Los niños, el miedo y los cuentos: como contar cuentos que curan
Como contar
-
Upload
trafegandoronseis -
Category
Education
-
view
249 -
download
5
description
Transcript of Como contar
Introdución
Unha característica dos corpos a través da cal podemos establecer
comparacións entre eles chámase magnitude.
En Galicia, dende hai moito tempo, a xente empregou e segue a empregar
moitas unidades para medir as distintas magnitudes. Como sucedía en moitos outros puntos de Europa, estes
sistemas tradicionais tiñan moitas variacións locais e rexionais.
LonxitudeBraza
Extensión dos brazos abertos. Usábase
para medir profundidades. Varía segundo a persoa
que mide.
Pé ou Tercia
Equivale á medida do pé. Varía, pero son máis ou menos 12 pulgadas.
Lonxitude Vara
Fai referencia a un obxecto de madeira empregado como
medida. En Redondela dicían que
era a altura dun home co brazo
levantado.
Milla
Empregábase no mundo do mar, e aínda se usa en moitos países.
Equivale a 1852 metros.
Dela deriva o nó.
Lonxitude Polgada
Medida do dedo polgar dobrado. A tradución a cm é variable ao depender da lonxitude do dedo de cada persoa.
Furco
Extensión dende o polgar ao dedo índice. Tamén depende da lonxitude do dedo de cada persoa.
Lonxitude Palmo ou cuarta
Lonxitude que vai dende o dedo
maimiño ao polgar.
Equivale a 9
polgadas.
Paso ou zancada
Distancia que hai entre os dous pés separados. Non
ten un valor exacto.
Superficie Fanega
Empregábase para
medir grandes extensións de
terreo.
Equivale a 2.103 metros
cadrados. Agrúpanse de 24
en 24.
Copelo
Utilizábase na provincia de
Ourense, aínda na actualidade se usa en Celanova.
Equivale a 21
metros cadrados.
Superficie Vara
Emprégase só en Carnota. Equivalía a 2 m².
Tamén existe a vara lonxitudinal.
CuartilloÉ a vintecatroava
parte do ferrado. A equivalencia é
variable, pois este varía en cada
Concello.
SuperficieFerrado
Úsase fundamentalmente na agricultura.
Tamén recibe este nome
unha medida de capacidade, pero como medida de
superficie anda arredor dos 500 m2.
Varía moito segundo as diferentes zonas
do país. Por exemplo, en Silleda equivale a 536
metros cadrados.
Tempo Sorte
En zonas de regadío en Ourense dividíase o día en seis sortes (catro de día e dúas
de noite) que marcaban os turnos
de rega. En
promedio equivalía a 6 horas nas nocturnas
e tres nas diurnas (aínda que variaba ao longo do ano).
2 Sortes de 6 horas
4 Sortes de 3 horas
Contaxe Manda
Equivale a 4 pezas de froita.
No mundo do mar empregábase tamén para contar as sardiñas. 25 mandas = 1 cento.
DuciaSignifica doce, e séguese usando para contar os
ovos, entre outros.No mar tiña valores
variables, por exemplo, na Coruña era 29.
Contaxe Quiñón
No mundo do mar era a parte dos beneficios
da pesca que lle correspondía a cada
mariñeiro. Na arte do cerco era a unha peza de 10 ou 40 metros de rede.
VaretaNas factorías de salga de sardiña contábase por
varetas, uns arames onde se ensarillaban unha vez
sacadas da salmoira.
Cada unha levaba 25 exemplares.
Contaxe Medida
Empregada para contar peixes de
pequeno tamaño. Era moi
variable, e segundo os lugares había
equivalencias como 1
medida = 700 mandas.
RixeloNas zonas de pastoreo servía para contar as unidades animal-día que o pastor tiña a
cargo. O pastor recibía un
día de manutención por cada 7 rixelos.
PesoLibra
Equivale aproximadamente a medio quilo.
OnzaEquivale aproximadamente a 25
gramos.
QuintalEquivale aproximadamente a 40-
50 Kg.
Capacidade Cuartillo
Equivale a 1/4 de litro, agás nas Rías Baixas, que valía
medio.
Neto
É o equivalente a medio litro, ou o
que é o mesmo, 2 cuartillos.
Capacidade Azumbre
Aproximadamente, é o equivalente a
dous litros.
Cuartilla
É o equivalente a 4 litros, ou o que é o
mesmo, 2 azumbres.
Capacidade Canada
É moi variable. Equivale a oito
litros, pero nalgúns lugares cinco ou
seis litros.
Cántaro ou ola
Medida de capacidade usada
para o viño, aceite…
Equivale a dezaseis litros.
Capacidade Cabazo
En Redondela é igual a 20 litros, pero
nos concellos limítrofes poden ser
16 ou 14 litros.
SellaÉ moi irregular.
Pode variar dende os cinco e seis
litros ata chegar aos quince litros.
Capacidade
Ferrado
Empregado para medir o gran.
Recibe este nome porque o recipiente de madeira empregado como medida ten os cantos reforzados de ferro. Varía entre os 12 Kg e os 20 kg segundo a clase de gran. Ten o mesmo nome ca o ferrado de superficie debido á
coincidencia entre gran e terreo plantado.
Capacidade Cunca
Dezaseisava parte dun ferrado.Cuarto
Cuarta parte dun ferrado ou 4 cuncas.
EscaMedio ferrado ou dous
cuartos.
..
FINFIN