Adaptación DA PROGRAMACIÓN Didáctica - cURSO 2019/2020...Ler e analizar distintos tipos de...

16
Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia. ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA - CURSO 2019/2020 CENTRO: IES MANUEL CHAMOSO LAMAS CURSOS: 2º-3º-4º ESO MATERIA: MÚSICA CURSOS: 2º BACH MATERIA: Hª da MÚSICA E DA DANZA. CURSOS: 2º BACH MATERIA: Hª da MÚSICA E DA DANZA. DEPARTAMENTO: MÚSICA DATA: 5 de Maio de 2020

Transcript of Adaptación DA PROGRAMACIÓN Didáctica - cURSO 2019/2020...Ler e analizar distintos tipos de...

Page 1: Adaptación DA PROGRAMACIÓN Didáctica - cURSO 2019/2020...Ler e analizar distintos tipos de partituras no contexto das actividades musicais da aula como apoio ás tarefas de audición.

Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA - CURSO 2019/2020

CENTRO: IES MANUEL CHAMOSO LAMAS

CURSOS: 2º-3º-4º ESO MATERIA: MÚSICA CURSOS: 2º BACH MATERIA: Hª da MÚSICA E DA DANZA. CURSOS: 2º BACH MATERIA: Hª da MÚSICA E DA DANZA. DEPARTAMENTO: MÚSICA DATA: 5 de Maio de 2020

Page 2: Adaptación DA PROGRAMACIÓN Didáctica - cURSO 2019/2020...Ler e analizar distintos tipos de partituras no contexto das actividades musicais da aula como apoio ás tarefas de audición.

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020

PÁXINA 1 DE 16

CENTRO: IES MANUEL CHAMOSO LAMAS CURSO: 2º A 4º ESO – 1º E 2º BACH MATERIA: MÚSICA

ÍNDICE

1. Estándares de aprendizaxe e competencias imprescindibles....... 2

2. Avaliación e cualificación................................................................. 12

3. Metodoloxía e actividades do 3º trimestre (recuperación, reforzo, repaso, e no seu caso ampliación)................................................................. 14

4. Información e publicidade.................................................................. 15

Page 3: Adaptación DA PROGRAMACIÓN Didáctica - cURSO 2019/2020...Ler e analizar distintos tipos de partituras no contexto das actividades musicais da aula como apoio ás tarefas de audición.

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020

PÁXINA 2 DE 16 CENTRO: IES M. CHAMOSO LAMAS CURSO: 2º A 4º ESO – 1º E 2º BACH MATERIA: MÚSICA

1. Estándares de aprendizaxe e competencias imprescindibles

1.1.- Curso 2º de ESO: Música.

1.1.1.- Contidos mínimos, criterios de avaliación esenciais e estándares de aprendizaxe impartidos en ensinanza non presencial no 3º trimestre.

Neste 3º trimestre, a materia de música en 2º da ESO será fundamental de repaso dos contidos propios da linguaxe e da práctica musical.

A nivel teórico, os contidos presentaranse a través de:

-Traballos sobre temas xa impartidos na 1ª e 2ª avaliación,e diferentes audicións para reforzar contidos xa vistos e tamén como axuda para o vindeiro curso.

Criterios de avaliación esenciais:

Coñecer a función do son, o ruído e o silencio dentro da música.

Recoñecer características relacionadas coa altura.

Entender as distintas funcións dos signos musicais relacionados coa altura.

Comprender o distinto significado de duración dun son e pulso dunha obra.

Coñecer as duracións relativas das figuras musicais.

Relacionar as grafías das figuras musicais e as súas pausas.

Coñecer o significado dos signos de dinámica.

Coñecer e saber distinguir os compases binarios, ternarios e cuaternarios.

Recoñecer con exemplos auditivos os distintos tipos de voces segundo seu tesitura.

Coñecer e recoñecer os instrumentos orquestrais visual e auditivamente.

Saber interpretar un acompañamento instrumental sobre un exemplo musical coñecido.

Identificar mediante a escoita a presenza de instrumentos de distintas familias nunha obra musical.

Estándares de aprendizaxe utilizados no 3º trimestre:

MUB 1.1.1. Recoñece os parámetros do son e os elementos básicos da linguaxe musical, utilizando unha linguaxe técnica apropiada.

MUB 1.1.2. Recoñece e aplica os ritmos e os compases a través da lectura ou a audición de pequenas obras ou fragmentos musicais.

