Aqueles pobres fantasmas

8
1 AQUELES POBRES FANTASMAS No planeta Bort vivían moitos fantasmas. ¿Vivían? Digamos que ían tirando, que saían adiante. Habitaban, como fan os fantasmas en todas partes, nalgunhas grutas, en certos castelos en ruínas, nunha torre abandonada, nun faiado. Ao dar a medianoite saían dos seus refuxios e paseaban polo planeta Bort, para asustar aos bortianos. Pero os bortianos non se asustaban. Eran xente progresista e non crían nos fantasmas. Se os vían, tomábanlles o pelo, ata que os facían fuxir avergoñados. Por exemplo, un fantasma facía renxer as cadeas, producindo un son horriblemente triste. En seguida un bortiano berráballe: Eh, fantasma, as túas cadeas necesitan un pouco de aceite. Supoñamos que outro fantasma axitaba sinistramente a súa saba branca. E un bortiano, incluso pequeno, berráballe: —A outro can con ese óso, fantasma, mete esa saba na lavadora. Necesita un lavado biolóxico. Ao terminar a noite os fantasmas encontrábanse nos seus refuxios, cansados, mortificados, co ánimo máis decaído que nunca. E viñan as queixas, os lamentos e xemidos. —¡É incrible! ¿Sabedes o que me dixo unha señora que tomaba o fresco nun balcón? “Coidado, que andas retrasado, o teu reloxo atrasa. ¿Non tendes un fantasma reloxeiro que vos faga as reparacións? “ —¿E a min? Deixáronme unha nota na porta suxeita cunha chatola, que dicía: “ Distinguido señor fantasma, cando termine o seu paseo cerre a porta; a outra noite deixouna aberta e a casa encheuse de gatos vagabundos que beberon o leite do noso mico “.

Transcript of Aqueles pobres fantasmas

Page 1: Aqueles pobres fantasmas

1

AQUELES POBRES FANTASMAS

No planeta Bort vivían moitos fantasmas. ¿Vivían? Digamos que ían tirando, que saían adiante.

Habitaban, como fan os fantasmas en todas partes, nalgunhas grutas, en certos castelos en

ruínas, nunha torre abandonada, nun faiado.

Ao dar a medianoite saían dos seus

refuxios e paseaban polo planeta Bort, para

asustar aos bortianos.

Pero os bortianos non se asustaban. Eran

xente progresista e non crían nos

fantasmas. Se os vían, tomábanlles o pelo,

ata que os facían fuxir avergoñados.

Por exemplo, un fantasma facía renxer as

cadeas, producindo un son horriblemente

triste. En seguida un bortiano berráballe:

—Eh, fantasma, as túas cadeas necesitan un pouco de aceite.

Supoñamos que outro fantasma axitaba

sinistramente a súa saba branca. E un

bortiano, incluso pequeno, berráballe:

—A outro can con ese óso, fantasma, mete esa saba na lavadora. Necesita un lavado biolóxico. Ao terminar a noite os fantasmas

encontrábanse nos seus refuxios,

cansados, mortificados, co ánimo máis

decaído que nunca. E viñan as queixas, os

lamentos e xemidos.

—¡É incrible! ¿Sabedes o que me dixo unha señora que tomaba o fresco nun balcón? “Coidado, que andas retrasado, o teu reloxo atrasa. ¿Non tendes un fantasma reloxeiro que vos faga as reparacións? “

—¿E a min? Deixáronme unha nota na porta suxeita cunha chatola, que dicía: “ Distinguido señor fantasma, cando termine o seu paseo cerre a porta; a outra noite deixouna aberta e a casa encheuse de gatos vagabundos que beberon o leite do noso mico “.

Page 2: Aqueles pobres fantasmas

2

—Xa non se ten respecto aos fantasmas. —Perdeuse a fe. —Hai que facer algo. —Vamos a ver, que?

Algún propuxo facer unha marcha de

protesta. Outro suxeriu facer sonar ao

mesmo tempo todas as campás do

planeta, co que polo menos non

deixarían durmir tranquilos aos

bortianos.

Por último tomou a palabra o fantasma

máis vello e máis sabio.

—Señoras e señores —dixo mentres

cosía un desgarrón na vella saba—, queridos amigos, non hai nada que facer. Xa nunca poderemos asustar aos bortianos. Están acostumados aos nosos ruídos, saben todos os nosos trucos, non lles impresionan as nosas procesións. Non, xa non hai nada que facer … aquí. —Qué quere dicir “aquí”?

