2 Lingua - back-edupack.santillana.es · Palabras con c e qu Poema: Por moitos anos! Escribir unha...
Transcript of 2 Lingua - back-edupack.santillana.es · Palabras con c e qu Poema: Por moitos anos! Escribir unha...
O libro Lingua 2 para segundo curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L., dirixido por Teresa Grence Ruiz e Ana María Guerra Cañizo.
Na súa elaboración participou o seguinte equipo:
TEXTO Teresa Broseta Fandos (lecturas «Tempo para ler») Ánxela Carril Caldelas Luísa March Soler Afonso Toimil Castro Amparo Tortosa Sanz Natalia Vázquez García
ILUSTRACIÓN Jesús Aguado
EDICIÓN Ánxela Carril Caldelas
EDICIÓN EXECUTIVA Afonso Toimil Castro Amparo Tortosa Sanz
DIRECCIÓN DO PROXECTO Ana María Guerra Cañizo
DIRECCIÓN E COORDINACIÓN EDITORIAL DE PRIMARIA Maite López-Sáez Rodríguez-Piñero
PRIM
AR
IA
Lingua2
1
Comezamos ......................................................... 119
Unidade 1. Feliz aniversario! ............................... 113
Unidade 2. Unha vista magnífica ........................ 127
Unidade 3. Xogamos? ......................................... 141
Unidade 4. Amigos especiais ............................... 155
Cooperamos ..................................................... 168
Unidade 5. Estamos de festa! ............................... 171
Unidade 6. A natureza viva ................................. 185
Unidade 7. De paseo polo centro ........................ 199
Unidade 8. Un recanto verde ............................... 113
Cooperamos ..................................................... 126
Unidade 9. Divertímonos no río .......................... 129
Unidade 10. A reciclar! ........................................ 143
Unidade 11. Viaxamos ao pasado ....................... 157
Unidade 12. Eliximos un xoguete ........................ 171
Cooperamos ..................................................... 184
Saber máis ........................................................... 188
O meu álbum de Lingua .................................... 200
Índice
Cadro de contidos
UnidadesTempo para falar e escoitar
VocabularioTempo para ler
Comezamos9
• Falar da volta ao colexio
A xerra do lago
1. Feliz aniversario! 13
• Identificar persoas • Dar as grazas
O parque infantil A festa de Escarlata
2. Unha vista magnífica 27
• Ordenar un itinerario • Xustificar unha elección
A excursión ao miradoiro
Unha familia numerosa
3. Xogamos?41
• Identificar un xogo • Convidar a alguén
Os xogos tradicionais
Domingo no Regueiriño
4. Amigos especiais 55
• Reter información básica
• Animar a alguén
A clínica veterinaria
Sol e Lúa
SABER MÁIS: Repaso trimestral. Celebro o Nadal. O meu primeiro dicionario AUDICIÓNS
5. Estamos de festa! 71
• Identificar unha escena • Expresar preferencias
Os espectáculos de rúa
Un concerto accidentado
6. A natureza viva 85
• Recoñecer o significado dunha palabra
• Dar pistas
Os insectos Campo de papoulas
7. De paseo polo centro 99
• Identificar un edificio • Describir unha persoa
O centro da cidade
O bosque sen árbores
8. Un recanto verde 113
• Manter a atención • Falar sobre unha planta
O coidado do parque
Libros para a primavera
SABER MÁIS: Repaso trimestral. O meu primeiro dicionario AUDICIÓNS
9. Divertímonos no río 129
• Comprender normas • Dar argumentos
As actividades no río
A viaxe de Carolina
10. A reciclar!143
• Entender unha explicación• Expresar posibilidades
A reciclaxe Un frasco de perfume
11. Viaxamos ao pasado 157
• Identificar un obxecto • Facer preguntas
A escavación arqueolóxica
Un achado inesperado
12. Eliximos un xoguete 171
• Ordenar instrucións • Facer un anuncio
Os xoguetes A viaxe secreta
SABER MÁIS: Repaso final. Obradoiro de teatro. O meu primeiro dicionario O MEU ÁLBUM DE LINGUA
Aprendo e practico(Gramática)
Tempo para escribir mellor(Ortografía)
Máis tempo para ler
Saber facer (Escritura)
• Escribir datos persoais• Ordenar sílabas
As letras. O abecedario
Palabras con c e qu Poema: Por moitos anos!