MUB 1.2.1. Distingue e emprega os elementos que se utilizan na representación gráfica da música (colocación das notas no pentagrama; clave de sol e de fa en cuarta; duración das figuras; signos que afectan a intensidade e matices; indicacións rítmicas e de tempo, etc.).

MUB 1.3.1. Improvisa e interpreta estruturas musicais elementais construídas sobre os modos e as escalas máis sinxelas e os ritmos máis comúns.

MUB1.4.4. Adquire e aplica as habilidades técnicas e interpretativas necesarias nas actividades de interpretación adecuadas ao nivel.

Page 4: Adaptación DA PROGRAMACIÓN Didáctica - cURSO 2019/2020...Ler e analizar distintos tipos de partituras no contexto das actividades musicais da aula como apoio ás tarefas de audición.

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020

PÁXINA 3 DE 16 CENTRO: IES M. CHAMOSO LAMAS CURSO: 2º A 4º ESO – 1º E 2º BACH MATERIA: MÚSICA

MUB 1.6.1. Practica, interpreta e memoriza pezas vocais, instrumentais e danzas de diferentes xéneros, estilos e culturas, aprendidas por imitación e a través da lectura de partituras con diversas formas de notación, adecuadas ao nivel.

MUB1.6.2. Practica, interpreta e memoriza pezas vocais, instrumentais e danzas do patrimonio español e galego.

MUB1.6.4. Practica as pautas básicas da interpretación: silencio, atención ao/á director/a e a outros/as intérpretes, audición interior, memoria e adecuación ao conxunto, amosando espírito crítico ante a súa propia interpretación e a do seu grupo.

MUB2.2.1. Sigue partituras como apoio á audición.

MUB 2.3.1. Valora e aplica o silencio como elemento indispensable para a interpretación e a audición

1.2.- CURSO 3º DE ESO: Música.

1.2.1.- Contidos mínimos, criterios de avaliación esenciais e estándares de aprendizaxe impartidos en ensinanza non presencial no 3º trimestre. BLOQUE 1- Interpretación e creación. COMPETENCIAS CLAVE: CCEC, CSIEE, CSC, CAA. CONTIDOS: Calidades do son: altura, duración, intensidade e timbre. Notas musicais e a súa representación no pentagrama. Figuras musicais e os seus silencios. Compases simples e compostos. As claves. Signos de alteración: bemol, becuadro e sostido. Notas enharmónicas. Signos de prolongación: puntillos e ligadura de prolongación. Tipos de intervalos. Interpretación de pezas musicais sinxelas relacionadas con cada un dos

bloques temáticos. Bloque 2-3: ESCOITA. e CONTEXTOS MUSICAIS E CULTURAIS. COMPETENCIAS CLAVE: CCEC, CSC, CAA, CSC,CCL. CONTIDOS: Clasicismo: xéneros instrumentais: sonata clásica, música de cámara,

sinfonía e concerto solista. Forma sonata. Compositor do Clasicismo: Mozart. A orquestra clásica. Instrumentos de vento, corda e percusión. Romanticismo: xéneros instrumentais: pequenas pezas para piano: o lied de

Schubert, estudios, nocturnos, preludios, fantasías de Chopin, Liszt. Romanticismo: xéneros instrumentais: música para orquestra: sinfonías de

Beethoven, sinfonía programática de Berlioz, poema sinfónico de Liszt. A orquestra romántica: ampliación do modelo orquestral clásico.

Page 5: Adaptación DA PROGRAMACIÓN Didáctica - cURSO 2019/2020...Ler e analizar distintos tipos de partituras no contexto das actividades musicais da aula como apoio ás tarefas de audición.

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020

PÁXINA 4 DE 16 CENTRO: IES M. CHAMOSO LAMAS CURSO: 2º A 4º ESO – 1º E 2º BACH MATERIA: MÚSICA

Bloque 4: MÚSICA E TECNOLOXÍAS. COMPETENCIAS CLAVE:CD, CSEC, CAA. CONTIDOS: As ferramentas multimedia para descargar imaxes e son. As ferramentas multimedia para realizar presentacións. As ferramentas multimedia para editar vídeos de contidos musicais.

Criterios de avaliación esenciais: Bloque 1: Interpretación en creación.

Distinguir e utilizar os elementos da representación gráfica da música (colocación das notas no pentagrama; notas adicionais, clave de sol e de fa en cuarta; duración das figuras; signos que afectan á intensidade e matices; indicacións rítmicas e de tempo, etc.).