—Quero dicir neste planeta. Hai que emigrar, marchar … —Claro, para ao mellor acabar nun planeta habitado unicamente por moscas e mosquitos. —Non señor: coñezo o planeta adecuado. —O nome! O nome! —Chámase planeta Terra. Védelo, alí abaixo, ese puntiño de luz azul? É aquel. Sei por unha persoa segura e digna de confianza que na Terra viven millóns de nenos e nenas que con so oír aos fantasmas esconden a cabeza debaixo das sabas.

Page 3: Aqueles pobres fantasmas

3

— Qué marabilla ! —Pero ¿será verdade? —Contoumo —dixo o vello fantasma— un individuo que nunca di mentiras. —A votar! A votar! —gritaron de moitos lados.

—Que é o que hai que votar? —Quen estea de acordo en emigrar ao planeta Terra que axite un borde da súa saba. Esperade que vos conte … un, dous, tres … corenta … corenta mil … corenta millóns … Hai algún en contra? Un, dous … Entón a inmensa maioría está de acordo: marchamos. —Vanse tamén os que non están de acordo? —Naturalmente: a minoría debe seguir á maioría. —Cándo nos vamos? —Mañá, en canto escureza. En a noite seguinte, antes de que asomase algunha lúa (o planeta Bort ten catorce; non se

entende cómo fan para xirar ao seu redor sen chocarse), os fantasmas bortianos puxéronse

en fila, axitaron as súas sabas como ás silenciosas … e aí van de viaxe, no espazo, como se

foran brancos mísiles.

—Non nos equivocaremos de camiño, eh? —Non hai coidado: o vello coñece os camiños do ceo como os buratos da súa saba …

Primeiro Final: … Nuns minutos, viaxando á velocidade da luz, os fantasmas chegaron á Terra, á parte que

estaba entón en sombra, na que apenas acababa de empezar a noite.

—Agora romperemos filas —dixo o vello fantasma—, cada un marcha polo seu lado e fai o que lle pareza. Antes do mencer reunirémonos neste mesmo sitio e discutiremos sobre a situación. De acordo? Disolverse! Disolverse! Os fantasmas dispersáronse polas tebras en todas direccións.

Cando volveron a encontrarse non cabían na saba de alegría.

—Chicos, que marabilla! —Vaia sorte!

Page 4: Aqueles pobres fantasmas

4

—Que festa!

—Quen se ía imaxinar encontrar aínda tanta xente que cree nos fantasmas! —E non so os nenos e nenas. Tamén moitos maiores! — E tantas persoas cultas! —Eu asustei a un doutor ! —E eu fixen que a un alcalde se lle volvera branco o pelo! —Por fin atopamos o planeta que nos convén. Voto que nos quedemos. —Eu tamén! — Eu tamén!

E esta vez, na votación, non houbo nin sequera unha saba en contra.

Segundo Final:

… Nuns minutos, viaxando á velocidade da luz, os fantasmas de Bort chegaron a gran distancia

do seu planeta. Pero coas presas por irse non se deran de conta de que na cabeza da columna

estaban colocados … xustamente aqueles dous fantasmas que votaron en contra da viaxe á

Terra. Por si vos interesa sabelo, eran dous oriúndos. Noutras palabras, eran dous fantasmas

de Pontevedra aos que fixeran saír fuxindo da capital galega un grupo de pontevedreses

unicamente armados con tomates podres. A escondidas foran parar a Bort, mesturándose cos

fantasmas bortianos. Non querían nin oír falar de volver á Terra. Pero, ai pobre deles! Se

confesaran ser uns clandestinos. Así que lle deron voltas ao asunto. E dito e feito.

Colocáronse na cabeza da columna, cando todos crían que o que indicaba o camiño era o vello e

sabio fantasma, quen quedara durmido voando co grupo. E en vez de dirixirse cara a Terra

encamiñáronse cara o planeta Picchio, a trescentos millóns de miles de quilómetros e sete

centímetros da Terra. Era un planeta habitado unicamente por un pobo de ranas moi

medrosas. Os fantasmas de Bort encontráronse a gusto, polo menos durante uns cantos

séculos. Despois parece que as rás de Picchio deixaron de asustarse dos fantasmas.

