Axouxere

1

Click here to load reader

Transcript of Axouxere

Page 1: Axouxere

16.06.2011 | GALICIA HOXE | 29MARÉ

“Cómpre romper a marcha pola mes-ma estrada que fagamos cos nosos pa-sos e afrontar nela unha peregrinaxe sen chegada, porque en cada relanzo do camiño agárdanos unha voz que nos berra: ¡Máis alá!”. As verbas re-beldes coas que Manoel Antonio re-mataba o seu manifesto en 1922 son o cabo ao que amarran a súa xeiteira os creadores do selo editorial Axóuxe-re. Nado en Rianxo, o proxecto bebe daqueles ventos de rupturismo: os de buscar novas vías para repensar-se no medio da cambiante realidade dos tempos actuais. A procura dunha nova forma de relación entre as per-soas é a bandeira dun navío pilotado por Manu Cebral, Manuel del Río, Ra-fa Xaneiro e Roberto Abuín, que hoxe presentan Axóuxere Editora (na rede: www.axouxerestream.com) nun acto que se celebrará ás 19:30 horas no lo-cal social A Gentalha do Pichel.

“Interésanos a cultura de base. Os movementos sociais e os colectivos que están a nacer son o noso mar”, explica un dos creadores do selo, Ra-fa Xaneiro. “É un impulso por xerar al-go nun momento no que os ámbitos institucionais da cultura, polas súas limitacións, non encontramos una vía para certas manifestacións do pensa-mento. Por iso buscamos a nosa vía autoxestionada de saída, na emerxen-cia que nos piden estes tempos con-vulsos”, engade.

Os dous primeiros volumes que saíron do prelo son os que inauguran a colección Clío, que nace coa vonta-de de achegar unha serie de textos de fondo callado no pensamento con-temporáneo. Trátase de TAZ. Zona Temporalmente Autónoma, un ataque ás estruturas do control do ensaísta e poeta estadounidense Hakim Bey e Chamamento, un escrito anónimo atopado en Francia en 2003 que recla-ma a subversión contra a orde na que vivimos. “A sociedade pide cambios e unha nova forma de relacións entre as persoas. Iso está presente na forza creativa emerxente. Clío busca ese ti-po de textos”, comenta Xaneiro.

Outras dúas coleccións: Polimnia e CalíopeNos próximos meses, Axóuxere po-rá en marcha outras dúas coleccións: Polimnia ou Cadernos de Combate, adicada a textos breves e de carácter crítico de autores galegos como Chiu Longina e iberoamericanos como o mexicano Fausto Alzati; e Calíope ou Colección de Viaxes Interiores, relatos de experiencias vitais transformado-ras de autores como Tiziano Terzani, Camille de Toledo ou Sara Maitland.

Portadas dos dous primeiros volumes da colección Clío que acaba de editar Axóuxere

Axóuxere

A terceira vía da culturadO PRelO Nace o selo editorial Axóuxere destinado a publicar obras de pensamento dirixidas a iniciar unha nova forma de relación entre as persoas

Con sede en Rianxo, o proxecto busca conectar cos movementos sociais e colectivos que están a nacer no país e fóra

Vanesa Oliveira . Santiago

O proxecto non se adica só a publi-car textos senón que tamén se abrirá a proxectos dirixidos a “abrir canles de creación en espazos até agora imposi-bles” como Narrativas antropovisuais ou Telémaco que relacionan a arte, o audiovisual ou o entorno hipertec-nolóxico coas prácticas colectivas de creación de coñecemento. “Buscamos abrir novas vías –di Rafa Xaneiro–, xe-rar unha pequena forza, un impulso que mova tanta creatividade que es-tá nacendo”.

Logo de traballar coas comunida-des indíxenas de Oaxaca (México), na escola infantil O Pelouro (Galicia) ou en espazos comunitarios de África, os impulsores de Axóuxere cren “no po-der da palabra” para buscar alternati-vas á forma de vida actual, á maneira de relacionarnos co veciño ou ao xei-to de entender a cultura. A mitoloxía vencellada ao mar configura boa par-te do seu proxecto. “Buscamos os mi-tos que encauzan o noso relato: ama-mos profundamente esta terra, esta cultura. Cremos que é moi interesan-te ser capaces de reconfigurar un novo relato propio. O mar ou a Ribeira Sa-cra son as musas que nos guían”, sina-la Rafa Xaneiro.

Do mesmo xeito, que o selo teña a súa sede en Rianxo tamén é simbólico para os fundadores de Axóuxere. “É unha terra cun impulso de creación luminoso e forte. Non só pola canti-dade de autores que saíron de alí se-nón tamén porque hai algo único: o nacemento da Ría de Arousa”, apun-ta Xaneiro. Axóuxere tamén farán un-ha presentación oficial da editorial en Rianxo. Os seus libros pódense mer-car a través da distribuidora Pragma de Ribeira e da súa web, que con-ta cunha tenda online na que tamén pensan colgar outro tipo de materiais ademais de obras.

