Post on 14-Jun-2015
description
O teatro isabelino: Shakespeare
O teatro isabelino desenvolveuse aproximadamente entre os anos 1580 e 1642.
Naceu e viviu o seu esplendor durante o reinado de Isabel I (1559-1603)
En 1642, a presión dos puritanos obrigou a pechar os teatros en Inglaterra.
O edificio
Os teatros máis importantes de época isabelina foron The Swan e The Globe, levantados ambos nas proximidades de Londres. Eran construcións circulares ou octogonais; o escenario ocupaba unha parte do patio central, e estaba rodeado de galerías.
O público
Era heteroxéneo desde o punto de vista social, aínda que predominaba o procedente das clases populares; fundamentalmente reclamaba emoción e diversión.
XénerosComedia: normalmente son comedias de enredo, moi influenciadas polo teatro italiano.
Traxedia: soe conter unha importante dose de violencia e sangue.
Son moi características do teatro isabelino as obras de carácter histórico, que recollen escenas do pasado inglés, elevadas a profunda reflexión histórica e política.
Traxicomedia: dadas as características do teatro isabelino, son moi abundantes.
Características xerais do teatro isabelino
Transgredesen as unidades de tempo, lugar e acción.
Mestúranse os xéneros. No medio dunha traxedia pode aparecer unha escena cómica, protagonizada polo chamado clown, equiparable ao “gracioso” do teatro español.
Os personaxes nobles aparecen mesturados cos plebeos.
Nunha mesma obra poden alternar o verso e a prosa
Principais representantes do teatro isabelino
Cristopher Marlowe (1564-1593): A traxedia do Doctor Fausto, Eduardo II
Benjamin Jonson (1572-1637): Volpone
John Fletcher (1579-1625): A vinganza de Cupido.
William Shakespeare (1564-1616)
Obras
Poesía: Sonetos, Venus e Adonis
Teatro
ComediasA comedia dos erros
O soño dunha noite de S.Xoan
Obras históricas
Ricardo III
Enrique V
Traxedias
Xulio César
Romeo e Xulieta
O rei Lear
Otelo, o mouro de Venecia
Macbeth
Hamlet Das 37 obras conservadas de Shakespeare, éstas son algunhas das máis coñecidas