Participar activamente e con iniciativa persoal en actividades de interpretación, asumindo diferentes roles, intentando concertar a súa acción coa do resto do conxunto, aportando ideas musicais e contribuíndo ao perfeccionamento da tarefa en común.

Bloque 2: Escoita.

Ler e analizar distintos tipos de partituras no contexto das actividades musicais da aula como apoio ás tarefas de audición.

Valorar o silencio como condición previa para participar nas audicións.

Recoñecer auditivamente e determinar a época ou cultura á que pertencen distintas obras musicais, interesándose por ampliar as súas preferencias.

Bloque 3: Contextos musicais e culturais.

Relacionar as cuestións técnicas aprendidas coas características das épocas da historia da música.

Distinguir, situar e caracterizar as grandes épocas da historia da música.

Valorar, asimilar e empregar conceptos musicais básicos necesarios á hora de emitir xuízos de valor.

Bloque 4-. Música e tecnoloxías.

Utilizar con autonomía os recursos tecnolóxicos dispoñibles, demostrando un coñecemento básico das técnicas e procedementos necesarios para gravar, reproducir, crear, interpretar música e realizar sinxelas producións audiovisuais.

Utilizar de maneira funcional os recursos informáticos dispoñibles para a aprendizaxe e indagación do feito musical.

Page 6: Adaptación DA PROGRAMACIÓN Didáctica - cURSO 2019/2020...Ler e analizar distintos tipos de partituras no contexto das actividades musicais da aula como apoio ás tarefas de audición.

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020

PÁXINA 5 DE 16 CENTRO: IES M. CHAMOSO LAMAS CURSO: 2º A 4º ESO – 1º E 2º BACH MATERIA: MÚSICA

Estándares de aprendizaxe utilizados no 3º trimestre:

MUB1.1.1. Distingue e emprega os elementos que se utilizan na representacióngráfica da música (colocación das notas no pentagrama; notas adicionais, clave de fa en cuarta; duración das figuras; signos que afectan a intensidade e matices; indicacións rítmicas e de tempo, etc.).

MUB1.4.4. Adquire e aplica as habilidades técnicas e interpretativas necesarias nas actividades de interpretación adecuadas ao nivel.

MUB1.6.2. Practica, interpreta e memoriza pezas vocais, instrumentais e danzas do patrimonio español e galego.

MUB1.6.4. Practica as pautas básicas da interpretación: silencio, atención ao/á director/a e a outros/as intérpretes, audición interior, memoria e adecuación ao conxunto.

MUB2.2.1. Le e analiza partituras como apoio á audición.

MUB2.3.1. Valora e aplica o silencio como elemento indispensable para a interpretación e a audición.

MUB2.4.2. Recoñece e sabe situar no espazo e no tempo músicas de diferentes culturas e épocas históricas.

MUB3.1.1. Expresa contidos musicais e relaciónaos con épocas da historia da música e con outras disciplinas.

MUB3.4.1. Distingue e sitúa temporalmente ás épocas da historia da música e as tendencias musicais.

MUB3.4.2. Examina e explica con criterio musical a relación entre os acontecementos históricos, o desenvolvemento tecnolóxico e a música na sociedade.

MUB4.1.1. Coñece algunhas das posibilidades que ofrecen as tecnoloxías e utilízaas como ferramentas para a actividade musical.

MUB4.2.1. Utiliza con autonomía as fontes e os procedementos apropiados para elaborar traballos sobre temas relacionados co feito musical.

1.3.- CURSO 4º DE ESO.

1.3.1.- Contidos mínimos, criterios de avaliación esenciais e estándares de aprendizaxe impartidos en ensinanza non presencial no 3º trimestre. BLOQUE 1- INTERPRETACIÓN E CREACIÓN. COMPETENCIAS CLAVE: CCEC, CSIEE, CSC, CAA, CD, CMCCT. CONTIDOS: Habilidades técnicas que permitan mellorar a interpretación individual e en

grupo, e a creación musical.

Page 7: Adaptación DA PROGRAMACIÓN Didáctica - cURSO 2019/2020...Ler e analizar distintos tipos de partituras no contexto das actividades musicais da aula como apoio ás tarefas de audición.

