A granxa experimental de monelos

69
A GRANXA AGRÍCOLA EXPERIMENTAL de Monelos

Transcript of A granxa experimental de monelos

Page 1: A granxa experimental de monelos

A GRANXA AGRÍCOLA EXPERIMENTAL de Monelos

Page 2: A granxa experimental de monelos

A Coruña, metrópole agropecuaria

Hoxe costará imaxinar que a área na que está situada gran parte da 2ª fase do polígono de Elviña, a zona da Milagrosa e Monelos acolleu no seu día unha enorme granxa de 16 hectáreas de extensión.

Entre 1888 e 1964, a cidade portuaria, comercial, administrativa... converteuse na capital moderna da agricultura galega.

A Coruña, a través desta granxa, converteuse na vía de entrada de tódalas innovacións no mundo do campo, tanto agrícola como gandeiro.

Page 3: A granxa experimental de monelos
Page 4: A granxa experimental de monelos
Page 5: A granxa experimental de monelos

Granxa

Page 6: A granxa experimental de monelos
Page 7: A granxa experimental de monelos

Granxa

Monelos

Page 8: A granxa experimental de monelos

Situación do polígono de Elviña

Page 9: A granxa experimental de monelos

Localización aproximada da Granxa

Page 10: A granxa experimental de monelos

Localización aproximada da Granxacomparativa co plano

Page 11: A granxa experimental de monelos

Localización aproximada da Granxa

Page 12: A granxa experimental de monelos

Localización aproximada da GranxaImaxe actual

Page 13: A granxa experimental de monelos

A orixe A Granxa Escola-Experimental de Coruña fúndase en 1888.

É o primeiro centro de experimentación e difusión de novas técnicas agrícolas creado polo Estado para Galicia e Asturias.

A Deputación coruñesa cedeu ao Ministerio de Fomento os terreos onde se vai ubicar A Granxa. Será na Horta do Xeneral.

A entrega farase en 1899 e a finca contará con 16 hectáreas.

Problemas orzamentarios e políticos condicionarán o seu inicio.

Page 14: A granxa experimental de monelos
Page 15: A granxa experimental de monelos

Innovación agropecuaria en Galicia

Ao contrario do que ocurría en países como os Países Baixos e Gran Bretaña, que entre mediados do século XVIII e XIX emprenderan a súa particular revolución agraria, España en xeral, e Galiza en particular presentaban un notable atraso.

A agricultura galega estaba levada por unha serie de prácticas rotinarias nas que faltaba a incorporación da ciencia e tecnoloxía. A Granxa significou isto.

Page 16: A granxa experimental de monelos

A casa do directorO director da granxa, residía neste chalémodernista ubicado Aproximadamente na intersección entre a praza de Casares Quirogae avenida de Salgado Torres.Contaba cunhas escaleiras de forxa na súa entrada.Perto del situábase o edificio de fitopatoloxía (a altura da fonte das Paxariñas. Este centro foi un dos máis importantes de do Estado.Os dous edificios desapareceron.

Page 17: A granxa experimental de monelos
Page 18: A granxa experimental de monelos

A Granxa no seu contorno social e territorial

A Granxa asentábase nunha zona rural, entre os concellos de A Coruña e Oza e pegada ao núcleo urbano.

Monelos apenas tiña 1000 habitantes e un núcleo de casas rurais organizado ao redor da igrexa de Santa María de Oza.

O rural e o urbano misturábanse nun contorno máis próximo.

Page 19: A granxa experimental de monelos

Poboación e núcleourbano de Monelos.

