Clases de cooperativas
Click here to load reader
-
Upload
sergio-artime -
Category
Documents
-
view
221 -
download
1
description
Transcript of Clases de cooperativas
CLASES DE COOPERATIVAS
As cooperativas poden clasificarse en dous tipos:
-COOPERATIVAS DE PRIMEIRO GRAO: Cando os socios da cooperativa son
persoas físicas ou xurídicas. Estas poden ser de traballo asociado, de consumidores e
usuarios, de vivendas, agrarias........
-COOPERATIVAS DE SEGUNDO OU ULTERIOR GRAO: Cando están constituídas por
dúas o máis cooperativas da mesma o distinta clase. O seu obxecto é promover,
coordinar e desenvolver fins económicos comúns das súas entidades membro e reforzar
ou integrar a súa actividade económica.
Dentro das cooperativas de primeiro grao, podemos encontrar as seguintes:
� Cooperativas de traballo asociado
� Cooperativas agrarias
� Cooperativas de explotación comunitaria da terra.
� Cooperativas de consumidores e usuarios
� Cooperativas de servizos
� Cooperativas de transportistas
� Cooperativas do mar
� Cooperativas de explotación dos recursos acuícolas
� Cooperativas de vivendas
� Cooperativas de ensino
� Cooperativas de integración social
� Cooperativas de servizos sociais
� Cooperativas de crédito
� Cooperativas de seguros
� Cooperativas sanitarias
COOPERATIVAS DE TRABALLO ASOCIADO A prestación do traballo das persoas socias, proporcionándolles emprego, para producir
en común bens e servizos para terceiros. Pódese constituír e funcionar con 3 socios/as
(persoas naturais).
COOPERATIVAS AGRARIAS Integran titulares de explotacións agrícolas, gandeiras ou forestais. Teñen por obxecto:
realizar operacións encamiñadas ao mellor aproveitamento das explotacións dos/as
socios/as e á mellora da poboación agraria e do desenvolvemento do medio rural, así
como atender a outro fin ou servizo propio da actividade agrícola, gandeira ou forestal,
ou relacionada directamente con elas.
COOPERATIVAS DE EXPLOTACIÓN COMUNITARIA DA TERRA Asocian titulares de dereitos de usos e aproveitamento de bens susceptibles de
explotación agraria, que os ceden á cooperativa e que prestan ou non o seu traballo nela
e tamén aos que, sen ceder en ningún dereito de aproveitamento, van traballar nesta.
O obxecto é o de xestionar unha única empresa ou explotación agraria en que tamén
poderán integrarse os bens que posúa a cooperativa. Poderán desenvolver calquera
actividade dirixida ao cumprimento do seu obxecto social: as dedicadas á obtención de
produtos agrarios, as preparatorias delas, as de recolección, almacenamento,
tipificación, transporte, distribución e venda por xunto ou directamente ao consumidor
dos produtos da súa explotación e, en xeral, todas as propias da actividade agraria.
COOPERATIVAS DE CONSUMIDORES E USUARIOS O seu obxecto é procurar bens e servizos para o consumo dos seus socios e dos
familiares que convivan con eles, producindo os bens e servizos que proporcionen ou
adquiríndollos a terceiros, así como defender e promocionar os dereitos das persoas
consumidoras e dos usuarios/as
Poden ser socios/as as persoas físicas e xurídicas e as entidades ou organización de
consumidores/as que sexan destinatarios/as finais.
COOPERATIVAS DE SERVIZO O obxecto consiste en prestar subministracións e servizos, e realizar operacións
encamiñadas á mellora económica e técnica das actividades profesionais ou
explotacións dos/as socios/as.
Están integradas por persoas físicas ou xurídicas, titulares de actividades
industriais ou de servizos e profesionais e artistas que exerzan a súa actividade por conta
propia.
COOPERATIVAS DE TRANSPORTISTAS Este tipo de cooperativas tratan de organizar e/ou prestar servizos de transporte ou
realizar actividades que o fagan posible.
Asocian titulares de empresas do transporte ou profesionais que poidan exercer, en
calquera ámbito, a actividade do transporte.
COOPERATIVAS DO MAR Tratan de prestar subministracións e servizos, e realizar operacións encamiñadas
á mellora económica e técnica das actividades profesionais ou explotacións dedicadas a
actividades pesqueiras, de industria marítimo-pesqueiras, marisqueo, acuicultura e
derivadas, nas súas diferentes modalidades de mar, rías, ríos, lagos e lagoas, e a
profesionais destas actividades.