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020

PÁXINA 6 DE 16 CENTRO: IES M. CHAMOSO LAMAS CURSO: 2º A 4º ESO – 1º E 2º BACH MATERIA: MÚSICA

Bloque 2: ESCOITA. COMPETENCIAS CLAVE: CCEC, CSC, CCL,CD, CMCCT. CONTIDOS: Análise e comparación de músicas de diferentes xéneros, estilos e culturas. Vocabulario apropiado para a elaboración de críticas orais e escritas

sobre a música escoitada. Fontes de información para obter referencias sobre músicas de diferentes épocas e culturas, incluídas as actuais, e sobre a oferta de concertos e outras manifestacións musicais, tanto en vivo como divulgadas a través dos medios de comunicación.

Bloque 3: CONTEXTOS MUSICAIS E CULTURAIS. COMPETENCIAS CLAVE: CCEC, CCL, CAA, CSC, CD CONTIDOS: Pluralidade de estilos na música actual: características culturais, artísticas

e formais. Manifestacións musicais doutras culturas. Música ao servizo doutras linguaxes: corporal, teatral, cinematográfica,

radiofónica ou publicitaria. Fontes de información para indagar sobre música popular urbana.

Criterios de avaliación esenciais: Bloque 1. Interpretación e creación

Ensaiar e interpretar, en pequeno grupo, unha peza vocal ou instrumental, ou unha coreografía, aprendidas de memoria a través da audición ou da observación de gravacións de audio e vídeo, ou mediante a lectura departituras e outros recursos gráficos.

Bloque 2. Escoita

Analizar e describir as principais características de pezas musicais apoiándose na audición e no uso de documentos como partituras, textos ou musicogramas.

Utilizar a terminoloxía axeitada na análise de obras e situacións musicais.

Recoñecer auditivamente, clasificar, situar no tempo e no espazo, e determinar a época ou a cultura e o estilo das obras musicais escoitadas previamente na aula, amosando apertura e respecto polas novas propostas musicais e interesándose por ampliar as súas preferencias.

Bloque 3. Contextos musicais e culturais

Coñecer a existencia doutras manifestacións musicais e consideralas como fonte de enriquecemento cultural.

Coñecer e analizar as características dos principais grupos e tendencias da música popular urbana actual.

Bloque 4. Música e tecnoloxías

Valorar o papel das tecnoloxías na formación musical.

Aplicar as técnicas de gravación analóxica e dixital para rexistrar as creacións propias, as interpretacións realizadas no contexto da aula e outras mensaxes.

Estándares de aprendizaxe utilizados no 3º trimestre:

Page 8: Adaptación DA PROGRAMACIÓN Didáctica - cURSO 2019/2020...Ler e analizar distintos tipos de partituras no contexto das actividades musicais da aula como apoio ás tarefas de audición.

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020

PÁXINA 7 DE 16 CENTRO: IES M. CHAMOSO LAMAS CURSO: 2º A 4º ESO – 1º E 2º BACH MATERIA: MÚSICA

MUB1.1.2. Le partituras como apoio á interpretación.

MUB1.1.3. Coñece e cumpre as normas establecidas para realizaras actividades da aula.

MUB1.2.1. Interpreta e memoriza un repertorio variado de cancións, pezas instrumentais e danzas cun nivel de complexidade en aumento.

MUB1.4.1. Coñece e analiza o proceso seguido en diversas producións musicais (discos, programas de radio e televisión, cine, etc.) e o papel xogado en cadafase do proceso polos/as profesionais que interveñen.

MUB2.1.1. Analiza e comenta as obras musicais propostas, axudándose de diversas fontes documentais.

MUB2.1.2. Le e analiza partituras como apoio á audición.

MUB2.4.2. Sitúa a obra musical nas coordenadas de espazo e tempo.

MUB2.4.3. Amosa interese, respecto e curiosidade pola diversidade de propostas musicais, así como polos gustos musicais doutras persoas.

MUB3.2.1. Analiza a través da audición músicas de distintos lugares do mundo e identifica as súas características fundamentais.

MUB3.2.2. Recoñece e explica as características básicas da música española e da música popular urbana.

MUB4.4.2. Utiliza os recursos das novas tecnoloxías para expor os contidos de maneira clara.

MUB4.2.1. Manexa as técnicas básicas necesarias para a elaboración dun produto audiovisual.

MUB4.5.2. Coñece e consulta fontes de información impresa ou dixital para resolver dúbidas e para avanzar na aprendizaxe autónoma.

MUB4.5.3. Utiliza a información de xeito crítico, obtena de distintos medios e pode utilizala e transmitila utilizando distintos soportes.

1.4.- CURSO 1º Bacharelato: Linguaxe e Práctica Musical.