Principios do século XX

Page 20: A granxa experimental de monelos

Lavadeiro de Monelos Principios do século XX

Page 21: A granxa experimental de monelos

Igrexa de Sta. Mª. de OzaCentro da vida do núcleo de Monelos

Mediados do século XX

Page 22: A granxa experimental de monelos

Lavando no río Monelos Principios do século XX

Page 23: A granxa experimental de monelos

Mercado de MonelosAbandonado nos anos cincuenta

Page 24: A granxa experimental de monelos

Desbordamento do río Monelos anos cincuenta

Page 25: A granxa experimental de monelos

Lavadeiro do río Monelos principios do século XX

Page 26: A granxa experimental de monelos

Avenida de árboresnas instalacións de Monelos

Page 27: A granxa experimental de monelos

Nena con pombas na sección avícola da Granxa

Page 28: A granxa experimental de monelos

A granxa pretendeu superara agricultura rutineira

Page 29: A granxa experimental de monelos

Vista das instalacións da Granxa

anos vinte

Page 30: A granxa experimental de monelos

Labregos e cidadáns

O interese polo destino do rural ten, na Galicia de entón, unha pegada claramente urbana.

Os anos do inicio da Granxa, dirixida por Hernández Reboredo, coinciden coa maior intensidade do movemento agrarista, e coa celebración das concorridas Asembleas Agrarias iniciadas en Monforte.

Page 31: A granxa experimental de monelos

Labradores cultivados e elites locais

coinciden en sesións de divulgación

organizadasna Granxa

Page 32: A granxa experimental de monelos

Exposicións de produtos hortícolas

Page 33: A granxa experimental de monelos

Labregos e cidadáns

A mellora e reforma do agro galego condúcese por varios camiños: a loita contra o foro, defendendo a propiedade da terra para os que a traballan, denunciando o sistema caciquil.

Por outro lado foméntase a innovación técnica e a mecanización.

A Granxa Experimental encádrase estreitamente nesta última corrente.

Page 34: A granxa experimental de monelos

Presentación demaquinaria nova

na Granxa Agrícola

Page 35: A granxa experimental de monelos

Exposición avícola

Page 36: A granxa experimental de monelos

Rof Cordina (no centro)Influiu na mellora gadeira

acometida na Granxa

Page 37: A granxa experimental de monelos

Probas de plantadonas hortas de Santiago

Page 38: A granxa experimental de monelos

Obxectivos da acción innovadora

Dúas liñas de actuación foron fundamentais:

A primeira orientada cara a reeducación fronte a rotina, pasividade e desconfianza labregas.

A segunda apostar pola innovación técnica: mecanización, uso de adubos, combate de andazos e mellora xenética do gando. Serán os obxectivos fundamentais.

Page 39: A granxa experimental de monelos

Vista dun dos edificiosdedicados á plantación

Page 40: A granxa experimental de monelos

Parte das clases cultascompartían as inquedanzas

innovadoras

Page 41: A granxa experimental de monelos

Comprobando o crecementodo millo co uso de adubos

Page 42: A granxa experimental de monelos

Maquinaria moderna.Exposta nas instalacións da Granxa

Page 43: A granxa experimental de monelos

Os logros da GranxaA creación da rubia galega

Tratábase de atopar un modelo de vaca que se axustase as necesidades da nosa gandería naquel momento. Estas necesidades pasaban por darlle unha orientación leiteira ao animal, fronte ao que se priorizaba entón que era a a carne.

Fíxose, baixo a dirección de Hernández Reboredo, unha selección do mellor gando existente en Galicia e cruzouse coa raza suiza “simmenthal”

Page 44: A granxa experimental de monelos

Na Granxa creouse a Coñecida “raza rubia galega”

Page 45: A granxa experimental de monelos

Os logros da GranxaMellora dos cultivos forraxeiros

O avanzo nos cultivos forraxeiro-pratense sobre a idea de que “as razas fanse pola boca”.

De maneira máis tímida, a Granxa tamén ensaia curzamentos e melloras de gado ovino, porcino na década dos 20 e inicia tamén a promoción das razas leiteiras.

Page 46: A granxa experimental de monelos

Traballadores da Granxacon novos enxeños

Page 47: A granxa experimental de monelos

Entrega de premiosnun concurso de gado 1907.

