ceesg boletín do...2009/06/28  · cación Social das Universidades de Santiago de Com-postela e de...

4
Nº 28 | Xuño de 2009 | Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia boletín do ceesg xuño

Transcript of ceesg boletín do...2009/06/28  · cación Social das Universidades de Santiago de Com-postela e de...

Page 1: ceesg boletín do...2009/06/28  · cación Social das Universidades de Santiago de Com-postela e de Vigo (Campus de Ourense)os días 1 de xuño e 3 de xuño, realizadas respectivamente

Nº 28 | Xuño de 2009 | Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia

bole

tín

do ceesg

xuño

Page 2: ceesg boletín do...2009/06/28  · cación Social das Universidades de Santiago de Com-postela e de Vigo (Campus de Ourense)os días 1 de xuño e 3 de xuño, realizadas respectivamente

O TEMA DO MES

CARTA ABERTA Benqueridas todas, benqueridos todos:

Tempo atrás, neste mesmo boletín, dúas persoas, dúas profesionais, tomaban este es-pazo de reflexión para intercambiar os seus pareceres, observacións e perspectivas so-bre o estado da profesión que colectivamen-te vivenciamos, practicamos e construímos. Máis concretamente, facían emerxer algunhas das problemáticas que, dun xeito ou doutro, sempre teñen sido motivo de preocupación, dende as condicións laborais e salariais, ata o que ten que ver co desenvol-vemento e recoñecemento profesional de cadaquén, en particular, e de toda a comuni-dade educativa, en conxunto.

Ao retomar esta troca de argumentacións, case que en primeira instancia todo ha de comezar por dar a benvida a un debate que posiblemente sexa e deba ser inesgotable, se realmente acreditamos que compartimos a vontade de querer mellorar as realidades da nosa profesión. Para alén das alternativas que poidan propoñerse con ese sentido de mellora, pode que todas as diferenzas teñan a súa converxencia no desexo de darnos a posibilidade de edificar e dignificar unha pro-fesión que teñamos motivos para valorar.

Certamente, as motivacións poden atoparse en moi distintas fontes. Hainos que valoran a compoñente científica e tecnolóxica do seu quefacer. Hainos que acentúan a dimensión humana e social. Tamén están aqueles que se preocupan sobre todo polas facetas organi-zativas e colexiadas. E, sen que isto responda a ningunha clasificación exhaustiva, podemos incluír tamén aquí aos máis avezados nas re-lacións políticas e institucionais. Por descon-tado, ningún destes perfís é alleo aos outros, e de feito todos conviven e habitan na identi-dade profesional de cadaquén. Con todo, hai que insistir unha vez máis nas virtudes que presenta unha profesión tan plural canto di-versa, que vén presentando unha enorme capacidade de arrodear os seus fíos condu-

tores de cantas achegas tratan de mellorala, ampliala e agrandala.

A estas alturas, xa non cabe dubidar de cales son eses fíos condutores. Préndense cunha definición da profesión, cun catálogo de fun-cións e, sobre todo, cun código ético e deontolóxico que, entre outras cousas, sou-bo ser sensible á necesidade de reivindicarse na sociedade con todas as garantías de regu-laridade, transparencia e profesionalidade que esixe o servizo público, social, comunita-rio... cantos apelidos queiramos engadir a estes. E, ao tempo, reivindicándose tamén como altofalantes das irregularidades que contradín a posibilidade de ofrecer todas esas garantías.

Dende esta perspectiva, pode que moito do que a miúdo se traslada ao debate profesio-nal (público vs. privado; política vs. ideoloxía, etc.), se cabe con maior intensidade nos mo-mentos actuais, sexa unha vez máis a expre-sión dunha profesión que aínda ten (e terá) importantes conquistas que facer. Pode que tamén nos remitan a afianzarnos na indepen-dencia profesional e nos criterios que demos en coincidir que definen, fundamentan e orientan o noso quefacer. Eses criterios, sen dúbida, admiten a denuncia das situacións que poidan prexudicar tanto aos seus profe-sionais como ao desenvolvemento da profe-sión, cos únicos límites dos códigos civís e penais admitidos na Constitución española e nos Estatutos de Autonomía. Pero deben servir non só como unha referencia para a denuncia, senón tamén (ou sobre todo) co-mo unha referencia para axudarnos na xera-ción de alternativas que representen mello-ras substantivas nos planos individuais e gru-pais. Nesa andaina, abofé, estamos todas e todos.

Pablo Montero Souto Vogal do CEESG

Page 3: ceesg boletín do...2009/06/28  · cación Social das Universidades de Santiago de Com-postela e de Vigo (Campus de Ourense)os días 1 de xuño e 3 de xuño, realizadas respectivamente

▫ Recurso de reposición contra a convocatoria e as bases para a contratación laboral temporal dun res-ponsable para a oficina de información e asesoramen-to a inmigrantes do concello de Ribadeo, anunciadas no xornal La Voz de Galicia, de 14 de maio de 09. Soli-citouse a admisión das persoas habilitadas no proceso selectivo.

