A comprensión lectora
-
Upload
pineiro-lorenzo -
Category
Documents
-
view
233 -
download
1
description
Transcript of A comprensión lectora
Qwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwerty
uiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasd
fghjklzxcv
f
ghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzx
cvbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmq
wertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyui
opasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfg
hjklzxcvbnmqw
ertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuio
COMO
TRABALLAR A
COMPRENSIÓN
LECTORA
NAS AULAS
COMPRENSIÓN LECTORA
Antonio Estévez – C.E.I.P.Agro do Muíño Página 2
As pautas que se ofrecen constitúen unicamente propostas de carácter
xeral que deberán ser adaptadas segundo os trazos do grupo (idade, nivel),
pero tamén en función das nosas concepcións e das nosas posibilidades en
cada momento.
Comezamos referíndonos a algún conto que lles leramos ou que leran os
nenos e nenas. Coméntase cal é a idea xeral do conto. Por exemplo, no conto
de “Carapuchiña”, coméntase que unha nena ía a ver a súa avoa, comeuna o
lobo e logo salvouna un cazador. Ademais hai outras ideas, como o que levaba
a nena, o que se di no diálogo co lobo.... Á idea xeral chámaselle Idea
Principal.
Imos aprender a diferenciar a idea máis importante (xeral) doutras
menos importantes (secundarias, detalles) e así entender mellor contos e
outros textos.
INTRODUCIÓN
PAUTA PARA INTRODUCIR E TRABALLAR
A IDEA PRINCIPAL
Actividades iniciais con listas de palabras
COMPRENSIÓN LECTORA
Antonio Estévez – C.E.I.P.Agro do Muíño Página 3
Empezaremos por algo fácil. En gran grupo, ponse un exemplo cun listado
de palabras e co título da categoría (roupa = camisa, zapato,.....). Isto, que
seguramente traballamos como unha actividade de vocabulario, aquí
serviranos para introducir o traballo sobre o concepto de idea principal, na
medida que a palabra roupa engloba ó resto.
Ponse outro exemplo, pero sen o título (mazá, pera,...) e deberemos
encontra-lo título, razoando o motivo, á vez que tamén podemos incorporar
algunha outra palabra á categoría.
Rematadas as tarefas en gran grupo, pasamos a propoñerlles listas de
palabras e que escriban en pequeño grupo o título da categoría ou darlles
categorías e que poñan palabras da mesma.
Finalmente, de forma individual, darlles listas de palabras, incluíndo o
título da categoría e os elementos que a compoñen, e deben rodea-la
palabra que corresponde co título. Outra opción é darlles un listado e que
escriban o título. Unha terceira opción é darlles os títulos e que completen
os elementos que faltan da categoría.
Explícase que imos buscar a Idea máis importante (xeral ou principal) en
textos moi pequenos. Comezamos cun exemplo:
“Os perros policías poden perseguir e coller a ladróns. Algúns perros
traballan en granxas reunindo vacas ou ovellas e coidando delas. Os
perros de compañía son útiles porque son bos amigos dos amos”.
Actividades con textos moi curtos
COMPRENSIÓN LECTORA
Antonio Estévez – C.E.I.P.Agro do Muíño Página 4
Aquí hai unha lista de ideas menos importantes (secundarias, detalles),
pero temos tamén unha idea principal: como axudan os cans ás persoas,
porque tódalas ideas nos dín algo sobre esta cuestión.
Podemos continuar engadindo que a idea principal é o tema (moitas veces
o título) e o que se dí del. Para saca-la idea xeral/principal teremos que
fixarnos nas ideas que van aparecendo.
Seguidamente, lemos en voz alta outro texto:
“As tormentas poden provocar inundacións e hai xente que se ten
afogado nelas. Durante as tormentas caen raios e as persoas poden
morrer si lles cae un enriba ou cerca. Ás veces, levántanse ventos moi
fortes que rompen árbores, arrancan tellas, etc. Estes obxetos poden
golpear a persoas e causarlles feridas. Coas tormentas tamén poden
producirse tornados, que son moi perigosos”.