Terceiro Final:

… Nuns minutos, viaxando á velocidade da luz, encontráronse no territorio da Lúa e

preparábanse para pasar á Terra e poñer mans á obra, cando viron que polo espazo se

acercaba outro cortexo de fantasmas.

Page 5: Aqueles pobres fantasmas

5

—Ola! Quen vai? —E quen sodes vos? —Non vale, nos preguntamos primeiro. Contestade. —Somos fantasmas do planeta Terra. Nos marchamos porque na Terra xa ninguén lle ten medo aos fantasmas. — A onde ides? —Imos ao planeta Bort, dixéronnos que alí hai moita guerra que dar. —Pobriños! Pero vedes? Xustamente nós nos largamos do planeta Bort porque alí os fantasmas xa non teñen nada que facer. —Caramba! Con isto non contabamos. Que facemos? —Unámonos e busquemos un mundo de medrosos. Quedará algún, aínda que só sexa uno, no inmenso espazo … —Ben, de acordo … E iso é o que fixeron. Uniron os dous séquitos e fundíronse nos abismos, rosmando de mal

humor.

Page 6: Aqueles pobres fantasmas

6

A.- Completa o resumo

Nun planeta chamado “_________” vivían os “B__________” e uns _____________.

Os fantasmas intentaron ______________ aos “Bortianos”, pero estes sabían todos os seus

____________.

Entón fixeron unha ______________e a maioría quixo ir á _______________…

B.- Responde as seguintes preguntas sobre o conto:

a) Como vivían os fantasmas no planeta Bort?

b) Que lle dicían os bortianos aos fantasmas?

c) Que decisión tomaron os fantasmas?

d) Que contan os fantasmas no primeiro final?

e) Establece as diferenzas entre cada un dos finais propostos:

1º:____________________________________________________________

2º:____________________________________________________________

3º:____________________________________________________________

C.- Recuperación Da Información

1. Realiza unha lista de palabras descoñecidas e coa axuda do teu dicionario consulta o seu

significado.

Personaxes:

2. Marca cunha X, Si / Non /Non Sabe, de acordo á lectura:

AFIRMACIÓNS SI NON NON SABE Un fantasma facía renxer as cadeas producindo

un son horrible e berrábanlle que necesita un

pouco de aceite

O fantasma vello propuxo que se invadira outro

planeta mentres el está descansando e cocendo a

súa bata.

As catorce lúas de Bort son visibles xuntas todas

as noites.

Os queridos habitantes de Bort non lle tiñan

medo aos fantasmas porque estaban

acostumados.

Page 7: Aqueles pobres fantasmas

7

3. Marca cunha X a resposta correcta:

* No texto a palabra renxer significa:

Berrar de forma forte e triste__ Necesitaban aceite as cadeas___ Son horribles e tristes___

* A palabra procesións significa:

Estar tras unha imaxe___ Vagar na rúa polas noites___ Non facer nada e vagar__

Interpreta o texto:

4. Subliña a resposta correcta.

Na expresión en “emigrar ao planeta terra que axite un borde a súa saba” pódese deducir

que:

* A terra cubrirase con sabas cando os fantasmas cheguen a ela.

* O que estea de acordo coa proposta, levántese.

* O que queira ir, que participe

* Asómese ao borde da súa saba se quere viaxar.

Na expresión “Xa non podemos asustar aos bortianos, estanse acostumando aos nosos ruídos”,

quere dicir que:

* Que os habitantes de Bort son os seus amigos nocturnos.

* Aos habitantes de Bort non lles prestan atención e están tristes.

* Que xa non lles impresiona a presenza dos fantasmas.

* Que se acostumaron a convivir todo o día e noite con eles.

Valoración do texto:

5. Escribe a túa opinión:

*Como te imaxinas convivir noite a noite coa presenza de fantasmas?

*Que feitos fantásticos che impresionaron do texto?

*Que personaxe ve a necesidade de habitar a Terra? Por que?

Page 8: Aqueles pobres fantasmas

8

*Na túa opinión, Cal dos tres finais consideras que é o mellor? Por que?

*Cal é a túa opinión fronte á alternativa de solución que da o vello fantasma?

6. Inventa un cuarto final para “Aqueles pobres fantasmas” e fai un debuxo.

7.-Agora imos a facer un recorrido polo Sistema Solar. Cal sería o que a ti che gustaría facer se foses

un dos fantasmas do conto?