▫ Recurso de reposición contra as bases específicas pa-ra cubrir unha praza de educador/a familiar no conce-llo de Meis, publicadas no BOP de Pontevedra de 26 de maio de 09. Solicitouse a admisión das persoas habilitadas no proceso selectivo.

▫ Envío de escrito ao Concello de A Coruña en rela-ción ás bases publicadas na web www.coruna.es/oposiciones para a cobertura dunha praza de Anima-dor/a Sociocultural. Infórmase de que as educadoras e educadores sociais poden desenvolver este posto e solicítase a admisión destes profesionais no proceso selectivo.

▫ Presentación do CEESG aos estudantes de 3º de Edu-cación Social das Universidades de Santiago de Com-postela e de Vigo (Campus de Ourense) os días 1 de xuño e 3 de xuño, realizadas respectivamente por Pablo Montero e María José Caride, Vogais do CEESG.

▫ Envío de documentación do CEESG para ser distri-buída no VI Congreso Nacional de Servicios Sociales Municipales, a través do stand que dispuxo o Conse-jo General de Colegios Oficiales de Educadoras y Educadores Sociales. O Congreso tivo lugar en Za-mora os días 10, 11 e 12 de xuño, organizado pola Federación Española de Municipios e Provincias.

▫ Asistencia á presentación pública do libro de texto para 6º de primaria de Educación para a cidadanía e os dereitos humanos, por parte do Seminario Galego de Educación para a Paz e o Consorcio Editorial Galego, que tivo lugar en Santiago de Compostela o día 4 de xuño. Asistiu Sofía Riveiro, Vogal do CEESG.

▫ Asistencia á inauguración das V Xornadas Interxera-cionais Rurais, que tivo lugar o día 30 de maio en Cabreiros (Xermade). Asistiu Águeda Valín Armas. As xornadas desenvolvéronse os días 30 de maio e 6 e 13 de xuño, organizadas por Nova Escola Gale-ga, colaborando o CEESG na súa difusión.

▫ Asistencia á xuntanza de constitución do Subcomité Organizativo do Foro de Educación 2010, que tivo lugar en Santiago o día 28 de maio. Asistiu Sofía Ri-veiro, Vogal do CEESG.

ACTUACIÓNS REALIZADAS

Participa no Boletín do CEESG enviando o teu “Artigo de interese” a [email protected]

Na revista “Alfa y Omega” do Arcebispado de Madrid (distribuído conxuntamente co diario ABC e edita-do pola Fundación San Agustín) propoñen sacar a violación fóra do código penal por entendela sen signifi-cado, ao estar fóra do matrimonio e sen o fin último da procreación. Nós esiximos a sanción máis severa e exemplar para esas persoas que se atreven a chegar ata o extremo tan ruín e indignante como é a viola-ción.

Que é a violación e calquera abuso sexual senón unha tortura? A violación ás mulleres é un método siste-mático de control e dominio patriarcal. É unha cuestión estrutural machista e patriarcal e non de “ambiente cultural” como insinúan. Ante isto non podemos quedar indiferentes.

O Colexio de Educación Social de Galicia (CEESG), denuncia publicamente estes comentarios do redactor xefe Ricardo Benjumea –o cal suxire que a violación non é un delicto- que non son banais nin inocentes, senón que van cargados de ruindade e neglixencia por parte desta santa casa eclesiástica que esquece a mensaxe de Xesús e pón en evidencia a misericordia de Cristo, do amor igualitario, da verdadeira compai-xón e comprensión polos/as que sofren.

Pensamos que non pode permitirse este posicionamento público e que quede en nada, non a toda costa e sen ningún tipo de amonestación. Pois o legal non coincide co moral. Menos mal!, porque a súa moral non ten por que afectarnos ao resto, pero a lei si nos obriga e nos ampara a todos e todas. E está claro que a moralidade desvirtúase segundo como conveña. Igual aquí faría falta máis educación afectivo sexual onde se falase abertamente e sen tapuxos de que o gozo nas relacións sexuais é un dereito das persoas, así como poder ver o sexo como un entretemento “non che leva de cabeza ao inferno”, senón que é unha opción totalmente lícita e inocente –onde está o problema en divertirse nas relacións sexuais?-; e que a obriga e sometemento a practicar calquera tipo de acción sexual son un delicto e unha vulneración dos dereitos humanos, pois atentan contra a dignidade e a integridade de cada quen. LEX ESTRICTA, por favor!!!

Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia

ARTIGO DE INTERESE: A VIOLACIÓN, FÓRA DO CÓGIGO PENAL?

