As 10 especies de animais máis velenosas da terra
Transcript of As 10 especies de animais máis velenosas da terra
![Page 1: As 10 especies de animais máis velenosas da terra](https://reader034.fdocuments.mx/reader034/viewer/2022042607/55a651261a28abb8568b46a1/html5/thumbnails/1.jpg)
AS 10 ESPECIES DE ANIMAIS
MÁIS VELENOSAS DO PLENETA
![Page 2: As 10 especies de animais máis velenosas da terra](https://reader034.fdocuments.mx/reader034/viewer/2022042607/55a651261a28abb8568b46a1/html5/thumbnails/2.jpg)
10.Escorpión ou alacrán Artrópodo (arácnido), propio dos paises cálidos cun tamaño de entre 6 e 15 cm. A súa arma é un aguillón situado no remate da cola e o veleno é unha mestura de compoñentes que funcionan coma neurotoxina. A picadura pode producir febre alta e nalgúns casos estados comatosos. Podería ser mortal.
Centruroides noxius (México).
Leiurus quinquestriatus (África).
![Page 3: As 10 especies de animais máis velenosas da terra](https://reader034.fdocuments.mx/reader034/viewer/2022042607/55a651261a28abb8568b46a1/html5/thumbnails/3.jpg)
9. Araña reclusa parda Habita en lugares apartados, sobre todo en EE.UU. Mide 1 cm de lonxitude e ten seis ollos. Tece unha rede en forma de lámina que pode verse en zonas agochadas entre as rochas ou nas casas.
Loxosceles laeta
A súa mordedura mata células e destrúe os tecidos. A consecuencia é ter que amputar a área afectada.
![Page 4: As 10 especies de animais máis velenosas da terra](https://reader034.fdocuments.mx/reader034/viewer/2022042607/55a651261a28abb8568b46a1/html5/thumbnails/4.jpg)
8. Araña viúva negra Chámase así porque a femia come a súa propia parella. Habita en lugares escuros e apartados e en climas temperados. É a araña máis perigosa para o ser humano, xa que os seus queliceros atravesan a pel.
A femia é perigosa para o ser humano, o macho non. O veleno é neutóxico, afecta á transmisión de impulsos nervosos, paralizando o sistema nervoso central.O seu veleno é tan potente como o equivalente a 15 serpes de axóuxere.
Latrodectus mactans
![Page 5: As 10 especies de animais máis velenosas da terra](https://reader034.fdocuments.mx/reader034/viewer/2022042607/55a651261a28abb8568b46a1/html5/thumbnails/5.jpg)
7. Araña do banano O seu tamaño medio é de 5 cm e vive nos talos das bananeiras en Sudamérica.
Phoneutria nigriventer
É a araña co veleno máis potente de todas. Non é moi perigosa para o ser humano, xa que, os seus quelíceros rara vez, atravesan a pel.
O seu veleno produce perda de control muscular, dor intensa e dificultade para respirar.
![Page 6: As 10 especies de animais máis velenosas da terra](https://reader034.fdocuments.mx/reader034/viewer/2022042607/55a651261a28abb8568b46a1/html5/thumbnails/6.jpg)
6. Polbo de aneis azuis É o cefalópodo máis velenoso da Terra. Habita en pozas de auga de mar no Océano Pacífico, desde Xapón ata Australia.
A súa picadura introduce saliva velenosa dentro da ferida da vítima.
A saliva contén un veleno que pode causar parálise respiratoria. Se non se trata, pódese morrer durante a seguinte hora e media.
Hapalochlaena lunulata
![Page 7: As 10 especies de animais máis velenosas da terra](https://reader034.fdocuments.mx/reader034/viewer/2022042607/55a651261a28abb8568b46a1/html5/thumbnails/7.jpg)
5. Rá punta de frecha (ra dardo dourada)
É o anfibio máis velenoso da Terra. Son endémicas de Centroamérica e América do Sur. Chámase así porque os nativos mollaban a punta da súa frecha co veleno da rá á hora de cazar para matar ao animal rapidamente.
O seu veleno produce parálise nervosa e muscular e paros cardíacos.O veleno é tan potente que o dunha sóa rá pode matar a 1.500 persoas.
Phyllobates terribilis
![Page 8: As 10 especies de animais máis velenosas da terra](https://reader034.fdocuments.mx/reader034/viewer/2022042607/55a651261a28abb8568b46a1/html5/thumbnails/8.jpg)
4.Serpe taipánÉ o animal máis perigoso en terra firme. Habita no centro-oeste de Australia.
O veleno contén un anticoagulante. Os efectos do veleno preséntase en dores de cabeza, náuseas, vómitos e dores estomacais. Unha pinga do seu veleno pode matar 12 persoas adultas.
Oxyuranus scutellatus
![Page 9: As 10 especies de animais máis velenosas da terra](https://reader034.fdocuments.mx/reader034/viewer/2022042607/55a651261a28abb8568b46a1/html5/thumbnails/9.jpg)
3.Peixe Pedra É o peixe máis velenoso da Terra. Habita en augas tropicais dos océanos Índico e Pacífico.
Ten pugas na aleta dorsal, e cada puga ten unha glándula velenosa. A súa apariencia de rocha é moi perigosa, xa que o bañista corre o risco de pisala e envelenarse. Ten un veleno extremadamente tóxico (con efectos sobre o sistema nervoso e os tecidos en xeral), normalmente a vítima non sobrevive.
Synanceia horrida
![Page 10: As 10 especies de animais máis velenosas da terra](https://reader034.fdocuments.mx/reader034/viewer/2022042607/55a651261a28abb8568b46a1/html5/thumbnails/10.jpg)
2.Serpe mariña Ten un veleno moi letal. Vive nos mares tropicais.É a serpe máis velenosa do mundo. Inxecta o veleno mordendo na vítima.
Pelamis...
O veleno é neurotóxico e moi activo aínda que raramente atacan.
![Page 11: As 10 especies de animais máis velenosas da terra](https://reader034.fdocuments.mx/reader034/viewer/2022042607/55a651261a28abb8568b46a1/html5/thumbnails/11.jpg)
1. Véspora mariñaé un celentéreo que se atopa no mar de Australia.
É o animal máis velenoso da Terra. Ten 60 tentáculos que inxectan un veleno tan potente que pode matar a un adulto con 1.4 miligramos en menos de 3 minutos.Produce fallo xeral do organismo e parálise cardíaca.
![Page 12: As 10 especies de animais máis velenosas da terra](https://reader034.fdocuments.mx/reader034/viewer/2022042607/55a651261a28abb8568b46a1/html5/thumbnails/12.jpg)
Laura CaldasLaura Falcón
Xuño 2012