Anton Cortizas

67

description

Traballo do alumnado co e para Anton

Transcript of Anton Cortizas

Page 1: Anton Cortizas
Page 2: Anton Cortizas
Page 3: Anton Cortizas

Grazas a Antón Cortizas, descubrimos un novo planeta: a

Quimbamba, habitado por seres simpáticos e curiosos. Gozamos ademais co idioma quimbambés, moi rico en

vocabulario e expresións lúdicas, e incluso nos atrevemos a xogar con el. Pasámolo estupendamente.

Era unha vez na Portela penga, repenga tela que tela. Un zascabí rabengo panto rabelo, tando no mengo. Que sasgandou de malanga cotra camargas vinte valangas. Chandou en Monte Porreiro plendo lerendo resgo regueiro.

E migañou uns calongos contos recontos dongos palongos. Foi festa naliz. Que lindo! tingo milingo trisco zalindo. Sanseacabou na Portela xesga refesga fenga mantela.

Page 4: Anton Cortizas

(Turí , turín… toque de cornetín). -É obrigado escoitar o que vimos pregoar. (Turí , turín… toque de cornetín). Benvido sexa Antón Cortizas: ilustrador, poeta, novelista. (Turí , turín… toque de cornetín). Xogou coas palabras, alá na súa escola; creou para todos historias que molan. (Turí , turín… toque de cornetín). Gozou e gañou mil e un premios voando nas ás de merlas e merlos. (Turí , turín… toque de cornetín). Con poemas preciosos que rebosan humor enfeitizou d@s nenos e nenas o corazón. (Turí , turín… toque de cornetín). Descubriu o gran misterio da sopa ó ver que alí había unha mosca. (Turí , turín… toque de cornetín). Encheu un baúl con memorias de río que foi cosendo con fío moi fino. (Turí , turín… toque de cornetín). Viaxeiro incansable en avións de papel surcou o ceo con sorrisos de mel. (Turí , turín… toque de cornetín). Ó CEP Marcos da Portela chegou por fin para contar contos e facernos feliz. (Turí , turín… toque de cornetín).

5ºC

Page 5: Anton Cortizas

Chegou da Quimbamba, raudo e veloz,

Alejandro González, 5º

Tomás Dasilva, 4º

Sara Martínez, 5º Jesús Fernández, 4º

Antía Míguez,4º

Page 6: Anton Cortizas
Page 7: Anton Cortizas
Page 8: Anton Cortizas

Había unha vella chamada Lucía que dunha mirada sagaz distinguía:

os meses das mesas, os bagos das vagas, os tempos das tempas, os canos das canas.

Antón Cortizas

As tazas dos tazos, o prato da prata;

as cascas dos cascos, os chichos das chichas.

Os ventos das ventás, a castañas do castaño;

os bolis das bolas., as botas dos botes.

As pedras dos Pedros, os listos das listas;

as mecas dos mocos, os votos das botas.

Os puntos das puntas., as ondas dos ondes;

os cincos das fincas, as marcas dos marcos.

As tías dos primos, os tíos das primas;

as “parkas” dos porcos, os presos das presas.

Os toros das taras, as potas dos patos;

os gorros das garras, as portas dos portos. 4º A

Page 9: Anton Cortizas

Había unha vez unha escola que molaba un montón, onde o mestre non berraba por non saber a lección. Cando o mestre se achegaba, os rapaces moi contentos abrían as súas carpetas e facían mil inventos. E o mestre comezaba a preguntar as leccións e os rapaces respondían contestando sen ton nin son. Que é o mar? -Unha bañeira moi grande onde se pode nadar. Quen eran os romanos? -Uns números moi raros que se facían hai anos. Que descubriu Cristóbal Colón? -Un deterxente famoso que lava que é un primor. Quen eran os celtas? -Uns xogadores de fútbol que baixaron de primeira. Que é a lúa? -A cadela máis pequena que ten a tía Tula. Diferencia entre suxeito e predicado -Creo que é algo de lingua , pero non o teño claro.