Escribir unha invitación de aniversario
Palabras e sílabas Palabras con g, gu e gü Texto informativo: Paisaxes curiosas
Explicar unha ruta
A oración. Clases de oracións
O punto, a interrogación e a admiración
Poema: Un paseo en bici
Explicar un xogo
O suxeito e o predicado
Palabras con mp e mb Poema: O gato
Describir un animal
Os pronomes persoais
Palabras co son R forte e con son R suave
Texto informativo: Un monicreque famoso
Anunciar un acto
O substantivo. Clases de substantivos
Palabras con maiúscula Poema: A xoaniña
Escribir un conto
O xénero e o número dos substantivos
Palabras con c e z Texto informativo: Unha praza moi animada
Describir un lugar
Os determinantes Contraccións do artigo Poema: O parque na primavera
Describir un personaxe fantástico
O adxectivo Palabras con br e bl Fábula: O can e a súa imaxe
Escribir unha carta
O verbo en presente Palabras con x Cómic: Unha boa lección
Elaborar carteis
O verbo en pasado Palabras con i e con ll Texto informativo: Os castros e os castrexos
Facer un catálogo
O verbo en futuro A coma Poema: Naiciña
Escribir instrucións
SABER MÁIS: Repaso final. Obradoiro de teatro. O meu primeiro dicionario O MEU ÁLBUM DE LINGUA AUDICIÓNS
Símbolos utilizados neste libro
Sombreiros de cores
Sinala as actividades en que vas traballar co teu compañeiro ou compañeira.
Para realizar estas actividades, vas ter que traballar en equipo.
Indica que actividades debes realizar escoitando unha gravación.
É o sombreiro do pensamento. Valo poñer para reflexionar e sacar conclusións.
É o sombreiro da creatividade. Con el poñerás en xogo a túa imaxinación para achegar ideas orixinais.
É o sombreiro das emocións. Valo usar para expresar o que sentes e poñerte no lugar dos demais.
PENSAMENTO
CREATIVIDADE
EMOCIÓNS
Estamos de festa!
Anuncio un acto.
5
SABER FACER
Para resolver Que fan as persoas da imaxe? Que cres que están celebrando?
Como son os vestidos que levan? Que obxectos teñen?
Que fai o público? Como cres que o están pasando?
Algunha vez asistiches a un espectáculo parecido? Que outros espectáculos de rúa coñeces?
71
72
Tempo para falar e escoitar
Agora contesta
Que dous actos se están celebrando á vez nesta rúa?
Que personaxes hai no desfile? E na obra de teatro?
Como é este teatro: de actores ou de monicreques?
PENSAMENTO
Que vexo? Que penso? Que me pregunto?
Hoxe
Aladino e a lámpada
marabillosa
5
73
1 A que escena pertence o diálogo? Escoita e marca.
Que pasará despois? Como acabará todo? Imaxina e responde.
2 Que espectáculo preferirías ver? Escolle e explica.
3 VALORES. Comenta coa clase.
• Como tes que comportarte en lugares públicos (rúa, teatro...)? Por que?
• Que lle dirías a alguén se o molestases co teu comportamento?
xogos malabares actuación dos pallasos espectáculo de maxia
Palabras sobre os espectáculos de rúa
• Para que serve un altofalante?
• Que é unha comparsa? E unha charanga?
• Como se moven os monicreques? Como o fan os xigantes e os cabezudos?
cabezudo
charanga
xigante
comparsa
altofalante
monicreques
pano
público
74
Un concerto accidentado
Todo estaba a punto para as festas. As rúas,
coas fachadas ben limpas, estaban adornadas con
bandeirolas e grilandas de luz. Aquí e alá había
postos de froitos secos, de larpeiradas, de churros,
de flocos de millo, de algodón de azucre... Ulía a gloria!
Á tardiña, a praza do concello comezou a encherse
de xente mentres os obreiros acababan a instalación
da tarima para o concerto e probaban a megafonía:
–Probando! Probando! Un, dous, tres!
Á hora prevista, a alcaldesa saíu ao balcón
con cara de ferreiro. Colleu o micrófono e falou
solemnemente:
–Veciñas e veciños! Sinto dicirvos que este ano as festas
van comezar sen o tradicional concerto da banda municipal.
–Que?
–E logo por que?
A voz da alcaldesa cortou o rebumbio que formara a xente.
–A banda volvía en autobús desde Lisboa, despois de participar
nun concurso internacional. A tres quilómetros de aquí picaron
unha roda e teñen que esperar a que a empresa envíe un
mecánico. Total, que a banda non vai dar chegado a tempo!