1.4.1.- Contidos mínimos, criterios de avaliación esenciais e estándares de aprendizaxe impartidos en ensinanza non presencial no 3º trimestre. UNIDADE 1: A VOZ E AS SUAS CUALIDADES COMPETENCIAS CLAVE: CMCCT, APA, CSC, CEC CONTIDOS: O aparello fonador e o seufuncionamento, a respiración, a emisión, a

articulación, a relaxación e a afinación. Os intervalos melódicos e harmónicos. Lectura de partituras musicais.

Page 9: Adaptación DA PROGRAMACIÓN Didáctica - cURSO 2019/2020...Ler e analizar distintos tipos de partituras no contexto das actividades musicais da aula como apoio ás tarefas de audición.

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020

PÁXINA 8 DE 16 CENTRO: IES M. CHAMOSO LAMAS CURSO: 2º A 4º ESO – 1º E 2º BACH MATERIA: MÚSICA

UNIDADE 2: ELEMENTOS MUSICAIS. COMPETENCIAS CLAVE: CL, CMCCT, CSC, CEC. CONTIDOS: O pulso e os acentos. Os compases binarios, ternarios e cuaternarios. Fórmulas rítmicas básicas orixinadas polo pulso binario ou ternario. Síncopes, anacruses, notas a contratempo, cambios de compás e grupos de

valoración especial. Características morfolóxicas básicas das obras de música culta e obras

contemporáneas, o jazz, a música tradicional, o rock, o flamenco e as músicas do mundo.

Tipos de escalas, acordes maiores e menores. UNIDADE 3: AS GRAFÍAS MUSICAIS. COMPETENCIAS CLAVE: CL, CMCCT, AAA, CEC. CONTIDOS: As grafías das fórmulas rítmicas: signos que modifican a duración. As grafías relativas á expresión musical: á dinámica, ao tempo, á agóxica e a

articulación musical. As grafías contemporáneas. As claves e a súa relación entre si.

UNDADE 5: AS TECNOLOXÍAS APLICADAS AO SON. COMPETENCIAS CLAVE: CMCCT, CDM AAA. CONTIDOS: Hardware musical: computadores, tarxetas de son e conexións. Software musical: editores de partituras, secuenciadores, programas

xeradores de acompañamentos e mesas de mesturas. Os sistemas de gravación analóxica ou dixital.

Criterios de avaliación esenciais:

B1.2. Identificar e reproducir intervalos, modelos melódicos sinxelos, escalas acordes arpexiados a partir de diferentes alturas.

B1.3. Identificar e executar instrumentalmente estruturas e patróns rítmicos ou melódicos simultáneos dunha obra breve ou dun fragmento, con ou sen cambio de compás, nun tempo establecido.

B2.2. Recoñecer auditivamente e describir con posterioridade as característicos das obras escoitadas ou interpretadas.

B3.1. Coñecer e aplicar na lectura e na interpretación de partituras os termos e os signos relacionados co ritmo e coa expresión musical.

B3.2. Recoñecer nunha partitura os elementos básicos da linguaxe musical.

B4.3. Interpretar de memoria, individualmente ou conxuntamente, fragmentos de obras do repertorio seleccionados entre os propostos polo alumnado, valorando as achegas do grupo e desenvolvendo o espírito crítico.

B4.4. Improvisar ou compoñer e interpretar unha breve obra musical para unha melodía dada, que necesite a participación de varios executantes e incorporar movemento coreográfico, utilizando os coñecementos musicais adquiridos.

Page 10: Adaptación DA PROGRAMACIÓN Didáctica - cURSO 2019/2020...Ler e analizar distintos tipos de partituras no contexto das actividades musicais da aula como apoio ás tarefas de audición.

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020

PÁXINA 9 DE 16 CENTRO: IES M. CHAMOSO LAMAS CURSO: 2º A 4º ESO – 1º E 2º BACH MATERIA: MÚSICA

B4.5. Saber comportarse como espectador/a e intérprete, e controlar o medo escénico nas actuacións

B5.1. Realizar traballos e exercicios aplicando as ferramentas que ofrecen as novas tecnoloxías.

B5.2. Crear pezas sonoras ou audiovisuais utilizando distintos sistemas de reprodución e gravación de son.

Estándares de aprendizaxe utilizados no 3º trimestre:

LPMB1.2.1 Reproduce e identifica intervalos.

LPMB1.3.3.Practica a lectura e a escritura musical.