Page 10: Anton Cortizas

Onde están os Pirineos? -Non lle podo responder porque non os vin no recreo. Que son os continentes? -Uns supermercados grandes aos que vai moita xente. Como se fai unha rima? -Cunha ducia de ovos e un pouco de fariña. Fálame dos números enteiros. -Son uns números enormes que ocupan todo o taboleiro. Que é a xeografía? -Unha ciencia importante, pero un pouco fría. E o cociente? -O que se fai na cociña para que coma a xente. Que é unha ecuación? -Unha palabra moi longa que rima con canción. Como se di grazas en inglés? -Deletreando despacio para que che entendan ben. Que son os pulmóns? -O que teñen dentro algúns edredóns. E a vía Láctea? -Unha marca de leite moi barata, moi barata. Como se chaman os de Madrid? -Pregúntello a Juanillo que viviu alí. Asun Vilas

Page 11: Anton Cortizas

Quen vive no corazón ?

Un señor que toca o tambor.

Que é a biblioteca ? De libros, unha discoteca.

E unha cordilleira ?

De montañas, unha cremalleira.

Que é a sarabia ? Branca xeada de chuvia mansa.

Que comen os animais omnívoros ?

Lapis, cadernos e ata libros.

Nesta escola que mola ata os ratos saltan á corda.

Texto: Marina Garrido Ilustración:Laura Barros Garrido , 3ºA (Nai e filla)

Page 12: Anton Cortizas

Que é unha cabaza ? -A hortaliza que saca a nota máis baixa. Onde se plantan coles? -No medio das aulas entre lapis e rotuladores. Que leva unha oración transitiva? -Déixame pensar: complemento máis IVA? Que é un piollo? -Un número raro que se mete no ollo. Onde viven os merliños? -Por aquí non os vin, non os teño por veciños. Cales son os Países Baixos? -Os que non dan o talle nin por arriba nin por abaixo. Que é o Canal de Suez ? -Non o teño claro, na tele non se ve Julia Arias Isa Pazos

Que é a seda ? -O que viste ás monas que tan monas quedan. Que fai un inglés ? -Sentarse ás cinco a tomar o té. E un español ? -Deixarse broncear polos raios do sol. Que son as graxas ? -Algo que á xente non lle fai graza. Onde está Barrantes ? -Agora non o sei, sabíao antes. Quen é a ortografía ? -Unha señora que poucos admiran. E a gramática ? -Unha muller bastante práctica. Quen foi Miró ?

-Un namorado da forma e a cor.

Page 13: Anton Cortizas

Que son as flores ? Bicos no campo de moitas cores. Laura Iglesias, 5ºB Onde está situada Creta ? Xusto no medio do mar, nas ás dunha bolboreta. Borja Sáez e Felipe Lorenzo, 5ºC Quen son os piratas ? Uns homes barbudos cunha pata de lata. Lorena Lois, 5ºB Que significa radiactivo? Agora non mo pregunte, estou bastante estreñido. Baltar Morgade, 5ºC Cando foi a Prehistoria ? Eu que sei... Non teño tanta memoria PabloTorres, 6ºC

Quen me di que é un espello? Unha cousa que duplica a quen se mira de esguello. Judith Lorenzo, 5ºC Para que existe a lúa ? Para darnos luz na noite escura. Andrea González, 5ºB Cal é o sector terciario ? Aquel no que vive quen ten bo salario. Borja Ruibal, 6ºC Quen era Albert Einstein? Un que estaba tolo por non comer peixe. Sara Martínez, 5ºC Describe o vento. É un aire suave que pasa contento. Tamara León, 5ºB

Page 14: Anton Cortizas

Onde está Berlín ? Eu que sei... Por aquí non o vin. Andrea Sobral, 6ºC Que é unha ponte romana ? Ollos abertos que miran bailar as ondas da auga. Judith Lorenzo, 5ºC Qué será o biceps ? Será o ovo Kinder con forma de triceps ? Baltar Morgade, 5ºC Onde queda Toledo ? Non teño mapa e non podo sabelo. Yaiza Millán, 5ºB Quen habita en Zaragoza ? En Goza, non teño idea; en Zara, prendas de roupa. Sara Martínez, 5ºC

Quen foron os visigodos ? Pobos antigos que tiñan camiños con lodo. Borja Ruibal, 6ºC Cando saen as estrelas ? Ao marchar, o sol déixalle o traballo a elas. Lorena Lois, 5ºB Quen foron os Reis Católicos ? Agora non me preguntes, que teño moitos cólicos. Santiago Tobío, 6ºC Quen foi Monarquía ? Un señor moi teso que nunca bebía. Baltar Morgade, 5ºC Como vivían na Idade Media ? Como bufóns e “titiriteiros”: Facendo rir, facendo comedia. Santiago Tobío, 6ºC

Para que queres a manta ? Para tapar o pesadelo que me espanta. Tamara León, 5ºB

Page 15: Anton Cortizas
Page 16: Anton Cortizas
Page 17: Anton Cortizas

Baltar Morgade 5ºC

Page 18: Anton Cortizas

Había unha vez unha escola que mola na que se aceptaban as respostas tolas:

Que fan os de primeiro?