COleCCIÓN ClÍO

Hakim Bey, o pai ideolóxico dos ‘hackers’, e a Francia de 2003Os dous primeiros volumes que edita Axóuxere beben da súa vontade de sacar á luz textos que invitan á reflexión sobre as nosas vidas. De aí TAZ. Zona Temporal-mente Autónoma de Hakim Bey. Traducido ao galego por Manuel del río e Pablo Varela e cunha in-trodución de Anxo rabuñal, o au-tor nortamericano insta ao no-madismo psíquico como base pa-ra calquera desenvolvemento das comunidades e propón a idea de revolta fronte á de revolución.

Hakim Bey (Nova York, 1945), que se define a si mesmo como “anarquista ontolóxico”, está con-siderado o pai ideolóxico dos “hác-

kers”. O autor propón novas posi-bilidades sobre o ánimo humano, no seu intento de re-construír a comunidade habitábel.

Ademais, Axóuxere publica ta-mén Chamamento, un texto anó-nimo traducido por Nora Viéitez e cunha introdución de Ignacio Castro e Javier Turnes. Atopado en Francia en 2003, distribuíron-se miles de exemplares en ámbitos politizados coa intención de sub-verter o proceso en que o imperio constitúe as nosas formas de vida e de sensibilidade. A súa propos-ta pasa por quebrar o control do “imperio” e artellar novas posibili-dades de rebeldía no día a día.

edITORIAIS INdePeNdeNTeS

Conectados co proxecto da distribuidora Pragma de RibeiraA editorial distribuirá os seus libros a través de Pragma, un proxecto promovido por Atra-vés editora, Corsárias editora, edições da Galiza e urco edito-ra. “Hai unha conciencia forte e unha tendencia á autoxestión, de publicar os libros fóra das redes institucionais. Nós tamén esta-mos de acordo coa autoxestión porque iso permítenos traballar con máis liberdade”, explica ra-fa xaneiro.

As editoras impulsoras de Pragma entende un obxectivo fundamental fornecer unha re-

lación que permita un traballo “estable e equitativo” coas libra-rías máis interesadas no libro galego e garantir que as obras que editan estean “no lugar que lles corresponde nos andeis des-te país”.

Ademais, Pragma vai inaugu-rar unha liña de importación do libro portugués a Galicia, que as editoriais promotoras conside-ran “desatendida” por parte do-utras distribuidoras, ben como a “exteriorización da nosa produ-ción editorial aos países de ex-presión galego-portuguesa”.

Francisco rodríguez analiza a vixencia de Bóveda

ACTO Nun relatoriohoxe na Coruña

O doutor en Filoloxía Románi-ca e membro do BNG Francis-co Rodríguez falará da vixen-cia do pensamento de Bóveda na actualidade no ciclo de con-ferencias en conmemoración do 75º cabodano de Alexandre Bóveda que organiza a Asocia-ción Cultural que leva o seu no-me. Será ás 20:30 h. no salón de actos da asociación, con en-trada aberta.

Autor dun vasto número de estudos, ensaios e investi-gacións relacionados coa rea-lidade galega, Rodríguez pu-blicou en 1976 Conflito lingüís-tico e ideoloxía na Galiza. Alén disto, a súa bibliografía con-tén estudos como A evolución ideolóxica de M. Curros Enrí-quez (1995), Eduardo Blanco Amor, o desacougo da nación negada (1993) ou Análise so-ciolóxica da obra de Rosalía de Castro (1988).

É membro do Bloque Nacio-nalista Galego e do seu Conse-llo Nacional. Foi deputado no Parlamento Galego durante a IV Lexislatura, e na actuali-dade é deputado nas Cortes do Estado español. Hai pouco publicou Rosalía de Castro. Es-tranxeira na súa patria, unha obra de referencia na investi-gación sobre a autora. MARe

Un blog recupera ‘A Nosa Terra’ou ‘A Fouce’

heMeROTeCA xunto con outras publicacións

O blog Publicacións Gale-gas recupera na rede a Revis-ta Nós, os xornais A Nosa Terra e A Fouce e outras publicacións como Terra, Alento, Guieiro e Rexurdimento),que irá recollen-do en PDF.

“Hoxe en día a rede é a prin-cipal fonte de información para moitos de nós, non obstante, por moito que un busque, non atopa moitas cousas que deberían estar na rede dende hai ben de tempo, entre estas cousas, atópase a Re-vista Nós, ou os xornais A Nosa Terra ou A Fouce. Sorprende que non se poida consultar esta ex-cepcional revista, exceptuando algún artigo en concreto, con to-do o que supuxo para a nosa cul-tura”, explican os creadores do blog no mesmo. RedACCIÓN