudo e realización de exercicios dunha materia complicada.
● Evacuar un edifico por risco de incendio.
● “Whatsappear”.
Solución do exercicio:Solución do exercicio:
● Cuadrante I: renta e incendio.
● Cuadrante II: inglés e horario de estudo.
● Cuadrante III: xefe e compañeiro.
● Cuadrante IV: videoxogo/peli e Whatsapp.
VídeoVídeo
● http://www.youtube.com/watch?v=ODyG5lKbH08
Como se di ao final do vídeo, “converte o importante e non urxente en urxente”, mediante a planificación e o establecemento dunha data máxima para o cumprimento dunha tarefa.
ReferenciasReferencias
● Covey, S. R. “Los 7 hábitos de la gente altamente efectiva” 1989