Pintan corazóns no castiñeiro.

E os de segundo?

Comen caldo con unto.

E Os de terceiro? Bailan E Bailan

nun outeiro.

Que fan os de cuarto ? XOGan Ò ParchÍS

cun lagarto.

E os de quinto? Pérdense A COTÍO

no labirinto.

E os de sexto? SÓ pensan na ESO.

E todos eles collen nun cesto.

Marina Garrido

Page 19: Anton Cortizas

Di que é un antónimo. Eu non o vin nunca. Un señor anónimo?

Onde está París ? Non sei se dicilo, os nenos veñen de alí. Que será un verbo ? Oín falar del na boca dun cervo. Unha ecuación ? Letras e máis números… Mala solución ! Di que son os mapas. Son o gran segredo daqueles piratas. E os sustantivos ? Palabras con dentes que amolan cativos. Define un quebrado. Números partidos que andan brincando. Que é un compás ? “Artiluxio tolo !”, dixo o paspallás. Que son os planetas ? Son bolas redondas que seguen cometas. María Lores

Page 20: Anton Cortizas

Un mestre de Ferrol inventaba contos para curar lectores cos soños rotos.

Inventaba contos con fermosas palabras para que os lectores puidesen saborealas.

Con fermosas palabras lanzadas ao vento para que os lectores sorrisen contentos.

Lanzadas ao vento con moito agarimo para abrir aos lectores novos camiños.

Con moito agarimo e certa dozura acendía palabras na noite escura.

Con certa dozura , con empatía pintaba os beizos de poesía ;

de poesía, de raiolas de sol… o mago das letras chamado

Isa Pazos

Page 21: Anton Cortizas

montado nun lapis sen ás, sen

Mural feito coa colaboración da comunidade escolar

Page 22: Anton Cortizas

O lapis de Enrique é delgado como espagueti, flexible como chicle. O lapis de Sara escribe poesía con moita maña. O lapis de Joaquín é listo coma un allo e toma perexil. O lapis de Susana debuxa sen medo, debuxa con ganas.

O lapis de Arantxa cántalle a Ivana sempre unha nana.

O lapis de Natalia fala sen parar fala sen pensar.

O lapis da profe Luísa érguese de noite, déitase de día.

2ºC

O lapis de Adrián cando se enfada pon cara de can.

O lapis de Rosalía non escribía nunca o que ela quería.

O lapis de Ronaldo é un crack e vai regateando.

O lapis de Lorena cando vai ao cole pon diadema.

Page 23: Anton Cortizas

Enrique Álvarez

Page 24: Anton Cortizas

Paula Camiña

Lara Cores

2º A 2ºA

Page 25: Anton Cortizas

Fouzía Hamdauoi

Sofía Caamaño

Fouzía Hamdauoi

Page 26: Anton Cortizas

O mono ten mimo. Que mimo ten o mono? Se o mono ten mimo, que mono tan mimoso!

O oso de Suso é moi mono. Que oso máis mono ten Suso!

Marianito matou un mosquito, Que mosquito matou Marianito? O papagaio papa papaia. Que papaia papa o papagaio? Se o papagaio papa papaia, que papagaio tan papón!

Page 27: Anton Cortizas

A profesora de Pablo sempre protesta. Como protesta a profesora de Pablo!

Pancha pasa o ferro con catro ferrros de pasar. Con cantos ferros de pasar pasa o ferro Pancha? Unha princesiña moi primorosa principiaba moi presumida. Que presumida era a princesa primorosa!

Antón Cortizas, mago das letras, Antón Cortizas, mestre, poeta.

Page 28: Anton Cortizas

Viaxou polo río con rara equipaxe

As augas foron borrando toda memoria e transformando a realidade. As palabras deixaron sitio aos seus antónimos. Pasou nun tempo, que me tardou pouco, mentres non se baleirou completamente o encoro. Pero chegou a noite, e as miñas escasas augas escorregaron, cantando unha canción de escumas, polo borde máis baixo da presa; indo a caer, con débil murmurio sobre o meu leito de pedras ¡Que tristura sentín ó recuperar de novo a miña integridade! Foi aquela unha das noites máis tristes da miña vida. E debeuno ser tamén para as mulleres, que lamentaron a clausura oficial da presa cunha aburrida e silenciosa festa.