COMPRENSIÓN LECTORA
Antonio Estévez – C.E.I.P.Agro do Muíño Página 5
Continuamos explicando que aquí temos diferentes ideas menos
importantes (secundarias) que nos dín cousas sobre as tormentas e das que
podemos saca-la idea principal (apuntamos estas ideas na pizarra). Logo,
imos intentando dicir ideas máis xerais que engloben a todas as outras
apuntadas. É dicir, tratamos que as ideas secundarias (menos
importantes) se vexan reflectidas todas na xeral. Por exemplo: as
tormentas son perigosas, as persoas poden morrer nunha tormenta, xa
que tódalas ideas secundarias se refiren a esta cuestión. A medida que imos
facendo esta tarefa, podemos ir “facéndoo máis visible” nun esquema como
o que se mostra máis abaixo.
Despois, podemos continuar realizando tarefas destas características
individualmente.
As tormentas son perigosas
Coas tormentas
poden provocarse
tornados
Durante as tormentas
soplan ventos moi
fortes
As tormentas causan
inundacións
Durante as tormentas
caen raios
COMPRENSIÓN LECTORA
Antonio Estévez – C.E.I.P.Agro do Muíño Página 6
Outra actividade para desenvolver en grupo consistiría en darlle
textos curtos, parágrafos curtos e frases, entre as que terán que sinalar
cal representa a idea do texto e cales son detalles (ideas menos
importantes ou secundarias), analizando se os detalles encaixan na idea
global.
Por exemplo:
“Os cabalos transportan ás persoas. As mulas arrastran cargas
pesadas. Os cans guían ás persoas cegas pola rúa”
As frases que poderían elixir serían:
(a) Os animais dannos moitas clases de alimentos
(b) Os cabalos e as mulas fan traballos pesados
(c) Os animais axudan ás persoas de diferentes formas
(d) Os cans e os cabalos son bos compañeiros das persoas.
Un seguinte paso consistiría en propoñerlles outro texto:
“As plantas para crecer necesitan un solo rico en minerais. As plantas
tamén necesitan un gas chamado dióxido de carbono. Sen el as plantas
morrerían. E, por suposto, as plantas necesitan auga e unha
temperatura cálida”.
Textos curtos
COMPRENSIÓN LECTORA
Antonio Estévez – C.E.I.P.Agro do Muíño Página 7
Logo pedirlles que extraigan a idea principal, facendo conxuntamente
unha análise do que dí o texto, para ver como poderiamos dicir unha idea que
englobe tódalos detalles.
Finalmente, pasaríamos a traballar de forma individual con outros
textos.
Empezamos por ler un texto en voz alta. Logo, explícase cal é a
idea principal. Logo, utilizando o esquema, explícase cales son os detalles:
“Os animais son útiles por moitas razóns. Os animais dannos comida.
Por exemplo, conseguimos carne das vacas e dos porcos, e ovos das
galiñas. Os animais son útiles para o traballo e o transporte. Os
cabalos levan ás persoas e tiran dos carros. As mulas poden arar nas
leiras e levar cargas. Nalgúns países, os elefantes fan o traballo
pesado que as persoas non poden facer. Conseguimos outros produtos
dos animais. O coiro que usamos para abrigos, cinturóns, monedeiros e
equipos de deporte procede de vacas, porcos e outros animais. O
xabón e moitos produtos químicos que se empregan na comida e na
medicina proceden dos animais.
Actividades con textos máis longos
COMPRENSIÓN LECTORA
Antonio Estévez – C.E.I.P.Agro do Muíño Página 8
Os animais tamén nos poden servir para divertirnos. Cabalgar é moi
divertido. Pescar é un deporte que moitos disfrutan e a moitas
persoas gústalles vivir con cans, gatos, peixes e paxaros”.
Cabe ir realizando a tarefa coa intervención de nenos e nenas ou
simplemente explicar como imos procedendo paso a paso (suponse que antes
xa traballamos os dous primeiros grupos de actividades).
Outra actividade con textos máis longos podería ser a que sigue.
Partimos dun texto. Por exemplo:
Os animais tamén
distraen e divirten
ás persoas
Conseguimos outros
productos dos
animais
Os animais son útiles
polo traballo e o transporte
Os animais son útiles por
moitas razóns
As persoas obteñen
alimentos dos animais
COMPRENSIÓN LECTORA
Antonio Estévez – C.E.I.P.Agro do Muíño Página 9
“Hai moitas formas de xerar
electricidade. Unha é en centrais
nucleares que queiman carbón,
petróleo ou gas natural. Isto
produce vapor que fai xirar un
xenerador e produce electricidade.