Gañado polo gandeiro da zona de Pontedeume,

Antonio Borrás. Presentouun toro de 785 quilos

chamado “Xitano”.Pouco despois este touro

produciulle a morteao embestilo a traizón.

Page 48: A granxa experimental de monelos

Edificio principal da Granxa

Page 49: A granxa experimental de monelos

Os logros da GranxaO combate de andazos. A Estación de

Fitopatoloxía Agraria Andazos como o “oído”, o mildew, ou a tinta do castaño danan seriamente Europa occidentais dende mediados do século XIX.

A Estación de Fitopatoloxía créase en 1928 anexa á Granxa, para facer fronte a este desafío.

Terá unha atención diversificada a todo tipo de pragas, para rematar na posguerra, naquelas que precisaban unha atención máis importante como foi a tinta nos castaños e o escaravello Colorado nas patacas.

A EFA desapareceu no ano 1951.

Page 50: A granxa experimental de monelos

Probas con castiñeirosresistentes ás pragas

Fixéronse grandes esforzospara salvar as colleitas

de patacas

Page 51: A granxa experimental de monelos

Os logros da GranxaO lúpulo nas Mariñas

Instaurouse o cultivo de lúpulo. Importado de Gran Bretaña en 1913 por Hernández Robledo.

Esta planta industrial empezou a darse en Galiza coa axuda da familia Rivera de “Estrella Galicia” e fixo que se tivese que importar a materia prima para a elaboración da cervexa.

En 1935 o seguinte director, Ricardo Escauriaza, escribiu un tratado sobre o cultivo.

Page 52: A granxa experimental de monelos

Recollendo o lúpulo

nunha plantación de Betanzos

Seleccionando lúpuloAntes de polo a enxogar

Page 53: A granxa experimental de monelos

Os logros da Granxaformación e divulgación das innovacións

En 1907 comeza a funcionar como escola de “obreiros agrícolas”. Trabállase nos labores de cultivo, manexo de maquinaria, emprego de adubos e selección de sementes.

En 1919 establécense as Escolas de Peritos en tódalas Granxas do Estado. Supondo unha novedosa descentralización do ensino superior agrícola, ata daquela restrinxido en Madrid. O proxecto fracasa e en 1924 é substituída por unha escola de capacitación agraria que inicialmente estará localizada en Betanzos e posteriormente en Bastiagueiro (actual INEF).

Page 54: A granxa experimental de monelos

Primeiro tractor da Granxa

anos cincuenta

Page 55: A granxa experimental de monelos

Os logros da Granxaimportancia da divulgación

O labor formativo alcanza, sobre todo, directamente aos labregos, a través dos campos de experiencias e domostración da Cátedra Ambulante, das conferencias e publicacións gratuítas.

Creáronse campos de experimentación dirixidos pola Granxa nas comarcas, inicialmente na provincia da Coruña e posteriormente en toda Galicia (once na provincia e dezaseis en Galicia)

Establecéronse consultas técnicas a través dos boletíns da Granxa e o carteo. As cartas recibidas por consultas dos labregos ascenden a máis de 5000 en 1928, cun promedio anual de 200 cartas.

Page 56: A granxa experimental de monelos

A Cátedra Ambulante en acción

Page 57: A granxa experimental de monelos

Cursos de poda

Page 58: A granxa experimental de monelos

Memoria da Granxa, 1911.Describe a historia, organización

e resultados do Centro

Page 59: A granxa experimental de monelos

Lección práctica en Buño

Page 60: A granxa experimental de monelos

Os logros da Granxacontactos internacionais

O interese polo mundo agrario foi unha constante nas clases cultas europeas.

Nun mercado máis amplo de comercialización de maquinaria, adubos... Foméntanse estas relacións.

Houbo contactos regulares con empresas francesas adicadas a cultivos forraxeiros e de maquinaria alemás, británicas ou norteamericanas.

No intercambio intelectual, mantense diálogo regular con centros de investigación agronómica de Chile, Portugal e Gran Bretaña.