María Núñez , 6º B

Page 29: Anton Cortizas

de lobos,gaivotas… con pel de romance.

ROMANCE DO LOBO E A GAIVOTA

Nunha mañá soleada un lobo ao ceo miraba namorado da gaivota que no ceo voltas daba.. O lobo vendo que ía desaparecer na nada correu tras dela berrando seguindo as súas pegadas. Cando a gaivota descobre

o seu amigo da alma virouse rapidamente escondéndose na auga

O lobo , triste e algo canso, fica xa sen esperanza cando a gaivota de novo asoma sen decir nada. Caladiño xa se achega, vai detrás da súa amada, que comprende o seu amor e dalle un bico de prata.

Juan García 5ºB

Page 30: Anton Cortizas

ROMANCE DO LOBO NAMORADO Unha noite estrelecida ía o lobo namorado pola ponte dos tirantes sen esperanza e cansado. Saiu de casa moi cedo camiñou un bo anaco mais por moito que el andivo non tivo un día doado Os seus amigos lle piden que non se poña pesado que cando lle chegue a hora todo quedará arranxado.

Cando o sol sae de novo no ceo vese un paxaro era unha gaivota branca que buscaba un namorado. O lobo saltou contento e deu un brinco mal dado indo caer nunha poza quedouche ben amolado. Por non mirar onde pisa quedou triste o malpocado cos ollos cheos de bagoas malferido e moi mollad

Vanesa Froiz 5ºB

Antón Cortizas, mago das letras, Antón Cortizas, mestre, poeta.

Page 31: Anton Cortizas
Page 32: Anton Cortizas
Page 33: Anton Cortizas

Un pirata malpocado un feitizo realizou, co seu garfo mariñeiro unha balea atrapou. Hai que poñer un remedio, hai que buscar solución, xuntos iremos no barco coa quenlla ao noso carón.

Necesitamos a corda, redes,tesoiras e o arpón,

para salvar a balea e tamén a poboación.

Sairemos á noitiñiña con forza no corazón, mentres o pirata durme darémoslle unha lección.

Neptuno co seu tridente manexa rumbo a estribor, as medusas brincadeiras actuarán de tapón.

Todos xuntos conseguimos con forza, brío e valor, rescatar a gran balea que varada alí quedou.

Texto: 5ºB Cabazas talladas pola comunidade escolar

Page 34: Anton Cortizas

Había unha vez un autor, Antón Cortizas tiña que ser, que se poñía a escribir para a outros nos entreter. Pensou que unha bruxa nos podía sorprender; e como non tiña “curuxa” meigallos non podía facer. Con “Memorias dun río” quixo facernos entender que a auga que el leva a moitos da de beber. As chaves de Pechobriga fíxoas desaparecer; por máis que todos buscaban non eran quen de as ver. Cos merlos si que se parou; cada un no seu taller, a costureira fixo o de trapo, o de ferro foi o Manuel.

Co lapis de Rosalía danos a entender que non todo o que se escribe, escrito vai a aparecer. Viaxou por a Quimbamba tentando non palidecer, nun planeta tan extravagante onde calquera pode tremer. E entre contos e poemas Dominucus foi a aparecer, e moitos outros personaxes ademais de Leonel. E así con este romance, a lo menos o intenta ser, homenaxeamos a un autor que nos deu moito lecer.

Ramona Penela

Page 35: Anton Cortizas

Retratou piratas no seu

Un bravo pirata Un bravo pirata había unha vez que tiña tres patas, unha, dúas, tres. Das tres unha soa remata nun pé con dedos e todo como debe ser. Mais aquela pata é un mal pesadelo pois ten cinco calos moi gordos nos dedos; Padece de reuma e dor no xoello e ten ademais torcido o nocello. A segunda pata, por estar na moda, É un pau dereitiño de fina caoba. Nesa pata viven voraces carcomas que polos furados se asoman burlonas.