Tempo para ler
Melloro a lectura
Numera estas oracións segundo a orde en que as oias e despois
pronúnciaas coa entoación axeitada.
Imos á festa! Imos á festa. Imos á festa?
Le o texto entoando adecuadamente as oracións con ? e con !.
5
75
Unha voz alzouse entre a multitude.
–Están só a tres quilómetros? Pois logo
que veñan andando!
A xente aplaudiu, pero
a alcaldesa explicou:
–Imposible! Terían
que cargar as maletas
e os instrumentos, e algúns
deles pesan moitísimo.
A mesma voz de antes dixo:
–Aquí somos moitos, non? Pois podemos
axudalos!
Meu dito, meu feito! Deseguida se organizou
unha expedición de coches e furgonetas e, pouco
despois, un terremoto de bucinas resoou por toda
a praza.
–Xa volven! Xa están aquí! –berraban algúns.
Os cincuenta membros da banda entraron triunfantes na praza,
cada un co seu instrumento. Detrás deles, os voluntarios arrastraban
maletas, mochilas e bolsas variadas. A xente estalou en calorosos
aplausos e os músicos ocuparon o escenario. E, con pouco máis
dunha hora de atraso, as festas comezaron como mandaba a tradición:
cun magnífico concerto da banda municipal!
Busca as palabras destacadas en
O meu primeiro dicionario, ao final do libro.
EMOCIÓNS
Póñome no lugar dos demais
Imaxina que es un veciño ou unha veciña que quería asistir ao concerto e che din que non se vai celebrar. Como te sentirías?
Que outras solucións propoñerías ti?
76
1 Lembra e responde.
• Quen fala desde o balcón?
• Que lle comunica á xente?
2 Que deciden facer as veciñas e os veciños? Marca.
Esperar a que os músicos da banda volvan camiñando.
Ir cos seus vehículos a buscar os músicos da banda.
Suspender a festa e deixar a celebración para outro día.
3 Onde ía tocar a banda? Arrodea.
Ao final, canto tempo se atrasou o concerto? Responde.
4 VOCABULARIO. Como saíu ao balcón a alcaldesa? Subliña a opción correcta.
Saíu ao balcón contenta.
Saíu ao balcón de moi mal humor.
Veciñas e veciños...
A alcaldesa saíu ao balcón con cara de ferreiro.
Tempo para ler
77
1 Que palabra destacada se usa para referirse a cada un? Le e escribe onde corresponda.
Ao rapaz que fala
Ás persoas que o escoitan
Os pronomes persoais
Os pronomes persoais son as palabras que serven para nomear as persoas sen dicir o seu nome. Os pronomes persoais son eu, ti, el, ela, nós, vós, eles, elas.
2 Arrodea os pronomes persoais do seguinte texto.
Invitación ás festas
Xoán e mais eu convidamos a Ana e a Fuco
ás festas do barrio. Tanto ela coma el dixeron
que ían vir. Queres vir ti tamén? Será fantástico!
3 Que pronome persoal usarías para nomear as persoas destacadas en cada oración? Colorea.
Martiño e Mateo son irmáns.
Antón e ti ledes moi ben.
Uxío e eu vivimos no centro.
Eles Elas
Nós Vós
Nós El
5APRENDO E PRACTICO
De maior, eu vou ser músico.
E vós, que queredes ser?
78
1 Le e subliña as palabras
que teñen r e rr.
Clasifica as palabras subliñadas segundo o son do r.
R forte
R suave
Palabras co son R forte e co son R suave
O son R forte, que está en roda, pódese escribir con r ou con rr.
• Escríbese r ao comezo de palabra e despois de consoante.
• Escríbese rr entre vogais.
O son R suave, que está en director, escríbese sempre con r.
2 Arrodea a palabra de cada parella que conteña o son R suave.
• carroza / careta • rosa / margarida • sardiña / enreixado
3 En cal non soa R forte? Risca a palabra que sobra en cada grupo.
rocha caracol enredar ferro terra río correa faro
4 Completa con r ou rr estas palabras que conteñen o son R forte.
ato pa ulo H¬en ique
Tempo para escribir mellor
Alcaldesa? Son o director da banda. Estamos parados na beira do barranco da Enramada. O autobús picou unha roda!
rr
5
79
5 Copia substituíndo cada símbolo por r ou rr, segundo corresponda.
✤ son R forte ✱ son R suave
Fe✤eol pa✱ticipa✱á nunha ca✤ei✱a popula✱.
Cla✱a so✤iu cando viu chega✱ a ✤aquel.