Page 61: A granxa experimental de monelos

Visita ás instalacións da Granxanun Congreso Internacional.

Anos sesenta

Page 62: A granxa experimental de monelos

Guerra civil e ditaduraAs últimas décadas de vida da Granxa

Os proxectos de innovación agropecuaria quedaron paralizados coa guerra.

Baixo as novas autoridades o desenvolvemento rural do país quedará establecido polo Congreso Agrícola de Galicia de 1944.

O conxunto da actividade formativa está condicionada polos trazos que caracterizan o período máis Autárquico da ditadura.

Haberá un forte “apagón tecnolóxico”, ineficacia das medias políticas, debilidade orzamentaria e destrución do entramado asociativo.

Page 63: A granxa experimental de monelos

Instalacións da Granxa

Page 64: A granxa experimental de monelos

Guerra civil e ditaduraA súa desaparición

Imposto polo Banco Mundial e o FMI o franquismo terá que mudar, a partir de 1959, a súa política autárquica por outra de corte liberal no aspecto económico.

Comeza a fase desenrolista do Réxime na que a construción vinculada á expansión urbana ocupará un papel importantísimo. É un momento cando o espazo rururbano de Monelos sofre unha radical transformacións.

As instalacións da Granxa desaparecerán en 1964 e os edificios modernistas que acolleran a innovación pasan a mellor vida.

As instalacións pasarán inicialmente a Guísamo e posteriormente, en 1967, a Mabegondo (Abegondo) onde se construíra o Centro de Investigacións Agrarias, cunha extensión de 300 hectáreas. No ano 1983 será transferido á Xunta de Galiza.

Page 65: A granxa experimental de monelos

Centro de Investigacións Agrariasde Mabegondo

Page 66: A granxa experimental de monelos

Leopoldo Hernández Robredo(Fotografía da esquerda)

Director da Granxa entre 1904 e 1928. Introduce en Galicia a

festa da árbore. Foi iniciador das estancias de formación no

estranxeiro. Comprendeu a lóxica produtiva labrega para promover a adopción de innovacións na medida das súas necesidades. Establece

con autoridade o modelo de mellora do gado vacún galego.experimenta con trebellos e máquinas e deseña o primeiro

modelo de loita anticriptogámica aplicada ás condicións galegas.

Persoeiros importantes

Maceliano Álvarez MuñizPrimeiro director da Granxa.

Dedica a atención á mellora dos Prados, e á maquinaria. Canaliza o labor divulgativo a través do

Boletín.

Page 67: A granxa experimental de monelos

Juan Rodríguez SardiñaUn dos mellores especialistaseuropeos en bacterioloxía

agrícola. Estivo pensionado pola Fundación Rockefeller no Berlín

dos anos vinte. Traballou no I.I.A. de Madrid, xulgado por un tribunal franquista, é desterrado

a Galiza. Na Coruña, especializase en Viroloxía vexetal e estuda a virose da pataca. Asesora a sociedade

Española de Fomento do Lúpulo, e introduce na Galiza o secadoiro

vertical

Page 68: A granxa experimental de monelos

Pedro Urquijo LandaluceChega a Galiza no ano 1925, como

enxeñeiro de fitopatoloxía. Desenvolve a dirección da EFA entre 1933 e 1940. Ocúpase de garantir unha dotación de

infraestuturas instalando os laboratorios e a biblioteca.

Antes da guerra elaborou un mapa de pragas de Galicia.

Page 69: A granxa experimental de monelos

A GRANXA AGRÍCOLA EXPERIMENTAL, 1888-1964

Presentación elaborada poloENDL do IES Elviña

O material fotográfico e documentación

está tomado da ExposiciónSobre A Granxa Agrícola

Experimental (1888-1964) das que son comisarios:

Lourenzo Fernández PrietoXosé A. Fraga Vázqueze documentalista:Antón Santos Pérez