Sara Martínez 5ºC

CONCURSO FOTOGRÁFICO

Page 36: Anton Cortizas

A terceira pata é unha parrula que por todo o barco corre e deambula. E ten moi mal xenio: cando está de lúa a terceira pata pica as outras dúas. E a pesar de todo, a cousa éche así, o bravo pirata era un bailarín. Por todos os mares bailaba sen fin de Vigo a Caracas, do Porto a Pequín. Así era o pirata que había unha vez e que lle gustaba bailar no combés; E a pata de pau, e a pata de pé, e a pata parrula bailaban claqué.

Marga Barros

Baltar Morgade, 5ºC

Page 37: Anton Cortizas

un dragón bombeiro e ata crocodilos.

Verso a verso, a imaxinación de Antón Cortizas foi creando a Dominicus.

Corte a corte, pincelada a pincelada, nas hábiles mans de Juan Lores e

Marga Barros, Dominicus o dragón cobrou vida, fíxose tanxible . Así chegou ao C.E.P. Marcos da Portela. Estaba tan guapo e tiña tanta labia e atractivo que acabou desfilando na pasarela de moda Marcus Veteris.

Juan Lores Marga Barros

É un dragón de tipo fino, nin pequeno nin enorme, só traballa os

Page 38: Anton Cortizas

Cristina Fontán Carmen Pazos

Dominicus e a súa noiva , distinguidos, elegantes, desfilan na pasarela con estilo e moita arte. Locen prendas ben vistosas que anuncian a primavera: bañadores estampados, camisetas amarelas,

Page 39: Anton Cortizas

Paula Pardo

zapatos de tacón fino, sombreiros ultramodernos, pantalóns frescos e cómodos, lindos traxes de deseño.

Antía Nores

Page 40: Anton Cortizas

Ismael Jiménez Mateo José Pérez

1ºB

Aida Pimentel Noelia Villaverde

1º C

Page 41: Anton Cortizas

Alejandro Díaz 1ºA

Silvia García 1ºB

Antón Cortizas, mago das letras, Antón Cortizas, mestre, poeta.

Alejandro Arousa 1ºA

Page 42: Anton Cortizas

Deixou no camiño palabras de vento

Mural feito coa colaboración da comunidade escolar

Page 43: Anton Cortizas

Era unha vez un mono e mais unha mona que tecían unha lona. Era outra vez unha mona e mais un mono que tiñan un politono. Alba Lorenzo Pablo Ferrín .

Era unha vez unha vella e mais un vello que bailaban cun aparello.

Era outra vez un vello e mais unha vella que bailaban cunha parella.

Page 44: Anton Cortizas

Era unha vez un galo e mais unha galiña que comían na cociña. Era outra vez unha galiña e mais un galo comendo un talo. Pablo González Lucía García Era unha vez un rato e unha rata que andaban só nunha pata. Era outra vez unha rata e un rato que merendaban no prato. José Lázaro González José Montes

Era unha vez unha cabra e mais un carneiro que non tiñan diñeiro.

Era outra vez un carneiro e unha cabra de poucas palabras.

Era unha vez un lagarto mais unha lagarta que xuntos comían pasta.

Era outra vez unha lagarta mais un lagarto que sempre estaban fartos.

Page 45: Anton Cortizas

Era unha vez un tigre mais unha tigresa que mercaron unha mesa. Era outra vez unha tigresa mais un tigre que se atopaban libres. Carlos Fortunato Antón Fiel Era unha vez un gato mais unha gata que comían unha rata. Era outra vez unha gata mais un gato que vivían nun zapato. Alejandro Naveiro

Era unha vez un pallaso e mais unha pallasa vivindo na mesma casa.

Era outra vez unha pallasa mais un pallaso que romperon un vaso.

Era unha vez un león e unha leoa xogando na proa .

Era outra vez unha leoa e un león comendo melón .

3ºB

Wenceslao Martínez

Page 46: Anton Cortizas

- Queres que che conte o conto do xoves? - Quero. - Non, que igual te moves. - Queres que che conte o conto do artista? - Quero. - Non, que está bailando na pista. - Queres que che conte o conto de Manuel? - Quero. - Non, que está en Teruel. - E o conto da Maruxa? - Quero. - Non, que é moi bruxa. - Queres que che conte o conto das nécoras? - Quero. - Non, tardaría décadas. - Queres que che conte o conto da gata? - Quero. - Non, que me mata. - Queres que che conte o conto da abella? - Quero. - Non, que me pica na orella. - E o conto do rei? - Quero. - Non, que non xa o sei. - Queres que che conte o conto do parruliño? - Quero.