Page 4: ceesg boletín do...2009/06/28  · cación Social das Universidades de Santiago de Com-postela e de Vigo (Campus de Ourense)os días 1 de xuño e 3 de xuño, realizadas respectivamente

Coa colaboración de:

Deputación de Lugo: Convocatoria para a provisión de postos de traballo de persoal funcionario da Deputación provincial de Lugo. Un posto de Responsable de comunicación e xestión cultural da rede mu-seística. BOP 09/06/09 Concello de A Coruña: Oferta de emprego público ano 2009. Unha praza de T. Apoio Social. BOP de 09/06/09 Concello de Vila de Cruces (Pontevedra): Oferta de emprego público para o ano 2009. Unha praza de Técnico de Cultura. DOG 11/06/09 Concello de Brión (A Coruña): Oferta de emprego público para o ano 2009. Un posto de Xefe do Dpto. de Servizos Sociais e un posto de Animador/a Sociocultural. BOP 22/06/09 Concello de Culleredo (A Coruña): Anuncio da Oferta de Empre-go Público 2009. Catro postos de Educador/a Social. Un posto de Téc. coordinación formación. Un posto de Téc. de Orientación. BOP 02/07/09 Consellería de Presidencia, Admóns. Públicas e Xustiza: Reso-lución pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan axudas dirixidas a entidades locais para o desenvolvemento de programas ex-perimentais e innovadores en materia de prevención e tratamento inte-gral da violencia de xénero. DOG 09/06/09 Ministerio de la Presidencia: Orde pola que se crea a Comisión de Seguimento do Plan de Dereitos Humanos do Goberno de España. BOE 16/06/09 Xefatura do Estado: Lei 4/2009, de 15 de xuño, de control de pre-cursores de drogas. BOE 16/06/09 Ministerio de Educación: Resolución pola que se convocan subven-cións a entidades privadas sen fins de lucro para a realización de activi-dades dirixidas a educación de persoas adultas no marco da aprendiza-xe ao longo da vida. BOE 18/06/09 Ministerio de Educación: Resolución pola que se convocan subven-cións a entidades privadas sen fins de lucro para congresos e xornadas de difusión de actividades dirixidas a educación de persoas adultas no marco da aprendizaxe ao longo da vida. BOE 18/06/09

Consellería de Presidencia, Admóns. Públicas e Xustiza: Orde pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións para execución de programas de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polas organizacións non gobernamentais de desenvolvemento. DOG 18/06/09 Ministerio de Educación: Orde pola que se regula a ensinanza bási-ca para as persoas adultas presencial e a distancia. BOE 18/06/09 Ministerio de Exteriores e de Cooperación: Resolución pola que se convocan subvencións para a celebración de congresos, seminarios e xornadas relacionadas coa cooperación ao desenvolvemento. BOE 24/06/09 Consellería de Sanidade: Orde pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas ás entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de prevención do alcoholismo. DOG 26/06/09 Consellería de Traballo e Benestar: Orde pola que se determinan as bases reguladoras e se convocan prazas de colaboradores-bolseiros para residencias xuvenís dependentes da Consellería de Traballo e Benestar. DOG 26/06/09 Consellería de Traballo e Benestar: Orde pola que se aproban as bases das subvencións a entidades locais para a realización de activida-des dirixidas á xuventude, para a promoción da información xuvenil e para a incorporación da xuventude ás novas tecnoloxías. 29/06/09 Ministerio de Cultura: Resolución pola que se desenvolve a Orde reguladora dos Premios Nacionais para a concesión do Premio Nacio-nal do Fomento á Lectura. BOE 30/06/09 Ministerio de Igualdade: Orde pola que se convocan axudas á pe-quena e mediana empresa e outras entidades para a implantación de plans de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. BOE 30/06/09 Ministerio de Igualdade: Orde pola que se convocan subvencións públicas destinadas a programas de atención e axudas sociais para as vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual. BOE 30/06/09 Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller: Resolución pola que regulan as axudas a entidades locais para o mantemento e funcionamento de centros de información ás mulle-res. DOG 30/06/09 Consellería de Traballo e Benestar: Orde pola que se establecen as bases reguladoras do programa de emprego con apoio como medi-da de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo. DOG 03/07/09

NOVAS DOS BOLETÍNS

OUTROS

EMPREGO

Organiza: Consejo General de Colegios de Educadoras y Educa-dores Sociales (CGCEES). Colexios profesionais de Educadoras/es Sociais de Illes Balears, Castilla y León, e Catalunya. Asociación Profesional de Educadoras/es Sociais de Canarias. Lugar: Palma de Mallorca. Datas: do 8 ao 10 de outubro de 2009. Prezo: A cota variará segundo a data de inscrición e a condición ou non de colexiada/o. Información: CEESIB (Col�legi d’Educadores i Educadors Social de les Illes Balears) Tlf.: 971221284 / [email protected]

****************

O noso colexio oferta 10 bolsas de asistencia de 50 € a este

evento, para as persoas colexiadas no CEESG.

Toda a información proximamente en

www.colexioeducadores.com e www.eduso.net

Organiza: Universidade de Santiago de Compostela. Lugar: Muros (A Coruña) Datas: do 22 ao 24 de setembro de 2009. Duración: 30 h. Prezo: 120 €. Consultar descontos para estudantes, persoas de-sempregadas e outros colectivos. Información e inscricións: Universidade de Santiago http://www.usc.es/cultura/uveran09.htm

I ENCONTRO DE BENESTAR PROFESIONAL E CALI-DADE DE VIDA PERSOAL DOS/AS PROFESIONAIS

DA EDUCACIÓN SOCIAL

FORMACIÓN CONTINUA

O CONFLITO E AS SÚAS TÉCNICAS DE SOLUCIÓN: A NEGOCIACIÓN E A MEDIACIÓN