LPMB2.1.1.Percibe o pulso como referencia básica para a execución rítmica, así como a identificación do acento periódico base do compás.

LPMB2.1.1.Logra unha correcta interiorización do pulso que lle permite unha axeitada execución musical.

LPMB2.2.1. Percibe aspectos rítmicos, melódicos, tonais, modais, cadenciais, formais e tímbricos das obras escoitadas.

LPMB2.2.3.Escoita e recoñece os elementos básicos das linguaxes propias da música culta, jazz, rock e flamenco.

LPMB3.1.1.Identifica e interpreta os termos e signos relacionados co ritmo e coa expresión musical.

LPMB3.1.2. Identifica e interpreta os signos gráficos propios da linguaxe musical contemporánea.

LPMB 4.3.1 Coñece o repertorio traballado e ten capacidade de memorización e capacidade expresiva.

LPMB 5.1.1.Utiliza correctamente editores de partituras, secuenciadores e software para aplicacións audiovisuais.

LPMB5.2.2. Utiliza os recursos tecnolóxicos como ferramentas para a audición, a interpretación, a creación, a edición, a gravación, a investigación e aprendizaxe do feito musical.

Page 11: Adaptación DA PROGRAMACIÓN Didáctica - cURSO 2019/2020...Ler e analizar distintos tipos de partituras no contexto das actividades musicais da aula como apoio ás tarefas de audición.

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020

PÁXINA 10 DE 16 CENTRO: IES M. CHAMOSO LAMAS CURSO: 2º A 4º ESO – 1º E 2º BACH MATERIA: MÚSICA

1.5.- CURSO 2º Bacharelato: Hª da Música e da danza.

1.5.1.- Contidos mínimos, criterios de avaliación esenciais e estándares de aprendizaxe impartidos en ensinanza non presencial no 3º trimestre. CONTIDOS: Romanticismo. Orquestra romántica. Formas sinfónicas. Sinfonía, concerto e música

programático. Piano romántico. Música de cámara. Ópera. Tendencias. Evolución da ópera como espectáculo. Verismo. Lied. Composición no Romanicismo e no Posromanticismo. Orixe e significado dos nacionalismos musicais: escolas e estilos. Figuras

representativas da composición. Impresionismo: características musicais e figuras representativas. Segunda Escola de Viena: do Posromanticismo ao Dodecafonismo:

composición e técnicas. Neoclasicismo. Representantes principais de a composición. Stravisnki. Serialismo Integral. Vangardas. Indeterminación e aleatoriedad. Novas grafías. Música

electroacústica e música concreta.

Criterios de avaliación esenciais:

Identificar obras do Romanticismo, o Nacionalismo e o Posromanticismo, a través da audición ou de a visión, e describir os seus trazos máis característicos, xustificando a súa pertenza a este período histórico.

Relacionar a historia da música e da danza no Romanticismo, o Nacionalismo e o Posromanticismo, así como as súas obras máis significativas, con outros aspectos da cultura, o contexto histórico e a sociedade do mesmo período.

Identificar obras do Impresionismo, o Expresionismo e outros movementos de a primeira metade do século XX, a través da audición ou de a visión, e describir os seus trazos máis característicos, xustificando a súa pertenza a este período histórico.

Relacionar a historia da música e da danza da primeira metade do século XX, así como os seus movementos artísticos e as obras máis significativas, con outros aspectos da cultura, o contexto histórico e a sociedade do mesmo período.

Identificar obras pertencentes aos movementos estilísticos da segunda metade do século XX, a través da audición ou da visión, e describir os seus trazos máis característicos, xustificando a súa pertenza a este período histórico.

Page 12: Adaptación DA PROGRAMACIÓN Didáctica - cURSO 2019/2020...Ler e analizar distintos tipos de partituras no contexto das actividades musicais da aula como apoio ás tarefas de audición.

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020

PÁXINA 11 DE 16 CENTRO: IES M. CHAMOSO LAMAS CURSO: 2º A 4º ESO – 1º E 2º BACH MATERIA: MÚSICA

Estándares de aprendizaxe utilizados no 3º trimestre:

HMDB6.2.1. Analiza a complexidade de circunstancias que, por a súa importancia, determinen o desenvolvemento de unha época, un estilo ou un/unha autor/a determinado/a, e establece xuízos críticos.

HMDB6.1.1. Capta e describe o carácter, o xénero, as características estéticas e os trazos estilísticos máis importantes das obras propostas.