Page 47: Anton Cortizas

- Non, que é moi pequeniño. - Queres que che conte o conto do vento? - Quero. - Non, que perdo o alento. - Queres que che conte o conto das cinco estrelas? - Quero. - Non, que me converten nunha delas. - E o conto do chicle? - Quero. - Non, que é moi triste. - Queres que che conte o conto do burro? - Quero. - Non, que me aburro. - Queres que che conte o conto da ovella? - Quero. - Non, que é moi vella.. - Queres que che conte o conto do galo? - Quero. - Non, que é moi malo. - E o conto do poldro? - Quero. - Non, que é moi longo. 4ºC

Page 48: Anton Cortizas

Heiche contar un conto de risa

con letra e debuxos de Antón Cortizas..

Heiche contar un conto precioso no que o protagonista é un gran oso.

Heiche contar un conto de tolos

con bolborertas que andan a rolos.

Heiche contar un conto amarelo de ovos fritidos e soles ben ledos.

Heiche contar un conto de mar

con sereas, estrelas e un poco de sal.

Heiche contar un conto do mundo con reis, raíñas e un vagabundo.

Heiche contar un conto de amor

con bicos, apertas e moito humor.

Heiche contar un conto para soñar : o dun meniño que aprende a bicar.

Heiche contar o conto mellor

con palabras que saen do

3ºC

3ºC

Page 49: Anton Cortizas

-Queres que che conte o conto do ganso? -Quero. -Non, que me canso ANTÓN CORTIZAS -Queres que che conte o conto do porquiño? -Quero. -Non que é moi curtiño. -Queres que che conte o conto das gaivotas? -Quero. -Non, que levan botas. - Queres que che conte o conto do rato? - Quero. -Non, que o come o gato. - Queres que che conte o conto das latas? - Quero. - Non, primeiro xogamos aos piratas. - Queres que che conte o conto da Quimbamba? - Quero. - Non, porque o come a gamba. - Queres que che conte o conto do poldro? - Quero. - Non, que é moi longo. - Queres que che conte o conto do reforzo? - Quero. -Non, que o destrozo. - Queres que che conte o conto do pan? - Quero. - Non, que o come o can. - Queres que che conte o conto do ourizo? - Quero. -Non, que me pincho.

4ºA

Page 50: Anton Cortizas

A poesía aniñaba nos dedos da costureira. Era tibia e acolledora. Ó abrir o día, estendeu as ás e comezou a revolotear : convertérase nunha merla de trapo.

con fíos transparentes coma regatos de sal, libre como a brisa fresca,

cantareira como as ondas do mar, Era doce como un caramelo de amorodo , xoguetona como a pelota dun bebé e, ata que voou entre as cores do arco da vella , branca como as primeiras folerpas do inverno.

Tiña... a alma soñadora como o lapis dun poeta, o corazón puro dos anxos do ceo e dúas ás tan delicadas como follas de outono.

Non era só unha merla : era un soño que aprendera a voar. Texto :5ºC Ilustración : Sara Martínez,

que contan historias de merlas e merlos,

Page 51: Anton Cortizas

Heiche contar un conto gracioso que ten moitas cousas do raposo. Heiche contar un conto dun gato, tranquilízate que teño que buscalo. Heiche contar un conto do froiteiro, ¡non! mellor cóntoche o do carniceiro. Heiche contar o conto da vella, espera que o tragou a ovella. Heiche contar un conto mellor que o que che contei a semana anterior. Heiche contar o conto de febreiro, pero agora non teño sombreiro. Heiche contar un conto vermello, déixamo pensar porque é moi vello Heiche contar o conto do zoo cando me deixe de mirar o león

4ºA

Page 52: Anton Cortizas

Soaron uns sons de campá, no aparello de medir o tempo, da residencia dun xefe de estado importante; non sei cantas eran porque non as contei, pero soaron moi maxestosas, graves e delongadas .

O individuo que sobresae por ser superior aos demais, miraba dende a fiestra pequena do compartimento que se usa para durmir, as fermosas vistas de terreo que van dende un punto a outro.

O astro de luz propia brillaba e reflectíase na corrente de auga próxima; os conxuntos de árbores resaltaban o seu verdor, e as elevacións de terreo grandes ou pequenas, moi ao lonxe, querian tocar o espazo azul onde están as nubes, cos dedos das plantas leñosas que se estiraban.