As centrais de carbón, petróleo e gas son a forma máis común de
xenerar electricidade.
Tamén se produce electricidade nas centrais nucleares. A enerxía
nuclear desprende calor. Este calor desprende vapor que fai xirar un
xenerador e produce electricidade, igual que unha central que
empregue carbón, petróleo ou gas. As centrais nucleares funcionan
ben, pero hai quen pensa que son perigosas e deberían pecharse.
Tamén os saltos de auga producen electricidade. A auga contida
nunha presa pasa por grandes tuberías a enormes rodas de auga. A
auga move as rodas que están conectadas a un xenerador. As centrais
que empregan auga son boas porque son limpas e seguras.
Tamén se utiliza a luz do sol e o vento para producir electricidade. Os
paneis solares quentan a auga que se empregará para producir
electricidade. Para isto, conéctanse aspas de enormes muíños ós
xeneradores. Esta forma de producir electricidade é a que menos
contamina”.
COMPRENSIÓN LECTORA
Antonio Estévez – C.E.I.P.Agro do Muíño Página 10
Trátase de analizar cal é o tema (a electricidade), que se dí sobre o tema (o
que dí en cada parágrafo), de forma que se chega a conclusión de que o
texto explica diferentes formas de producir electricidade.
Co fin de efectuar o traballo con este procedemento, podemos ir
empregando un esquema básico como o que sigue:
Idea principal do texto: Hai moitas formas de xerar electricidade.
Ideas dos diferentes parágrafos:
1ª A electricidade pode xerarse en centrais que queiman carbón,
petróleo ou gas.
2ª As centrais nucleares se para xerar electricidade
3ª Tamén poden aproveitarse os saltos de auga para xerar electricidade.
4ª O sol e o vento tamén poden aproveitarse para producir electricidade
Imos axudándolles a completa-lo cadro. Rematamos extraendo a
conclusión de que realmente temos un resume, elaborado a partir de ir
poñendo a idea principal do texto e as dos diferentes parágrafos,
eliminando os detalles que aparecen en cada un destes.
A continuación, trataríase de que en grupos ou individualmente,
completaran un cadro utilizando unha lectura deste tipo as veces que
estimemos necesario ou ben pasar a poner en práctica a estratexia nos
textos habituais cos que estudan.
COMPRENSIÓN LECTORA
Antonio Estévez – C.E.I.P.Agro do Muíño Página 11
“Moitas mercancías transpórtanse por terra. Por exemplo, camións
grandes e pequenos transportan mercancías e materiais de tódalas
formas e tamaños. Os trens transportan cargas enormemente
pesadas e voluminosas.
Os avións levan cargas polo aire. Nos negocios emprégase o
transporte aéreo porque é moi rápido, aínda que tamén é máis caro.
Os helicópteros tamén se utilizan para transportar mercancías polo
aire.
Os barcos e outras embarcacións utilízanse frecuentemente para
transportar mercancías por lagos, ríos, canles e polo mar, como, por
exemplo, as grandes cargas de petróleo, carbón e cereais”.
Idea principal do texto: O transporte de mercadorías.
Ideas dos diferentes parágrafos:
1ª Moitas mercancías transpórtanse por terra.
2ª Algunhas mercancías transpórtanse polo aire.
3ª Algunhas mercancías transpórtanse por auga.
Textos nos que non aparece de forma
clara a idea principal.
COMPRENSIÓN LECTORA
Antonio Estévez – C.E.I.P.Agro do Muíño Página 12
Unha vez traballado co alumnado este tipo de esquema, pasar a que eles
completen individualmente un esquema ou que o fagan en grupo, a partir dun
texto como o anterior tódalas veces que entendamos que é preciso.
Proposta extraída de:
- J.F. Bauman (1985) La eficacia de un método de instrucción directa en la
enseñanza de la comprensión de ideas principales. Infancia y
Aprendizaje, 31-32: 89-108
- J.F. Bauman (1990) La enseñanza directa de la habilidad de comprensión
de la idea principal en La comprensión lectora. Como trabajar la idea
principal en el aula, pp: 133-173. Madrid: Visor.