HMDB6.1.2. Coñece e describe as obras e os/as autores/ as máis representativos/ as deste período.

HMDB7.1.1. Capta e describe o carácter, o xénero, as características estéticas e os trazos estilísticos máis importantes das obras.

HMDB7.2.1. Analiza a complexidade de circunstancias que, por a súa importancia, determinen o desenvolvemento de unha época, un estilo ou un/unha autor/a determinado/a, e establece xuízos críticos.

HMDB8.1.1. Capta e describe o carácter, o xénero, as características estéticas e os trazos estilísticos máis importantes das obras propostas.

HMDB8.1.2. Coñece e describe as obras e os/as autores/ as máis representativos/ as deste período.

Page 13: Adaptación DA PROGRAMACIÓN Didáctica - cURSO 2019/2020...Ler e analizar distintos tipos de partituras no contexto das actividades musicais da aula como apoio ás tarefas de audición.

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020

PÁXINA 12 DE 16 CENTRO: IES M. CHAMOSO LAMAS CURSO: DE 2º ESO A 2º BACH. MATERIA: MÚSICA

2. Avaliación e Cualificación

Avaliación

Procedementos:

En todos os cursos vaise a empregar a aula virtual para a realización das tarefas.

Tamén se empregará en 4º da ESO, e Bacharelato, a canle de Telegram que xa se viña empregando durante o curso, sobre todo como plataforma de aviso e de entrega de tarefas. Pero nestes cursos tamén se usa a aula virtual.

Levarase a cabo unha observación sistemática das tarefas entregadas,analizarase o feito por cada alumno/a en correspondencia as tarefas marcadas a cada curso e nivel, ademais de valorar cada unha de elas (que poden ser de xeito automático a través das diferentes aplicacións que ten a aula virtual).

Instrumentos:

Traballos elaborados polos alumnos/as en relación aos temas teóricos xa explicados ou de ampliación neste 3º trimestre que quedaban por impartir.

Tarefas de preguntas que teñen que contestar sobre a teoría.

Hot Potatoes de preguntas-respostas sobre a teoría anteriormente citada.

Hot Potatoes de audiciónsobrigatorias en cada un dos cursos neste 3º trimestre.

Tarefa de Linguaxe musical adaptada a cada nivel, que xa se explicou antes do 3º trimestre.

Vídeos tocando a frauta de pezas adaptadas ao nivel de cada curso (con vídeos titoriais explicativos).

Videoconferencias para posibles dúbidas e para a práctica instrumental.

Cualificación final

Se o alumno/anon entrega ningunha tarefa nin traballo na 3ª avaliación, a cualificación será a media aritmética da 1ª e 2ª avaliación. Se o alumno/a entrega todas/algunhasdas tarefas, a cualificación será a media aritmética da 1ª e 2º avaliación ao que se lle sumará un máximo de 1 punto (con diferentes gradacións dependendo das tarefas entregadas e da calidade das mesmas). Tamén se terá en conta a entrega de todas as tarefas á hora de redondear a media a nota máisequidistante.

Page 14: Adaptación DA PROGRAMACIÓN Didáctica - cURSO 2019/2020...Ler e analizar distintos tipos de partituras no contexto das actividades musicais da aula como apoio ás tarefas de audición.

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020

PÁXINA 13 DE 16 CENTRO: CURSO: MATERIA:

Proba extraordinaria de setembro

Aqueles alumnos/as que non superen a materia en xuño, daráselle toda a información no relativo ao exame de setembro. Dito exame terá tres partes diferenciadas:

- Parte Teórica (50% da nota final) - Parte Linguaxe Musical (20% da nota final) - Parte Práctica instrumental (20% nota final). - Traballo (10% nota final. Entregando todas as tarefas

tería xa un tema).

Alumnado de materia pendente

Alumno de 3º de ESO con música pendente de 2º ESO: Como o alumnado segue o curso normal en música, a materia comportase con progresividade, danse moitos contidos parecidos aos de 2º ESO, polo tanto se aproba a materia de 3º de ESO quedará superada coa mesma nota a música de 2º ESO. O alumno/a que non teña aprobada a materia de 3º, terá que entregar todas as tarefas da 3ª avaliación para que quede superada a materia de 2º ESO. Alumno de 4º de ESO con música pendente de 3º ESO: Ao non ter a ditos alumnos/as na materia de 4º de ESO por ser optativa, terán que facer as tarefas e traballos que estarán colgados na aula virtual.