COOPERATIVAS DE EXPLOTACIÓN DOS RECURSOS ACUÍCOLAS Asocian titulares de dereitos de uso e aproveitamento de bens e a quen posúe títulos
administrativos que o/a habilitan, relacionados co exercicio de actividades de
explotación dos recursos acuícolas, que os acheguen total ou parcialmente á
cooperativa, e os/as que non teñen título ou dereito pero que traballarán nela, para
xestionar unha empresa en que poderán integrarse os bens e dereitos con que conta a
cooperativa.
Poden ser socias as confrarías de pescadores e as administracións ou os entes públicos.
Poden desenvolver calquera actividade dirixida á explotación dos recursos acuícolas,
tanto as dedicadas a obter os seus produtos e derivados como as preparatorias, de
extracción, almacenamento, distribución, transporte e venda, por xunto ou directamente
ao consumidor e, en xeral, todas as propias da actividade.
COOPERATIVAS DE VIVENDAS
O obxecto é procurar vivendas e/ou locais para os/as asociados/as, edificacións e
instalacións complementarias e a rehabilitación de vivendas, locais, elementos, zonas,
edificacións e instalacións complementarias.
Están constituídas, principalmente, por persoas físicas. Tamén poden ser socios/as os
entes públicos, os entes sen ánimo de lucro e as cooperativas.
COOPERATIVAS DE ENSINO Especialízanse en desenvolver actividades docentes nos distintos niveis e
modalidades; poden realizar actividades conexas ou que faciliten o seu obxecto
principal.
Están compostas por profesorado e demais profesionais do ensino e mais por persoal de
administración e servizos.
COOPERATIVAS DE INTEGRACIÓN SOCIAL
Están constituídas por persoas naturais, principalmente por discapacitados/as
físicos/as, psíquicos/as sensoriais ou outros colectivos con dificultades de integración
social, os seus titores/as ou persoal de atención
O obxecto é proporcionarlles aos seus socios ou ás súas socias bens e servizos de
consumo xeral ou específicos para a subsistencia e o desenvolvemento e organizar,
canalizar, promover e comercializar produtos e servizos do traballo dos/as socios/as ou
outros de tipo terapéutico, residencial, deportivo ou asistencial necesarios para o seu
desenvolvemento, asistencia e integración social. A súa finalidade é promover a
integración social.
COOPERATIVAS DE SERVIZOS SOCIAIS Prestan todo tipo de actividades e servizos sociais, públicos ou privados.
Socios/as: as administracións ou as entidades públicas, así como os axentes sociais
colaboradores na prestación de servizos sociais.
COOPERATIVAS DE CRÉDITO Obxecto: Servir as necesidades financeiras activas e pasivas dos seus socio/as e
terceiros, exercendo as actividades e os servizos propios das entidades de crédito.
COOPERATIVAS DE SEGUROS As que, de acordo coa normativas ordenadora do seguro privado, exercen a actividade
aseguradora en calquera das súas ramas. Poderán organizarse e funcionar como
entidades a prima fixa ou a prima variable.
COOPERATIVAS SANITARIAS Obxecto: Desenvolver actividades sanitarias nas súas distintas modalidades de seguros a
prima fixa (a súa actividade consistirá en cubrir, a prima fixa, riscos relativos á saúde
das persoas aseguradas e dos beneficiarios/as destes), de traballo asociado (formadas
por profesionais da saúde e persoal non sanitario) ou de consumidores e usuarios
(integradas por persoas físicas e xurídicas para prestarlles asistencia sanitaria aos seus
socios/as, familiares e traballadores/as, a través de establecementos sanitarios).
Poden realizar, con carácter complementario, actividades conexas ou que faciliten o seu
obxectivo principal.
COOPERATIVAS ACTIVAS EN GALICIA (SETEMBRO 2010) • Cooperativas de traballo asociado.............................510
• Cooperativas agrarias.................................................343
• Cooperativas explot. da terra........................................41
• Cooperativas de vivenda...............................................91
• Cooperativas de transporte...........................................40
• Cooperativas de servizos..............................................31
• Cooperativas do mar.....................................................20
• Cooperativas de 2º grao................................................12
• Cooperativas de consumidores e usuarios....................17
• Cooperativas de ensino.................................................11
• Cooperativas de crédito................................................. 1
• Outras cooperativas......................................................15
TOTAL..........................................................................1.132