OUTRA POSIBILIDADE PARA TRABALLAR
COMPRENSIÓN LECTORA
COMPRENSIÓN LECTORA
Antonio Estévez – C.E.I.P.Agro do Muíño Página 13
TEXTO:
“Os seres vivos clasifícanse en animais e vexetais. Os animais
necesitan moverse para busca-lo alimento, polo que teñen os sentidos,
como o olfacto ou a vista, moi desenvolvidos. Non obstante, os
vexetais non teñen mobilidade, porque non necesitan desprazarse
para buscar alimento, nin teñen os órganos dos sentidos tan
desenvolvidos como os animais.
Outra diferenza importante entre animais e vexetais refírese á
función de nutrición. Os animais necesitan alimentos orgánicos como a
carne, pescado, froitas ou verduras, mentras que os vexetais
absorben alimentos minerais, como auga ou sales minerais por medio
das raíces ou das follas.
Así, podemos dicir que os animais e os vexetais diferéncianse polas
funcións de relación e nutrición”.
En primeiro lugar, trátase de ir mostrándolle ó alumnado, coa súa
participación, como se pode dividi-lo texto en dúas partes e ver que dí
en cada unha:
(1) Os seres vivos clasifícanse en animais e vexetais. Os animais
móvense e teñen os sentidos desenvolvidos, mentras que os vexetais nin se
moven nin teñen desenvolvidos os sentidos
(2) Os animais aliméntanse de forma diferente ós vexetais. Os animais e
vexetais diferéncianse polas funcións de relación e nutrición.
COMPRENSIÓN LECTORA
Antonio Estévez – C.E.I.P.Agro do Muíño Página 14
Logo, tratamos de encontrar un título. Por exemplo, “Os animais e os
vexetais”. Aquí, aproveitamos para analiza-la diferencia entre o “tema-
título” (de qué trata o texto) e a idea principal (qué se dí sobre o tema), que
podería ser ”Os animais e os vexetais diferéncianse polas funcións de
nutrición e relación”. Iremos vendo que esta frase recolle o contido das
dúas partes da lectura.
Seguidamente, ir dicindo ideas menos importantes ou detalles.
Seguramente teremos ocasión de ver que as ideas se poden expresar de
diferentes modos, e estar ben nas diferentes propostas.
Un terceiro paso, consistirá en elaborar diante do alumnado un esquema
gráfico. Neste caso temos un texto comparativo, polo que a representación
podería adoptar a forma a algo parecido a unha balanza na que iremos
colocando datos nos “brazos”.
Exemplo: “A gandeiría pode ser de dúas clases. A que se cría en espacios
naturais, como o gando vacún, o ovino e porcino. A que se cría en granxas,
como as galiñas e coellos”.
A partir de textos curtos, se lles ofrecen frases
das que terán que seleccionar a que reflicta a IP
BANCO DE TAREFAS HABITUALMENTE EMPREGADAS EN MATERIAIS
ESCOLARES PARA TRABALLAR COMPRENSIÓN LECTORA
COMPRENSIÓN LECTORA
Antonio Estévez – C.E.I.P.Agro do Muíño Página 15
Sinala-la idea principal:
- A vaca danos leite.
- A gandeiría pode ser de dúas clases.
- A gandeiría críase con pastos naturais.
- Os pastos naturais son máis sans.
Claro que neste tipo de actividades podemos incluír outras tarefas como
a de completar un esquema gráfico. Por exemplo, neste caso sería un do tipo
da “balanza” que se propoñía anteriormente.
Eliminar determinadas palabras, de forma que o alumnado deberá ir
completando o texto. Esto supón un exercicio tanto de vocabulario coma de
comprensión.
Serían aquelas nas que se lles proporciona un texto no que se introduce unha
palabra inventada, a cal, por suposto, non ten sentido no contexto. A tarea
consiste en extrae-lo significado desa “palabra” polo contexto.
Ofrecerlles un texto “mutilado”
Extrae-lo significado desa
“palabra” polo contexto.
COMPRENSIÓN LECTORA
Antonio Estévez – C.E.I.P.Agro do Muíño Página 16
Darlles frases que reponden á formulación dunha determinada
pregunta acerca do lugar, tempo, modo... e pedirlles que sinalen a
frase axeitada.
Por exemplo, á pregunta de “cando?”, ofrécenselle resposta como as
seguintes:
- Pasado mañá iremos ó cine.
- O avión sae dentro duna hora.
- Corrín moi veloz.
A/ Darlles palabras ou frases moi curtas para que as ordenen
cronoloxicamente. Por exemplo:
- Sacar un billete – subir ó autobús -- espera-lo
autobús – sentarse – baixar do autobús.