Procedementos 3º ESO: aprobando a materia de 2º de música ou facendo traballos e tarefas na aula virtual do 3º trimestre. 4º ESO Facendo traballos e tarefas na aula virtual do 3º trimestre.

Instrumentos de avaliación:

Traballos elaborados polos alumnos/as en relación aos temas teóricos xa explicados ou de ampliación neste 3º trimestre que quedaban por impartir.

Tarefas de preguntas que teñen que contestar sobre a teoría.

Hot Potatoes de preguntas-respostas sobre a teoría anteriormente citada.

Hot Potatoes de audiciónsobrigatorias en cada un dos cursos neste 3º trimestre.

Tarefa de Linguaxe musical adaptada a cada nivel.

Vídeo tocando a frauta de pezas adaptadas ao nivel de cada curso.

Criterios de cualificación: 3º ESO pendente Música 2º ESO: - No caso de aprobar a materia de 3º ESO, a cualificación da materia de 2º da ESO vai a ser a mesma. -No caso de non aprobar a materia de 3º ESO, pero si facer todas as tarefas do 3º trimestre, a nota da materia de 2º de ESO será dun 5.

Page 15: Adaptación DA PROGRAMACIÓN Didáctica - cURSO 2019/2020...Ler e analizar distintos tipos de partituras no contexto das actividades musicais da aula como apoio ás tarefas de audición.

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020

PÁXINA 14 DE 16 CENTRO: CURSO: MATERIA:

4º ESO pendente Música 2º ESO: A materia avaliarase segundo ao peso que ten na materia xa especificada na programación:

- Teoría: 50%. - Práctica musical: 40%. - Traballo: 10%.

Polo tanto, se entregan todas as tarefas xa terán un punto, e despois avaliarase cada parte.

3. Metodoloxía e actividades do 3º trimestre(recuperación, repaso, reforzo, e no seu caso, ampliación)

Actividades

As actividades que se realizarán neste 3º trimestre serán, a nivel xeral: Repaso:as actividades de repaso faranse en:

Linguaxe musical: faranse exercicios de linguaxe musical co fin de traballar os conceptos mais importantes ao nivel práctico musical, adaptado ao nivel concreto.

Reforzo:

Práctica instrumental: aínda que con cancións novas, o nivel e as notas empregadas non serán novedosas, sendo dunha dificultade similar as partituras da 1ª e 2ª avaliación.

Ampliación:

Teoría: daranse novos temas, a un nivel máis básico e co imprescindible, incidindo na parte musical coas audicións importantes para cada período impartido.

Metodoloxía (alumnado con conectividade e sen conectividade)

Todo o alumnado ten conectividade, segundo informaron tanto a dirección do centro como despois as informacións remitidas por cada titor, polo tanto a metodoloxía que se vai a empregar ten en conta esta circunstancia. Ao utilizar as diferentes ferramentas da aula virtual, todo vai a estar centralizado na mesma. Na aula virtual de cada curso, súbense as diferentes actividades en diferentes formatos onde se explica que é o que teñen que facer e cal é a data límite para facelo. Unha vez subido o material, o profesor de música avisa tanto ao titor vía mail ou whatssapp para que teña a información, como a toda a clase polo email ou polas canles de Telegram. Nesa información especifícase as tarefas que hai e a data límite para entregalas. Ante calquera dúbida, todos as alumnas e alumnos teñen o email para poder mandar as dúbidas que se produzan.

Page 16: Adaptación DA PROGRAMACIÓN Didáctica - cURSO 2019/2020...Ler e analizar distintos tipos de partituras no contexto das actividades musicais da aula como apoio ás tarefas de audición.

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020

PÁXINA 15 DE 16 CENTRO: CURSO: MATERIA:

Materiais e recursos

Aula virtual do centro. Teoría word. Presentacións Power Point. Hot Potatoes. Paquetes Scorm. Vídeos. Programa de Edición de vídeos: Camtasia Studio. Programa de Edición de audios: Audacity. Canle Telegram. Arquivos MP3.

4. Información e publicidade

Información ao alumnado e ás familias

A información será trasladada aos alumnos/as e as súas familias a través de:

Correo electrónico.

Aula virtual do centro nas diferentes aulas de música nos diferentes niveis correspondentes.

4º de ESO, 1º Bacharelato e 2º Bacharelato a través de Telegram e dos canais respectivos.

Páxina web do centro na sección habilitada para dita circunstancia.

Publicidade Publicación obrigatoria na páxina web do centro.