Juan Carlos Vázquez 6ºC

Page 53: Anton Cortizas

A agulla cosía coma na súa tea, pero non era o mesmo; o fío corría coma o vento, mais non era o mesmo; a la tecía coma a dunha araña, mais non era o mesmo; o botón abotoaba coma no seu ollal, mais non era o mesmo Érika Buceta, 4º A

O mandil tiña flores coma na súa tenda.... mais non era o mesmo; a regadeira botaba auga coma a da súa tenda, pero non era o mesmo; o xardín tiña terra coma a súa eira mais non era o mesmo; a roseira crecía coma a súa rosa, mais non era o mesmo. Zoe Bugallo, 4º A

O microondas quentaba coma a súa cociña, mais non era o mesmo; a vasoira varría coma a súa vasoira, pero non era o mesmo; o forno asaba coma o seu forno, mais non era o mesmo; a culler remexía coma a súa culler, mais non era o mesmo.

Candela Fernández, 4º A

Page 54: Anton Cortizas

Cando estou diante da xanela, vexo a parra do viño dos meus avós, está

desprotexida fronte ó río, ata que lle empecen a saír as follas. Tamén vexo un camelio cheo de flores rosas aterciopeladas. Un campo

verde fermoso e árbores con flor que teñen algúns paxaros cantando. Vexo algunhas casas coas ventás abertas e algunhas nubes ao fondo.

Ó outro lado da xanela de noite vexo unha ringleira de luces amarelas

marcando a estrada. Vexo os faros dos coches que asemellan os ollos das feras, as luces das casas e as familias dentro.

Se miro para o ceo vexo estrelas prateadas, unha lúa redondiña coma unha pelota e cunha luz moi intensa, algunhas nubes que semellan manchas de algodón. Tamén vexo a silueta do meu can. TEXTO: Víctor López , 4ºB

ILUSTRACIÓNS: Mirian Flores, 4ºB

Antón Cortizas, mago das letras, Antón Cortizas, mestre, poeta.

Page 55: Anton Cortizas

- Nin con carné, nin sen el. Non se poden cazar curuxas.

- Pois de aquí non saio sen curuxa como que me chamo

Catuxa.

- Alberto, chama á comisaria, necesitamos reforzos. Mentres

os gardas falan, Catuxa aproveita e sube á torre.

- Eh! Onde está? – pregunta o garda Alberto.

- Xa a vexo, está no alto da torre ensinando as bombachas –

responde o outro.

- Baixe de aí señora ...

- Eu non saio de aquí sen curuxa. Por certo, onde está?

- Fuxiría co barullo!

- Entón, adeus. Foi un pracer!.

E cunha nube de fume, a bruxa desaparece.

Atopou unha bruxa

que quería cazar

ós gritos das illas ,

ó ladrón de ar.

Bruno Darriba, 6ºA

Page 56: Anton Cortizas

-.Nada, señora!., ¡Nin con carné nin sen carné! ¡Que aquí non se collen curuxas!

-Baaah, non sexades aburridos homes... Quitade de aí! –respondeulles Catuxa mentres subía as escaleiras do castelo, moi digna, apartando os gardas de dous manotazos. Así seguía a bruxa sen importarlle o que a lei fixera ou deixase de facer. Mais cando chegou arriba, levou un chasco... -¡Vaites! Mmm... pois vaia... que patinazo... se son cegoñas! Parecer... parecían...parecían curuxas...- comentaba a bruxa. Levou unha man ao ollo dereito e palpouno. Sacou unha lente de contacto, -Pois... son cegoñas!- -Oes, aquí non había curuxas? – preguntoulle un garda o outro-. - Non sei –respondeulle- deberon marchar... -Falando de marchar –interrompeu Catuxa-. Eu marcho, eh? Que teño que face-la comida... pois, iso, abur. Dicindo isto, Catuxa marcha do castelo a todo meter, anoxada. -Ramiro, a esta chóvelle no tellado- comentoulle un garda ó outro. Luz María González, 6ºA

Antón Cortizas, mago das letras, Antón Cortizas, mestre, poeta.

Page 57: Anton Cortizas

E Dominicus daquela púxose triste e moi serio e para sentirse alegre foise a Monte Porreiro. Antón Cortizas

Novo final para DOMINICUS O DRAGÓN

Page 58: Anton Cortizas

Antón Cortizas coa súa maquiniña de facer romances.