- Verán – primavera – inverno – outono.
Frases que reponden á formulación de preguntas
Ordenar cronoloxicamente
COMPRENSIÓN LECTORA
Antonio Estévez – C.E.I.P.Agro do Muíño Página 17
B/ Darlles una serie de frases que deberán ordenar para formar un texto.
Por exemplo:
- Encheron a barca de peixes.
- O pai preparou a caña de pescar.
- Cando estaban na praia fixeron un bo lume e asaron
algúns peixes.
- Unha mañá, Luis e o seu pai foron a pescar coa súa
barca.
- Comeron os peixes asados.
Darlles frases desordenadas para que as ordenen.
Poñer títulos ó final de textos.
Darlle unha frase e face-lo debuxo correspondente. Darlles varias
frases e varios debuxos, de forma que terán que selecciona-lo debuxo
correspondente a cada frase.
OUTROS TIPOS DE ACTIVIDADES
COMPRENSIÓN LECTORA
Antonio Estévez – C.E.I.P.Agro do Muíño Página 18
“A función de relación”
Establece-lo obxectivo/propósito (para que imos ler): Que é a función de
relación, como se relacionan os seres vivos e que utilizan para isto.
Con alumnado dos primeiros cursos, podemos mostrarlles un mapa
conceptual da lección que lles axude en todo o proceso. Como o obxectivo é
que no seu momento sexan capaces de elaborar mapas ou esquemas
autónomamente, outra posibilidade sería ir elaborando o mapa diante deles a
medida que imos traballando o texto.
ANTES DE LER:
Exemplos con textos
expositivos
A COMPRENSIÓN LECTORA DENDE UN ENFOQUE MÁIS AMPLO
COMPRENSIÓN LECTORA
Antonio Estévez – C.E.I.P.Agro do Muíño Página 19
Traballo de coñecementos previos:
Mostrarlle como lemos: mirando títulos, ilustracións, letra en
negriña...
Comentario do título: que significa.
Sabemos que utilizan os seres vivos para nota-lo que sucede ó seu
arredor, desprazarse, comunicarse...
Imos a ver iso e outras cousas..... (diferenzas entre vexetais e
animais, entre animais e persoas...).
Favorecer que se planteen preguntas, ofrecéndolles nós exemplos
para que vexan como se fai: como se relacionan os seres vivos, que
órganos utilizan, que aparatos, que diferenzas hai...
Tamén podemos empregar una actividade de avaliación inicial por
escrito.
Formular predicións, coa axuda que precisen, sobre que pensan que se
falará en cada apartado a medida que os imos lendo, tendo en conta o
título e o comentado.
Ir comprobando as predicións feitas apartado a apartado (sobre o
que pensabamos que ía a tratar).
Podemos intercalar preguntas ó ir lendo, subliñando o máis
importante e/ou ir efectuando anotacións ó marxe.
DURANTE A LECTURA:
COMPRENSIÓN LECTORA
Antonio Estévez – C.E.I.P.Agro do Muíño Página 20
Como as lecturas dos libros de texto habitualmente xa dispoñen de
títulos, que máis ou menos reflicten o tema de cada apartado,
podemos intentar facer un resume da cada un e escribilo (A
función de relación é unha das funcións vitais, Características da
función de relación nas plantas, Características da función de relación
nos animais e nas persoas.....).
Traballa-la estrutura do texto (podemos entendela como unha
comparación): neste caso a partir de preguntas sobre as diferenzas.
Elaborar un esquema diante do alumnado utilizando un apoio gráfico
(debuxo dunha balanza, por exemplo) ou simplemente un esquema
clásico ou un mapa conceptual ou un cadro no que ir incluíndo as ideas.
A medida que vaiamos avanzando nos cursos, podemos ofrecerles
esquemas ou mapas conceptuais incompletos para que os completen. Ó
remate de EP, poderiamos intentar que elaboren autónomamente
esquemas básicos.
Respostas literais: para que sirve o aparello locomotor?
De elaboración: por exemplo, outros elementos dunha categoría
(outras funcións vitais), relación causa/consecuencia (por que é
necesario o sistema nervioso, os sentidos...), que sucedería se... (os
animais non tiveran sistema nervioso, se o cerebro das persoas fose
igual que o dos demais animais...), que é necesaria para realiza-la
función de relación ...
