Post on 21-Jun-2015
Rasgos xerais das actividades pesqueiras en España ( Orientación: a tradición pesqueira, tipos de pesca practicadas, a pesca española no contexto mundial, rexións pesqueiras, evolución e problemática actual )
A pesca ( páx 43 )
Selectividade
Situación actual A actividade pesqueira ocupa
aproximadamente o 0,7 % da poboación activa e a sús aportación ó PIB ronda o 1,06 %, datos que nos indican a perda progresiva da importancia deste sector, igual que sucedía co resto das actividades do sector primario
A pesar destas cifras España segue a ser unha potencia pesqueira. Por outra banda este sector concéntrase en determinadas áreas do litoral, xogando nelas un destacado papel económico, non só pola riqueza que xera a venda dos productos do mar, senón tamén pola súa derivación cara á industria e ós servicios. Supón, nestas áreas tamén, unha fonte de emprego, tanto directo como indirecto
En calquera caso, a problemática da pesca veuse agravada nos últimos anos tanto polos cambios introducidos na lexislación pesqueira a
escala mundial ( a reordenación, por exemplo dos caladoiros e dos dereitos de pesca ) como polas implicacións derivadas da integración
de España na U.E. *
Rexións pesqueiras e caladoirosAínda que España conta cunha importante franxa costeira ( 4.600 Kms ) a plataforma continental é relativamente estreita o que determina e explica a ausencia de importantes caladoiros nas nosas augas territoriais
Neste contexto debemos diferenciar a natureza dos
distintos mares
A productividade das costas galegas é moi superior á do litoral de Castellón ( ata 15 veces máis alta) o máis rico do Mediterráneo
Caladoiros
Os caladoiros españois presentan importantes dificultades derivadas da sobreexplotación á que estiveron sometidos nas últimas décadas o que determinou o práctico esgotamento dos seus recursos
Estas carencias explica a necesidade de buscar caladoiros alleos para a flota conxeladora, de altura e gran altura
As áreas pesqueiras comunitarias como o Gran Sol, Golfo de Biscaia ou Norte de Portugal son caladoiros xa tradicionais que os barcos das rexións norte e noroeste deben compartir cos doutras rexións europeas
Os acordos pesqueiros
firmados a través da
U.E permiten ós
barcos españois
faenar no banco
sahariano ( Marrocos,
Mauritania, Senegal ),
Namibia, Somalia,
Angola, Guinea. No
Atlántico Norte
faénase nos bancos de
Terranova e Labrador.
En Sudamérica no
caladoiro das Malvinas
( Arxentina )