Page 59: Anton Cortizas

Muscalización do poema “Era unha vez na Quimbamba”

Sara Martínez fai entrega dos seus agasallos.

“A merla de trapo”

“Memorias dun río”

Page 60: Anton Cortizas

O escritor recibe como agasallos un vale polo primeiro exemplar do libro “Era unha vez…Antón Cortizas” e a Traslí, mascota da biblioteca.

Page 61: Anton Cortizas

Cando soubeches que querías ser escritor? Foi un día que chovía cara a arriba, que nevaba neve quente, que soñaba cousas lindas que tamén soñaba a xente. En que te inspiras para escribir? Nelos timbocos afroutos agasta de roisme queco vocoan socobre aco vicoda. (Resposta en quimbambés.) De que libro te sentes máis orgulloso? Do que aínda non escribín... Bon, fóra lerias, hai varios dos que gusto especialmente, porque cada un deles o escribín por motivos para min importantes; pero... do que me sinto máis orgulloso non é dos libros que escribín, senón das tres fillas que imaxinei e teño. Son o meu maior tesouro e a miña eterna obra inacabada. Cal che costou máis traballo? Todos os libros son traballosos de escribir, porque escribir é un traballo, mais, iso si, un traballo lindo moi lindo en canto acabas a obra. Agora, en xeral, un libro de narración leva máis tempo cantas máis páxinas teña.

Gustaríache ter un sombreiro como o de Catuxa para quitar os pesadelos? Nunca usei nin pucha nin chapeu, pero se o usase gustaríame que tivese a forma da Lúa cando está con forma de chapeu. O chapeu da Catuxa non está mal, pero o que me puxéchedes no mural da vosa escola, eu coido que é mellor. Levas algún bico escondido nas costuras ou no peto? Eu levo bicos por todas partes: nos petos, nas costuras, entre os dedos, e tamén entre as dedas... Sónchevos moi bicador. Cando era cativo e alguén me pedía un bico, ás veces eu brincaba e lles dicía que xa se me acabaran e tiña que ir mercar máis á tenda de ultramarinos. E facía que ía aló mercar unha peseta de bico. Pero os bicos, ben sabedes, non se deben comprar nin vender: danse de balde e recíbense gratis.

Page 62: Anton Cortizas

No restaurante “A Sopa Boba” preparan unhas sopas deliciosas , Cal delas é a túa preferida? A sopa que máis me gusta é a do caldo, como a Edelmiro Clodovaldo. O que non me gusta nada é o sopa-po. Sen embargo, gústame moito a sopa de mar, ou sexa, a marsopa. Cres nas vasoiras voadoras? Non creo nas vasoiras voadoras como tampouco creo nos martelos de carpinteiro. Existen e xa está! Eu teño varios martelos de carpinteiro, e seica tamén voan, aínda que eu nunca voei con eles. Mais unha vez coñecín a un carpinteiro que voaba nun martelo e dedicábase a ir polas nubes arriba, chantándolle puntas, e claro... facíalles un furado e chovía. Sénteste no Marcos da Portela invericado como Antonia? Iso mesmo foi o que escribín na páxina do peto dos bicos (era así?) que tedes na vosa escola. Estiven moi a gusto e contento convosco, moi moi invericado. Que adxectivo utilizarías en quimbambés para describir o día de hoxe? Funca landinga rumba matela, tívencon vosco, chupi canela.

Velaí vos vai un bico para todas e todos vós, que o acabo de sacar do furado dun botón.

Page 63: Anton Cortizas

Foi un día fermoso , este que pasei no C.E.P. Marcos da Portela.. Non atopo palabras… Emocionado ? Feliz ? Satisfeito ? Máis que todo iso : Estou enviricado !! Con agarimo e agradecemento

Antón Cortizas

Page 64: Anton Cortizas

O traballo xa finaliza como aquí podedes ver, mais non queremos rematar sen antes poder dicir GRAZAS en quimbambés.

Capambas !

Boeiras ! Sareibo!

Agusiñas !

Barazos !

Bearisos ! <<<<<<<

Agrazniñas !

Seabaris de mel !

Agaranviu !

Alumnadoo oo

Catuliños !

Page 65: Anton Cortizas
Page 66: Anton Cortizas

No avión de papel marchou moi feliz levando consigo a palabra

Antón Cortizas, mago das letras, Antón Cortizas, mestre,

Page 67: Anton Cortizas

5º A