DESPOIS DE LER:
AVALIACIÓN
COMPRENSIÓN LECTORA
Antonio Estévez – C.E.I.P.Agro do Muíño Página 21
“Os sentidos”
En primeiro lugar, establecémo-lo obxectivo do que imos aprender. Este
obxectivo podería ser: aprender para que sirven e como funcionan os
sentidos (nalgunhas editoriais xa aparece este tipo de tarefas).
O segundo paso consistirá en traballa-los coñecementos previos (hai
editoriais que inclúen tarefas ó respecto). Con este fin, podemos facer
actividades como as que siguen:
Lémo-lo título: de que nos parece que tratará o tema?
Lémo-los títulos dos diferentes parágrafos.
Intentamos xenerar preguntas que se responderán durante a lectura:
para que sirven os sentidos, cales son, como están formados, como
funcionan ...
Podemos plantear unha avaliación inicial, para que ó remate
contrasten o que sabían co que aprenderon. Por exemplo, como se
explica a continuación:
ANTES DE LER:
COMPRENSIÓN LECTORA
Antonio Estévez – C.E.I.P.Agro do Muíño Página 22
Marca con SÍ ou NON nos espacios da esquerda:
Antes de ler Despois de ler
Os sentidos sirven para coñece-lo que sucede ó noso
arredor
O órgano do tacto é a pel
A vista permítenos coñece-la dureza, a temperatura ou
a dor
Hai un oido externo, un medio e outro interno
O órgano do sentido do olfacto é o nariz
Os nervios levan a información dos sentidos ó cerebro
Os sentidos non funcionan sen o cerebro
A continuación, podemos mostrarlle un diagrama para que se “fagan unha
idea” do contido que se tratará na lección. Agora ben, a medida que vaiamos
avanzando na escolaridade, sería desexable ir elaborando diante do
alumnado diagramas destas características e esquemas, á vez que imos
lendo o texto e explicando o tema que esteamos a traballar. Neste caso,
obviamente, esta tarefa realizaríase dentro do paso que denominamos
“Durante a lectura”. Finalmente, o obxectivo sería que o alumnado poidera
chegar a elaborar algo semellante ó remate da lectura e explicación, coa
axuda que precisen.
COMPRENSIÓN LECTORA
Antonio Estévez – C.E.I.P.Agro do Muíño Página 23
dos órganos ó cerebro
En cada apartado do tema, cabe formular predicións sobre o contido do que
imos ler, le-las preguntas dos recadros e mirar os debuxos. Lembramos que
debemos ir vendo se o texto responde a esas preguntas e ás que nos
fixemos nós.
Ir resumindo apartado a apartado apoiándonos nun traballo de modelado do
subliñado, de escribir anotacións ó marxe do texto, etc. Como as lecturas
dispoñen de títulos, que habitualmente reflicten máis ou menos o tema de
cada apartado, tamén podemos basearnos neles para facer un resume da
cada apartado e escribilo.
SIRVEN PARA EXEMPLOS
ESTÁN FORMADOS POR A INFORMACIÓN VAI
OS SENTIDOS
coñece-lo que nos
rodea
órganos
tacto, oído, olfacto,
gusto e vista
dos órganos ó cérebro pasando
polos nervios
DURANTE A LECTURA:
COMPRENSIÓN LECTORA
Antonio Estévez – C.E.I.P.Agro do Muíño Página 24
Por exemplo:
- Os sentidos sírvennos para coñece-lo que sucede ó noso
arredor. Temos cinco sentidos: a vista, o oído, o olfacto, o
gusto e o tacto.
O tacto infórmanos da textura, a dureza, a temperatura, a
presión e a dor.
A pel é o órgano do tacto. Nela podemos distinguir unha parte
profunda e unha superficial.
Cando tocamos algo, a información pasa ós nervios do tacto que
levan esta información ó cerebro.
- A vista é o sentido que nos permite coñecer cores, formas,
tamaños e distancias.
Os órganos deste sentido son os ollos, que teñen diferentes
partes; unhas serven para protexelos (como son as cellas, as
pálpebras, as pestanas e as glándulas lacrimais) e outras para
ver (como son o iris, a pupila, o cristalino e a retina).
Para ver, a luz entra no ollo pola pupila, pasa polo cristalino e a
retina ata o nervio óptico. Logo, pasa ó cerebro.
- O oído permítenos coñece-los sons.
