Post on 08-Apr-2016
description
HOMENAXE A
MULLERES CIENTÍFICAS
E PENSADORAS
NA HISTORIA
SOPA DE LETRAS
Biblioteca do IES Monte das Moas
Marzo 2015
INTERÉSANOS A TÚA OPINIÓN
Se tiveras que escoller unha muller realmente importante na historia da
humanidade (das que presentamos na exposición ou fóra dela)…
A QUEN ESCOLLERÍAS? ……………………………………………………………………………..
SABÍAS QUE…?
Desde os séculos XIX e XX, as mulleres empezaron a esixir os seus de-
reitos. Na historia desta data, as protagonistas foron aquelas, que no
sector industrial, comezaron a reclamar por unha mellor calidade de tra-
ballo, de salario, de horarios e de trato.
Co tempo, non só as mulleres pedían mellores condicións, senón tamén
unha inclusión nas actividades sociais, políticas, e en xeral, unha igualda-
de de dereitos e de oportunidades, por exemplo, o dereito ao voto.
Para algúns, a data decisiva para a imposición do Día Internacional da
Muller, foi en 1911, na que centos de mulleres morreron nun incendio nu-
nha fábrica téxtil reclamando polos seus dereitos. Pero o certo é que
antes dese ano e despois, déronse outros acontecementos importantes
que influíron na determinación oficial deste día.
ºContesta estas preguntas baseadas na exposición sobre mulleres cientí-
ficas e encontra as palabras na sopa de letras.
A biblioteca sortea un agasallo entre todos os participantes que contes-
ten correctamente ás 15 preguntas e atopen as palabras no xogo.
1. Como se chama a máquina inventada pola matemática Ada Lovelace e que
é precursora do actual ordenador?
2. Segundo Concepción Arenal...que pechaba se abrían as escolas?
3. De que famosa institución é directora a astronauta Ellen Ochoa?
4. Por que actividade destacou Evelina Haverfield?
5. Como se chama o xuramento que @s enfermeir@s de varios países do
mundo fan cando se gradúan?
6. Cal era a gran paixón da científica e filósofa Hipatia?
7. De que animais é unha eminente estudosa Jane Goodall?
8. Que aparato construíu a astrónoma da exposición ?
9. Que disciplina, das presentadas na exposición, se ocupa do deseño e me-
llora das ferramentas e lugares de traballo?
10. A parte de ser unha excelente científica, que outra profesión exerceu
Margarita Comas?
11. Cal é a profesión da amiga de María Zambrano, pertencente coma ela á
intelectualidade da súa época?
12. Mary Wollstonecrft queixábase, xa no século XVIII, de que a muller era
considerada inferior porque non recibía a mesma______________ (?)
13. De toda a exhibición, quen é a única muller que levou un premio Nobel?
14. Cal é a obra máis famosa da filósofa Simone de Beauvoir?
15. De cal das mulleres presentadas temos unha biografía exposta na biblio-
teca?