Inaugu✱a✱on un ca✤il bici no meu ba✤io.
6 DITADO. Prepara o ditado para facelo no caderno. Fíxate nas palabras que teñen r ou rr.
Festas no barrio
Esta tarde no noso barrio hai festa rachada.
Un río de xente percorre as rúas de arriba
abaixo animadas polo grupo de gaiteiras e gaiteiros Os Xuncos. E ti, non queres
participar? Anímate, que agardamos por ti!
Melloro a ortografía
Copia corrixindo os erros que hai no uso de r e rr.
H¬enrrique gañarrá: core moi rrápido!
80
1 Copia cada palabra onde corresponda e completa a descrición de Pinocchio.
mentiras
madeira
monicreque
nariz
Pinocchio é un de a quenlle medra o cando conta .
2 Que tipo de monicreques son? Numera.
1 Monicreque de fíos.
2 Monicreque de guante.
3 Monicreque de pau.
Máis tempo para ler
Un monicreque famoso
Oíches falar do neno a quen lle medra o nariz
cando conta mentiras? Se é así, coñeces un dos
personaxes máis famosos do mundo: Pinocchio!
Segundo o conto As aventuras de Pinocchio,
creado polo escritor italiano Carlo Collodi,
Pinocchio é un monicreque de madeira
que ao final se converte nun rapaz de verdade. E sabes
como o fai? Pois demostrando que ten bo corazón.
A historia de Pinocchio ten xa máis de cen anos.
Cóntase en moitos idiomas e tamén se fixeron películas e obras
de teatro. Na cidade do seu creador, en Italia, pódese visitar o Parque
Pinocchio: un gran museo ao aire libre. Gustaríache visitalo?
5
81
3 Escribe V se é verdadeiro ou F se é falso.
A historia de Pinocchio foi creada por un escritor italiano.
A historia de Pinocchio comezou sendo unha película.
O conto de Pinocchio ten só cinco anos.
O Parque Pinocchio atópase en Francia.
Hai películas e obras de teatro sobre a historia de Pinocchio.
4 Responde.
• Que lle pasa a Pinocchio ao final?
• Como o consegue?
5 En grupo, buscade máis información sobre Pinocchio e comentádea na clase.
Podedes localizar o conto na biblioteca, na vosa casa, en Internet…
EMOCIÓNS
Coñezo as miñas emocións
Contaches algunha vez unha mentira? Que pasou? Como te sentiches?
Cres que é bo contar mentiras? Por que? Que lle pode pasar a alguén que conte mentiras a miúdo? Que pensarán as outras persoas?
82
Anuncio un acto
1 Le este cartel e responde.
• Onde se realiza esta actividade?
• Que días de que mes se proxectan as películas?
• Que películas vai haber?
2 Con que frase ou slogan se anima a xente a acudir ao acto? Colorea.
I XORNADAS DE CINE DE ANIMACIÓN
Todos os sábados do mes de xaneiro ás 7 da tarde no Centro Cultural Lueiro vanse proxectar as seguintes películas de animación:
1.º Sábado. Piratas
2.º Sábado. Amigo dinosauro
3.º Sábado. O extraterrestre perdido
Valo pasar de cine!
Entrada
de balde!
I Xornadas de cine de animación.
Todos os sábados do mes de xaneiro.
Valo pasar de cine!
SABER FACER Escritura
83
3 Pensa e responde como queiras para celebrar o Día da Paz.
• Cando se vai celebrar o Día da Paz?
• Onde se vai celebrar?
• Que actividades se van celebrar? Subliña tres.
Actuación musical Concurso de debuxos
Lectura de poemas Obradoiro de traballos manuais
Mercado solidario Representación teatral
4 Elabora o teu cartel para anunciar o Día da Paz seguindo o modelo da actividade 1 e decórao.
Non esquezas acabar cun slogan que anime a xente a asistir.
Día da Paz
5
84
COMPROBO O MEU PROGRESO 5
COMO O FIXEN? Colorea , ou .
Utilicei os pronomes persoais.
Escribín palabras con r e rr, tendo en conta o son.
Elaborei un cartel para anunciar un acto.
1 Relaciona e forma oracións con pronomes persoais.
2 Completa co pronome persoal que corresponda.
A¬na e Iria son moi amiga∫: pásano moi ben.
3 Completa con r ou rr.
osa xe a to ada∫ flo e∫
pe a eloxo a oz se eaArrodea as palabras que conteñan o son R forte.
xogan ao fútbol.
facemos os deberes.
Nós
Ti
escoitas música. Elas