Os seus órganos son os oídos e teñen tres partes: externa,
media e interna.
Para poder oir, os sons entran pola orella, chegan ó tímpano,
pasan á cedea de ósos e ó caracol. Logo, van polo nervio auditivo
ata o cerebro.
COMPRENSIÓN LECTORA
Antonio Estévez – C.E.I.P.Agro do Muíño Página 25
- O gusto permítenos coñece-los sabores.
A lingua é o seu órgano e na súa superficie están as papilas
gustativas.
Cando metemos un alimento na boca, a información pasa das
papilas ós nervios gustativos e logo ó cerebro.
- O olfacto permítenos coñece-los olores.
O seu órgano é o nariz e nel podemos distinguir varias partes:
as fosas nasais e a pituitaria.
Para funcionar, o aire coa información entra polas fosas nasais,
chega á pituitaria e pasa ó nervio olfactivo, de onde vai ó
cerebro.
Podemos ofrecerlle un esquema, pero tamén sería máis interesante
elaboralo diante do alumnado, coa súa colaboración e empregando ou non un
apoio gráfico, adoptando formato de mapa conceptual ou dun cadro no que ir
incluíndo as ideas.
A medida que vaiamos avanzando nos cursos, podemos ofrecerlles esquemas
ou mapas conceptuais incompletos para que os completen. Ó remate de EP,
poderiamos intentar que elaboren autónomamente esquemas básicos.
DESPOIS DE LER:
COMPRENSIÓN LECTORA
Antonio Estévez – C.E.I.P.Agro do Muíño Página 26
COMPRENSIÓN LECTORA
Antonio Estévez – C.E.I.P.Agro do Muíño Página 27
“Os Vagalumes”
Entre os posibles obxectivos, podemos propoñernos averigüar, por exemplo:
como conseguiron os vagalumes te-la luceciña verde, ou ver se o vagalume
era bo ou malo, ou contarlle o conto ó final á clase (con toda axuda que
necesiten), etc.
Coñecementos previos:
Lémo-lo título e tratamos de indagar que saben: que son os vagalumes,
como son, onde viven, que comen, outros animais parecidos, en que
momento do día saen dos seus escondites, que outros personaxes
haberá ...
Podemos intentar inducilos a formular preguntas que podemos
facernos sobre o contido do texto, como, por exemplo: que problema
tiña, onde ía, con quen se encontrou, como se sentía, de que falaron,
como solucionaron o problema ...
ANTES DE LER:
Exemplo cun texto narrativo
COMPRENSIÓN LECTORA
Antonio Estévez – C.E.I.P.Agro do Muíño Página 28
Comenzamos a ler. Ó rematar cada parte, podemos resumírllela oralmente
con toda a participación posible dos nenos e nenas, contando eles o que
sucede.
Neste texto, un posible resume por apartados podería ser:
- Unha noite saíu un vagalume de paseo e chocaba con
todo.
- Encontrou unha nena que estaba aburrida e díxolle
que os seus amigos poderían alegrala, pero non podía
andar ás oscuras.
- A nena colleu un raio de lúa e lanzouno sobre o
vagalume. Volveuse de cor verde e foi a busca-los
seus amigos.
- Desde entón, os vagalumes teñen unha cor verde.
Ó mesmo tempo, irlles pedindo que digan que lles parece que pode suceder a
continuación. Isto comprobámo-lo ó ler. Con isto, o que se pretende e
centra-la atención en xeral na lectura e tamén, co tempo, no que é
realmente fundamental.
DURANTE A LECTURA:
COMPRENSIÓN LECTORA
Antonio Estévez – C.E.I.P.Agro do Muíño Página 29
Podemos intentar traballar o resume en base a un esquema do seguinte tipo,
cumprimentando os apartados una vez lido o texto ou una vez que imos
rematando una parte:
Quen, onde e cando O problema: que ocurríu Como se solucionou Como remata
Entre as posibles cuestións, algunhas poden ser:
- De que cor era o pelo da nena?
- Por que estaba triste?
- Que quere dicir que os ollos da curuxa penetran á escuridade?
- Alegrouse a nena ó final? Por que?
- Como conseguíu o vagalume a “linterna”?
- Dicir outros animais nocturnos.
- Como se sentiría a nena cando o vagalume lle dixo que ía a busca-los
amigos?
- Que sentiría o vagalume ó ve-la nena triste?
DESPOIS DE LER: